24
2 VIRAVEN TOS Memoria 20 3 013

OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

2 VIRAVEN

TOS

Memoria 2013

3

Memoria 2013

Page 2: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

4

CONTIDOS

PRESENTACIÓN 5 QUENES SOMOS 6

O noso enfoque

A organización por dentro

LOGROS DO ANO 10

QUÉ FIXEMOS 12

Acción social

Sensibilización e EpD

Cooperación ao desenvolvemento

COMUNICACIÓN 42

AS CONTAS CLARAS 44

COLABORADORES 46

5

PRESENTACIÓN

Queridos amigos e amigas, Comezo agradecendo o esforzo de todas as persoas, entidades e institucións

que nos apoiaron durante este ano. Foi un ano duro, para todos e todas os

compañeiros e compañeiras que traballan en acción social, dende os técnicos

ao equipo de voluntariado. Atendemos situacións que nos encheron de rabia

e frustración, pero tamén nos emocionamos coa solidariedade de persoas

anónimas que contribuíron a paliar as dificultades que atravesan as familias

coas que traballamos.

A grave depresión económica que sacode Galicia está a deixar un panorama

desolador. Unha pegada de destrución dos niveis mínimos de benestar

que aboca a miles de persoas á pobreza e á exclusión social. Cada vez hai

máis cidadáns con graves problemas para satisfacer necesidades básicas co-

mo o pagamento da alimentación e a vivenda.

Para dar resposta a esta crua realidade, tivemos que traballar máis duro que

nunca ao longo deste ano 2013, aumentando os colectivos de atención e os

ámbitos de actuación, centrando a maior parte dos nosos esforzos como enti-

dade na implantación de programas específicos de loita contra a pobreza in-

fantil.

Quero rematar esta carta invitándovos a ler detidamente o contido desta

memoria de actividades, para que poidades seguir coñecendo a fondo o tra-

ballo que realiza Viraventos, grazas a vós, amigos e amigas.

Diana Fonseca Presidenta Asociación Viraventos

6 anos

Page 3: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

6

Quenes somos

7

Creada en Galicia no ano 2007, como unha organización independente, privada e sen ánimo de lucro,

a ONGD VIRAVENTOS é un movemento de transformación social que loita por conseguir un novo modelo

social baseado na interculturalidade e a xustiza social, a través do traballo directo co colectivo inmigran-

te, especialmente das segundas xeracións, e educando á poboación sobre a importancia da diversidade,

do coñecemento, do respeto e do diálogo entre culturas como mecanismo para contribuir á igualdade e a

cohesión social.

A nosa visión da educación global é unha educación formal, non formal e informal que permita crear un-

ha masa social crítica que se pregunte porqué existen distintas regras do xogo entre países, porqué des-

pois de décadas de cooperación internacional ao desenvolvemento non se conseguiu o obxectivo dun

mundo máis xusto. Unha masa social crítica que analice as causas e as consecuencias do empobrecemen-

to e como afecta a millóns de persoas en todo o mundo. Loitamos e traballamos polo acceso a unha edu-

cación global, integral e emancipadora que constrúa sociedades críticas e que apoie os procesos de igual-

dade global, loitando contra a exclusión e as estruturas de poder desiguais.

A educación como principal eixe de actuación.

“Segundas xeracións” de inmigrantes como principal colectivo destinatario.

Con esta ideoloxía, Viraventos ten como principais actuacións:

ONGD VIRAVENTOS

O NOSO ENFOQUE

A ONGD Viraventos, basea a súa filosofía na crenza de que o mundo cambia e fai-no constantemente. O que hoxe acontece nos países do Sur, aconteceu en Europa fai apenas uns poucos anos, o que hoxe acontece en Europa acontecerá logo nou-tro continente, e así sucesivamente.

Page 4: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

8

Organigrama

9

Servizo de Voluntariado Europeo (SVE)

Viraventos posee a acreditación europea como entidade de acollida de voluntariado a través do Servizo de Voluntariado Europeo.

