8
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 24 - 2.ª quincena de xuño de 2012 C onsuelo Bautista é a xefa de informativos de Radio Coruña, emisora asociada á Cadena Ser. A través das ondas, non hai acontece- mento social que non teña cabida na súa programa- ción. Proba dese compro- miso foi a actitude dos tra- balladores e traballadoras da emisora na pasada folga xeral do 29 de marzo: reuni- dos en asemblea, aprobaron secundar a convocatoria, todo un exemplo para ou- tros medios. / PÁX. 8 O Goberno debe escoitar a clase traballadora Cabeceira da manifestación de Vigo, á que acudiron os secretarios xerais dos dous sindicatos SUMARIO CCOO e UGT consideran que o Goberno central debe «escoi- tar o clamor da cidadanía» e rectificar a reforma laboral. A pesar da época do ano, mi- lleiros de persoas continúan a apoiar a campaña de mobiliza- cións iniciada polas dúas orga- nizacións o pasado mes de febreiro. O 20 de xuño, case 20.000 persoas en toda Galicia mani- festáronse nas principais cida- des e vilas baixo o lema «Non cales! Defende os teus derei- tos», para esixirlle ao Goberno que rectifique a reforma e criti- car tamén a forma en que se vai rescatar a banca. / PÁX. 3 2 5 6 6 7 Incógnitas sobre o rescate á banca EU presentoulle a CCOO as súas propostas ante a crise Os traballadores e tra- balladoras de Navantia retoman as mobilizacións «Xornada de loita» no sector público estatal o día 28 de xuño O persoal de Alcoa pide a mediación da Xunta CCOO pide a destitución da xefa de informativos da TVG por «manipulación» Polo de agora non transcen- deu cales son as condicións aso- ciadas ao rescate de 100.000 millóns de euros para a banca. O que si coñecemos son as reco- mendacións que fan tanto o Fondo Monetario Internacional (FMI) como a Comisión Europea: recortar de novo os salarios e subir o IVE. Precisamente, o Go- berno xa anunciou que vai revi- sar este imposto, e Rajoy avanzou tamén novas medidas «que non van gustar». / PÁX. 4 n Case 20.000 persoas en toda Galicia apoiaron as manifestacións convocadas por CCOO e UGT o 20 de xuño baixo o lema «Non cales! Defende os teus dreitos»

O Goberno debe escoitar a clase traballadora€¦ · O persoal de Alcoa pide a mediación da Xunta CCOO pide a destitución da xefa de informativos da TVG por «manipulación» Polo

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O Goberno debe escoitar a clase traballadora€¦ · O persoal de Alcoa pide a mediación da Xunta CCOO pide a destitución da xefa de informativos da TVG por «manipulación» Polo

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 24 - 2.ª quincena de xuño de 2012

Consuelo Bautista é a xefade informativos de Radio

Coruña, emisora asociada áCadena Ser. A través dasondas, non hai acontece-mento social que non teñacabida na súa programa-

ción. Proba dese compro-miso foi a actitude dos tra-

balladores e traballadoras daemisora na pasada folgaxeral do 29 de marzo: reuni-dos en asemblea, aprobaronsecundar a convocatoria,todo un exemplo para ou-tros medios. / PÁX. 8

O Goberno debe escoitara clase traballadora

Cabeceira da manifestación de Vigo, á que acudiron os secretarios xerais dos dous sindicatos

SUMARIO

CCOO e UGT consideran queo Goberno central debe «escoi-tar o clamor da cidadanía» erectificar a reforma laboral.A pesar da época do ano, mi-

lleiros de persoas continúan aapoiar a campaña de mobiliza-cións iniciada polas dúas orga-nizacións o pasado mes defebreiro.O 20 de xuño, case 20.000

persoas en toda Galicia mani-festáronse nas principais cida-des e vilas baixo o lema «Noncales! Defende os teus derei-tos», para esixirlle ao Gobernoque rectifique a reforma e criti-car tamén a forma en que se vairescatar a banca. / PÁX. 3

2

5

6

6

7

Incógnitas sobreo rescate á banca

EU presentoulle aCCOO as súas propostasante a criseOs traballadores e tra-

balladoras de Navantiaretoman as mobilizacións«Xornada de loita» no

sector público estatal odía 28 de xuñoO persoal de Alcoa pide

a mediación da XuntaCCOO pide a destitución

da xefa de informativos daTVG por «manipulación»

