32
Prezo 3,50€ Número 15. Ano 0 Sexta feira, 14 de setembro de 2012 O que Feijóo destríu. PÁX. 3-6 O que tiran os supermercados. PÁX. 13 A histórica Diada en Cataunya. PÁX. 17-18 Entrevista a Elena Gallego. PÁX. 22-23 O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral O papel utilizado para a impresión deste semanario conta co selo FSC e foi fabricado a partir de fragas e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais, garantindo un tratamento dos recursos sostíbel para o medio ambiente e beneficioso para as persoas. Sermos Galiza asegura, asemade, a reutilización do papel excendente e convida, tras a lectura, á reciclaxe das páxinas ou exemplares que non se arquiven.

O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

Prezo 3,50€Número 15. Ano 0

Sexta feira, 14 de setembro de 2012

O q

ue Fe

ijóo

destríu

. pÁ

x. 3

-6

O q

ue tiran

os su

perm

erc

ado

s. pÁ

x. 13

A h

istóric

a Diad

a en

Catau

nya. p

Áx

. 17-18

En

trevista a E

len

a Galle

go

. pÁ

x. 2

2-2

3

O goberno de Feijóo. Da Galiza

gadañada á fábula electoral

O papel utilizado para a impresión deste semanario conta co selo FSC e foi fabricado a partir de fragas e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais, garantindo un

tratamento dos recursos sostíbel para o medio ambiente e beneficioso para as persoas. Sermos Galiza asegura, asemade, a reutilización do papel excendente e convida, tras a lectura, á

reciclaxe das páxinas ou exemplares que non se arquiven.

Page 2: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

2 editorial

EDITORIAL

Construír pouco, destruír moito

O PP e os seus altofalantes fixeron un traballo inxen-te de ridiculización do cha-mado “bipartito”, para pa-sar deseguido a unha fase

de derrubamento dos logros e sinais de identidade daquel goberno, especial-mente das áreas nacionalistas.

O feito de que quen ostentamos res-ponsabilidades nese goberno da Xun-tacometesemos erros importantes, non debe impedirnos ver que durante esa lexislatura se fixo moito e ben e que no balance global dese período –desde o meu punto de vista-, hai moitas máis lu-ces que sombras.

Construír sempre foi infinitamente máis difícil que destruír e, nestes últi-mos catro anos, Feijóo construíu pouco, mais destruíu moito. Calquera iniciativa foi susceptíbel de se suprimir se era do anterior goberno.

Pouco queda do proxecto das gales-colas, da gratuidade dos libros de texto, do banco de terras, do intento de facér-monos co control do noso vento, das normas do hábitat e da vivenda públi-ca, do apoio ás industrias culturais ga-

As sardiñas volverían se os gobernos quixesenSe unha forza política chega ao gober-no e aplica as medidas que a levaron a acadar a confianza da maioría de votan-tes, haberá quen discrepe das medidas, mais está a cumprir o comprometido; mais cando un presidente de Galiza re-cén chegado ao goberno dedica todos os esforzos a derrubar toda iniciativa de progreso social polo simples feito de ser promovida polo goberno que o prece-deu, estamos perante un goberno es-purio e se ademais, pasado o tempo, a xustiza demostra que obrou de forma non axustada a dereito, entón estamos perante un goberno despótico que uti-liza o poder para favorecer os seus por moito que, como Nerón, culpabilice os demais de todos os males.Ás portas dun proceso electoral que traerá consigo un novo goberno, resulta incontestábel que, visto desde calque-ra punto de vista, a Galiza de 2012 está máis empobrecida do que a de 2009, máis non só economicamente, tamén culturalmente, tamén en niveis de be-nestar e autoestima. E isto non sucedeu por ningunha catástrofe natural senón como consecuencia de medidas levadas a cabo por un goberno, presidido por Núñez Feijóo, que puxo máis empeño

Rubén CelaConcelleiro en Compostela e ex Director de Xeral de Xuventude Análise

en destruír do que en construír.Nerón, por máis que culpou os cristiáns do incendio de Roma para logo os per-seguir sen piedade, foi o auténtico pro-motor de tal barbaridade para así poder reconstruír a cidade ao seu gusto, como se dun moderno promotor inmobiliario -sector este ben favorecido e con leis ad hoc- se tratar; e dise que, mentres ardía a cidade el estaba cantando versos da obra Iliou Persis, poema que comeza coa discusión dos troianos preguntándose que facer co cabalo de madeira que os gregos deixaran abandonado onde ti-ñan o campamento.O presidente da Xunta introduciuse na política galega como un cabalo de Troia, mais tamén á maneira de Nerón e moito de neroniana tivo a súa actuación polí-tica durante a lexislatura que el, precipi-tadamente, rematou. Primeiro porque, aos poucos días de ser nomeado presi-dente, incendiou coas súas declaracións o inestable desequilibrio lingüístico da Galiza, avivando o lume onde só había fume, na perspectiva de reconstruír unha Galiza monolingüe (en castelán), instau-rando finalmente a paz lingüística nesta fronteira do Imperio, da mesma manei-ra que Nerón fixou a paz na fronteira co

No acto de proclamación como candi-dato á Presidencia da Xunta, en 2008, o Sr. Núñez Feijoo dirixiuse in memoriam a Xosé Cuíña en nome de Galicia, nai e señora. Noutras ocasións ten mani-festado que el está casado con Galiza. Galiza nai e esposa, tal é a percepción que ó Presidente ten da realidade que lle tocou gobernar. Disque Nerón asa-sinou, ou mandou asasinar, a súa propia nai, Agripina e a Claudia, a súa esposa, ao regreso do exilio a que fora conde-nada. Agora Feijóo acode ás fábulas de Esopo para explicar a súa política e fala de ciga-rras e formigas. Podería facelo acudindo a Castelao e á fermosa estampa en que aparecen dous nenos cun esquelete de barco ao fondo. Un deles di: As sardiñas volverían se os gobernos quixesen.Feijóo chegou ao goberno en 2009 cun único obxectivo: afastar da costa as pou-cas sardiñas que empezaban a medrar nesta parte do océano: as galescolas, o banco de terras, a lei de dependencia ... todo se converteu en lata de conserva, todo caeu baixo o fío da gadaña destru-tora. Mais esquece que, por moita que sexa a destrución sempre fican semen-tes que xerminan.

calquera outra expresión cultural. Feijóo e o PP fan que Galiza, baixo o mantra da “austeridade” e do “combate do déficit”, viva un proceso de empobrecemento xeneralizado. O que supuxo que máis de 600.000 galeg@s vivan por baixo do limiar da pobreza e 50.000 dependentes estean á espera dunha prestación.

Foron 4 anos de ausencia de defensa do autogoberno e de primar os intere-ses do PP sobre os do pobo. Feijóo exer-ceu máis como delegado do goberno en Galiza que como presidente deste país. Foron 4 anos de menos democracia, menos autogoberno e menos benes-tar, que colocan a Feijóo como o peor presidente da historia de Galiza. Enca-beza un goberno esgotado, insolvente e que non ten rumbo nin capacidade para vogar nin ofrecer solucións.

Einstein dicía que facendo sempre o mesmo non se poden obter resultados diferentes. Galiza merece un resultado diferente e, para iso, non valen as mes-mas políticas aplicadas polas mesmas persoas responsábeis que provocaron esta situación.

Galiza merece algo mellor e terao.

14 de setembro de 2012

legas, das políticas de igualdade ou da educación afectivo sexual; por pórmos só algúns exemplos.

O legado de Feijóo é simplemente terríbel, foi o goberno do desemprego. Deixa perto de 270.000 persoas sen tra-ballo, cun nivel de destrución de empre-go superior á media estatal e con 60.000 moz@s volvendo emigrar entrementres Feijóo mira cara a outro lado, aludindo á falta de competencias, ao tempo que recorta nun 50% os fondos para políti-cas activas de emprego.

Feijóo foi especialmente lesivo para os sectores produtivos da nosa economía. Máis de 3.000 explotacións agrogandei-ras pechadas e aquelas que seguen en pé teñen uns prezos de venda que nin co-bren os custos de produción. Un sector pesqueiro que salda esta lexislatura con máis de 1.000 embarcacións despezadas e milleiros de postos de traballo destruí-dos. Unha construción naval enganada con contratos que se anuncian con fo-gos de artificio, mais que non chegan. Un sector turístico en caída libre, 10.000 pequenos estabelecementos comerciais pechados e unha política aeroportuaria

Imperio Parto. E non satisfeito con iso, enfrontou direc-tamente o deus do vento e paralizou un concurso eólico que só pretendía pór al-go de orde no caótico mundo das con-cesións administrativas que expropian os nosos recursos sen deixar nada a cam-bio, nin sequera os impostos derivados de a empresa concesionaria ter a sede nesta terra, e Galiza perdeu a primacía no campo das enerxías renovábeis. E continuou paralizando o apenas nado banco de terras, única posibilidade de fixar poboación no rural, sen esquecer todas as actuacións levadas a cabo en materia de cultura. Feijóo seguiu a rota tracexada desde certas ondas radiofónicas, desde a xe-rarquía relixiosa que obxecta e propón a rebelión social contra todo o que non sexa creacionismo, desde certa funda-ción que o mesmo proclama a inexis-tencia do cambio climático que o anal-fabetismo dos galegos e galegas e desde certas organizacións que se amparan na falsidade para lograr o obxectivo de borrar da face da Terra toda posibili-dade de nos aproximar a sermos donos dos nosos recursos, de traballarmos na nosa terra, no noso mar.

indefendíbel baixo ningún punto de vista máis que o electoral do PP...

Foi tamén a lexislatura da privatiza-ción e desmantelamento dos servizos públicos básicos. Vémolo no ámbito sa-nitario coa introdución da lóxica privada na construción de hospitais e centros de saúde ou a introdución do repaga-mento. No ensino, con subas brutais das taxas universitarias, co favorecemento do privado e concertado fronte ao en-sino público. Mais, sobre todo, vémo-lo na criminalidade da cal se acusa @s traballador@s públic@s.

O PP deixou Galiza sen caixas propias. Quen non lembra o seu solemne “caixa, galega e solvente”, que quedaría en “ban-co, apátrida e fraudulento”, intervido nun 93% e estafador de case 50.000 galeg@s. Iso si, con boas indemnizacións e xubi-lacións para postos directivos.

Un goberno cun profundo autoodio e ataque a todo o que signifique cultura e lingua. A cruzada antigalega desde as galescolas ao decreto do plurilingüismo, pasando por unha Cidade da cultura que engole todo o que debese ser o apoio ao anémico cinema, teatro, literatura, ou de

Page 3: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

tema de portada 314 de setembro de 2012

a desfeita de FeijóoAs políticas do goberno máis dinámico da democracia quedaron esnaquizadas en menos de catro anos.

No seu discurso de investidura Alber-to Núñez Feijóo prometeu que non ía “restaurar ningún pasado nin derrubar o que fixeron ben os seus anteceso-res”. Non tardou nin tres meses en in-cumprir a súa promesa e levar Galiza a un letargo de máis de tres anos. Os proxectos, os servizos e as leis impul-sadas polas consellarías do bipartito caeron unha a unha. A demolición cebouse, sobre todo, coas políticas despregadas desde as áreas nacionalistas, sabedor --o Par-tido Popular-- de que malia as eivas ou insuficiencias en que puidesen ter incorrido, alén do pouco tempo para as executaren, representaban unha ba-se transformadora sobre a cal alicer-zar a mudanza profunda que o pobo arelaba despois da fatídica era Fraga, e que o PP non podía permitir. Des-montando as liñas políticas impulsadas polo nacionalismo, Feijóo pretendeu demoler os cimentos de todo o que constituíse o novo rumbo deseñado naquel goberno. A desfeita de Feijóo amosa claramente que en Galiza hai dúas visións, dous proxectos de país contrapostos, antitéticos. Dunha ban-da, o da dereita españolista represen-tada polo PP e, doutra, o do naciona-

Imaxes: Riobó Prada / SGTeresa Barbarena / Ana Cabaleiro

A suspensión do concurso eólico foi declarada ilegal polo TSXG.

>>

lismo de esquerda, que ten no BNG o seu referente.

o laboratorio de rajoy

A vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións do 2009 foi o preludio dun cambio tamén no goberno estatal, fa-vorecido pola fonda crise económica. Por iso, Feijóo converteu Galiza nunha caste de laboratorio de probas para a política antisocial de Rajoy, aplicando recortes en servizos públicos, infraes-truturas e na política industrial. Todo baixo a bandeira da austeridade que, porén, concluíu nun endebedamento de máis de 4.000 millóns de euros. A austeridade foi a escusa para mutilar os servizos sociais e para a privatiza-ción de grandes infraestruturas, co-mo o novo hospital de Vigo. No afán de non deixar vestixio do anterior go-berno e de protexer @s empresari@s, cambiou unha a unha leis como a de protección do litoral, a de vivenda ou do hábitat. Todas estas medidas, contrariamen-te ao anunciado polo PP, deprimiron aínda máis a economía. Un feito que se reflicte na destrución de emprego en Galiza, que duplica a media do es-tado. A demolición do realizado polo goberno de coalición, nomeadamen-te o desenvolvido polo nacionalismo, colocou Galiza nunha das peores si-tuacións do estado.

o desmantelamento agudizou a crise

A suspensión do concurso eólico e a paralización das obras son o legado

do goberno Feijóo.

Galiza é hoxe máis pobre que hai tres anos. Todo o contrario ao prometido polo actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no contrato que asinou na anterior campaña electoral. Entre os anos 2009 e 2012, Galiza pasou a ter 125.000 desempregad@s máis, a dé-beda pública incrementouse en 4.000 millóns e o PIB que daquela crecía un 1,7%, decrece agora un 1%. Certamente o contexto de crise incidiu nesta situa-ción, mais o impacto das políticas do actual goberno en lugar de evitaren, ou como mínimo paliaren, os seus efectos sociais, agraváronos.

A suspensión do concurso eólico, a transformación das caixas en bancos ou a destrución de empregos en sectores centrais, como a industria, e emerxentes, como a dependencia, son algunhas das explicacións a esta caída drástica. Todas elas derívanse de decisións políticas do goberno do Partido Popular.

desviación de poder

O Tribunal superior de xustiza (TSXG) acaba de deixalo claro, a suspensión do concurso eólico foi unha “desviación do

poder” por parte do executivo de Feijóo. Xunto coa fusión das caixas, sen dúbida, o reparto do vento é a maior desfeita do actual goberno. Un dos grandes erros do executivo de Feijóo, cuxas conse-cuencias recaeron no conxunto do país e sobre todo, no tecido empresarial, las-trando o desenvolvemento.

A suspensión da adxudicación eólica aprobada ao abeiro do denominado Plan eólico supuxo o fin da primacía de Galiza neste eido. Se Feijóo non suspendese o concurso, calcúlase que se terían crea-do 8.000 empregos e un investimento de 5.000 millóns de euros. O balance para o sector eólico é o de tres anos e medio perdidos. Agora haberá que es-perar até o 2015 para poñer en marcha un novo concurso, xa que o impulsa-do pola Xunta de Feijóo non chegou a tempo ao peche do rexistro de prea-signación nin á suspensión de primas de renovábeis. Ademais coa anulación do TSXG da suspensión dos concursos, ábrese a posibilidade de reclamación de indemnizacións das empresas prexudi-cadas, que terían que ser aboadas pola Xunta de Galiza.

o goberno dos promotores inmobiliarios

A Lei de vivenda e a Lei do hábitat fo-ron dúas das tantas leis aprobadas po-lo bipartito e que o goberno Feijóo non tardou en substituír. Os cambios nes-tas leis fixéronse para favorecer os

Page 4: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

4 tema de portada 14 de setembro de 2012

de de Ourense, do Couto e do Vinteún; o Centro Hospitalario Universitario de Ourense; o centro de interpretación de parques naturais de Ourense e a estrada AC-552, que une A Coruña e Cee. Este impasse pon en cuestión as contas da Xunta ofrecidas por Feijóo.

Galiza é hoxe máis pobre que hai tres anos. Todo o contrario ao prometido polo actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no contrato que asinou na anterior campaña electoral. Entre os anos 2009 e 2012, Galiza pasou a ter 125.000 desempregad@s máis, a dé-beda pública incrementouse en 4.000 millóns e o PIB que daquela crecía un 1,7%, decrece agora un 1%. Certamen-te o contexto de crise incidiu nesta si-tuación, mais o impacto das políticas do actual goberno en lugar de evita-ren, ou como mínimo paliaren, os seus efectos sociais, agraváronos.

A suspensión do concurso eólico, a transformación das caixas en ban-cos ou a destrución de empregos en sectores centrais, como a industria, e emerxentes, como a dependencia, son algunhas das explicacións a esta caída drástica. Todas elas derívanse de de-cisións políticas do goberno do Parti-do Popular.

desviación de poder

O Tribunal superior de xustiza (TSXG) acaba de deixalo claro, a suspensión do concurso eólico foi unha “desvia-ción do poder” por parte do execu-tivo de Feijóo. Xunto coa fusión das caixas, sen dúbida, o reparto do vento é a maior desfeita do actual goberno. Un dos grandes erros do executivo de Feijóo, cuxas consecuencias recaeron no conxunto do país e sobre todo, no tecido empresarial, lastrando o des-envolvemento.

A suspensión da adxudicación eó-lica aprobada ao abeiro do denomi-nado Plan eólico supuxo o fin da pri-macía de Galiza neste eido. Se Feijóo non suspendese o concurso, calcúlase que se terían creado 8.000 empregos e un investimento de 5.000 millóns de euros. O balance para o sector eólico é o de tres anos e medio perdidos. Ago-ra haberá que esperar até o 2015 para poñer en marcha un novo concurso, xa que o impulsado pola Xunta de Fei-jóo non chegou a tempo ao peche do rexistro de preasignación nin á suspen-sión de primas de renovábeis. Ademais coa anulación do TSXG da suspensión dos concursos, ábrese a posibilidade de reclamación de indemnizacións das

promotores inmobiliarios e prexudicar o comprador da vivenda. Así a nova lei de reduce a reserva de solo para vivenda protexida do 40 ao 30 por cento e che-ga mesmo a permitir a súa diminución por baixo do 10 por cento en concellos de máis de 5.000 habitantes. Ademais exíxese unha menor superficie, estabe-lecida até o de agora en 40 metros ca-drados.

Ademais, coa modificación da lei de hábitat, fican reducidas as condicións mínimas de habitabilidade dunha viven-da. Por exemplo, retíranse as obrigas de respectar unha orientación da vivenda para garantir un mínimo de sol directo e ventilación, así como unhas dimen-sións mínimas de longo nalgunhas ha-bitacións e de alto dos teitos e as portas, que estaban recollidas na lei anterior. A vida da norma foi de tan só 2 anos e 9.500 vivendas foron visadas nesta eta-pa. Todas estas decisións deixan claro que, neste eido, a acción de goberno do PP foi para favorecer as empresas promotoras.

Na anterior lei había unha aposta pola conservación e a rehabilitación de viven-das. De feito, esa política foi unha das principais bandeiras da consellaría na-cionalista de Vivenda, que nos seis anos de goberno investiu 28 millóns de euros en 4.000 recuperacións urbanísticas.

Tamén finaron a lei do litoral e a lei de política industrial. Ambas as dúas derrubáronse para que houbese me-nor control administrativo, co fin dun maior beneficio empresarial, sen pen-sar nos prexuízos que provocarían na poboación. A lei do litoral foi outro dos puntos conflitivos do empresariado da construción, porque prohibía construír a 500 metros da faixa costeira. O no-vo plan de ordenación aprobado polo goberno Feijóo acabou con este veto, liberalizando 551,26 hectáreas para a construción.

impasse nas infraestruturas As grandes infraestruturas de Galiza adíanse unha e outra vez. Hai uns días Rajoy, no acto de inicio de curso polí-tico --cunha clara pulsión electoral--, anunciou que as obras do AVE galego concluirían en 2018. Contrasta co pra-zo fixado no chamado Pacto do Obra-doiro, asinado entre o anterior minis-tro socialista de Fomento, José Blanco, e Núñez Feijóo, en que se marcaba o ano 2015.

As dúas grandes obras estrela desta lexislatura financiadas por un sistema público-privado, a autovía da Costa da Morte, o tramo Carballo a Berdoias e o novo hospital de Vigo, están parali-zadas por falta de fondos. O hospital de Vigo é un proxecto que o goberno de Feijóo paralizou para substituílo por un novo con financiamento e xestión privada que pagará a Xunta durante 20 anos. E pagarémolo caro. O proxecto pasou dun custo estimado nuns 400 millóns de euros a perto de 1.400 mi-llóns de euros.

Outras dotacións paralizadas son, por exemplo, os dous centros de saú-

empresas prexudicadas, que terían que ser aboadas pola Xunta de Galiza.

o goberno dos promotores inmobiliarios

A Lei de vivenda e a Lei do hábitat foron dúas das tantas leis aprobadas polo bi-partito e que o goberno Feijóo non tar-dou en substituír. Os cambios nestas leis fixéronse para favorecer os promotores inmobiliarios e prexudicar o comprador da vivenda. Así a nova lei de reduce a re-serva de solo para vivenda protexida do 40 ao 30 por cento e chega mesmo a permitir a súa diminución por baixo do 10 por cento en concellos de máis de 5.000 habitantes. Ademais exíxese unha menor superficie, estabelecida até o de agora en 40 metros cadrados.

