32
1091 ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS PROVISORIOS PARA UNHA SÍNTESE COMPARATIVA ENTRE CATALUNYA E GALIZA 1 Valerià Paül Cèlia Alonso Olga Alonso Anxo Barrio Universitat de Barcelona No marco dun congreso que ten como título Galiza e os outros pobos da Península non podiamos, dende a xeografía e a historia, desaproveitar a ocasión de facer comparacións entre os territorios de Galiza e Catalunya. A análise rexional comparada forma parte da nosa mellor tradición e, malia aquí non optarmos por un achegamento clásico, tentamos reflectir a necesida- de de trazar pontes entre países e de que uns territorios se vexan no espello dos outros. Decidimos traballar dúas temáticas de actualidade insertadas nunha vertente aplicada e comprometida: o campo da ordenación do territorio e o tema das divisións territoriais. Neste artigo ocuparémonos do primeiro tema 2 . Falar de ordenación territorial en Catalunya e Galiza é entrar nun eido moi amplo que dende logo desborda as posibilidades de espazo e tempo coas que contamos. Neste senso, o que pretendemos é facer un ensaio introdutorio 1 Os autores estudamos na Universitat de Barcelona. Cèlia Alonso é historiadora, e os tres restantes xeógrafos. Desexamos facer constar a nosa gratitude a: Emilio Cuíñas e Miguel Pazos, xeógrafos da Universidade de Santiago; Carlos Cordeiro e Rubén C. Lois, profesores nesa universidade de Filoloxía Galega e Xeografía, respectivamente; e a Sabela Labraña e Joan Tort, profesores desas mesmas especialidades na Universitat de Barcelona. Esta comunicación foi realizada no marco da investigación do Grup de Recerca d’Anàlisi Territorial i Desenvolupament Regional (2001SGR00016), grupo consolidado recoñecido pola Generalitat de Catalunya e que conta cun Ajut de Suport a la Recerca dels Grups Consolidats del III Pla de Recerca 2001/2004. O grupo tamén ten un proxecto de investigación concedido pola Comisión Interministerial de Ciencia y Tecnología (CYCIT): Desequilibrios territoriales, mercados de trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral. 2 A outra comunicación, presentada neste mesmo congreso, leva por título “Trocos e perseveranzas en liñas herdadas e recentes. Notas sobre as divisións territoriais en Galiza e Catalunya”.

ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

1091

ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS PROVISORIOS PARA UNHA SÍNTESE COMPARATIVA ENTRE CATALUNYA E GALIZA1

Valerià PaülCèlia AlonsoOlga AlonsoAnxo BarrioUniversitat de Barcelona

No marco dun congreso que ten como título Galiza e os outros pobos da Península non podiamos, dende a xeografía e a historia, desaproveitar a ocasión de facer comparacións entre os territorios de Galiza e Catalunya. A análise rexional comparada forma parte da nosa mellor tradición e, malia aquí non optarmos por un achegamento clásico, tentamos reflectir a necesida- de de trazar pontes entre países e de que uns territorios se vexan no espello dos outros. Decidimos traballar dúas temáticas de actualidade insertadas nunha vertente aplicada e comprometida: o campo da ordenación do territorio e o tema das divisións territoriais. Neste artigo ocuparémonos do primeiro tema2.

Falar de ordenación territorial en Catalunya e Galiza é entrar nun eido moi amplo que dende logo desborda as posibilidades de espazo e tempo coas que contamos. Neste senso, o que pretendemos é facer un ensaio introdutorio

1 Os autores estudamos na Universitat de Barcelona. Cèlia Alonso é historiadora, e os tres restantes xeógrafos. Desexamos facer constar a nosa gratitude a: Emilio Cuíñas e Miguel Pazos, xeógrafos da Universidade de Santiago; Carlos Cordeiro e Rubén C. Lois, profesores nesa universidade de Filoloxía Galega e Xeografía, respectivamente; e a Sabela Labraña e Joan Tort, profesores desas mesmas especialidades na Universitat de Barcelona. Esta comunicación foi realizada no marco da investigación do Grup de Recerca d’Anàlisi Territorial i Desenvolupament Regional (2001SGR00016), grupo consolidado recoñecido pola Generalitat de Catalunya e que conta cun Ajut de Suport a la Recerca dels Grups Consolidats del III Pla de Recerca 2001/2004. O grupo tamén ten un proxecto de investigación concedido pola Comisión Interministerial de Ciencia y Tecnología (CYCIT): Desequilibrios territoriales, mercados de trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral.2 A outra comunicación, presentada neste mesmo congreso, leva por título “Trocos e perseveranzas en liñas herdadas e recentes. Notas sobre as divisións territoriais en Galiza e Catalunya”.

Page 2: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1092

que amose que é a ordenación do territorio e que semellanzas e diferenzas hai entre os dous casos de estudo, así como unha valoración sintética do conxunto do traballo. En definitiva, non son máis ca uns apuntamentos provisorios, como se avanza no título, pois son produto da investigación en curso duns autores que se formaron enteiramente en Catalunya.

Partiremos dun texto básico de ordenación do territorio que nos serve de guieiro e referente (Pujadas e Font 1998), así como dunha análise xeral da ordenación territorial nun manual recente de xeografía de España (Zoido 2001). Para Catalunya contamos cunha moderna análise territorial (Majo- ral 2001) e, para o territorio galego, podemos atopar materiais interesantes en distintos traballos (Souto 1988; Precedo 1998; Armas 1999). Asemade, o tema foi tamén obxecto dunha tese doutoral (Pérez 1998), da que tamén nos servimos.

A metodoloxía seguida nesta comunicación parte da análise da lexisla- ción, a normativa e os planos aprobados, que acompañamos dunha pescuda bibliográfica e xornalística. A estrutura do discurso ábrese cunhas nocións terminolóxicas, pois somos conscientes da dificultade que ten o tema para o profano. Deseguido, consideramos Galiza e Catalunya nos contextos superiores da ordenación territorial (español e europeo). Despois analizamos o que sería propiamente a ordenación territorial desenvolvida nos dous paí- ses. Finalmente, antes das conclusións, resumimos outros tipos de ordenación que se poden levar a cabo.

1. O universo da ordenación do territorio

A ordenación do territorio como disciplina é moi nova e non ten uns contidos claros. Cada autor delimítaa dun xeito diferente e cada estrutura académica aprópiase dela de forma particular (xeografía, arquitectura, histo- ria e enxeñaría, por exemplo, trabállana cun acento particular). Deste xeito, a ordenación débese considerar pluridisciplinar e multitemática, e chegouse a afirmar que é “confusa” (Allende 1989).

Alén deste carácter disperso da ordenación territorial, esta é considera- da na súa definición máis aceptada como “a expresión espazal das políticas económicas, sociais, culturais e ecolóxicas da sociedade”3. É ao mesmo tempo unha disciplina científica, unha técnica administrativa e unha política de enfoque interdisciplinario (Pérez 1998: 220). Xa que logo, é unha disciplina transversal que ten como común denominador o territorio. Destas definicións tamén se deriva que a ordenación vai máis alá da política pública, polo que non sería exacto considerala “política territorial”.

Feita a definición, faremos un resumo das ideas principais da ordena- ción do territorio (seguindo de preto o exposto por Pujadas e Font 1998):

• Un exercicio de ordenación implica poñer orde a un territorio, trocando a existente ou propondo unha nova absolutamente diferente. No segun- do caso, esa nova orde que se tenta implementar é un acto plenamente

3 Definición da Carta Europea de Ordenación do Territorio de 1983.

Page 3: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1093

ideolóxico. A ordenación permite coñecer indirectamente a maneira con que unha determinada sociedade (ou os seus dirixentes) conciben o seu territorio, e polo tanto saber que é o que agardan del, de que xeito o planifican e que destino lle reservan. Xa que logo, fai máis ou menos explícita a idea mental colectiva que do territorio teñen as distintas culturas (Paül 2003: 31).

• Acostuma a ter tres grandes etapas: a análise, a diagnose e a prognose. A palabra ordenación inclúe tanto o modelo territorial existente que se analiza (análise), como a orde que se propón (prognose) a partir da identificación dos problemas e as potencialidades e da formulación dos obxectivos e metas (diagnose).

• Inclúe tres fases na súa vertente pública: a lexislación, a planificación e a execución. A lexislación é a actividade parlamentaria na materia, a planificación consiste na elaboración de planos, e a execución implica transformar a realidade mediante a aplicación dos planos. Polo tanto, a ordenación non é só planificación, aínda que ambos os dous termos puidesen semellar sinónimos.

• É transescalar, xa que vai dende ámbitos internacionais até a escala local. Evidentemente tantas escalas implican moitas administracións a distintos niveis xerárquicos e competenciais4.

• Abrangue tres grandes apartados: a política rexional, a planificación física e a planificación sectorial. A primeira tenta corrixir os desequili- brios socioeconómicos interterritoriais e o desenvolvemento de rexións atrasadas ou en crise, aínda que na práctica a palabra desenvolve- mento agora aplícase a calquera ámbito, atrasado ou non5, e a calquera escala, máis alá da rexional. A planificación física é a ordenación harmoniosa dos usos do solo nun determinado territorio; a escala municipal sería o planeamento urbano e a escala supramunicipal sería a planificación territorial. A planificación sectorial fai referencia a un sector ou campo temático específico. A ordenación territorial sería o sumatorio da planificación física (urbana, territorial) e as políticas para o desenvolvemento económico, aínda que a incidencia das políticas sectoriais é tan grande que se fai imposíbel deixalas de lado. Cómpre dicir que a distinción entre planificación física e política rexional (ou económica con incidencia espazal) está na orixe do nacemento da ordenación do territorio como disciplina científica (Pérez 1998), pois a ordenación xurdiu coa suma de ambas as dúas. Ademais, hai outros tipos de ordenación (por exemplo, o eido da ordenación non vinculante, que incluiría a planificación estratéxica, etc.). Nós seguiremos estas distincións na medida do posíbel, deixando o campo da ordenación non vinculante de lado, aínda que faremos algunhas referencias a el.

4 O xogo de divisións territoriais e niveis administrativos abórdase na outra comunicación. Neste senso, cómpre lembrar que ordenación e organización son conceptos diferentes, a pesar das súas interaccións.5 Así por exemplo, o subtítulo das estratexias de ordenación da Unión Europea é “cara a un desenvolvemento equilibrado e sostíbel do territorio da Unión”. Un desenvolvemento, en definitiva, de toda a Unión, non só as rexións atrasadas ou en declive.