Sumando forzas Un dos piares sobre os que se asenta Viraventos, é sen dúbida o seu voluntariado. Viraventos conta cun equipo de voluntariado moi amplo e multidisci-plinar, formado por 34 persoas voluntarias, que colaboran de xeito estable coa organización. O voluntariado de Viraventos caracterízase por ser maioritariamente feminino, nun 91%, entre os 25 a 40 anos, e cun nivel formativo uni-versitario, maioritariamente procedente do ámbito social. Ademais, Viraventos conta cunha base de 92 persoas que colaboran de xeito puntual coa entidade, principalmente no Programa de Emer-xencia Social, onde se enmarca o servizo de Reparto de alimentos e Axudas de primeira necesidade.

En Viraventos cremos nun voluntariado “activo e activista”, isto é un voluntariado implicado coa organización, que non só participa na tarefa que se lle encomenda, senón que contribúe con propostas para o desenvolvemento de novos proxectos, para a consecución dos obxectivos da entidade.

9

Page 5: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

10

Todo grazas ao esforzo de persoas voluntarias, socias, traballadoras, colaboradoras e doantes,… GRAZAS.

48 accións de

sensibilización

desenvolvidas

1416 persoas

usuarias do

Banco de ali-

mentos atendi-

das.

18216 kg de

alimentos re-

partidos

3 novos servi-

zos implanta-

dos

2 iniciativas

socias

desenvoltas

2809€ reparti-

dos en présta-

mos sociais

11

Todo grazas ao esforzo de persoas voluntarias, socias, traballadoras, colaboradoras e doantes,… GRAZAS.

1416 persoas

usuarias do

Banco de ali-

mentos atendi-

5280 ofer-

tas de em-

prego pu-

blicadas

105 alum-

nos/as

369 novos/

as usuarios/

as

92 persoas voluntarias

17 activida-

des de ocio

realizadas

4 330 se-

guidores

nas redes

sociais

281 familias

asesoradas

24900 visitas

á web

Page 6: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

12

Que fixemos

13

Durante o ano 2013, Viraventos continúa o seu traballo en prol da integración do colectivo inmigrante, coa edu-cación como eixe principal das súas actuacións, tanto no que se refire as accións desenvoltas no eido da acción so-cial, como na sensibilización da sociedade civil.

No eido da Acción social, continuamos coas actividades propostas nos anos anteriores, ampliando novos servizos que apoian dun xeito integral a inserción do colectivo inmigrante nos ámbitos fundamentais da vida dunha persoa, poñendo especial atención nas novas xeracións de inmigrantes, co Programa Mámá, Colo de apoio a maternidade e a crianza e co Programa de Intervención socioeducativa para menores inmigrantes.

En canto á area de Sensibilización e Educación ao desenvolvemento, Viraventos traballou ao longo de todo o ano, na loita contra a discriminación racial coa Campaña Lapis cor carne, poñendo atención, unha vez máis, nos máis pe-quenos/as.

No que respecta á área de Codesenvolvemento, continuamos co proxecto iniciado no ano 2012, executando a II Fase do Plan formativo para axentes de desenvolvemento local nas rexións de Dakar e Thies (Senegal).

Actividades 2013

INMIGRACIÓN +

+ + +

Page 7: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

14 14

ACCIÓN SOCIAL

PROGRAMA DE

INTEGRACIÓN

E COHESIÓN SOCIAL

15

A filosofía da organización enmarca un proxecto de traballo

baseado na profesionalidade e a orientación á persoa usuaria, có obxectivo de prestar unha atención regular, constante no tempo, e da máxima calidade posible, ache-gando solucións complementarias ou alternativas aos servi-zos sociais públicos.

Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración social na sociedade galega, se realice de for-ma efectiva e en condicións de igualdade e non discriminación con respecto aos cidadáns galegos. A metodoloxía deste Programa baséase na transversalidade e a multidimensionalidade, e a execución das accións realízase de forma paralela para poder atender a tódalas dimensións da problemática da poboación coa que se traballa.

PROGRAMA DE INTEGRACIÓN

E COHESIÓN SOCIAL

Favorecer a convivencia intercultural e a completa integración social do colectivo inmigrante.

8,51%

9,55%

2,24%

1,10%

9,91%

14,31%

16,56%0,19%

0,77%

13,28%

23,57%

Acollida

Asesoramento enextranxeiríaAsesoramento e mediacióncó sistema sanitarioAtención específica á mullerinmigranteMediación intercultural

Formación

Banco de alimentos

Fondo social

Intervención socioeducativacon menoresApoio a maternidade e acrianzaAsesoramento laboral

Page 8: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

16

ACOLLIDA A acollida cumpre unha función imprescindible, supón o primeiro achegamento ao beneficiario/a e é a ponte cara ao seu proceso de integración.