Ademais, coa modificación da lei de hábitat, fican reducidas as condicións mínimas de habitabilidade dunha viven-da. Por exemplo, retíranse as obrigas de respectar unha orientación da vivenda para garantir un mínimo de sol directo e ventilación, así como unhas dimen-sións mínimas de longo nalgunhas ha-bitacións e de alto dos teitos e as portas, que estaban recollidas na lei anterior. A vida da norma foi de tan só 2 anos e 9.500 vivendas foron visadas nesta eta-pa. Todas estas decisións deixan claro que, neste eido, a acción de goberno do PP foi para favorecer as empresas promotoras.

Na anterior lei había unha aposta pola conservación e a rehabilitación de viven-das. De feito, esa política foi unha das principais bandeiras da consellaría na-cionalista de Vivenda, que nos seis anos de goberno investiu 28 millóns de euros en 4.000 recuperacións urbanísticas.

Tamén finaron a lei do litoral e a lei de política industrial. Ambas as dúas derrubáronse para que houbese me-nor control administrativo, co fin dun maior beneficio empresarial, sen pen-sar nos prexuízos que provocarían na poboación. A lei do litoral foi outro dos puntos conflitivos do empresariado da construción, porque prohibía construír a 500 metros da faixa costeira. O no-vo plan de ordenación aprobado polo goberno Feijóo acabou con este veto, liberalizando 551,26 hectáreas para a construción.

impasse nas infraestruturas As grandes infraestruturas de Galiza adíanse unha e outra vez. Hai uns días Rajoy, no acto de inicio de curso polí-tico --cunha clara pulsión electoral--, anunciou que as obras do AVE galego concluirían en 2018. Contrasta co prazo fixado no chamado Pacto do Obradoiro, asinado entre o anterior ministro socia-lista de Fomento, José Blanco, e Núñez Feijóo, en que se marcaba o ano 2015.

As dúas grandes obras estrela desta lexislatura financiadas por un sistema público-privado, a autovía da Costa da Morte, o tramo Carballo a Berdoias e o novo hospital de Vigo, están parali-zadas por falta de fondos. O hospital de Vigo é un proxecto que o goberno de Feijóo paralizou para substituílo por un novo con financiamento e xestión

Feijóo desmantelou o medio rural.

Page 5: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

tema de portada 514 de setembro de 2012

>>

Voluntari@s vixían os montes.

privada que pagará a Xunta durante 20 anos. E pagarémolo caro. O proxecto pasou dun custo estimado nuns 400 millóns de euros a perto de 1.400 mi-llóns de euros.

Outras dotacións paralizadas son, por exemplo, os dous centros de saúde de Ourense, do Couto e do Vinteún; o Cen-tro Hospitalario Universitario de Ouren-se; o centro de interpretación de par-ques naturais de Ourense e a estrada AC-552, que une A Coruña e Cee. Este impasse pon en cuestión as contas da Xunta ofrecidas por Feijóo.

desmantelamento e precarización do

medio rural

Tres anos e medio de goberno do PP deixan no medio rural un balance ex-tremadamente negativo, en que o des-mantelamento das medidas adoptadas pola consellaría nacionalista está a pasar factura nun sector que debería ser con-siderado estratéxico na Galiza, e en que o obxectivo de acadar rendas dignas e horizontes de estabilidade nunca estivo tan lonxe como a día de hoxe.

Deixar esmorecer normas fundamen-tais para reverter o abandono da superfi-cie agraria, como o banco de terras, fixo que o sector perdese a oportunidade de incrementar a base territorial das explo-tacións para cuestións tan cruciais como a produción propia de forraxe e de avan-zar cara á redución de custos e a inde-pendencia respecto de insumos exter-

nos. Mesma actitude que se reproduce no caso das Uxfor, orientadas a acadar unha mellor xestión do monte co apoio da administración, e que foron trocadas polas Sofor, privándoas de carácter ad-ministrativo, reducindo a implicación da Xunta unicamente á súa posta en fun-cionamento e abocándoas ao fracaso. Mais, sen dúbida, onde mellor se apre-cia a diferenza na aposta polo futuro do medio rural é na promoción do relevo xeracional, que se impulsou fortemen-te antes do regreso do PP ao goberno galego. Ademais das axudas á incorpo-ración de moz@s á actividade agraria, engadíanse outras como as de mellora das estruturas de produción das explo-tacións, o asesoramento ou o fomento de métodos de produción compatíbeis co ambiente, en que se primaba a con-dición de agricultor/a nov@. Un estímulo que a actual Xunta non continuou e que condiciona o futuro do medio rural, o que supón que, en palabras do coordi-nador xeral da Fruga, Manuel Dacal, “to-do o que se avanzara na incorporación de moz@s botouse abaixo e non apostar polas xeracións novas é condenarnos ao despoboamento, á desertización e á desestruturación do país. Esta é un-ha mostra máis de que o PP non ten un proxecto de futuro para o medio rural, e as consecuencias desta deriva serán o xabarín, o mato e os incendios”.

o monte máis a monte

“Que o noso monte non estea a monte” era a máxima da consellaría de Medio Rural, baixo a dirección do BNG, que explicaba o sentido dunha política fo-restal baseada na mellora da xestión, na prevención de lumes e na aposta por

madeira de calidade e especies autóc-tonas. Amais das Uxfor, sacou a lei de prevención e defensa contra os incen-dios forestais. A finais de lexislatura xa tiña unha lei de montes que contaba co consenso do sector, e impulsaba inicia-tivas de creación de plantas de biomasa para o aproveitamento enerxético dos residuos forestais.

A actual consellaría botou abaixo to-das as propostas anteriores coa --re-gresiva e recentemente aprobada-- lei de montes, que en palabras de Manuel Dacal “é aproveitada para deturpar a Lei de prevención de incendios rebaixando inexplicablemente as faixas de protec-ción, facilitando a reforestación de te-rras agrícolas e permitindo cultivos que potencian os intereses de negocios par-ticulares”. Na mesma liña se expresa a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba, que asegura que “estamos perante unha planificación a nivel forestal funesta, que responde aos intereses dos monopolios con gran peso no sector, que pronto se verá como van incentivar a produción intensiva orientada a agrocarburantes e que traerá graves consecuencias am-bientais e escaso valor engadido para o produtor”.

sector lácteo

Desmantelar o Observatorio do sector lácteo, non convocar a Mesa do leite de Galiza, non impulsar os contratos homo-logados entre produtor@s e industrias e permitir que o leite sexa utilizado como produto reclamo pola distribución, son os piares en que se asenta o desleixo do actual goberno con respecto ás medi-das emprendidas na anterior lexislatu-ra. Hai que lembrar que o Observatorio

do sector lácteo nacía para desenvol-ver funcións de análise da situación do sector e a elaboración dun sistema de información e de índices de referencia adecuados. As súas funcións estaban directamente ligadas cos parámetros que cumpría utilizar para estabelecer os prezos mínimos dos contratos homo-logados entre industrias e produtor@s e que viron a luz por primeira vez a finais da pasada lexislatura. Até chegar a este punto, onde se estabelecía a regulación contractual necesaria para vertebrar o sector de maior estabilidade e seguri-dade, xa se puxeran en marcha foros de diálogo, como a Mesa do leite, e mesmo se utilizou a capacidade sancionadora da administración para impedir que a distribución utilizase o leite como re-clamo, impedindo que se vendese por debaixo dos custos de produción.

A actitude da actual Xunta neste ám-bito está a ser duramente criticada por todas as organizacións agrarias con representación no país. O plan estra-téxico para o sector lácteo fica sen se desenvolver, malia ter sido presentado polo actual executivo no primeiro ano de lexislatura.

Sen dúbida o gran proxecto penden-te neste ámbito é a creación do Grupo lácteo galego. Unha iniciativa, reivindi-cada historicamente polo sindicalismo agrario relacionado co nacionalismo, que comezaba a coller forma ao abei-ro do concurso eólico, en que o mundo cooperativo conseguía unha capitali-zación que lle permitiría acometer esta empresa. Tombando o concurso eóli-co Feijóo sepultou as expectativas d@s produtor@s, facendo inviábeis grandes proxectos agroindustriais.

articulación sectorial No seu momento foron impulsadas mesas sectoriais en todas as denomi-nacións de orixe do viño e na da pataca, que ao longo da lexislatura foron des-embocando na sinatura de contratos homologados que estabelecían prezos mínimos e regulaban estes sectores. Na consellaría de Medio Rural contemplá-banse estímulos nas ordes de axuda pa-ra aquelas industrias que asinaban este tipo de contratos. Hoxe en día perdeuse esa capacidade negociadora, as mesas sectoriais non están sendo convocadas e os contratos homologados deixaron de asinarse --agás na D.O. Rías Baixas--, volvendo a prácticas de extorsión que converten @s produtor@s no elo máis feble da cadea.

posta en valor de producións primarias

Completamente desfeitas quedaron ini-ciativas como os proxectos de recría de xovencas de raza frisoa e de xatos, cen-trada en acadar o total abastecemento da cabana gandeira galega e reducir a importación, así como incrementar o valor engadido das explotacións lác-teas. No mesmo camiño ía o impulso do selo de calidade VAC1, creado para poñer en valor a carne procedente de becerros frisóns e pechar o ciclo pro-dutivo destas explotacións.

Page 6: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

6 tema de portada 14 de setembro de 2012

estrela da Vicepresidencia. Despois en-cetou un proceso de desmantelamento do servizo público, retardou a posta en marcha de novos centros, dándose a concesión de escolas a entidades pri-vadas e reducindo os postos de traba-llo. Nestes anos de goberno, Feijóo só rematou as Galescolas que xa estaban licitadas, mais privatizounas.

Desta maneira quixo borrar o éxito que implicaba incrementar as prazas públicas de escolas infantís nun 69 por cento, pasando das 6.565 prazas do ano 2005 a 11.134. Con isto alcanzábase o obxectivo marcado de chegar á media estatal, de 21 prazas públicas infantís por cada cen crianzas.

As Galescolas procuraban a con-ciliación familiar, o que non casaba co proxecto ideolóxico do PP onde a igualdade non está presente. No ámbi-to da igualdade todo foron pasos atrás, apoiaron grupos antiabortistas e mes-mo eliminaron servizos. Un dos cales correu peor sorte foi o das oficinas de I+B (Igualdade+Benestar), que traballa-ban en tres áreas: igualdade, familias e infancia, en 19 oficinas espalladas polo territorio. Na actualidade só conservan

os servizos de inclusión social, o que su-puxo o despedimento de 61 das 104 per-soas empregadas nas oficinas. A deci-sión provocou, ademais, a desatención da demanda deste tipo de servizos por parte das mulleres nas áreas rurais.

Outro dos colectivos en prol dos cales traballou a vicepresidencia foi o das per-soas maiores e os dependentes. Púxo-se en marcha da lei de dependencia e aprobouse a lei de servizos sociais de Galiza. Na anterior campaña electoral Feijóo criticou a lentitude con que se es-taba aplicar a lei de dependencia, mais na actualidade as persoas que esperan prestacións supera nun 480 por cen-to a cifra denunciada daquela polo PP, en total unhas 76.847. Nos últimos tres anos Galiza converteuse na segunda co-munidade máis atrasada no pagamento da prestación do Estado español. Du-rante o bipartito puxéronse en marcha 57 centros de día e programas como a axuda no fogar, o 065 de axuda a per-soas con mobilidade reducida e o pro-grama de comida a domicilio, “xantar na casa”. Ao igual que coas Galescolas, a política dos últimos anos foi a redu-ción dos orzamentos e a privatización

dos servizos. A mocidade non emigra, viaxaEn 2011 foron máis de 13.000 @s

moz@s que marcharon do país. Segun-do a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, durante a moción que pre-sentaron en decembro de 2011 os gru-pos da oposición para crearen un plan de emprego xuvenil: “os mozos mar-chan de maneira temporal, con bolsa, con programas de prácticas e tamén para formarse”. A pesar de que o depar-

tamento de Mato é responsábel tan-to das políticas de traballo como de xuventude, non houbo unha respos-ta contundente contra o novo éxodo migratorio da mocidade galega. A conselleira e o seu director xeral de

xuventude, Ovidio Rodeiro, eliminaron os programas que contaban con máis éxito no departamento do anterior go-berno, como foron a Rede galega de ensaio, os Centros Quérote ou o Noi-tebús, cando non supoñían un gran-de gasto e eran moi ben acollidos pola mocidade.

A dirección xeral de Xuventude, can-do estivo baixo a orientación do BNG, puxo en marcha os Centros Quérote de información afectiva e sexual. Des-ta maneira, seguíase a recomendación da Organización mundial da saúde de crear servizos específicos de informa-ción e saúde sexual para a mocidade. Na etapa do bipartito, puxéronse en mar-cha 8 centros con programas punteiros, como o “Entendo”, dirixido ao colec-tivo de homosexuais, bisexuais e tran-sexuais. O departamento de Beatriz Mato diluíu estes centros baixo a denomina-ción “Quérote +”. Para esvaecer a fun-ción central do servizo encheunos de todo tipo de contidos, desde asesora-mento en drogodependencia, acoso ou condución segura, e instalounos nas Ca-sas da Xuventude. Semella que as posi-cións ideolóxicas reaccionarias impiden que un goberno de dereitas desenvolva programas de orientación sexual.

Do departamento de xuventude do anterior goberno tamén foi a rede ga-lega de ensaio, proxecto admirado por outros gobernos autonómicos como o catalán e o vasco e que durante o pe-ríodo Feijóo quedou paralizado, abrín-dose só locais acordados polo execu-tivo anterior.

Pola súa banda, “Os Irmandiños: A re-volta”, o xogo de rol en vivo que marcou un récord Guiness, deixou de se cele-brar a pesar de ser un dos actos dirixi-dos á mocidade máis multitudinarios. Tamén desapareceu o Voluntariado de activación lingüística, en que as persoas compartían o seu tempo para apren-der e perfeccionar o galego. O mesmo ocorreu coa liga galega de debate, cuxa finalidade era fomentar que os mozos falasen en público e aprendesen a ar-gumentar. Tamén o célebre certame GZCrea, que naceu para dar a coñe-cer o talento da mocidade galega, foi convertido no período Feijóo no Xu-ventude Crea, deixándose de celebrar en 2011 e reaparecendo a convocato-ria en 2012.

Similar sorte correron os proxectos singulares baseados no aproveitamento para o pastoreo de montes en situación de abandono, mediante a creación de pastos e de terreos de cultivo de cereal. Similitude que tamén comparte o decre-to de creación da reserva autonómica de dereitos de plantación de viñedo en Galiza, polo que os dereitos que pasa-ban a constituír a reserva, na súa maior parte aqueles non utilizados polos seus titulares nos prazos estabelecidos e os xerados nas superficies de viñedo abandonado, eran repartidos en-tre os viticultores que o solicitasen, con prioridade para a mocidade e membros de cooperativas.

Iniciativas creadas para pór en valor as producións de proximida-de e artesanais como a rede de Fei-ras Galiza Sustentábel, foron botadas abaixo e non se continuou o traballo co-mezado para aprobar o decreto de ar-tesanía alimentar que pretendía regular a comercialización daqueles produtos artesáns e caseiros que, hoxe en día, co novo goberno, quedaron sen amparo.

a privatización do benestar

Galescolas, centros de día e fogares para maiores pasaron de ser servizos

públicos a un negocio.

As políticas de benestar foron o primeiro obxectivo que cumpría derrubar, a pe-sar de ser un dos sectores que creou máis emprego nos últimos anos. Des-pois dunha lexislatura en que a vice-presidencia da Igualdade e do Benestar conseguiu superar o atraso de Galiza en materia de benestar, abondaron tres anos do goberno Feijóo para paralizar, destruír ou privatizar os avances d@s na-cionalistas. Destruíronse todos os ser-vizos novos de igualdade e benestar, mesmo algúns da etapa fraguista, co único afán de privatizar. Os feitos falan por si propios. A vicepresidencia creou en catro anos 120 Galescolas, 57 centros de día, 15 centros residenciais, 18 ofici-nas comarcais de I+B, 8 centros Qué-rote e 14 de atención a persoas con al-zhéimer, grazas aos que se empregaron 1.600 traballador@s. Na etapa Feijóo só se remataron centros xa proxectados, reduciuse o orzamento para Benestar e fóronse apagando pouco a pouco os programas dirixidos para as persoas maiores, dependentes, moz@s e fami-lias galegas.

“se acabaron las galescolas”A promesa electoral máis repetida por Feijóo09 foi “se acabaron las Galescolas”. O berro do candidato cargaba contra as escolas infantís e contra o decreto do galego en cada un dos seus mitins. Un-ha vez no poder, non tardou nin catro meses en facer unha limpeza de imaxe nas escolas infantís, cambiando o no-me de Galescolas por A Galiña Azul, e marcando o principio do fin do proxecto

Page 7: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

política 7

Feijóo marcha facer campaña a América do Sur despois de deixar feitas, sen ningún tipo de democracia interna, as listaxes do PP, que incluirán algúns d@s conselleir@s máis protestad@s, como Vázquez ou Mato.

Curioso que o presidente da Xunta viaxe a América do Sur dúas veces nos últimos tres meses, cando por alí non se lle viu durante a lexislatura, mais este tipo de 'coincidencias' son as cousas da precampaña electoral, xa desatada en Galiza. Nesta ocasión, Alberto Núñez Feijóo viaxa como o que sempre foi, un candidato do PP. O mesmo que nestes días volve utili-zar como arma con que publicitarse a suposta desunión dos demais par-tidos -especialmente do PSOE, do BNG non pode- e a teórica unidade da súa formación, que nin é tal e que, en todo caso, está sometida ao es-casamente democrático costume de elixir a dedo, un clásico da dereita.

Nin rastro de participación interna no PP. Así é moi doado compoñer a candidatura. Nada ten que dicir a mi-litancia, os postos -así os entenden- decídense desde a elite, con Feijóo no cume. Tamén con problemas, moi agochados, e como sempre referi-dos ao enfrontamento de forzas en Ourense con Baltar, que nesta oca-sión tamén xogou no seu momento a baza dun Mario Conde que deci-dirá en breve se presenta o seu inte-reconómico partido. Mais no PP de-ciden a dedo, de feito foi o de Aznar quen permitiu que Rajoy ocupe ago-ra a Moncloa.

O de Feijóo xa decidiu compañeir@s cara ao 21-O. Sete altos cargos da Xunta deixaron xa o posto pa-ra ir nas listaxes, entre eles tres dos superdelegad@s provinciais, ese car-go inactivo produto da suposta aus-teridade. Mais é nos conselleir@s, que por lei poden manter o posto até que haxa un novo goberno, onde o pre-sidente da Xunta busca @s acom-pañantes de maior peso, dentro do pouco que terán nunha campaña de corte individualizado en Feijóo. A es-casa conexión entre o que ocorre na rúa e o pensamento do líder do PP galego atopa neses nomes de cabe-za de lista unha demostración pura. En Ourense, por consenso, todo in-dica que vai ir de número un nesta circunscrición un dos conselleiros máis discutidos de toda a lexislatu-ra, Jesús Vázquez. O titular de Edu-cación e Cultura foi o responsábel do recorte do galego no ensino que provocou enormes manifestacións durante toda a lexislatura, sobre todo no primeiro treito, e vai ser referente

electoral do PP xusto cando o come-zo do curso escolar xerou máis pro-testas que nunca. Pola súa banda, na Coruña semella que vai ser Bea-triz Mato quen encabe-ce a listaxe. Cando as cifras de desemprego alcanzan tristes mar-cas históricas, a derei-ta premia quen se dicía dona da carteira de Traballo, tamén perseguida pola polémica en asun-tos como o desmantelamento dos servizos á dependencia.

A composición das candidaturas non foi precisamente tranquila no PSOE, que volveu facer visíbel a súa histórica tendencia a formarse como un simple conglomerado de intereses locais, sen apenas visión conxunta de país. Esa confrontación minifundista

CRÓNICA POLÍTICA

Rodri Suárez

A dereita presume de elixir a dedo

-e certa loita polo día seguinte malia as reais expectativas que existen de que Feijóo perda a maioría absoluta- xustificou leas como a de Francisco Caamaño na Coruña, que finalmente tivo resolución coa entrada na listaxe do vazquista (de Paco e de Pachi) Jo-sé Luis Méndez Romeu. En Ponte-vedra, con Abel Caballero satisfeito pola súa cota -eses son os termos- resultou danado o sector de Modes-to Pose. As persoas máis achegadas

a Touriño tamén que-daron fóra. E o candi-dato, Pachi Vázquez, marchou facer cam-paña a América do Sur (como Feijóo) despois de dar unha volta por Bruxelas para reunir-se con defensores da

troika, como Joaquín Almunia. Doutra banda, un BNG de augas in-

ternas tranquilas celebra esta fin de semana un Consello Nacional en que, tras o proceso de asembleas locais e comarcais, se aprobarán as listaxes e o programa, este último cun marcado discurso de esquerdas. Co candidato á Xunta como número un pola Co-ruña, serán Cosme Pombo por Lu-go, Tareixa Paz por Ourense e Carlos Aymerich por Pontevedra, o resto de cabezas de lista, coa portavoz parla-mentar Ana Pontón de segundo no-me detrás de Francisco Jorquera na súa circunscrición. De forma simbó-lica aparecen nas listaxes dous parla-mentares de longa traxectoria, como Alfredo Suárez Canal e Bieito Lobeira, que non seguirán no Hórreo.