Page 4: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1094

2. Catalunya e Galiza no marco da ordenación territorial superior

Historicamente, Galiza e Catalunya foron tratadas de xeitos moi distin- tos polo Estado español, e dende que este pertence á Unión, polas institucións con sede en Bruxelas. Como sería tarefa imposíbel enumerar todas as accións con incidencia territorial que se teñen desenvolvido dende as esferas estatal e comunitaria, tentaremos primeiro unha aproximación incidindo nos elementos principais da política rexional española e europea, e logo pasaremos ás outras formas de ordenación directa e indirecta que se efec- túan dende as administración superiores á autonómica.

2.1. As políticas rexionaisAs políticas rexionais son as políticas económicas públicas que se

planifican en base a unidades territoriais (normalmente rexións) co obxecti- vo de reducir as diferenzas internas dentro de ámbitos que abranguen moitas destas unidades (estados, Unión Europea). Dende hai moitas décadas, Madrid e Bruxelas foron as encargadas de desenvolvelas.

A historia da política rexional española comeza cos chamados planos de desenvolvemento aprobados durante a época franquista en tres xeracións sucesivas distribuídas entre 1964 e 1975. O principal instrumento de política rexional do período era o polo de desenvolvemento industrial, xestionado polo estado. Os primeiros polos galegos definíronse en Vigo e A Coruña (1964), seguidos do de Vilagarcía (1972), con resultados ben desiguais. Os polos foron substituídos nos anos setenta polas chamadas Grandes Áreas de Expansión Industrial, a primeira das cales foi Galiza (1974). Todas estas estratexias, no marco da política rexional clásica, culminaron coa elaboración do Plan Director Territorial de Coordinación de Galicia (PDTC)6, do que falaremos máis adiante.

Esta atención a Galiza por parte da política rexional estatal baséase na asunción desta como rexión atrasada no conxunto do territorio español. En troques, o feito de que Catalunya fose daquela considerada un espazo desenvolvido privouna de ser obxecto dunha política rexional de carácter estatal.

Dende a chegada da democracia e mediante novos instrumentos (zonas de urxente reindustrialización, zonas de promoción económica, etc.), Galiza seguiu a recibir un trato preferente no tocante ao capítulo de política rexional. Asemade, Catalunya seguiu a non recibir fondos neste capítulo; a única excepción serían as axudas dedicadas á reindustrialización, dada á crise na que entrou a industria catalá a mediados dos setenta e ao longo dos oitenta.

Globalmente, para Galiza os resultados da política rexional española desenvolvida durante o franquismo e a primeira democracia supuxeron unha concentración absoluta de poboación e actividades económicas, alén da industria, nas comarcas costeiras, en detrimento dun interior que se baleirou.

Dende o 1992, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE),

6 Citamos o nome completo do documento a primeira vez; logo empregamos o acrónimo. Para a listaxe de acrónimos, ver o final do artigo.

Page 5: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1095

adscrito á administración autonómica, aglutina as funcións das figuras antigas de política rexional española, aínda que se centra máis no tecido empresarial ca nos proxectos territoriais (Armas 1999).

De todos xeitos, a creación das comunidades autónomas non supuxo a desaparición do papel redistributivo do estado central, porque este é garantido constitucionalmente. No marco actual, o Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) actúa de fondo de solidariedade interrexional, substituíndo a antiga política rexional, con xa tres leis que rexen a súa existencia (Ley 7/1984, Ley 29/1990 e Ley 22/2001)7. Galiza foi de 1990 a 2001 comunidade receptora e, Catalunya, unha comunidade que aportaba, mais non recibía. O mesmo se pode dicir dos primeiros orzamentos aprobados logo da Ley 22/2001, os de 2003, aínda que agora a Xunta pode recibir dúas liñas diferentes de fondos, unha das cales non vai para obras civís como até o de agora. O FCI achega, porén, unha cifra baixa en comparación coas canti- dades manexadas nos fondos europeos.

No que se refire ao marco europeo, convén dicir que a entrada de España na Comunidade Europea en 1986 supuxo unha verdadeira revolución na política rexional. A Unión Europea dispón de dous tipos de fondo: fondos estruturais e fondos de cohesión. Os estruturais teñen distintos tipos e aplí- canse sobre unha tipoloxía rexional a escala europea. Galiza estivo dende o comezo nas rexións que podían recibir grande cantidade de fondos estruturais por estar por debaixo do 75% da renda comunitaria, mentres que Catalunya tivo que conformar con recibir só unha parte pequena destes fondos estrutu- rais por ter unha renda superior. Pola súa banda, os fondos de cohesión recíbeos o Estado español e por tanto pódeos distribuír en calquera tipo de rexión, “pobre” ou “rica”.

Lois e outros, nun ensaio recente consideran que o feito de Galiza ter sido receptora de fondos de política rexional europea e española convértea nun caso case perfecto de “rexión-plano”, de rexión sobre a que actúa unha determinada política de planificación rexional (Lois et al 2001). Os autores cren que Galiza foi un marco excelente para a acción homoxénea por ser considerada “unha rexión perfecta”.

No tocante á política rexional europea, non podemos esquecer as chama- das “iniciativas comunitarias”, que son aqueles fondos que a Comisión Europea dedica a accións que considera de interese comunitario. Algunhas destas iniciativas son os coñecidos LEADER ou INTERREG, que xa van pola súa terceira convocatoria.

2.2. As outras ordenacións territoriaisA distinción entre política rexional e outros tipos de ordenación do

territorio non é sempre clara; a elaboración do PDTC, un plano territorial entendido de xeito clásico, xurdiu de instancias dedicadas á política rexio- nal, por exemplo.

Na actualidade a ordenación territorial entendida como planificación física non pode depender de ningunha maneira do Estado ou da Unión, pois polo de agora é competencia única dos gobernos autónomos. Do mesmo

7 Neste caso e de agora en diante aparecen as leis estatais en español, as da Generalitat en catalán e as do Parlamento de Galiza en galego.

Page 6: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1096

xeito, a ordenación territorial da Comisión Europea, a pesar das boas intencións, só pode ser orientativa, nunca vinculante –a ordenación territo- rial foi rexeitada como competencia da Unión no Tratado de Amsterdam (1998)–.

A Comisión Europea elaborou dous documentos de grande interese para nós: Europa 2000+ (1995) e a Estratexia Territorial Europea ou European Spatial Development Perspective (ESDP) (1999). Consideramos que algúns dos puntos fortes destes documentos para os casos catalán e galego fican en:

• Situar o territorio no centro de atención. A ESDP comeza dicindo que “o territorio ten que ser a nova dimensión da política europea” e isto significa que Europa entende que a ordenación territorial é básica para o futuro económico, social, político, etc. da Unión. O territorio no centro das políticas europeas é unha asunción nada doada no contexto actual, e Galiza e Catalunya deberan tomar boa nota.

• Achegar novidades á ordenación territorial española. A inserción da sostibilidade, a cuestión da calidade de vida, a participación cidadá, etc. son aspectos de grande interese que case nunca se recollen, e un exercicio de homologación europea como a ESDP recoméndaos. Asemade, a ESDP maniféstase claramente a favor da subsidariedade, e iso reforza a Xunta e a Generalitat fronte ao goberno central. A ESDP debe ser interpretada como referente para o troco de cultura nas políticas territoriais (Tarroja 2001), de tal xeito que se pase dunha ordenación baseada en solucións técnicas a unha ordenación que se fundamente nas estratexias negociadas e o diálogo.

• Abrir o angular de Galiza e Catalunya. Poñendo énfase nas relacións transfronteiras, ou situando Galiza no Arco Atlántico e Catalunya no Arco Mediterráneo, dalgún xeito, estamos a crear un novo imaxinario, un novo referente para o futuro territorial (figura 1). Que nun mapa aparezan as rexións europeas desvinculadas aos estados e xuntadas por outro tipo de bloques é moito máis importante do que poida semellar. Europa 2000+ tenta vincular o desenvolvemento de Galiza co do resto da fachada atlántica europea8 e, polo que se refire a Catalunya, xúntaa a un grande eixo dinámico en proceso de consolidación que iría de Andalucía até Calabria e sería a expansión cara ao sur do corazón territorial de Europa, a chamada banana azul, que vai de Milán a Londres e acolle as áreas máis dinámicas da Unión.Dito isto, fican por facer algunhas consideracións sobre o papel do

Estado español na ordenación territorial actual. O estado foise baleirando teoricamente de competencias en ordenación do territorio (excepto no que se refire ao mandato constitucional da “solidariedade”). Así, a Sentenza 61/1997 do Tribunal Constitucional anulou a figura do Plano Nacional de Ordenación ao considerar que a ordenación territorial pertence só ás comunidades autónomas (Zoido 2001: 615). Mais o feito de que poda planifi- car estradas ou camiños de ferro de interese xeral, en realidade implica que

8 Non obstante, afírmase que “o destino da maioría das rexións atlánticas está máis ligado ao de territorios colindantes, [...] que non co resto de rexións do propio Arco Atlántico” (Pujadas e Font 1998: 153). Opinión moi discutíbel no caso galego se temos en conta a potencialidade da relación Galiza- Portugal.

Page 7: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1097

ten poderes nada despreciábeis na política territorial. O volume de investimen- tos que mobiliza e a prefiguración do territorio cunha rede infraestrutural, implica consecuencias moito máis importantes na orde territorial futura que algúns dos planos que levan a denominación “ordenación” no título.

En efecto, o Plan Director de Infraestructuras 1993-2007 (PDI) aproba- do na época socialista (figura 2) ou os plans de infraestruturas de transporte 2000-2007 elaborados co goberno do PP (figura 3) representan cantidades de investimento salientábeis no contexto español. O PDI ten máis interese, pois fíxose un exercicio de diagnóstico previo á planificación das estradas. A xerarquía do sistema urbano que nel aparece suscitou razoábeis dúbidas (Zoido 1995), pero o feito de que Catalunya apareza no Eixo Mediterráneo seguindo as directrices europeas e que Galiza teña o eixo vinculado con Portugal cremos que amosa unha concepción territorial reflexionada.

De feito, no redactado do PDI xa figura que este “aspira a ser instrumento fundamental da política territorial do Estado para elevar o potencial de desenvolvemento en todos os ámbitos do país, e diminuír as diferenzas entre rexións e entre espazos urbanos e rurais”. Ou sexa que, malia o Estado non ter competencias en ordenación territorial, aspira a dirixila de xeito indirecto con planificación sectorial supraautonómica.