PROGRAMA DE INTEGRACIÓN

E COHESIÓN SOCIAL

369 PERSOAS ACOLLIDAS NO 2013

2455 PERSOAS ACOLLIDAS DENDE O 2007

Perfil das persoas usuarias de Viraventos no 2013

17

ASESORAMENTO E

MEDIACIÓN INTERCULTURAL

Servizo de información e orientación social

Xestións de empadroamento e trámites de documentación.

Busca e asesoramento nos trámites de aluguer de vivenda.

Xestións de acceso á escolarización básica e seguimento

escolar.

Orientación e apoio na tramitación de documen-

tos, solicitudes, axudas sociais, etc.

Orientación e apoio no acceso a recursos.

Servizo de asesoramento e mediación có sistema sanitario

Información sobre o Sistema Público de Saúde e o novo regulamento sobre o acce-

so á tarxeta sanitaria.

Tramitación de tarxetas sanitarias

Xestión das citas e consultas médicas

Acompañamento das persoas enfermas ás consultas de atención Primaria e/ou

Especializada e en situacións de hospitalización, realizando tarefas de mediación socio-

sanitaria.

Seguemento a todo aquela persoa usuaria con algún problema médico que non

conta coa autonomía suficiente para elo.

Servizo de asesoramento administrativo e xurídico en materia de estranxeiría

Asesoramento xurídico individualizado en materia de

estranxeiría .

Mediación cós abogados/as de oficio, no caso de deten-

ción policial.

Acompañamentos en casos puntuais considerados de

especial gravidade

117 actuacións

1107 actuacións

94 actuacións

Page 9: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

18

PROGRAMA DE INTEGRACIÓN E COHESIÓN SOCIAL

ASESORAMENTO E

MEDIACIÓN INTERCULTURAL

Servizo de atención específica á muller inmigrante.

Asesoramento e acompañamento en caso de violencia de xénero.

Asesoramento e acompañamento en situacións de explotación por razón de xéne-

ro nos diferentes ámbitos (social, sexual, laboral,…).

Actuacións sanitarias específicas (atención psicolóxica e educación sanitaria)

Obradoiros de información e sensibilización dirixidos a incrementar o seu nivel de

participación social.

Obradoiros de información e sensibilización sobre dereitos fundamentais, concep-

tos de igualdade, conciliación laboral, ...

Servizo de mediación intercultural

ACCESO AOS RECURSOS SOCIAIS PÚBLICOS E PRIVADOS:

Acompañamento a recursos de información ou tramitación a aqueles/as usuarios/as que o requiran.

Labores de tradución e interpretación.

Achega de claves sociais e culturais dos distintos colectivos ante profesionais da intervención social,

sanitaria,….

POTENCIACIÓN DA PARTICIPACIÓN SOCIAL E CIDADÁ:

Posta en contacto de usuarios/as coas entidades cívicas e comunitarias.

Potenciamiento da participación dos usuarios/as nos acontecementos públicos do barrio.

ESTABLECEMENTO DE RELACIÓNS DE CONVIVENCIA INTERCULTURAL NO ÁMBITO COMUNITARIO:

Mediación en tensións e conflitos.

327 actuacións

74 actuacións

19

INTEGRACIÓN E COHESIÓN SOCIAL

FORMACIÓN E

DESENVOLVEMENTO PERSOAL

Servizo de Orientación Educativa

Información sobre os recursos educativos dis-

poñibles na comunidade

Asesoramento sobre a solicitude de axudas,

bolsas, inscripcións,…

Asesoramento na homologación de estudos

realizados no país de orixe.

Aula de Alfabetización

Curso de alfabetización en lingua española

Aula de Idiomas

Curso de Iniciación ao Español

Curso de Iniciación ao Galego

Curso Avanzado de Español

Aula Dixital

Informática I

Informática II

Informática III

Aula de Acceso

Preparación de probas de acceso á formación regulada

(ciclos formativos superiores, ESA,…)

Preparación de probas de Español Nivel Básico, Interme-

dio e Avanzado da Escola Oficial de Idiomas

Preparación do exame teórico para obter o permiso de

circulación.

