41
Hugo Rodríguez Zarauza

ola

Embed Size (px)

DESCRIPTION

vai sobre aprendizaxe

Citation preview

Page 1: ola

Hugo Rodríguez Zarauza

Page 2: ola

1. A espeleoloxía1.1. Definición1.2. Aproveitamento científico1.3. Tipos de espeleoloxía, segundo o tipo de cavidade en que se desenvolven.

1.3.1. Espeleoloxía kárstica1.3.2. Espeleobuceo1.3.3. Espeleoloxía volcánica

1.4. Belezas do medio subterráneo. “Os espeleotemas”2. Espeleísmo3. Espeleoturismo

3.1. Definición3.2. Historia3.3. Atractivo Turístico das Cavernas

4. Perturbacións da espeleoloxía no medio natural. Impacto ambiental4.1. O medio subterráneo. Un entorno fráxil4.2. Fauna e flora4.3. Espeleotemas4.4. Arqueoloxía4.5. O turismo en cavidades4.6. A actividade espeleolóxica4.7. Outras actividades antrópicas

5. Limitacións ou regulamento na práctica da espeleoloxía5.1. A protección do medio subterráneo5.2. Presenza de restos arqueolóxicos5.3. Presenza de espeleotemas5.4. Presenza de fauna5.5. Actividade espeleolóxica respectuosa

Page 3: ola

1. A espeleoloxía

Page 4: ola

1.1. Definición

A espeleoloxía (do grego spelaion que significa cova e -logía, tratado), é unha ciencia cuxo obxecto é a exploración e estudo das cavidades subterráneas. Considerado o pai da espeleoloxía moderna, o francés Édouard Alfred Martel (1859-1938) iniciou as primeiras exploracións científicas i en 1895 fundou a Sociedade Espeleológica de Francia.

Page 5: ola

1.2. Aproveitamento científico

Aínda que a espeleoloxía ten as súas orixes nunha ciencia que estuda a morfoloxía das cavidades naturais do subsolo tamén nos serve para investigar, topografiar e catalogar todo tipo de descubrimentos subterráneos. Outras disciplinas científicas nútrense tamén da espeleoloxía:

● a formación e as características das cavidades interesan ós xeógrafos e xeólogos● os cursos subterráneos de auga ós hidrólogos● a flora e fauna (máis variada e numerosa do que se cree) ós zoólogos e biólogos● os vestixios do home prehistórico ós antropólogos e arqueólogos● os fósiles de animais ós paleontólogos

A espeleoloxía oferta multitude de atractivos, tanto lúdicos coma científicos a diversos niveis, o que fai dela unha actividade moi completa.

Page 6: ola

1.3. Tipos de espeleoloxía, segundo o tipo de cavidade en que se desenvolven.

1.3.1. Espeleoloxía kárstica

Dado que se practica nas covas con maiores lonxitudes e desniveis do planeta, pode considerarse como a principal rama da exploración espeleolóxica; as condicións de exploración son, ademais, xeralmente duras. Moitas das covas kársticas coñecidas actualmente encóntranse en macizos montañosos relativamente fríos, con correntes de auga subterráneas permanentes. Estes ríos adoitan ter temperaturas xélidas que fan máis difícil a progresión do espeleólogo, ou poden crecer subitamente debido a tormentas no exterior, o que deixaría aos equipos de espeleólogos illados en zonas secas da cavidade.A espeleoloxía kárstica desenvólvese en cavidades que presentan un acusado desenvolvemento vertical (o actual récord mundial osténtao a sima Krubera-Voronya, Abkhazia, cun desnivel de aproximadamente -2190 metros). Para practicar a espeleoloxía kárstica é fundamental dominar a técnica de progresión por corda fixa.

Page 7: ola

1.3.2. Espeleobuceo

O espeleobuceo é unha variante da espeleoloxía que centra a súa actividade na exploración de cavidades subacuáticas. Moitas das covas conclúen en condutos cegados pola auga, denominados sifóns. A partir deste punto, os espeleobuceadores toman o relevo aos espeleólogos para continuar a exploración da cavidade. A práctica do mergullo en covas debe ser realizada por persoas que sexan bos espeleólogos e a maiores, buceadores expertos que dominen as técnicas i equipos especializados. Ás veces é necesario a utilización de mesturas con helio, osíxeno e nitróxeno para reducir os longos tempos de descompresión e combater a narcose de nitróxeno.As características tan hostís que presentan os espazos inundados nas cavernas, fan do espeleobuceo unha das actividades máis perigosas do mundo. Aínda que se toman grandes precaucións e os sistemas de seguridade son redundantes, moi frecuentemente os erros cóbranse vidas.

