8
O pronome persoal 1 O PRONOME Definición do pronome O pronome é a palabra que vai en lugar do substantivo e desempeña na oración a mesma función. Hai dous tipos de pronomes, segundo actúen nas oracións: pronomes persoais e pronomes determinantes (demostrativos, posesivos, indefinidos, relativos, numerais, interrogativos e exclamativos). O PRONOME PERSOAL Tipos de pronomes persoais Distínguense as formas tónicas das formas átonas. As tónicas desempeñan a función de suxeito (1), complemento con preposición (2) e constitúen o segundo elemento da comparación (3). (1) Eu, ti, … estudian (2) Os pasteis son para vós; as galletas para elas (3) É máis alto ca min As formas átonas, carecen de acento de intensidade propio, van enclíticas (despois) ou proclíticas (antes) ao verbo. Desempeñan as funcións de CD e Cl. Pillouvos axiña, Deilles todo todo, Non nos dixo a verdade. Os cadros dos pronomes persoais Formas tónicas suxeito complem. con prepos. complem. con prep. Con non reflexivos reflexivos non reflexivos Reflexivos SING EU MIN COMIGO TI CONTIGO EL SI CONSIGO ELA PLURAL NÓS/ NOSOUTROS, -AS CONNOSCO VÓS/ VOSOUTROS, -AS (VOSTEDES) CONVOSCO

O+pronome+persoal

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O+pronome+persoal

O pronome persoal 1

O PRONOME

Definición do pronome

O pronome é a palabra que vai en lugar do substantivo e desempeña na oración a mesma

función.

Hai dous tipos de pronomes, segundo actúen nas oracións: pronomes persoais e

pronomes determinantes (demostrativos, posesivos, indefinidos, relativos, numerais,

interrogativos e exclamativos).

O PRONOME PERSOAL

Tipos de pronomes persoais

Distínguense as formas tónicas das formas átonas.

As tónicas desempeñan a función de suxeito (1), complemento con preposición (2) e

constitúen o segundo elemento da comparación (3).

(1) Eu, ti, … estudian

(2) Os pasteis son para vós; as galletas para elas

(3) É máis alto ca min

As formas átonas, carecen de acento de intensidade propio, van enclíticas (despois) ou

proclíticas (antes) ao verbo. Desempeñan as funcións de CD e Cl.

Pillouvos axiña,

Deilles todo todo,

Non nos dixo a verdade.

Os cadros dos pronomes persoais

Formas tónicas

suxeito complem. con prepos. complem. con prep. Con

non reflexivos reflexivos non reflexivos Reflexivos

SING 1ª EU MIN COMIGO

2ª TI CONTIGO

3ª EL SI CONSIGO

ELA

PLURAL 1ª NÓS/ NOSOUTROS, -AS CONNOSCO

2ª VÓS/ VOSOUTROS, -AS (VOSTEDES) CONVOSCO

Page 2: O+pronome+persoal

O pronome persoal 2

3ª ELES CONSIGO

ELAS

Formas átonas

non reflexivos Reflexivos

CD CI

SING 1ª ME

2ª TE CHE

3ª O LO NO LLE SE

A LA NA

PLURAL 1ª NOS

2ª VOS

3ª OS LOS NOS LLES SE

Exercicio 1/ pronome

Localiza os pronomes persoais deste texto. Analízaos morfoloxicamente, coma no

exemplo proposto:

Ex.: me: pronome persoal átono, P1, non reflexivo.

“Nas San Lucas de Mondoñedo atopeime co Vilarego de Rubal que estaba escollendo

pulpo para o almorzó. Saudámonos amistosamente. Atopoume gordo, pero mozo e

elegante, convidoume cun habano, e entón eu leveino a tomar algo comigo, e el deixou

o pilpo para logo. Gústalle máis ao Vilarego a conversa que o pulpo. Mercou nestas

feiras unha zamarra negra. O Vilarego é de media estatura, roibo e colorado, e os ollos

azuis. Gasta sombreiro, mercado en Pimentel, en Lugo, e lévao sempre coa copa

abombada, sen partir.(…). acendeu un pito e miroume, calado.

- Entón non sabe o que pasou en Rubal?- Pregúntame.

Dígolle que non oín nada.”

Uso de o, a, os, as/ lo, la, los, las/ no, na, nos, nas.

Para a p3 e P6 hai varias formas (o, lo, no, …). O seu uso varía segundo a palabra que

os precede.

