19
TEMA DO MES Páx.2 CULTURA Páx.11 XINZO Páx.6 COMARCA Páx.6 A repetición das eleccións nos Blancos coincidirá co 20-N O alcalde defende os dous proxectos que crearían 400 empregos Número: 59 - Ano:VI - Outubro 2011 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 DEPORTES Páx.12 Máis de 70 novos atletas na I Olimpiada escolar da Limia Edítase o quinto número da revista cultural de Sandiás Máis de 800 hectáreas de monte ardidas en apenas 12 días Cabalos competindo na primeira carreira da xornada no hipódromo de Sandiás, o pasado 12 de outubro./P.LODEIRO. Antela despide a tempada de carreiras [páx. 12 ] O afamado reposteiro Jordi Roca exaltou as cualidades da castaña ourensá [páx.10]

Outubro 2011 - BXV

Embed Size (px)

DESCRIPTION

A comarca de Verín é unha das máis afectadas polos incendios forestais que este mes de outubro asolan a provincia e por iso no número deste mes de Barrios Xinzo-Verín facemos balance das hectáreas queimadas, e recordamos o sinistro dunha avioneta no que faleceu o seu piloto.

Citation preview

Page 1: Outubro 2011 - BXV

TEMA DO MES Páx.2 CULTURA Páx.11XINZO Páx.6 COMARCA Páx.6A repetición das eleccións nos Blancos coincidirá co 20-N

O alcalde defende os dous proxectos que crearían 400 empregos

Número: 59 - Ano:VI - Outubro 2011 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DEPORTES Páx.12Máis de 70 novos atletas na I Olimpiada escolar da Limia

Edítase o quinto número da revista cultural de Sandiás

Máis de 800 hectáreas de monte ardidas en apenas 12 días

Cabalos competindo na primeira carreira da xornada no hipódromo de Sandiás, o pasado 12 de outubro./P.LODEIRO.

Antela despide a tempada de carreiras

[páx. 12 ]

O afamado reposteiro Jordi Roca exaltou as cualidades da castaña

ourensá [páx.10]

Page 2: Outubro 2011 - BXV

� BARRIOSOutubro de �011

TEMAS DO MES

Outubro tráxico nos montes ourensáns4 Máis de 800 hectáreas calcinadas só na Limia e Monterrei logo de rematar a época estival. Redacción

Cando o calendario xa in-dicaba a chegada do outono e a Xunta de Galicia xa emi-tira o seu balance de incen-dios da tempada de verán, a provincia de Ourense sufriu a maior cantidade de lumes dos últimos meses. Só nas comarcas da Limia e Mon-terrei foron debastadas máis de 800 hectáreas, sendo Castrelo de Val, Cualedro, Monterrei, Vilar de Barrio, Laza e Oímbra as localida-des máis castigadas.

O balance da XuntaCoa entrada do outono a

Xunta de Galicia realizou o seu tradicional balance da campaña de loita con-tra incendios deste verán. Así, dende a Consellería de Medio Rural sinalaban que a boa labor dos servizos de extinción ourensáns logra-ran que a superficie queima-da este ano fose menos da metade da media da última década.

No caso concreto da pro-vincia de Ourense, a época estival saldábase con 7.359 hectáreas queimadas.

9 incendios en 12 díasAs altas (e nada habituais)

temperaturas acadadas en Ourense despois de que o verán tocase ao seu fin foron o perfecto caldo de cultivo para que a provincia vivi-se no que vai de outono a maior cantidade de lumes. Só nas comarcas da Limia e Monterrei arderon máis

Un piloto falecidoUn piloto dunha das aeronaves dos servizos forestais

perdeu a vida o pasado � de outubro cando colaboraba na extinción dun lume acontecido en Monterrei. Por causas que aínda se descoñecen, Íñigo Zubiaga, de 54 anos, per-deu o control do aparello que manexaba e precipitouse contra o chan. Pouco despois, axentes das forzas de se-guridade localizaron o seu corpo calcinado a �00 metros da aeronave. Unha Unidade da Aviación Militar estase a encargar da investigación do sinistro a partir da caixa negra da avioneta.

O PSOE solicita unha copia do InformePola súa banda, os socialistas galegos solicitaron unha

copia do Informe interno que elaborou a Consellería so-bre este sinistro, ao mesmo tempo que quixeron recordar a “opacidade” da Xunta á hora de informar das hectáreas calcinadas e das numerosas localidades ourensás que ve-ñen sufrindo reiteradamente lumes.

A ministra de Defensa e o conselleiro de Medio Rural visitaron a zona onde tivo lugar o sinistro no que faleceu o piloto do dispositivo contra incendios./BRAIS LORENZO.

de 800 hectáreas en 1� días (do �6 de setembro ao 7 de outubro), cifra que se eleva a 1.799 hectáreas en toda a provincia (dato pechado a 1� de outubro).

Longo foi o lume que tivo lugar en Vences (Monte-rrei), que se iniciou a tarde do domingo � e foi contralo o xoves seguinte, afectando a un total de �50 hectáreas. Ademais, foi precisamente durante as labores de extin-ción do mesmo cando fale-ceu o piloto dunha das avio-netas dos Servizos Forestais de Ourense.

Pola súa banda, Vilar de Barrio non quedou atrás. A parroquia de Prado foi o escenario de dous lumes (iniciados os días 3 e 5, res-pectivamente) que foron ex-tinguidos o venres 7 de ou-tubro, logo de cobrarse 170 hectáreas de arborado.

O �6 de setembro Parada

de Serra (Castrelo do Val) comezaba a arder ao medio-día e non deixaba de facelo ata case 48 horas despois, cando o lume xa arrasara 45,5 hectáreas de monte raso. Dous días máis tarde, a localidade sufriu outro in-cendio, que se cobrou 100 hectáreas arboradas.

Cualedro, foi outro dos concellos que viviu repeti-dos incendios. A parroquia

Redacción

O delegado Territorial da Xunta en Ourense, Ro-gelio Martínez, continúa coa súa rolda de contactos cos rexidores ourensáns co fin de coñecer de primei-ra man as necesidades e proxectos de todos os mu-nicipios que visita.

Nos últimos días foi a quenda dos concellos de Baltar, Oímbra, Sarreaus e Vilar de Santos.

Estes encontros de tra-ballo foron aproveitados por Martínez para compro-bar a actual situación das respectivas inversións rea-lizadas pola Xunta nestes municipios no último ano. Así, na súa visita a Oím-bra, o delegado Territorial tratou con Alfonso Villari-no o investimento de �00 mil euros realizado polo goberno autonómico para a mellora do saneamento e abastecemento de varios núcleos do concello, obras

Martínez entrevístase cos alcaldes de Baltar, Oímbra, Sarreaus e Vilar de Santos4Analizaron os proxectos da Xunta nestes municipios.

licitadas dende maio. Pola súa banda, con Xosé

Antonio Feijoo, alcalde de Baltar, conversou sobre os máis de 100.000 euros que a Xunta adicou á mellora de diversos camiños rurais do municipio.

Plan de CooperaciónComo o leva facendo ata o

momento, Rogelio Martínez tamén analizou cos alcaldes a aplicación do Plan de Co-operación da Xunta nos seus respectivos concellos.

Unha iniciativa que im-plicou a inversión de máis de �00 mil euros (75 mil en Baltar, 50 mil en Oímbra, 30 mil en Vilar de Santos e 80 mil en Sarreaus) para a in-serción laboral dun total de 49 parados destes catro mu-nicipios. “Trátase dun inves-timento que non só permite reducilo número de desem-pregados senón que facilita a realización de obras muni-cipais de gran interese para todos os veciños”, sinalou.