Page 8: ola

1.3.3. Espeleoloxía volcánica

Vulcanoespeleoloxía é a espeleoloxía que se desenvolve en covas volcánicas, isto é, as que son creadas pola lava dun volcán durante unha erupción, xa sexa por desprazamentos de lava fluída (carácter reoxenético) ou por movementos de retracción térmica (carácter tectónico). A maior parte de cavidades volcánicas fórmanse nun período de tempo curto: días, meses ou como máximo anos, segundo dure a erupción volcánica.A diferenza deportiva coa espeleoloxía kárstica (ao igual que o espeleobuceo) vén dada pola necesidade de adaptación do espeleólogo ao medio onde ha de moverse (medio volcánico). O tipo máis común de cavidades volcánicas orixínase ao fluír unha colada volcánica por un terreo de pendente moderada (desprazamento case horizontal), dando lugar ao que se coñece por tubo volcánico ou tubo de lava. Estes tubos teñen pouca inclinación (raras veces supérase o 60%), co cal poden percorrerse, en xeral, sen necesidade de cordas. A ausencia xeneralizada de auga, dado que non intervén na xénese da cavidade, é un punto que fai máis simple a Vulcanoespeleología, pois se eliminan riscos derivados da súa presenza, como os asolagamentos e a hipotermia. Pero a dificultade ven dada por outras características, como un substrato xeralmente áspero, a existencia de moitos pasos estreitos e temperaturas que adoitan tender a calorosas (aínda que isto depende da rexión xeográfica onde se sitúe a cova). En ocasións, tamén é necesario o uso de cordas nas chamadas simas volcánicas, que se forman por un desprazamento vertical da lava fluída, ou en fervenzas de lava no interior de tubos volcánicos.

Page 9: ola

1.4. Belezas do medio subterráneo. “Os espeleotemas”

Nunha cavidade as formacións e formas son moi numerosas, e coñéceselles como "decoración" ou máis especificamente espeleotemas. É a denominación formal e técnica que se lle da o que comunmente se coñece como "formacións das cavidades".Nas cavernas kársticas pódense atopar dende "simples" estalactitas e estalagmitas ata unha inmensidade de variadas formacións, bandeirolas, concrecións, gours, microgours, coadas, pisolitas, conulitos, columnas, moitos tipos de helictitas, antoditas, excéntricas e demais formacións propias de cada tipo de cova dependendo do lugar onde se encontren. Estas últimas, as excéntricas, diferéncianse do resto pola súa curiosa forma. Adoita parecerse á forma creada dunha pasta dentífrica cando se preme con forza o tubo. A súa rareza recae en que en vez de ser formacións verticais son horizontais. Chámaselles lámpadas á congregación numerosa de excéntricas pendidas do teito. En España encontramos na Cova do Soplao (Cantabria) a maior extensión de excéntricas e de lámpadas de toda Europa coñecida ata hoxe.Os tubos volcánicos posúen á súa vez a súa propia decoración, creada tanto pola lava ó solidificarse en variadas formacións (decoración primaria ou reoxenética) como polas filtracións de auga posteriores, unha vez consolidada a cavidade (concrecións secundarias ou epixenéticas). Entre as formas primarias encontramos estafilitos, cornixas, terrazas, churretes, castelos, jameos, lagos de lava, fervenzas de lava, columnas... Entre as concrecións destacan as calcáreas (que nalgúns tubos chegan a formar pequenas estalactitas) e sobre todo as de xeso, xa que o basalto sometido a unha humidade constante tende a formar este mineral

Page 10: ola

Estalactitas Estalagmitas

Banderolas Concreciones

Page 11: ola

Gours Microgours

Coadas Pisolitas

Page 12: ola

Columnas Conulitos

Helictitas Antoditas

Page 13: ola

Excéntricas

Page 14: ola

2. Espeleísmo

Page 15: ola

Propúxose sen éxito que aquelas ocasións en que a práctica da espeoloxía se asemella máis ben a un deporte, sería máis apropiado denominala espeleísmo;"Espeleísmo é a exploración de cavidades xeolóxicas naturais valéndose de técnicas e equipos específicos de descenso e desprazamento, con fins deportivos,"A pesar de tratarse dunha actividade deportiva relativamente nova, debeu adaptar e desenvolver técnicas e equipamentos axeitados para unha práctica tan complexa. O nacemento do espeleísmo está intimamente relacionado co montañismo. Utilizáronse nos comezos as mesmas técnicas e elementos, como cordas, mosquetóns, ancoraxes, arneses, entre outros. Co avance da actividade creáronse e modificáronse os equipos acorde coas esixencias. Na actualidade a industria ofrece elementos específicos para esta práctica deportiva.