Figura 1. Bloques suprarrexionais da Unión Europea

Fonte: Comisión Europea (1995)elaboración propia

hN

Europa Central e Continental

0 500 1000 km

Rexións do Mar do NorteCentro das CapitaisDiagonal ContinentalNovos estados federadosRexión mediterráneaPaíses NórdicosArco AtlánticoArco Alpino

Page 8: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1098

Figura 2. Eixos de desenvolvemento segundo o PDI (1993)

Fonte: Plan Director de Infraestructuras (1993)elaboración: Pla Territorial General de Catalunya (1995), D.7

Regions urbanes potencials

Àrees metropolitanes internacionals

Àrees metropolitanes nacionals

Àrees en fase d’esdevenir metropolitanes

Àrees urbanes principals

Resta d’àrees urbanesCapitals de provincia de menor nivell en la jerarquia del sistema

Eixos de màxim potencialEixos amb cert nivell de consolidacióEixos potencialsÀmbits potencials no consolidats

EIX MEDITERRANI

EIX CANTÀBRIC

EIX DE L’EBRE

EIX MADRID-LLEVANT

EIX

EIX

EIX MADRID-ASTÚRIES

EIX RUTA DELS PORTUGUESOS

MADRID-ANDALUSIA

GALAICO-PORTUGUÈS

0 km 500

Page 9: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1099

Figura 3. Plans de infraestruturas de transporte 2000-2007. Rede ferroviaria e rede de estradas de gran capacidade

Fonte: www.mfom.es

Page 10: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1100

3. Ordenación territorial catalá e galega. Apuntamentos para unha historia

Probabelmente a historia da ordenación territorial de Catalunya e Gali- za aínda fica por escribir. Neste apartado tentaremos presentar basicamente a cuestión da ordenación a escala de país, de Catalunya e de Galiza, formu- lada até o momento actual. No caso catalán a obra á que aludimos (Majoral 2002) resume bastante ben os principais feitos acaecidos no contexto do Principat. Neste senso, é mester salientar que Catalunya posúe unha longa e fonda tradición de pensamento, reflexión e crítica sobre ordenamento territorial.

A comezos do século XX Catalunya tomou conciencia da necesidade de contrarrestar a abrumadora diferenza existente entre unha Barcelona puxante e poderosa e unhas comarcas interiores illadas e atrasadas. A obra da Mancomunitat supuxo unha verdadeira política territorial intersecto- rial (agricultura, estradas, etc.) e fundamentalmente tendente a estender o dinamismo do país máis aló de Barcelona –a consecución da chamada Catalunya-ciutat–.

Esa obra proseguiu na época da Generalitat republicana. No plano teórico, destaca a elaboración do Regional Planning (1932), que é o primeiro intento de aplicación dunha ordenación territorial coherente para todo o territorio catalán. Baséase na separación de zonas que abranguerían distin- tos usos permitidos e restrinxidos. Salientariemos que aspectos nel contidos aínda non se vehicularon cun instrumento de ordenación contemporáneo, como sería a protección das zonas de grande aptitude agrícola.

Na época da Generalitat tamén xurdiu o Pla Macià, que representa unha aplicación da coñecida Carta de Atenas á área barcelonesa9. Máis importancia ten a división comarcal, que implicaba unha verdadeira nova forma de planificación (lémbrese que foi aprobada definitivamente pola Consellaría de Economía en 1936). Un dos fitos fundamentais foi tamén o Pla d’Obres Públiques de 1935 dirixido polo enxeñeiro Muñoz Oms. As propostas dese plano de 1935 incluían aspectos como a protección das paisa- xes ou a depuración de augas residuais e aínda hoxe xustifican a construcción de infraestruturas actuais (o Eix Transversal, o Eix Vic-Olot, etc.).

Durante a época franquista non existiu para Catalunya unha posibili- dade de planificación global para o conxunto do territorio, mentres que en Galiza –tal e como vimos– chegábase ao PDTC a finais dos setenta. De todos os xeitos, os estudos previos que se coñecen para o Plano Nacional sábese que tentaban acadar tanto para Galiza como para Catalunya unha capital rexional forte (A Coruña e Barcelona respectivamente). Para A Coruña, existiu o proxecto de Albalat de 1969 de crear unha nova cidade de 600.000 habitantes que se estendese ao redor das rías de Betanzos e Ares. O proxecto coñécese como a Cidade das Rías, que fose a capital rexional que se conside-

9 Coetáneo ao Pla Macià, hai a célebre Temptativa de distribució en zones de la regió de Barcelona, que é un estudo de detalle do Regional Planning de Rubió i Tudurí. Un e outro foron considerados dalgún xeito paralelos ao Plano Comarcal de Vigo de Antonio Palacios (1932). O Plano Comarcal de Vigo é un verdadeiro referente na historia do urbanismo e a ordenación do territorio en Galiza, pois supuxo un tratamento moderno do territorio da área viguesa e fíxose dende unhas premisas galegas –e galeguistas– (Iglesias 2002). Tras a súa aprobación en 1934, xerou unha forte oposición. Foi anulado en 1937.

Page 11: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1101

raba daquela que Galiza precisaba (Martínez 2002). Toda a área da Coruña apenas acadou o medio millón de persoas e non foi quen de convertirse na capital –nin funcional nin política– de Galiza, ficando moi lonxe da utopía albalatiana. Barcelona, porén, exerce ese papel dende a mesma orixe do país e, por tanto, segue a rexer a ordenación do territorio catalán (Casassas 1977).

Pola súa banda, a ditadura supuxo unha atención especial á ordena- ción metropolitana da área de Barcelona –atención que a Generalitat actual dista de seguir–, con sucesivas xeracións de planos que, aplicados ou non, son os referentes aínda dos planos formulados na actualidade (por exemplo, o loado plano director de 1968).

Tanto en Galiza como en Catalunya, baixo as distintas leis do solo aprobadas por primeira vez durante o franquismo, aprobáronse os primeiros planos de ordenación urbana, nos que sobrancean os planos comarcais, e o plano provincial de Barcelona.

Pola súa banda, o PDTC de Galiza xorde da posibilidade que dá a lei do solo de 1975. A partir de tres escenarios posíbeis escollíase unha alterna- tiva que primaba a expansión das áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña e prevía a creación dunha terceira área urbana no Norte de Lugo (Bértolo 1981: 143). Segundo as opinións críticas dalgúns autores, en realidade esco- llíase unha opción que implicaba o baleiramento definitivo do interior en beneficio do Eixo Atlántico, en sintonía cos antigos polos de desenvolvemento (Souto 1988: 274), de tal xeito que se propugnaba o contrario do que en terminoloxía actual é o equilibrio territorial, idea que aparece na lei galega de ordenación do territorio vixente. O plano foi desbotado polo réxime autonómico, que tamén prevé un plano director (as DOTG), aínda non apro- bado. Este feito motivou que algúns colectivos reclamasen a necesidade de aprobar o contido do PDTC; é o caso dos ecoloxistas, que o cren “insuficiente pero suporía un avance enorme respecto á situación actual. Leva anos durmi- do no caixón das ‘boas intencións’” (Vales 1992: 203).

A creación das dúas comunidades autónomas supón unha reforma sus- tancial. É importante ter moi en conta que en Catalunya a reforma estivo baseada nos antecedentes de ordenación elaborados previamente ao franquismo (Font e Majoral, 2000: 116). A difusión que se fixo destes antecedentes en foros como o Congrés de Cultura Catalana, unida á idea de país do catalanismo (no goberno), posibilitaron a comezos da democracia un tipo concreto de leis e planos, que son os que hoxe están vixentes. En Galiza, a asunción competencial autonómica da materia da ordenación territorial supón en si mesma un revulsivo; mais a ausencia dunha ideoloxía territo- rial –gubernamental e civil- impediu un desenvolvemento autónomo e orixinal da política territorial10.

A primeira toma de posición autonómica en materia de ordenación do territorio foron as respectivas leis marco (en Catalunya, en 1983; en Galiza, moito máis tarde, en 1995). En Catalunya a Llei 23/1983 crea o entramado legal da planificación territorial no país, que se aplicou coa Llei 1/1995,

10 De todos os xeitos, e para sermos xustos, débese recoñecer o importantísimo papel xogado en Galiza polas asocia- cións CIES (Círculo de Información y Estudios Sociales, 1978) e ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, 1974). Ambas as dúas conseguiron xerar correntes de opinión sobre aspectos de política territorial moi importantes (espazos naturais, nucleares ou bosques no caso de ADEGA; a idea de cidade-país, autoestrada do Atlántico ou o monte co CIES). Pero cremos que os seus discursos non chegaron a ter a influencia sobre a política territorial do goberno que tiveron colectivos e estudosos –e antecedentes– cataláns sobre a ordenación territorial de Catalunya.

Page 12: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1102

pola que se aproba o Pla Territorial General de Catalunya (PTGC). En Galiza o entramado legal de 1995 aínda non se materializou cunhas Direc- trices de Ordenación do Territorio (DOTG)11, que son o equivalente ao plano xeral catalán.

De todos os xeitos, antes de 1995 as dúas comunidades xa xestionaran distintas figuras de ordenación –sectorial, urbanística, etc.– de grande tras- cendencia. A iso hai que engadirlle no caso catalán a política de montaña –e a que chamaremos “específica para as Terres de l’Ebre”– e no caso galego os planos de desenvolvemento comarcal12.

Antes da propia lei de ordenación en Catalunya, aprobouse a lei de alta montaña (Llei 2/1983), froito da especial atención que se lle quería dar a estas comarcas. É unha lei integral –por tanto cun contido claramente propio da ordenación do territorio–, que aborda todos os temas que afectan o desenvolvemento das comarcas de montaña, e distingue entre as comar- cas e as zonas de montaña, con políticas diferentes. A aplicación das tres xeracións de planos comarcais de montaña (os PCM, dende 1990) e a aproba- ción do plano estratéxico de 1998 supuxeron un investimento preferente do goberno catalán nestas comarcas. Para estas políticas creouse unha institución específica, o Consell General de la Muntanya.

En Catalunya tamén houbo unha preocupación especial polo porvir das catro comarcas meridionais, que se materializou na creación, durante o mandato de Tarradellas, do Consell Intercomarcal de les Terres de l’Ebre: aprobado para o desenvolvemento das comarcas consideradas tradicional- mente máis atrasadas, logo deu lugar ao Institut per al Desenvolupament de les Comarques de l’Ebre da Llei 12/1993 (reformada xa en dúas ocasións pola deficiente representatividade da lei de partida) e cun nome bastante explícito. Esta figura administrativa repetiuse para as comarcas do Alt Pirineu mediante a Llei 28/2002 (de creación do Institut per al Desenvolupa- ment i la Promoció de l’Alt Pirineu i Aran). A palabra ‘desenvolvemento’ foi empregada, por tanto, para os dous conxuntos territoriais de acción prefe- rente da Generalitat, e nos dous casos cun sentido semellante ao da ordenación.