O delegado da Xunta co alcalde de Baltar, José Antonio Feijoo.

de Baldriz rexistrou un lume que afectou a �0 hec-táreas de arborado, e a da Xironda outro que se co-brou 55 hectáreas rasas.

Pola súa banda, 64 hec-táreas foron calcinadas en Laza por un incendio des-encadeado entre o 1 e o 3 de outubro; así como �� en Bousés (Oímbra) debido a un lume que tivo lugar do � ao 5 deste mes.

No verán arderon 7.359 hectáreas na provincia; no que vai de outono, 1.799 hectáreas

Page 3: Outubro 2011 - BXV

BARRIOSOutubro de �011

3VERÍN E COMARCA

Redacción

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a empresa pública Xestur Ourense licitarán proxi-mamente as obras da pri-meira fase da ampliación do parque empresarial de Pazos, en Verín, unha vez que rematou a xestión urbanística do mesmo e a adquisición dos terreos necesarios.

Na actualidade trabálla-se no proxecto de amplia-ción do parque empresarial co obxectivo de adaptalo ao desenvolvemento do mesmo por fases, de ma-neira que se procederá á licitación da primeira fase unha vez rematen ditos traballos de adapta-ción, tal como expuxo no Parlamento de Galicia o director xeral do Instituto

Galego da Vivenda e Solo, Antonio Boné.

O proceso de expropia-ción dos terreos necesarios para a ampliación do parque empresarial de Pazos rema-tou a semana pasada, coa sinatura das actas de ocupa-ción o día 14 de setembro, logo de que os días cinco e seis de setembro asinaranse as actas de pago dos terreos expropiados. Anteriormen-te Xestur Ourense xa adqui-rira, en compravenda, arre-dor do 37% da totalidade do solo necesario.

Dúas fasesA ampliación do parque

empresarial de Pazos rea-lizarase en dúas fases, a primeira de 58.000 metros

A Xunta anuncia a licitación da ampliación de Pazos4 Rematada a expropiación de terreos.

Redacción

Vén de inaugurarse a nova aula CeMIT do Concello de Verín, once anos despois de pór en funcionamento a Aula Multimedia de Verín, que converteu o municipio nun dos pioneiros de Gali-cia en dotar un espazo de infraestruturas tecnolóxi-cas capaces de soportar ser-vizos de videoconferencia, teleformación ou streaming de vídeo.

A aula forma parte da Rede de Centros para a Mo-dernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, impulsada desde a Xunta de Galicia co obxecto de potenciar o uso das TIC e a Sociedade da Información. Está dotada dos mello-res avances tecnolóxicos, como equipamentos espe-

cíficos para ofertar forma-ción a xente con discapaci-dade. A aula multimedia de Verín conta xa con máis de 100 usuarios.

Novos cursosEn outubro e novembro,

O Concello de Verín inaugura a súa nova aula CeMIT4 En outubro e novembro haberá cursos de crea-ción de webs e streaming de audio e vídeo.

O subdirector xeral de Enxeñería e Planificación de Te-lecomunicacións, Ignacio Otero, o delegado da Xunta, Rogelio Martínez, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Ji-ménez Morán, inauguraron a nova aula CeMIT de Verín.

a aula oferta os cursos de ‘Creación de webs para dis-positivos móbiles’ e ‘Strea-ming de vídeo e de audio’, ambos os dous son de ca-rácter gratuíto cun mínimo de cinco participantes, e de 30 horas cada un.

cadrados e a segunda de 94.000 (34.000 e 67.000 metros cadrados respectiva-mente de superficie de uso industrial). O investimento da Xunta de Galicia na exe-cución das obras de urba-nización de ambas fases da ampliación do parque em-presarial de Pazos será de máis de �,5 e 3,3 millóns de euros repectivamente.

Crítica do PSOECon respecto a este anun-

cio do IGVS para Pazos, o deputado socialista Juan Carlos Francisco Rivera de-nunciou no Parlamento ga-lego que a Xunta paralizou a creación doutro polígono empresarial de Verín, o de Tamagos.

A ampliación do polígono fase en dúas fases: a primeira de 58.000 m2

Page 4: Outubro 2011 - BXV

4 BARRIOSOutubro de �011

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

4 Novos retos na Industria Agroalimentaria

Todas as persoas ac-tivas no sector agroali-mentario, profesionais e directivos, residentes en Verín teñen a posibilidade de ampliar os seus coñe-cementos acudindo entre o 18 e o �9 de outubro, de 18 a �� horas, a un curso sobre “Novos retos na In-dustria Agroalimentaria”, que organiza o Centro de Desenvolvemento Rural “Portas Abertas” .

Unha iniciativa pensa-da para lograr a reflexión e o debate sobre o futuro agroalimentario a través de temas como a sobera-nía alimentaria, a viticul-tura, a posta en marcha dunha nova empresa do sector, a diversificación da xente nova, os merca-dos tradicionais e prazas de abastos ou a repercu-sión das enfermidades do castiñeiro e as súas solu-cións, entre outros.[+ info: 988 41 7� 3� ou en

[email protected]]

4 Nova dirección do Servizo Muni-cipal de Auga

A empresa Espina & Delfín, SL., concesionaria do servizo municipal de auga de Verín, trasladou á rúa Canella Cega nº 41 a súa Oficina de Atención ao Cidadán, situada con anterioridade na rúa Lau-reano Peláez, e na que os verineses non só recibirán información deste servizo senón que tamén poderán efectuar as xestións admi-nistrativas pertinentes.

Os teléfonos de contacto continúan sendo 988 683 286 (Oficina, luns a venres de 9 a 13.30 horas) e 607 5�7 755 (Urxencias).

Redacción

O deputado socialista Juan Carlos Francisco Ri-vera lamenta “que a desi-dia da Xunta de Galicia impida que os empresarios da construción da comar-ca de Monterrei poidan dispor dun recinto para depositar os materiais e os cascallos xerados nos pro-cesos construtivos”.

“Resulta incomprensi-ble que as Consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente antepoñan as súas discrepancias sobre a dispoñibilidade dun terreo onde situar o vertedoiro ás demandas dos empre-sarios de contar cunha zona habilitada para iso”, afirma.

Rivera explica “que o vertedoiro é unha deman-da dos empresarios da comarca e que xa no ano �007 deuse o visto e prace ao proxecto de vertedoiro pola Consellería de Me-dio Ambiente do anterior goberno galego, por iso resulta sorprendente a ac-titude da Xunta de Gali-cia”.

O deputado socialista denuncia que “a carencia dun vertedoiro autorizado está a provocar que moi-tos empresarios teñan que depositar os residuos da construción en propiedades privadas e, nalgúns casos, en vertedoiros ilegais e in-controlados”.

No mesmo sentido, Ri-vera apunta que a Xunta de Galicia non pode desprazar a súa responsabilidade aos concellos da comarca, e va-lora “o esforzo da Manco-munidade de Municipios na adquisición dun terreo para a instalación do vertedoiro que nestes momentos re-sulta insuficiente e debe ser completado con outra par-cela lindante de titularidade da Xunta de Galicia”.

O deputado anuncia a presentación de iniciativas parlamentarias para que a Xunta de Galicia execute inmediatamente a constru-ción do vertedoiro. Igual-mente solicitará que os or-zamentos autonómicos do ano �01� recollan a partida de 600.000 euros necesaria para a execución desta in-fraestrutura.