Polo de agora non transcen-deu cales son as condicións aso-ciadas ao rescate de 100.000millóns de euros para a banca. Oque si coñecemos son as reco-mendacións que fan tanto oFondo Monetario Internacional

(FMI) como a Comisión Europea:recortar de novo os salarios esubir o IVE. Precisamente, o Go-berno xa anunciou que vai revi-sar este imposto, e Rajoyavanzou tamén novas medidas«que non van gustar». / PÁX. 4

n Case 20.000 persoas en toda Galicia apoiaron as manifestacións convocadas por CCOO e UGTo 20 de xuño baixo o lema «Non cales! Defende os teus dreitos»

Page 2: O Goberno debe escoitar a clase traballadora€¦ · O persoal de Alcoa pide a mediación da Xunta CCOO pide a destitución da xefa de informativos da TVG por «manipulación» Polo

GALICIA SINDICAL N.º 24 - Xuño 2012 (2.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

Non é o momento defacer partidismo polí-tico desde as institu-

cións, nunca debería selo,malia ser a práctica habitualdos partidos maioritarios can-do gobernan. Cómpre menospropaganda política e máistransparencia, ademais de res-ponsabilidade.

No canto de transparencia,eufemismos para evitaren pa-labras como rescate, recortes,copagamento..., e iso candose dignan a informar das súasintencións. O Goberno do PP,sempre facendo os seus cál-culos electoralistas, non queredar unha información tan claracomo as medidas e decisiónsque adopta –recortes de de-reitos laborais e sociais– ou osseus resultados –o rescatesolicitado para a capitalizaciónda banca.

Na súa cruzada contra osdereitos laborais, sociais econtra os servizos públicos, oGoberno do PP non atende arazóns, nin ás máis básicas,como son o diálogo e o de-bate. Sóbranlles. Por que de-berían dialogar cos axentessociais, como lles vimos re-clamando desde CCOO, senon queren chegar a ningúnacordo?

Tamén lles sobra o debate,por iso non se fixo o debatedo estado da nación, sabedo-res da súa maioría absoluta.Non teñen interese ningún enatender as críticas e as alter-nativas da oposición. Non odin pero pénsano: sóbranllesa cidadanía e a clase traba-lladora.

EDITORIAL

Sen diálogonin debate

O Consello Nacional de CCOOdá por esgotado o diálogosocial en GaliciaO pasado 15 de xuño reu-

niuse o Consello Nacional, o má-ximo órgano do Sindicato Na-cional de CCOO entre congre-sos. Na xuntanza analizáronseas últimas mobilizacións organi-zadas contra a reforma laboral eos recortes impostos polos go-bernos do PP tanto en Galiciacomo no Estado, as contasanuais da organización, o ba-lance dos servizos xurídicos, aevolución do sindicato en afilia-ción –sobre os que a crise estáa ter especial incidencia– ou aseleccións sindicais –para seguirmellorando respecto ao resto desindicatos.Canto ao X Congreso Nacio-

nal, que terá lugar en xaneiro de2013, aprobouse a distribucióndefinitiva dos 250 delegados edelegadas de federacións nacio-nais e unións comarcais.No seu informe, o secretario

xeral do Sindicato Nacional deCCOO, Xosé Manuel SánchezAguión, destacou o crecenteproceso de mobilizacións secto-riais e xerais para rexeitar a re-forma laboral, os recortes e assúas consecuencias en sectorese empresas. Sinalou a necesi-dade de coidar o labor de aten-ción e información nas empre-sas para poder manter os resul-tados de participación nas pró-ximas mobilizacións.

O Consello Nacional decidiudar por esgotado o proceso dediálogo social en Galicia pola ac-titude do Goberno da Xunta,aínda que se valorou a consecu-ción de avances nesta etapa. Pa-sadas as aleccións autonómicasen Galicia, CCOO traballará parapotenciar os contidos da súaproposta de Pacto Galego poloEmprego e polos Servizos Públi-cos de Calidade.

O Sindicato Nacional deCCOO recibiu o 27 de xuñounha delegación de EsquerdaUnida, coa que se mantivounha reunión. Posteriormente,o secretario xeral de CCOO,Xosé Manuel Sánchez Aguión,e a coordinadora Nacional deEU, Yolanda Díaz, comparece-ron diante dos medios de co-municación para explicar asprincipais conclusións da xun-tanza.