Os planos de desenvolvemento comarcal (PDC)13 galegos, pola súa banda, comezaron a se elaborar en 1991. Aplicáronse primeiro nas chama- das “comarcas piloto” (Precedo 1994: 147) e consisten unha concertación de accións para o desenvolvemento local e a coordinación das distintas administracións implicadas no eido comarcal (Xunta, Deputacións, etc–). O marco foi pechado coa aprobación do mapa comarcal (1997) e da lei de desenvolvemento comarcal (Lei 7/1996), ambos os dous coa referencia directa de que as comarcas só son instrumentos para a planificación. Cada comarca goza dun plano, dunha fundación, dun centro comarcal, etc. A pesar das

11 Poucas cousas trascenderon do contido das DOTG en elaboración. A Consellaría facilitou ao Parlamento un avance, do cal Pino criticou que se conciba Galiza como un sistema pechado, se estea a poñer ao mesmo nivel as relacións co Norte de Portugal que con outra rexións máis afastadas e se aposte polo papel de Santiago, menosprezando o que xa ten Vigo en Galiza (Pino 2002: 542-3).12 Comentamos aquí os planos de desenvolvemento comarcal na ordenación do territorio galego co único obxectivo de estabelecer comparación coa ordenación do territorio catalá. Mais en esencia non cremos que sexan estrictamente comparábeis. Asemade, as reformas administrativas operadas na Xunta nos últimos meses fan presaxiar trocos no modelo seguido até o de agora.13 PDC fai tanto referencia ao plano de desenvolvemento comarcal do conxunto de Galiza como aos planos que se elaboran para cada comarca.

Page 13: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1103

bondades dos planos non fica claro até qué punto teñen un papel vinculante na ordenación dos usos do solo; máis ben inciden en actuacións infraestru- turais e de incentivación socio-económica, e teñen unha clara vocación estratéxica no eido do desenvolvemento local. Inclúen estudos profundos e de gran valor de riscos naturais, de calidade das augas... estudos que non se converten nun documento de planificación.

Nas dúas comunidades, a planificación territorial transectorial previa á aplicación definitiva das leis de ordenación autonómicas (en Catalunya a partir de 1995, en Galiza aínda está por vir) supuxo unha concentración en territorios concretos dentro da rexión (figura 4). En Catalunya o criterio foron as comarcas que se consideraba que precisaban unha atención especial, as de montaña e as das Terres de l’Ebre, e en Galiza a rede de comarcas que se foi escollendo, coincidente nun primeiro momento coas comarcas das montañas orientais e da Dorsal Central, e en xeral todas elas rurais –agás O Salnés–, respondendo á imaxe tópica de comarca deprimida.

De tal xeito que o que temos en realidade é unha reproducción dos esquemas da política rexional (redistribución da riqueza, solidariedade territorial, etc.), aplicada agora a escala de dentro de Galiza e Catalunya. Unha reproducción que se fai cunha división territorial propia, con todo o que isto significa no contexto dunhas administracións novas que tentan buscar a súa marca diferenzal, unha nova estrutura do poder e uns mecanismos de achegamento á cidadanía que as distingan do estado central.

Figura 4. Comarcas con accións especiaias: comarcas de montaña e comarcas do Ebre en Catalunya, con PCM dende 1990 ou con Institut per al Desenvolupament

dende 1993; comarcas con PDC en Galiza até 1994

Fontes: Precedo (1994), Majoral (2001) e www.gencat.netelaboración propia

hN0 25 50 km

Comarcas con Plano de DesenvolvementoComarcal (PDC) en 1994

Comarcas con Plano Comarcal de Montaña (PCM)Zonas de montaña con Programa Zonal (PZ)Comarcas no ámbito de acción do IDCEComarcas no ámbito de acción do IDPAPA

Page 14: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1104

4. A ordenación territorial actual galega e catalá

O primeiro que cumpriría facer para analizar a ordenación territorial galega e catalá é explicar a respectiva tipoloxía lexislativa de planos, expos- ta no cadro da figura 5.

Figura 5. Tipos de plans segundo a lexislación de Galiza e Catalunya

Llei 23/1983, de 21 de novembre, de política territorial.

- Pla Territorial General de Catalunya (PTGC).

- Plans Territorials Parcials (PTP).

- Plans Territorials Sectorials (PTS).

Lei 10/1995, de 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galiza.

- Directrices de Ordenación do Territorio de Galiza (DOTG).

- Planos Territoriais Integrados (PTI).

- Programas Coordinados de Actuación (PCA).

- Planos e Proxectos Sectoriais de Incidencia Supramunicipal (PSIS).

- Planos de Ordenación do Medio Físico (POMF).

Un e outro marco lexislativo conteñen un documento de carácter superior que é o referente tanto para planificación sectorial como integral. No caso catalán ese instrumento é o PTGC, e no caso galego as DOTG.

Os chamados PTS en Catalunya refírense a calquera materia que teña unha dimensión territorial e que se formule en forma de plano por parte dun departamento do goberno. O PTGC propón unha serie de planos sec- toriais, moitos dos cales xa foron elaborados: estradas, camiños de ferro, etc. En troques, a vocación dos PSIS é fundamentalmente infraestrutural, xa que só se refire a “regular a implantación territorial das infraestruturas, dota- cións e instalacións” e por tanto non abrangue dentro do paraugas territorial as actuacións sectoriais que se poidan facer dende calquera consellaría.

Os PTP cataláns serían o equivalente dos PTI galegos. Os PTP derí- vanse do PTGC en tanto que o PTGC xa manda os ámbitos que teñen que ter un PTP. O PTP é un desenvolvemento do PTGC a escala rexional, polo que Catalunya fica dividida en seis ámbitos (sete dende a Llei 24/2001). En troques, os PTI en Galiza non se erixen en desenvolvemento obrigatorio das DOTG, senón como fórmula optativa de ordenación a instancias da Xunta “cando as circunstancias non previstas nas directrices o aconsellen”. Os PTI probabelmente non terán ámbitos fixos de incidencia –dependerá do que as DOTG indiquen–, como si que teñen os PTP (figura 6). Da lectura minuciosa da lei galega, derívase que o ámbito dos PTI será subprovincial, pois para a redacción dun PTI cumprirá notificalo á deputación provincial respectiva (artigo 15), non a varias deputacións, excluíndose un PTI de ámbito supra ou interprovincial. Posteriormente, na Lei 7/1996 afírmase que a designación dunha comarca para a elaboración dun PDC ex novo implica a tramitación simultánea dun PTI segundo o procedemento da Lei 10/1995.

Page 15: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1105

Por tanto, esta planificación en Galiza é de carácter comarcal, e en Catalunya de carácter supracomarcal. A Lei 10/1995 igualou un PDC a un PCA, figura propia de Galiza que non ten equivalente na lexislación catalá. Deste xeito, os PDC son PCA en si mesmos e dende a Lei 7/1996 elabóranse paralelamente aos PTI.

Unha última figura que aparece na lei galega e non está na catalá é o POMF. Polo seu contido, os POMF fican na lexislación catalá como planos especiais. E como na lexislación catalá os planos especiais do medio físico fican dentro da planificación territorial sectorial (mediante o Pla d’Espais d’Interès Natural, PEIN) e os PTS están dentro da ordenación do territorio, temos a mesma situación de xerarquía da planificación ca en Galiza. De todas formas, vincular os POMF á ordenación do territorio na mesma lei non pode ser considerado máis ca un acerto do lexislador.

Os expertos consideran que a lei catalá opta pola xerarquía de planos, pois o PTGC está por riba dos PTP e os PTS. Unha xerarquía esclarecida coa aprobación do PTGC en 1995, que pon especial énfase na inserción dos diferentes PTS aprobados e na coordinación dos futuros PTP. En troques, o caso galego non presenta esta xerarquía de planos; estes poden saír cunha certa independencia, maior ou menor segundo os casos.

Por outra banda, cómpre dicir que a idea de ordenación do territorio na lei galega, a pesar de se facer eco da definición europea da carta europea, non é tan ampla nin integradora como a contida na lei catalá (Pérez 1998). A ordenación territorial en Catalunya é sinónimo de desenvolvemento socioeconómico e inclúe calquera actividade, medida ou plano que afecte o espazo; en troques, en Galiza, a ordenación é entendida como coordinación en materia territorial14. Nos dous casos destaca unha teima polo reequilibrio espazal, xa que de facto considérase que os países non están equilibrados15.

É interesante analizar os planos elaborados baixo a lexislación catalá. En Galiza, as DOTG nestes momentos están en fase de elaboración e son compromiso desta lexislatura (2001-05) do partido no goberno16. Na disposi- ción transitoria oitava da Lei 9/2002 afirmase que nun ano entrarán no Parlamento (para finais do 2003, xa que logo).

Na análise do PTGC aprobado en 1995, é básico ter en conta que este foi aprobado 12 anos despois da lei que o regula, logo de xa estar aprobados a maior parte dos PTS. O PTGC estrutúrase en tres bloques: a análise, centra- da na definición dos sistemas urbanos que se convertirán nos elementos básicos da estratexia de ordenación do territorio; a diagnose, na que se fai unha tipoloxía das comarcas catalás segundo o desenvolvemento actual, e interprétase cadansúa tendencia de evolución, calificándose tamén os sistemas urbanos como sistemas de proposta para satisfaceren o obxectivo do reequilibrio; e as propostas, entre as que destaca a necesidade de elabora- ción dos PTP, que serán os que concreten a prognose do PTGC.

A idea fundamental do PTGC –o reequilibrio territorial– ten a súa orixe no imaxinario catalán, especialmente o do catalanismo, que considera que Barcelona ten un peso excesivo no conxunto e debe ceder protagonismo ao resto do país. A proposta do PTGC é que a rexión metropolitana de Barce-

14 Como ben sinalaron algúns autores, na lei catalá non aparece unha definición explícita de ordenación do territorio, mentres que na galega esta fica legalmente redactada (Chica e Santos 1999: 161). 15 A Lei 7/1996, de desenvolvemento comarcal sinala tamén como motivo principal da lei a existencia de desequilibrios territoriais no país. É, por tanto, unha motivación recurrente.16 Ver nota ao pé 11.

Page 16: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1106

lona pase de representar o 70% da poboación a comezos dos noventa a pouco máis dun 60% para o 2026 (figura 7). Isto preténdese desacelerando o crecemento da capital e o seu arredor e incentivando o investimento público e privado nos chamados “sistemas de reequilibrio” (figura 8).

O proceso de elaboración dos PTP está sendo moi lento. O PTP da rexión metropolitana foi presentado en 1998, mais non aprobado; nestes momentos atópase en fase de reelaboración. Os PTP das outras rexións catalás están en distintos estados de elaboración, destacando como máis avanzados os de Ponent e as Comarques Centrals. En maio do 2001 aprobouse o das Terres de l’Ebre, que ten especial interese para nós porque representa a concre- ción do que dispón o PTGC para unha rexión determinada. E faino mediante unha normativa moi clara, cun articulado e unhas normas fixas para a plani- ficación territorial, a diferenza dos contidos moito máis etéreos do PTGC.

