Upload
tono-canosa
View
729
Download
3
Embed Size (px)
Citation preview
Os animais vertebrados
son aqueles que teñen
esqueleto interno coma
nós.
Existen cinco grupos de
animais vertebrados:
mamíferos, aves, réptiles,
anfibios e peixes.
Características dos mamíferos:
Teñen o corpo cuberto de pelo.
Respiran por pulmóns.
A maioría ten catro patas, agás os primates.
Son vivíparos, é dicir, fórmanse no ventre de súa
nai.
Aliméntanse de leite que producen as súas nais
nas mamas.
Existen varios grupos de mamíferos segundo o
lugar no que viven: terrestres, acuáticos e aéreos.
Características das aves:
Teñen o corpo cuberto de plumas.
Respiran por pulmóns.
Para desplazarse teñen ás para voar.
Son ovíparas, é dicir, reprodúcense mediante
ovos. Coidan dos ovos e das crías.
Características dos réptiles:
Teñen o corpo cuberto de
escamas.
Respiran por pulmóns.
Son ovíparos; pero non
soen coidar os ovos nin as
crías.
Características dos peixes:
Viven na auga, é dicir, son acuáticos.
Respiran por branquias.
Teñen o corpo recuberto de escamas.
Son ovíparos, é dicir, as súas crias
formánse no interior de ovos.
Non coidan os ovos nin as crías.
CARACTERÍSTICAS DOS ANFIBIOS:
Teñen a pel espida.
Respiran mediante pulmóns e tamén a través de
toda a pel cando son adultos.
Son ovíparos, pero os seus ovos non teñen casca
polo que teñen que estar sempre na auga, senón
secarían e morrerían.
Sofren metamorfose, a súa forma cambia desde
que nacen ata que son adultos.