Neste encontro, EU ache-goulle a CCOO unhas liñas pro-

Esquerda Unida preséntalle a CCOOas súas propostas ante a crise

gramáticas de cara ás próxi-mas eleccións galegas, un do-cumento titulado Un procesotransformador da sociedade.Ideas para unha revolución ci›

dadá, coas que SánchezAguión sinalou que exsisten«importantes coinci-dencias» respecto do que de-fende CCOO.

Un momento da reunión do Consello Nacional de CCOO

O Sindicato Nacional de CCOO recibiu unha delegación de IU-EU

Page 3: O Goberno debe escoitar a clase traballadora€¦ · O persoal de Alcoa pide a mediación da Xunta CCOO pide a destitución da xefa de informativos da TVG por «manipulación» Polo

3

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINDICALN.º 24 - Xuño 2012 (2.ª quincena)

A do pasado 20 de xuño vol-veu ser unha xornada de mobi-lizacións en todo o Estadocontra a reforma laboral e oxeito en que se vai producir orescate á banca. En Galicia,baixo o lema «Non cales! De-fende os teus dereitos», case20.000 persoas apoiaron asmanifestacións convocadaspolo Sindicato Nacional deCCOO e UGT-Galicia na Co-ruña, Ferrol, Santiago de Com-postela, Lugo, Burela, Ouren-se, Pontevedra, Vilagarcía deArousa e Vigo.Precisamente, na cidade olí-

vica participaron os secretariosxerais dos dous sindicatos enGalicia, Xosé Manuel SánchezAguión (CCOO) e José AntonioGómez (UGT), que instaron oGoberno a escoitar o clamor dacidadanía e a rectificar os as-

pectos máis lesivos da reformalaboral e a política de recortes.Aguión e Gómez lembraron

que as manifestacións fanparte dunha campaña de mobi-lizacións que se iniciou o pa-sado 19 de febreiro e tivo o seupunto álxido coa folga xeral,secundada masivamente, do29 de marzo. UGT e CCOOconsideran que para combatera crise é preciso aplicar outrotipo de políticas, porque teimarunicamente nos recortes signi-fica afogar o crecemento eco-nómico, recortar salarios,deteriorar condicións laboraise servizos públicos e, en defi-nitiva, conducir o país directa-mente á recesión.

Un Goberno de recortesOs secretarios xerais dos

dous sindicatos denunciaron

que no tempo que leva gober-nando o PP no Estado, o únicoque fixo foi recortar dereitos.Seguindo as directrices dachanceler alemá, Angela Mer-kel, e obedecendo aos ditadosdas institucións financeiras, oExecutivo español puxo enmarcha un desapiadado pro-grama de reformas coa únicaobsesión de conter o déficit erecortar dereitos laborais, so-ciais e democráticos. A che-gada do PP ao Goberno deMadrid non calmou os merca-dos nin restableceu automati-camente a confianza sobre aeconomía española: a prima derisco e os xuros non deixan desubir, igual que o desemprego.Aínda por riba, o crecemento

imparable do desemprego coin-cide cun ataque xeneralizado esistemático aos dereitos labo-

rais e sociais impulsado desdeas institucións europeas, queprovoca diminución de salariose pensións, perda de dereitos,debilitación da negociación co-lectiva e da capacidade dossindicatos para defenderen ostraballadores e traballadoras,deterioración das prestacións eos servizos públicos e ataqueao Estado de benestar.

As alternativas sindicaisFronte a iso, UGT e CCOO in-

sisten en que hai outra políticapara saír da crise, para minimi-zar a erosión económica e so-cial que anticipa a conxuncióndos efectos da recesión econó-mica e a reforma laboral. Unhaaposta polo crecemento e o in-vestimento público, polo em-prego de calidade e a sus-tentabilidade do modelo social.

n A campaña de mobilizacións continúa, e o pasado 20 de xuño foron milleiros as persoas que semanifestaron en toda Galicia xunto a CCOO e UGT