En realidade, o PTP sitúase a medio camiño entre o planeamento urba- nístico, que fixa os usos do solo a escala de detalle, e as directrices xerais para o territorio catalán estabelecidas polo PTGC. O equilibrio entre estes dous extremos non é doado, e o PTP das Terres de l’Ebre (PTPTE) reflícteo claramente.

O PTPTE ten un dobre acento economicista e territorial. O economicista –a maior parte das estratexias da memoria fanse por sectores económicos, por exemplo– é unha novidade respecto o PTGC, o territorial é unha concre- ción e mellora do que estabelece ese mesmo plano. No territorial faise un grande avance, aínda que cómpre dicir que as categorías urbanísticas non saen dunha reformulación xeral senón da suma dos planos xerais da rexión. É mester salientar que o PTPTE concreta moitas das indeterminacións do PTGC, como é o xeito de dar cabida ao crecemento demográfico que debe ter a rexión en aras ao reequilibrio do país (aínda que rebaixa o escenario do 2026 ao 2016)17.

17 Así, parte das ausencias detectadas nas leis xerais de ordenación (por exemplo, por Chica e Santos 1999) subsanáronse cos planos concretos como o PTPTE: a falla dunha orde territorial proposta, a zonificación, a distinción entre propostas e diagnose, etc.

Figura 6. Ámbitos de planificación parcial

Fontes: PTGC (1995) e Llei 24/2001elaboración propia

hN 0 25 50 km

Límites dos ámbitos dos PTP segundo o PTGC (1995)Novo ámbito de planificación segundo a Llei 24/2001“Comarcas-rótula”, que poden trocar de ámbitoComarcas a ter en conta polo PTP veciño

Page 17: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1107

Figura 8. Polaridades para o reequilibrio territorial de Catalunya

Fonte: PTGC (1995)elaboración propia

hN0 25 50 km

Àmbit Metropolità

Figura 7. Distribución da poboación. Imaxe-obxectivo para o 2026

Fonte: PTGC (1995)elaboración propia

hN 0 25 50 km

Poboación 1986 5,66% 338.400 habPoboación 1991 5,60% 339.732 habTendencia 2026 4,84% 363.294 habProposta 2026 7,05% 529.000 hab

Poboación 1986 8,05% 481.322 habPoboación 1991 8,24% 499.114 habTendencia 2026 9,50% 712.753 habProposta 2026 10,6% 794.000 hab

Poboación 1986 6,78% 405.619 habPoboación 1991 6,84% 414.222 habTendencia 2026 6,30% 472.462 habProposta 2026 7,69% 577.000 hab

Poboación 1986 70,75% 4.229.527 habPoboación 1991 70,37% 4.264.423 habTendencia 2026 69,15% 5.186.089 habProposta 2026 62,67% 4.700.000 hab

Poboación 1986 6,16% 368.192 habPoboación 1991 6,39% 387.052 habTendencia 2026 7,99% 598.940 habProposta 2026 8,75% 656.000 hab

Poboación 1986 2,60% 155.578 habPoboación 1991 2,56% 154.952 habTendencia 2026 2,22% 166.462 habProposta 2026 3,25% 244.000 hab

Poboación 1986 5.978.638 habPoboación 1991 6.059.495 habTendencia 2026 7.500.000 habProposta 2026 7.500.000 hab

Page 18: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1108

5. Ideas sobre planeamento urbanístico en Galiza e Catalunya

Os respectivos estatutos estabelecen que as comunidades teñen competencias exclusivas en urbanismo, pero o conxunto do planeamento urbanístico adáptase á lexislación xeral do estado, co que se desencadeou un conflito que durou até a sentenza 61/1997 do Tribunal Constitucional. A sentenza delimita do seguinte xeito: só pode ser competencia estatal a regulación das condicións básicas que garanten a igualdade no exercicio do dereito de propiedade do solo, así como a regulación de determinadas materias que inciden no urbanismo (valoracións, expropiacións, etc.)

Asemade, a sentenza anula parte da lexislación estatal que supuña unha inxerencia nas competencias autonómicas, o que obrigou o goberno central a elaborar unha lei nova (Ley 6/1998). Parte desta lei foi declarada outra vez inconstitucional en 2001, por entrar en competencias autonómicas.

Logo de dúas décadas de permanente conflito co estado, Catalunya desenvolveu plenamente as súas competencias coa Llei 2/2002. E Galiza fixo o propio coa Lei 9/2002.

Cómpre dicir de antemán que parte dos problemas da urbanística galega e catalá dende as leis do solo franquistas e até o de agora fican no intento de aplicación duns instrumentos pensados para a cidade –os do urbanismo– para todos os concellos, independentemente de que tivesen unha faz rural. Esta aplicación supuxo moitos conflitos e na práctica manifestouse nunha cantidade nada desdeñábel de concellos sen planeamento. Cremos que o marco das novas leis do 2002 introduce trocos e, no caso galego, un tratamento das morfoloxías rurais de grande interese, aínda que chega máis de 20 anos despois da instauración da Xunta.

A lexislación vixente en Galiza e Catalunya estipula que a iniciativa, o desenvolvemento e a execución do planeamento urbanístico fica nos concellos, aínda que os contidos finais dos planos deben ser ratificados por Xunta e Generalitat respectivamente. Polo que respeta aos tipos de plano e de categorías urbanísticas, dende as leis do 2002 hai diferenzas significa- tivas entre Catalunya e Galiza:

• En Galiza os tipos de solo son o urbano, o de núcleo rural, o urbanizábel e o rústico. En Catalunya os tipos de solo son o urbano, o urbanizábel e o non urbanizábel.

• En Galiza os instrumentos de planeamento urbanístico son os planos xerais de ordenación municipal (PXOM) e as normas subsidiarias e complementarias (NNSC). O planeamento de desenvolvemento pode ser: planos parciais, especiais, de sectorización, etc. En Catalunya os instrumentos de planeamento urbanístico son tres: os planos de ordenación urbanística municipal (POUM, equivalentes aos PXOM), as normas de planeamento urbanístico (unha figura transicional se hai un proceso xudicial) e os planos directores, de carácter supramunicipal. O planeamento derivado no caso catalán componse de planos parciais, planos especiais, planos de mellora e proxectos de obras.

Page 19: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1109

En definitiva, agora temos dúas realidades lexislativas diferentes adaptadas a dúas realidades urbanísticas diferentes. Cómpre dicir que ambas as dúas leis contaron cun longo proceso de elaboración e cun consenso salientábel.

Dito isto, fixaremos agora unha tentativa de síntese do estado actual do planeamento urbanístico en Galiza e Catalunya, pola súa trascendencia. É, de calquera xeito, unha tentativa provisoria, porque os novos marcos lexislativos farán que este panorama troque: tanto nun país coma no outro, por exemplo, desapareceu unha figura de planeamento urbanístico que até o de agora existía –as delimitacións do solo urbano (DSU)– e en Catalunya, amais, desaparecen as normas subsidiarias. As DSU e as normas subsidia- rias foron sistematicamente empregadas polos concellos rurais que consideraban que non precisaban planos xerais.

Na figura 9 podemos observar a evolución das distintas figuras de planeamento urbanístico entre comezos da democracia (1978 e 1981) e o mo- mento actual (1999 e 2003)18. Nótase que a comezos da democracia o 65% dos concellos galegos non tiñan planeamento urbano, e pasaba o mesmo co 55% dos cataláns. Durante estes derradeiros vinte anos houbo unha suba espectacular de concellos que xa teñen planeamento, aínda que detectamos que en Galiza aínda hai un 21% que non teñen (o 20% de Catalunya probabelmente baixou dende 1999 a 2003). Este 21%, porén, vese regulado polas chamadas NNSC das catro provincias galegas, que foron aprobadas en 1991. Estas NNSC, unha figura sen equivalente en Catalunya, determinan ámbitos de solo rústico protexido e estabelecen unhas ordenanzas básicas de aplicación ao solo urbano, aos núcleos rurais de poboación e ao solo rús- tico común e protexido.

A comezos da democracia en Galiza había un grande número de con- cellos con unicamente DSU, e na actualidade a situación é moi semellante á catalá, isto é, a maior parte dos concellos con normas subsidiarias e unha cuarta parte con planos xerais19, que coinciden cos concellos máis poboados.

A figura máis completa de ordenación é o plano xeral, que tanto a lexisla- ción galega coma a catalá pretenden que os elaboren os máis dos concellos, pero de momento só o fan arredor do 25% do total. Son planos custosos, pero terán que ser asumidos polos concellos, en especial en Catalunya, onde se converteu na única figura posíbel de planeamento urbanístico municipal.

A figura 10 amosa a distribución deste planeamento por provincias. Tanto no caso galego coma no catalán, hai unha provincia onde aínda máis do 40% dos concellos non teñen planeamento ningún –Ourense e Lleida– e logo a situación das provincias máis metropolitanas é bastante semellante, aínda que territorialmente sorprende que a rexión de Barcelona teña unha alta porcentaxe de planos xerais, dato que non se dá en Galiza.

Agora faremos unha valoración xeral da intensa actividade urbanística dos dous países, previa ás leis do 2002.

En Catalunya, o planeamento tratou de responder ás demandas

18 Non dispomos dos datos para o mesmo ano das dúas comunidades autónomas, mais consideramos que son comentábeis de xeito paralelo.19 Contabilizamos dentro dos 75 concellos con plano xeral os 6 concellos que teñen plano de ordenación do medio rural. Esta figura apareceu na Lei 1/1997 –que foi a primeira lei do solo galega, aprobada como cumprimento da sentenza do Constitucional–, mais deixou de existir coa Lei 9/2002.

Page 20: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1110

dunha sociedade democrática –esixencias de maior protección, rigorosidade técnica, novos equipamentos e servizos, etc.– a pesar de que o ritmo de transformación do solo urbano foi moito máis intenso nesta etapa que en todas as anteriores (Majoral 2002: 422). En efecto, malia a mellora rexistrada na paisaxe urbana, moitas cidades catalás aínda amosan as pegadas do crecemento urbano dos sesenta e setenta, dominado pola especulación e unha arquitectura de baixa calidade. O debate actual na urbanística en Cata- lunya parece ficar no antagonismo entre “cidade compacta” e “cidade difusa”, de moi difícil solución.

A valoración do urbanismo en Galiza farémolo a partir de tres autores que se dedican á realidade das cidades, as vilas e o mundo rural. Sobre o mundo urbano, Armas dinos que “algunhas cidades (Vigo, Ferrol) atópanse máis preocupadas pola recuperación da súa dinámica económica e de mellorar a súa accesibilidade que dos valores urbanísticos” (Armas 1999: 497), e engade que só Santiago e A Coruña teñen unha preocupación efectiva pola cuestión urbanística. Para as vilas outro autor afirma que “en case todos os núcleos identifícanse casos de transgresión das normativas urbanísticas, se é que existen, e isto pese a que estas foron redactadas cunha gran flexibilidade para beneficiar os intereses especuladores dos actores fabricantes do espazo urbano” (Rodríguez 1999: 136). E para os concellos rurais díxose que “en Galiza preséntase, non só a posibilidade, senón a alta probabilidade de que, á volta dunhas xeracións, [...] [teñamos] un total de 10 millóns de par- celas aptas para se facer unha casiña en cada unha” (García-Bellido 2002: 299-300), producíndose un crecemento urbanístico total no mundo rural; a isto habería que engadirlle o pesimismo que presentan algúns autores en torno ao patrimonio edificado tradicional dada a escasa atención que tivo por parte do planeamento municipal.

