31
sindicato nacional de ccoo de galicia gabinete técnico económico 1 DOCUMENTOS O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS EN GALICIA gabinete económico do s.n. de ccoo de galicia n.º 131 / marzo de 2010

O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

  • Upload
    lamdien

  • View
    216

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 1

DDDDDDDDOOOOOOOOCCCCCCCCUUUUUUUUMMMMMMMMEEEEEEEENNNNNNNNTTTTTTTTOOOOOOOOSSSSSSSS

OOOOOOOO SSSSSSSSIIIIIIIISSSSSSSSTTTTTTTTEEEEEEEEMMMMMMMMAAAAAAAA PPPPPPPPÚÚÚÚÚÚÚÚBBBBBBBBLLLLLLLLIIIIIIIICCCCCCCCOOOOOOOO DDDDDDDDEEEEEEEE PPPPPPPPEEEEEEEENNNNNNNNSSSSSSSSIIIIIIIIÓÓÓÓÓÓÓÓNNNNNNNNSSSSSSSS EEEEEEEENNNNNNNN GGGGGGGGAAAAAAAALLLLLLLLIIIIIIIICCCCCCCCIIIIIIIIAAAAAAAA

ggggggggaaaaaaaabbbbbbbbiiiiiiiinnnnnnnneeeeeeeetttttttteeeeeeee eeeeeeeeccccccccoooooooonnnnnnnnóóóóóóóómmmmmmmmiiiiiiiiccccccccoooooooo ddddddddoooooooo ssssssss........nnnnnnnn........ ddddddddeeeeeeee ccccccccccccccccoooooooooooooooo ddddddddeeeeeeee ggggggggaaaaaaaalllllllliiiiiiiicccccccciiiiiiiiaaaaaaaa

nnnnnnnn........ºººººººº 111111113333333311111111 //////// mmmmmmmmaaaaaaaarrrrrrrrzzzzzzzzoooooooo ddddddddeeeeeeee 22222222000000001111111100000000

Page 2: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

2 o sistema público de pensións en galicia

© Documento do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia

N.º 131 / Marzo de 2010

Elaboración:

Manuel Lago Peñas

Page 3: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 3

ÍNDICEÍNDICEÍNDICEÍNDICE

1. Evolución cuantitativa das pensións...................................................................5

2. As pensións segundo o réxime de cotización...................................................10

3. As pensións contributivas segundo o tipo ........................................................12

4. Relación entre cotizacións e pensións .............................................................13

5. Importe medio das pensións.............................................................................18

6. Saldo financeiro do sistema contributivo en Galicia .........................................23

7. Propostas..........................................................................................................27

Page 4: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes
Page 5: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 5

1.1.1.1. EVOLUCIÓN CUANTITATIEVOLUCIÓN CUANTITATIEVOLUCIÓN CUANTITATIEVOLUCIÓN CUANTITATIVA DAS PENSIÓNSVA DAS PENSIÓNSVA DAS PENSIÓNSVA DAS PENSIÓNS

A primeira aproximación ao segmento contributivo do sistema da Seguri-dade Social en Galicia é coñecer o dato básico: cantas pensións se cobran e se pagan en Galicia e cal foi a súa evolución histórica recente.

No ano 2009, a media foi de 714.900 pensións contributivas, resultado dun proceso sostido de aumento das persoas con esta cobertura social.

Se se compara o ano 2009 co inicial da serie, 1990, compróbase que o nú-mero de pensións experimentou unha gran medra: 162.700 en vinte anos, o que supón un incremento acumulado para o conxunto do período do 29 %.

Cadro n.º 1. EVOLUCIÓN DO NÚMERO DE PENSIÓNS

ANO PENSIÓNS % VARIACIÓN ANUAL

VARIACIÓN ACUMULADA

1990 552.200 — 100 1991 566.400 2,6 % 103 1992 580.800 2,5 % 105 1993 594.700 2,4 % 108 1994 609.800 2,5 % 110 1995 620.500 1,7 % 112 1996 631.700 1,8 % 114 1997 643.200 1,8 % 116 1998 652.000 1,4 % 118 1999 660.000 1,2 % 120 2000 667.400 1,1 % 121 2001 673.900 1,0 % 123 2002 679.000 0,7 % 124 2003 683.200 0,6 % 124 2004 685.400 0,3 % 125 2005 689.700 0,6 % 125 2006 697.500 1,1 % 126 2007 702.400 0,7 % 127 2008 708.500 0,9 % 128 2009 714.900 0,6 % 129 FONTE: Elaboración do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia sobre datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Page 6: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

6 o sistema público de pensións en galicia

Estamos, entón, ante un sistema que medrou ata unha taxa media anual do 1,3 %; porén, o crecemento non é homoxéneo no conxunto do período, xa que se dan diferenzas significativas segundo os anos.

Unha análise máis polo miúdo da serie permite tirar unha conclusión ben relevante: ata o ano 1997, o número de pensións medraba moito, coa in-corporación de 13.000 como media por ano, o que se traducía en porcenta-xes do 2 % anual, nalgúns anos próximas ao 3 % de incremento

A partir de 1998 prodúcese unha desaceleración das cifras de crecemento. Isto significa, obviamente, que malia aumentar o número de pensións, faino a menor ritmo. Esta desaceleración é máis lenta nos últimos anos da dé-cada anterior, pero despois intensifícase ata acadar no seu remate unha cifra moi baixa de aumento.

Para velo con máis claridade: se no período 1990-1997 o número de pen-sións aumentou en 91.000 cun incremento do 16 %, de 1998 a 2001 hai 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %.

Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes datos tratare-mos máis adiante. Agora só sinalamos que esta tendencia se estende ao longo da última década e que vén explicada no fundamental pola evolución demográfica, xa que no período 1995-2005 cumpriron a idade de xubilación as persoas nadas entre 1936 e 1945, que, como é sabido, tivo baixas cifras de natalidade.

Por iso, a partir de 2006 o aumento dos pensionistas volve acelerarse, mais é certo que nunha cifra inferior á da década dos noventa.

Entre 2006 e 2009, o número de pensións increméntase algo menos do 1 %, estabilizándose nesa cifra, que é case o dobre da que se deu no perío-do anterior pero menos da metade da que tivo entre 1990 e1998.

Para un mellor coñecemento da importancia social do sistema público de pensións, é útil relacionar o número de pensións co nivel de poboación.

O cálculo desta ratio (o número de pensionistas como porcentaxe do total da poboación de Galicia) proporciónanos un indicador que se podería de-

Page 7: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 7

nominar «índice de dependencia»; isto é, cantas persoas teñen nas pen-sións da Seguridade Social a súa principal, e na maioría dos casos única, fonte de ingresos.