Clamor da cidadanía contraa reforma laboral

1. Fotografía da manifestación de Vigo / 2. A marcha que tivo lugar na Coruña / 3. Manifestación de Ourense

1 2

3

Page 4: O Goberno debe escoitar a clase traballadora€¦ · O persoal de Alcoa pide a mediación da Xunta CCOO pide a destitución da xefa de informativos da TVG por «manipulación» Polo

GALICIA SINDICAL N.º 24 - Xuño 2012 (2.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

n O sindicato considera que se trata dunha medida de hixiene democrática, xa que as condiciónsasociadas á liña de crédito poden provocar unha intensificación dos recortes

Comisións Obreiras (CCOO)insta o Goberno de España aconvocar un referendo sobre orescate á banca.Polo de agora non transcen-

deu cales son as condiciónsasociadas á concesión destaliña de crédito, pero si se sabecales son as recomendaciónsdo Fondo Monetario Internacio-nal (FMI) e da Comisión Euro-pea: subir o IVE –o Goberno xaanunciou que o vai revisar– erecortar de novo os salarios.Como consecuencia, caería oconsumo e contraeríanse a de-manda e a actividade, polo queaumentaría aínda máis o de-semprego e empobrecería demáis en máis a cidadanía.Debido ao profundo impacto

que terá, CCOO esixe convocar

un referendo, xa que gobernara golpe de decreto con políticasque prexudican a maioría socialsería unha «fraude democrá-tica», máis aínda cando Rajoyavanzou que haberá novas me-didas «que non van gustar».

A reforma equivocadaPara CCOO, o anuncio de

rescate ao sector bancario con-firma, «unha vez máis», que asteses e prognósticos sindicaiseran «atinados» e «precisos».O secretario xeral de CCOO

de Galicia, Xosé Manuel Sán-chez Aguión, critica que o PP fi-xera da reforma laboral unhaprioridade após a súa chegadaao Goberno de España, deci-sión que provocou a deteriora-ción das condicións de vida e

de traballo de millóns de per-soas, amais de disparar as ci-fras de paro polo abaratamentodos despedimentos. Porén, osfeitos revelan que «a reformamáis urxente, a do sistema fi-nanceiro, quedou por facer».Sánchez Aguión sinala que

para saír da crise será necesa-rio acometer tamén unha re-forma fiscal orientada a dotar oEstado dos recursos necesa-rios para desenvolver as políti-cas públicas, impulsar a reac-tivación da economía e garantira protección social e os servi-zos públicos.CCOO lembra que as mobili-

zacións continuarán mentres oGoberno de Rajoy non rectifi-que as súas políticas, que cua-lifica de «erróneas e erráticas».

CCOO esixe un referendo sobre orescate á banca

n Favorecerá o rescate ofluxo de crédito?Resulta pouco probable, xaque as entidades financeiras secentrarán en resolver primeiroos seus problemas de liquidez.

n Aceptando o rescate, perdeo Estado soberanía?Parece claro que obter esacantidade de recursos a uncusto máis favorable que omercado esixirá contrapar-tidas. Comparando cos em-préstitos a Irlanda, Grecia ePortugal, pódese intuír a po-sible perda de certa soberaníafinanceira ou mesmo fiscal.

n Confiarán máis os merca-dos en España?O rescate por si só non terá eseefecto, xa que España contacun triplo problema de liquidez,solvencia e credibilidade. A no-sa tranquilidade nos mercadosdepende dos eurobonos ou deque o Banco Central Europeocompre débeda.

n Quen devolverá o diñeirodo rescate?Supostamente, as entidadesbancarias. Con todo, se nonpuideren facer fronte ao custo,terá que devolver ese diñeiro oEstado, ou sexa, a cidadanía.

Catro preguntas e catrorespostas sobre o rescate

A matriz de Bankia, BFA, foi nacionalizada un mes

antes de se coñecer o rescate á banca

Os feitos danllea razón ao sindi-calismo de claseque representaCCOO: a reformamáis urxente eraa do sistema fi-nanceiro, acom-pañada dunhafiscal, e non areforma laboral

Page 5: O Goberno debe escoitar a clase traballadora€¦ · O persoal de Alcoa pide a mediación da Xunta CCOO pide a destitución da xefa de informativos da TVG por «manipulación» Polo

5

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINDICALN.º 24 - Xuño 2012 (2.ª quincena)

