19
AS IDADES DA HISTORIA A PREHISTORIA : O PALEOLÍTICO Carmen Sánchez Rivas Sergio Trigo Rodríguez

Paleolítico

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Paleolítico

AS IDADES DA HISTORIA

A PREHISTORIA : O PALEOLÍTICO

Carmen Sánchez Rivas

Sergio Trigo Rodríguez

Page 2: Paleolítico

Páxi

na1

AS IDADES DA HISTORIA

Os historiadores estableceron unha división do tempo para poder estudar mellor a evolución do ser humano desde a súa aparición ata a actualidade. A primeira gran división é entre a Prehistoria e a Historia. A Prehistoria abarca o período da evolución humana en que non existía a escritura. A partir da invención da escritura comeza a Historia.

A prehistoria é a etapa máis longa, e divídese en tres etapas: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. A Historia divídese en 4 etapas: Idade Antiga, Idade Media, Idade Moderna e Idade Contemporánea. Esta división histórica é unha das moitas que se poden inventar.

AS

idadeS

DA

H

ISTO

RIA

PREHISTORIA Iniciase coa aparición dos homínidos ata o inicio da escritura

Divídese en :- Idade de Pedra: Paleolítico e Neolítico.- Idade dos Metais: Bronce, Cobre e Ferro.

IDADE ANTIGA Comeza coa aparición da escritura ata a caída do Imperio Romano

Aparecen as grandes civilizacións: Exipto, Grecia, Roma, Fenicia e Mesopotamia.

Realízanse as invasións bárbaras.

IDADE MEDIA Comeza coa caída do Imperio Romano ata o Descubrimento de América.

Crease o Imperio Carolinxio Establecese o feudalismo Aparece o arte gótico Realízanse as Cruzadas

IDADE MODERNA Iniciase co descubrimento de América ata a Revolución Francesa.

Realizase o proceso de descubrimento e colonización de América.

Realízanse teorías e descubrimentos científicos. Desenvolvese o arte. Aparecen relixións protestantes.

IDADE CONTEMPORÁNEA Iniciase coa Revolución Francesa ata a actualidade.

Prodúcese a Revolución Francesa. Elimínase o absolutismo dos reis. Establécese o capitalismo. Prodúcese a Revolución Industrial. Dáse a Primeira e a Segunda Guerra Mundial Prodúcese o Holocausto Nazi

Page 3: Paleolítico

Páxi

na2

….

A PREHISTORIA

A Prehistoria é o período anterior á chegada da escritura, feito que é tomado polos historiadores para determinar o comezo da Historia.

É unha etapa sumamente extensa considerando que os primeiros homínidos fixeron a súa aparición na superficie terrestre fai arredor de 3000000 de anos e a Historia comeza a contarse, aproximadamente, 4000 anos antes de Cristo.

A Prehistoria divídese en 3 etapas:

A PREHISTORIA

O PALEOLÍTICO O NEOLÍTICO A IDADE DOS METAIS

Page 4: Paleolítico

Páxi

na3

Comeza fai 3000000 de anos coa aparición do home e remata 10000 anos a.C. coa aparición da gandaría e da agricultura.

Comeza fai 10000 anos a. C. coa aparición da agricultura e a gandaría e remata 6000 anos a. C. co uso dos metais.

Comeza fai 6000 anos co uso dos metais e remata 3000 anos a.C. coa invención da escritura.

Eran nómades. Era habitual que formaran pequenos grupos e habitaran en covas.

Pinturas. Decoraban as covas con pinturas rupestres.

Elaboraban ferramentas. Ao golpear pedra contra pedra conseguiron armas que lles serviron para cazar, cortar carne e peles para vestirse.

O lume. O usaron para cociñar e escorrentar aos animais.

Eran sedentarios.Formaron os primeiros poboados. Dedicábanse á agricultura e á gandería. Fabricaban pezas de cerámica. Vasillas de barro para cociñar e gardar alimentos.

Construíron monumentos: dolmens e menhires. Eran monumentos funerarios.Os dolmens eran pedras verticais cunha horizontal enriba. Os menhires unha pedra vertical cravada no chán.