Aula Aberta

Curso sobre os dereitos cidadáns, a participación na vida civil e as

responsabilidades sociais.

Adestramento de habilidades sociais: comunicación, relacións

grupales e resolución de conflitos.

124 actuacións

105 alumnos/as

Page 10: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

20

PROGRAMA DE INTEGRACIÓN E COHESIÓN

EMERXENCIA SOCIAL

Fondo social

Fondo destinado a axudas económicas de emerxencia social a aqueles/as usuarios/as que se atopan nunha situación de emerxencia na que periga a continuidade do seu proceso de inserción sociolaboral.

Banco de alimentos

En colaboración có Fondo Social Europeo, FOGGA e o Banco de Alimentos Rías Altas.

840 familias (1416 persoas) usuarias do Banco de Alimentos. 18216 kg repartidos

26 usuarios/as do Fondo Social 2809 € prestados

21

INTEGRACIÓN E COHESIÓN

Page 11: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

22 22

ACCIÓN SOCIAL

PROGRAMA DE INSERCIÓN

LABORAL

23

Dende o inicio da actual crise, os inmigrantes levaron a peor parte do axuste do mercado laboral, debido principalmente á distribución sectorial do seu emprego e tamén pola concentración do mesmo no ámbito dos contratos temporais. A taxa de desemprego dos inmigrantes alcanzou o 37% no 2013, 12 puntos porcen-tuais máis que a correspondente ós españois. Tratase da diferencia mais elevada dos países da EU. A contratación temporal, que serviu de canle para a rápida incorporación do numeroso continxente de inmi-gración ao longo dos anos de auxe da economia, no momento de crise convertiuse no principal canle de axuste. É máis que probable que o elevado paro extranxeiro co que se pechou a recesión económica perdure no tempo.

“ O ensanchamento do diferencial de taxas de paro entre extranxeiros e nacionais corre o risco de converterse en crónico se non se adoptan accións encamiñadas a reequilibrar as desventaxas que afrontan os colectivos de inmigrantes e evitar a formación de bolsas de desemprego-pobreza-marxinación.” Joan Elias.

Factores que dificultan e limitan as oportunidades de emprego do colectivo inmigrante

Descoñecemen-to e falta de

acceso ás novas tecnoloxías

Falta de autonomía para desenvolverse

socialmente en espa-zos máis amplos que

o grupo de iguais ou o barrio.

Falta de apoio e medo ao

fracaso

Dificultades lingüísticas

Desmotivación para construir

alternativas vitais positivas.

Ausencia de redes sociais e familiares

Descoñecemen-to dos servizos de apoio para o acceso ao em-

prego.

Ausencia de formación regla-da e/ou homolo-

gada

Descoñece-mento do sis-tema laboral

galego

PROGRAMA DE INSERCIÓN LABORAL

Page 12: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

24

Espazo dinamizado para a consulta e o uso dos recursos destinados a procura de emprego.

ESPAZO DE APOIO Á PROCURA ACTIVA DE EMPREGO

O Clube de Emprego ten como obxectivo desenvolver accións que faciliten a integra-ción no mercado de traballo dos/das inmigrantes e emigrantes retornados en situa-ción de desemprego e en risco de exclusión social. Estas accións parten da valoración previa das circunstancias persoais e laborais dos destinatarios, identificando e poten-ciando as súas habilidades ao obxecto de poñer ao seu alcance recursos formativos e de emprego. O Clube de Emprego configurase como un espazo físico de acceso público e de en-contro onde as persoas acuden a buscar emprego de forma titorizada. É un espazo aberto para a relación persoal e para o intercambio de información útil e relevante, dotado de recursos humanos, técnicos e tecnolóxicos para a procura de ofertas de emprego e formación.

RECURSOS DOS QUE DISPÓN O CLUBE DE EMPREGO

PROXECTO CLUBE DE EMPREGO

Espazo informativo

Destinado a ofrecer toda a infor-

mación actual sobre o emprego e a for-

mación.

Ofertas de emprego

Ofertas de formación

Convocatorias oficiais

Novas de interese en materia sociolaboral

Espazo tecnolóxico

Destinado a ofrecer de xeito gratuito,

aqueles recursos técnicos precisos

para a procura efectiva de emprego.

Espazo de relacións

Espazo fisico que pretende propiciar o

encontro entre as persoas usuarias do

mesmo e favorecer a relación inter-

persoal.