Os traballadores e traballa-doras dos estaleiros Navantiaen Fene e Ferrol, así como dasindustrias auxiliares, aproba-ron en asemblea novas mobi-lizacións para esixir carga detraballo e poder garantir así osmilleiros de empregos que de-penden da actividade.A decisión adoptouse un día

despois de que o presidenteda Xunta de Galicia, AlbertoNúñez Feijóo, afirmara que apetroleira mexicana PEMEX, através da Armada do seu país,solicitaría orzamento a Navan-tia para a construción de bu-ques quimiqueiros.A mediación da Armada de

México sería a única opciónpara acometer o encargo, xaque sobre Navantia, ao ser es-taleiro público, pesa a prohibi-ción de se dedicar á cons-trución civil.Con todo, desde o comité de

empresa prefiren optar polaprudencia sobre o anuncio, etamén pola crítica. Ignacio Na-veiras, voceiro de CCOO nocomité de empresa, critica quese fixera público, xa que «ali-mentar estas posibilidadesnos medios de comunicaciónsó servirá para que entren enconcurso outros competido-res».

Así as cousas, o comité deempresa agarda o transcursodos acontecementos, peromantendo a presión coas mo-bilizacións: o 26 de xuño tivolugar unha nova acción reivin-dicativa, e a próxima sería xao día 4 de xullo, coincidindocoa botadura do segundo dosdous buques que Navantiaconstrúe para Australia.

Precisamente, Naveiras si-nala que a botadura será un«fito» para a construción navalda comarca, e que servirátamén para demostrar que opersoal dos estaleiros cumprecoas súas obrigas. Por esarazón, esixe que as Adminis-tracións cumpran tamén coseu cometido, isto é, procurarsolucións.

Novas mobilizaciónspolo futuro de Navantia

Continúa a folga deCorreos en VigoO persoal de Correos en Vigo

continúa mobilizándose paralograr que a empresa desistade proceder aos despedimen-tos previstos, que minguaríano cadro de persoal case un25% na cidade.As traballadoras e traballa-

dores levan en folga indefinidaa media xornada desde o pa-sado 4 de xuño, e a xornadapartida todos os luns e venresdesde o día 18.Estas accións reivindicativas

contan co apoio de CCOO, CIG,UGT, CGT e SL.

O día 13 de xuño reuní-ronse a Dirección dos esta-leiros vigueses Hijos de JoséBarreras, en concurso deacredores, coa representa-ción das traballadoras e tra-balladores. Na xuntanza, aempresa presentoulles aossindicatos a reformulacióndo plan de viabilidade para obienio 2012-2016, así comounha proposta de conveniocolectivo.

Relato «inverosímil»No que atinxe a CCOO, o

sindicato remitiulles estesdocumentos tanto ao Gabi-nete Económico como ao Xu-rídico para que os poidanestudar. Con todo, desde osindicato indican que «o re-lato co que se pretende xus-tificar a situación de insol-vencia do estaleiro» na docu-mentación achegada resulta,nunha primeira valoración,«totalmente inverosímil».

Nova xestión con «rigor»Así as cousas, Comisións

Obreiras esixe «rigor» paraacreditar «a desexada viabi-lidade». O sindicato taménpediu a identificación e asun-ción de responsabilidades, e«transparencia» no novo mo-delo de xestión.

CCOO pide «rigore transparencia»no plan paraBarreras

O persoal de Correos non se rende e continuará coas mobilizacións

Manifestación do día 26 de xuño. O persoal dos estaleiros pasa a

carón dunha pintada que reivindica carga de traballo para o naval

Page 6: O Goberno debe escoitar a clase traballadora€¦ · O persoal de Alcoa pide a mediación da Xunta CCOO pide a destitución da xefa de informativos da TVG por «manipulación» Polo

GALICIA SINDICAL N.º 24 - Xuño 2012 (2.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

Os traballadoras e traballado-res de Alcoa Inespal comezarono 11 de xuño na Coruña unhamarcha a pé ata Santiago deCompostela. Ao remate, o día13, manifestáronse desde oMonte do Gozo ata a sede cen-tral da Xunta de Galicia, nocomplexo administrativo deSan Caetano, acción á que sesumou tamén o persoal da fac-toría de San Cibrao (Viveiro).Alí, a berros de «Feijóo, es-

coita: Alcoa está en loita», esi-xiron que o Goberno galegomedie para que a empresaconte cunha tarifa eléctricacompetitiva que garanta a con-tinuidade da produción.Ao pouco de chegaren a San