Tamén se van clarificando as cousas noutras opcións. Xosé Manuel Bei-ras será o líder da coalición de Ano-va con Izquierda Unida, na cal non estará Compromiso malia a confusa cerimonia que durou un par de días entre dúas partes que non estaban moi convencidas de casar. Destes úl-timos marchou o grupo denomina-do “ecogaleguista”, mais entrou un ex do PSOE, Miguel Barros, moi re-lacionado co empresariado do ce-mento e con papel no triste peche de medios como A Nosa Terra e Xornal. Tras presentalo como fichaxe, Com-promiso vai celebrar unhas “prima-rias abertas” das cales, a pesar das aparencias, todo parece indicar que Xoán Báscuas sairá como líder pa-ra as urnas, malia o moi complicada que é a súa entrada no Parlamento. Unha Cámara para a que xa non va-lerá un dedo designador como o de Feijóo, senón os votos.

humOR gRáfICO tokio

A escasa conexión entre o que ocorre na rúa e o pensamento do líder do PP galego atopa nos nomes de cabeza de lista unha demostración pura

Un BNG de augas internas tranquilas celebra esta fin de

semana un Consello Nacional en que se aprobarán as listaxes e o

programa

14 de setembro de 2012

Page 8: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

8 política 14 de setembro de 2012

"O BNG non é unha forza que se poida desmontar porque lle apeteza a algúns medios de comunicación"

abraiado após de acompañar un mi-llón e medio de cataláns e catalás na súa reivindicación nacional? O que vivín en Barcelona representan-do o BNG foi a manifestación máis nu-merosa da historia de Cataluña, onde unha multitude pediu claramente ini-ciar un proceso de segregación. Foi a expresión dunha corrente de base de moita xente que está farta da depen-dencia do Estado español, un proce-so que cómpre seguir con interese e, por suposto, respecto.

considera que a dimensión indepen-dentista desta diada pode provocar un cambio no escenario territorial no estado español? Coñecendo a cerrazón do Estado es-pañol, e máis en concreto do PP go-bernante, semella difícil que abran a porta ás demandas expresadas en Bar-celona, porque se algo ten na cabeza o Partido Popular é a súa disposición para recentralizar o estado utilizando para iso a crise como escusa. Sospeito que máis unha vez desconsiderarán as reivindicacións dunha parte moi im-portante do pobo catalán, non creo que saiban ler ben o que está oco-rrendo, porque isto todo ten a ver con agravios anteriores, como o do Esta-tut, onde o Parlamento español non considerou o que se aprobou en Ca-taluña, que despois aínda foi máis 'ce-pillado' polo Tribunal constitucional, creando así unha frustración enorme que xa se viu en xullo de 2010, con

guillerme vázquez. portavoz nacional do bng

guillerme vázquez vázquez (pontevedra, 1952) atende por teléfono a sermos galiza ao pouco de aterrar de barcelona, onde participou nos actos da diada e na histórica marcha pola independencia, xunto a membros de erc. confesa estar “esgotado” despois de pasar varias horas de pé sen poder moverse perante a colosal dimensión da manifestación catalá. porén, o voceiro nacional do bng recupera o ton máis vivo cando fala do que viu en barcelona ou das perspectivas do nacionalismo galego de cara ás eleccións.

Imaxe: SGRodri Suárez

Guillerme Vázquez.

Falei con moita xente, de diferentes grupos, e basicamente transmitíanme ánimo e convencemento de que a única alternativa nacionalista en Galiza é a do BNG

"O BNG vén insistindo na necesidade de democracia, soberanía e traballo. Nós cremos, e máis aínda nestes tempos, que son necesarios espazos de decisión propia"

"Fomos a única forza política que estivo desde o primeiro día defendendo os intereses das persoas que están padecendo a crise económica e as políticas do PP"

as eleccións, todo o contrario do que dicían. O de agora é unha vella táctica do PP, tamén deste PP das FAES e moi españolista, que é a de 'galego coma ti' de Manuel Fraga. E así, un señor como Feijóo, que sabemos que lle ofrecerá unha hipotética vitoria súa a Mariano Rajoy, pois agora afirma que rexeita o mesmo tipo de políticas que el des-envolveu desde a Xunta e que volve-rá facer se gaña, por moito que diga o contrario en campaña. Isto ten que facer pensar a todos e todas, mais moi especialmente aos votantes do PP, que terán que valorar se compensa dar-lles o voto baixo calquera circunstan-cia e fagan o que fagan despois. Mais si, agora Feijóo a Rajoy nin o coñece de vista.

mais Feijóo terá que falar sobre o que fai rajoy perante o seu escaso balan-ce na xunta. El chegou desfacendo todo, para mos-

outra manifestación moi importante que dous anos despois multiplicou a súa potencia. O Estado español así co-mo vai cedendo soberanía a organis-mos supraestatais, nomeadamente a Unión Europa, onde non ten pudor en deixarse dirixir pola troika de Merkel, máis centralista se volve. Non creo que o goberno central vaia reconsiderar nada, mais outra cousa é que os po-bos lle obriguen.

É fundamental que Galiza non quede agora illada do ascenso soberanista en cataluña e, segundo as enquisas, tamén en euskal Herria? O BNG vén insistindo na necesidade de democracia, soberanía e traballo. Nós cremos, e máis aínda nestes tempos, que son necesarios espazos de deci-sión propia. Galiza non pode superar a actual situación se non ten capaci-dade certa de decidir perante Bruxelas e Madrid. Polo tanto, os galegos e as galegas teñen que tirar conclusións do que supoñen as políticas centralistas, como as do PP, que nin sequera de-fende as competencias do actual Es-tatuto de autonomía. Debemos pro-curar un poder de decisión real, non retórico.

de súpeto e coas eleccións aí diante, tamén semella que volveu mirar cara ao seu propio país alberto Núñez Fei-jóo, que agora seica renega do que fai o seu partido en madrid. Isto debería facer reflexionar a todos e todas as galegas. O PP ten unha ten-dencia histórica e patolóxica a mentir, como queda ben claro con só ver o que fixeron unha vez que Rajoy gañou

Page 9: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

política 914 de setembro de 2012

Eu falo de hipóteses, porque como é obvio se os galegos e as galegas de-ciden, como espero que fagan, reti-rar do poder o actual goberno, pois haberá que substituílo por outro. Di-to iso, e falando con hipóteses, pois estamos vivindo tempos moi diferen-tes a outros, tamén dentro do BNG e, polo tanto, non estamos dispostos a reeditar gobernos como os que se deron con anterioridade, se chega o caso. Por tanto, se depende do BNG, nós estamos por un goberno alter-nativo, diferente, do lado da xente e disposto a enfrontarse ás políticas do gran capital.

por certo, que lle comentaron sobre as eleccións galegas en cataluña? Como é lóxico, alí non son indiferen-tes ao que o ocorra nestas eleccións e hai consciencia da importancia que pode ter unha derrota do PP na Gali-za. Falei con moita xente, de diferentes grupos, e basicamente me transmitían ánimo e convencemento de que a úni-ca alternativa nacionalista en Galiza é a do BNG.

en poucos días vaise celebrar o trinta aniversario da constitución do BNG na coruña. Que pensa que significou o Bloque para Galiza nestas tres últi-mas décadas? O BNG mantivo Galiza para que siga existindo na cabeza e no corazón. Alén da nosa perspectiva social, de defen-sa das clases populares, que é algo que tamén caracterizou a nosa histo-ria, nós defendemos a idea de país, a idea de nación. Se non existise o BNG, unha situación que xa non é moi boa desde o punto de vista nacional, tería sido moito peor. Somos unha orga-nización chave para este país, a úni-ca imprescindíbel; de calquera outra é posíbel que se puidese prescindir, do BNG non.

Guillerme Vázquez.

tra un botón, como o concurso eóli-co, que foi unha das súas cantilenas, e agora vemos o que di a xustiza. Des-montou todo o que había e aterrou atacando a lingua e a cultura galega e, desde logo, tendo como única política a dos recortes. A partir de aí, ningun-ha iniciativa nin nada que mellorase a vida da xente. E, por moito descaro que gaste estes días, sempre collido da man do PP de Madrid e do gober-no central

No último día da patria o BNG cedeu o micrófono da Quintana a grupos de afectad@s polas políticas do pp. insis-tirá nese xesto durante a campaña? Nós en todo este período estivemos coas persoas que están padecendo a crise económica e as políticas do PP. Fomos a única forza política que esti-vo desde o primeiro día con toda esta xente, defendendo os seus intereses, as hemerotecas poden demostralo. E

seguirán a ter voz co BNG, nós esta-mos comprometid@s coas clases po-pulares deste país. Estamos dispost@s a combater as políticas lesivas que fai Feijóo e o PP. Por dar un exemplo, foi o BNG quen introduciu o debate de pagar o soldo extra de decembro ao persoal público diga o que diga o go-berno central, esa é a vía que defen-demos, unha vía de rebelión. Non es-tamos dispost@s a que se lle quiten recursos á xente para engordar a ban-ca. A voz daquelas persoas que sofren a crise é a voz do BNG.

o 25 de xullo serviu para simbolizar a reactivación da militancia e da súa forza política despois de todo o que pasou tras a asemblea de amio, se-mella unha boa forma de enfrontar a campaña. Non teño dúbida nin tiven nunca dúbi-da ningunha sobre a militancia do BNG. É certo que nós sufrimos, como gru-

po político, unha campaña de acoso, unha campaña destinada a facer saltar polos aires o Bloque Nacionalista Ga-lego, mais os nosos afiliados e afiliadas teñen raíces sólidas. Esta non é unha forza política que se poida desmontar porque lle apeteza a algúns medios de comunicación. Así, o que fixo o 25 de xullo foi visualizar que moita xente, tan-to a militancia como outra que simpa-tiza con nós, está co BNG, e iso tamén se vai manifestar na campaña, que de seguro vai ter unha enorme presenza e apoios co obxectivo de desaloxar un PP que é un cadaleito para este país. O BNG está aquí e o espírito do 25 de xullo é o de hai moito tempo, e vai ser o da campaña.

refírese ao “obxectivo de desaloxar o pp”. en caso de conseguilo, até que punto está o BNG disposto a partici-par nunha coalición de goberno co pSoe?

"O PP ten unha tendencia histórica e patolóxica a mentir, como queda ben claro con só ver o que fixeron unha vez que Rajoy gañou as eleccións"

"O que fixo o 25 de xullo foi visualizar que moita xente, tanto a militancia como outra que simpatiza con nós, está co BNG"

Page 10: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

10 política

incógnitas para unha campaña

Malia que as novas tecnoloxías e o te-rritorio conquistado por formas de ac-tuación política diferentes restaron po-der ás campañas electorais tal e como foron concibidas durante décadas, os chamados mitins e os diferentes ac-tos públicos seguen a supoñer un exa-me do rumbo con que cada formación se dirixe cara ás urnas. Nese sentido, os comicios galegos do 21 de outu-bro afrontan moitas incógnitas. Tamén nos outros eidos salientados. Un de-les é o peso das redes sociais, onde o PP está claramente por debaixo da es-querda e mesmo do PSOE, tal e como eles propios recoñecen. Seguen sen reaccionaren nese terreo, onde volve-rán ser moi populares iniciativas como os vídeos, de feito o BNG xa comezou a traballar ese ámbito cun serial sobre os incumprimentos de Feijóo, polo de agora sen resposta da dereita. Respecto a outro tipo de mobilizacións -e á espe-ra do papel que poidan ter movemen-tos como o 15-M, que polo de agora apenas amosaron iniciativa propia gale-ga, mais cuxa actividade, maior ou me-nor, en campaña non é descartábel- o campo da rúa tamén vai influír. As pro-testas sindicais ou de diversos colecti-vos de afectad@s pola crise, supoñen outro campo de xogo que malia non

Imaxes: SGRodri Suárez

Perfís en Twitter de Jorquera, Feijóo e Pachi Vázquez.

A capacidade de convocatoria nos actos públicos é un dos enigmas de cara ao 21-O, cun BNG que confía no “espírito do 25 de xullo”, un PP que ten que ver como respira a súa poderosa maquinaria e un PSOE que estuda renunciar aos grandes escenarios nas urbes.

ser partidista si achega razóns para un descontento que, en boa lóxica, actúa contra Feijóo. Nun sentido semellante, abrir os actos electorais á praza -mes-mo nun formato case de asemblea- parece outra versión do combate polo pulso da rúa, onde o PP leva todas as de perder, até o punto de que xa ten pre-visto incrementar a vixilancia nos seus actos perante as previsíbeis protestas sociais ás súas portas.

Volvendo aos rexistros clásicos dunha campaña xorden aínda máis dúbidas, e non son menores. A capacidade de convocatoria dunha forza política segue a ser un dos seus máis seguros valores, como quedou demostrado no último día da patria, que supuxo un relanza-mento anímico para un BNG que viña de pasar momentos baixos entremen-tres, pola contra, provocou nerviosismo nos grupos configurados arredor das escisións. Así, o Bloque espera manter o bautizado como “espírito do 25 de xu-llo”, o que significa unha activación da militancia para que poida desenvolver unha campaña moito máis centrada no boca a orella e na presenza pola rúa, un pouco de volta ás orixes en compara-ción coas últimas autonómicas. Nece-sita encher o BNG alá onde vaia e ten previsto facelo, co cal queren publicitar unha imaxe de fortaleza despois do que moitas persoas na formación entende-ron como “unha campaña” para intentar destruíl@s. “Sen éxito”, engaden.

A moi menor base social, en compa-ración co BNG, pode ser un dos pro-blemas que se lle presenten a Alternati-va Galega de Esquerdas, onde conflúe Beiras e os seus partidarios con Izquier-da Unida. Confían en que o tirón do antigo líder nacionalista axude a en-cher os seus actos, en que queda por ver como encaixan a participación da IU española -por medio de Cayo La-ra, por exemplo-, que pode chocar e moito co independentismo que apro-bou en documento a outra parte da coalición. Precisamente, malia que hai uns meses poucas persoas contaban con que sería tema relevante de cara ás urnas, a vaga soberanista que es-toupou xa decididamente en Catalu-ña e nunha Euskal Herria que, en tres das sete provincias, tamén celebrará comicios o mesmo día, vai provocar que a cuestión nacional ocupe un es-pazo en campaña, onde o BNG inten-tará tirar proveito da súa condición de única forza nacionalista de esquerdas, en contraposición a AGE, cunha for-mación de carácter estatal como si-gla protagonista. O certo é que Galiza -discurso que mesmo poden manexar outros partidos, en distintas direccións- talvez se xoga nestas eleccións seguir o ronsel das outras nacións do Estado español ou perdelo de forma moi no-toria, asunto que para nada quedará como algo marxinal.

Moi lonxe do BNG, mesmo tamén

con respecto da alianza Beiras-Yolanda Diaz, queda Compromiso, que terá que centrarse en actos pequenos en que probablemente remarcará a tenden-cia centrista. Problemas para marcar perfil tamén vai ter, e moitos, o PSOE. Nos gabinetes da rúa do Pino, onde se planifica a campaña, existen varias dúbidas arredor do poder de convo-catoria. Nas últimas autonómicas, a fa-lla de resposta popular nos mitins de Touriño resultou tan demoledora que acabou incrementando o seu fracaso. Por exemplo, por vez primeira e malia contar co gancho dun Zapatero que aínda non provocaba os rexeitamen-tos tan xeneralizados duns meses máis tarde, daquela o PSOE foi incapaz de encher o seu recinto talismán, o Pazo de Deportes de Riazor, e pasou difi-cultades nas Travesas en Vigo. E todo malia que utilizaron os habituais xo-gos escénicos de redución de recinto, ampliación de atril e demais. Por iso, o máis probábel é que Pachi Vázquez aposte por mitins máis pequenos, on-de en moitos casos Rubalcaba exer-cerá de atracción principal, dadas as dúbidas con que pode ser recibido o candidato nas cidades. Por último, o PP mantén unha maquinaria enorme en Galiza, mais está por ver se tan-to como noutras ocasións perante a desfeita do goberno de Rajoy, que es-tará presente en tres ou catro actos. Ou nin iso.

14 de setembro de 2012

Page 11: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

ecoNomía 11

os cartos que nos rouban e quen: o diñeiro negro supón o 25% do piB da GalizaA fraude fiscal e a fraude laboral cífranse por volta dos 14.000 millóns de euros anuais no noso país. Grandes empresas e patrimonios da Galiza coñecen ben esta práctica.

'Non rouba quen quere, senón quen sabe'. Os cálculos feitos pola enti-dade representativa d@s técnic@s de Facenda do estado apunta que a fraude na Galiza sitúase arredor dos 14.000 millóns de euros, equivalente a unha cuarta parte do PIB do país. É a cifra das actividades non declaradas (e sen incluír nela aquelas proceden-tes de actividades ilícitas, narcotráfico por exemplo). Deses 14.000 millóns de euros, uns 4.700 procederían da frau-de laboral entrementres 9.200 serían imputábeis á fraude fiscal.

'Non rouba quen quere, senón quen pode' di tamén a outra versión do pro-verbio. E di ben. A maior parte destes cartos que non se declaran 'desapa-recen' non pola suma de milleiros de pequenas facturas en b a cargo de pe-quenos autónomos e non asalariados. Son miles de millóns que se furtan por parte de grandes empresas ou insig-nes patrimonios económicos galegos a través dunha arañeira de ferramentas e disposicións legais, tan diversa como útil para os seus intereses: desde enxe-ñaría contábel e contabilidade creativa (eufemismos para falar de non pagar o que realmente debería) até paraísos fiscais, branqueos de diñeiro ou as Si-cavs. Os propios técnicos de Facenda sinalaban que o 70% da fraude fiscal no estado é obra de grandes fortunas e grandes empresas.

eu non fun

Hai uns anos, coincidindo co inicio da crise, un libro do xornalista Julián Ro-dríguez, 'Señores de Galicia', debulla-ba os esforzos e xestións dos grandes patrimonios galegos para non pagar impostos. Poñía ao descuberto como respectábeis persoas do eido dos ne-gocios na Galiza recorrían a calquera ferramenta posíbel para non pagar o que deberían. “É un tema preocupante, claro. Mais non deberiamos esquecer que fan o que lle permite facer o sis-tema, no cal hai múltiples vías legais, alegais ou paralegais, para que poi-dan evadir impostos”, sinala o soció-logo Víctor Suárez.

Un exemplo recorrente neste eido é Inditex, que ten cando menos seis filiais en paraísos fiscais. Zara Holding BV (principal xestor no eido fiscal do imperio de Amancio Ortega) opera en

Imaxe: SGX.M.P

ma impositivo español grávanse máis as rendas do traballo e actividades em-presariais que o capital. A propia OCDE avoga porque as persoas ricas paguen máis, especialmente nun contexto de crise. Gobernos como o francés anun-cian medidas nese sentido. Mais, como se preguntan tanto economistas como sindicatos, pasando por organizacións sociais, variar os tramos do IRPF sen desmontar o tecido de posibilidades que permite a grandes empresas e pa-trimonios evadir as súas responsabi-lidades sen seren punidos, deixa sen resolver gran parte do problema.

Galiza era, en 2007, o terceiro te-rritorio do estado con maior investi-mento legal en paraísos fiscais (Cai-mán, Hong Kong...). As cantidades que a través destes tecidos moven as gran-des empresas galegas é dificilmente calculábel. Son miles de millóns, iso si. Moito máis, como lembra Suárez, que o que o goberno quere aforrar con recortes e retalladas en servizos na Galiza.

“Deberiamos desenganarnos. É cer-to que non sería difícil, con vontade política, fixar unhas taxas ou medidas que cortasen de certo xeito eses mo-vementos e esas fraudes. Mais a pre-gunta é, se o capitalismo é un sistema onde o motor é a ganancia, a cobiza, o beneficio... queremos domesticalo ou ser valentes e intentar outra cousa?”, sentencia o observatorio cidadán.

A fraude na Galiza sitúase arredor dos 14.000 millóns de euros, equivalente a unha cuarta parte do PIB do país.

14 de setembro de 2012

Gestha é o sindicato maioritario entre @s técnic@s do ministerio de Facenda, unha organización de profesionais do estado que vén de botar por terra as previsións de recadación do goberno Rajoy co aumento do IVE. O presidente deste sindicato, José María Mollinedo, sinala que a suba que entrou en vigor o 1 de setembro permitirá recadar uns 7.500 millóns de euros, o que supón uns 2.000 millóns menos da cantidade que figura nas previsións do propio goberno español (9.500 millóns de euros).Os motivos de que a recadación sexa inferior á prevista polo executivo central responderían, segundo sinalan @s técnic@s de Facenda, a que a suba do IVE contraerá o consumo, algo con grande impacto nunha economía, a española, moi dependente do

As mENTIRAs sObRE O IVE A E RECADACIÓN DEsDE A PERsPECTIVA

DuN TéCNICO DE fACENDA

consumo interno. Mollinedo lembrou neste sentido que o anterior aumento do IVE (co goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, e que foi de 2 puntos) só logrou recadar uns 3.600 millóns de euros, cando as estimacións do goberno socialista esperaban obter máis de 5.000 millóns.Gestha mostrouse partidario de recorrer a outras vías, e non á suba do IVE, para aumentar a recadación do estado. Entre estas propostas estaba a de incrementar o control sobre o diñeiro negro e a economía somerxida, que supón en torno ao 23% do PIB. Consideran que aí é onde debe de actuar o goberno, non xa só por unha cuestión de legalidade ou ética, senón por ser unha importante fonte para recadar cartos que deberían estar xa en mans do estado.