25

CLUBE DE EMPREGO

Formación prelaboral. Traballo grupal

Obradoiros de habilidades sociais para o emprego

Obradoiro de lexislación laboral básica.

Obradoiros de técnicas de procura de emprego.

Obradoiro da Nova Normativa das Empregadas do Fogar

Obradoiro sobre a Nova Reforma Laboral

Curso Búsqueda de Emprego a través de Internet

132 persoas usuarias

5280 ofertas de emprego publi-

cadas

1392 accións de orientación e

asesoramento laboral

63 alumnos/as

Orientación e asesoramento na definición do perfil profesional.

Itinerarios Persoalizados de Inserción.

Diagnóstico de empregabilidade

Orientación laboral.

Definición do Plan de Acción

Acompañamento á inserción

Page 13: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

26

ACCIÓN SOCIAL

PROGRAMA DE INTERVENCIÓN

SOCIOEDUCATIVA CON

MENORES INMIGRANTES

27

PROGRAMA DE INTERVENCIÓN

SOCIOEDUCATIVA CON

MENORES INMIGRANTES

Este Programa xorde no ano 2011, có

propósito de mellorar a integración

escolar e social dos menores inmersos

en procesos migratorios.

Pretende ofrecer unha alternativa edu-

cativa durante as distintas etapas polas

que atravesan os/as menores, ofrecen-

do unha resposta global ás dificultades

de integración.

O Programa establece os seus obxecti-

vos atendendo aos 3 ámbitos funda-

mentais na vida dos/as menores inmi-

grantes: a familia, a escola e o grupo

de iguais.

Problemáticas derivadas do proceso migratorio

Desmotivación polo seu proceso de integración en España: O feito de que o proxecto migratorio sexa un-

ha decisión imposta polos seus familiares crea actitudes de rexeitamento cara aos seus proxenitores e cara

ás novas oportunidades que se lle ofrecen.

Modelos referenciais distorsionados: No caso de menores reagrupados con posterioridade aos seus pro-

xenitores, cando se produce o reencontro familiar pasaron anos moi importantes no desenvolvemento do

menor, polo tanto os roles familiares distorsionáronse e as relacións deterioráronse.

Adaptación á nova realidade económica da familia. A situación en España é moito máis precaria para os

menores reagrupados que o era no seu país de orixe polo que o seu status descende considerablemente.

Perda de lazos afectivos. A emigración supón a despedida de familiares e amizades que na época da ado-

lescencia ocupan un papel esencial na vida do/a menor.

Adaptación á nova convivencia en España. A adaptación á nova situación en España prodúcese normal-

mente baixo a tutela do seu pai/nai, que maioritariamente é a cabeza de familia e traballa fóra de casa. A

isto engádeselle a incorporación do/a menor a un novo sistema escolar, e á creación dun novo círculo de

socialización.

Page 14: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

28

PROXECTO DE INTERVENCIÓN

SOCIOEDUCATIVA CON MENORES

INMIGRANTES.

NOVAS CARAS

Clases de aprendizaxe e reforzo escolar Obradoiros de técnicas de estudo Servizo de Logopedia Titorías de seguimento e intervención educativa

Servizo de Mediación Escolar Aula Intercultural

Obradoiros de Habilidades Sociais Educación no tempo de lecer

Plan de acollida familiar Acompañamento e traducción Mediación familiar

29

3 -17

anos

Centros educativos colaboradores:

CEIP Raquel Camacho

CEIP Sagrada Familia

CEIP María Barbeito

IES Agra I

IES Rafael Dieste

IES Urbano Lugris

IES Sardiñeira

Nº de alumnos/as: 45

Tempo de lecer

Sexo

Mozas

Mozos

50%

8%

34%

8%

Nacionalidade

Senegal

China

Perú

Marruecos

Page 15: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

30

ACCIÓN SOCIAL

PROGRAMA DE APOIO A

MATERNIDADE E

A CRIANZA

31

A finais do ano 2012, detéctase no Servizo de Acollida da entidade que cada

vez son máis as mulleres inmigrantes, embarazadas ou cunha maternidade

recente que atravesan por graves dificultades para poder cubrir as súas necesi-

dades básicas e as dos seus fillos.