Redacción

O alcalde de Vilardevós, o popular Manuel Cardo-so, decidiu puntualizar as “imprecisas e incertas” declaracións realizadas polo portavoz do PSOE no municipio, José Luis Pérez García, nas que se critica que seis emprega-

Redacción

O Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño vén de formular a avaliación de impacto ambiental do proxecto “Adecuación ambiental e defensa contra avenidas na conca do río Támega e outros regatos menores” no municipio de Castrelo do Val, cuxo promotor é a Confederación Hidro-gráfica, concluíndo que a condición de que se cum-pran as medidas fixadas nesta resolución quedará axeitadamente protexido o medio ambiente e os re-cursos naturais.

O proxecto expón dis-tintas actuacións ao longo do río Támega, para me-llora do uso público e do funcionamento hidráulico da canle. As accións que levarán a cabo son as se-guintes: limpeza de canles e marxes no río Ribas; recuperación de marxes e eliminación de badén no río; restauración e ade-

cuación de dous azudes, un situado na área recreativa das Botas e o outro en No-cedo do Val, e varanda na poboación de Castrelo do Val, concretamente no tra-mo urbano do río.

Coas medidas preventi-vas e correctoras expostas polo promotor nos docu-mentos ambientais presen-tados non se producirán im-pactos significativos sobre o chan, auga, atmosfera, fauna, etc., nin durante a fase de construción, nin na de explotación do proxec-

to. Unha vez realizado o proxecto, o impacto sobre a paisaxe será positivo, ao mellorar as condicións ac-tuais gañando naturalida-de e facilitando o acceso.

Establecerase un progra-ma de vixilancia durante a realización das obras e polo menos durante o pri-meiro ano de explotación.

Resolta a avaliación ambiental do proxecto contra inundacións no Támega4 Dentro do termo municipal de Castrelo do Val.

Esixen á Xunta que autorice un vertedoiro de cascallos

dos do Concello presen-taron demandas contra o mesmo.

“Hai que ter unha cara moi dura, ser un irresponsa-ble político e un demagogo como o portavoz do PSOE en Vilardevós para utilizar as demandas de seis traba-lladoras contratadas por el e presentadas durante o seu

mandato para atacar a xes-tión do actual goberno po-pular en Vilardevós, xa que como especifican as traba-lladoras nas súas deman-das, os contratos subscritos co Concello realizáronse en fraude de lei ”, indica Cardoso Pérez. Os escritos foron presentados os día 3 e 9 de xuño de �011, previos á toma de posesión do Par-tido Popular como grupo de goberno de Vilardevós.

“O que debe efectuar declaracións sobre estas

demandas é o portavoz do PSOE, xa que se presenta-ron ao final do seu manda-to, e el foi o que realizou as contratacións das mesmas, prorrogounos de forma ‘in-tencionada e ilegal’ para que adquiriran a categoría de fixas, e impedindo que outras persoas de Vilarde-vós puidesen acceder a estes postos de traballo”, indica o rexedor popular. “Se actua-rá conforme á lei agora non teríamos unha situación que lle vai ocasionar ao Conce-

llo de Vilardevós un gasto importante de diñeiro en avogados e un gasto impor-tante nas indemnizacións nas que puidera incorrer polas prácticas ilegais do anterior alcalde”.

O alcalde de Vilardevós puntualiza ao PSOE

Cardoso acusa ao anterior rexedor de prorrogar contratos de forma “ilegal”

O río Támega sofre periódicas inundacións./ARQUIVO.

Limparanse canles e marxes e restauraranse dous azudes

Page 5: Outubro 2011 - BXV

BARRIOSOutubro de �011

5PUBLICIDADE

Cardoso acusa ao anterior rexedor de prorrogar contratos de forma “ilegal”

Limparanse canles e marxes e restauraranse dous azudes

Page 6: Outubro 2011 - BXV

6 BARRIOSOutubro de �011

XINZO E COMARCA

4Cursos no CDR O Viso

O Centro de Desenvol-vemento Rural O Viso vai realizar dous cursos de formación no mes de ou-tubro. O primeiro deles é o de “Mellora das capaci-dades físicas e primeiros auxilios para as persoas dependentes”, dirixido a coidadores, e comeza o �4 de outubro. O segun-do, dirixido a traballado-res do sector agroalimen-tario, é de “Manipulación, despiece e conservación de produtos cárnicos” e dá inicio o 15 de outubro.

Os cursos terán lugar nas instalacións do Viso en Lodoselo (Sarreaus), agás a parte práctica do curso de manipulación de produtos cárnicos, que será no Centro Tecnolóxi-co da Carne de Ourense

[+ info na praza Maior nº1- 1º de Xinzo, no 988

461 571 e [email protected]]

4 Obras na estrada OU-304 en Laroá

A Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar as obras de me-llora de seguridade viaria na OU-304, en Laroa, en Xinzo de Limia. Os traba-llos nesta estrada inicia-ranse na segunda quince-na do mes de outubro.

A Xunta de Galicia achega un importe de pre-to de 160.000 euros para levar a cabo estas mello-ras nun treito de estrada que ten unha lonxitude de 1,� quilómetros.

As obras consisten en ampliar a plataforma da estrada sen saírse dos lí-mites do dominio público, para o cal terase que cubrir a gabia existente median-te a colocación dun tubo nunha zanxa con grava. Finalmente construirase a senda peonil mediante soleira de formigón cun ancho tal que permita a circulación de bicicletas.

No que se refire a carac-terísticas técnicas, o tra-mo conta con dous carrís de 3,50 metros cada un e dúas beiravías de 0,50 metros. Tamén consta unha senda peonil de �,50 metros.

EN BREVE O alcalde de Xinzo defende os dous proxectos que crearían 400 empregos no municipio4 O BNG cuestiona a solvencia da empresa que propón a planta de reciclaxe e o PSOE a da industria cárnica. Obradoiro organizado polo departamento de Servizos

Sociais de Xinzo.

Obradoiro de saúde, afectividade e sexualidade nas persoas maiores

A sexualidade dos anciáns foi un dos temas tratados no “Obradoiro de saúde, afectividade e sexualidade nas per-soas maiores” impartido no salón de actos de Xinzo por profesionais da Escola Galega de Saúde para o Cidadán, co apoio do departamento de Servizos Sociais do Con-cello.

Ao acto asistiron un grupo de 46 persoas, entre elas os participantes no curso do INEM de Auxiliares de Axuda a Domicilio e varias mulleres do Plan Clara.

As eleccións nos Blancos coincidirán co 20-NRedacción

A repetición das elec-cións municipais nunha mesa do concello dos Blancos terá lugar o �0 de novembro, coincidin-do coas eleccións xerais. Ademais de elexir os seus representantes no Congre-so e no Senado, na man

Paula Lodeiro

Goberno e oposición de Xinzo de Limia manteñen posicións enfrontadas con respecto á posible implan-tación na localidade de dúas empresas que xera-rían xuntas 400 postos de traballo. Desde o grupo de goberno do PP apoian os proxectos empresariais para crear en Xinzo unha planta de reciclaxe de re-siduos e unha industria cárnica, mentres que so-cialistas e nacionalistas consideran estas dúas ini-ciativas “falsas promesas” (Elvira Lama) e un “timo do PP” (Xosé Manuel Pé-rez Bouza).