Page 16: ola

Unha gran cantidade de cavidades están sucadas por regueiros ou posúen lagoas no seu interior, polo que, para realizar actividades deportivas,empréganse botes de goma para navegar, equipos de mergullo para realizar inmersións e demais elementos típicos das prácticas subacuáticas.

Quizais como poucos deportes, o espeleísmo brinda a oportunidade de gozar de verdadeiras aventuras a un rango tan amplo de participantes. Dende os turistas sen experiencia previa ata os máis avanzados especialistas poden gozar dunha singular vivencia.

Page 17: ola

3. Espeleoturismo

Page 18: ola

3.1. Definición

O Espeleoturismo é unha modalidade do Turismo de Aventura, cuxo obxectivo constitúe avisita e exploración de cavidades naturais.

3.2. Historia

Nun principio, só científicos procuraban visitar as cavidades subterráneas para o seu estudo, pero a partir do século XIX, en Europa, persoas comúns comezan a explorar as cavernas próximas aos seus fogares e moi pronto a desprazarse máis e máis lonxe para coñecer outras cavidades. Moitos países decatáronse do enorme potencial económico que contaban, e decidiron habilitar as súas cavidades especificamente para a actividade turística. Nos anos vindeiros moitos outros países, como Estados Unidos, México e Cuba uníronse a esta tendencia converténdose en grandes expoñentes do Espeleoturismo mundial.

3.3. Atractivo Turístico das Cavernas

A espeleoloxía é o traballo de exploración dun mundo (que algúns chaman o "Sexto Continente") que chama a atención pola súa beleza enigmática e que por iso é sumamente atractivo como recurso turístico. O Espeleoturismo é unha especialidade nova, na que deben conciliarse as esixencias económicas das comunidades coas esixencias proteccionistas respecto destes ecosistemas tan fráxiles que son as cavernas.

Page 19: ola

4. Perturbacións da espeleoloxía no medio natural.

Impacto ambiental

Page 20: ola

Introducción. As cavidades son ecosistemas extremadamente sensibles, ademais de singulares e de gran valor na súa interrelación co exterior. Por iso é necesario impedi-la interacción ou destrución deste medio, sabendo de antemán que calquera interacción directa ou indirecta sobre o ecosistema subterráneo provocará en maior ou menor medida unha alteración do mesmo. É un ecosistema tan complexo como o exterior,frecuentemente catalogado como un "mosaico do microhábitats", un auténtico entramado do que só coñecemos unha pequena parte accesible.

4.1. O medio subterráneo. Un entorno fráxil

O medio subterráneo presenta unha serie de "anomalías e dificultades" se o comparamos co superficial, tanto dende o punto de vista geoespeleolóxico como bioespeleolóxico, tales como falta de luz, escasos e dispersos recursos tróficos, territorio labiríntico e tridimensional, humidade absoluta alta, temperatura relativamente estable i, en ocasións, ambiente de radioactividade superior, saturación de gases non respirables e falta de osíxeno. Estas condicións son alteradas principalmente pola contaminación e pola presenza humana nas cavidades.

Page 21: ola

4.2. Fauna e flora

Numerosos autores establecen unha zonificación das cavidades de acordo coa súa estabilidade e condicións ambientais:● superficie e zona de transición● zona de penumbra● zona de ventilación e ● zona profunda de aire en calma. O equilibrio entre luz, temperatura e humidade, que se dá de forma especial, na entrada ás cavidades, fai que alí se conserven especies vexetais que no exterior non puideron perdurar.Encontraremos nas zonas máis externas animais troglóxenos, troglófilos e invertebrados higrófilos e lucífugos a máis profundidade, e finalmente troglobios nas galerías e zonas máis profundas. Da orixe, os procesos evolutivos e as adaptacións da fauna cavernícola existen diversas hipóteses, en moitas ocasións contrapostas.A ausencia de luz condiciona a existencia de organismos que non realizan a fotosíntese (bacterias e fungos), e ademais a cantidade de nutrientes é moi escasa e está desigualmente repartida, o que implicará unha notable especialización e unhas características propias dos animais cavernícolas. Serán invertebrados dotados de quimioreceptores ou vertebrados dotados de ecolocalización os que poidan superar esta barreira de escuridade.Tamén pode ser non só nociva, senón letal, a exposición á luz para algunhas especies cavernícolas, o cal tamén evidencia a fraxilidade do ecosistema subterráneo, adaptado a unhas condicións que permaneceron inalteradas durante milenios ou mesmo millóns de anos.