Cadro n.º 2. RATIO PENSIÓNS/POBOACIÓN

ANO PENSIÓN POBOACIÓN % PENSIÓNS /POBOACIÓN

1990 552.200 2.739.375 20,1 % 1991 566.400 2.733.176 20,7 % 1992 580.800 2.732.230 21,3 % 1993 594.700 2.731.741 21,8 % 1994 609.800 2.729.710 22,3 % 1995 620.500 2.726.747 22,7 % 1996 631.700 2.723.763 23,2 % 1997 643.200 2.720.326 23,6 % 1998 652.000 2.724.544 24,0 % 1999 660.000 2.730.337 24,3 % 2000 667.400 2.731.900 24,5 % 2001 673.900 2.732.926 24,6 % 2002 679.000 2.737.370 24,8 % 2003 683.200 2.751.094 24,8 % 2004 685.400 2.750.985 24,9 % 2005 689.700 2.762.198 24,9 % 2006 697.500 2.767.524 25,2 % 2007 702.400 2.772.533 25,3 % 2008 708.500 2.784.169 25,4 % 2009 714.900 2.796.089 25,6 % FONTE: Elaboración do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia sobre datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e do Instituto Galego de Estatística

No ano 2009, o índice de dependencia é do 25,6 %, é dicir, case 26 de cada 100 persoas galegas son pensionistas, teñen como fonte fundamental de ingresos o sistema da Seguridade Social.

A enorme relevancia social do sistema que se deduce deste dato é aínda maior se temos en conta a estrutura familiar galega, o que significa que hai moitas unidades familiares (de, polo menos, dous membros) que dependen da pensión.

O peso do conxunto de pensionistas na estrutura social galega non deixa de aumentar, nun proceso sostido impulsado por evidentes razóns demo-gráficas. En 1990 os perceptores de pensións equivalían ao 20 % da poboa-

Page 8: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

8 o sistema público de pensións en galicia

ción e, dende ese ano, non deixaron de aumentar o seu peso ata acadar o 25,6 % en 2009, un incremento de 5,5 puntos en vinte anos.

Este aumento do índice de dependencia deriva da conxunción de dous pro-cesos que actúan en sentido oposto. Como se dixo, o número de pensións sobe moito neste período e, ao mesmo tempo, a poboación de Galicia non o fai na mesma porcentaxe e ata se reduce nalgún dos anos: se o número de pensións se incrementou un 29 %, a poboación apenas medrou un 2 %.

Tal dependencia social do sistema público de pensións é sensiblemente máis alta en Galicia ca no conxunto de España. Fronte a un valor do 25,6 % para Galicia, o índice de dependencia medio do estado é do 18,2 %, un di-ferencial de máis de sete puntos que aumenta de xeito progresivo xa que en 1990 era de un punto.

Este proceso continuará no futuro. A estrutura por idades da poboación ocupada en Galicia en comparación coa media española —segundo os datos da enquisa de poboación activa— é a que segue: o 14,5 % das per-soas ocupadas galegas teñen máis de 55 anos, porcentaxe que é só do 12,5 % no conxunto do estado.

A orixe desta situación está na estrutura demográfica de Galicia, no seu proceso de envellecemento; a emigración, a natalidade e a estrutura eco-nómico-produtiva son algúns dos factores explicativos.

Referíndonos a un tema que trataremos máis adiante, é evidente que nas últimas décadas o sistema público de protección social serviu de válvula de escape para os problemas económicos, laborais e sociais dalgúns sectores da actividade; por exemplo, o sector primario, que a pesar de perder máis de 200.000 ocupacións nas dúas últimas décadas, aínda ten un peso espe-cífico no emprego galego do 8 %, o dobre da media española.

A canle de saída deste elevado volume de persoas das actividades agrarias non foi a ocupación noutros sectores produtivos, senón que pasaron a de-pender do sistema de protección social, pola vía das pensións de xubilación ou de invalidez.

O actual diferencial e a súa crecente evolución reafirman a idea da enorme relevancia social que ten o sistema público de pensións en Galicia, espe-

Page 9: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 9

cialmente porque, amais de moitas persoas dependeren del, funciona como un instrumento de solidariedade interna entre territorios, como se habemos ver logo.

Se a defensa do sistema público de pensións é unha estratexia central para o mantemento dunha sociedade máis xusta e equilibrada en estruturas so-ciais como a de Galicia, esta defensa ten aínda máis razón de ser.

Unha perspectiva complementaria desta análise do índice de dependencia proporciónaa a comparación entre o número de pensións de Galicia e Es-paña, nunha análise conxunta de ambos os territorios.

Cadro n.º 3. PENSIÓNS EN GALICIA E EN ESPAÑA

ANO GALICIA ESPAÑA GALICIA /ESPAÑA 1990 552.200 6.102.100 9,1 % 1991 566.400 6.253.400 9,1 % 1992 580.800 6.422.600 9,1 % 1993 594.700 6.605.600 9,0 % 1994 609.800 6.822.400 8,9 % 1995 620.500 6.966.100 8,9 % 1996 631.700 7.110.200 8,9 % 1997 643.200 7.279.300 8,8 % 1998 652.000 7.410.700 8,8 % 1999 660.000 7.509.300 8,8 % 2000 667.400 7.598.400 8,8 % 2001 673.900 7.677.920 8,7 % 2002 679.000 7.745.780 8,8 % 2003 683.200 7.819.460 8,8 % 2004 685.400 7.878.640 8,7 % 2005 689.700 7.979.710 8,6 % 2006 697.500 8.165.340 8,5 % 2007 702.400 8.273.940 8,5 % 2008 708.500 8.390.800 8,4 % 2009 714.900 8.531.930 8,4 % FONTE: elaboración do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia sobre datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais

As pensións galegas móvense arredor do 9 % de media durante o período 1990-2009, o que significa que nove de cada cen pensións de España se cobran en Galicia.

Para medir a relevancia deste dato, cómpre relacionalo co volume de po-boación. En 2009 o número de habitantes de Galicia equivale ao 6 % da

Page 10: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

10 o sistema público de pensións en galicia

poboación española, mentres que as pensións, como xa se dixo, repre-sentan o 8,4 % das do estado. Isto significa que existe un diferencial moi importante de 2,4 puntos a favor das pensións.

A análise da serie 1990-2009 ofrece unha evolución que semella ir na di-rección de manter este diferencial, xa que o peso das pensións galegas no total de España estabilízase no 8,4 % en 2009. Porén, ao ter en conta a evolución da poboación no mesmo período, o resultado varía: o peso da poboación de Galicia pasou do 7 % ao 6 %, polo que o diferencial poboa-ción/pensións aumentou nun punto e medio. É un dato para destacar que Galicia e España comparten unha dinámica similar no ritmo de crecemento das pensións: aumentaron un 29 % en Galicia dende 1990 e un 31 % en España.

2.2.2.2. AS PENSIÓNS SEGUNDO AS PENSIÓNS SEGUNDO AS PENSIÓNS SEGUNDO AS PENSIÓNS SEGUNDO O RÉXIMEO RÉXIMEO RÉXIMEO RÉXIME DE COTIZACIÓNDE COTIZACIÓNDE COTIZACIÓNDE COTIZACIÓN

Como é coñecido, o sistema de protección social confórmano, no seu seg-mento contributivo, diferentes réximes de cotización. Á parte do máis co-mún réxime xeral, no que se encadran os traballadores e traballadoras por conta allea, existen os réximes especiais: o de persoas autónomas, o agra-rio por conta allea, o de persoas empregadas do fogar, o do mar, o da mi-nería do carbón…

A partir do ano 2008, pola integración do réxime especial agrario por conta propia no réxime especial de autónomos, non é posible dar continuidade á serie iniciada en 1990; por iso a nosa análise chega ata o exercicio de 2007.