Utilizaron os metais.Primeiro o cobre, logo o mesturaron co estaño e obtiveron bronce e, por último, o ferro.

Iniciaron o comercio. Os poboados comezaron a intercambiar os produtos que tiñan por outros. A este tipo de comercio chamase troco.

Na idade dos metais termina a Prehistoria coa aparición dos primeiros documentos escritos.

O PALEOLÍTICO

O primeiro período no que se divide a Prehistoria, é chamado Paleolítico, palabra que etimoloxicamente provén do grego: “palaiós”=antiga e “lithos”= pedra,ou sexa, “pedra antiga”.

Nesta etapa, carécese de documentación escrita, e o seu estudio basease en descubrimentos arqueolóxicos e en estudios de fósiles que realizan os paleontólogos.

A xeoloxía aporta tamén datos sobre o medio ambiente que rodeaba a estes primeiros homes, por exemplo, sobre os cambios climáticos. Así sabemos que o paleolítico foi un período de cambios climáticos continuos, no que se foron alternando os períodos de glaciación (que eran épocas de clima polar) e os períodos interglaciares (nos que o clima era temperado e chuvioso). Europa, agás as ribeiras do Mediterráneo, estivo totalmente conxelada.

O paleolítico subdivídese en 3 etapas:

Page 5: Paleolítico

Páxi

na4

Paleolítico inferior que abrangue dende 3000000 ata 150000 anos a.C. Durante esta etapa predominou o uso de machadas de man talladas rusticamente e lascas de pedernal. Non coñecían aínda a utilización do lume, de maneira que a carne dos animais que cazaban consumíase crúa.

Paleolítico medio que se estende dende 150000 anos ata 90000 anos a. C. Nesta etapa observase un avance na elaboración das machadas. Neste período o home aprendeu a utilizar o lume, este elemento brindoulle a oportunidade de cociñar os seus alimentos e concedeulle a posibilidade de temperar o seu hábitat. O home de Neanderthal, do paleolítico medio, tamén fabricou puntas de lanza, coitelos e raspadeiras para madeira e peles.

E Paleolítico superior que abrangue dende 90000 ata 35000 anos a.C. As pezas descubertas indican que o home xa tallaba follas e puntas de pedernal e afiaba coitelos e instrumentos de óso e hasta. Neste período inventáronse a agulla con ollo e o arpón, e apareceron as primeiras manifestacións artísticas: figuras en marfil, óso, hasta e pedra; e pinturas rupestres.

No Paleolítico o uso de utensilios e armas, desenvolveuse por etapas. Os primeiros seres humanos, seleccionaban os obxectos da natureza que lles servían para os seus propósitos, logo os adaptaban as súas necesidades. Por exemplo, colleron a pedra e fabricáronlle un borde cortante. Máis tarde, inventaron obxectos diferentes aos que lle brindaba a natureza, como os arcos e as frechas.

O home comezou a tallar as pedras, traballando rudimentariamente os seixos, ata alcanzar maior precisión. Para fabricar as ferramentas, usaban pedras, madeiras, hastas, dentes e cairos de animais.

O traballo nas pedras consistía primeiro en rompelas, con golpes que

Page 6: Paleolítico

Páxi

na5

realizaban unhas contra outras ou por diferenza de temperatura. Neste último caso, primeiro as quentaban ao lume e logo botábanlles auga fría. Foi precisamente o descubrimento do lume, que primeiro xurdiu pola observación da súa produción natural, a través dos raios que provocaban incendios, ao caer sobre as ramas das árbores e logo produto da súa propia creación ao fregar pedras ou madeiras entre si, o que lles permitiu un novo medio de defensa, un modo de endurecer as puntas das súas lanzas e de consumir os alimentos previa cocción.

Coas pedras fixeron machadas de man e con mango, que suxeitaban cos intestinos e tendóns dos animais, puntas de lanza e de frecha, raspadeiras para curtir as peles, lámpadas onde queimaban graxa de animais e punzóns para perforar as peles.

Practicaban a pesca con redes, construídas coas varas das plantas e cos ósos dos animais fabricaron arpóns e agullas, lanzas e frechas.