Ponse entón en marcha o PROGRAMA MAMA, COLO co desexo apoiar as nais

con nenos de 0-3 e coa finalidade de cubrir as necesidades básicas dos bebés

(alimentos, medicamentos, roupa, produtos de hixiene...), á vez que se ofrece

ás nais recursos de inserción social, formación e asesoramento laboral, apoio

ao crecemento persoal e orientación psicopedagóxica a través de diferentes

actividades e do apoio humano e profesional que precisen.

No ano 2013, as destinatarias do programa, foron 151 mulleres inmigrantes, en

situación de vulnerabilidade e exclusión e os seus fillos/ás de 0 a 3 anos, resi-

dentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana

(Arteixo, Culleredo, Cambre).

PROGRAMA DE APOIO A

MATERNIDADE E A CRIANZA MAMÁ, COLO

Problemáticas que afrontan as usuarias

Dificultades para conciliar unha inserción laboral coa crianza dos/as fillos/as. A carencia de recursos para a

atención á primeira infancia, e un mundo laboral que se presenta máis desregularizado e precario impide dar

resposta ás necesidades sociais e persoais das mulleres ás que nos referimos. O illamento social, nestas ocasións,

vívese de xeito acentuado e fai da maternidade un período de gran soidade. A falta de acompañamento e orien-

tación na crianza dos fillos/ás acentúase pola falta de presenza da familia extensa, principalmente no caso de nais

inmigradas.

Carencia de recursos económicos.

Falta de redes familiares. O illamento social, nestas ocasións, vívese de xeito acentuado e fai da maternidade un

período de gran soidade. A falta de acompañamento e orientación na crianza dos fillos/ás acentúase pola falta de

presenza da familia extensa.

Dificultades co idioma e cos patróns culturais.

O embarazo, nalgunhas ocasións, non é previsto nin planificado, e isto provoca que algunhas mulleres non es-

tean preparadas para asumir a nova situación. As dificultades e conflitos familiares acentúanse ante o estrés eco-

nómico e vivencial que supón o nacemento dun fillo.

Page 16: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

32

PROGRAMA DE ATENCIÓN Á MATERNIDADE

E Á CRIANZA MAMÁ,COLO Proxecto ACOMPAÑAMENTO SOCIAL INTEGRAL

Servicio de acollida Servicio de información, orientación e acompañamento social.

Servicio de asesoramiento e mediación có sistema sanitario.

Servicio de atención específica en casos de violencia de xénero.

Servicio de Emerxencia Social.

2089 actuacións

Proxecto LABORA

Itinerarios Persoalizados de Inserción Laboral

Cursos de formación: Habilidades Sociais para o emprego.

Proxecto AULA DE FORMACIÓN

Aula de alfabetización:

Curso permanente de alfabetización e reforzo dos procesos de comprensión lectoescritura e cálculo.

Aula de Idiomas:

Curso de Iniciación ao español

Curso Avanzado de español

Curso de Iniciación ao galego Aula Dixital:

Informática I, Informática II, Informática III.

Proxecto EDUCAMATERNAL

Preparación ao parto

Espacio familiar compartido

Escola de nais e pais

13 actuacións

98 actuacións

723 actuacións

33

151

usuarias

Be

bete

ca A C

ASIÑ

A Esp

azo d

e Gard

a

Page 17: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

34

Campaña SEGUNDAMANITA

CAMPAÑA CONTRA A POBREZA INFANTIL

Recollida de artigos de primeira necesida-de (roupa, zapatos, pañais, leite, cunas,…) nas Escolas infantís da cidade da Coruña, adheridas á Campaña, e entrega entre as familias participantes no Programa Mamá, colo.

35

SEGUNDAMANITA

Page 18: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

36

SENSIBILIZACIÓN E

EDUCACIÓN AO

DESENVOLVEMENTO

37

Foros, encontros e

plataformas

Sensibilización e Educación ao desenvolvemento

Nunha sociedade onde a diversidade cultural é un feito crecente, debemos abordar necesariamente a cuestión do enriquecemento mutuo. A comunicación é a premisa para evitar que posibles situacións de conflito se convirtan en asuntos sen solución e, á vez, é o camiño cara o respeto mutuo. Dende Viraventos, consideramos que para que a interculturalidade sexa unha realidade, é condición indispensable a concienciación sistemática e gradual, mediante espazos e procesos de interacción positiva, de confianza, de re-coñecemento mutuo, aprendizaxe e intercambio. Actualmente, a realización de campañas e actividades de sensibilización e educación, considéranse necesarias có fin de favorecer unha liña de acción pública que fomente a convivencia e a loita contra a discriminación na socieda-de de acollida.