A pesar do ton das tres citas, cremos que a Lei 9/2002 contén elemen- tos para o optimismo, para un futuro mellor, aínda que están por ver os seus resultados. As cidades e as vilas probabelmente trocarán para mellor co novo marco lexislativo, e máis tendo en conta a participación que tiveron os concellos urbanos na redacción da nova lei. Onde probabelmente segui- rán os problemas é no mundo rural. De todos os xeitos, cremos importante dicir que o redactado da lei ten un moi notábel desenvolvemento de medidas para a protección e mellora da arquitectura rural e do solo rústico (indícase no prólogo de que se tenta “trazar unha verdadeira política territorial sobre o medio rural”), e introduce un réxime de disciplina moi férreo coa aprobación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (de adscrición volun- taria).

Para concluír, dicir que na actualidade contamos legalmente con instrumentos dunha gran capacidade técnica que promoven unha ordenación urbanística global. E isto é válido tanto en Galiza coma en Catalunya, con realidades normativas adaptadas a cadansúas realidades. Mais os resultados distan moito de acadar un escenario idílico, en parte porque a planificación urbana non chega a todo o territorio, os planos xerais non son aplicados coa firmeza necesaria e falla unha maior coordinación20.

20 O PTGC debese ser o documento marco neste senso e á práctica deixa a responsabilidade aos PTP, aínda –como dixemos– non elaborados. Como expuxo un coñecido xeógrafo catalán, “en Catalunya [...] hai 950 planos xerais que non están coordinados” (Tarroja 2002:68). En Galiza, a inexistencia das DOTG imposibilita tamén na praxe a coordinación.

Page 21: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1111

6. Notas sobre planificación sectorial de incidencia territorial

As políticas sectoriais de incidencia territorial son inumerábeis e van dende as estradas até os espazos de interese natural ou as políticas da auga; a escolla de cáles políticas sectoriais se poden considerar de maior inciden- cia territorial varía segundo o estudoso do tema. Para Zoido, por exemplo, son os planos infraestruturais e os planos en materia de espazos de interese natural os máis interesantes neste senso (Zoido 1995). Optamos aquí por facer unha presentación xeral da ordenación sectorial nas dúas comunidades, para logo exemplificala coa política en materia de espazos naturais protexi- dos. Para unha completa reflexión sobre a ordenación sectorial e a súa

Figura 9. Evolución do planeamento urbanístico de comenzos da democracia á actualidade

Figura de planeamento Catalunya 1981 Galiza 1978 Catalunya 1999 Galiza 2003

Plano xeral 241 26% 29 9% 247 26% 75 24%

Normas subsidiarias 85 9% 27 9% 423 45% 145 46%

Delimitación solo urbano 99 11% 52 17% 90 9% 30 10%

Con planeamento 425 45% 108 35% 760 80% 250 79%

Sen planeamento 510 55% 204 65% 185 20% 65 21%

Número de Concellos 935 312 945 315

Fontes: Souto (1988), Majoral (2001) e www.xunta.es/conselle/ot/galego/urbanismo/planeamento.htmelaboración propia

Figura 10. Estado do planeamento urbanístico en Catalunya (1999) e Galiza (2003)

Figura de planeamento Barcelona Girona Lleida Tarragona Catalunya

Plano xeral 147 47% 68 31% 4 2% 28 15% 247 26%

Normas subsidiarias 131 42% 121 55% 91 41% 76 42% 423 45%

Delimitación solo urbano 9 3% 9 4% 32 14% 40 22% 90 9%

Con planeamento 287 92% 198 90% 131 57% 144 79% 760 80%

Sen planeamento 23 8% 23 10% 100 43% 39 21% 185 20%

Número de Concellos 310 221 231 183 945

Figura de planeamento A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galiza

Plano xeral 25 27% 6 9% 20 22% 24 39% 75 24%

Normas subsidiarias 58 62% 36 54% 19 21% 32 52% 145 46%

Delimitación solo urbano 5 5% 12 18% 13 14% 0 0% 30 10%

Con planeamento 88 94% 54 81% 52 57% 56 90% 250 79%

Sen planeamento 6 6% 13 19% 40 43% 6 10% 65 21%

Número de Concellos 94 67 92 62 315

Fontes: Souto (1988), Majoral (2001) e www.xunta.es/conselle/ot/galego/urbanismo/planeamento.htmelaboración propia

Page 22: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1112

interrelación coa ordenación territorial integrada pódese consultar a aporta- ción de Zoido no 2001.

6.1. Formulación xeralA diferenza dos anteriores tipos de ordenación estudados (territorial e

urbanística), neste caso as administracións autonómicas non son as únicas competentes, polo que o estado intervén de forma activa, tal e como tivemos ocasión de explicar parcialmente no apartado dedicado á ordenación territo- rial española. Isto pódese vehicular de distintas formas. Por exemplo, os planos en materia hídrica, reservan unha serie de bacías para a administra- ción autonómica e outras para a xeral, en función de se son interautonómicas ou non (figura 11).

Outro tipo de situación é a que afecta ás estradas e aos camiños de ferro; estado e gobernos autonómicos fixeron cadanseu plano, teoricamente reservándose o estado as estradas ou as liñas de interese xeral, e as comunida- des autónomas as de interese rexional. Pero en realidade non hai unha delimitación clara entre unhas e outras. Temos o paradoxo de que unha liña enteiramente galega, a espiña dorsal do país (A Coruña-Vigo), pertence ao estado e por tanto as determinacións sempre veñen dende Madrid. En Catalunya, o PTGC e a proposta de PTP metropolitano traballan sobre a rede de cercanías de Barcelona, cando esta rede non é da Generalitat senón de Ren- fe, por moito que a Generalitat reivindica constantemente esta transferencia.

Unha terceira situación afecta a outras materias moi importantes dende o punto de vista da política sectorial de incidencia territorial –a enerxía, os aeroportos, etc.– que o Estado ten absolutamente reservadas, a pesar de que a política territorial autonómica débeas recoller se quere ser coherente co carácter global da ordenación do territorio.

Tanto en Galiza coma en Catalunya houbo unha serie de planos secto- riais aprobados cun interesante contido territorial, e que teñen que ver tanto coas competencias asumidas como coa necesidade de intervención territo- rial que teñen as autonomías, materializada fundamentalmente no eido das obras públicas. Destacan os planos hidrolóxicos da Galiza Costa e as Bacías Interiores Catalás, os planos de estradas, os planos de saneamento, etc. A diferenza substancial fica en que Catalunya os ten organicamente vincula- dos á planificación territorial e boa parte deles aparecen xa dentro do PTGC. En Galiza, en troques, cada un destes planos réxese pola súa propia lexislación e non teñen unha adscrición superior en materia de ordenación do territorio.

Hai que sinalar que nos dous casos temos planos sectoriais que deberan ter unha base territorial –xustificativa ou determinante–, que de momento non se fixo, caso do mapa de saúde galego ou de determinados planos infraestruturais cataláns. O mapa de saúde galego, por exemplo, amplamen- te analizado por González (2000), amosa unha falla de senso territorial na súa ordenación, polo que se aprecian importantes disfuncións.

Polo tanto, a planificación sectorial é probabelmente, e a pesar de ser máis eficaz e sinxela (Zoido 2001: 605), máis confusa cá planificación territorial. E amais depende en maior medida –pola indefinición estatutaria e constitucional– dos designios políticos para o seu éxito.

Page 23: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1113

6.2. O caso dos espazos de interese naturalÉ un ambito ao que se dedicou especial atención polo seu neto contido

territorial e porque de xeito normal debera ser un chanzo básico da ordenación do territorio do país, pois a política de salvagarda dos espazos de interese natural forma parte de calquera ordenación territorial global.

En Catalunya, a planificación sobre espazos naturais protexidos réxese por un plano sectorial moi nomeado, o PEIN, aprobado o ano 1992. O plano baséase nas determinacións da Llei 12/1985. Defínese como un plano que contempla todos os espazos considerados interesantes de se preservaren polo seu alto valor (ecolóxico, paisaxístico, etc.), de xeito que recolla todos os ecosistemas existentes en Catalunya. Pola súa ambición, o plano foi unha figura pioneira no Estado español.

O PEIN definiu 144 espazos en 1993 (146 a xullo do 2003), unha pequena parte dos cales xa estaban protexidos daquela. Recolle tanto os ‘espazos de interese natural’ –que simplemente están catalogados no PEIN e nos que se aplica un réxime xeral de protección– como os ‘espazos de protección especial’, que están rexidos por unha figura superior (parques nacionais e naturais, reservas naturais e paraxes naturais de interese nacional; cada un destes espazos ten uns mecanismos de xestión propios). Até a aprobación do PEIN, houbo un ritmo rápido de declaración de espazos de protección espe- cial, pero dende aquela o ritmo baixou e só nos últimos anos se teñen aprobado parques naturais novos (Cap de Creus, El Port, Montsant, Alt Pi- rineu).

O PEIN é unha figura moi importante porque recolle o 21% do territorio e dálle coherencia legal, cunha lexislación bastante estrita que se endurece nos espazos de protección especial. De todos os xeitos, fixéronselle críticas a este plano: a súa delimitación exclúe moitos tipos de paisaxes, a lentitude na aprobación dos planos especiais que deben rexer cada un dos 146 espa- zos, a falla dun programa de investimentos, a inexistencia de conectores entre espazos, etc. (Vila e Pintó, 2000:400). Que hoxe un espazo estea incluído no PEIN é garantía dunha boa conservación e isto é un gran paso adiante. Porén, a protección do 21% do territorio non tería que significar o esquece- mento do 79% restante.