Page 3: O+pronome+persoal

O pronome persoal 3

Úsase lo, la, los, las despois de verbos rematados en –r ou –s ou tras os

pronomes nos, vos e lles:

Esas cereixas quería probalas eu (probar+as) Xa volo dixen ( vos+o)

Utilízase no, na, nos, nas despois dos verbos rematados en ditongo:

O bolso levouno pola mañá A chave gardeina aí

Exercicio 2/ pronome

Substitúe os elementos en negra polos pronomes persoais axeitados:

1. Mandei + os paquetes + a ti :

2. Rompín + o reloxo + a Mónica:

3. Enviou + os parabens + aos meus amigos:

4. Curaches + unha doenza + a min:

5. Pedín + un aumento + aos meus xefes:

6. Puxeron + unha inxección + ti?:

7. Deixastes + os rapaces:

8. Quixeron + os xelados que compramos:

9. Deixou + os exercicios sen facer:

10. Comprou + uns cadros+ a aqueles homes:

11. Coñecemos + a solución:

12. Entregaron + o diploma + ao neno:

Uso de te / che

Os pronomes átonos de P2 te e che teñen diferentes función. O pronome te sempre

actúa como OD, mentres que a función de che é OI.

Botáronte da clase? Botáronche auga?

Para recoñecer cando cómpre usar te ou che, pode ser útil facer o paso da oración de

P2 a P3. Se na P3 o pronome que aparece é o ou a, na P2 deberiamos usar te. Se na P3

aparecese lle, na P2 empregaremos che.

P3 Botárono da clase P2 Botáronte da clase

P3 Felicitouno polo seu traballo P2 Felicitoute polo teu traballo

Exercicio 3/ pronome

Emprega conforme cumpra os pronomes te ou che.

1. Arrepintiras…… disto.

2. Elas atacaron…. e ti non …. defendiches.

3. Quen ….. fará ese favor?

Page 4: O+pronome+persoal

O pronome persoal 4

4. Chamaron…. por megafonía.

5. Os teus país aconsella….. ben. Deixa…. guier por eles.

6. Non …. rendas axiña.

7. mentres ti …. duchas, lavaresmos….. a roupa.

8. Eles ofrencen….. unha boa oportunidade.

9. Vou…. contar un segredo.

10. Atopo… todos os días no camino, pero non …. digo nada.

11. Chamaron…. por teléfono e cantaron…. as corenta.

Uso de lle/ lles

O pronome lle de P3 emprégase cando o obxecto indirecto (OI) ao que se refire é

singular, mentres que o pronome lles de P6 úsase cando ese OI é plural.

Ao meu irmán gústalle o fútbol Aos meus irmáns gústalles o fútbol

Isto tamén se debe ter en conta cando concorren varios pronomes e contraen ( ver cadro

de contraccións).

Exercicio 4/Pronome

Pronominaliza (é dicir, cambia por un pronome) o CI de 3ª persoa.

Ex.: Entregou un paquete ó veciño: Entregaulle un paquete

1. Contamos aos nosos pais o que nos pasara na festa

2. Non dixo toda a verdade á filla

3. Iso trouxo a el problemas

4. Terás que levar ao oculista os lentes vellos

5. Has entregar ao profesor o traballo en limpo

6. Non deas a eles o que non che deron a ti

7. Deu un bico aos pais pola mañá

8. Amosei aos visitantes os museos da cidade

9. Faltou pouco a eles para aprobar; a ela non fai falta axuda

10. Deu un premio aos fillos.

Combinación de pronomes átonos

Os pronomes de OI combínanse cos pronomes de OD de P3 e P6 cando aparecen xuntos

nunha oración e contraen.

Contraccións

O A OS AS

Page 5: O+pronome+persoal

O pronome persoal 5

ME Mo ma Mos Mas

CHE Cho cha chos Chas

LLE Llo lla llos Llas

NOS Nolo nola nolos Nolas

VOS Volo vola volos Volas

LLES Llelo llela llelos Llelas

Cando pronominalizámo-lo CI e mailo CD, aparecen as contraccións de ámbolos dous

pronomes. Fíxate que en primeiro lugar vai sempre o de CI.

Exercicio 5 /pronome

Pronominaliza o CI e mailo CD, facendo as contraccións que cumpra.

Ex.: Fíxo unha empanada ós seus invitados: Fíxollela

1. Sirve o caldo aos teus irmáns

2. Fai os deberes á súa irmá porque ela non sabe

3. Di a verdade a estes homes

4. Tróuxonos un regalo ben bonito

5. Ensinouvos todo canto sabía

6. Darei a ti todo canto me pidas

7. Non che quero esas nabizas

8. ¡Quen vos dera este pastel!

9. Non me fagas ese feo

10. Hei dar a vós todo o meu.

11. Ti queres un peixe e eu quero cirolas

12. Tráevos o que encargastes.

13. Alguén lles contou esa historia.

14. Non me manisfestou o seu pésame

15. Creo que mañá lle entregan a condecoración

Page 6: O+pronome+persoal

O pronome persoal 6

Colocación

O ponome en galego pode ir antes do verbo (proclítico) ou despois (enclítico):

Vai despois do verbo por regra xeral. O pronome átono nunca comeza unha

oración. Tamén vai despois nas oraciós simples ou nas coordinadas, ou

principais das compostas:

Díxoo e calou Henrique pediume o diccionario e deixoume un lapis

Pepe díxome que che deixase o caderno

Vai antes nas oraciós subordinadas:

Dixo que o vira Chamoume cando me viu

Tamén vai antes cando a oración é negativa, introducida por un adverbio ou

unha conxunción negativa:

Nin o fixen nin o farei. Ninguén a viu por aquí

Mais se houbese unha pausa trala forma negativa, o resto da oración considérase

independente:

Non; prométoche que non, e o pronome volve á súa posición enclítica.