Holanda grazas a un privilexiado trato fiscal de que gozan nese país as em-presas.

Zeltia, Pescanova, Adolfo Domín-guez... a listaxe de coñecidas empre-sas galegas con filiais que operan en paraísos fiscais non é pequena. Como

tampouco non o é a de patrimonios e firmas galegas que botan man das Si-cavs, tributando apenas un 1% fronte ao 35% doutras sociedades.

traballo

Mais hai que ter en conta que no siste-

Page 12: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

12 ecoNomía14 de setembro de 2012

NGB rexeita someterse á arbitraxe en 3 de cada 4 casos

Goberno e patronal procuran recortar un 25% os salarios do sector privadoOs sindicatos fan fronte común para evitaren a liquidación da negociación colectiva e que se derive cara a un mercado laboral onde a competitividade das empresas se sosteña na precariedade e os baixos soldos.

Se non hai dereitos colectivos, nin na-cionais, nin liberdades públicas, nin nos servizos como a sanidade ou a educación, para que no eido laboral? A máxima neoliberal resumida por Tat-cher en que a sociedade non existe, só as persoas, aplícase agora pola pa-tronal e o goberno español nas rela-cións laborais.

A reforma laboral supuxo, entre outros moitos aspectos, poñer na picota a negociación colectiva, un-ha ferramenta que ao longo destes 35 anos serviu para atinxir avances nas condicións laborais dos e das traballador@s.

Como pano fondo e grande obxecti-vo, Goberno español e patronal procu-ran con esta erradicación da negocia-ción colectiva unha vía para lograren unha redución de entre un 20 e un 25% de media nos salarios das e dos traballador@s do sector privado. Unha vez que as retalladas nos empregad@s do sector público xa supuxeron impor-tantes reducións salariais, agora fica o ataque á capacidade salarial das e dos traballador@s do privado. Na CIG lembran que o que se pretende é facer competitiva a economía española ba-seándose nunha maior precariedade xeral das condicións laborais. A ne-gociación colectiva era o grande pa-rapeto que tiñan @s asalariad@s pa-ra evitalo. Xa que logo, eliminémolo, matinaron no executivo central.

Imaxe: S.GX.M.P

O número de solicitudes de arbitraxe presentadas pol@s afectad@s das pre-ferentes de NGB sitúanse nas 17.000, unha cifra importante, se temos en conta que o total de clientes da enti-dade financeira atrapad@s nestas par-ticipacións son 45.000.

Mais Novagalicia Banco só acep-tou someterse á arbitraxe en 4.000 desas 17.000 solicitudes, o que su-

S.Gpón o 23,5%, case a cuarta parte das peticións. Así pois, en tres de cada catro solicitudes de arbitraxe o ban-co non admite someterse ao laudo, polo que estes e estas afectad@s ve-ranse na obriga de, quer optaren por recorrer á vía xudicial, quer acepta-ren o cambio que se lle propoña no FROB (Fondo de reestruturación or-denada bancaria).

priceWaterhouse

A entidade financeira galega botou man de PriceWaterhouseCoopers (PwC) co-

mo asesor á hora de estudar as peti-cións e solicitudes de arbitraxe.

PwC é a empresa de servizos pro-fesionais máis importante do mun-do polo seu volume de facturación, que en 2011 superou os 29 mil millóns de dólares.

É, canda Deloitte, KPMG e Ernst & Young, unha das firmas que integran as coñeci-das como Big Four, as catro grandes que se reparten o mercado de auditorías de enti-dades financeiras.

De feito, unha delas, KPMG, foi a empresa que contratou Núñez Feijóo para que fixese a auditoría e o infor-

me sobre a fusión de Caixa Galicia e Caixanova. Recibiu por ese traballo por volta dun millón de euros e os resultados da auditoría avalaban ple-

namente a fusión, apuntando mes-mo que nun breve período de tempo despois desa unifi-cación, a nova en-tidade tería bene-ficios.

Cómpre lembrar que Julio Fernán-dez Gayoso, ex-copresidente de

Novacaixagalicia, no Congreso negou ter constancia do devandito informe, asegurando que nunca tal chegara ás súas mans.

Nese camiño andan. A preeminen-cia dos convenios de empresa sobre os colectivos é unha das consecuen-cias inmediatas de suprimir a nego-ciación colectiva. Traducido: acordos con peores condicións para as e os traballador@s.

sen negociar

Outra das consecuencias inmediatas, como lembraban CIG, CCOO e UGT, na recente mobilización en varias ci-dades da Galiza en defensa do conve-nio colectivo, é que se limite a un ano a prórroga que tiñan os convenios unha

A individualización das relacións laborais garante o soño da patronal máis rancia: a lei da selva no mercado de traballo

O goberno e a patronal, coa negociación colectiva como albo.

vez que vencían (período durante o cal seguen vixentes até que haxa un no-vo). "Agora, a patronal pode negarse a negociar un novo convenio e esperar un ano até que caduque o outro. E xa pode poñer as condicións que lle pete ás e aos traballador@s", manifestaban na central nacionalista.

No primeiro cuadrimestre do pre-sente ano 2012 asináronse a nivel de estado 895 convenios colectivos, o que supón un 45% menos que no mes-mo período do ano anterior.

Das 17.000 solicitudes presentadas por afectad@s polas preferentes, NGB aceptou o laudo nuns catro mil

Page 13: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

ecoNomía 13

comida, do lixo á bocaSó o 20 por cento dos estabelecementos e distribuidoras entregan os alimentos retirados aos bancos de alimentos.

A fame doe. Cheira, a vinagre. E ten cor: unha ensalada de cores. O es-plendor duns pementos vermellos que relocen nun recuncho do colec-tor mestúrase coa palidez duns co-gomelos que bailan sobre un envase esnaquizado. O colector do lixo re-flicte, cada día, unha sociedade que desaproveita os alimentos. Segundo os datos do ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente re-lativos ao primeiro semestre do ano, só o 20,5 por cento dos estabelece-mentos de alimentación e das empre-sas distribuidoras acostuma entregar os produtos retirados aos bancos de alimentos ou ás ONGD. Que ocorre, logo, co 79,5 por cento restante? En casos como os estabelecementos co-merciais de menor tamaño repárten-se entre @s empregad@s os produtos “inservíbeis” para a venda, quer por-que xa caducaron ou están a piques de o facer, quer por presentaren de-ficiencias no envasado. Noutros ca-sos, os produtos tíranse, directamen-te, nos colectores. O son metálico das persianas que separan as tendas das rúas é o reloxo das persoas persoas que, cada noitiña, se achegan ao lixo para escaravellar entre os alimentos que se desbotaron no día. Desde ba-rras de pan até tomates mazados, pa-sando por leitugas que ben valerían de lles quitar un par de follas, até un-has albóndegas apenas cubertas por un plástico transparente. A fame, que cheira a vinagre, non busca exquisi-teces e acumula todo canto a poida saciar.

Máis de 470.000 galeg@s viven por debaixo do limiar da pobreza, unha pobreza que lles afecta máis ás mu-lleres (o 66 por cento de persoas en situación de grave exclusión social son mulleres). O drama non ten freo da-das as políticas de recortes ditadas polos mercados e pola banca, apli-cadas polo PP desde as distintas ad-ministracións. É máis, comeza a darse unha pobreza incipiente en familias que contaban cunhas condicións eco-nómicas estábeis. Por iso, a imaxe de persoas que se achegan con bolsas aos colectores do lixo é tan cruenta como habitual nas cidades e nas vilas

Imaxe: SGM. Obelleiro

14 de setembro de 2012

de Galiza. Xa tanto ten que sexa nun barrio dos arrabaldes que nunha zona céntrica, porque a fame doe. Tamén existen os movementos como o free-ganismo, que denuncia o consumo irresponsábel en tempos de profunda recesión. Estes grupos organizados, que saen á rúa para reciclaren do lixo a comida que se desaproveita, aínda non son frecuentes en Galiza. O go-berno de Esperanza Aguirre trata de lle poñer couto a esta práctica, con multas de 750 euros por escaravellar no lixo na procura de comida nos co-lectores de Madrid.

Aínda que a análise do ministerio de Agricultura revela que o 80 por cento dos estabelecementos e distribuidoras non doan os produtos que retiran da venda, a versión oficial dos gabinetes de comunicación das grandes empre-sas de alimentación difire desta rea-lidade que debuxan os datos oficiais. Cuestionad@s pola retirada de alimen-tos, @s portavoces de comunicación de empresas como Gadis, Carrefour, Alcampo ou Mercadona, repiten “aquí non se tira nada” e aseguran que doan a bancos de alimentos e a ONGD os produtos a piques de caducaren ou os defectuosos (golpes, apertura de envoltorio, tipografía ilexíbel...). So-bre os produtos caducados, admiten que, para evitaren posíbeis intoxica-cións, destrúenos. As fontes oficiais destes estabelecementos insisten no rigor que caracteriza a xestión da al-macenaxe para evitar contar nos seus andeis con alimentos a piques de ca-ducaren. Tamén poñen de manifesto a previsión ao milímetro dos produtos frescos. Este estudo sinala ao respecto que o 57,8 por cento dos supermer-cados retira entre o 0,1 e 5 por cen-to dos alimentos; un 19,3 por cento retira entre o 5 e 20 por cento e o 1,7 por cento retira máis do 20 por cento. Isto é, un 20 por cento dos alimentos dun supermercado acaba no lixo. O ministerio de Agricultura asegura que un 17,8 por cento non ten que retirar produto ningún.

O 20 por cento dos estabelecemen-tos e distribuidoras que doan os ali-mentos, sempre, insisten, en perfectas condicións de salubridade para o con-sumo, son destinados, na súa maior parte, aos bancos de alimentos gale-gos. A demanda, debido ás políticas de recortes de dereitos sociais e laborais

O 80% dos estabelecementos e distribuidoras non doan os produtos que retiran.

que atentan contra as maiorías sociais, é crecente. @s usuari@s do Banco de alimentos de Vigo pasaron de 14.000 a 20.000 desde o pasado ano, entre-mentres o Banco de alimentos Rías Al-tas, que distribúe comida entre máis de medio milleiro de entidades das comarcas da Coruña e de Santiago, repartiu alimentos entre 25.000 per-soas o pasado ano, un millón de qui-los máis que en 2010. O Banco de ali-mentos de Lugo multiplicou por dez o número de usuari@s nos últimos tres anos, chegando a atender nun día 400 persoas. No de Ourense, @s deman-dantes triplicáronse este ano respecto do pasado. Até hai uns anos, o perfil das persoas que acudían aos bancos de alimentos respondían aos mesmos patróns: inmigrantes, persoas maiores, toxicómanas e indixentes. Na actua-lidade, outro colectivo cobra forza: as persoas desempregadas de longa duración. A esmola de 420 euros que outorga o goberno central, e cuxo ac-ceso vén de endurecer Rajoy, é insu-ficiente para saciar a fame. Lonxe de mendar os graves ataques do goberno

central, a Xunta de Galiza meteulle a tesoira aos orzamentos de loita contra a pobreza, que diminuíron nun 45%, un recorte que se suma ás retalladas nos servizos sociais, dependencia ou na promoción activa de emprego. Deste xeito, cos maiores recortes da histo-ria en política social, Feijóo deixou en papel mollado o Pacto galego contra a pobreza.

@s galeg@s afeit@s a se somerxer no lixo para recolleren comida non figuran en ningunha estatística, mais suman milleiros cada día, con nome, apelidos e faciana. E van aumentan-do coa chegada das noites, porque as datas de consumo preferente non lles inflúen. Seguramente, as máis de 24.000 familias que contan con to-dos os seus membros desemprega-dos, as 22 de cada 100 familias gale-gas en risco de exclusión social ou as familias que dependen das pensións e das prestacións por desemprego (1 de cada 3 familias), estarían dispos-tas a comprobar que estes alimentos son aptos para o consumo. Porque a fame doe.

Page 14: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

14 puBlicidade 14 de setembro de 201214 publicidade 14 de setembro de 2012

Page 15: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

Social 1514 de setembro de 2012

domingos dosil, sempre na lembranzaO que foi por dezasete anos presidente da Confederación galega de persoas con discapacidade e durante catro alcalde de Muros será homenaxeado polo grupo municipal do BNG este sábado 15 de setembro.

"Facíase querer. Era un home con fon-das convicións nacionalistas. Todo o seu traballo foi dedicado á loita por esa idea". Laura Eiras partillou a loita polo País que Domingos Dosil tiña no seu maxín du-rante catro anos, o tempo en que a al-caldía de Muros estivo nas mans do BNG. Ela era a concelleira de Cultura, Xuven-tude e Deportes. El, o alcalde.

Para alén dunha persoa moi querida na súa vila, Dosil foi tamén unha das máis afanadas na loita pola igualdade social da bisbarra. En 1990 fundou a Confede-ración galega de persoas con discapa-cidade —COGAMI— como ferramen-ta encamiñada a visibilizar as principais problemáticas sufridas polas persoas con diversidade funcional —sobre to-do no rural— incidindo na necesidade de procuraren a súa plena inclusión so-cial. Asemade, Domingos Dosil foi al-calde de Muros na lexislatura 2007-2011 polo Bloque Nacionalista Galego, forza política que este sábado o homenaxea-rá na súa vila natal.

catro anos de compromiso coa igualdade

Coñeceuno "xusto antes de nos pre-sentar ás eleccións" e partillou os catro anos da lexislatura e un bocadiño máis de tempo, até o seu pasamento, en fe-breiro deste ano. Laura Eiras insiste unha e outra vez na loita que Dosil empren-deu ao redor da idea de País que el tiña ben arraigada. Mais non só iso. "Tomou conciencia moi novo da necesidade de pular pola igualdade de dereitos", turran-

Imaxe: SGOlalla Rodil / B.V.

do sempre das persoas con diversidade funcional en especial e, en xeral, por to-dos aqueles colectivos para os cales a vida, sen deixar de ser unha aventura, é tamén unha carreira de obstáculos.

Cando chegou á alcaldía desvinculo-use formalmente da COGAMI. Mais non no sentimento. Desde o goberno muni-cipal impulsou programas cun obxecti-vo claro: rachar coas barreiras arquitec-tónicas. Que todas as persoas tivesen acceso a todos os edificios públicos, a pé ou en cadeira de rodas.

Ese empeño en sermos tod@s iguais non ficou reducido unicamente á igual-dade de oportunidades, senón que se espallou até inzar o 'político'. Quen o coñeceu, quen traballou man a man con el, como Laura Eiras, di de Dosil que "nunca deixou de lado a persoas cun pensamento distinto ao del. A pe-sar das súas limitacións persoais, sem-pre pelexou para que tales dificultades non o freasen".

'Activista social', di o seu perfil, aínda aberto e actualizado, na rede social Fa-cebook. A mesma onde manifestara o seu "entusiasmo" co gallo da saída deste xornal. Dosil segue na loita.

unha homenaxe nacional

A fábrica de Sel acollerá o acto que a agrupación municipal lle ofrendará á figura do muradán, após ser nomeado fillo predilecto en febreiro deste mesmo ano. A cerimonia será presentada por Laura Eiras, actualmente responsábel local da formación frontista, e polo actor Rodrigo Molinos. No acto @s compañeir@s de Dosil lembrarán a súa traxectoria política e compromiso.Domingos Dosil foi alcalde de Muros na lexislatura 2007-2011.

Só os férridos e duros non o entendían, non

Intentar falar de Domingos Dosil en dous mil carácteres é real-mente un labor moi complexo. Intentar resumir en menos ca-rácteres que os días que estiven

traballando man a man con el non po-de ser máis que un pequeno esbozo da sombra do que foi, e é, Domingos Dosil para as persoas con discapaci-dade de Galicia e do Estado Español e máis concretamente para min.

Para min é mellor referente que po-demos ter, sen dúbida. Sei do que fa-lo. Traballei 12 anos ao seu carón. O menos que podo dicir del é que foi un pioneiro. Un pioneiro no eido que

decidiu que si os demais non nos da-ban traballo teriámolo que crear nós, e así puxo en marcha a iniciativa de As Lombas, unha cooperativa levantada pedra a pedra, onde cobraba o mes-mo o Presidente do consello reitor que o último dos operarios.

Ou a aposta por unha incipiente Unión Europea na que España co-mo quen di estaba recentemente chegada, e a Domingos non lle tre-meu o pulso por embarcarse en can-to proxecto europeo supuxese coñe-cemento, boas prácticas e recursos económicos.

Así temos iniciativas como Trame-

do quilómetros, horas e horas da súa vida e, o peor de todo, queimando a súa saúde. Pero por moi cansado que puidera estar, sempre dicía “Ai... vou morrer” (levaba vinte anos morrendo) calquera chispa que saltara bastaba para que saíra correndo para arra-sar coa súa cadeira calquera porta da Xunta, ou pecharse onde fixera falta os días que foran necesarios.

Por estas e por outras moitas ra-zóns moita xente que non coincidía no pensamento con el respectábao e tíñao en conta, mais só os inorantes e féridos e duros, imbéciles e escu-ros non o entendian, non.

opinión

ve e Coregal, empresas competitivas viables, xurdidas de proxectos euro-peos, que dan traballo a centos de persoas con discapacidade.

Pero se ese espírito visionario foi moi importante, moito máis foi a súa capacidade de traballo, o seu tesón, a súa vontade de sacar calquera inicia-tiva adiante para que todos tiveramos máis oportunidades nun mundo que nos pechaba as portas.

Así percorreu toda Galicia e a me-tade de España nun coche destarta-lado, durmindo nel ou en calquera curruncho para estar sempre presen-te e boa parte de Europa. Queiman-

Presidente da COGAMIAnxo Queiruga

Page 16: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

16 puBlicidade16 PUBLICIDADE 27 de xullo de 201214 de setembro de 2012

Page 17: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

comarcaS 1714 de setembro de 2012

a Vía Ártabra mobiliza Sada

A Vía Ártabra foi concibida nos anos noventa como un importante proxecto de comunicación para a área metro-politana da Coruña. O trazado inicial pretendía mellorar as conexións por estrada entre os concellos de Oleiros, Sada, Bergondo e Cambre, ao tem-po que comunicaría estes coa A6 e a AP9.

O trazado foi aprobado inicialmente polo goberno de Fraga, cando Alberto Núñez Feijóo era conselleiro de Políti-ca territorial, Obras públicas e Vivenda. Porén, foi a consellaría socialista de María Xosé Caride, a que iniciou a súa construción na época do bipartito.

Coa chegada do Partido Popular de novo á Xunta de Galiza nas eleccións de 2009, o goberno de Núñez Fei-jóo decidiu modificar o trazado ini-cial e pór fin á vía no Porto de Sada a través da creación dun vial interior cuxa finalidade era comunicar algun-has das parroquias de Sada a través dunha infraestrutura de altas presta-cións e elevado custo económico. O valor final do novo vial de acceso ao Porto suporía un investimento maior ao exixido polo resto dos tramos que compoñen a vía.

O executivo galego solicitou ao co-mezo desta lexislatura, un outro estudo en que se analizasen diversas fórmulas a respecto do remate da Vía Ártabra ao seu paso por Sada, no entanto, aín-da está pendente a súa aprobación e non o proxecto final non foi exposto publicamente nin se permitiron, polo de agora, presentar alegacións.

Malia todo, o colectivo veciñal vén denunciado nestes últimos meses as intencións da Xunta de Galiza cuxo obxectivo sería a construción dun “fal-so túnel” cun desnivel do 16%, asegura Maribel Valdivieso, veciña e integrante do colectivo Sada Ártabra. Tal proposta, pon en risco boa parte dos bens patri-moniais e naturais da contorna, entre eles o Castelo de Fontán –construído no século XVIII--, a praia de Morazón –un dos recunchos naturais virxes da zona-- ou o roteiro Costa Doce no que habitan especies autóctonas al-tamente vulnerábeis.

oposición política e veciñal

Pola súa banda, Abel López Soto, al-calde polo Bloque Nacionalista Gale-go en Sada de 2007 a 2011, compar-te a oposición veciñal á construción dese outro tramo da vía pois cre que

Imaxe: Sada ÁrtabraOlalla Rodil

O Castelo de Fontán data do século XVIII.

O proxecto da Vía Ártabra ao seu paso por Sada mobiliza o movemento veciñal contra a construción dun túnel que destruiría unha parte importante do patrimonio de Fontán.

existen alternativas que non prexudi-carían a zona, "como mellorar os viais existentes”. Así mesmo, perante a in-formación feita pública polos medios de comunicación e o movemento Vía Ártabra, --na que se fai énfase no gra-ve risco que corren os bens patrimo-niais-- o grupo municipal nacionalista introduciu unha moción no pleno do Concello co obxectivo de exixir o posi-cionamento político da actual corpo-ración a respecto do novo trazado vial e das repercusións que este carrexaría para a paisaxe. No entanto, os votos d@s edís populares impediron que a moción se chegase a debater na se-sión plenaria por consideraren que o asunto a tratar non requiría ser trata-do de urxencia.

Asemade, o grupo municipal nacio-nalista propuxo en diversas ocasións alternativas que permitisen mellorar as comunicacións da vila e que, ao tem-po, non repercutisen negativamente na mesma, como conectar a Vía Ár-tabra cos viais xa existentes.

Polo de agora, o proxecto segue adiante mais as intencións do Partido Popular na Xunta de Galiza seguen sen se facer públicas, impedindo por en-de a presentación de alegacións, quer colectivas, quer individuais.