A estrutura por réximes do sistema da Seguridade Social ten unha especial relevancia porque, como veremos máis adiante, o funcionamento financeiro de cada un deles é moi diferente, así que a distribución de cotizacións e pensións nos varios réximes é un elemento clave na suficiencia financeira do sistema. Para coñecer a estrutura actual das pensións en cada réxime e a súa evolución nos últimos anos, ofrecemos o seguinte cadro:

Page 11: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 11

Cadro n.º 4. PENSIÓNS POR RÉXIME

ANO R. XERAL R. ESPECIAL AUTÓNOM.

R. ESPECIAL AGRARIO

R. ESPECIAL MAR OUTROS

1990 146.900 40.100 271.500 33.900 59.800 1991 154.700 41.800 274.700 30.400 59.500 1992 163.500 43.800 276.700 37.100 59.800 1993 173.900 45.600 277.300 38.700 59.200 1994 187.700 47.400 276.200 39.900 58.600 1995 197.200 49.200 275.100 40.900 58.100 1996 207.400 51.100 273.500 42.100 57.600 1997 217.800 53.300 271.400 43.300 57.500 1998 226.400 55.300 268.800 44.200 57.300 1999 234.100 57.500 265.900 45.000 57.500 2000 245.147 61.202 261.518 46.397 57.661 2001 250.802 63.724 257.883 47.103 57.365 2002 257.782 66.071 253.590 47.838 57.387 2003 263.957 68.127 247.886 48.405 56.891 2004 270.432 70.026 242.235 48.836 56.592 2005 273.568 71.084 238.944 49.150 56.954 2006 281.473 73.382 233.919 49.440 58.736 2007 289.437 75.665 228.096 50.681 56.946 FONTE: elaboración do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia sobre datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais

O dato máis salientable do cadro, polas grandes repercusións sobre o sis-tema, é o enorme peso que teñen as pensións contributivas do sector pri-mario, isto é, as do réxime especial agrario e as do mar.

En Galicia, ata o ano 2002, o réxime agrario era o que contaba con máis pensións contributivas, situación que non se producía no resto do Estado, onde o réxime máis numeroso era o xeral. Desde 2003, a situación en Gali-cia é a mesma que no estado: predomina o réxime xeral aínda que en me-nores proporcións.

Para dar unha idea global, hai que ter en conta as seguintes porcentaxes: no réxime xeral as pensións galegas representan o 6 % do total das espa-ñolas, no agrario por conta propia o 35 %, no do mar o 39 % e no de autó-nomos o 7,4 %.

A evolución dos últimos anos amosa un proceso de cambio na estrutura das pensións por réximes, que avanzan aínda devagar cara a un funciona-mento máis normalizado en relación co noso contorno. En concreto, o nú-mero de pensións no réxime especial agrario estancouse e, nos últimos

Page 12: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

12 o sistema público de pensións en galicia

anos, presenta unha tendencia de redución en números absolutos. Isto sig-nifica que no sistema hai máis baixas por defunción ou perda do dereito ca altas por novas incorporacións.

A razón está en que a fase máis intensa de saída das persoas ocupadas na agricultura cara ao sistema de protección social deuse na década dos oi-tenta e que ese proceso, como demostran os datos da EPA, está nestes momentos practicamente paralizado.

Velaquí un dato que pode servir para medir a importancia deste proceso: en 1990 o 49 % das pensións galegas eran agrarias; en 2007 representan só o 32 % (cifra en todo caso moi superior á da media española, que é do 8 %).

No sentido contrario evoluciona o peso das pensións do réxime xeral, que segue unha tendencia crecente e sostida nos últimos anos, con máis altas ca baixas, e que pasa de ter o 27 % das pensións totais en 1990 ao 41 % en 2007.

Estancamento con tendencia á redución do peso do réxime agrario, cre-cente protagonismo das pensións do réxime xeral e medra lenta pero sostida no réxime de persoas autónomas e do mar son os trazos básicos que resumen a previsible evolución do sistema de protección social en Galicia.

3.3.3.3. AS PENSIÓNS CONTRIBUAS PENSIÓNS CONTRIBUAS PENSIÓNS CONTRIBUAS PENSIÓNS CONTRIBUTIVAS SEGUNDO O TIPOTIVAS SEGUNDO O TIPOTIVAS SEGUNDO O TIPOTIVAS SEGUNDO O TIPO

Dentro do segmento contributivo da protección social en Galicia englóbanse diferentes modalidades de prestacións: as pensións por xubilación, por invalidez, por viuvez, de orfandade e a favor de familiares, amais dos pagamentos de accidentes de traballo, enfermidades profesionais e SOVI. No seguinte cadro reprodúcese a evolución das pensións contributivas en catro tipos en Galicia:

Page 13: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 13

Cadro n.º 5. EVOLUCIÓN DAS PENSIÓNS SEGUNDO O TIPO

ANO XUBILACIÓN INVALIDEZ VIUVEZ ORFANDADE A FAVOR DE FAMILIARES

1985 235.200 129.400 92.300 13.500 1986 241.000 134.200 97.400 13.900 1990 269.400 147.000 119.500 15.800 1991 275.900 149.800 124.500 16.200 1992 282.200 152.600 129.000 16.939 1993 289.300 154.000 134.200 17.930 1994 297.600 154.400 139.800 17.960 1995 304.400 154.800 143.300 18.100 1996 311.100 154.000 146.900 21.126 1997 325.100 146.500 150.400 21.665 1998 416.600 59.200 153.800 23.123 1999 420.800 58.400 156.900 23.209 2000 424.100 58.000 160.000 25.300 2001 428.200 57.700 162.800 25.200 2002 430.100 57.800 165.200 25.900 2003 430.100 29.000 167.900 26.200 2004 428.300 61.000 170.300 25.800 2005 428.500 62.600 173.000 25.500 2006 432.600 64.100 175.500 25.400 2007 433.800 65.8000 177.600 25.100 2008 436.000 67.500 179.800 25.200 2009 440.000 68.300 171.200 25.400 FONTE: Elaboración do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia sobre datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais

4.4.4.4. RELACIÓN ENTRE COTIZRELACIÓN ENTRE COTIZRELACIÓN ENTRE COTIZRELACIÓN ENTRE COTIZACIÓNS E PENSIÓNSACIÓNS E PENSIÓNSACIÓNS E PENSIÓNSACIÓNS E PENSIÓNS

Unha das variables fundamentais nas análises dos sistemas de protección social é a relación entre o volume de persoas cotizantes do sistema, isto é, persoas activas e afiliadas á Seguridade Social, e as pensións que se be-nefician do sistema, é dicir, persoas pasivas.

É na relación entre ambos os colectivos, na ratio persoas activas/persoas pasivas, onde están algunhas das claves da viabilidade ou sustentabilidade do sistema a longo prazo.

Na medida en que se trata dunha relación entre dúas variables, o resultado da ratio vén condicionado pola evolución de cada unha delas. Isto quere

Page 14: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

14 o sistema público de pensións en galicia

dicir que o incremento da ocupación e a creación sostida de emprego per-mitirán soster os aumentos das pensións.

Ao mesmo tempo, a maior esperanza de vida ou os cambios legais nas idades de xubilación, por exemplo, fan presións na estabilidade do sistema que han resolverse a longo prazo por aumentos da ocupación.

Sendo esta unha ratio moi importante, non é desde logo a única nin a defi-nitiva, e nós rexeitamos as visións simplistas que poñen en cuestión a via-bilidade futura dun sistema público de pensións na súa fórmula de reparti-ción sobre a base da redución da ratio persoas activas/persoas pensionistas.