Page 22: ola

A cadea trófica que ten lugar na cavidade depende xeralmente da materia orgánica procedente do exterior, e que é achegada polos quirópteros e as correntes de auga e de aire. Pero tamén existen cavidades nas que esta cadea está máis desconectada do exterior, permanecendo case illada no seu desenvolvemento evolutivo, como por exemplo a Cova da Movile, enRomanía. Nestas cavidades os procesos tróficos son moi distintos aos do exterior, pois non existen achegas orgánicas da superficie. Neste tipo de cavidades hipoxénicas é posible encontrar concentracións inusuais de CO2 (anhídrido carbónico), SH2 (sulfuro de hidróxeno), Rn (radon) e CH4 (metano).Existen moitas "ventás" de conexión que interrelacionan interior e exterior, e case o único elemento en común que existe neste aspecto entre as diversas cavidades e as zonas dunha mesma cavidade é a escuridade total. Nesta cadea trófica, a produción primaria lévana a cabo as bacterias quimioautótrofas.

Page 23: ola

O concepto de medio subterráneo como un ecosistema illado, estático, uniforme e sucesorio, está superado. Ademais, os grupos animais do exterior están representados dalgún xeito nos cavernícolas: moluscos, anfibios, crustáceos, insectos, etc., aínda que ás veces en proporcións ínfimas en canto a número de suxeitos, que ocupan un espazo habitable tridimensional enormemente complexo e variado nas súas condicións. É relativamente frecuente que os espeleólogos encontren nas súas visitas ás covas, exemplares de arañas, sapos, píntegas cavernícolas, etc., así como pequenos crustáceos despigmentados en zonas profundas.Estes animais teñen unha grande importancia no mantemento do equilibrio ecolóxico, e hai que tratar de molestalos o menos posible.Outro condicionante do ecosistema subterráneo é a relativa falta de osíxeno e concentración de dióxido de carbono e outros gases procedentes da descomposición orgánica e da disolución econcrecionamiento das rochas. Por outro lado, a saturación de humidade (100% de humidade relativa) e a condensación, leva aos troglobios a desenvolver un sistema de equilibrio hídrico e intercambio gasoso similar ó dos animais acuáticos, sistema que tamén ha de adaptarse ó desecamento que producen as correntes de aire; pequenas variacións higrométricas poden chegar provocar a morte por deshidratación destes animais.

Page 24: ola

Da flora que se desenvolve nos ambientes máis externos da cavidade, onde chega a luz en maior ou menor grao, hai que dicir que representa unha importante reserva ecolóxica porque moitas veces inclúe especies xa desaparecidas no ámbito exterior, sobre todo en rexións de pouca humidade ambiental (como o clima mediterráneo). Nestas zonas externas das cavidades, a presenza de luz e a abundante humidade propician a supervivencia de plantas que presentan algunhas adaptacións a este especial medio: fototropismo positivo (crecemento en dirección á luz) e ananismo (simplificación do aparato vexetativo). O equilibrio entre luz, temperatura e humidade que se dá de forma especial na entrada ás cavidades, fai que alí se conserven especies vexetais que no exterior non puideron perdurar.

Page 25: ola

4.3. Espeleotemas

Dependendo das características fisicoquímicas de cada cavidade producirase a precipitación de espeleotemas de tipoloxías moi distintas, cuns procesos variables en velocidade, volume, mineraloxía e hábito cristalino. Por outro lado, os procesos de disolución, erosión, afundimentos e colmatación de sedimentos irán, á súa vez, configurando a cavidade nun proceso tremendamente complexo no que interveñen moitos factores. Nos procesos de disolución e precipitación poden chegar a participar, ademáis, bacterias, encimas e aerosois autóctonos e alóctonos.Os espeleotemas que encontramos nas cavidades poden ser indicadores paleoclimáticos indirectos, pois a velocidade de crecemento -que está en función das condicións climáticas de cada época- queda reflectida nos aneis e as coadas estalagmíticas. Isto achega unha importante información científica, pois permite datar mediante sistemas diversos (análise UranioTorio de espectrometría de masas ou Carbono-14 en determinados casos) unha cronoloxía dos eventos na xénese e formación das cavidades, así como informar sobre o paleoclima.