Defende o alcalde, An-tonio Pérez, que a súa pre-ocupación é “crear empre-go” e non “valorar a vida persoal dun empresario”. Referíase ás críticas do senador e candidato do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza, quen desacreditou a empresa que promove a construción da planta de reciclaxe de residuos en Xinzo, vinculando o seu administrador a unha trama de corrupción do PP de Murcia (Caso Bru-gal). “Ao BNG non lle cabe a menor dúbida de que Soreva (a empresa en cuestión) non é máis que unha tapadeira, por-que quen realmente esta detrás deste proxecto é a empresa coñecida como Pro Ambiente S.L., da que

casualmente é titular Ángel Fenoll, un dos principais imputados na Operación Brugal”, afirmou Pérez Bouza, quen anunciou que a formación frontista leva-rá ao Parlamento galego “o entramado de empresas e asuntos turbios que existe detrás do proxecto”.

Para Antonio Pérez, as críticas dos nacionalistas responden ao obxectivo de “ buscar a rendabilidade de catro votos”. Con todo, o alcalde aclarou que se in-teresou pola solvencia dos promotores da planta de re-ciclaxe, que lle negaron que o investimento en Xinzo es-tivese vinculado a ningunha subvención. “Loxicamente darémoslle o maior número de facilidades”, afirmou o rexedor limiao, quen pun-tualizou que “cando che-gue o momento pediremos avais, que ingresen o ICIO, e os impostos correspon-dentes”.

Industria cárnicaCon respecto ao proxecto

de industria cárnica, o po-litico popular indicou que agardan ter o informe favo-rable da Xunta de Galicia ao proxecto en decembro e “se todo vai ben antes do final do ano estarán facendo alí a obra”.

Pola contra, para a vocei-ra socialista, Elvira Lama, trátase “dun novo engano aos veciños pola proximi-dade das eleccións xerais”. Engade que “esta suposta

dos 470 censados nesta mesa está a elección do seu próximo alcalde.

Nos pasados comicios municipais de maio, pro-duciuse un empate nos re-sultados dos Blancos entre o candidato de APGa, José Manuel Castro e o do PP, Juan Manuel Andrade, tras desaparecer un voto nunha das dúas mesas. Logo dun primeiro sorteo que daba a alcaldía ao PP, APGa recu-rriu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obri-gou repetir as eleccións.

4 O mesmo proxecto en tres lo-calidades distintas

Ademais de en Xinzo, o grupo galego ICG ten pre-sentado o seu proxecto de CICAT (Centro Industrial Cárnico de Alta Tecno-loxía) en dúas localidades máis: a leonesa Cubillos del Sil e Trujillo (Cáce-res). En �010 a empresa recollía currículums na localidade cacereña para optar a un dos �50 postos de traballo que se crearían coa súa fábrica, mentres que na primavera pasada os seus responsables vi-sitaban os terreos da vila leonesa na que a planta cárnica empezaría a cons-truirse a finais deste mes-mo ano, cun investimento de 50 millóns de euros e a creación de �50 empregos directos.

ICG tamén se interesara en �008 en facerse cargo do matadoiro de Badajoz, cun proxecto similar ao da capital limiá.

empresa non é máis que unha cazadora de subven-cións que agora mesmo lle convén ao PP, pero que acabará en nada”.

Socialistas e nacionalistas consideran as dúas iniciativas “falsas promesas”

Page 7: Outubro 2011 - BXV

BARRIOSOutubro de �011

7PUBLICIDADE

Socialistas e nacionalistas consideran as dúas iniciativas “falsas promesas”

Page 8: Outubro 2011 - BXV

8 BARRIOSOutubro de �011 PUBLICIDADE

Page 9: Outubro 2011 - BXV

BARRIOSOutubro de �011

9PUBLICIDADE

Page 10: Outubro 2011 - BXV

10 BARRIOSOutubro de �011 especial INORDE

O Inorde trouxo ao seu foro sobre a castaña a Jordi RocaO reposteiro do afamado restaurante El Celler de Can Roca elaborou catro sobremesas con castañas ourensás

O “xenio do doce”, como se ten definido a Jordi Roca, acudiu o pa-sado luns a Ourense para participar no foro sobre a castaña auspiciado polo Inorde e o Grupo Cue-vas.

Ante un numeroso pú-blico, o menor dos tres irmáns Roca explicou como é un día de traballo en El Celler de Can Roca, restaurante que, con tres estrelas Michelín, está considerado o mellor de España e o segundo do mundo.

A parte máis atractiva da súa intervención che-gou no momento no que o reposteiro catalán ela-borou in situ catro sobre-mesas, todas elas a base de castaña: ensalada de castaña, castaña á brasa, castaña con queixo San Simón, café e carame-lo, e castaña xeada con marrón glacé; con cas-taña ourensá, claro está, como a que se utiliza no seu restaurante, especial-mente en cociña de tem-pada de outono e pratos de caza.

Dous destes postres formaban xa parte da carta de El Celler de Can Roca; mentres que os

outros dous creounos por primeira vez como ache-ga ao desenvolvemento e potenciación do produto máis representativo de Ourense, o froito do cas-tiñeiro.

A pesar de que a axen-da de Jordi Roca está re-pleta de invitacións que recibe diariamente de todo o mundo, o afamado reposteiro aceptou acudir a este foro pola súa iden-tificación coa castaña como valioso ingrediente da cociña doce, e como homenaxe aos que con-seguiron rescatala dunha longa historia de esque-cemento, comezando polo seu aproveitamento no marrón glacé e ata in-troducila na gastronomía máis selecta e nas tendas gourmet e as cadeas de distribución máis impor-tantes do mundo.

O seu proceso creativoDurante a súa confe-

rencia, Jordi Roca desve-lou aos presentes como concibe cada nova idea e o proceso creativo que segue ata convertela nun novo prato. A pesar da súa mocidade, Jordi Roca é xa un referente mundial da cociña doce e líder da

repostaría de vangarda.Coas súas sorprenden-

tes sobremesas busca combinar o goce gastro-nómico e crear estados de ánimo e evocacións no comensal. As súas constantes e sorprenden-te innovacións leváronlle a converter en comestible “O gol de Messi”; así se chama a sobremesa que recrea no prato o oloro-so céspede e a eléctrica mobilidade do futbolista cun balón, con caramelos que explotan na boca ao degustalo. Recentemente ten conseguido captar os aromas de 18 dos perfu-mes máis recoñecidos do mercado para facelos tamén comestibles, e a partir dunha sobremesa ten creado un perfume propio levando o aroma do prato ao frasco; de-nominouno “Núvol”, xa á venda. Jordi Roca, con innumerables premios no seu haber, é autor tamén de “Doces sensacións”, libro no que recompila e explica as súas mellores receitas.

Entre o público que non perdeu detalle da charla divulgativa de Roca, es-taban presentes o xerente do Inorde, José Manuel

Rodríguez, e o do Grupo Cuevas, Artur Yuste.

Citas anteriores do foroJordi Roca foi o tercei-

ro invitado ao foro esta-ble creado polo Inorde e o Grupo Cuevas para coñecer como se ve a Ourense desde o exte-rior, como se valoran e coñecen os seus produtos máis destacados e cal é a imaxe que perciben dife-rentes líderes de opinión e relevantes profesionais do mundo da comunica-ción, a cultura e a gastro-nomía.

Este primeiro ciclo ten á castaña como protago-nista -un dos produtos máis identificados no mundo con Ourense- e foi aberto no mes de maio polo xornalista Pepe Ri-bagorda, que falou sobre “Se somos o que come-mos, que somos”, para trazar un emotivo e per-sonalísimo percorrido pola cociña tradicional e as evocaciones da casta-ña ao longo da súa vida. Xa en setembro, o foro recibiu o experto gas-trónomo Lorenzo Díaz, quen explicou a estreita relación entre a literatura e a cociña galegas.