Máis decisivo é o criterio que compara as prestacións co PIB, coa riqueza producida polo país, xa que, ao cabo, as prestacións públicas non son máis que instrumentos de distribución e redistribución da riqueza nacional, pois o sistema de Seguridade Social é o resultado da distribución regrada de parte da produtividade da sociedade. Máis adiante, volveremos a esta análise.

En todo caso, a relevancia da relación entre persoas activas e persoas pa-sivas xustifica o seu coñecemento detallado e a súa evolución nos últimos anos.

Cadro n.º 6. RATIO COTIZACIÓNS/PENSIÓNS

ANO COTIZANTES PENSIONISTAS COTIZ./PENSIONI. 1990 768.900 552.200 1,39 1991 777.300 566.400 1,37 1992 771.200 580.400 1,33 1993 775.000 594.700 1,30 1994 752.700 609.800 1,23 1995 758.200 620.500 1,22 1996 765.200 631.700 1,21 1997 782.400 643.200 1,22 1998 814.300 652.000 1,25 1999 851.200 660.000 1,29 2000 880.600 667.400 1,32 2001 904.300 673.900 1,34 2002 923.900 679.000 1,36 2003 947.100 683.200 1,39 2004 970.300 685.400 1,41 2005 997.700 689.700 1,45 2006 1.032.500 697.500 1,48

Page 15: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 15

ANO COTIZANTES PENSIONISTAS COTIZ./PENSIONI. 2007 1.070.100 702.400 1,52 2008 1.072.500 708.500 1,51 2009 1.029.600 714.900 1,44 FONTE: Elaboración do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia sobre datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

No ano 2009, o último da serie, a relación cotizantes/pensións era de 1,44 persoas afiliadas ao sistema da Seguridade Social por cada 100 pensións que aboa o sistema. Para valorar este índice é útil analizalo desde tres perspectivas: a súa evolución histórica, a comparación co valor medio de España e a súa desagregación entre os diferentes réximes da Seguridade Social.

A evolución histórica da ratio desde 1990 ata a actualidade presenta dous períodos diferentes. Ata 1996, a ratio non deixa de caer, desde o 1,39 % en 1990 ata un mínimo do 1,21 dese ano. A partir de 1996 mellora, ata se si-tuar no 1,52 en 2007. A explicación deste dispar funcionamento radica basicamente na evolución do emprego e, en menor medida, no número de pensións.

Entre 1990 e 1996, o emprego, e polo tanto o número de afiliacións á Segu-ridade Social, medrou pouco en todo o período e, nalgúns anos, especial-mente entre 1991 e 1994, reduciuse en cifras absolutas.

A partir de 1995, o emprego, e sobre todo o asalariado, inicia unha impor-tante fase de crecemento que eleva o número cotizantes á Seguridade So-cial ata un máximo histórico de 1.072.000 de persoas cotizantes.

Porén, este proceso sofre unha repentina paralización no ano 2009 cando, por mor da gravísima crise económica, os cotizantes caen bruscamente en máis de 43.000 persoas, retrocedendo o total por baixo da cifra de 2006.

No denominador da ratio, a evolución do número de pensións ten un signo crecente e expansivo en todo o período, aínda que, certamente, a medra é menor nos últimos anos, tanto en termos absolutos coma relativos. Se no período 1990-1997 o número de pensións aumentou en 91.000 cun incre-mento do 16 %, en 1998-2001 hai 22.000 novas e o incremento é do 3 %, e en 2002-2005 só se suman 11.000 cun aumento do 1,6 %.

Page 16: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

16 o sistema público de pensións en galicia

A combinación destes dous procesos —máis persoas a cotizaren polo au-mento do emprego e unha retardación na medra do número de pensións— provoca esta mellora do índice, que pasa de 121 cotizantes por cada 100 pensionistas en 1996 a 152 en 2007, para volver a caer a 144 en 2009.

Esta evolución positiva, coa incerteza xerada pola crise en 2009, vén a de-mostrar a sostibilidade do sistema da Seguridade Social e, sobre todo, evi-dencia que é posible aumentar o número de pensións e asemade mellorar a ratio de cotizacións/pensións. A clave está na creación sostida de em-prego, co que se ensancha a base do sistema ao incorporar novas persoas cotizantes.

Neste sentido, a economía e o mercado de traballo galegos aínda teñen moito camiño por percorrer: a elevada taxa de paro e a reducida taxa de actividade, comparada cos valores medios da UE, posibilitan estender a base do sistema e, en consecuencia, darlles ocupación aos centos de miles de homes e, sobre todo, mulleres que están fóra da actividade produtiva.

A análise comparada co resto do estado mostra que a pesar da mellora nos últimos anos, a ratio galega está situada por baixo da media de España. En 2009 hai no conxunto do estado 216 persoas cotizantes por cada 100 pen-sións, fronte ás 144 de Galicia, un diferencial que cómpre estimar como un problema para a estabilidade social de Galicia.

Unha das razóns básicas desta diferente evolución é o que nós temos defi-nido como unha característica estrutural da economía galega: a incapaci-dade de xerar emprego, a incapacidade de traducir o crecemento en máis ocupación.

A terceira perspectiva da análise da ratio é a que ten en conta a realidade de cada réxime do sistema da Seguridade Social, un enfoque que propor-ciona claves explicativas ben interesantes.

A situación da ratio é moi diferente nos seis réximes en que se encadran cotizantes e pensionistas da Seguridade Social, de xeito que para un valor medio de 1,44 se dá unha elevada dispersión entre os distintos réximes.

Page 17: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 17

Cadro n.º 7. RATIO COTIZACIÓNS/PENSIÓNS POR RÉXIMES

RÉXIME COTIZACIÓNS PENSIÓNS RATIO ESPAÑA Xeral 785.727 298.126 2,6 3,1 E. minería do carbón 34 1.610 0,02 0,1 E. agrario (conta allea) 4.472 6.178 0,7 1,2 E. empregadas do fogar 20.406 16.378 1,2 1,6 E. traballadores autónomos 236.438 294.126 0,8 1,8 E. do mar 25.460 51.289 0,5 0,5 FONTE: Elaboración do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia sobre datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais

O réxime con maior número de cotizantes é o réxime xeral , no que están incluídas as persoas asalariadas, que no ano 2009 acada 785.727 cotizan-tes. Neste réxime hai 298.126 pensionistas, polo que a ratio se sitúa no 2,64. Este é, claramente, o réxime con maior dinamismo, onde máis au-mentan as persoas cotizantes e as pensións.

Desde 2000, o número de afiliacións ao réxime xeral medrou nun 30 %, moi por riba da media do sistema, ata as 785.727 citadas; pero as pensións medraron a un ritmo inferior, un 18 %, o que provoca a mellora da ratio que en 2000 era do 2,43 % e agora chega ata o 2,64 %.

O segundo réxime con maior importancia cuantitativa é o réxime especial de traballadores autónomos que agora integra tamén os antigos afiliados ao réxime especial agrario por conta propia. Esta integración mudou as ci-fras deste réxime, que pasou do superávit e unha relación entre cotizantes e pensionistas positiva, a unha situación de déficit e unha ratio negativa.

En 2009, o número de cotizantes é inferior ao de pensionistas, con 294.126 pensións e 236.438 afiliados o sistema. O resultado é unha ratio de 0,80, é dicir, menos dun cotizante por pensionista. Este dato fica moi por baixo da media española que, con 1,8 cotizantes por pensionista, supera o dobre do valor en Galicia.