Page 26: ola

4.4. Arqueoloxía

Non é raro que os espeleólogos, no transcurso das súas exploracións, atopen restos arqueolóxicos: industria lítica, cerámica, pinturas, gravados, inscricións, enterramentos, etc.As especiais condicións das covas favorecen estes achados, i é ben coñecido o papel dos espeleólogos en achados importantes durante as últimas décadas.As condicións que se dan nas cavidades propiciaron diversos usos por parte do home dende a máis remota antigüidade: lugares de refuxio, de enterramento e de culto. Por iso non é raro encontrar nelas utensilios de sílex ou de óso, ajuares funerarios, etc. Xa en épocas históricas, case desaparece o uso desas cavidades por parte do home, que se organiza en sociedades moi distintas e con hábitos culturais tamén diferentes. Abandónanse as "covas-santuario", esquécense os antigos cultos e rituais máxicos, e tamén deixan de ser lugar de cuarto, sendo máis ben refuxios esporádicos ou lugares para a garda do gando.Tamén son as covas unha extraordinaria fonte de datos sobre paleobioloxía, pois nos seus sedimentos e fisuras é posible encontrar fósiles de vertebrados en excelente grao de conservación como por exemplo a cova de La Sima, na Serra Norte de Sevilla, na que apareceron restos óseos de “hiena manchada” (Crocuta ef. Crocuta) e abundantes coprólitos.

Page 27: ola

4.5. O turismo en cavidades

A entrada do home nas cavidades altera o seu equilibrio ecolóxico, especialmente as condicións de temperatura e humidade, modificando o hábitat dos animais cavernícolas, condicións espeleoxéneticas e a conservación de pinturas rupestres. Numerosas covas que estiveron abertas ao turismo, deberon ser pechadas imperiosamente, xa que se comprobou que nuns poucos anos se estaban a provocar alteracións irreparables. Bo exemplo diso son Altamira ou Lascaux, e probablemente a prudencia levará a pechar moitas outras que reciben miles de visitantes diarios e que están degradándose a pasos axigantados. Pero o interese económico adoita prevalecer sobre outros na sociedade actual. Numerosos estudos demostran o impacto ambiental que producen as visitas máis ou menos masivas ás cavidades, pois cada visita é unha enerxía extra que produce alteracións bióticas e climáticas.Faise necesario nestes casos identificar o nivel de desestabilización, para arbitrar uns límites en canto a número de visitas, iluminación, etc. que permitan manter os parámetros correspondentes dentro dun rango aceptable. É preciso limitar o número de persoas que periodicamente visitan unhacavidade. O número de grupos e o número de integrantes de cada grupo debe ser avaliado por especialistas na materia.

Page 28: ola

Está demostrado que este é un dos factores que máis inflúe na degradación das cavidades, pola alteración de temperatura,humidade e nivel de CO2.O tipo e a intensidade da iluminación que se usa en cavidades turísticas é tamén un factor a ter en conta. A "enfermidade verde" producida pola iluminación eléctrica en covas turísticas e outras alteracións de orixe antrópica, deben evitarse na medida do posible. Actualmente moitos estudos nas cavidades turísticas céntranse en aspectos microbiolóxicos relacionados con este problema ou coa alteración de pinturas rupestres.Así mesmo, a existencia de iluminación máis ou menos permanente nestas covas afecta aos ritmos circadianos (reguladores da actividade diúrna e nocturna) que sincronizan a actividade das colonias de morcegos, e probablemente tamén a outros animais dependentes destes ritmos na súa actividade, como a Píntega cavernícola. Tamén existen interesantes estudos e clasificacións tipolóxicas das cavidades turísticas en función dos fluxos de enerxía recibidos pola actividade antrópica e a capacidade de absorbela ou rexenerarse, ou ben romper o equilibrio dos parámetros clásicos de humidade, temperatura, nivel de CO2, etc.

Page 29: ola

4.6. A actividade espeleolóxica

A propia actividade espeleolóxica debe conciliar os intereses da exploración, a seguridade propia e do grupo, e a protección dos valores ecolóxicos e de posibles ou evidentes restos arqueolóxicos.Debe observar coidadosamente o medio subterráneo, apreciar o que encontra ao seu paso, prever as consecuencias dos seus movementos. Non abonda con limitarse a tomar fotos e non romper as formacións; debe esforzarse en deixar o mínimo posible de pegadas ao seu paso, e xa que non é posible anular o dano que a presenza humana produce no ecosistema subterráneo, polo menos hai que tratar de minimizalo.A teoría do risco asumible, que leva a explorar novas cavidades e descubrir espazos que nunca foron achados polo pé human, non se contradí cunha actitude de respecto e protección ós ecosistemas subterráneos, pero necesita implementarse dunha actitude e uns coñecementos básicos para chegar a ese mínimo impacto ambiental. A actitude dos primeiros espeleólogos, a finais do século XIX, é ben distinta da presente; hoxe adoita existir no colectivo espeleológico unha actitude de respecto ao medio que rara vez se encontraba no pasado. Por sorte, o descoñecemento das técnicas, os materiais e da propia actividade espeleológica, mantivo un réxime de visitas relativamente baixo a estas zonas kársticas; mesmo -ata non hai moito tempo- chegouse a acusar de "tolos" aos modernos espeleólogos, que compaxinan a faceta deportiva coa de exploradores e de auténticos ecoloxistas prácticos.