Numeroso público achegouse ata o Centro Cultural da Deputación o pasado luns 10 de outubro para seguir a conferencia do afamado reposteiro Jordi Roca. Parte del tivo que seguir a charla de pé, dado o éxito da convocatoria.

A directora do Centro Superior de Hostelería de Ga-licia, Patricia Cuevas, presentou a conferencia de Jordi Roca, quen iniciou a súa conferencia explican-do como se traballa no considerado segundo mellor restaurante do mundo, El Celler de Can Roca.

Un dos axudantes de Jordi Roca adiantando a prepa-ración dunha das catro sobremesas a base de castaña que o reposteiro preparou en Ourense.

O reposteiro catalán elaborou in situ catro sobremesas, todas elas a base

de castaña ourensá: ensalada de castaña, castaña á brasa, castaña con queixo San Simón, café e caramelo, e

castaña xeada con marrón glacé

O Inorde creou este foro para coñecer como se ve a Ourense desde o

exterior, como se valoran e coñecen os seus produtos máis destacados; a castaña é a protagonista do primeiro

ciclo

Page 11: Outubro 2011 - BXV

BARRIOSOutubro de �011

11OCIO E CULTURA

Novo número da revista cultural de SandiásRedacción

Vén de publicarse o quinto número da revista “A Torre do Castro”, con información de carácter cultural e turística do con-cello de Sandiás. Trátase dunha publicación que in-tenta achegar a visitantes e veciños a historia e o patri-monio cultural de Sandiás.

Neste número contan cunha transcrición dun artigo relacionado coa Li-mia escrito por Domingo Fontán en 1858, no que aborda un tema de actuali-dade na época: a obsesión polo desaugamento da la-goa de Antela para o seu aproveitamento agrícola.

A revista tamén dedica un espazo á promoción do Centro Ecuestre de Antela e outro ao deporte, cun-has páxinas dedicadas á Segunda Carreira Popular Torre do Castro, así como unha mostra de vellas fo-tografías do municipio.

O 5 de novembro, 5ª Carrada do Viño en VerínRedacción

Unha convivencia ao redor da gastronomía e do viño é o que agarda o vin-deiro 5 de novembro aos que acudan á 5ª edición da Carrada do Viño de Verín.

Creada hai cinco anos para celebrar a nova co-lleita, o seu organizador, Edelmiro Mateo, avanza que nesta nova edición non haberá moitos cam-bios, “cando unha cousa funciona non convén cambiala”. Siguen as seis estacións, os cinco carros, e o pregón (probablemen-te a cargo de Ricardo, de Adegas Álvaro Palacios). A saída e chegada de novo no Mesón do Castro, con paradas no barrio de San Roque, a Alameda e o ba-rrio de San Lázaro.

As tazas para participar na ruta (unhas mil) poranse á venda a partir da sema-na próxima nos bares por onde pasa o percorrido.

Homenaxe aos músicos da banda de música de Parada de Ribeira

O pasado domingo � de outubro tivo lugar no novo centro social de Parada de Ribeira, en Xinzo de Limia, un acto de homenaxe aos músicos que conforman a ban-da de música do pobo. O acto dividiuse en tres partes: unha misa cantada na igrexa de San Salvador na honra dos integrantes da banda xa falecidos; unha entrega de placas conmemorativas e a presentación dun libro que compendia a historia da banda, e un pequeno concerto da Agrupación Musical da Limia.

Á homenaxe asistiron o presidente da Deputación, José Luis Baltar, o alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, os concelleiros do grupo de goberno e do BNG. Desde o Concello de Xinzo negaron que se tratase dunha inaugu-ración do local social, como acusaran os socialistas.

A Biblioteca de Verín, galardoada O director xeral de Promoción e Difusión da Cultu-

ra, Francisco López, o alcalde de Verín, Juan Manuel Ji-ménez Morán, e os responsables da Biblioteca Pública Municipal de Verín, Vicente Rodríguez e Aurora Prieto recolleron, o premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas �011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España.

O premio foi concedido por unanimidade, polo seu traballo no ámbito do fomento á lectura e o conxunto de actividades realizadas pola biblioteca. O galardón, entregado no marco da Feira Internacional do Libro de Madrid. consistiu nunha escultura orixinal expresamente deseñada para este acto, valorada en 6.000 euros. “A Bi-blioteca Pública Municipal de Verín converteuse nun dos centros lúdico-culturais máis significativos da comarca de Verín-Monterrei”, subliñou Jiménez Morán.

4IMAXES DO MES

Homenaxe aos músicos da banda de Parada de Ribeira. Acto de entrega do premio á Biblioteca de Verín.

Page 12: Outubro 2011 - BXV

1� BARRIOSOutubro de �011 DEPORTES

Antela pecha a tempada de carreirasA última cita da tempada no hipódromo de Antela, en Sandiás, estivo marcada pola alta

afluencia de afeccionados, que non se perderon as cinco carreiras que se disputaron na soleada mañá do 1� de outubro e que non deixaron de apostar polos seus favoritos. En total repartíronse 40.000 euros en premios, nunha xornada deportiva na que participaron máis de medio cento de cabalos.

Destacou a última das carreiras, de 1.�00 metros, na que participaban só cabalos naci-dos en Ourense e na que resultou vencedor Galego.

Na primeira da mañá, �.400 metros para 4 anos en diante, foi para Smasher; a favorita Neska alzouse coa victoria na proba sobre 1.800 metros para poldros e potrancas; houbo sorpresa portuguesa na terceira da mañá, coa vitoria de Ski Franque, sobre unha distancia de 1.800 metros; e Chief Key fíxose coa cuarta proba, de 1.�00 metros.

Presentación dos cabalos da segunda carreira en Antela./P.LODEIRO.

Olimpiadas na LimiaR.T.

A Asociación Depor-tiva Limiactiva, en cola-boración coa Concellería de Deportes de Xinzo e a Deputación, organizou a I Olimpiada Escolar da Limia o pasado �4 de se-tembro. Este evento des-envolveuse no Parque do Toural, onde se deron cita 70 nenos e nenas dende categoría Chupete (�010) ata Cadetes (1997).

A diversión foi a nota predominante en todas as probas, coma salto de altura e lonxitude, lanza-mentos de xavelina e peso, carreiras de velocidade, resistencia e relevos así

como os 60 metros valados. O público animou en todo momento aos pequenos atletas que recibiron unha medalla conmemorativa do evento e outros agasallos.

Con este evento, Limiac-tiva inaugurou a tempada da escola deportiva de atletis-mo, xestionada por terceiro

ano consecutivo xunto coa Concellería de Deportes. Este ano son máis de 60 at-letas.

Tamén se deu a coñecer a mascota da escola, unha ra debuxada por Miriam Opa-zo, gañadora do concurso convocado pola asociación con esta finalidade.

Os rapaces xunto coa mascota da Escola Deportiva Li-miactiva./LIMIACTIVA

España-Rusia de fútbol sala, en XinzoR. Torres

No segundo partido dos amigables disputado en

terras ourensás, concreta-mente Xinzo, o combinado nacional impúxose ao ruso por 4-1.

As dúas escadras alterna-ban rápidos movementos de balón en toda a cancha. As de Arsenio Pascual tentaban

arrinconar ás xogadoras ru-sas e facian no minuto � o primeiro gol, obra de Nata-lia en dobre remate. Así re-mataría a primeira metade.