Pola súa banda, o movemento veci-

ñal comezou a desenvolver actos nos que amosan a súa repulsa á constru-ción da vía, nos que penduraron unha faixa baixo o lema "Salvemos o Fon-tán'.

Aliás, a Plataforma na Defensa da Ría de Betanzos e Sada, iniciou unha cam-paña de recollida de sinaturas dixitais encamiñada a manifestaren a súa "to-tal oposición e disconformidade" co proxecto do novo vial de acceso ao Porto de Sada. As persoas asinantes adherirán a súa sinatura á carta de pe-

tición dirixida ao aínda presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coa que exixen a paralización do proxecto po-las súas graves repercusións paisaxís-ticas e naturais; económicas, patrimo-niais, turísticas e sociais na contorna que rodea o vial.

novas mobilizacións

O movemento veciñal de Sada prepara novos actos incardinados na campaña de mobilizacións contra a construción do novo vial. Así pois, o vindeiro día vinte e sete de setembro organizarán no Cas-telo de Fontán un acto lúdico, cultural e reivindicativo no que pór en valor o patrimonio arquitectónico, histórico e paisaxístico da zona. A veciñanza quere lembrarlle ao goberno de Núñez Feijóo, a través das súas accións, a importan-cia de protexeren o medio natural da zona, así como os recursos patrimo-niais que nela se atopan. O colectivo Sada Ártabra que o Castelo do Fontán é, por exemplo, un dos poucos monu-mentos arquitectónicos cos que conta actualmente o Concello de Sada, pois din, "moitos deles foron desaparecendo debido á especulación urbanística e a despreocupación institucional".

O seu obxectivo é agora, paralizar o proxecto do vial e evitar a desapari-ción do Castelo.

O trazado foi aprobado inicialmente polo goberno de Fraga, cando Feijóo era conselleiro de Política territorial, Obras públicas e Vivenda

O proxecto segue adiante mais as intencións do Partido Popular na Xunta de Galiza seguen sen se facer públicas

Page 18: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

18 iNterNacioNal 14 de setembro de 2012

catalunya xa anda o camiño cara á independencia

"Todo está por facer e todo é posíbel” dicía o poeta catalán Miquel Martí i Pol nun dos seus máis coñecidos poemas. A festa nacional que viviu Catalunya en Barcelona este 11 de setembro reafir-mou un sentimento que medrou nos últimos anos, en boa parte grazas ás respostas negativas do goberno es-pañol para recoñecer os problemas e exixencias de todo o pobo. Os ata-ques foron numerosos, mais magni-ficáronse a partir do rexeitamento do novo Estatut de autonomía, saído do Parlamento en setembro de 2005, e as mobilizacións posteriores da Plata-forma polo 'Dret a decidir' en 2006 e 2007. Despois virían as consultas po-pulares, cunha primeira no munici-pio de Arenys de Munt, e a idea de transversalidade e dinamización so-cial que foi o berce da Assemblea Na-cional Catalana (ANC). Era previsíbel despois dunha contundente enqui-sa publicada este mesmo ano polo Centre d'Estudis d'Opinió, en que se preguntaba o sentido do voto en caso dun referendo pola independencia. O resultado sinalou que un 51% da po-boación estaría a favor da secesión e só un 21,1% votaría en contra. Con estes vimbios o que se viviu en Barce-lona era obvio e aínda así sorprendeu a propia organización.

A 'Diada' comezou un día antes. A noite previa, a chamada dos “parla-ments” ou faladoiros tivo un epicentro físico no Fossar de les Moreres e outro virtual, na rede. O primeiro quentou as bases de CiU, ERC e SI, baixo a única consigna de independencia. O segun-do deixou claro en Twitter que o berro cidadán traspasaba fronteiras, malia que non sen certa polémica por non aparecer en varias horas o TT propos-to de #FreedomForCatalonia.

xornada histórica Se hai unha palabra que define o que aconteceu en Barcelona este 11 de setembro é a de xornada “histórica”. Rúas colapsadas, civismo, participa-

Imaxe: ANCAntón Escuredo

A mobilización cidadá masiva da 'Diada' en Barcelona, dous millóns de persoas, marca un punto de inflexión e crea un novo escenario que determinará a axenda política nos vindeiros meses.

ción masiva, festa, tamén foron os ter-mos que se empregaron na retrans-misión en directo que realizaron os medios de comunicación públicos de Catalunya, TV3 e Catalunya Ràdio. A Marcha tiña previsto o seu inicio ás 18 horas, mais todo estaba prepara-do varias horas antes. “Tiñamos moi-ta ilusión e ganas de traballar. Horas antes da convocatoria xa estabamos preparados para xestionar a saída e todo o percorrido”, comenta Jaume Pagès, un dos voluntari@s que partici-pou no servizo de orde. Coa chegada das caras máis coñecidas do mundo da cultura, os deportes e a política. As declaracións en directo amplificaban o discurso que berraba a cidadanía. “Sabemos que entre as formacións políticas que asistirán tamén estarán algunhas que xustificarán a súa pre-senza por outros motivos, mais tod@s irán detrás da petición de que Cata-lunya sexa un novo estado de Euro-pa”, afirmou Ferran Civit, membro do Comité Executivo da Assemblea Na-cional Catalana nunha entrevista ex-clusiva a Sermos Galiza. E alí estaba Antoni Duran i Lleida, presidente de UDC, quen non tivo reparo en insistir no tema económico e asegurar que “entramos nunha nova etapa que Ma-drid ten que entender”. Tamén acudiu unha boa parte do PSC, entre os varios sectores críticos que agora inclúe, cun Ernest Maragall, ex-conselleiro, que retrucou a CiU afirmando que “ago-ra en Madrid hai que pedir algo máis que o pacto fiscal”.

a primavera catalá A marcha finalizou cunha votación simbólica. Medios de comunica-ción escrita antes da manifestación e voluntari@s ao longo desta, distri-buíron milleiros de papeis de cor ver-de que serían a imaxe de normalidade democrática que querían transmitir ao mundo. Deixaba outro dos titulares xornalisticos: comezaba a primavera catalá. Foi un dos momentos emocio-nantes desa tarde. Carme Forcadell, presidenta de ANC, enumerou as pre-guntas unha a unha. "Queremos exer-cer o dereito á autodeterminación?,

Moitas das mensaxes que se viron estes días antes do 11 de setembro tiñan un destinatario máis importante que o goberno español, a Unión Europea. Os movementos e presións diplomáticas do Estado español, recoñecidas en Bruxelas, fixeron que un dos voceiros da UE, Olivier Bailly, afirmase que se Catalunya declara a independencia “estaría fóra de Europa”. Horas despois o propio comisario Joaquin Almunia tivo que rectificar e asegurar que “foron precipitadas”.Para deixar as cousas claras, @s eurodeputad@s Ana Miranda (en representación do BNG e ERC), Ramon Tremosa (CiU) e Raül Romeva (ICV), presentaron unha carta en que se solicita d@s eurodeputad@s do Parlamento europeo o apoio a un eventual proceso democrático pola independencia de Catalunya.

A uE ENTRA NA LEAa cada unha delas. Era a introdución ao xesto máis importante e nada sim-bólico da recepción por parte dunha das institucións máis importantes, o Parlamento.

Representantes da ANC foron recibid@s no Parlamento con aplau-sos por parte d@s deputad@s de todas as formacións políticas a excepción do PP. A presidenta, Nuria de Gispert, escoitou de Carme Forcadell, en re-presentación da ANC, o manifesto en que se exixía “a secesión do Estado español que non nos admite tal co-mo somos e tal como queremos ser”. Despois de sinalar as razóns polas que solicitaban a independencia rematou cun contundente “escoitade o berro do pobo”. Como resposta recibiu o com-promiso de que Artur Mas, presidente da Generalitat, @s recibiría nos vindei-ros días para recoller ese mesmo texto e as reivindicacións dos dous millóns de persoas que agardaban na rúa.

o día seguinte

“Se os partidos políticos non están a al-tura forzarémolos, temos experiencia doutras accións como foron as con-sultas populares”, afirma Jaume Pa-gès. Fala unha vez procesada a eufo-ria do momento e coa realidade dos días seguintes á marcha. “Un síntoma claro, se cadra anecdótico, é que des-pois da manifestación se segue a falar de construír un estado propio. Na te-levisión falan empresari@s, deportis-tas... Os clubs de fútbol comentan os pasos que cómpre levar adiante, se se

Votación ao remate da marcha pola indepencia.

Queremos a independencia do noso país e do resto de pobos do mundo?, Queremos unha bandeira catalá na ONU?, Queremos que os nosos re-presentantes políticos inicien o pro-ceso de secesión?” As mans ao ven-to e os berros responderon cun “si”

Page 19: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

iNterNacioNal 1914 de setembro de 2012

«Escoita, España»? Non. "Escoita, Catalunya"

Vicent Partal Director de Vilaweb

As frases rituais supoñen estas cousas. «Escoita, España», a respectá-bel oda de Joan Mara-gall apareceu esta terza

feira na portada dun xornal de Bar-celona. Como dicindo: "ei, que se non escoitas, estes van marchar". Sorprendeume moito, mais pensei que era unha mostra moi clara da miopía dalgunhas persoas. Porque era evidente que, se unha diferenza ía haber este once de setembro, era precisamente que @s manifestantes —e, polo tanto, aceptando todos os matices, a sociedade catalá— per-deran o interese de ser escoitad@s polo Estado español.

Eu diría, mellor, "Escoita, Catalu-nya". Porque creo que a manifes-tación da Diada foi, sobre todo, un enorme diálogo en voz alta do país con el propio. Esta terza se cadra non tanto, porque xa era evidente de todo, mais os días antes atopara moita xente que pensaba ir á mani-festación, mais que non sabía aínda se se sentía independentista ou se o era. Na noite da Diada non creo que quedasen dúbidas. O país mirou a súa propia cara, sentiuse confor-tado e decidiu que chegara a hora de premer o acelerador. As conse-cuencias, enormes, que xa vivimos onte e as que veremos estes días vindeiros non poden ser nada máis que unha consecuencia de todo o que vén de acontecer.

"Escoita, Catalunya" e, en todo ca-so, "Escoita, Europa", unha Europa que onte nos agasallou con dúas das mellores anécdotas máis do día. Dunha banda, a prensa francesa cri-ticando que a española agochase a importancia da Diada. E, doutra, a impagábel cara de circunstancias de Olivier Bailly, un dos xefes de pren-sa da Comisión Europea, que esta terza dixera que unha Catalunya in-dependente quedaría fóra da Unión Europea. Velo onte como se descul-paba, baixando a cabeza, porque “se precipitara”, evidenciaba moito que algunha persoa en Bruxelas, algu-nha persoa que manda de verdade, xa pensa como pode encaixar a re-pública catalá na Unión Europea.

Por certo, moitos dos medios españois que magnificaron as de-claracións equivocadas non dixe-ron nada da rectificación. E isto, se o queredes ver así, é un indi-cio máis.

op

inió

nGuillerme Vázquez, voceiro nacional do BNG, participou na manifestación convidado por ERC. “É tempo de que os pobos decidan, de que tomen a palabra. É tempo de soberanía porque sen soberanía non hai democracia", afirmou desde Barcelona. Tamén asistiu Francisco Castro, da asemblea local do BNG en Catalunya, quen definiu este 11 de setembro como “unha festa política impresionante que debería impactar no Estado español”. A sensación entre as persoas

OPINIÓNs gALEgAs sObRE O quE sIgNIfICOu EsTA 'DIADA' TAN EsPECIAL

asistentes da colectividade galega á marcha foi moi diversa, mais coincidiron na idea de que “non hai volta atrás” nas peticións do pobo catalán. “Fálase dun punto de inflexión e concordia, Catalunya camiña cara á independencia”, afirma Suso Mon, presidente de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya e membro do Foro cívico galego de Barcelona, “até é a primeira vez que escoito falar de independencia a persoas que votan o PP aquí!”.Desde Galiza, Francisco Jorquera,

xogará na liga francesa... É un cami-ño imparábel”. Seguindo os aconte-cementos posteriores, as primeiras declaracións públicas do presidente da Generalitat non aclararon moi-to a súa postura. “Precisamos máis maioría”, sinalou aos medios de co-municación. Mais a presión doutras forzas políticas deixou claro que a mensaxe é inequívoca. “Se CiU dá volta atrás pode perder a hexemonía de goberno no país e disociarse da realidade cidadá”, apunta Suso Mon, director do programa radiofónico “Galiza... algo máis” e presidente de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya. “Veremos como se mate-

rializa, mais coido que a folla de ruta de CiU comeza a cadrar coa folla de ruta que ten a ANC e a propia maio-ría de persoas de Catalunya”.

O penúltimo paso de Artur Mas re-coñecendo en Madrid, nun almorzo informativo con medios de comu-nicación, que “Catalunya necesita o instrumento dun estado” acendeu as alarmas no goberno español. “Non hai que ter medo a pedir a opinión democrática da poboación se fose necesario”, engadiu en sintonía coa proposta de folla de ruta que ten a propia ANC.

As palabras de Mas respondían ás instrucións da prensa española que

interpretaban a grande Marcha co-mo unha protesta máis da crise.

Despois dun silencio algo máis que sospeitoso destes días, a res-posta veu da man do voceiro do PP no Congreso, Alfonso Alonso, quen ameazou en declaracións a un me-dio “co que lle sucedeu a Ibarretxe”. Para Alonso a idea dun estado pro-pio é “irreal” e sacou do armario as pantasmas “dos radicais” que, se-gundo el, “dividiron os vascos”. Esta resposta non está moi lonxe das afir-macións de Ferran Civit, quen pen-sa que “o goberno español está no século XIX e as nosas propostas son do século XXI”.

candidato nacionalista nas eleccións do 21-O, considera que a masiva asistencia foi unha resposta “fronte á brutal recentralización que está a practicar o goberno de Rajoy” tamén no noso país “co visto e prace do presidente da Xunta”. Jorquera foi alén disto e sinalou en clave galega que “Catalunya e Euskadi avanzan cara á soberanía nacional, como puidemos ver nas rúas de Barcelona. É a hora de Galiza, tócalle ao noso país dar un paso cara a adiante, porque o 21 de outubro nos xogamos moito”.

Tradución: Eduard del Castillo

Page 20: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

a bandeira da concha segue a ser galega

A vitoria da traiñeira Rianxeira-Mecalia na bandeira da Concha en Donosti re-afirmou o enorme potencial feminino neste deporte e consolidou a superio-ridade do noso país fronte ao xigante vasco. “O proxecto creado hai cinco anos co apoio da dirección xeral para o Deporte da Xunta”, conta Benigno Silva, presidente e adestrador desde os seus inicios, “xurdiu como selección galega e desde aquela conseguimos gañar sempre, temos moita calidade”. Eran outros tempos cando o deporte e a identidade tiñan entrada nos orga-nismos públicos. Silva lembra como comezaron “coa traiñeiriña de Irún” e a alegría das deportistas que aumen-tou ao entraren en competición xunto a compañeiras doutros clubs na que foi unha auténtica selección. Esa ale-gría é a que lembra Sandra Sánchez que estivo tamén desde o principio como remeira. “Todas sabíamos que era un momento especial, ademais de estrear embarcación e competición, había algo máis”.

Cos anos a evolución foi por outros camiños. “A competición mudou va-rias veces de formato e chegaron a xogar con embarcación propia Ca-talunya, Bizkaia, Gipuzkoa e Galiza”, conta Silva. Na actualidade o equipo das galegas compite contra outros de Euskadi e as catalás xa non par-ticipan.

a última bandeira

Esta edición as galegas deixaron claro desde o primeiro día que loitarían pola bandeira. Competindo contra Zumaia, Getaria-Tolosa e San Juan, as tres de Gipuzkoa, aproveitaron a súa forza e estratexia. “Coido que foi unha das

competicións máis complicadas, nós non pensamos en ningún momento na vantaxe e iso foi a nosa maneira de gañar”, asegura Sandra, “as catro em-barcacións tiñamos moito nivel”. Nove segundos na primeira xornada foron abondos para que as do Zumaia, ma-lia chegaren primeiras, non tivesen a súa recompensa. A vitoria tivo moita repercusión nos medios de comuni-cación de Euskadi e algún chegou a falar de que “a Concha fala galego” e non lle falta razón. “Cada ano realizan unha copia en pequeno da bandeira da Concha e cada remeira lévaa para casa. Non é ningunha broma que en todo este tempo máis de 80 remeiras teñan unha en propiedade”.

As vitorias da Rianxeira-Mecalia na proba que se considera “o mundial”

Imaxe: Íñigo EscalanteAntón Escuredo

mulleres sempre estivemos nun se-gundo lugar”.

terceiro posto en categoría masculina

A bandeira da Concha masculina se-gue a ser a sinatura pendente de Ga-liza. A edición deste ano foi para a embarcación Kaiku, mostrando que o remo biscaíño está nestes momentos un paso por diante dos de Gipuzkoa, a gran zona das traiñeiras vascas. Ur-dabai (de Bermeo, tamén Biskaia) foi segunda. E o terceiro posto veu pa-ra Galiza, grazas á tripulación de Ti-rán. Os seguintes postos foron para Hondarribia, San Juan, os cántabros de Astillero, a Donostiarra e Chapela, a outra representante galega, e cuxa clasificación rachou cos prognósticos, que non contaban con ela.

A embarcación galega gañou por quinto ano consecutivo a bandeira da Concha.

deste deporte poderían significar un gran futuro para Sandra e as súas com-pañeiras mais non é así. Hoxe en día a continuidade do equipo non está asegurada, como afirma o propio Be-nigno Silva. “Eu non vou continuar e agardo que outras persoas recollan o traballo feito”. Se os inicios foron prometedores, co tempo as prome-sas de apoio por parte da Xunta que-daron pouco máis que en nada. “As institucións cada día dan menos e hai unha gran diferenza en comparación co apoio que teñen as embarcacións de Euskadi”. Silva recoñece que tivo que acudir a patrocinios privados e non agardar polas prometidas axudas para sacar adiante o “Rianxeira-Me-calia”. Outra das dificultades é a que apunta Sandra cando afirma que “as

A traiñeira Rianxeira-Mecalia gañou por quinto ano consecutivo a competición máis importante deste deporte. Na categoría masculina Tirán quedou en terceiro lugar.

20 deporteS 14 de setembro de 2012

Page 21: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

21cultura14 de setembro de 2012

“Son brasilego, manga e pesexo. Son froito cento por cento dunha nova raza de xente”. Con estas palabras, o músico Sergio Tannus resume o seu novo disco, que se chamará, precisa-mente, Son brasilego. O título é toda unha declaración de intencións, un manifesto metafórico que conxuga o verbo ser ao ritmo dunha fusión de sensibilidades, de dous puntos de vis-ta dunha mesma cultura separada e unida ao tempo por un eterno océa-no. “Son brasilego, manga e pexego”, canta Tannus nunha canción que lle regala o título ao álbum. “Son froito dunha nova raza de xente”, escóitase na melodía, co orgullo dun berro de confesión e a convicción da procla-ma. Tannus, desde o outro lado do Atlántico, é membro desa “nova raza” e o seu futuro disco, que ten previs-to o seu lanzamento para finais de outubro, convértese na resposta do músico á hospitalidade que atopou neste recanto do mundo. “En certo xeito é pechar o ciclo dos seis anos que estiven en Galiza. Quero que sexa un agradecemento e unha ponte de unión”, explica Tannus, que insiste en que o disco non é seu, que é un-ha obra “colectiva”.

O álbum reúne ao redor de Tannus un batallón de músic@s que tinguen de lusofonía cada pentagrama. Uxía, Emilio Rúa, Ugía Pedreira, Sonia Le-bedinsky ou Xabier Díaz son algúns dos nomes galegos que prestan a súa voz nun disco que conta con máis de corenta colaboracións. Os seus compañeiros de trío, Serginho Sa-les e Paulo Silva, o fadista Carlos do Carmo e Aline Frazão, tamén par-ticipan nun álbum de vocación co-lectiva que resume, en certo xeito, un sentimento que agromou cunha serie de músicos procedentes da lu-sofonía que chegaron a Galiza para quedarse e cun grupo de músic@s galeg@s que compartiron todo con eles. A “raza nova”, brasileg@s de aquí e de acolá.

Tannus é un exemplo claro deste colectivo procedente do Brasil. A súa transformación en brasilego remón-tase ao ano 2006, na cidade de Ni-terói. En abril daquel ano celebrouse un encontro cultural e musical. Nese momento cruzaron os camiños do intérprete brasileiro e dunha comiti-

Música para proclamar o son 'brasilego'Non hai fronteiras entre o Brasil e a Galiza. Fred Martins e Sergio Tannus demostrarano unha vez máis publicando cadanseu disco. Martins celebrará desde Galiza o seu vixésimo aniversario cun disco recompilatorio. Pola súa banda, Tannus publicará a finais de outubro un disco con cancións propias e coa colaboración duns corenta músic@s da lusofonía.