Page 30: ola

Por outro lado, as covas, simas e barrancos non deben ser un "parque de atraccións" para a diversión dos clientes das "empresas de aventura"; xa é hora de regular esta actividade de forma que se priorice a conservación e protección do medio kárstico, marcando claramente o ámbito e límite de actuación de estas empresas que lexitimamente teñen dereito a realizar as súas actividades lucrativas, pero sen ter que danar os ecosistemas kársticos en xeral e subterráneos en particular.O énfase nos aspectos deportivos ás veces minimiza os outros, causando un desequilibrio que pode abocar en danos irreparables. Só unha formación integral axeitada dos espeleólogos pode suplir as carencias que nunca encherán suficientemente os aspectos técnicos e deportivos da espeleoloxía.

Page 31: ola

4.7. Outras actividades antrópicas

Os contaminantes das cavidades son os abonos, hidrocarburos, residuos industriais e urbanos, praguicidas, augas fecais e en xeral calquera substancia estrana ao medio subterráneo. De forma especial, encontramos nas covas restos de carburo, pilas, plásticos, papeis e latas. Pensemos que tres pilas poden conter 1 gr de mercurio, suficiente para contaminar un millón de litros de auga potable.Tamén as filtracións nas redes de sumidoiros son unha fonte de contaminación nas poboacións asentadas sobre zonas kársticas. Nas zonas kársticas a comunicación entre as augas superficiais e subterráneas é rápida (ás veces inmediata), co que aumenta o risco de contaminación dos manatiales e o acuífero. Deste xeito, a infiltración e condución é moito máis rápida no karst que nos terreos detríticos, polo que a forma de controlar a calidade das augas nas surgencias destas zonas é mediante unha monitorización contínua, pois a imprevisibilidade das precipitacións e/ou verteduras contaminantes fai que as flutuacións dos parámetros de potabilidad das augas varíen de forma instantánea. Nos terreos kársticos deberan limitarse todas aquelas actividades que poidan contaminar os acuíferos kársticos (mantemento de concentracións de gando xunto a sumidoiros, cultivos "non ecolóxicos" en zonas elevadas respecto a surgencias relacionadas con elas, etc.), así como realizar campañas de concienciación ao respecto naquelas poboacións asentadas en medios kársticos.

Page 32: ola

As particularidades da hidroxeoloxía no medio kárstico provocan unha serie de dificultades para o seu coñecemento, requirindo métodos de estudo distintos aos tradicionais para a identificación dos elementos do sistema, a súa caracterización, funcionamento e avaliación. Utilízanse trazadores, quimiogramas, ensaios de bombeo, estudo de curvas de recesión, etc., detectando a vulnerabilidade intrínseca e específica das augas subterráneas ante os contaminantes. Un ecosistema tan complexo como o subterráneo require o maior esforzo no seu coñecemento antes de realizar calquera actuación sobre o seu canles ou reservas hidrolóxicas tales como a regulación das súas augas superficiais e a captación de augas subterráneas.Así mesmo, as zonas kársticas son en conxunto, sensibles ós cambios introducidos polo ser humano, e antes de calquera actuación de certa envergadura no medio kárstico (canteiras, túneles, estradas, presas, construcións, pozos, camiños, etc.) é preciso que os especialistas avalíen os seus posibles efectos sobre o conxunto. Exemplos destas situacións hai moitos, como o caso da Sima dos Órganos (Atarfe, Granada), da que só quédannos algunhas fotografías e o estudo arqueológicotopográfico; ou as canteiras que ameazan a cavidade termal "Regaña Santa" (-163 m), en Serra Elvira (Atarfe, Granada) ou o Karst en xeso de Sorbas, onde expertos no tema sinalan a necesidade dun cambio de mentalidade, arbitrando progresivamente a explotación mineira para permitir o uso turístico e ambiental das marabillosas cavidades alí existentes.Outro axente a ter en conta polos seus nocivos efectos sobre o endokarst son os incendios forestais, que afectan negativamente no estado de conservación das cavidades, ao seu equilibrio biolóxico e climático. As zonas queimadas perden capacidade de absorción da auga, modificando completamente o quimismo e cantidade de infiltración cara ás cavidades.