O réxime especial do mar ten unha ratio inferior a un: hai 50 persoas a cotizaren por cada 100 pensionistas, nun réxime que evoluciona de forma negativa. O emprego reduciuse no sector e, polo tanto, o número de coti-zantes diminuíu un 15 % desde 2000, mentres que o de pensionistas au-mentou nun 9 %, o que provocou unha caída da ratio desde o 0,67 de 2000 ata o 0,58 de 2004.

Page 18: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

18 o sistema público de pensións en galicia

O réxime especial de empregadas do fogar case ten o mesmo número de pensionistas que de afiliacións ao sistema: 20.406 cotizantes soportan o financiamento dun réxime que aboa 16.378 pensións, cunha ratio do 1,25. Destaca neste réxime o aumento desde 2000 das persoas cotizantes o que, mesmo incrementándose as pensionistas, produce unha mellora na rela-ción entre cotizacións e pensións.

Por último, o réxime especial da minería do carbón, que é case irrele-vante en termos cuantitativos, presenta a peor ratio de todo o sistema, xa que as 34 persoas afiliadas financian 1.610 pensións, o que significa 2 coti-zantes por cada 100 pensións.

5.5.5.5. IMPORTE MEDIO DAS PEIMPORTE MEDIO DAS PEIMPORTE MEDIO DAS PEIMPORTE MEDIO DAS PENSIÓNSNSIÓNSNSIÓNSNSIÓNS

Xunto co número de pensións, a contía destas é outra das variables fundamentais do sistema, e non só polo que supón para o seu equilibrio financeiro, senón especialmente porque constitúen a fonte de ingresos para unha parte significativa da cidadanía galega, en concreto o 25 % da poboación.

A contía das pensións contributivas depende dun conxunto de elementos: as bases de cotización, a idade real de xubilación, o diferente peso dos tipos e dos réximes no conxunto do sistema, etc.

Unha primeira aproximación, a máis xeral, consiste en coñecer a contía media das pensións contributivas en Galicia e a súa comparación coa do resto do estado. Ao mesmo tempo, é interesante coñecer como evolucio-nou no pasado inmediato. Para isto, elaboramos os seguintes cadros:

Cadro n.º 8. IMPORTE MEDIO DA PENSIÓN EN 2009

COMUNIDADE PENSIÓN EN EUROS DIFERENZA COA MEDIA País Vasco 938,4 124 % Asturias 903,3 120 % Madrid 892,8 118 % Navarra 849,2 113 % Cantabria 784,3 104 % Ceuta e Melilla 781,7 104 %

Page 19: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 19

COMUNIDADE PENSIÓN EN EUROS DIFERENZA COA MEDIA Aragón 780,8 104 % Cataluña 777,7 103 % Media 754,1 100 % Castela e León 731,4 97 % A Rioxa 719,7 95 % Canarias 708,7 94 % Castela-A Mancha 702,4 93 % Andalucía 693,5 92 % Comunidade Valenciana 691,2 92 % Baleares 683,4 91 % Murcia 664,4 88 % Estremadura 642,1 85 % Galicia 629,8 83 %

FONTE: Elaboración do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia sobre datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

O primeiro dato, o básico, é a constatación de que Galicia ocupa o derra-deiro lugar na listaxe de comunidades autónomas do estado polo importe medio da pensión contributiva.

En decembro de 2009, o importe medio da pensión en Galicia era de 629,8 euros/mes, fronte a unha media estatal de 754,1 euros/mes; isto é, a pen-sión en Galicia é case 124,3 euros/mes inferior á da media estatal, un 16 % menos ca a española.

A diferenza, como é lóxico, é meirande con relación ás comunidades autó-nomas que están por riba da media e ademais de forma destacada, xa que o abano de pensións é amplo, cun elevado grao de dispersión sobre a media.

En concreto, con respecto á comunidade con maior pensión media, o País Vasco, a diferenza en decembro de 2009 era de 308,6 euros/mes, isto é, un importe medio en Galicia dun 33 % menos.

Como se ve no cadro, son as comunidades con maior peso industrial de emprego asalariado as que están por riba da media, coa excepción de Ceuta e Melilla; e as que teñen valores por baixo da media son as que so-portan un maior peso do emprego no sector primario.

No seguinte cadro compárase a evolución da pensión media de Galicia coa española nos últimos vinte anos. De aquí tírase unha información preocu-pante para o futuro próximo: o diferencial negativo da pensión en Galicia é

Page 20: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

20 o sistema público de pensións en galicia

progresivamente crecente; en 1990 a pensión media galega representaba o 87 % da española, en 2009 xa só equivale ao 83 %.

Entre ambas as datas hai dúas décadas de caída continuada da diferenza das pensións en Galicia; cada ano pérdese en relación co anterior. Non existe, ademais, razón ningunha para pensar que este proceso se vaia de-ter, xa que os datos dispoñibles indican que continúa.

Cadro n.º 9. EVOLUCIÓN DO IMPORTE MEDIO DA PENSIÓN

ANO GALICIA ESPAÑA GALICIA /ESPAÑA 1990 233,8 267,4 87,4 % 1991 253,6 291,5 87,0 % 1992 272,2 315,5 86,2 % 1993 292,0 340,8 85,7 % 1994 300,5 354,6 85,1 % 1995 323,9 382,8 84,6 % 1996 339,7 402,2 84,4 % 1997 351,5 417,5 84,2 % 1998 362,7 432,3 84,0 % 1999 373,6 446,4 83,7 % 2000 391,9 468,4 83,7 % 2001 413,0 494,5 83,5 % 2002 430,3 515,9 83,4 % 2003 454,4 546,0 83,2 % 2004 478,3 576,6 82,9 % 2005 506,2 609,8 83,0 % 2006 535,1 641,9 83,0 % 2007 562,7 673,7 83,0 % 2008 600,1 719,7 83,0 % 2009 629,8 754,1 83,0 % FONTE: Elaboración do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia sobre datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

No cadro seguinte descríbese a evolución desde 1990 ata 2009 da contía da pensión media en Galicia segundo o seu carácter.

Cadro n.º 10. IMPORTE SEGUNDO O TIPO DE PENSIÓN

ANO XUBILACIÓN INVALIDEZ VIUVEZ ORFANDADE A FAVOR DE FAMILIARES

1990 261,4 231,4 157,5 152,0 1991 288,5 252,4 177,3 166,5 1992 308,9 274,7 194,1 176,0 1993 329,9 293,3 206,7 184,5 1994 349,8 308,3 217,6 188,7

Page 21: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 21

ANO XUBILACIÓN INVALIDEZ VIUVEZ ORFANDADE A FAVOR DE FAMILIARES

1995 370,2 326,3 229,6 197,1 1996 391,5 345,2 241,8 199,6 1997 405,9 360,1 249,5 182,4 1998 405,9 401,2 256,4 186,8 1999 418,1 422,8 263,6 190,3 2000 438,9 448,7 277,2 199,8 2001 462,0 480,7 291,3 211,2 2002 479,8 507,0 307,2 220,2 2003 504,5 538,4 331,0 233,6 2004 526,0 564,2 361,7 250,7 2005 557,6 595,8 381,0 271,6 2006 540,7 626,3 399,8 292,2 2007 622,5 650,9 417,9 308,6 2008 667,6 686,4 443,7 333,8 2009 700,8 714,9 464,7 350,7 FONTE: Elaboración do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia sobre datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais

Como se ve no cadro, os valores medios das pensións de viuvez e orfan-dade móvense por baixo do salario mínimo interprofesional, que en 2009 era de 624 euros mensuais. As pensións de xubilación e invalidez están lixeiramente por riba.