A situación de Galiza é notoriamente diferente. A lei marco de espazos naturais protexidos non chegou até o 2001, 16 anos despois que en Catalunya21. No entanto, até o ano 2002 tan só existían cinco parques naturais declarados –40600 ha, pouco máis do 1% do territorio, mentres que en Catalunya xa había máis de dez– e o resto de Galiza pódese afirmar que non contaba con ningún grao de protección, excepto o urbanístico para os espazos afectados polas normas subsidiarias provinciais e os de ‘réxime de protección especial’ (poucos, pequenos, sen garantías de protección auténtica e basicamente no litoral: lagoas, rías, etc.). A Lei 9/2001 sinala as figuras de espazos naturais protexidos de Galiza: reserva natural, parque (natural ou nacional), monumento natural, humidal protexido, paisaxe protexida, zona de especial protección dos valores naturais, espazo natural de interese local e espazo privado de interese natural. Das nove figuras, xa hai espazos protexidos pertencentes a sete delas e fallan por se aplicar os espazos naturais de inte-

21 A Lei 9/2001 de Conservación da Natureza. Até daquela a materia rexíase pola Ley 4/1989, española.

Page 24: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1114

rese local e os privados de interese natural. A Lei 9/2001 non define un plano xeral previo –un equivalente do PEIN para Galiza– que dea coherencia e solidez á Rede galega de espazos protexidos, creada nesa lei e produto da simple suma dos espazos que se vaian protexendo co paso do tempo.

A Rede Natura 2000, recentemente aprobada, é unha rede de espazos catalogados en virtude da lexislación xeral europea. En Galiza a súa aproba- ción significou o aumento espectacular de espazos protexidos, pois a figura zona de especial protección da Lei 9/2001 inclúeos a todos. En Catalunya, todos os espazos PEIN pasaron á Rede Natura 2000 e estanse a definir algúns de novos que se lle engadirán. Ten para nós maior interese o caso galego, pois supuxo un paso adiante na conservación da natureza.

A Rede Natura 2000 galega está formada por 65 espazos e abrangue o 12% do país. Non se pode facer equivaler a Rede Natura 2000 ao PEIN, pola diferenza nos procesos de elaboración, o diferente réxime de protección –moito máis estrito e reglado en Catalunya que en Galiza– e o desigual territorio incluído –12% en Galiza, 21% en Catalunya–, pero empregamos as respectivas imaxes como comparativas (figura 12).

Nunha valoración xeral da situación de Galiza, pódese dicir que existe unha evidente contradicción entre a lexislación e a praxe (Pérez 2000: 307). Até o de agora a rede Natura 2000 non existía e por tanto a única posíbel protección era a urbanística, que mediante as normas subsidiarias, prote- xía teoricamente espazos como O Courel ou Trevinca, cando en realidade se un observa a situación destes montes é lamentábel: a lei fala dunha “explotación racional dos recursos” e alá están as pizarreiras que non paran de medrar. Mesmo en espazos incluídos na Rede Natura 2000, como O Xistral ou A Capelada, instaláronse campos de muíños eólicos, cousa que fica absolutamente prohibida nos espazos PEIN.

Figura 11. Planificación sectorial en materia de augas

Fontes: http://hispagua.cedex.es/bbdd/legis/Estatal/planes.htm ; http://www.xunta.es/conselle/cma/augas.htm ; http://www.gencat.net/aca/presentacio/inici.html

elaboración propia

hN0 25 50 km

Cortes Generales2001

Plan Hidrológico Nacional(Ley 10/2001)

Plano Hidrolóxico de Galiza-Costa

Ministerio de Medio Ambiente2003 (plano no BOE)

Xunta de GalizaElaborando a normativa Plan Hidrológico de la cuenca Norte I

Ministerio de Medio Ambiente1998 (plano no BOE)

Confederación Hidrográfica del Norte1998 (plano no BOE)

Plan Hidrológico de la cuenca del Duero

Ministerio de Medio Ambiente1998 (plano no BOE)

Confederación Hidrográfica del Duero1999 (plano no BOE)

Plan Hidrológico de la cuenca Norte II

Ministerio de Medio Ambiente1998 (plano no BOE)

Confederación Hidrográfica del Norte1999 (plano no BOE)

Plan Hidrológico de la cuenca del Ebro

Ministerio de Medio Ambiente1998 (plano no BOE)

Confederación Hidrográfica del Ebro1999 (plano no BOE)

Pla Hidrològic de les ConquesInternes de Catalunya

Ministerio de Medio Ambiente1998 (plano no BOE)

Generalitat de Catalunya1999 (plano no DOGC)

Xestión directa e aprobación dos planospor parte do goberno central

mediante as Confederacións Hidrográficas

Page 25: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1115

Figura 12. O PEIN en Catalunya (1992) e a Rede Natura 2000 en Galiza (2001)

Fonte: http://www.gencat.net/mediamb/pn/mapa-pein.htm

Fonte: http://www.xunta.es/conselle/cma/CMA05e/CMA05eh/p05eh01.htm

Page 26: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1116

7. Valoracións finais

Chegados a este punto, faremos unha breve tentativa de epílogo. En primeiro lugar, recoñecer que o carácter da ordenación do territorio –un coñecemento indeterminado, de límites laxos, onde as divisións internas non están claras, etc.– fai as conclusións desta comunicación non defini- tivas. Só con ollar un manual recente de ordenación territorial (Gómez 2002), vense diferenzas significativas coas escollas terminolóxicas e conceptuais que aquí seguimos. Mesmo a obra que nos serviu de marco conceptual foi criticada: por dividir entre ordenación física e económica, pola falla de trata- mento do medio físico ou pola práctica ausencia do tema do desenvolvemento local (Olcina 1998).

A exclusión inicial de non falar de planos estratéxicos, e o escaso trata- mento que lle demos á planificación sectorial –por exemplo, os planos de estradas, tanto en Catalunya como en Galiza son de gran riqueza–, restou posibilidades interpretativas. Non comentamos tampouco a especificidade da ordenación metropolitana, tema de moito interese considerando que existe unha dilatada historia nesta materia en Catalunya e que en Galiza se están a buscar referentes. Sen dúbida que só isto daría para outro traballo.

Asumimos plenamente todas estas limitacións e erros, lembrando de todos os xeitos que os obxectivos da comunicación son os que figuran a comezo do texto, e o artigo responde a eles.

E entrando xa nas valoracións, podemos afirmar que as lexislacións galega e catalá foron innovadoras no momento en que se elaboraron. O mo- delo galego responde á realidade dos noventa, mentres o catalán xa ten máis de 20 anos de vixencia e algunhas das súas determinacións hoxe xa non teñen igual senso (é o caso, cremos, da teima pola “desconxestión” metropolitana, que ten feito máis mal ca ben)22.

Porén, leis acertadas non garanten ordenacións territoriais acertadas, porque a lexislación só é unha parte da ordenación. Así como bos planos tampouco garanten unha boa xestión do territorio. As leis e os planos teñen que aplicarse con efectividade, e isto dista moito de ser así. Só cómpre ver a forte presenza da disciplina nas leis de urbanismo do 2002 para entender subtilmente que esta necesidade que se satisfai no 2002 provén das deficien- cias na aplicación do planeamento urbanístico nos últimos 20 anos.

Dito isto, hai unha idea importante que quereriamos valorar. Repe- tidamente, a ordenación territorial, tanto en Galiza como en Catalunya, baseouse máis nun conxunto de planos e leis que se ensarillan nun barullo normativo complexo que non nun exercicio riguroso, claro e transparente. Deberiamos pensar con máis simpleza, porque a simpleza evita o ruído que dificulta a comunicación.

Alén da falta de simpleza de plans e normas, a ordenación territorial ten ás veces un carácter demasiado débil ou laxo. Isto asóciase coas pala- bras empregadas nos documentos: “directrices”, “estratexias”, “esquemas”, etc. A ordenación queda así moitas veces en simple declaración de boas

22 Nun ensaio recente, púxose de manifesto que existe un dogma –un país desequilibrado que hai que reequilibrar–, “e afirmar o contrario é transgredilo. Mais, cales foron os avances no reequilibrio territorial de Catalunya e que papel xogou a administración? Esta é a pregunta fundamental, aínda non resolta” (Aldomà e Martí 2000: 234). 25 anos de política de reequilibrio e hai serias dúbidas do seu éxito.

Page 27: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1117

intencións. Deste xeito, a ordenación –que como xa explicamos no comezo, se compón de tres fases– normalmente faise sinónimo de planificación e lexislación pero non de accións, investimentos e xestións dos planos aprobados. Xa que logo, o plano convértese en sinónimo de ordenación, nun símbolo ou estigma das actuacións do goberno (como no Plan Galicia –PG– que fixo o goberno español logo da catástrofe do Prestige). Preséntase ás veces como unha operación de márqueting, que acaba provocando unha confusión aberta entre conceptos. O PG aprobado a comezos do 2003, por exemplo, é un catálogo de investimentos máis ca un instrumento de ordenación regrado e profundo.

Analizando polo miúdo os contidos propiamente ditos da ordenación territorial que se está a producir nos dous países, polo xeral cremos que aín- da esquecen demasiado os aspectos humanos, que deberan ser centrais, tal e como por exemplo se pon de manifesto nun ensaio recente que afirma que existe unha excesiva vagaxe economicista na planificación en Galiza (Lois et al 2001: 219).

A ordenación tería que ter en conta as condicións e a calidade de vida das persoas, o seu benestar, etc. Un xeito de introducir máis e mellor a variá- bel humana podería ser a participación cidadá. Hai autores que falan dunha verdadeira falla de diálogo e participación na planificación pensada e executada dende as administracións. A Lei 10/1995 fala da ordenación como “regulación da participación da sociedade [...] para conseguir que esta sexa autenticamente democrática e responda ás aspiracións e necesidades da poboación”. Toda unha nobre aspiración que se materializou na ausencia total dun proceso de participación cidadá para o contido das DOTG.

Asemade, o esquecemento que cremos que existe das persoas é tamén esquecemento das paisaxes que estas producen. Cando se fala dunha paisaxe agraria non se debería reparar só na súa lóxica económica, senón tamén no seu sentido como construcción humana secular e, polo tanto, como valor patrimonial. En efecto, o PTPTE satisfai o regadío para a rexión co acento posto no aumento da producción, pero en troques non trata nin protexe a diversidade paisaxística actual e non se preocupa polo devir das paisaxes de secano que tan marabillosas mostras acadan nas Terres de l’Ebre.

É necesaria a introducción da paisaxe nos planos. Hai un aumento moi interesante de traballos feitos en Catalunya, a distintas escalas e con diferen- tes graos de incidencia na planificación, tal e como demostra a publicación dirixida por Zoido e Gómez (2003). Non é o caso de Galiza, onde non hai traballos neste senso alén de iniciativas moi concretas, como o intento de plano especial para a parroquia de Donís, nos Ancares23. Debemos reparar en que o Informe Dobříš, documento marco en planificación ambiental en Europa, dedica un capítulo enteiro á diversidade paisaxística europea (Stanners e Bour- deau 1995). A recente Convención Europea da Paisaxe (asinada polos estados europeos no ano 2000) debe ser un referente de primeira orde neste tema, un- ha vez o Estado español o ratifique. Ese mesmo ano o Parlament de Catalunya foi a primeira asemblea lexislativa de Europa en adherirse á Convención24.