Page 33: ola

5. Limitacións ou regulamento na práctica da espeleoloxía

Page 34: ola

5.1. A protección do medio subterráneo

Son poucas as Administracións públicas que adican verdadeiro interese e esforzo a este aspecto, pois a súa repercusión non se fai patente nin a curto prazo nin de forma espectacular. Máis ben, os esforzos de protección e conservación do medio subterráneo son anónimos, nutridos do traballo de voluntarios que saben que só a natureza agradecerá a súa labor. Algúns grupos espeleológicos ealgunhas Administracións pioneiras neste aspecto, son a punta de lanza que quere deter o proceso acelerado de degradación das covas e simas. Fai falta dar a este tema a importancia que ten, dedicar á protección e conservación de cavidades todo o esforzo e todos os recursos que sexan necesarios, pois a maioría dos procesos de degradación son irreversibles, e o valor científico, ecolóxico, arqueolóxico, etc. que se chega a perder, no futuro xa non se poderá recuperar. Nin a contaminación dos acuíferos kársticos, nin o espolio dun depósito arqueolóxico, nin o esgotamento dunha especie cavernícola ou troglófila, poderán xa solucionarse de forma plena, senón tan só tratar de paliar os seus efectos.Elaboráronse diversos "códigos" de comportamento para os espeleólogos e visitantes das cavidades, co fin de facer dela, tanto unha actividade práctica e segura, como respectuosa co medio. Agora recollo algunhas das recomendacións a ter en conta para lograr este obxectivo dende o punto de vista arqueolóxico, xeolóxico, biolóxico e da actividade espeleolóxica.

Page 35: ola

5.2. Presenza de restos arqueolóxicos

● Non toca-las paredes onde aparezan signos de gravados,"grafitti" ou pinturas. Non achegarse demasiado, e sobre todo non achegar a chama de carburo á parede.● Non realizar escavacións, se non é cos permisos correspondentes e guiados por arqueólogos profesionais. Sacar un resto arqueolóxico do seu contexto, é facer que perda gran parte do seu valor científico.● Ter en conta que todo resto arqueolóxico é Patrimonio Histórico e ben común, e polo tanto non debe ser considerado propiedade persoal de quen o encontra. É obriga dar conta do achado e/ou entregalo ás autoridades, comunmente á Delegación Provincial de Cultura.● Non alterar os sedimentos que poidan ser "fértiles" arqueoloxicamente, marcando camiños específicos que impidan unha humillación indiscriminada dos chans da cavidade. Aconséllase sempre realizar unha fotografía do achado (restos faunísticos, evidencias etnográficas, arte rupestre, restos arqueolóxicos ou pegadas humanas), volver sobre os propios pasos con coidado de non modificar nada e comunicalo urxentemente aos especialistas, gardando gran discreción sobre o achado, aínda que se pense que non é moi importante. Isto o decidirán os especialistas, tras o estudo pertinente. Os descubridores non deben levar a cabo iniciativas que alteren o estado orixinal do depósito. En todo caso, da colaboración entre o arqueólogo e o espeleólogo non debe deducirse unha perda do mérito e o recoñecemento debido aos autores do achado. Afortunadamente, cada vez hai unha maior integración dos espeleólogos nos equipos de investigación arqueolóxica en cavidades, i está a dar magníficos froitos de colaboración. Este é o camiño que se marca para o futuro, e boa proba diso son os resultados obtidos pola colaboración de espeleólogos nas escavacións de Atapuerca (Burgos), Xibraltar, Zuheros (Córdoba), etc.

Page 36: ola

5.3. Presenza de espeleotemas

● Non manchar as formacións; só hai que admiralas dende unha distancia prudencial.● Non toca-las formacións. A graxa da pel, a suor e o barro manchan irremediablemente estas "obras mestras" da natureza..● O material de exploración introducido nunha cavidade (sacas, cordas, mosquetóns, monos, etc.) debe estar limpo para evitar introducir elementos externos pertencentes a outros ambientes.● Non fumar dentro das covas.● Non arrastrarse entre formacións nin camiñar sobre chans concrecionados co mono ou as botas cheas de barro.● Non utilizar as concrecións como presas para progresar.● A roupa de exploración, as mans, os pés, deben estar limpos para progresar entre as concrecións sen deixar manchas.

Non deixar pegadas do noso paso por unha cova.● Se é necesario, quitar as botas ou/e o mono para progresar sen manchar as zonas concrecionadas. En caso necesario, usar monos desbotables e unha muda de calzado limpo, trasportando a roupa e as botas embarradas nunha saca limpa.● Balizar convenientemente as zonas delicadas ou fráxiles, con cinta ou -preferiblemente- con cordón de nailon, a nivel dos xeonllos e de forma que non estea atado a formacións fráxiles.● Non camiñar sobre zonas onde poidan quedar as marcas das nosas pegadas (depósitos de guano, sedimento arxiloso, etc.).● Señalizar con pictogramas de advertencia aquelas zonas da cavidade especialmente fráxiles ou nas que se fai necesario evitar a progresión con roupa manchada.