A constatación deste diferencial tan negativo para o colectivo galego de pensionistas obriga a explicar o que o provoca, para irmos alén de simples interpretacións demagóxicas.

Como se sabe, as normas reguladoras das pensións son iguais para todo o estado, de forma que os diferenciais nas contías obedecen ás distintas si-tuacións económicas e sociais de cada comunidade autónoma. Aínda máis, é un caso común que nas comunidades con menor nivel de pensión indivi-dual se produza unha importante achega do sistema a través do comple-mento para acadar a contía mínima legal, o que se coñece como «com-plemento de mínimos».

Concretamente, a contía da pensión media depende dunha serie de varia-bles: o peso dos diferentes réximes da Seguridade Social, o salario medio e, polo tanto, a base de cotización, a idade real de xubilación e os anos co-tizados.

Page 22: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

22 o sistema público de pensións en galicia

De todas elas, as máis relevantes para a análise, porque son as que en Galicia presentan máis diferenzas, son o peso dos diferentes réximes e as bases de cotización ao sistema.

Para o conxunto do Estado, as pensións do réxime especial de traballado-res autónomos están moi por baixo da media do sistema. En xaneiro de 2010, a pensión media deste réxime por conta propia era de 518 eu-ros/mes, mentres que a media do sistema era de 773 isto é, a pensión agraria sitúase un 33 % por baixo da media.

En Galicia, a diferenza é similar, aínda que inferior, xa que a pensión agra-ria por conta propia está un 25 % por baixo da medida. Pero o significativo é que as pensións por conta propia en Galicia supoñen o 40 % do total, men-tres que en España esta porcentaxe non chega ao 21 %.

Porén, a explicación da maior parte do diferencial está no propio réxime xeral, e ten como razón fundamental as diferenzas entre Galicia e España; se só se ten en conta este réxime, a pensión media de Galicia é de 692 euros/mes, un 13 % inferior á de España, que se sitúa en 796 euros/mes.

Esta diferenza explícase polos salarios máis baixos de Galicia, xa que o propio INE estima que a retribución media galega está 14 puntos por baixo da española, o que se traduce directamente nunha base de cotización infe-rior nesa mesma contía e, polo tanto, nunha base reguladora para o cálculo da pensión tamén inferior.

Como resumo, e dito sen voltas: as pensións galegas son as máis baixas do estado porque os traballadores e traballadoras galegos fan cotizacións baixas ao sistema por teren unha maior presenza no réxime especial de traballadores autónomos e uns salarios máis baixos, o que repercute nas pensións do réxime xeral.

O diferencial nas pensións non é máis que o reflexo da nosa peor estrutura produtiva, da nosa especialización en sectores e ramas de menor produtivi-dade e menor valor engadido.

Porén, o sistema de pensións público é, en conxunto, distributivo cara a Galicia, basicamente a través dos complementos de mínimos. En Galicia, o

Page 23: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 23

número de persoas que reciben un complemento para acadar o mínimo marcado pola lei é, en proporción, sensiblemente máis alto que en España.

O complemento de mínimos aparece porque a base reguladora da pensión queda por baixo da que permite superar o importe mínimo da pensión esta-blecida no sistema por diferentes razóns: non ter cotizado un número sufi-ciente de anos, ter bases de cotización baixas, xubilarse anticipadamente e outras.

6.6.6.6. SALDO FINANCEIRO DO SALDO FINANCEIRO DO SALDO FINANCEIRO DO SALDO FINANCEIRO DO SISTEMA CONTRIBUTIVOSISTEMA CONTRIBUTIVOSISTEMA CONTRIBUTIVOSISTEMA CONTRIBUTIVO EN GALICIAEN GALICIAEN GALICIAEN GALICIA

Un elemento básico para comprender o sistema social no segmento contri-butivo é o saldo financeiro do sistema, isto é, a súa capacidade para autofi-nanciarse. Trátase, en definitiva, de saber se na súa definición actual, de ingresos e gastos, o sistema ten viabilidade a longo prazo.

Como se sabe, o sistema baséase nas cotizacións sociais, nas cotas da Seguridade Social que aboan as empresas e as persoas traballadoras e, de xeito minoritario, o INEM polas persoas desempregadas que cobran presta-cións contributivas.

Coa recadación por cotas, a Seguridade Social ten que facer fronte ás pen-sións contributivas, aos pagamentos por incapacidades/invalideces e aos gastos administrativos. Nós ímonos centrar na análise do segmento contri-butivo do sistema, isto é, os ingresos por cotas e os pagamentos por pres-tacións ligadas á cotización. Os datos básicos para os últimos seis anos en Galicia recóllense no seguinte cadro:

Cadro n.º 11. SALDO FINANCEIRO DO SISTEMA CONTRIBUTIVO

ANO RECADACIÓN COTAS PAGAMENTOS SALDO 1990 1.268 1.794 –526 1991 1.416 1.995 –579 1992 1.651 2.255 –604 1993 1.941 2.427 –486 1994 2.097 2.875 –778 1995 2.093 3.042 –949

Page 24: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

24 o sistema público de pensións en galicia

ANO RECADACIÓN COTAS PAGAMENTOS SALDO 1996 2.361 3.289 –928 1997 2.541 3.560 –1.019 1998 2.516 3.498 –982 1999 2.922 3.843 –921 2000 — 4.187 — 2001 3.171 4.360 –1.189 2002 3.322 4.645 –1.323 2003 3.547 4.889 –1.342 2004 3.791 5.195 –1.404 2005 4.038 5.536 –1.498 2006 4.355 5.856 –1.501 2007 4.698 6.285 –1.587 2008 5.012 6.638 –1.626 FONTE: Elaboración do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia sobre datos do Consello Económico e Social de Galicia. Cantidades en millóns de euros.

É evidente, á vista dos datos, que o sistema contributivo é deficitario en Galicia: os ingresos por cotas non cobren os pagamentos de prestacións contributivas, basicamente pensións.

Este é un trazo moi importante e preocupante, que diferencia ademais o sistema galego do do resto do estado. No conxunto de España, o segmento contributivo ten un saldo financeiro positivo. Así, en 2009, cando en Galicia houbo un déficit de case 1.600 millóns de euros, no conxunto do Estado o superávit foi de 8.000 millóns de euros.

Con todo, este déficit do conxunto do sistema contributivo galego descom-ponse en evolucións diferenciadas segundo os réximes, que son ademais a explicación do diferente resultado en Galicia e en España. No cadro se-guinte reflíctese para 2008 o saldo financeiro para cada réxime:

Cadro n.º 12. SALDO FINANCEIRO POR RÉXIMES (2008)

COTAS PAGAMENTOS SALDO Réxime xeral 37.722,4 3.455,2 +267,2 Réxime especial agrario 14,1 1.362,2 –1.348,1 Réxime especial de autónomos 676,9 609,7 +67,2 Réxime especial mar 87,7 542,3 –454,6 Réxime especial fogar 36,8 110,2 –73,4 Réxime especial minería 2,4 23,7 –21,3 Outros 34,0 195,7 –161,7

FONTE: Elaboración do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia sobre datos do Consello Económico e Social de Galicia. Cantidades en millóns de euros.