Caetano, unha representacióndo comité de empresa entregounas dependencias administrati-vas unha carta dirixida ao con-selleiro de Economía e Indus-tria, Javier Guerra.No escrito, o comité manifés-

talle ao conselleiro a «gran pre-ocupación» dos traballadores etraballadoras de Alcoa Inespalna Coruña e en San Cibrao pola«delicada situación» que atra-vesan tanto as factorías como osector español do aluminio,principalmente polo «alto custo

da tarifa eléctrica, que nos deixaen inferioridade de condiciónspara competirmos cos demaisprodutores europeos».O comité lembra que o Es-

tado español é un dos princi-pais produtores de aluminioprimario da UE, cunha capaci-dade de produción de máis de500.000 toneladas/ano. Estaprodución repártese entre a fá-brica asturiana de Avilés e asgalegas da Coruña e de San Ci-brao. Precisamente, das fac-torías situadas en Galicia saemáis do 70% da produción,

polo que o do aluminio é «undos sectores estratéxicos dopaís».O sector do aluminio en Es-

paña está «especialmente enfai-xado», pois o custo de produ-ción non pode repercutir noproduto final, ao se fixar o prezodo aluminio na Bolsa de metaisde Londres, igual que boa partedas materias primas que proce-den do petróleo. Así, aos produ-tores de aluminio só lles quedaa electricidade como variablepara manter o equilibrio na ren-dibilidade do proceso.

O persoal de Alcoa pide amediación da Xunta de Galicia

Un momento da concentración diante da Xunta de Galicia

CCOO e UGT convocaronen todo o Estado unha xor-nada de loita nas Administra-cións autonómicas para o 14de xuño, como parte das ac-cións en defensa dos servi-zos públicos realizadas nosúltimos tempos.

CCOO e UGT denuncianque as políticas de «austeri-dade» dos distintos Gobernosestán levando á destrucióndo estado do benestar e aodesmantelamento dos servi-zos e empregos públicos.Neste contexto, a deteriora-ción dos servizos públicosprovocará un gran prexuízopara a maioría social.

Baixo o lema «#Defendeo-Público», houbo accións rei-vindicativas en todas ascomunidades autónomas. Ascríticas á reforma laboral e aesixencia de situar a crea-ción de emprego como prio-ridade para a recuperacióneconómica foron dous doseixes das proclamas.

En Galicia houbo concen-tracións entre as 11 e as 12horas diante da sede centralda Xunta en Santiago deCompostela e dos respecti-vos edificios administrativosda Coruña, Ferrol, Lugo, Ou-rense, Pontevedra e Vigo.Tamén houbo unha concen-tración diante do InstitutoTecnolóxico para o Control doMedio Mariño (INTECTMAR),en Vilagarcía de Arousa.

Nova acción o día 28Tras a xornada reivindica-

tiva nas Administracións lo-cais o pasado 29 de maio, eapós a nova acción que tivolugar o día 14 deste mes,haberá unha terceira «xor-nada de loita» o próximo día28. Nesta ocasión será endefensa do sector públicoestatal.

Xornada de loitade CCOO e UGT naAdministraciónautonómica

CCOO denuncia as últimas medidasda Consellaría de EducaciónA Federación do Ensino de

CCOO de Galicia denuncia as úl-timas medidas adoptadas polaConsellaría de Educación: o de-creto de admisión de alumnado ea supresión de postos docentes.Canto á primeira actuación, o

sindicato, apoiado pola Plata-forma en Defensa do Ensino Pú-blico, critica que a Xunta llespermita aos centros establecer

no baremo de admisión unpunto por circunstancias dife-rentes ás recollidas no decreto,polo que se suprimen criteriosigualadores en centros dun ám-bito próximo e dificúltase a dis-tribución equilibrada de alum-nado con necesidades educati-vas especiais.No que atinxe á supresión de

postos docentes, CCOO denun-

cia que se están a comunicar dexeito «irregular», só por vía tele-fónica en lugar de convocar asxuntas de persoal provinciais. Amingua chegará en infantil e pri-maria polos agrupamentos nunmesmo curso de alumnado dediferentes idades. En secundaria,aumentando o horario lectivo doprofesorado das 18 horas ac-tuais ata un máximo de 20.