Imaxe: A.R.Alberto Ramos

únense nun exercicio de lusofonía colectivo en que cantan un feixe de cancións musicadas por Tannus. O disco será editado por Fol Música. A intención é que se lance a finais de outubro e que se realice a comezos de novembro un concerto no Teatro Principal onde participen gran parte d@s colaborador@s.

vinte anos de carreira

Unha viaxe semellante entre Brasil e Galiza viviu Fred Martins, que gravou un disco hai dous anos xunto a Ugía Pedreira chamado Acrobata. Despois dese álbum, Martins comezou a ma-durar outro proxecto. Esta vez en so-litario e co obxectivo de publicar o seu primeiro álbum en Galiza. Trá-tase dunha escolma dos seus temas para conmemorar o vinte aniversa-rio da súa carreira. Estará autoedita-do e será financiado mediante unha campaña de crownfounding. “Gús-tame a idea de encargarme de todo, sen intermediarios nin interferencias das discográficas”, explica Martins. O disco será gravado nos próximos me-ses e a intención é que vexa a luz en xaneiro ou febreiro. O repertorio es-tará formado por once ou trece can-cións, das cales tres serán novas e o resto repasará a súa traxectoria. “As cancións foron escollidas un pouco polo seu funcionamento en directo. Hai temas que en Brasil case nunca tocaba, mais que ao vir aquí, o pú-blico acollía moi ben, con máis for-za. Esas entrarán no disco”, explica o músico, quen recoñece que polo momento non hai un título definitivo para o álbum.

No disco notarase a influencia ga-lega na súa música brasileira, unha fusión que Martins vive en Com-postela desde que chegou hai dous anos. Cambiou o seu Niterói natal por Compostela nunha viaxe que, pese a distancia atlántica, era un regreso ás orixes. “Foi un pouco volver, re-gresar a unha época dunha cidade máis pequena, máis acolledora. Ni-terói era así, mais mudou polo trá-fico, polo urbanismo. E en Santiago reencontreime con ese ambiente. Un espazo onde @s músic@s de alí e de alá se reúnen sen problema, nos ba-res”, explica un Fred Martins que, co-mo moit@s músic@s, redescubriron as súas orixes brasileiras en Galiza. Xa se sabe, como di Tannus, “non hai fronteiras nin na música nin na lingua”.

va galega na que se atopaban, entre outr@s, Uxía, Luar na Lubre ou Fran Pérez Narf. Alí agromou unha ami-zade entre Tannus e @s galeg@s ao tempo que espertaba o seu intere-se por un recanto de Europa chama-do Galiza. Tras o verán, Sergio Tan-nus iniciou unha nova xira conxunta con Lilian França por Europa. Pararon en Compostela, nun concerto dobre no Teatro Principal onde comparti-ron escenario con Pepe Sendón, Mar-cos Teira ou Fran Pérez. “Foron eles quen me trouxeron a Galiza!”, admi-te con agradecemento. Chegou e xa foi quedando.

Neste disco común, os brasileg@s de Galiza os brasileg@s do Brasil

Sergio Tannus.

O álbum reúne ao redor de Tannus un batallón de músic@s que tinguen de lusofonía cada pentagrama. Uxía, Emilio Rúa, Ugía Pedreira, Sonia Lebedinsky ou Xabier Díaz son algúns dos colaboradores

Page 22: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

elena gallego abad. escritora

coa triloxía Dragal crea un universo propio. como nace o proxecto lite-rario?Cando comezo a escribir Dragal que-ría demostrar que podiamos facer fantasía en galego con personaxes, maxia e un universo propio. Cando rematei o primeiro libro dinme con-ta de que precisaba continuar, tamén para darlle máis vida a ese volume inicial. Falo do último dragón gale-go, dun rapaz que se transforma en dragón, introduzo maxia, alquimia ou cabaleiros que teñen continuidade no segundo e no terceiro libro. A mara-billa de ter un dragón na casa non se pode abandonar. O proxecto era contar nos tres volumes a historia do último dragón galego.

inicia a súa carreira literaria cunha triloxía. dálle reparo quedar mar-cada como a autora das novelas do dragón?Levo máis tempo escribindo. Todos os xornalistas soñamos con escribir algunha novela. Eu fixen con anterio-ridade traballos literarios e o meu ofi-cio é xogar coas palabras, mais Dra-

Imaxes: Riobó PradaCarme Vidal

gal foi a entrada en serio no mundo literario.

procede do xornalismo, mais esta non é a novela que se lle presupón a quen está mergullada na realidade. pola contra, foxe do cotián para se introducir nun mundo máxico. Antes que escritora fun lectora, e a vida real e a fantasía van parellas na miña biografía. De nena lía moito e tiña presente o mundo da fantasía e a literatura. Dragal nace así de ma-neira paralela a miña vida real, co-mo un mundo onde me refuxiar. Con todo, hai moitos elementos na obra en que ves que está escrita por un-ha xornalista, por unha persoa que ten contacto coa escrita de actuali-dade nos medios de comunicación. Cada capítulo da historia é un relato en si propio, como cando se fai un-ha reportaxe, aínda que teña certa continuidade coas outras. A linguaxe empregada é accesíbel, como se se tratase dun edificio natural, a arqui-tectura dunha casa que ten máis va-lor canto menos se impón. Cando escribía Dragal era unha nai contan-do unha historia a unha crianza e que procuraba que lle gustase. Ao igual que a min me gustaban, cando nena, as historias dos Cinco, co misterio e

"Gustaríame escribir un best-seller galego"quedamos con elena gallego abad na entrada da catedral de santiago cando vén de ver o códice calixtino que estes días está exposto no pazo de xelmírez. confesa que lle gustaría atopar os dragóns que hai tanto no libro como no templo. damos volta para procurar os elementos románicos do edificio galego máis coñecido e, na quintana, coloca os tres volumes de dragal (xerais) ao pé das figuras dos profetas e apóstolos da porta santa. trátase da triloxía que conta a historia do último dragón galego da cal é autora. xornalista e escritora, elena gallego abad escribe para conseguir persoas lectoras que se divirtan cos seus libros e, con ese obxectivo, creou un universo de alquimia, catacumbas, bibliotecas misteriosas, maxia e fantasía coa forza do dragón.

22 cultura ENtrEviStA

Elena Gallego Abad.

14 de setembro de 2012

Page 23: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

23cultura ENtrEviStA

a aventura que tiñan. Mais ao tempo gozaba con Xulio Verne e agora bebo tamén de Harry Potter.

de Harry potter non anda algo cansa, de que a comparen con rowling?En absoluto, todo o contrario! Hai moi-tos rapaces que o único que leron foi Harry Potter e iso tamén acontece agora con Dragal. Para min o exem-plo de Rowling foi un aliciente para es-cribir. Entra dentro desa serie de obras que fan que @s rapac@s lean, algo que tamén era o meu obxectivo. Cando escribín Dragal pretendía que o meu fillo lese e soubese que ese mundo de fantasía tamén o había en galego.

por que escolle para iso a figura do dragón?Porque tiña a casa ateigada de dra-góns! O cuarto do meu fillo estaba cheo! Ademais é o único ser mito-lóxico que está en todas as culturas,e en todos os continentes. A diferenza é que en Asia son bos e aquí malos. Ademais procuraba que a historia co-nectase coa vida real, porque na Galiza conviviu a realidade e a maxia.

por que ten tanta forzar literaria e mí-tica?O dragón é o ser máis poderoso. Eu quería recuperar o dragón románico, o dos nosos devanceiros e devancei-ras, aquel sobre o que se constrúe a cidade de Santiago, non o das series de televisión. Na Galiza temos dra-góns, mitoloxía e fantasía e eu quería que estivese no libro.

eses referentes propios poden dificul-tar a súa exportación a outras cultu-ras? O camiño de Santiago é unha das vías de peregrinación do mundo. Dragal é un rapaz que se transforma en dragón no noso ámbito, mais calquera rapaz de calquera país entende o soño de voar como un dragón. A que nen@ non lle gustaría ter os seus poderes? Poño ese personaxe na Galiza porque quero que sexa galego. Se volvemos ao exemplo de Harry Potter, vemos que funciona perfectamente aquí e ten referentes británicos. No caso de Dragal non tiña por que ser un atran-co. Os dous libros xogan coa alquimia e a de Santiago é moi sólida.

a triloxía ten moitos elementos que poderían facer dela un best-seller, a atracción do medievo, o misterio, o segredo, a aventura, as catacumbas... que aparecen noutras obras con moi-to éxito. Buscou facer unha obra pa-ra gustar?Tiña un público lector a quen quería gustar e a quen lle custaba enganchar se non era con libros que el quería. Era o que precisaba. Acción, perso-

naxes que contaban, fórmulas para que estivese contenta como escrito-ra e como autora. Ao tempo non quería quedar nunha obra que non transcen-dese, buscaba que ao rematar á per-soa lectora lle quedasen varias ideas. Que atopase maxia, historia, tradición e enganches para seguir aprendendo e buscando, por exemplo, atoparse coa Traslatio, unha historia con dra-gón incluído. Na novela quero abrir novas portas.

Foi duro o proceso de documenta-ción?Esgotador. A arquitectura tiña que ser sólida. Tentei que os alicerces fosen fortes, que non caesen.

14 de setembro de 2012

antes falaba de rowling, mais a bi-blioteca evoca tamén O nome da ro-sa de umberto eco. Neste caso, un nome de gran relevancia no deba-te intelectual europeo concibe un-ha novela que se converte en éxito de vendas. Porque, en definitiva, é unha novela de detectives. Admiro a Eco e ado-rei esa novela. Como ela, Dragal ten misterio e iso engancha. Unha novela en que non pasa nada non é novela. Da mesma maneira, a miña é unha novela cinematográfica. Vese per-fectamente no booktrailer que fixe-mos para a súa promoción. Esa é un-ha das chaves para chegar ás novas xeracións, que xoga cunha linguaxe

audiovisual que lles é moi próxima. Despois de todo, o que sorprende é que esta sexa a primeira triloxía fan-tástica que se escribiu en galego.

o seu obxectivo, logo, era divertir?Era. Entendo a literatura como diver-sión, como maneira de pasalo ben. Eu fíxeno escribindo e quería que as persoas que o lesen tamén tivesen ese tempo de goce cos libros. É máis, eu divertíame cando imaxinaba o que o público lector se divertiría cando o lese. En ningún momento tiven in-tención de mostrar todo o que sei ou o que estudei.

a súa carreira literaria continuará co dragón, como as coleccións que ci-taba da súa infancia?Teño dúas obras escritas de distinta temática e agardo que unha delas se publique na primavera. Trátase dun-ha novela negra. Gustaríame escribir un best-seller galego.

poucas persoas que escriben se atre-ven a dicir que queren ser autoras dun best-seller. Fixen Dragal para que se divertise un rapaz e o están a facer milleiros. Leva-mos vendidas catro edicións do pri-meiro volume e agardo que saia en breve a quinta. Non só é preciso fa-cer boas historias, senón tamén sa-ber vendelas. O máis bonito que me pasou é ver o dragón nos ollos d@s nen@s. Dragal ten maxia. Eu cría nesa historia e sabía onde quería ir.

Dragal ten páxina web, booktrailer e mesmo botou a andar un book-crossing por varios puntos do mun-do. contra o que acontece con fre-cuencia, apréciase a súa vontade para que se coñeza. No mundo en que vivimos se non es-tás en internet non existes. Eu estou en facebook e en twitter porque son escritora. Cómpre abrir unha fiestra para que entren na túa obra. Cando saíu o terceiro volume tiña a idea de facer un booktrailer promovendo a obra e sei que hai persoas que foron mercar as novelas despois de velo. Coido que conseguín que teña for-za como conxunto, como triloxía e proxecto literario.

remítese á linguaxe audiovisual. Dra-gal terá continuidade ou ampliará o seu universo?Quero escribir e publicar outras obras e chegar a outros segmentos do pú-blico lector, mais tamén é certo que cando creas un mundo como este non o podes abandonar. É un tesouro. Sería estupendo que alguén do mun-do audiovisual reparase nela porque eu creo que é unha boa historia para unha película.

Page 24: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

24 cultura CrÍtiCA

Pasos alén do límiteContan que, na tradición do haiku, un bo poema é aquel que, axustán-dose á métrica, consegue reflectir a quietude, o movemento e unha combinación de ambos os dous ele-mentos. Seguindo esas directrices estariamos perante unha expresión poética que trata de captar o dina-mismo do mundo a partir do mi-nimalismo expresivo. Aínda que a recepción do haiku na poesía oc-cidental superou axiña a rixidez dos seus postulados formais, non cabe dúbida que unha parte desas ideas seguen fixas na súa influencia con-temporánea.

A poesía de Branca Novoneyra recolle unha parte dese legado. A lembranza da forma poética oriental vainos acompañar desde as primei-ras páxinas, aínda que moi poucos dos seus poemas respondan á forma estrita dos haikus orixinais. Os poe-mas que compoñen Cristal escuro basculan máis ben entre un acur-tamento impresionista (abundan os poemas formados por un único verso), e alongamentos que forman estruturas máis convencionais, con ocasionais concesións a xogos cali-gramáticos que alteran a disposición habitual do texto na páxina. Porén, dentro desa liberdade, atrevémonos a aventurar que a representación do movemento segue a vibrar como unha teima constante nas raíces da poesía mínima, aínda que tamén a súa noción sexa distinta á das súas fontes, e máis que de ras mergullán-dose ou pólas movidas polo vento, asistamos ao contraste entre pai-saxes calmos e movementos brus-cos, crepúsculos que son quen de crebar os hemisferios, raíces que se estenden até o ceo, ou lembran-zas que conseguen, coas súa simple existencia, cortar o fluír predetermi-nado das fervenzas. Da mesma for-ma, a poesía de Cristal escuro xoga coa suspensión dese movemento, coa ameaza ou a espreita en que as

CRÍTICA LITERARIA

cousas parecen vibrar internamente ou anticipan un cambio drástico de situación. O eu lírico adquire tamén un insospeitado protagonismo entre os elementos naturais, impón o seu paso e parece capaz de influír sobre o universo, configurando así outra das características do libro.

Como se nos fai notar no prólo-go de Ana Gorría, Cristal escuro, ao igual que o anterior libro de Bran-ca Novoneyra Dentro do Labirinto, toma o nome do título dun dos fil-mes que Jim Henson dirixiu na dé-cada dos oitenta. A evocación, que devolve inmediatamente ao espazo das nostalxias a aquelas persoas que

Branca Novoneyra

Despois do primeiro disco cos temas que compuxeron a banda sonora da película Crebinsky, sorpréndennos agora co seu segundo traballo dis-cográfico, un Jet Lag coa mesma ins-piración ecléctica e a mesma solidez musical da súa primeira aposta.

Desta volta o folk, o jazz, a música experimental ou mesmo o klezmer, agroman a través dos doce temas en que os estilos se mesturan e andan ve-loces para evocaren a estética árabe,

CRÍTICA musICAL

Jet Lag

Banda Crebinsky

Fol Música, 2012

CD

rusa ou mesmo punk. Dos temas can-tados aos instrumentais, a evocación é a tónica con que o CD nos sorpren-de, pasando por múltiples universos onde a Banda Crebisnky se move con comodidade.

Pablo Pérez continúa a estar de-trás da composición das músicas, ao igual que na película dirixida por En-rique Otero, imprimindo un ritmo en que a mestura do tradicional cos sons contemporáneos conforma unha nova

viaxe na cal a metamorfose crebins-kiana consegue, dalgunha maneira, provocar un jet lag pracenteiro. Tal-vez aí resida a identidade da banda, na mestura, no eclecticismo, no univer-so que se equipara a aquel de Kustu-rica con quen tanto se emparentou. Unha aposta singular no panorama musical que toma forza en directos onde a música se converte en ener-xía compartida.Olga brañas

ou imaxinarios, polos que o eu lí-rico transita, e tamén a súa carac-terización, que fai que o concepto de límite ou fronteira adquira unha importancia fundamental.

Desta forma, xa desde o título dunha das partes do libro se nos fala da liña Ginza, que delimita un espazo fantasmal, e sobre a que o amor é/ un canto circular. Ao mesmo tempo a configuración dos paraísos artificiais, ligados a paisaxes desér-ticas, provocando unha identifica-ción entre a experiencia e o espazo, vedado ou non, que se presente ou cara ao que se avanza. Mención á parte merece tamén a figura da illa, xa sexan illas xenéricas cara ás que nadar ou a referencia específica á illa de Vulcano, espazo de sacrifi-cios e visións que fechará o poema-rio cunha visión apocalíptica que o eu lírico contempla durante horas mentres repasa varios dos elemen-tos que apareceron previamente nos poemas do libro.

Cristal escuro representa un pa-so máis na traxectoria de Branca Novoneyra, un paso que permite xa colocar a súa poética como un dos proxectos máis particulares da contemporaneidade lírica galega, e na cal os versos da autora se ca-racterizan por un minimalismo in-sospeitadamente rico en contidos e capaz de configurar un universo persoal que ao mesmo tempo es-tende a súa particular (e orixinal) re-de de referencias culturais. mario Regueira

Cristal escuro

Branca Novoneyra

Libros da Frouma-Follas Novas Edicións, 2012

95 páxinas

10 euros

14 de setembro de 2012

están nunha determinada franxa de idade, retrotráenos tamén ás diná-micas do vello relato de aventuras: a procura de obxectos ou o avan-ce cara a territorios vedados, men-tres se atravesan antigas ruínas e se sortean perigos inesperados (Desci-frarei fósiles/ na mutante/ memoria dos pobos, advírtesenos xa no mes-mo limiar do libro). O movemento que formula Cristal escuro non se cingue a un único lugar, senón que representa un avance, unha viaxe medida paso a paso e feita dunha forma moi particular, mais onde es-tán presentes dunha forma rotun-da os nomes dos territorios, reais

Page 25: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

O falo grande de Pessoa

Que Pessoa é um peso pesado vai sendo mais que patente. No literário afirmou-se por cima de contemporâneos e não só até ser um referente

no cânone universal –em toda a parte o mundo todo, se não conhece um verso dele, pelo menos conhece o seu nome. Quando isso sucede é inevitável uma passagem do literário ao biográfico e pessoal, e mesmo a comunicação social procura vender o relato sensacional do escritor com voracidade. Que a pessoa do Pessoa seja pequena, de vida restrita em acontecimentos e com grandes áreas de reserva, longe de ser um problema acaba por estimular a mídia, pesquisa-dores e público. Assim se tornam ape-tecidas e ainda oportunas publicações que satisfaçam curiosidades e iluminem competentemente esse espaço comple-mentar da escrita. Um contributo perti-nente foi o de Carlos Taibo, Parecia Não Pisar o Chão. Treze Ensaios Sobre as Vi-das de Fernando Pessoa, que publicado pela Através Editora em 2010 deveria ser agora bem acolhido em Portugal, com a distribuição dos seus livros que a AGAL acordou recentemente com Dinalivro para a República vizinha. O autor é bem

conhecido entre nós, professor Titular de Ciência Política e da Administração na Autónoma de Madrid, especialista na Europa do Leste e em globalização, e pa-ra não parecer suspeito direi só que se aproxima da humanidade de Fernando Pessoa com um rigor atrativo, à desco-berta dos quotidianos, do aspeto físico, das casas e amores, da família e dos ami-gos, das viagens e das línguas, do seu sentido do humor, dos trabalhos, fama, arca dos papéis, enfim, daquilo que se acha disperso em milhares de páginas de outros livros biografísticos como margi-nálias inencontráveis por junto. E não há exageros sensacionalistas. O livro vale a pena não só para público em geral e já tem tradução para espanhol.

Outro caso é o de Fernando Pessoa - Uma Quase-Autobiografia, de um ex-Ministro da Justiça do Brasil, João Paulo Cavalcanti Filho, de que o JL dava notícia e antecipava parte substancial do pre-fácio em Março de 2011. Era nada me-nos que a Record a editar, com a grande pessoana brasileira Cleonice Berardine-lli no lançamento, e com aviso de ser a primeira biografia em português (?) após a inicial e fundamental de Gaspar Simões. O artigo glosava da badana tra-

quando não equívocos ou errados, são agora a nata dos estudos literários que interessam aos grandes selos e aos espe-cialistas...? A temeridade vende. O autor até assume a confusão entre o que é de Cavalcanti Filho e o que é de Pessoa pois escreve “sempre que possível, tentando aproximar-me do seu [de Pessoa] jeito de escrever”, limitando-se a adensar as páginas com citações constantes inse-ridas entre aspas no seu discurso (“Este livro, pois, não é o que Pessoa disse, ao tempo em que o disse; é o que quero dizer, por palavras dele. Com aspas é ele, sem aspas sou eu”), justificando a afirmação com o número de vírgulas que emprega em cada frase. Mas se na introdução toma cautelas contra a crí-tica dos especialistas pessoanos, desig-nando-se como livro para não-iniciados, para que depois tenta dar lições? Como nas novas dezenas de novos heteróni-mos, 127: saberá o ex-ministro o que é um Heterónimo? Que é possível fazer um livro sério, atraente e com rigor so-bre a vida pequena de um grande es-critor é possível, aí está o de Taibo. De resto, antes que hipóteses sobre o falo é preferível ficar-se apenas nas certezas sobre a fala.

