2
Que pasaría se existise un modo de facer máis eficiente, divertida e efectiva a solución de problemas empresariais? Este é un libro de pensamento visual cheo de ilustracións, cadros, esquemas... que proporcionan ferramentas moi enxeñosas e simples para desarmar conceptos complexos. Xa estás pensando nas aburridas vacacións? Desde a biblioteca do instituto queremos axudarche a resolver o terrible problema dunhas vacacións sen nada que facer. Por que non visitar novos mundos da man de libros como os que che propoñemos? Son libros interesantes e de lectura doada… e ademais hainos de todos os tamaños! Número 5 Decembro 2010 Boletín da biblioteca do IES Xoán Montes Rúa Montevideo s/n. 27001 Lugo [email protected] http://bibliotecaiesxoanmontes.blogspot.com

O sorriso da muralla nº 5

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número 5 do boletín bibliográfico da biblioteca do IES Xoán Montes de Lugo, decembro de 2010

Citation preview

Que pasaría se existise un modo de facer máis eficiente, divertida e

efectiva a solución de problemas empresariais?

Este é un libro de pensamento visual cheo de ilustracións, cadros,

esquemas... que proporcionan

ferramentas moi enxeñosas e simples

para desarmar conceptos complexos.

Xa estás pensando nas

aburridas vacacións?

Desde a biblioteca do instituto queremos

axudarche a resolver o terrible problema dunhas vacacións sen nada que

facer. Por que non visitar novos mundos da man de

libros como os que che propoñemos? Son libros

interesantes e de lectura doada… e ademais hainos

de todos os tamaños!

Número 5 Decembro 2010

Boletín da biblioteca do IES Xoán Montes

Rúa Montevideo s/n. 27001 Lugo

[email protected]

http://bibliotecaiesxoanmontes.blogspot.com

Leyendas Griegas

A que non sabes que ao óxido nitroso se lle chama gas hilarante porque fai facer parvadas

a quen o aspira? E que o carbono é o átomo máis común no corpo humano?, feito

que non deixa de ser estraño xa que as persoas non temos aspecto de carbón, diamante ou “mina” de lápis, sustancias todas elas onde tamén abunda ese elemento.

El crimen del triángulo equilátero Os trofeos deportivos dun colexio desaparecen. Judit e tres compañeiros empezan a investigar e unha das pistas máis inquietantes virá dada por uns triángulos equiláteros que aparecen debuxados. Descubrirán tamén a existencia dunha sociedade secreta, O triángulo asasino , que existía cando os seus avós eran alumnos do colexio, o que os levará a investigar feitos do pasado que poden ter relación co que está pasando.

Juego Sucio O autor, xornalista de investigación, dedícase a investigar as distintas mafias infiltradas no fútbol que terían amañado distintas ligas e competicións. Hill mostra evidencias de que algúns partidos do Mundial foron amañados. A publicación deste libro xerou unha gran polémica e motivou investigacións xudiciais.

Sabes que facía a xente antes de ter televisión? Pois sentábanse e contaban contos e lendas, e uns poucos privilexiados tiñan algún libro que ler... Neste libro recóllense as dez mellores lendas da mitoloxía grega, que teñen máis de 3.000 anos. Coñecerás criaturas vingativas, castigos disparatados, sacrificios repugnantes, amores de telenovela e uns perigosos Xogos Olímpicos.