Page 25: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 25

No cadro obsérvanse dúas clases de réximes segundo o resultado. En pri-meiro lugar, o réxime xeral e o de autónomos, que teñen saldos financeiros positivos. No segundo grupo, o réxime especial agrario e o do mar, que te-ñen déficit e ademais de enorme magnitude.

O réxime xeral ten en 2008 un superávit de 267 millóns de euros, a cifra máis alta do período, xa que o considerable aumento de cotizantes permitiu que as cotas recadadas financiaran as prestacións e ata que se producira un excedente.

O mesmo pode dicirse do réxime especial de autónomos, autofinanciado e no que se dá en termos proporcionais un maior nivel de superávit: os 67 millóns equivalen ao 11 % do total das prestacións.

No extremo oposto están o réxime especial do mar, cun déficit de 455 mi-llóns de euros, que representan cinco veces as súas cotizacións, e o réxime especial agrario. Este é en termos cuantitativos o factor explicativo do défi-cit do sistema en Galicia. As cifras son elocuentes: unhas cotas de 14,1 millóns para pagar 1.362 millóns en pensións, isto é, unha proporción de 90 a 1, o que xera un déficit de 1.348 millóns tan forte que non pode ser com-pensado polos demais réximes. Cando se ingresan 90 millóns por ano e o déficit anual é de 1.182 millóns, é evidente que existe un problema de difícil solución para avanzar nunha mellor relación entre o que se cotiza e o que se cobra.

Á vista do anterior, hai que concluír que o sistema da protección social na súa contribución é solidario nun dobre sentido: do conxunto de España con Galicia e, dentro de Galicia, das persoas asalariadas e autónomas coas traballadoras do mar e coas autónomas agrarias.

Como última aproximación á análise económica do sistema de pensións na súa parte contributiva, recóllese no seguinte cadro o peso dos pagamentos en pensións comparado co PIB de Galicia dende o ano 1995 ata o 2008.

Page 26: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

26 o sistema público de pensións en galicia

Cadro n.º 13. GASTO EN PENSIÓNS SOBRE PIB EN GALICIA

ANO PIB PAGAMENTOS % SOBRE PIB 1995 24.240 3.042 12,5 1996 25.552 3.289 12,8 1997 27.224 3.560 13,1 1998 29.069 3.498 12,0 1999 31.354 3.843 12,2 2000 33.887 4.187 12,3 2001 36.565 4.360 11,9 2002 38.882 4.645 11,9 2003 41.555 4.889 11,7 2004 44.750 5.195 11,6 2005 48.359 5.536 11,1 2006 52.457 5.856 11,1 2007 56.209 6.285 11,2 2008 58.648 6.638 11,3

O dato fundamental do cadro é a comprobación de que se pode incremen-tar, e moito, o que se paga en pensións sen aumentar o esforzo da socie-dade para financiar ese aumento do gasto social. O gasto en pensións, ex-presado en euros correntes de cada ano, medrou nun 220 % nos trece exercicios analizados; pero o gasto en pensións, expresado en porcentaxe do PIB, non só non medrou senón que mesmo caeu.

En concreto, en 1995 a sociedade galega dedicaba o 12,5 % da riqueza xerada a pagar pensións, mentres que en 2008 esa porcentaxe baixa ata o 11,3 %. É un dato importantísimo nun momento de debate sobre a sostibili-dade económica do sistema porque vén a demostrar que o incremento da produción, do PIB, permite financiar sen moitos problemas incrementos do gasto en pensións.

Nestes últimos trece anos, en Galicia multiplicouse por 2,2 veces o gasto; porén dedicamos unha parte menor da nosa riqueza a financiar o sistema contributivo das pensións da Seguridade Social.

Page 27: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 27

7.7.7.7. PROPOSTASPROPOSTASPROPOSTASPROPOSTAS

ATRASO NA IDADE DE XATRASO NA IDADE DE XATRASO NA IDADE DE XATRASO NA IDADE DE XUBILACIÓNUBILACIÓNUBILACIÓNUBILACIÓN

O Goberno propón atrasar a idade de xubilación de 65 a 67 anos de xeito progresivo a partir do ano 2013. Para CC OO, esta é unha medida extrema e innecesaria, xa que nos Acordos de Pensións se establecen mecanismos non traumáticos para os traballadores e traballadoras, que tiveron como efecto un atraso efectivo e voluntario da idade de xubilación real (de 62,87 anos a 63,27 anos en menos de cinco anos). Estes instrumentos aínda te-ñen marxe para mellorar o sistema sen recortar dereitos.

As propostas de CC OO pasan por reforzar os mecanismos voluntarios da xubilación gradual e flexible, tanto para anticipar a idade de xubilación como para atrasala. Para as persoas que desexaren ou precisaren atrasar a idade de xubilación, poden e deben reforzarse as porcentaxes de mellora na súa pensión.

COTIZACIÓNS SCOTIZACIÓNS SCOTIZACIÓNS SCOTIZACIÓNS SOCIAISOCIAISOCIAISOCIAIS

Aínda que o Goberno propón manter o tipo medio de xubilación con carác-ter xeral, deixa aberta unha vía a «posibles modificacións parciais». Para CC OO, o sistema de pensións hoxe, máis ca nunca, non pode renunciar a manter os ingresos por cotizacións sociais e melloralos no posible cunha actualización das bases de cotización.

Do mesmo xeito, o Goberno refírese á posibilidade de reducir a cotización por continxencias profesionais (accidente e enfermidade profesional), a cargo hoxe integramente dos empresarios, e aduce a posibilidade de sim-plificar e rebaixar os actuais tipos de cotización. Así mesmo, prevé a posibi-lidade de que a asistencia sanitaria destas continxencias profesionais a custee directamente o sistema público de saúde. Para CC OO, isto significa

Page 28: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

28 o sistema público de pensións en galicia

trasladar os custos dos riscos que han asumir os empresarios pola súa ac-tividade económica ao sistema público de saúde.

En CC OO pensamos en estender a posibilidade de cotizar a calquera dos traballos realizados en todos os sectores de actividade económica, desta-cando expresamente os bolseiros e as empregadas do fogar.

Tamén coidamos importante revisar a cotización dos traballadores/as autó-nomos, acercándoa aos rendementos reais da actividade, e mesmo esta-blecer mecanismos que axuden a evitar a planificación da pensión que permiten determinados réximes de cotización.

SEPARACIÓN DE FONTESSEPARACIÓN DE FONTESSEPARACIÓN DE FONTESSEPARACIÓN DE FONTES

O Goberno fai unha serie de reflexións, moitas de carácter formal, sen ao cabo concretar ningún compromiso. Para CC OO debe culminarse o finan-ciamento dos complementos a mínimos por impostos xerais e excluír o fi-nanciamento a cargo das cotizacións dos gastos de xestión da Seguridade Social. Isto supón 7.000 millóns anuais adicionais.