Vivían agrupados en bandas, de unha ou máis familias, de maneira nómade, ou sexa sen situación fixa, refuxiándose das inclemencias do tempo, ou durante a noite, nas árbores ou en covas rochosas, coa división do traballo en razón de sexo. Os homes, dedicáronse á caza e á pesca, e as mulleres, á recolección de sementes, follas, fungos, froitos, mel e moluscos.

Como era imposible conservar a carne dos animais que atrapaban, debían facelo de forma case diaria, para o que seguían as pegadas dos animais que perseguían durante millares de quilómetros.

Cando a Terra sufriu o período de glaciacións, o intenso frío obrigou a estes homes a instalarse en cavernas, construídas en grutas, ou con madeira, ou armaron tendas con peles que sostiñan con ósos e cairos de mamut.

A partir do ano 35000 a.C. organizáronse en clans que agrupaban aos que posuían un antepasado común ao que adoraban. Ese

símbolo obxecto de devoción podería ser unha planta, un animal, unha persoa ou incluso un mineral, e é coñecido co nome de tótem.

Page 7: Paleolítico

Páxi

na6

O culto aos mortos aparece co home de Neanderthal. Por temor a que os seus cadáveres, volveran a vida como espíritos malignos, os enterraban atados, e, pola posibilidade dunha vida posterior, colocaban xunto as súas tumbas, comida, armas, adornos e utensilios.

A manifestación artística do Paleolítico, está constituída polas pinturas rupestres, ás que atribuían un sentido máxico, a cargo dos feiticeiros ou chamáns. Ao pintar nas súas cavernas, sobre pedra, aos animais que cazaban, pensaban que lograrían capturar maior números de presas, ás que gravaban usando o po de carbón das fogueiras e tinturas vexetais mesturadas con graxas. O instrumento usado para pintar eran as súas propias mans ou pinceis que facían con pelos de animais.

No Paleolítico Superior, aparecen esculturas, sobre todo de figuras femininas, talladas en pedra, marfil e óso, pénsase que relacionados co culto á fertilidade, xa que están máis destacadas as partes do corpo relacionadas coa maternidade.

A evolución na forma de vida que introducían os novos descubrimentos, ía producindo unha evolución física que se poñía de manifesto principalmente na capacidade do cranio, o que, a súa vez, repercutiu na posibilidade de seguir avanzando nos descubrimentos.

Page 8: Paleolítico

Páxi

na7

Cando o primeiro homínido comeza a fabricar instrumentos para poder cazar deixamos de chamarlle Australopithecus e chamámoslle homo habilis (home hábil). A súa habilidade consistía en saber traballar a pedra, aínda que de maneira moi primitiva.

Do homo habilis pasouse ao homo ergaster (home traballador) que foi o primeiro homínido que saíu de África e que tivo que adaptarse a Asia e Europa; do homo ergaster ao homo erectus (home que camiña de pé) que pronunciou as primeiras palabras, soubo conservar o lume e perfeccionou os utensilios de caza e ao homo antecessor (home que antecede aos demais) primeira especie atopada en Atapuerca (España) ; do homo erectus e do homo antecessor ao home de Neanderthal (ou homo sapiens Neanderthalensis) a quen atribuímos a fabricación do lume; do home de Neanderthal ao homo sapiens sapiens que é o home actual e que apareceu no Paleolítico Superior.

Co descubrimento da agricultura, apareceu o período Neolítico.

Page 9: Paleolítico

Páxi

na8

O PALEOLÍTICO EN ESPAÑA

Na Península Ibérica, o Paleolítico Inferior, comezou fai pouco máis de 1000000 anos e considerase que rematou fai uns 100000 anos. Inaugurase coa chegada ao noso territorio dos primeiros individuos do xénero humano que fabricaban ferramentas de pedra tallada. Pertencían á especie homo antecessor e a súa presenza está

constatada no xacemento de Atapuerca, en Burgos. Considérase que chegaron á Península procedentes de Europa, así que podemos consideralos os primeiros inmigrantes da nosa historia.