Page 7: O Goberno debe escoitar a clase traballadora€¦ · O persoal de Alcoa pide a mediación da Xunta CCOO pide a destitución da xefa de informativos da TVG por «manipulación» Polo

7

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINDICALN.º 24 - Xuño 2012 (2.ª quincena)

Comisións Obreiras (CCOO)pide a destitución de Pilar Ber-múdez, directora de servizos in-formativos da Televisión deGalicia (TVG). A piques de secumpriren tres anos da súachegada a este posto, o sindi-cato considera que a «incesantemanipulación» e a utilización«partidista» a favor do Gobernodo PP son un «grave incumpri-mento» do legalmente estable-cido para o ente público.A sección sindical de CCOO

afirma que a actual directora deinformativos da TVG é «inca-paz» de exercer a súa respon-sabilidade democraticamente.Para Comisións, a xestión deBermúdez é, ademais, a antí-tese do establecido como nor-ma básica para os informativosdun medio público, isto é,«sostido cos impostos quepaga a cidadanía». Así, o sindi-cato considera que se incum-pren os principios de liberdadede expresión, obxectividade,veracidade e imparcialidade dasinformacións. Todo isto «vul-nera o dereito cidadán a recibirunha información de boa cali-dade, veraz e plural».CCOO observa «numerosas

anomalías» na acción de Ber-múdez, que supoñen o «des-crédito» da TVG diante da opi-nión pública así como un «des-prezo profesional» aos traballa-dores e traballadoras.

Casos de manipulaciónEntre as actuacións contro-

vertidas que se deron nos últi-mos tempos, CCOO sinala anegativa da Dirección a rectifi-car unha información que o pa-sado 21 de abril se emitiu dexeito «parcial e terxiversado».

Trátase da peza emitida no tele-xornal de maior audiencia desesábado, no que a marcha con-vocada polo comité interempre-sas da Compañía de RadioTelevisión de Galicia (CRTVG)contra a represión e a manipu-lación ía acompañada por untexto no que se lía «Convocada

polo comité da CRTVG. Mani-festación en Santiago en apoioaos afectados polo caso das'preferentes'».Ao tempo que Bermúdez se

nega a rectificar esa informa-ción, suceden cousas como aacontecida o pasado 4 de maio,cando a directora de informati-

Na imaxe superior, pancarta de cabeceira da manifestación contra a represión e a manipuación. Abaixo,

fotograma da emisión da TVG sinalando como motivo da marcha o apoio ás vítimas das preferentes

n O sindicato denuncia casos «graves» de manipulación na televisión pública

TVG: CCOO pide a destituciónda directora de informativos

vos ordenou 'rectificar' unha in-formación correcta, emitidatamén no telexornal de maioraudiencia. Para CCOO, trátasedun «despropósito sen prece-dentes» que, en forma de ordesuperior, «descualifica o traba-llo ben feito por unha xornalistada televisión pública».

Page 8: O Goberno debe escoitar a clase traballadora€¦ · O persoal de Alcoa pide a mediación da Xunta CCOO pide a destitución da xefa de informativos da TVG por «manipulación» Polo

Número 24 - 2.ª quINCeNA De xuño De 2012

Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Estes días estase a xogaren Polonia e Ucraína ocampionato europeo de

fútbol masculino, a Eurocopa.Xa é tradición que as respec-tivas federacións deportivasestatais lles dean aos xogado-res unha recompensa cantomellores sexan os resul-tados.

A poucas horas do partidoentre as seleccións españolae francesa fixen unha pe-quena sondaxe, e a conclusiónfoi que ao 95% da poboaciónlle parece algo normal. Se oestudo o fixese o CIS ou al-gunha institución seria, seguroque o resultado sería outro,pero anímovos a facerdes aproba. Por descarte, debo deestar entre o 5% que nonacaba de entender iso de dar-lles cuantiosos premios eco-nómicos a once millonarios encalzóns que se dedican a dar-lle patadas a unha bóla... pero,en fin, digamos que o acepto.

O que xa non vexo é iso deque non vaian tributar polopremio, case 300.000 € porcabeza no caso da selecciónespañola. Facenda somos to-dos, disque, pero uns máis caoutros, seica.