Denuncia e

movilización

Partici-

pación

Page 19: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

38

Campaña dirixida ao alumnado de primaria dos cen-

tros educativos públicos de Lugo e A Coruña.

“Me gustan todos los colores, el amarillo pues es el color del sol, el verde, el color de la selva, pero el que más me gusta de todos es el color carne”.“Binta y la gran idea”.*

A Campaña Lapis cor carne ten como obxectivo previr condutas dis-

criminatorias, racistas e xenófobas a través da sensibilización da so-

ciedade galega, sobre a problemática do racismo, fomentando valo-

res de solidariedade, xustiza e diversidade cultural, e promovendo a

difusión dos dereitos humanos.

“Mi padre dice que debemos aprender del comportamiento de los pájaros. Los pájaros son tan listos que cogen lo mejor del norte y lo mejor del sur.” “Binta y la gran idea”.*

Dende Viraventos cremos que é preciso dar a coñecer á infancia e á

mocidade galega, os aspectos positivos da diversidade, e máis no

momento económico actual que estamos a vivir, no que se fomen-

tan sentimentos negativos como o egoísmo, a xenofobia e o etno-

centrismo. E para facelo debemos traballar directamente cos centros

educativos. A escola supón o lugar que une nun mesmo ámbito a

persoas cunha variedade cultural, ideolóxica, económica, étnica,

lingüística. … que non se dá en ningún outro ámbito da vida. Supón

polo tanto unha riqueza e unhas posibilidades de traballar valores de

pluralidade e tolerancia que son básicos para o posterior desenvol-

vemento dunha sociedade.

A tolerancia non é só o recoñecemento dos dereitos dos que

son diferentes, senón aceptar que a convivencia cos que son

diferentes pero iguais en dereitos, enriquece e fortalece a

formación dunha personalidade solidaria.

39

Día internacional contra a discriminación racial Con motivo do Día Internacional contra a discriminación racial a ONGD Viraventos

chamou á reflexión e a sensibilización aos/ás cidadans do barrio Agra do Orzán

(barrio con maior indice migratorio da cidade da Coruña) a través da acción “O

racismo e o lixo bótao aquí”.

O 21 de marzo amenceu diferente na Agra do Orzán, as papeleiras e colectores

recordabannos a cada paso que é preciso seguir loitando contra o racismo.

Hoxe en día o racismo adopta formas diversas, ainda que cun nexo común, alimen-

tado de prexuizos, sempre conleva discriminación, segregación, rexeitamento á

cultura e aos valores alleos.

O racismo pode manifestarse en condutas violentas ou agresivas pero tamén é

racismo a negación de dereitos (especialmente en materias como a sanidade, a

educación ou os servicios básicos), os desprezos ou os falsos estereotipos.

Deste xeito, non cabe dúbida que día tras día, estamos a vivir actos e actitudes de

racismo, dende os poderes políticos, dende os medios de comunicación e por su-

posto tamén dende a sociedade civil.

Accións realizadas en centros

educativos: 48

Alumnos/as destinatarios: 421

Page 20: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

40 40

PROMOCIÓN DO

TERCEIRO SECTOR

MICROPROXECTOS DE

COOPERACIÓN AO

DESENVOLVEMENTO

E CODESENVOLVEMENTO

41

A taxa de desemprego de Senegal para o ano 2012, aproximábase ao 50%. Esta situación favoreceu na última década o aumento das taxas de emigración, tanto a dirixida aos maoires núcleos urbanos do país como a migración interna-cional. Sen embargo, este fluxo migratorio produce con frecuencia “contrafluxos”, é dicir, movementos en sentido inverso que protagonizan as persoas inmigradas que toman a decisión de voltar a os seus países de orixe. Sen embargo, no caso da inmigración senegalesa aparece unha nova modalidade de retorno, aquela que se desenvol-ve de xeito parcial, é dicir, a que levan a cabo os inmigrantes que regresan asiduamente a Senegal pasando alí longas estancias, pero regresando de volta novamente a España. Dende Viraventos cremos que é preciso aproveitar esta mobilidade dos inmigrantes senegaleses para impulsar o de-senvolvemento económico do país, utilizando os coñecementos adquiridos en España xunto có coñecemento da reali-dade socioeconómica de Senegal para actuar como axentes de desenvolvemento nas súas comunidades de orixe. Polo tanto, este é un proxecto deseñado para fomentar o vínculo entre a migración senegalesa e o desenvolvemento local, que pretende incrementar o valor do retorno, permanente ou parcial, dos inmigrantes senegaleses mediante a cooperación entre as organizacións da sociedade civil do país de orixe e o país de retorno.