No segundo período, novo gol para as españolas aos dous minutos. As rusas, lonxe de amilanarse, recur-tarían distancias cun gol de dobre penalti, contrarresta-do por Sara Iturriaga dous minutos máis tarde do mes-mo xeito (dobre penalti). Nas postrimerías do encon-tro, a pontina Ampi redon-deaba o partido cun gol á saída da cancerbeira rusa.

A ourensá Marta Figuei-redo xogou o seu segundo encontro coa absoluta dian-te das súas compañeiras de equipo que a animaron en todo momento.

Ampi defendendo a España en Xinzo./RAMSÉS

Redacción

O domingo 6 de novem-bro Ourense correrá un ano máis a Carreira Popular Pedestre do San Martiño, unha proba que neste �011 cumple 35 edicións, sendo a competición “máis anti-ga, querida e valorada” da cidade. O Consello Mu-nicipal de Deportes vén de presentar os detalles da pro-ba deste ano, cuxo prazo de inscricións está aberto ata o 31 de outubro. Referente ourensán do deporte popu-lar e plural, a San Martiño aspira superar os máis de 7.500 atletas que o ano pa-sado se deron cita na capital ourensá.

A 35º edición da San Martiño, incluída no calen-dario da Real Federación Galega de Atletismo, man-tén a súa dobre carreira con percorrido de 10 quilóme-

tros na categoría xeral e 4,5 quilómetros para escolares, o que asegura a máxima participación nas diferentes categorías e o seu carácter de competición “popular”.

O encargado de dar a saída este ano, ás 11 horas no Pavillón dos Remedios, será o corredor Santi Pérez,

A carreira pedestre do San Martiño cumple 35 edicións4O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de outubro.

histórico atleta galego que foi olímpico en Pekín �008.

Policía Local e un cor-po de voluntarios velarán de xeito coordinado polo bo desenvolvemento da proba, que contará cos ha-bituais controis e avitua-llamientos.

Manuel Mosquera, Isabel Pérez, Fernando Varela e Mar-ta Míguez presentaron a 35º San Martiño/RAMSÉS.

Page 13: Outubro 2011 - BXV

BARRIOSOutubro de �011

13OCIO E CULTURA

P. Lodeiro

Unha programación “co-herente, valente, compro-metida e de calidade”. Con estas palabras presentaba a presidenta do Consorcio do Festival de Cine Internacio-nal de Ourense, Isabel Pé-rez, a décimo sexta edición do certame cinematográfico ourensán. Unha edición na que se reclama a implica-ción do público a través do lema do seu cartel, “Tóca-che!”

Neste sentido, o alcal-de de Ourense, Francisco Rodríguez, subliñou que o OUFF conta “co favor do público” o que é o “máis importante” por ser o desti-natario do festival e cualifi-couno de “referente cultural do outono ourensán”.

A película “La voz dor-mida” de Benito Zambrano será a encargada de inaugu-rar o festival de cine o ven-res 14, nunha gala no Au-ditorio na que se substitúe, por restricións orzamenta-rias, o tradicional cóctel por un viño galego e un petisco. O OUFF conta esta edición cun orzamento de 400.000 euros, cen mil menos que o ano anterior. Deles, 67.000 euros destínanse aos pre-mios das seccións oficiais, practicamente os mesmos que en pasadas edicións. Un recorte no presuposto que non supón “merma na cua-lidade do que é importante, que son as proxeccións”, afirmou Isabel Pérez.

O que non haberá este ano son galardóns especiais, aínda que si se aproveitará a gala de clausura para ho-menaxear ao cine ourensán, coa estrea de “Anos Des-pois” de Laura Gardos Velo. Mantéñense, pola contra, as cinco seccións oficiais (118 películas entre longame-traxes, curtametaxes, docu-mentais, animación e Novos Media) e quedan en cinco os ciclos temáticos, cun de-dicado á comedia por pri-meira vez na historia do fes-tival. Os outros catro serán os de Igualdade, Panorama Galiza, Visións de América Latina e Visións da Europa Atlántica.

Outro cambio con res-pecto a anos anteriores é a redución do número de sesións, atendendo á pe-tición dos cinéfilos. “Por sentido común e ante a imposibilidade de ver todo o que se proxectaba, reducimos (o número de sesións) para que a xente poida ver o maior número posible de films”, engadiu Pérez. Tamén diminuiron os espazos vinculados co festival: as proxeccións poderanse ver no Audi-torio e no Cinebox (catro salas), no Teatro Principal para o caso das sesións es-peciais (como “Barreiros, o Henry Ford español” ou “El perro azul, vida e obra de Xaime Quessa-da”) e as cintas da sección Novos Media exhibiranse no Museo Municipal. Os encontros co público dos responsables das películas terán lugar nunha carpa instalada no centro comer-cial Ponte Vella (ás tardes a partir das 18:30 horas) e as roldas de prensa para os medios desenvolveranse no punto de información turística, no casco histó-rico.

En canto ao aparta-do profesional, visitarán Ourense o avogado David Bravo, a experta en lin-guaxe audiovisual María Yáñez, o director editorial de Filmin, Jaume Ripoll, e o equipo de Malviviendo, serie que se difunde na In-ternet.

Novidades O voceiro do festival,

Diego G. López, deu conta dalgunhas das novidades desta edición, entre eles unha web “máis sinxela” na que aparece un espazo para twittear, dous blogs que achegarán outra vi-sión do certame e un espa-zo para que os que veñan de fóra compartan coche para chegar a Ourense, a presenza do OUFF nas redes sociais, e unha apli-cación para móbil (Iphone e Android) con toda a pro-gramación da cita cinema-tográfica ourensá.

[+ en www.ouff.org]

Presentado o 16OUFF4 Do 14 ao �3 de outubro trae-rá a Ourense o mellor do cine actual.

Diego G. López, voceiro do OUFF, Isabel Pérez, presidenta do Consorcio para o Festival de Cine, e Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense, presentaron a décimo sexta edición do OUFF./DANIEL GALLEGO - OUFF.

“La voz dor-mida” e “Anos despois” abre e pecha, respec-tivamente, o 16OUFFNesta edición hai 118 filmes en cinco categorías oficiaisAdemais, hai cinco ciclos temáticos e sesións especiais

Page 14: Outubro 2011 - BXV

14 BARRIOSOutubro de �011 OCIO E CULTURA

4AXENDA-Exposicións- “O camiño real de

Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prata” - Ata o �7 de outu-bro na Casa do Escudo de Verín e desde esa data na Casa da Cultura de Xinzo

- Desde o �9 de outu-bro - “Unha mirada mate-mática” e “A mirada dun monxe budista” - Casa do Escudo de Verín

Cinema- �0 de outubro - “El

Espejo” de A. Tarkovsky- ��:45 h. - Casa da Cultura de Verín

- �7 de outubro - “Nie-bla en el pasado” de M. Le Roi - ��:45 h. - Casa da Cultura de Verín

- Do 14 ao �3 de outu-bro - 16º Festival de Cine Internacional de Ourense

Presentacións- 18 de outubro - ‘Guía

das Libélulas de Galicia’ do naturista e biólogo Miguel Ángel Fernández Martínez - 19 horas, a Bi-blioteca Pública de Verín

Feiras e festas- 5 de novembro - V

Carrada do Viño - 19 h. - Rúas de Verín

- 6 de novembro - Feira da Castaña e do Cogumelo e 3º Tour da castaña- Riós

Deportes- 15 de outubro e 6 de

novembro - Ruta ciclo in-terpretativa da Limia e do Támega [+ [email protected] e no 616 667 446]