Vai antes nas oracións introducidas por un pronome interrogativo ou

exclamativo.

Que che dixo iso? Canto me impresionou!

Vai antes nas oracións introducidas por algúns (non todos) adverbios e locucións

adverbiais, e pronomes determinantes ( indefinidos…), pero non todos.

NOTA: Aqueles que falamos galego confiamos no uso que nos facemos da lingua

( o que nos soa).

Sempre vos digo a verdade Todos me coñecedes

Tamén vai antes cando a oración é enfática.

Nunha pedra me sentei

Nas oracións nas que hai unha perífrase ou un verbo conxugado seguido de

infinitivo e xerundio hai varias posibilidades de colocaciñon para os pronomes.

Téñollo que mirrar Teño que llo mirar Teño que mirarllo

Page 7: O+pronome+persoal

O pronome persoal 7

Exercicio6/ Pronome

Nas seguintes oracións coloca o pronome átono onde corresponda, tendo en conta a

negación, a entoación e se a oración é simple ou composta, …

1. ¡Que cousas………..dixo………. (lle)

2. ¡Como…………puxo………….. ( se)

3. Non……………fagas………….iso (nos)

4. Moito………….repetín, ……… pero nunca…….fixo…….. caso (llo, me)

5. Di………a verdade que eles………queren……….ben (lles, te)

6. Nunca……..dixo………nada que……..molestase………(lles, lles)

7. Mal raio ……….. parta………. Eu non………..aturo…….. (te, te)

Exercicio 7 / pronome

Coloca o pronome átono onde corresponda.

1. Ningúen………. Fará………….. cambiar de opinión (me)

7. Ningunha compensacion……………resarciría………desa perda (vos)

8. Ningún dos amigos……….abandonou………naquel transo (a)

1. Eses ovos facían unha boa tortilla (che)

2. Non me gorentan os doces (che)

5. Señores, eses……….son………… perigosos (lles)

16. Señora…………son………….ben bos estes grelos (lle)

18. Todo…………foi………..un invento dela (che)

Exercicio 8/ pronome

Transforma estas oracións comezándoas pola palabra que propoñemos en cada

caso. Nalgún caso hai que substituír a palabra incial. ten en conta o estudado sobre

a colocación.

1. Dareiche a receita. Axiña…

2. Obrigábana a calar. Sempre…

3. Todos che piden que volvas. Eles …

4. Contoumo o teu tío Alberte. Xa …

5. Chámame despois das dez e media. Nunca …

6. Ninguén volas dará de balde. Laura ….

7. Dixéronmo a min. Tamén …

8. Fíxoo moi mal. Seica…

9. Díxome quenon ía ir. Sempre…

10. Fúcheste cedo da festa. Dígoche que …

Page 8: O+pronome+persoal

O pronome persoal 8

Exercicio 9/ pronome

Xustifica a posición respecto do verbo dos pronomes persoais átonos destacados

neste texto.

“Unha vez fun á prais con dous compañeiros de Lalín do cuartel. Collemos o tranvía a

Marín e fomo a lourizán, ao pé das monxas. Habíache moita xente fina e nós non

tiñamos traxe así que agardamos a que estivese a Praia case baleira e bañámonos en

calzóns.

Os de Lalín estaban pasmados, nunca tal viran. Era a primeira vez que vían o mar e

asistaronse moito cando me viron ir, pouco a pouco, cara a Praia de Lourido, que

estaba en fronte. A marea estaba baixa e case dei chagado ata a outra beira a pé, pero

tiven que darme volta cando xa a auga me daba polos cóbados e unha onda me quixo

levar cara a ondee u non quería. Non lle tiña moito medo á auga, aínda que daquela

non sabía nadar.”

Exercicio 10/ Pronome

Corrección. Se entendiches ata aquí, saberás facer este último. Corrixe os erros das

frases seguintes.

1. Me parece que desta aprendinme a colocación do pronome

2. Non che vin onte no cine

3. Non se o prestes, que mérqueo ela

4. Dime quen che o fixo

5. Me verás ou non me verás

6. Vos tedes que ir de contado

7. Paréceme que estaste metendo de máis

8. Díxolles que axudaríaos

9. Se vésme pedir axuda, vaite agora mesmo

10. Os acabei, os exercicios, ¡por fin!