PLAN FORMATIVO PARA AXENTES

DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

Fase I 2012 Formación de Formadores/as

Fase II 2013 Formación de Emprendedores/as.

Xornadas de capacitación para o emprendemento des-tinadas a traballar a actitude cara o emprendemento, ofrecendo as ferramentas precisas para descubrir ideas emprendedoras e as claves para a creación do seu propio negocio.

Xornadas de sensibilización e reflexión sobre a actual realidade migratoria en Europa destinadas a dar a coñecer a situación socioeconómica actual de España, así como a situación a que se enfrontan os inmigrantes en situación irregular, os riscos das viaxes por fronteiras irregulais, e as alternativas que a mocidade local pode atopar no seu país.

Xornadas de sensibilización e reflexión sobre a canalización das remesas cara a inversión e o em-prendemento destinadas a sensibilizar á mocidade sobre como as remesas poden constituir un importante motor de desenvolvemento nos países de orixe dos inmigrantes, se éstas se canalizan de forma axeitada.

Localización

Dakar e Thies

(Senegal)

Accións realiza-

das: 4

Persoas destina-

tarias: 328

Page 21: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

42

COMUNICACIÓN

PRESENCIA INSTITUCIONAL

43

www.viraventos.org Redes sociais

197 seguidores/as

114 publicacións

3852 amigos/as

352 seguidores/as

396 publicacións

Aparicións en prensa e páxinas web

Participación institucional e colaboracións

Participación nas Xornadas de sensibiliza-

ción sobre a interculturalidade da ONGD

Participación no XV Encontro en Rede

coa ONG Entreculturas

Participación no Programa Más Social da Fundación Barrié

A Conselleira de Traballo e Benestar visi-

ta a sede de Viraventos

O Director Xeral de Xuventude e Volun-

tariado visita a sede de Viraventos Participación nunha mesa de debate coa

Dirección Xeral de Xuventude e Volunta-

riado e outras entidades de voluntariado.

Page 22: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

44

AS CONTAS CLARAS

Informe económico 45

Resumo de ingresos e gastos do 2012

Cómo se distribúen os fondos

Cómo se obteñen os ingresos

INGRESOS GASTOS

98920,49103325,12

1% 3%

96%

Procedencia dos ingresos privados

Socios/as Doazóns Subvencións

0% 10% 20% 30% 40% 50% 60%

Administración estatal

Administración autonómica

Administración local

Unión Europea

34

32

11

23

1

Persoal Arrendamentos e mantemento locais

Comunicacións e subministracións Servizos profesionais independentes

Dietas e desprazamentos Proxectos

Seguros,servizos bancarios e impostos e tributos

Page 23: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

46

AGRADECEMENTOS ENTIDADES

COLABORADORAS 47

Entidades financiadoras

Entidades colaboradoras

Centros educativos IES Urbano Lugrís

IES Agra do Orzán

CPR Esclavas del Sagrado Corazón

IES Fernando Wirtz

CEIP Raquel Camacho

IES Salvador de Madariaga

IES Rafael Dieste

CIFP Anxel Casal

Outros ANPA Escuela infantil Arela

Grupo de apoio Todos con Diego Novo

Agra activa

Entidades sociais e do ámbito das migracións

Todo o noso agradecemento para o

voluntariado, persoas socias, doantes,

… e todas aquelas persoas que colabo-

raron dun ou outro xeito connosco.

Sen vós todo este traballo non sería

posible.

ONGD Viraventos

Page 24: OS VEN · Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración

48

49

ONGD VIRAVENTOS

R/ Alcalde Lens 34 1º C

15010 A Coruña

Tlf. 881889460 / 698179375

[email protected]

www.viraventos.org