Outros- 14 de outubro- “Outo-

no na Biblioteca”, reali-zación de monicreques e manualidades, para nenos de 3 a 10 anos - De 18 a 19.30 horas - Biblioteca Pública de Verín

- �� de outubro - Noi-te de humor con Aveli-no González (Miñato) - 00:00 h.- Sala Urban Place - Xinzowww.mundourense.com

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIAA xeración da dúbida

Unha das cousas máis irritantes da nosa política é a facilidade demagóxica con que se piden impostos sobre fortunas, transac-cións financeiras, lucros, etc. Non é por ese obxecti-vo ser inxusto ou ilexítimo. Nunca será unha cousa ou outra mentres exista tanta desigualdade social e tanta iniquidade fiscal. E, nun es-cenario de crise financeira e económica, ese esforzo acrescido por parte de quen máis ten xorde aínda máis xusto, sexa do punto de vista ético ou social. O que non leva a nada é a dema-goxia do discurso que igno-ra os efectos perversos, ou mesmo contra producentes, que algunhas desas medi-das sempre terían, no caso de que fosen aplicadas por un único país e sen a acep-tación das entidades atinxi-das, sexan elas persoas in-dividuais ou colectivas.

Aumentar os impostos sobre as fortunas, os rende-mentos de capital ou os sa-larios millonarios, en econo-mías como a portuguesa ou a española, que son abertas ao mundo e, simultaneamen-te, integradas nunha alian-za de países e nunha zona monetaria, son movementos que só poden ser tomados con gran prudencia e de for-ma concertada.

E razón ten os titulares das maiores fortunas de Francia cando asumen que o seu xesto ten efectos limitados e non resolve os problemas de fondo da economía. Indepen-dentemente do aumento de receitas que o Estado poi-da ir buscar aos chamados “ricos”, para alí do feito de existir hoxe unha política fis-cal que non corrixe, ou polo menos corrixe pouco, as des-igualdades abismais de ren-demento entre cidadáns, é fundamental recoñecer que as finanzas públicas da maio-ría dos estados europeos se encontran nunha situación lamentábel. É antidemocrá-tico, desleal e deshumano, en plena democracia, uns gaña-ren dez e outros mil!

A solución do problema non está, simplemente, en taxar máis. Está en facer me-llor, ser máis racional e máis xusto, quere do lado dos im-postos quere, sobre todo, do lado do gasto público. Aquí, no gasto público, é que teñen que ser tomadas medidas drásticas porque o gasto é moi esaxerado.

Temos, por iso, que deixar de “mimar os ricos”. E en Francia os ricos dixeron o mesmo, asumindo que están dispostos a pagar para que non se deixe morrer a galiña dos ovos de ouro. E por acá?

João Damião

4TRIBUNA ABERTAMovemento Júnior

Había que apretarse “os machos” e dalo todo no fi-nal do curso, xa cando sen pensalo achegábase o ve-rán e os rapaces do “Mo-vemento Júnior” tiñámola obriga de aprobar as asig-naturas do curso para que os pais nos deixaran for-mar parte daquel inesque-cibel campamento do que tanto poidemos aprender e disfrutar na época final da infancia e o principio da xuventude. Rematando o mes de maio as nosas cacholiñas só pensaban na praia de San Vicente do Mar, que era o lugar donde tiven a sorte de facer varios anos de “Júnior”. Aquilo era impresionante dende o día da partida, cando que-daban as nosas nais lim-pando as bágoas dos ollos por ver que os pequenos marchaban “lonxe” e que 15 días eran moitos dias sen nós. E pola contra,no autobús recheo de rapa-ces, coas mochilas a tope sen pensar no sufrimento daquelas mulleres que ace-naban a man dicindo adeus , chorando e ríndo o mesmo tempo. A viaxe xa era unha festa máis das moitas que esperaban alá, moi lonxe, ao pé do mar.Todos coa ca-misola verde do “Junior” cantando “El árbol de la montaña...” ou a de “que-remos ir a 90, a 90”...

E así ata chegar ao des-tino onde agardaban os compañeiros, educadores e cociñeiras que días antes xa tiñan todo preparado para a nosa chegada. As tendas de campaña montadas en línea, dúas filas laterais e unha frontal, ao milímetro! Deixando unha praziña no medio onde se prendia un lume ao anoitecer, a car-pa do comedor, os camiños segados e preparados para o acceso máis doado, as lu-ces, o botiquín, retretes, en fin, unha maravilla.

Logo realizabamos un

montón de tarefas que tiñá-mos que facer sempre con rigor e disciplina pero sen esquecer a ledicia e o compa-ñeirismo que axudaba a ser todo máis doado.

Uns tiñan morriña e bota-ban de menos a casa e cho-raban seguido, non tiñan con-solo; outros escribían cartas xa o segundo día para contar aos pais o que estabamos a ver, e outros facendo tras-tadas pasábamos as horas rindo e gozando a fartar. En cada tenda durmiamos sete rapaces, apretadiños e meti-dos nos sacos burlabamos as noites frescas do litoral, don-de caíamos rendidiños e can-sos despois de cada xornada . Ao mencer, as sete da mañá e ainda coa neboa sobre as no-sas cacholas, facíamos exer-cicios de ximnasia a rega-ñadentes nos primeiros intres para logo chegar cunha fame do demo ao almorzo, choco-late con pan e manteiga, iso si, a fartar! Xa ca barriga chea comenzabamos as acti-vidades da xornada que cada día eran dun xeito, e logo, ás 12, íamos a praia a bañarnos e a recoller as conchiñas para facer un colar para agasallar ás avoas no regreso.

Sobre a metade da quincena, viñan os nosos pais a visitar o campamento e preparabamos todo para recibilos; era un día especial, comida, baile, canti-gas... Cada grupo facía un es-pectáculo e representabámolo ante os nosos con ilusión e agarimo, recollendo sempre os interminables aplausos que nos facían medrar. A emoción era incontible, e os pais volta-ban felices despois de ver todo o realizado polos seus fillos. Agora que os anos pasaron ra-pidiño e que o tempo nos pon do outro lado e aqueles rapa-ces somos agora os “papás” e aqueles que nos visitaban son os avós que esperan o colar de cunchas que o seus netos lles traeran ao voltar da praia.

Axiña pasaban os días e sen apenas darnos conta che-

gaba a hora de desmontar o campamento e a tristura aparecía por momentos ao mirar atrás, mais unha vez no “carrito“ voltabamos a entonar “El árbol de la montaña” e con entusias-mo atentos para ver apa-recer o castelo de Monte-rrei e berrar “xa estamos aquí!”

No atrio da parroquia esperaban as nais os seus heroes particulares que teñidos cun bronceado de película destacabamos por un tempo no pobo.Boto en falta para os nosos fillos algo semellante, tan natu-ral e sinxelo e ao mesmo tempo tan enriquecedor. En nome de todos aqueles que formamos parte do “Mo-vemento Xuvenil Júnior de Verín” da miña xeración e que dalgunha maneira fixé-molo posíbel para recoller todos os valores positivos que nos puxeron nas mans dou as grazas ás persoas que traballaron a reo nes-ta organización xuvenil, e dos que podo dicir que estamos agradecidos, pois son moitas as veces que ao longo da vida atopa-mos situacións que posi-blemente por ter pasado polas vivenzas, consellos e maneiras de actuar que nos ensinaron no “Júnior” axudaron un anaquiño a ter claro de coller polos camiños “ceibes, limpos de maleza”, como aqueles que habia no campamento que nos levaban á praia.Son centos as persoas que agora mesmo teño na men-te en imaxes que non paran de pasar, mais estou seguro de que os que teñan a ben ler estas letras, terán coma min un sinfín de recordos, de aventuras e de imaxes que por moitos anos que pasen e sempre que teña-mos a ocasión sacarémo-las a relucir con ledicia.