Se non fose pola abafantetaxa de paro, polos recortesnos servizos públicos e, endefinitiva, polas numerosaspolíticas que cada día quepasa producen maior pobreza,aínda podería ter un pase a si-tuación.

A situación socioeconómicaé dura, e o fútbol revélasecomo unha distracción. Os ro-manos, que moito sabíandisto, xa proclamaban aquilode darlle ao pobo «pan ecirco». Por iso Rajoy pediu queos deportistas lle desen unha«alegría» ao pobo. Mais, comodi a letra dos Def con Dos,aquí o que hai é «pouco pan epésimo circo».

Pouco pan epésimo circo

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

«O poder quere influír sobre ainformación, e é máis fácil conxornalistas en precario»

O persoal de Radio Coruña reunido en asemblea decidiu secundar a folga xeral do pasado 29 demarzo. Non hai acontecemento social, mobilización ou iniciativa na Coruña da que non informen,sendo a radio con máis audiencia de Galicia. Entrevistamos a Consuelo Bautista, xefa deInformativos de Radio Coruña, cuxas «columnas» diarias, sobre as 8:30, sempre destacan oaspecto social máis importante do día.

Informar, comunicar ou crearopinión?Comunicar, entendendo por

iso facerse entender. Explicar ascousas que pasan e ofrecer ins-trumentos para que as persoascoñezan a realidade e as conse-cuencias dos seus actos e dosactos dos demais. A opinión é aconclusión de todo.

Cubrirías unha conferenciade prensa sen posibilidade defacer preguntas? Todos os xornalistas de Radio

Coruña teñen instrucións de noncubrir ningún acto que os vio-lente ou consideren que se orga-niza en contra dos mínimos queesixe esta profesión. Se de ma-neira excepcional se cubrisen,por considerar que o que sequere transmitir é de importanciapara a audiencia, sempre se es-pecifica que non foi posible rea-lizar preguntas.

Como ves a crise dos me-dios de comunicación?É a crise das empresas mediá-

ticas, moi parecida a todas asque estamos vivindo. Pouca co-municación entre as cúpulas dasgrandes corporacións e os xor-nalistas. Sobreprodución: en Ga-licia hai dez cabeceiras xorna-lísticas, a maioría sostidas por

subvencións. E tamén exceso deprofesionais. Esa é a burbullareal.

En moitos casos, afróntanadespedindo persoal, habitual-mente o que leva máis anos ecoñece mellor a profesión. Noné desvalorizar o produto? Un xornalista profesional e con

experiencia ten fontes, sabe lerentre liñas, ten memoria, con-trasta, non queda coa primeiraversión de ningún tema impor-tante porque a súa obriga é fa-cerse preguntas. Cando unmedio perde un profesional conexperiencia, perde todo iso. Porfalta de experiencia, un xornalistanovo ten pouca capacidade crí-tica. Se non ten alguén que opoida orientar e darlle as chavespara traballar, toda esa experien-cia pérdese e ninguén a recolle.Cruzo os dedos, pero teño asorte de falar como responsabledun medio que mantén e res-pecta a veteranía, aínda que in-corporamos persoas novas.

«Xornalismo precario, infor-mación precaria»? E democracia precaria, engadi-

ría. A solución é un maior res-pecto a esta profesión e que nósmesmos nos creamos pezas im-prescindibles para unha socie-

dade democrática sa. A miñaaposta: manter a veteranía ecombinala con novas incorpora-cións, e intentar que as empresasentendan que o xornalismo ho-nesto é un bo negocio. E publici-dade o máis diversificada posibleé garantía de liberdade nunmedio de comunicación.

É das profesións máis seve-ramente castigadas pola crise,pero hai pouca mobilización...O problema pode estar en

parte no «abrazo aristocrático»:o xornalista pode chegar a crer,erroneamente, que forma parteda estrutura do poder porqueconvive de forma habitual copoder. Pero sempre debe ser unobservador. Hai outro problema:tanto falar e observar os demaisfai que poucas veces nos ocupe-mos de nós mesmos. En terceirolugar, se os xornalistas se orga-nizan só en torno á súa empresa,sen pensaren en establecer lazosde unión con profesionais dou-tros medios, son máis febles edependentes.Producimos informacións que

son portadoras dunha parte deverdade, e ese é un produto moisensible sobre o que o poderquere influír. É máis fácil facelocon xornalistas en precario.