23 Non se chegou a presentar. Aparecen porén algunhas informacións sobre os estudos feitos para Piornedo polo equipo de traballo que tiña a intención de formular unha ordenación global para a parroquia de Donís en:http://www.udc.es/etsa/castelan/piorn-es.html 24 Fíxoo por unanimidade, mais a inclusión efectiva de medidas para a xestión da paisaxe na lexislación non foi posíbel. A estes efectos foi presentada unha proposición de lei no Parlament, que foi rexeitada.

Page 28: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1118

Amais, o tema da ordenación da paisaxe pode ser un procedemento moi intelixente para traballar coa maioría absoluta do territorio que excede arestora as tramas urbanas e os espazos naturais protexidos; “unicamente dende un enfoque territorial de ámbito suficiente estaremos en condicións de argumentar solidamente o senso da necesaria protección masiva do solo non urbanizábel” (Esteban 2003: 87); que mellor enfoque territorial có paisaxístico?

Alén de todo isto, cremos especialmente acertada unha cita do profesor Zoido sobre os contidos das leis autonómicas de ordenación do territorio, dicindo que as as súas finalidades básicas son: “crear a estrutura territorial que precisan estes novos entes políticos [as comunidades autónomas] para a súa maior cohesión interna e integración exterior, eliminar os desequilibrios ou desigualdades no seu ámbito” (Zoido 2001:613-14). A ordenación do territorio, por tanto, convértese nun acto de autoafirmación autonómica e tende a dar coherencia e estrutura a territorios que teñen adquirido unidade administrativa tan só dende 1978.

Nestes marcos lexislativos autonómicos, aparece a necesidade de intro- ducir o tema da sostibilidade na ordenación (na lei galega, e no PTGC). Pero na praxe cremos que se entende tan só por sostibilidade un mero tratamento residual do medio ambiente e esquécese o carácter transversal que posúe o termo –na definición do Informe Brundtland é tanto sostibilidade ambiental coma económica e social–. A ESDP dálle un tratamento de primeira orde, e tanto o PTGC coma as futuras DOTG deberan facer o propio. Recentemente, por exemplo, todo un plano, o PG, foi calificado de “insostíbel”25. Isto amosa até qué punto se percibe que a sostibilidade está ausente da ordenación e o planeamento actual.

Como último aspecto, gustarianos salientar que a experiencia e os ante- cedentes sobre ordenación territorial en Catalunya son maiores ca en Galiza. Este menor desenvolvemento en Galiza supón máis retos pero tamén unha oportunidade de intervención no territorio máis orixinal e enérxica, porque non existen as inercias de anteriores planos, ideas e proxectos. De todos os xeitos, para nós é preocupante que o debate público e civil sobre cuestións de ordenamento territorial e conflitos territoriais en Galiza sexa máis pobre ca en Catalunya. Hai demasiados riscos como para que as DOTG se demoren máis, e agardemos que teñan un contido máis valente e vinculante que o do PTGC.

Bibliografía citada

ALDOMÀ, Ignasi e MARTÍ, Jordi. “Els desequilibris territorials”. Trans- formacions territorials de Catalunya (segles XIX i XX). Ed. de Joan Vilagrasa. Lleida: Pagès, 2000. 239-265.

25 “O Plano Galicia promove a insostibilidade”. Noticia aparecida no Canal Verde de www.vieiros.com en febreiro do 2003.

Page 29: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1119

ALLENDE, José. “Política de ordenación del territorio y políticas sectoriales en el caso de la CAV”. Congreso sobre ordenación del territorio y me- dio ambiente: II. Euskal Mundu-Biltzarra. Gasteiz: Eusko Jaurlaritza, 1989. 349-386.

ARMAS, Pedro. “Galicia”. La España de las Autonomías. Ed. de José María García e José Antonio Sotelo. Madrid: Síntesis, 1999. 461-500.

BÉRTOLO, Juan José. “Análisis del origen, evolución y futuro de los PDTC a través de la experiencia gallega”. Estudos Territoriales 3 (1981): 125-152.

CASASSAS, Lluís. Barcelona i l’espai català: el paper de Barcelona en la formació i en l’ordenament del territori de Catalunya. Barcelona: Curial, 1977.

CHICA, Adolfo e SANTOS, Enrique. “Entendimiento del espacio geográfico en las leyes autonómicas de ordenación del territorio”. Ería 49 (1999): 159-176.

ESTEBAN, Juli. “Perspectivas para la ordenación territorial”. Planeamiento urbanístico. De la controversia a la renovación. Coord. de Antonio Font. Barcelona: Diputació de Barcelona, 2003. 67-88.

GARCÍA-BELLIDO, Javier. “La cuestión rural: patología urbanística del espazo rústico”. Ciudad y territorio 132 (2002): 277-323.

FONT, Jaume e MAJORAL, Roser. “Espacios naturales de protección especial en Catalunya”. Geografía y Espacios Protegidos. Coord. de Bartolomé Valle. Murcia: AGE-FENPA, 2000. 113-142.

GÓMEZ, Domingo. Ordenación del territorio. Madrid: Mundi-Prensa, 2002.GONZÁLEZ, Jesús M. “La demanda de una verdadera ordenación territorial

sanitaria en Galicia. Desarrollo actual del Mapa de Saúde. ¿Cuándo y para qué?”. Boletín de la AGE 29 (2000): 29-51.

IGLESIAS, José Ramón. “O Plan Comarcal no Proxecto de Extensión e Reforma Interior de Vigo de Antonio Palacios (1932)”. Grial 155 (2002): 413-432.

LOIS, Rubén C. et alii. “Galicia y la polisemia del término región”. Boletín de la AGE 32 (2001): 209-226.

MAJORAL, Roser (coord.). Cataluña. Un análisis territorial. Barcelona: Ariel, 2002.

MARTÍNEZ, Xosé Lois. “A cidade das rías (CDR): unha Grosstadt para Galicia”. Grial 155 (2002): 393-412.

OLCINA, Jorge. “Reseñas bibliográficas”. Investigaciones geográficas 20 (1998): 193-196.

PAÜL, Valerià. “Notas de análisis sobre la ordenación del territorio del Delta de l’Ebre”. Los paisajes del delta del Ebro. Dir. de Josep M. Panareda e Josep Pintó. Girona: Universitat de Girona/Universitat de Barcelona, 2003. 31-48.

PÉREZ, Antonio. La Ordenación del Territorio en el Estado de las Autonomías. Madrid: Marcial Pons, 1988.

PÉREZ, Augusto. “Caracterización y marco legal de los espacios naturales de Galicia”. Geografía y Espacios Protegidos. Coord. de Bartolomé Valle. Murcia: AGE-FENPA, 2000. 287-309.

PINO, Daniel. “Apuntamentos acerca da evolución recente da estrutura

Page 30: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1120

territorial galega e o seu tratamento”. Grial 155 (2002): 529-550.PRECEDO, Andrés. Desenvolvemento territorial e planificación comarcal.

Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1994.—— Geografía humana de Galicia. Vilassar de Mar: Oikos-Tau, 1998.PUJADAS, Romà e FONT, Jaume. Ordenación y planificación territorial.

Vilassar de Mar: Oikos-Tau, 1998.RODRÍGUEZ, Román. De aldeas a cidades. Vigo: Ir Indo, 1999.SOUTO, Xosé. Xeografía Humana. Vigo: Galaxia, 1988.STANNERS, David e BOURDEAU, Philippe (ed.). Europe’s Environment. The

Dobříš Assessment. Luxembourg: European Environment Agency, 1995.TARROJA, Alexandre. “L’Estratègia Territorial Europea, un referent per al

canvi de cultura en les polítiques territorials de Catalunya”. Papers 35 (2002): 59-69.

VALES, Carlos. “O meio ambiente”. Cuadernos do Seminario de Sargadelos 47 (1992): 179-206.

VILA, Josep e PINTÓ, Josep. “EL PEIN de Catalunya: una valoración crítica a los cinco años de su aprobación”. Geografía y Espacios Protegidos. Coord. de Bartolomé Valle. Murcia: AGE-FENPA, 2000. 395-406.

ZOIDO, Florencio. “Regional Planning: recent evolution of the main structures and systems”. Boletín de la AGE 21-22 (1995): 61-72.

—— “La ordenación del territorio a distintas escalas”. Geografía de España. Coord. de Antonio Gil e Josefina Gómez. Barcelona: Ariel, 2001. 595 618.

ZOIDO, Florencio e GÓMEZ, Josefina (coord.). “Paisaje y ordenación del territorio”. Banco de buenas prácticas en geografía 1 (2003).

Planos e acrónimos empregados

Directrices de Ordenación do Territorio de Galiza (DOTG). Xunta de Galiza. En elaboración.

Europe 2000+. Co-operation for European Territorial Development. Euro- pean Commission. Aprobado en 1994.

European Spatial Development Perspective (ESDP). European Commission. Aprobado en 1999.

Pla d’Espais d’Interès Natural de Catalunya (PEIN). Generalitat de Cata- lunya. Aprobado en 1993.

Pla Territorial de les Terres de l’Ebre (PTPTE). Generalitat de Catalunya. Aprobado en 2001.

Pla Territorial General de Catalunya (PTGC). Generalitat de Catalunya. Aprobado en 1995.

Plano de Desenvolvemento Comarcal de Galiza (PDC). Xunta de Galiza. En expansión dende comezos dos noventa.

Plan Director de Infraestructuras 1993-2007 (PDI). Gobierno español. Aprobado en 1993.

Plan Director Territorial de Coordinación de Galicia (PDTC). Gobierno español. Non se chegou a facer (en elaboración até comezos dos oitenta).

Plan Galicia 2003. Gobierno español. Aprobado no 2003.Plans Comarcals de Muntanya (PCM). Generalitat de Catalunya. En perío-

dos quinquenais (1990-95, 1996-00 e 2001-06).

Page 31: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

V. Paül, C. Alonso, O. Alonso e A. Barrio / Ordenacións territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntese...

1121

Paül, Valerià; Alonso, Cèlia; Alonso, Olga e Barrio, Anxo. “Ordenacións

territoriais no espello. Apuntamentos provisorios para unha síntesecomparativaentreCatalunyaeGaliza”.Actas do VII Congreso Internacio- nal de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003.Ed.deHelenaGonzálezeM.XesúsLama.Sada:EdiciósdoCastro/AsociaciónInternacionaldeEstudosGalegos(AIEG)/FiloloxíaGalega(UniversitatdeBarcelona),2007.ISBN:978-84-8485-266-7.DepósitoLegal:C-27912007.

Page 32: ORDENACIÓNS TERRITORIAIS NO ESPELLO. APUNTAMENTOS ... · trabajo y áreas marginales en Catalunya (projecte BSO2001-3095). Ambos os dous están dirixidos por Dona Roser Majoral

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos

1122