Do outro lado do rioCarlos Quiroga

Holmes&Watson. Madrid daysOs vinte e catro fotogramas por segun-do foron o estándar de proxección ci-nematográfico dos últimos cincuen-ta anos. As cintas mudas pasábanse a unha velocidade de tan só dezaseis ou dezaoito. Eran suficientes para crear a sensación de imaxe en movemento, de captura do cambio e o devir conti-nuos do real. Agora Peter Jackson xo-ga, e aviva a polémica entre entusiastas e detractor@s, na rodaxe de The Hobbit a empregar cámaras que rodan a coren-ta e oito cadros por segundo. Se cadra foron as técnicas de filmación ou son as de proxección, no peor dos casos al-gúns operari@s de cabina conxurad@s, quen están a facer que o público vexa a última película de Garci a menos fo-togramas por segundos dos precisos para crear sensación de movemento, de entretemento. A cinta é un exercicio de estilo fílmico-literario que confunde a minuciosidade demorada, moi demo-rada e sen clara finalidade expresiva, co afán pictórico xa primordial para @s cineastas pioneir@s do silente. Nada a ver cos logros neste sentido de Dreyer, Visconti, Neville, Kubrick, Erice… Tecni-camente irreprochábeis a iluminación,

holmes&Watson. madrid Days

Dirección : José Luis Garci

Guión: J. Luis Garci, Eduardo Torres-Dulce

intérpretes: Gary Piquer, José Luis García

Pérez, Leticia Dolera, víctor Clavijo, Carlos

Hipólito, Manuela velasco, Enrique villén,

Belén López, Macarena Gómez, Jorge roelas,

José Corbacho, Alberto ruíz Gallardón,

inocencio Arias.

EstaDo Español 2012

intriga. 131 min.

CRÍTICA DE CINEmA

os engrades e os fundidos (excesivos) que nos levan dunha a outra sala do museo garciano. A dirección artística de Gil Parrondo, coma sempre, de so-bresaliente. Sobra oficio. Mais falta o fundamental para o acertado transvase do lenzo ao cinema: o movemento e a súa significación, a emotividade.

A trama parte dunha idea orixinal de Eduardo Torres-Dulce, entre outras cousas prestixioso crítico de cinema (autor dos imprescindíbeis Jinetes en el cielo e Armas, mujeres y relojes sui-zos) e Fiscal xeral do estado. Un decla-rado admirador de Doyle e profundo coñecedor do universo holmesiano. A autoría do guión corre da conta do propio director, de A. Tenuta e de M. Sanromán. A translación dos crimes de Jack o Destripador ao Madrid do XIX non atrapa nin é críbel. Non conta-da deste xeito. Gary Piquer e José Luis García si resultan como parella, como estraña parella. Tampouco funciona a tentativa de fusionar a sutileza, a fleg-ma e humor británicos co castizo e coa tradición galdosiana.

O realizador madrileño de ascenden-cia asturiana goza dun prestixio gañado

tar-se de uma admirável revelação (?), e revelava alguns dados espetaculosos da obra. Suponho que agora poderia revi-sar alguns pormenores, porque acaba de editar-se em Portugal (Porto Edito-ra) –e é que coisa de ex-ministro e por-tes deste estofo sempre acham suporte. Pelos vistos o autor dedicou oito anos a dissecar o quotidiano de Fernando Pes-soa até onde papelada esconsa e por-teiros de edifícios permitiram. Conse-quência: 700 páginas que juntam aos lugares comuns da linhagem pessoana outros detalhes mais anedóticos, como o local onde Pessoa comprava sapatos ou o tamanho do seu pénis –deduzido a partir de dados tão confiáveis como uma observação ciumenta de António Botto e o assentamento de uma inter-locução mediúnica do próprio Pessoa. Rever a biográfica tradicional não revela muito, mas averiguar se havia Tabaca-ria certa, se havia um Esteves, se existiu lavadeira e quem era, e a filha desta, e a pequena que comia chocolates..., revela mais? E essa aderência de pessoanas e grandes editoras? As receitas gastronó-micas preferidas por Pessoa, pormeno-res dos anos passados na África do Sul, uma série de conteúdos especulativos

(1987) e a mencionada e espléndida El abuelo. Sen esquecer a torpemente menosprezada Tiovivo c.1950 (2004) e You re the one, con que asumiu o ris-co de rodar en branco en negro no ano 2000. No entanto, José Luis Garci des-taca para moitas persoas polo seu labor como crítico cinematográfico, compa-rábel ao de Truffaut ou Bogdanovich: como editor desde ao imprescindíbel Níkel Odeon e como director e pre-sentador do, talvez, mellor programa da historia da televisión pública espa-ñola: ¡Que grande es el cine!

Non hai, nin sequera nunha soa es-cena, consecución de verosimilitude, real ou de ficción, nesta estrambótica revisión do mito Holmes&Watson. O coguionista con Antonio Mercero en 1972 do alucinante mediometraxe La cabina, erra desta volta os disparo. A bala vaille moi lonxe. As aparicións de Gallardón e Inocencio Arias non axudan a salvar os móbeis. O cinema contem-plativo presupón a predisposición do espectador. Tamén o estado de graza do director, que Garci non acada des-ta volta como si en rodaxes anteriores. Non abonda coas máis que sobradas dotes de autor. Doutra banda, as com-paracións coa arriscada e superlativa A vida privada de Sherlock Holmes (Billy Wilder, 1970) resultarían especialmente odiosas. J. Carou

cunha filmografía que vai desde a aper-turista Asignatura pendiente (1976) ao magnífico inicio e peche da triloxía con-formada por Canción de cuna (1994), La herida luminosa (1997) e El abuelo (l998). No camiño, a soberbia incursión no cinema negro El crack, cun impa-gábel Alfredo Landa moi afastado dos seus rexistros habituais, e a oscarizada en 1982 Volver a empezar -noutras tres ocasións foron seleccionadas para op-tar a Mellor película en lingua non ingle-sa pola Academia películas súas: Sesión continua (1984), Asignatura aprobada

25cultura CrÍtiCA14 de setembro de 2012

Page 26: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

26 cultura PENSAMENtO 14 de setembro de 2012

Cristián e galeguista: un bendito casorio

Seica unha vez lle preguntaron a Méndez Ferrín que faría se tivese que optar entre marxis-mo e galeguismo, e el contes-tou rotundo: “A pregunta non

ten sentido”. Esta resposta podería e debería valer tamén para o presun-to dilema entre galeguismo e cristia-nismo, que se presentou ao longo da moderna historia do cristianismo en Galiza. Mais o certo é que estas dúas realidades estiveron a miúdo enfron-tadas ou en relación sospeitosa, e fo-ron conciliábeis só con dificultade para moitas persoas cristiás de Galiza; par-ticularmente desde a Guerra incivil do século pasado. E cómpre preguntarse unha e outra vez: por que se ten por “radical”, ou cando menos sospeito-so, que unha persoa cristiá de Galiza sexa galeguista e aínda nacionalista? Por que soa raro e “orixinal” dicir que un cristián de Galiza non pode me-nos que ser consciente e comprome-tidamente galeguista? En realidade, o problema non é só entre galeguismo e relixión, senón entre o galeguismo e o ser galega ou galego. Sen dúbida, as palabras proféticas de Castelo “Sendo galego non podo ser menos que ga-leguista”, non son subliñadas por to-das as persoas galegas, e aínda moitas seguen a repetir: “Antes que gallego yo soy español”. Mais a reticencia da Igrexa de Galiza ao compromiso co galego e con Galiza é para moitas per-soas particularmente sangrante.

Verbo dese grupo tan heteroxéneo de persoas cristiás que forma a Igre-xa, xa dixen e escribín en numerosas ocasións que fronte á necesaria Igrexa galega, hai unha Igrexa en Galiza, que se resiste a ser galega. Un dos poucos bispos realmente galegos que tivemos en Galiza, D. Miguel Anxo Araúxo es-cribiu hai ben anos: “A Igrexa galega ten unha débeda e un pecado histó-rico con respecto do noso pobo: es-quecer a nosa lingua e a nosa cultura… e contribuír a intensificar o proceso de alienación cultural” (O cristián an-te a cuestión da lingua galega). Por-que, certamente, a Igrexa foi un dos elementos máis desgaleguizadores da moderna historia galega, como dixo sabiamente Castelao en Sempre en Galiza. Porén é tamén certo que unha parte moi importante dela fixo moito e ben en Galiza a prol do pobo galego e a súa lingua desde os comezos do galeguismo e xa antes. No meu libro Galegos e cristiáns (Vigo 1995), falo amplamente da sa e intensa relación entre a fe cristiá e o compromiso con Galiza, vivida por moitos cristiáns ga-legos na súa historia. Unha relación

a cadaquén lle deu o ser, a capacida-de de comunicación, o pan e a fala, o que nos fai persoas diferenciadas, que nos fai “eu” e “nós”. E porque o cristia-nismo ten desde o seu comezo unha vocación de encarnación (“meterse na carne de”) liberadora en cada rea-lidade concreta; ou porque o funda-mento desta relixión é precisamente a encarnación de Deus: a proclamación de Xesús de Nazaret como Cristo libe-rador, o Verbo de Deus manifestado na historia humana, nunha realidade sociocultural e histórica concreta para axudar os humanos, homes e mulle-res, para seren libres e felices.

A lingua de Xesús foi o arameo, unha lingua vulgar, familiar, non o hebreo oficial; e a lingua da Igrexa primitiva foi o grego vulgar. Mesmo cando a Igrexa acepta o latín, non é o latín do Imperio (o da xente culta da urbe ou dos gramáticos, o latín literario), se-nón o mais vulgar que usaba a xente do pobo. Así, a Igrexa nos primeiros tempos non quixo ter unha lingua sa-grada, senón que, fiel ao espírito de Xesús, se encarnou en todas as linguas: universalismo desde abaixo.

Desgraciadamente, isto ten pouco a ver coa evolución das relacións en-tre galeguismo e cristianismo, que se foron convertendo nunha historia de enfrontamentos e desconfianzas mutuas. No entanto, esta é só parte da realidade. Porque galeg@s e ga-leguistas avant la lettre tamén foron clérigos cristiáns como o P. Feijoo, o P. Sarmiento e o Cura de Fruime nos séculos XVII-XVIII; e no século XX un dos poucos bispos galeguistas, Lago González (“Amando a Galicia amare-mos a Deus e seremos profundamente relixiosos”), e outros clérigos de dis-tinta índole: Saco e Arce, Crecente Ve-ga, Rey Soto, Amor Ruibal, os curas de Logos (Pedret Casado, Gómez Ledo, Aller Ulloa…), Basilio Álvarez o “abade de Beiro”… En fin, tamén foron galeguis-tas sen deixar de ser cristiáns, a pesar dos seus enfrontamentos coa xerar-quía eclesiástica, @s grandes poetas galeg@s Rosalía, Pondal e Curros. E mesmo non deixaron de ser cristiáns os precursores do galeguismo políti-co: Faraldo, Aguirre e Alfredo Brañas. E despois os homes egrexios da xe-ración “Nós”: Ramón Cabanillas, Lo-sada Diéguez, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Castelao… sen esquecer aos irmáns Vilar Ponte e o noso mártir Alexandre Bóveda… Pa-ra rematar con outros egrexios poetas e narradores que viviron de distinto xeito a súa fe cristiá: Noriega Varela, Iglesia Alvariño, Amado Carballo, Cel-

so Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro, Manuel María ou Xosé María Díaz Cas-tro, o maior poeta relixioso galego. De tod@s escribín xustificando o por que desta afirmación.

Finalmente, a experiencia cristiá e galeguista/nacionalista non é só algo do pasado, senón do presente. A pesar da falla de compromiso coa terra e o pobo galego de gran parte da Igrexa, hai unha longa nómina de cristiáns e galeguistas: clérigos, leigos e leigas ilustres e anónimos. Desgraciadamen-te moitos deles xa finados, como o bispo Miguel Anxo Araúxo, o xesuíta Xaime Seixas, os cregos Xosé Manuel R. Pampín, Moncho Valcarce, Manuel Espiña, F. Lorenzo Mariño, Antón Gan-doi, Nicanor Rielo Carballo, Bernardo G. Cendán... Mais outros ben vivos e algúns bastante novos: intelectuais como Torres Queiruga, Chao Rego, Francisco Carballo, Xulio Andión, Xosé Alvilares… curas como Xosé A. Migué-lez, Manolo Regal, A. Blanco Torrado, X.M. Carballo, Ramón Díaz Raña, Miguel Fdez. Grande, Uxío García Amor, Vicen-te Cerdeiriña, Xesús Mato Gumersin-do Campaña... e os máis novos Rubén Aramburu, Xabi Blanco, entre outros... Ou monxas como Pilar Wirtz, Engra-cia Vidal, Amalia, Pepa… Entre os leigos egrexios, algúns xa finados como Ma-nolo Beiras, Xaime Illa, Domingo Fdez. del Riego, Francisco Fdez. del Riego ou Pousa Antelo; alén doutros ben vivos como Xesús Ferro Ruibal, A. Zulueta, Quico Dominguez… Ou poetas como Luz Pozo, Helena Villar Janeiro, Mari-ca Campo... E outros moitos homes e mulleres cristiáns no nacionalismo, no movemento ecoloxista, pacifista e de cooperación co Terceiro Mundo, no movemento veciñal e nas asociacións culturais, nas comunidades cristiás de base... Particularmente a xente de Iri-mia e Encrucillada…

Certo que a pesar da longa lista, non é a maioría da Igrexa de Galiza, mais, quen di que galeguismo e cristianis-mo, cristianismo e socialismo… son irreconciliábeis?

Este bendito casorio celébrano os cristiáns galegos desde hai xusto 35 anos na súa “Romaxe de Crentes Ga-legos”, unha romaxe priscilianista que percorre os lugares máis fermosos e simbólicos de toda a xeografía gale-ga xuntando miles de romeiros cada ano, reunidos o pasado sábado 8 en Castroverde (Lugo). Ademais, o sába-do 22 deste mes recibirán unha ho-menaxe de recoñecemento en Ramil (Agolada), organizada por ADEGA, a Irmandade Moncho Valcarce e outras asociacións.

Victorino Pérez PrietoTeólogo

intensa, mais tamén conflitiva.O “galeguismo” vén sendo, estric-

tu sensu, o mesmo que “nacionalis-mo galego”. Do mesmo xeito que dicir “relixión” en Galiza é habitualmente dicir “relixión cristiá”, aínda que hoxe vaia habendo tamén aquí a pluralidade relixiosa e cultural que caracteriza o noso mundo. Mais hai nacionalismos e nacionalismos, como hai maneiras fundamentalmente diversas de vivir esta. Por iso, nacionalismo e relixión son un vello binomio que ao longo da historia deu os mais dispares re-sultados: as meirandes bondades e as meirandes aberracións. Hai unha con-cepción estreita do nacionalismo que implica unha afirmación particularista e aínda agresiva fronte ás demais per-soas (chauvinismo ou orgullo nacio-nal intolerante, imperialismo,...); isto é incompatible cun cristianismo que quere ser liberador, tolerante e cura-dor. E hai un nacionalismo que si ten a ver co cristianismo: o que afirma a propia realidade concreta, potencian-do os propios valores e sentíndose ir-mán de todos.

Desde xeito, galeguismo e cristia-nismo son dúas realidades non só perfectamente conciliábeis, senón necesariamente relacionadas e com-plementarias. Se tivesemos unha his-toria “normal”, isto resultaría tan evi-dente que o “anormal” sería formular a mesma pregunta e recear unhas persoas das outras: “Eu son católico, apostólico e galego”, dicían sen rubor os membros das Mocidades galeguis-tas. Porque o galeguismo non é outra cousa que o compromiso coa terra que

Cómpre preguntarse unha e outra vez: por que se ten por “radical”, ou cando menos sospeitoso, que unha persoa cristiá de Galiza sexa galeguista e aínda nacionalista?

Mais a reticencia da Igrexa de Galiza ao compromiso co galego e con Galiza é para moitas persoas particularmente sangrante

Page 27: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

27cultura CrEACióN14 de setembro de 2012

1 2 3 4 5 6 7 8

1234567 89

horizontais 1. Produces ou tes alucinacións. 2. Mercado ou tenda onde se venden obxectos de moi diversas clases. Símbolo químico do lutecio. 3. Artigo determinado. illa do Mediterráneo. 4. Fozar, remexer. 5. Conxunción copulativa. Desprazábaste cara a outro lugar. Animal anfibio. 6. tírolle a unha froita a pela ou a casca. Abreviatura dun punto cardinal. 7. Falta de orde ou orga-nización. 8. Satélite de Xúpiter. En masculino e singular, de cor vermella escura. 9. Adverbio de tempo. Extremidades superiores das aves.

Verticais 1. Adverbio de afirmación. Período de tempo de vinte e catro horas. 2. Que non ten forzas, canso. Antónimo de “mellor”. 3. Arbusto de follas pequenas e flores brancas ou malvas, moi abundante na parte oriental de Galicia. Arquipélago atlántico galego. Consoante. 4. Mamífero mariño. 5. En masculino, de moi pouca importancia, insignificante. 6. Símbolo químico do nitróxe-no. Do revés, nome de consoante. Ácido desoxirribonucleico. 7. Especie de mesa que, no culto católico, serve para colocar o necesario para celebrar a misa. Letra grega. 8. En plural, certo tipo de tea de algodón estampada. Símbolo químico do osmio.

PAsATEmPOs carlos l. medrano

encrucillado Sopa de letras

So

luci

ón

s H

ori

zon

tais

: O

ia. v

ert

icai

s: C

aave

iro

, Sam

os,

Po

io, O

seir

a. t

ran

sve

rsai

s: S

ob

rad

o, O

seir

a.

Sete mosteiros galegos

Solucións Horizontais: 1. Alucinas. 2. Bazar. Lu. 3. Os. Creta. 4. Fochicar. 5. E. Ías. ra. 6. Péloa. S. 7. Desorde. 8. Ío. tinto. 9. Arreo. Ás.

Licenza para matar A Galaxia Gutemberg non, a outra [a do universo paralelo]

Xavier Queipo Estíbaliz EspinosaEscritor Escritora

Cando me preguntan sobre lingua galega, adoito dicir que eu son un usuario. Un usuario literario e non nece-sariamente un usuario avan-

taxado. Non vou explicar as dificultades que o galego ten para se converter en lingua de prestixio no propio territorio, na Galiza. As derivacións diso son tamén coñecidas e nin o espazo é o acaído nin o que isto escribe se sinte con capacidade de síntese bastante para tal empresa.

O outro día, falando cun galego de nación, que non de expresión, díxome una frase incómoda: "el gallego no es una lengua, ni siquiera ellos saben como se escribe". "Ellos", por suposto se refe-ría non tanto aos que fan uso do gale-go, como aos "galeguistas", antagónicos dos "españolistas". E esta é a gran má-goa do galego, que nin os seus fillos o queren ("escribir na lingua que ninguén quería", que sostiña Rosalía, referencia de prestixio).

Poñamos como exemplo a verba que define ao país como entidade política e atoparémonos catro formas gráficas: "nación", que fun informado que é a nor-mativa, "naçom", que aparece nas co-municacións públicas dalgunhas ten-dencias do nacionalismo, "nazón", que se non me trabuco é como está na letra do Himno Galego e aínda "nação", pa-ra aqueles que consideran que galego e portugués son a mesma lingua. En-tendo que estas formas poden coexistir pacificamente, cando menos temporal-mente, mais que nun momento teremos que tomar a decisión de que conflúan nunha única.

Xa sei que é asunto complexo polas implicacións políticas e aínda socioeco-nómicas dos cambios necesarios, mas

Hai uns días, deuse a co-ñecer o descubrimento de pinturas rupestres en Triacastela. Cedo aínda para precisar a súa data-

ción, non así para saber que tamén aquí aqueles homos púñanse por escrito: axeonllados, entebrecidas, proxectan-do as súas mans e os seus cervos co-mo unha conversa co futuro. Pero des-de Cova Eirós á Galicia actual, o xeito de nos tisnar e imprimir polas paredes mudou bastante.

Escribir é unha cousa e lidar cun mercado editorial, outra moi distinta. Se nos volvemos cara á internet - e xa temos as nosas tortícolis de tan-to facelo- hoxe en día os ríos de tinta van dar a un dispositivo de almacena-mento que acaba por colgalos na nu-be. Como ciclo hidrolóxico, encaixa. Pero, onde se sitúa a literatura galega neste engrenaxe?

Falta de lectores e de visibilidade menciónanse sempre que se fala do mercado galego. Pola miña banda, po-ría o acento tamén nas alternativas á lectura de textos con dereitos de autor. Dun xeito tímido, algunhas editoriais, asociacións ou plataformas en rede ofreceron a posibilidade de lectura e descarga. Pero, véndolle os tentácu-los á tinta binaria, aínda queda traba-llo. De xeito análogo ao xornalismo, resucitado ao terceiro día -segundo as Escrituras en 140 carácteres- tras a súa morte anunciada en papel, a viúva literaria podería gozar dunha segun-da vida, porén fica ás portas do epub -ou do pdf-, dubidando entre se en-trar ou non.

Prosa do observatorio opinión

isto non pode seguir así. Non podemos permitirnos esta "licenza para matar a lin-gua", pois significará como causalidade unha "licenza para matar o país". Chega, e dígoo con xenreira contida, de ser nós mesmos os nosos maiores inimigos. É intolerábel que non haxa un acordo en-tre as distintas partes. É máis intolerábel aínda que iso non se produza por per-sonalismos mesquiños, por teimosías históricas, por defensa de cadeiras, ve-leidades ou prebendas.

