Upload
lourdes-pereira
View
228
Download
5
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Boletín de exercicios
Citation preview
1
Tema 10: OS VEXETAIS
Nome:
1. Indica as dúas características principais dos vexetais. 2. Completa o seguinte gráfico cos seguintes termos:
Sales minerais, auga, luz, CO2, luz, FOTOSÍNTESE, O2, nutrientes
3. Contesta as seguintes preguntas: a. Como se chama o sistema por onde circula o zume? b. Que vexetais non posúen vasos conductores? c. Por onde absorben as plantas as sales minerais e a auga? d. A mestura de auga e sales minerais chámase…? Por que se chamará así? e. O dióxido de carbono é un gas que as plantas o toman por ……? f. Que é unha folla? g. Que é a fotosíntese? h. Que substancia capta a luz para realizar a fotosíntese? En que parte da planta está? i. Que gases se liberan a través das follas cando se realiza a fotosíntese? j. Que contén o zume elaborado? Por que se chamará así? k. Que vasos conducen o zume bruto? l. Que vasos conducen o zume elaborado?
4. Indaga sobre as dúas funcións principais que teñen as raíces. Podes buscar información na seguinte dirección: www.vicensvives.net/zonaweb punto 10C sección “as raíces”
5. En que dous grupos se dividen os vexetais? 6. Describe como é un brión. 7. Completa o seguinte gráfico cos seguintes termos: rizoides, filoides, cauloide, esporas,
esporanxio, pedúnculo Info: http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/1ESO/reino_vegetal/contenido3.htm
………………..……… +…………… +…………
…………………………..
.............. ………………..……… +……………
2
8. Como interveñen os brións na formación do solo? Descríbeas brevemente. 9. Cal é a importancia ecolóxica dos brións? 10. Cales son os grupos de plantas que teñen vasos conductores? 11. Que é un fento? 12. Completa o seguinte gráfico cos seguintes termos: rizoma, fronde, frondes desenvolvéndose,
raíces, soros ou esponraxios. Info: http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/1ESO/reino_vegetal/contenido5.htm
13. En que dous grupos se poden dividir as plantas con sementes? 14. Describe as partes que ten unha semente. 15. Que plantas inclúen as ximnospermas? 16. Razoa se son verdadeiras ou falsas as seguintes frases sobre as coníferas:
a. As coníferas son pouco abundantes na Terra. b. Son de folla caduca. c. Piñeiros, abetos, tullas e teixos son exemplos de coníferas. d. Teñen un período de vida longo, poden vivir mesmo séculos.
17. Relaciona cada frase cunha árbore. a. Toro recto e de codia delgada, aparece no título dunha famosa novela de Miguel
Delibes. b. Abundante nas zonas frías do hemisferio Norte, moi empregado nas datas navideñas. c. As súas follas están dispostas en feixes planos, son moi empregadas para xardinería e
conteñen un alto contido en vitamina C. d. Poden vivir ata 1500 anos e acadar os 20 m de altura. O seu crecemento e bastante
lento. e. Considérase un fósil vivente, ten propiedades antidepresivas.
18. Describe como son as plantas anxiospermas.
3
19. En que grupos se poden dividir as anxiospermas? 20. Completa o seguinte gráfico e contesta as preguntas:
-‐ As raíces posúen unhas prolongacións filamentosas chamadas ……………………………….. -‐ A forma do talo é ………………………………………. -‐ As flores conteñen……………………………........... -‐ Os froitos conteñen ……………………………………
21. Clasifica as seguintes características das anxiospermas:
Característica MONOCOTILEDÓNEA DICOTILEDÓNEA Semente cun cotiledón Flor con 4 ou 5 pétalos ou múltiplos Nervadura paralela Grans de pole con tres poros Feixes vasculares por todo o talo