Miguel A. Prieto Sotelo, “Chita”

De regreso ao olvidoQuixera regresar ao paraíso desterrado de profundas arboredas e augas averdosadas de buracos envolventes en prohibicións candescentes de lembranzas escuras de amores clandestinos e amizades perigosas.Non soporto a inxustiza de voltar á realidade quixera ser ninfa dos teus bosques enfeitizados de noites inmortais de pegadas de doces sabores dos licores da túa esencia

4POESÍAQuixera ser meiga contigo para seguir embruxada dos teus andares paseniños que a modiño me levan e a modiño me deixanQuixera regresar e non voltar xamais a realidade da vida para permanecer por sempre presa das túas mentiras namorada do teu murmullo namorada do teu encanto de profundas arboredas de augas averdosadas de buracos negros envolventes e prohibicións candescentes

P.D. Grazas Muíños por eses quince días!

Bea Losada

Page 15: Outubro 2011 - BXV

BARRIOSOutubro de �011

15

4TELÉFONOS DE INTERESEComarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Guardia Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmirás 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Guardia Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024ITV 90� 309 000Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�006 e OU 186-�006. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Saudeter, Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo

Nº59- Ano: VI - Outubro �011 - Difusión: 1�.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.900, Ed. Verín: 7.100) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

CLASIFICADOS / CARTAS/ SERVIZOS

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

Verín - Xinzo - OurenseLaborables: 06:15 - 08:00 - 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - ��:00 - Sá-bados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - ��:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - ��:00

Ourense - Xinzo - VerínLaborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 1�:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - �0:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 - �0:15 (aut.) - Domingos e festi-vos: 06:30 (aut.)- 1�:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - �0:15 (aut.)

Videferre - VerínSaídas: 09:00 - 1�:30 - Regre-sos: 11:45 - 13:45 - 18:30

Campos - VerínSaídas: 07:45 - Regreso: 13:00

Viana - Gudiña - VerínSaída: 09:30 - Regreso: 13:00

Feces de Abaixo - VerínSaídas: 09:50 - 1�:35 - 18:�0 - Regreso: 1�:15 - 18:00

Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 1�:00 - 14:30Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 1�:00 - 14:30

Verín - Videferre (feiras)Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 - 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:�0 A Andorra: Saídas martes e ven-res ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xo-ves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZOA Madrid (Auto Res): Dia-rio: 00.�5 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

[Envíanos as túas cartas, fotos denuncia ou queixas por correo electrónico a info@ourenseporbarrios.

com, [email protected], ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, �5, �º, of. 15,

3�004, Ourense. As cartas ao director non deben ex-ceder de �0 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras

a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]

4CLASIFICADOS

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares;

negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense du-rante dous meses; no caso de que queira repetilos despois

dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS4CARTAS AO DIRECTOR

Vendo bonito piso en Allariz. 3 dormitorios, cociña equi-pada, baño reformado, am-plo salón-comedor, balcón, trasteiro, buhardilla, e garaxe pechado. 83.000 euros. urxe! Tel. 671 086 573.Véndese piso en Av. de San-tiago (Ourense). 87m�, 3 ha-bitacións, � baños, parquet, amueblado, cociña equipada, praza de garaxe e trasteiro. Calefacción central (gasoil). Oportunidade: 1�6.000 euros. Tlf. 698 186 9�0.Véndese local comercial de 100 m� e adega de 80 m�. Zona Praza do Ferro (Ouren-se). Tlfs. 988 �1 31 00 - 650 809 739.Alugo piso na rúa Ribeiriño con vistas ao río. Tlf. 988 �1 36 �1 - 670 45 70 77.Vendo piso en r/Bonhome (Ourense), 85 m�, salón-come-dor, � dormitorios, baño, coci-ña, lavadeiro e � galerías pe-chadas; 1º exterior, ascensor, reformado ano �000, cociña e baño amoblados, armarios empotrados. Non axencias. Tel. 600 747 198.

Vendo todo o equipo para re-cén nado: cuna, silla, etc. bo prezo. Tel. 638 84 �7 95.Vendo impresora Epson c/86 por 15 euros. Regalo dous cartuchos de color. Tel: 671 074 108.Vendo cuna parque de viaxe de � alturas, perfecto estado, 50 euros. Tel. 636 3� 95 �4.Vendo lavadora con menos de dous anos. Prezo económi-co. Telf. 654 156 084.Vendo coche Mitsubishi GS con 100.000 quilómetros, con extras; e moto Kawasaki ZZR 600 con 38.000 quilómetros reais. Todo por 11.000 euros negociables. Tlf. 988 41 3� 18.

VENDAS

Día Mundial da Saúde Mental

O Día Mundial da Saú-de Mental é unha xorna-da importante para as persoas con enfermidade mental e os seus familia-res, posto que nos permi-te dar a coñecer mellor a realidade que vivimos durante todo o ano.

Así, desde a A.F.E.M. MOREA, queremos cele-brar unha vez máis este 10 de outubro como unha oportunidade para re-clamar que este tipo de trastornos poidan consi-derarse como o que son: unha enfermidade máis, que precisa de tratamen-tos e de apoios, si; pero que non debe impedir á persoa que a presen-ta levar unha vida como calquera outra, nin estar plenamente integrada na sociedade.

A pesar de todos os avances, desde a A.F.E.M. MOREA atopámonos aín-

da con que o dereito a unha asistencia social e sanitaria parece diluírse cando a enfermidade a tratar é de tipo mental. E mentres, afortunadamen-te, van desaparecendo as barreiras físicas fronte a outro tipo de discapa-cidades, mantéñense os prexuízos cos que a socie-dade moitas veces exclúe ás persoas diagnosticadas cun trastorno mental.

Por isto, no día de hoxe os socios da A.F.E.M. MOREA queremos facer-lles chegar a lema elixido para este ano “Afronta o reto: colabora na mellora da saúde mental”. Porque todos -responsables polí-ticos, empresarios, profe-sionais socio-sanitarios, educadores, ou simple-mente como veciños- so-mos necesarios para cum-prir este obxectivo.

Mª Angeles Fernández Araujo, presidenta da

A.F.E.M. MOREA

Page 16: Outubro 2011 - BXV

BARRIOSOutubro de �011

Page 17: Outubro 2011 - BXV

Número: 59 - Ano:VI - Outubro 2011- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 CULTURA Páx.11VERÍN Páx.3 VERÍN Páx.3 CULTURA Páx.13

Galardón á Biblioteca Municipal de Verín por fomentar a lectura

O 16OUFF trae a Ourense o mellor do cine actual

O Concello de Verín inaugura a súa nova aula CeMIT

A Xunta anuncia a licitación da ampliación de Pazos

O delegado da Xunta reúnese con catro alcaldes máis

Outubro tráxico nos montes ourensáns [páx. 2]

Carmen Chacón e Samuel Juárez visitaron a zona de Monterrei onde tivo lugar o sinistro no que faleceu un piloto./BRAIS LORENZO.

O afamado reposteiro Jordi Roca exaltou as cualidades da castaña

ourensá [páx.10]

Page 18: Outubro 2011 - BXV

BARRIOSOutubro de �011

Page 19: Outubro 2011 - BXV