Coido eu, como usuario, que é nece-sario procurar unha solución a este im-broglio, que non deixa de dar argumen-tos contundentes aos inimigos exteriores e interiores. Así é preciso sentar as partes en litixio permanente, que estas esco-llan os representantes menos agresivos e máis abertos de cada opción (evitando vellas malquerenzas entre egos hiper-trofiados), que se nomee un coordina-dor dos traballos que facilite o diálogo e que se elabore unha lista de diferen-zas e de coincidencias, por moi despa-rellas que as listas sexan. A partir de aí, se a filoloxía é unha ciencia e non unha cábala onde cada "chamán" fai as súas predicións, con tempo e paciencia para incrementar as coincidencias e diminuír as diferenzas, poderemos acadar unha solución. Nesa esperanza quedo.

Eis o malvado plan -como o de tan-tos outros que queren seguir escribin-do na lingua e vense postergados por editoriais que, simplemente, non dan abasto-: pór obra literaria propia e allea a disposición de quen queira. E que pa-sa cos axentes, libreiros, deseñadores e co labor de curator ou luthier dos bos editores, que abofé que hai?

O inimigo non é o editor, téñoo claro. Non hai inimigos senón formas rancias de enfrontarse a preguntas urxentes e, se cadra, certa lentitude de reflexos por parte dun sistema literario que mes-mo vén de saír do seu coma inducido de séculos. Sei que habería quen lería a Carl Sagan ou a Susan Sontag ou a Mo Yan en galego. Eu son unha desas persoas. O mesmo coa poesía, cuxa natureza en cápsulas favorece admi-nistrar as doses vía internet, sen a ce-lulosa de tanto eucalipto imposto co-mo horizonte.

Quen quixer retribución a tal esforzo, iniciativas habelas hailas: desde o soa-do crowdfunding até contas de doa-zóns a través de PayPal, por exemplo. Deixar ao criterio do consumidor fi-nal a opción de pagar por unha obra, con custos asumibles. Coido que ese é un tentáculo. Como a ilusa que son, ando en traducións cuxo froito espero colgar da árbore dixital aos poucos. E, xa que neste xogo trátase diso, deberá sementar noutros se é que non agre-lou xa. As ideas, como o pole e as bac-terias, forman parte da composición do aire. E o literariamente ñam apa-ñarase, abrirase. Cando sexa. Co-mo sempre.

Non podemos permitirnos unha "licenza para matar a lingua", pois significará unha "licenza para matar o país"

Page 28: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

28 cultura viAXES NA MiñA tErrA

A gran variedade e as múlti-ples combinacións de ru-tas que se poden facer, en automóbil ou a pé, por ese grande espazo que cons-

titúen os Ancares, territorio no linde administrativo entre Galiza e León, mais que forma unha unidade natural e cultural, fai difícil facer unha propos-ta concreta. O mellor e ir varias veces, desde distintos puntos, en diferentes estacións, combinando percorridos en automóbil con rutas a pé, parando ou pasando a noite nos centros de maior interese ou mellor situados para facer-mos os nosos desprazamentos.

Nesta entrega presentamos un per-corrido en automóbil de aproximada-mente 150 km que se pode facer moi rápido ou todo o vagar que queiramos, con paradas, desvíos, combinándoo

Os Ancares II

con camiñadas a pé... Todo vai depen-der do tempo de que dispoñamos e das nosas intencións. Tendo en conta que o percorrido discorre por estradas de montaña, onde cómpre ir a pouca velocidade, pois son estreitas e cheas de voltas, o tempo que se vai tardar en facer a ruta vai ser, cando menos, o dobre do que se pensa, sen ter en conta as paradas.

Neste entorno, ao encanto dos lu-gares visitados, das paisaxes, da flora e a fauna ou da arquitectura, podemos engadir o gozo de ver o solpor na mon-taña ou erguerse para contemplar os espazos coas primeiras luces da mañá. Tamén o de entrar en contacto direc-to coa forma de vida das xentes que durante séculos mantiveron un xeito de vida integrado coa natureza e que foron quen de conservar eses valores

Autores: Colectivo XEA (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta)Imaxes: Colectivo XEA

Abesedo de Donís, o bosque máis grande da Galiza. Durante moitos anos cortouse madeira de carballo e carba para travesas de ferrocarril e construción naval. Os avesedos son bosques que medran nas abas sombrizas (avesías) orientadas ao norte.

Igrexa de Donís.

Ponte Vella e castelo de Altamira na Pobra de Navia. Hai referencias do castelo da Pobra de Navia do ano 1037. Desfeito nas revoltas irmandiñas foi restaurado e actualmente está dedicado a vivendas.

Vista xeral dos Ancares.

14 de setembro de 2012

que fan dos Ancares un espazo único no aspecto etnográfico e natural.

Tomando como punto de partida San Román de Cervantes podemos facer unha ruta circular para achegarnos aos lugares máis coñecidos dos Ancares, e desde cada un completala con outras alternativas.

Saímos de San Román cara a Quindo-us, onde podemos ver o pazo-castelo e dúas árbores monumentais (unha carba e un cerquiño) que hai na praza. Alí co-llemos a estrada que nos leva a Vilaver e Vilaquinte, e en Vilaquinte a que vai a Navia de Suarna pasando por Silvouta e Vilaverde. Na Pobra de Navia podemos ver o fermoso conxunto da ponte Vella, de orixe medieval, sobre o río Navia, e o castelo. Collemos despois a estrada que polo val do río Rao leva a Robledo de Rao e Murias. En Murias podemos

seguir a estrada que vai a Balouta se-guindo o canón do río Rao, que nesta zona se chama río Balouta, ou o desvío que pasando ao pé do Penedo de Mu-rias sobe a Alzada de Pan de Zarco, que noutros tempos foi un asentamento on-de se trasladaban os gandeiros durante os meses de verán para coidar do gando, e que nos leva a Cruz da Cespedosa. Alí temos a opción de ir a Balouta, unha po-boación leonesa que conserva algunhas pallozas, e ao Porto de Ancares (paso a terras do Bierzo polo val de Ancares) ou coller a estrada da dereita que nos leva por Suárbol, cunha interesante igrexa de montaña, a Piornedo.

En Piornedo podemos facer unha visita completa á vila para coñecer o conxunto de pallozas mellor conservado dos An-cares na actualidade e visitar algunha das cales están convertidas en museo.

Page 29: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

29cultura viAXES NA MiñA tErrA

Páxinas

patrocinadas pola

Vicepresidencia

Primeira da

Deputación de

Lugo. Área de Cultura e turismo

uN PAsEO POLOs ANCAREs

Castelo de Doiras.

Piornedo: palloza e hórreo.Penedo de Murias, unha formación de cuarcita que sobresae na beira da serra do Bra-ñal, sobre o val do rego de Murias.

Paisaxe da zona de Quindous. Dúas terceiras partes do territorio dos Ancares ten unha pendente superior aos 30º, polo que hai pouco espazo aproveitábel para o cultivo.

14 de setembro de 2012

De Piornedo baixamos a Donís e alí podemos ver un interesante conxunto arquitectónico en que destaca unha ca-sa con torre e brasón e a igrexa con cu-riosos soportais. Antes de cruzar o rego de Bous vese unha curiosa acumulación de pedras nas abas do monte, son unha das morenas formadas polo glaciar que ocupou o val de Piornedo. Despois, po-las abas da serra do Agulleiro seguimos a estrada a Campa da Braña. Neste tramo pasamos pola fraga de Vilarello, coñe-cida tamén como Avesedo de Donís, a fraga máis grande de Galiza, cruzamos varios regos que van ao Ser (Ortigal cos seus afluentes e Nobreñal), con algunha fervenza, e podemos ver un recinto for-tificado (antes da ponte de Vales sobre o Ortigal). Paga a pena un pequeno desvío a Vilarello onde aínda se conservan al-gunhas construcións tradicionais.

En Campa da Braña podemos coller o desvío á esquerda e achegarnos á au-la da natureza que se atopa xunto ao albergue de Ancares, onde podemos contemplar os cumes de Tres Bispos e Pena Rubia, o val do rego da Vara e a serra das Maseiras cuberta por un fer-moso bosque (a fraga de Cabana Vella),

que acolle exemplares de gran porte de carballos e acivros.

Continuamos a ruta por Degrada até Castelo de Frades, onde hai un bos exemplares de castiñeiros, e seguimos até Doiras onde nos recibe, xa de lonxe, o castelo que coroa un outeiro de 750 m de altura rodeado de bosques. En Doi-ras collemos a estrada que vai a Pontes de Gatín e Liber, seguindo o curso do río das Casas que despois se xunta co Cervantes, un afluente do Navia, e desde alí volvemos a San Román, ou podemos saír cara a Becerreá.

En Pontes de Gatín hai un muíño e unha ponte medieval sobre o río Cer-vantes cunha curiosa lenda que fala do trato que fixo o demo (Gatín) cun mozo para que puidese cruzar o río a visitar a súa namorada.

Page 30: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

30 cultura DE DESEñO

Imaxes: L.D.Lola Dopico

A escultura viva de María Barros

Vímola desfilar en Madrid na última Mercedes Fashion Week e cativounos máis unha vez. Polo que non podia-mos deixar a oportunidade de coñecer mellor esta deseñadora coruñesa con clara vocación internacional.

María Barros naceu na Coruña, en 1980, e como ela propia manifesta a súa paixón polo artístico e polo dese-ño levárona a cursar estudios no “Ins-tituto Europeo de Diseño”, en Madrid, e posteriormente a completar os seus estudos en Milán onde se traslada no ano 2000 para realizar a súa tese di-rixida por Franca Sozani, directora de Vogue Italia.

María ten unha gran destreza e sofisti-cación nas súas propostas e na creación de vestidos, así como unha permanente necesidade de traballar o volume coas súas propias mans . Ademais da súa co-lección producida e distribuída en ten-das de todo o mundo, esta paixón pola creación fixo que crease Maria Barros Atelier, un espazo na liña dos obradoiros parisiense onde pode deseñar pezas tecnicamente complexas e exclusivas, que precisan dun tratamento fóra do que é posíbel nas coleccións produci-das para un mercado máis amplo.

O pasado 2 de setembro, na presen-tación da súa nova colección primave-ra-verán 2013, achegounos de novo ao seu universo persoal. Nesta colección volveu recuperar o gusto por escoller un tema como eixo para a colección, ao contrario da anterior, que presen-tou nesta mesma pasarela, na cal vol-veu desfilar tras unha ausencia de do-us anos. Se naquela ocasión deixouse levar por unha pulsión máis achegada á experimentación pura co volume e a forma, nesta colección volveu a mi-rada sobre Brancusi , escollendo unha das súas máis emblemáticas escultu-ras para darlle nome a esta colección

“A musa durmida”. Os volumes depurados aparecen

contrastados co seu oposto en cada unha das saídas á pasarela , a través do xogo de dobras e nós que se cinguen unhas veces ao peito e outras se elevan para dar forma a uns ombreiros mar-cados. Dobras e entrelazados nós que focalizan a súa forza expresiva a través dun ordenado caos. A deseñadora es-colleu utilizar ao longo de toda a colec-ción, preferentemente nas partes supe-riores dos vestidos, nas blusas e corpos, este xogo de volumes, aínda que sen renunciar a desprazar ese efecto cara a algunha saia, a través dun depurado xogo de volumes que quixese aparen-tar unha simple peza de tea que se ata e dobra sobre o corpo.

Escolleu a deseñadora unha pale-ta moi rotunda, cores lisos mais cheos de profundidade que nalgún punto sor-prenden cara ao verán, como o marrón chocolate, cobre e morado, que xunto ao gris perla, o branco e o negro, con-forman a gama da colección. Todos eles acentúanse a través do uso do bronce e o dourado, presenzas constantes nos complementos. Grandes brazaletes, colares e pezas moi interesantes que nos traen a escena novamente a influen-cia brancusiana, quizais plenamente in-tegrada nas cores e nesa procura do primordial nas siluetas. Estas aparecen depuradas e despois as fai vibrar con dobras e os acenos que introducen as grandes pezas de complementos . Sen dúbida lembran a relación tan estrei-ta co descubrimento da arte africana , os fetiches e as máscaras de Oceanía, que tiveron os artistas nas Vangardas . A forma oval do retrato de Renne Ira-na Frachon, que foi a inspiración para a primeira destas cabezas de Brancusi no ano 1910, e a presencia silente que María deixou habitar no seu obradoiro para poñer en pé esta magnífica colec-ción serena e harmónica.

http://www.mariabarros.es/

14 de setembro de 2012

Page 31: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

31cultura OkAPi NO COurEL

Porto, unha cidade para se transportar!

Porto non é só a cidade do Sá Carnei-ro. Metro, eléctricos, barco, funicular, teleférico, comboio ou autobús, son algunhas propostas desta cidade dos transportes.

A urbe portuguesa é a máis próxima a nós para irmos en metro e póde-nos ofrecer unha divertida e instru-tiva xornada de achegamento aos transportes públicos. Deseñamos o día cun paseo polo Douro en barco, cun voo en teleférico sobre a cidade, cunha subida en funicular pola súa aba e cun paseo en eléctrico. Atra-vesamos os séculos desde a históri-ca estación de Sao Bento ao moderno metro e visitamos o Museo do Eléctri-co e a exposición permanente de auto-móbiles antigos no Museo dos Trans-portes e Comunicaçôes, no edificio da

Imaxes: SGCarme Vidal

por coches e polo tren a diferente altura e cos barcos cruzando por debaixo, a pon-te ofrece dúas sorpresas nas súas beiras. Na banda de Gaia, o teleférico, na outra, o funicular, para subir sobre raís.

Desta beira quedamos para visitar con vagar dúas mostras arredor da histo-ria do transporte. A primeira no sober-bio edificio das Alfândegas, convertido en Museu dos Transportes e Comuni-

caçoes, xusto á beira da Ribeira. Ademais de coñecer a historia da construción des-

tinada noutrora ao control do tráfico portuario, atopamos no inmenso in-

móbel a mostra permanente “O au-tomóvel no espaço e no tempo”, unha colección de automóbiles desde comezos do pasado sécu-lo até pezas anovadoras, como unha futuríbel que pode ser que nunca chegue ás estradas.

A poucos metros cara ao mar, bordeando o Douro e despois do Museu do Vinho, daremos co Mu-seu do Carro Eléctrico, un singular

centro expositivo onde se mostra a historia deste transporte que aín-

da funciona no Porto. De feito, até alí se pode chegar nun deles, convertido en transporte da veciñanza, mais tamén me-dio obrigado para turistas. Dentro a cati-vada poderá subir en eléctricos antigos con cadeiras de madeira, facer rodar os seus volantes como se conducisen ou marabillarse coas singulares pezas en ex-posición, desde unha carroza até trans-portes para instalar e amañar os cables eléctricos. De feito, a entrada no Museu inclúe a viaxe no eléctrico do cal quedan na cidade tres liñas activas. A oferta de transporte recolle un billete dunha hora por 1,15 euros que permite trasladarse en metro, autobús, comboio e funicular.

Despois de contemplar a historia do automóbil e o eléctrico, o tempo pasa-rá de vez da tradición á modernidade se decidimos rematar a xornada ao pé da Avenida dos Aliados, verdadeiro centro do Porto. Alí se atopa a soberbia e his-tórica Estaçao de Sao Bento, un edificio en que o que se denominou como “por-tugalidade” agroma por toda a parte. As paredes azulexadas coas cerámicas tradi-cionais lusas recíbennos nun dos espazos máis visitados da cidade, onde o tráfico de comboios de trens de proximidade -e non tanto-, non para polas múltiples vías que achegan as persoas que toman o transporte público ao mesmo centro da cidade. E, para agudizar o contraste, xusto diante dela hai unha estación de metro, o novo transporte do cal ben po-de presumir Porto, o tren que vai baixo a terra que tanto sorprende a cativada na súa primeira viaxe.

Unha proposta lúdica e educativa que pode producir tanto entusiasmo como o máis divertido dos parque de atrac-cións. “Que forte, que forte!” exclama-ba o cativo da foto, ao pasar do barco ao teleférico.

14 de setembro de 2012

Alfándega. Non cómpre camiñar para atopar o

máis amplo abano de transportes imaxi-nado. Todo se move arredor da Ribeira. Calquera crianza alucinará no Porto, un-ha cidade que, sen pensalo nin se gabar diso, se converteu nun parque temático do transporte, mais real, para coñecer

a historia e a variedade de me-dios de locomoción en estado

puro, subindo neles e mo-véndose polos diferentes espazos.

Garantido está o éxito da proposta. O teleférico que bordea o Douro pode ser das viaxes máis me-

morábeis. No Jardim do Morro e no cais de Gaia, as

cabinas soben até o alto para ofrece-

ren unha vista singu-lar e marabillosa da cidade, á beira dun

río que, nos últimos tempos, se preparou como medio de co-municación turística. No Do-uro podemos escoller moitas propostas de cruceiro, a máis simple dela a que visita as seis pon-tes e dura entre 50 e 60 minutos. As máis ambiciosas ofrecen xornadas completas para visitaren os viñe-dos da comarca.

A férrea ponte D. Luís convértese no cer-ne dos transpor-tes. Desde ela divísase a ci-dade máis comunica-da do noso entorno. Atravesada

Page 32: O goberno de Feijóo. Da Galiza gadañada á fábula electoral · do incendio de Roma para logo os per - seguir sen piedade, foi o auténtico pro - ... e con leis ad hoc- se tratar;

produtora

Consello de Administración Nemésio Barxa, Paula Castro, Xoán Colazo, Xoán Costa, Pura Ferreño, isabelle kerdudo, rubén Camilo Lois, Manuel Mera, Francisco Miranda, Néstor rego, Marga romero, Olalla rodil e Xurxo Souto.Deseño e maquetación Ángela Costas e María Sabarís.

Enderezo rúa do Preguntoiro, 9 1º Santiago de Compostela.Correo-e [email protected] Teléfono 981 51 91 02Edita Sermos Galiza S.A. Depósito legal C 955-2012www.sermosgaliza.com Twitter @SermosGaliza facebook sermosgaliza

"a nova creación audiovisual galega ficou orfa"

Imaxe:SGCarme Vidal

Sara Horta.

Sara Horta

Con Danza do poema emocionado, a produtora Pixel Films leva por segun-da vez os poemas de Manuel María ao soporte audiovisual. Na edición dos Premios Mestre Mateo do pasado ano, De amor e cantería, peza crea-da sobre Sonetos á casa de Hortas, valéralles o galardón á mellor obra experimental. Sara Horta está á fron-te da produtora e forma parte tamén da xunta directiva da Academia Ga-lega do Audiovisual.

estrean a Danza do poema emocio-nado. como foi este achegamento audiovisual da poesía de manuel ma-ría ás crianzas?Traballar coa poesía de Manuel María é, para nós, un proceso moi intere-sante. Contamos coa escolma elabo-rada por Anxa González Refoxo dos libros Os soños na gaiola e As rúas do vento ceibe. Sobre ela construí-mos unha obra experimental onde poñemos imaxes aos poemas, sen máis explicación, só con música e cunha nena como protagonista. Vai sorprender a extraordinaria interpre-tación da pequena Marina Albaiceta, unha actriz que dará que falar. Dous bailaríns levan a nena a través dos poemas.

Non é a primeira vez que se achegan á poesía de manuel maría. con De amor e cantería acadaron un mes-tre mateo. Para nós foi moi importante recibir ese premio, en especial alegrámo-nos pola Fundación Manuel María,

mos imaxes do Courel nas catro es-tacións. A poesía fíxose visual e as imaxes das montañas cadraban ben cos versos de Novoneyra.

como se mantén unha produtora au-diovisual en tempo de crise?Para nós é un reto continuo. Vemos como moitos colaboradores optan polo pluriemprego, o sector vive unha época moi difícil. Dedicámonos a todo, alugamos material, creamos producións propias e mesmo damos cursos. Nós mantémonos facendo

cultura e proxectos como estes e ta-mén grazas ao material que temos. Somos, poño por caso, pioneir@s en tecnoloxía e iso diferéncianos. A no-sa Scarlet X é a única que hai na Ga-liza. Xunto co equipo humano, son os nosos principais activos e os que nos levan a poder manternos. Nes-te sentido cómpre destacar a profe-sionalidade dos meus compañeiros Jairo Iglesias e Mikel.Fuentes.

Son nomes que forman parte da nova promoción na creación audiovisual, unha xeración que se estaba a bene-ficiar das axudas ao talento creadas polo anterior goberno. para vostede, que supuxo a súa desaparición?Nós non gozamos delas, mais consi-dero que foi unha gran perda. Coñe-zo directores que teñen moitos pro-blemas para produciren a súa curta, ficaron orfos. Esa liña de apoio era unha pequena partida e unha grande inversión na promoción da creación audiovisual. De aí naceron nomes im-portantes e proxectos de moita cali-dade. Hai moito talento e poucas saí-das profesionais. Quero pensar que a decisión de eliminar esas axudas foi un erro. De non ser así, a única explicación é que queren eliminar a nova creación audiovisual.

Que queda de todo aquilo entón?@s creador@s continúan a traballar, asociándose e buscando recursos propios, mais este é un sector que precisa pulo. Ás persoas que gober-nen na próxima lexislatura pídolles que teñan en conta que o audiovisual tamén é industria, un sector chave na cultura e que xera centos de postos de traballo.

xa que, en certa medida, é un reco-ñecemento da súa aposta polo au-diovisual como modo de expresión. A peza estaba baseada nos Sonetos á casa de Hortas e fíxose co premio na categoría de obra experimental. Gústanos traballar coa poesía e non entendemos como os videopoemas non están máis explotados.

a vostedes préstanlles. antes xa pro-duciran o Canto de Permanencia so-bre a obra de uxío Novoneyra. Foi unha iniciativa da ASPG e toma-