ACCESO E CONTÍA DAS ACCESO E CONTÍA DAS ACCESO E CONTÍA DAS ACCESO E CONTÍA DAS PRESTACIÓNS DE XUBILPRESTACIÓNS DE XUBILPRESTACIÓNS DE XUBILPRESTACIÓNS DE XUBILACIÓNACIÓNACIÓNACIÓN

O Goberno fai varias referencias xenéricas e imprecisas á conveniencia de revisar o período de carencia para acceder ás pensións de xubilación (hoxe quince anos), o período de cálculo da base reguladora (hoxe os últimos quince anos) ou a porcentaxe aplicable a esta segundo o número de anos cotizados (hoxe o 50 % con quince anos, e trinta e cinco anos para acceder ao 100 %).

Para CC OO, non se debe endurecer o acceso á percepción da pensión, e as propostas que poidan presentarse verbo destas materias han orientarse a mellorar os sistemas de protección, recoñecendo o esforzo de cotización das traballadoras/es, especialmente para as persoas que se ven obrigadas a abandonar a actividade laboral nos últimos anos da súa vida cunha im-portante e inxusta mingua nas súas pensións.

Page 29: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 29

PENSIÓN DE VIUPENSIÓN DE VIUPENSIÓN DE VIUPENSIÓN DE VIUVVVVEEEEZZZZ

O Goberno introduce a reflexión sobre a adaptación desta prestación aos cambios sociais e laborais. Sinala a necesidade de debater a conveniencia de reformar esta prestación para as xeracións máis novas, sen concretar proposta ningunha.

Para CCOO, calquera adaptación desta prestación á nova realidade social debe facerse atendendo á situación económica do beneficiario/a e non só á súa idade.

IMPACTO DE XÉNERO NOIMPACTO DE XÉNERO NOIMPACTO DE XÉNERO NOIMPACTO DE XÉNERO NO SISTEMA DE PROTECCI SISTEMA DE PROTECCI SISTEMA DE PROTECCI SISTEMA DE PROTECCIÓN SOCIALÓN SOCIALÓN SOCIALÓN SOCIAL

Malia que se produciron avances paulatinos (suba das pensións mínimas, de pensións con familiares a cargo ou unidades económicas unifamiliares; e outras introducidas pola Lei de igualdade como a mellora nas prestacións familiares contributivas ou a consideración como cotizados dos períodos asimilados ao parto…), as importantes diferenzas económicas na contía das pensións das mulleres teñen unha orixe no mercado de traballo que logo se proxecta na protección social derivada do seu emprego.

Así, por exemplo, a feminización do contrato a tempo parcial supuxo unha desvantaxe para as mulleres. O emprego a tempo parcial duplicouse na última década, acadando en 2009 os 2,5 millóns de ocupacións, e destas, o 78 % son mulleres. Ademais, o grao de involuntariedade destes contratos incrementouse do 30 % en 2005 ao actual 46 %. Mellorar a taxa de emprego feminino e a calidade deste, así como o desenvolvemento de políticas so-ciais neste ámbito son o arranque indispensable para corrixir as diferenzas de protección.

MEDIDAS PROPOSTAS PAMEDIDAS PROPOSTAS PAMEDIDAS PROPOSTAS PAMEDIDAS PROPOSTAS PARA OS TRABALLADORES RA OS TRABALLADORES RA OS TRABALLADORES RA OS TRABALLADORES AUTÓNOMOS AUTÓNOMOS AUTÓNOMOS AUTÓNOMOS

O Goberno propón, no caso de ruptura de cónxuxes que colaborasen nun negocio familiar, permitir que, mediante decisión xudicial, poida recoñe-cerse un período de tempo para os efectos de cotización. Isto ofrece difi-cultades, xa que pode resultar moi discutible dende unha perspectiva da sostibilidade do sistema se supón un recoñecemento adicional de período de cotización sen cotización, xa que non se especifica se se trata disto ou

Page 30: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

documento 131

30 o sistema público de pensións en galicia

dunha «repartición» entre os cónxuxes. Ademais, se se trata do primeiro non resultará fácil evitar conivencias indesexables.

NOVA LEI NOVA LEI NOVA LEI NOVA LEI XXXXERAL DE SEGURIDADE SERAL DE SEGURIDADE SERAL DE SEGURIDADE SERAL DE SEGURIDADE SOCIALOCIALOCIALOCIAL

Dende CC OO estamos de acordo na elaboración dun novo texto refundido que achegue maior coherencia, claridade e sistematicidade.

INCUMPRIMENTOS DO PAINCUMPRIMENTOS DO PAINCUMPRIMENTOS DO PAINCUMPRIMENTOS DO PACTO DE TOLEDOCTO DE TOLEDOCTO DE TOLEDOCTO DE TOLEDO

— A converxencia no réxime xeral dos réximes especiais agrario por conta allea e emprego no fogar. Isto permitiríanos incorporar traballa-dores/as que ou non se poden dar de alta na Seguridade Social por non ter previsto o contrato parcial (ex.: emprego no fogar) ou non se incorporaron ao réxime xeral. Isto significa preto dun millón de traba-lladores/as en situación non regularizada.

— O establecemento dun catálogo de profesións con traballos especial-mente penosos, tóxicos ou perigosos aos que se lles han aplicar coe-ficientes redutores da idade de xubilación.

— O desenvolvemento da xubilación parcial con contrato de remuda nas Forzas Armadas, Administracións públicas así como colectivos espe-cíficos, incluíndo o persoal estatutario dos servizos de saúde, que da-ría un pulo á incorporación de mocidade ao mercado de traballo.

Page 31: O SSSSIIISSSSTTTTEEEEMMMAAA … · 22.000 novas, cun incremento do 3 % e de 2002 a 2005 son 11.000, cun aumento do 1,6 %. Das implicacións para o futuro do sistema derivadas destes

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 31

ÚLTIMAS ÚLTIMAS ÚLTIMAS ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS DO GABIPUBLICACIÓNS DO GABIPUBLICACIÓNS DO GABIPUBLICACIÓNS DO GABINETE ECONÓMICONETE ECONÓMICONETE ECONÓMICONETE ECONÓMICO DO SINDICATO NACIONADO SINDICATO NACIONADO SINDICATO NACIONADO SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIAL DE CCOO DE GALICIAL DE CCOO DE GALICIAL DE CCOO DE GALICIA

113. A sinistralidade laboral en Galicia no ano 2005. Abril de 2006

114. O sistema público de pensións en Galicia. Xuño de 2006

115. Galicia nos Orzamentos Xerais do Estado. Xaneiro de 2007

117. As mulleres no mercado laboral galego. Marzo de 2007

118. Aproximación aos custos económicos da sinistralidade laboral en Galicia.

Abril de 2007

119. A problemática da vivenda en Galicia. Agosto de 2007

120. Os orzamentos xerais do estado 2008 e a súa repercusión en Galicia. Outu-

bro de 2007

121. Orzamentos autonómicos 2008. Decembro de 2007

122. O mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero. Marzo de 2008

123. O emprego no último ano. Xullo de 2008

124. Os orzamentos xerais do estado 2009 e a súa repercusión en Galicia. Outu-

bro de 2008

125. Muller: emprego e salario. Marzo de 2009

126. Os orzamentos xerais do estado 2010 e a súa repercusión en Galicia. Novem-

bro de 2009

127. Orzamentos autonómicos 2010. Novembro de 2009

128. As propostas de CC OO ante a crise económica. Xaneiro de 2010

129. As repercusións a crise económica no mercado laboral. Xaneiro de 2010

130. As repercusións a crise económica no mercado laboral feminino. Marzo de

2010