Page 37: ola

5.4. Presenza de fauna

● Non molestar aos animais cavernícolas con ruídos, olores, voces ou iluminacións violentas.● Non os tocar nin realizar recoleccións se non existe un específico interese científico.● Ter coidado coas colonias de morcegos. Informarse dos seus ciclos de hibernación, cría e reprodución, para provocarlles as mínimas molestias. Xeralmente, durante os meses fríos están a hibernar, e dispoñen das reservas de enerxía xustas para sobrevivir ata épocas máis cálidas. Espertalos, pode supoñerlles a morte. O esgotamento ou desaparición dunha colonia de morcegos tamén implica a desaparición de infinidade de guanófilos e pequenos invertebrados que aproveitan os excrementos dos morcegos para sobrevivir.

Page 38: ola

5.5. Actividade espeleolóxica respectuosa

● O descubridor dunha cova ten a responsabilidade de tomar todas as medidas de protección e conservación que sexan necesarias: balizamento, cerramento, etc.● Non colocar nin máis nin menos ancoraxes (spits ou parabolts) dos necesarios para progresar con seguridade. Preferiblemente, que sexan de gran calidade (inoxidables) para non ter que reinstalar a cavidade nun curto prazo de tempo.● A principal preocupación ten de ser sempre a protección da cavidade, e non a posibilidade da práctica espeleodeportiva ou espeleoturística.● Hai que respetar as portas e os peches existentes nas cavidades. Sempre hai unha razón para a súa existencia: protección dos morcegos, de depósitos arqueolóxicos, de fenómenos xeolóxicos, etc. Se se quere penetrar, sempre haberá formas de obter permiso e accesos de maneira que non se dane aquilo que o peche protexe. É preferible esperar ós permisos ou ó acompañamento de persoas cualificadas, antes que forzar un peche que permanecerá -talvez- durante meses ou anos esnaquizado e a expensas de que persoas sen preparación ou actitude axeitada entren na cavidade.● Non realizar ningún tipo de inscrición, pintada ou "grafitti" nas cavidades. Xa pasou a época en que se consideraba "normal" escribir ao final da cavidade o nome dos vitantes e a data de tal "proeza". Tampouco pintar "frechas" para marcar o percorrido ou o camiño de regreso.

Page 39: ola

● Sempre que sexa posible, utilizar iluminación eléctrica en lugar de carburo. De forma especial, non utilizar o carburo nunha cova concrecionada. En ningún caso realizar descarburadas dentro das covas; tampouco no seu ámbito. Estes restos, que conteñen diversas concentracións de sulfuros, bario e nitritos, hai que depositalos en bolsas que logo serán levadas a un colector axeitado. Un exemplo: Xa en xuño de 2002 un grupo de espeleólogos chegaron ao fondo da Sima GESM(-1.098 m), na Serra das Neves, utilizando unicamente iluminación LED, e nas recentes campañas de exploración desta gran cavidade, unicamente se usa este tipo de iluminación.● Recolle sempre o lixo atopado nas cavidades, e retírao ó exterior. De forma especial, non deixar abandonadas pilas de ningún tipo, xa que o seu potencial contaminante é moi alto.● Non realizar vivacs nas cavidades, de non ser imprescindibles para unha exploración. Neles prodúcese unha inevitable alteración ambiental e acumulación de residuos de carburo, excrementos e orines.● Limita-lo tamaño dos grupos en función da cavidade a visitar. É mellor ir en pequenos grupos, onde é doado estar pendentes dos compañeiros, coidando todos os aspectos mencionados.● Non empregar explosivos nin medios químicos ou mecánicos para desobstruír as cavidades, i en todo caso cercar e protexer a boca das simas abertas ante o perigo de que caian persoas ou gando ao seu interior.● Realizar o siglado de cavidades seguindo as normas actuais, sen utilizar pinturas e da forma máis discreta posible.● Educar ós "visitantes" esporádicos do mundo subterráneo, tanto co exemplo coma proporcionando a información axeitada.

Page 40: ola

Sen dúbida, os mellores protectores das covas deben ser os espeleólogos. Afortunadamente, tamén a Administración dispón de instrumentos -aínda que non de suficientes medios- paralevar a cabo unha protección eficaz, especialmente nos Espazos Naturais Protexidos. Isto freou a degradación de numerosas cavidades, aínda que aínda é moita a labor por realizar.

Page 41: ola