Estes primeiros antepasados nosos vivían en grupos pequenos, a súa economía era depredadora, é dicir, alimentábanse da caza e a da recolección. As súas ferramentas de pedra eran moi sinxelas: seixos aos que sacaban algo de fío cuns golpes rudos e pedras talladas polas dúas caras (bifaces)

O Paleolítico Medio transcorre desde 100000 anos ata fai uns 35000 anos. Neste período en Europa e en España domina unha especie humana nova, o homo sapiens neanderthalensis que se considera unha evolución do homo antecessor de Atapuerca.

Esta especie esténdese xa por toda a Península. Destacan novamente os restos atopados en Atapuerca (Burg os) e sobre todo na cova do Sidrón (Asturias). Nos territorios do actual Aragón sábese que comeza a poboarse neste período.

O home de Neanderthal foi dos primeiros en enterrar aos seus mortos nunha determinada posición (fetal) e cun certo coidado nos enterramentos. Por exemplo, os restos aparecen con terra ocre. Iso fainos pensar que quizais tiveran algún tipo de

crenza no máis alá ou mundo dos mortos.

Pola súa capacidade para fabricar ferramentas bastante elaboradas e para cazar de forma organizada, considerase que deberon ter unha linguaxe máis ou menos estruturada. Por todo iso, durante un tempo deuse o termo sapiens (que pensa) a esta especie tan próxima xa á nosa.

Page 10: Paleolítico

Páxi

na9

O Paleolítico Superior é a etapa máis próxima aos nosos días. Iniciase fai uns 35000 anos e dura ata fai uns 10000 anos. Nesta etapa producirase a extinción dos neanderthales que non puideron adaptarse a un cambio climático que acabou coas especies das que se alimentaban. Posiblemente chegaron a coincidir por algún tempo cunha nova especie humana que chegou á Península Ibérica, o homo sapiens sapiens, que acabará sendo o único representante do xénero humano sobre a face da terra.

As ferramentas que usaban os primeiros membros da nosa especie son máis elaboradas, complexas e variadas que as fabricadas anteriormente. Xunto coa pedra utilizaron outros materiais como ósos de animais e hastas, que decoran. Aparecen as armas para lanzar, arpóns e propulsores, o que nos fai pensar que empregaban tácticas de caza máis avanzadas.

Nos enterramentos aparecen os seus esqueletos xunto a ferramentas e utensilios que utilizaban na súa vida cotiá. A isto os expertos o chaman enxovais funerarios. Ademais comezaron a practicar ritos e cerimonias relixiosas, pois nas covas nas que vivían realizaron as primeiras manifestacións artísticas da Humanidade. Como mostra, podemos citar a cova de Altamira.

A COVA DE ALTAMIRA

Cando pensamos na Prehistoria non podemos evitar que nos veñan á mente as imaxes de animais pintados nas paredes dunha caverna, de feito, a maior parte das veces son as representacións da mundialmente famosa “Cova de Altamira” as que encarnan ese modelo. A razón é moi lóxica, dos escasos restos que nos chegan daquela época remota, os da cova cántabra é un dos exemplos máis ilustrativos do que debeu ser a maneira de vivir e pensar dos nosos antepasados.

Altamira atópase no municipio de Santillana del Mar, a uns 30 km. ao oeste de Santander, e o seu descubrimento foi feito por casualidade en 1868 por Modesto Cubillas, namentres cazaba co seu can. Este parceiro comunicoulle o achado a D. Marcelino Sanz de Santuola, para quen traballaba, quen pouco despois publicaría un artigo titulado Breves apuntes sobre algúns obxectos prehistóricos da provincia de Santander onde defendía que se trataba de escenas prehistóricas.

A polémica que orixinou este estudo chegou ao límite de ser acusado por outros investigadores de ter falsificado as pinturas. Parecíalles pouco probable que as cores se tiveran conservado con tanta nitidez, por non mencionar que se consideraba imposible que o home primitivo fora quen de levar a cabo un traballo tan excepcional.

Page 11: Paleolítico

Páxi

na10

De maneira que Santuola e os colegas que apoiaron a súa tese foron obxecto de un desapiadado ataque por parte de científicos franceses e españois. Pero co paso do tempo outras covas similares foron descubertas no sur de Francia, covas cuxas pinturas empezarían a poñer en tea de xuízo o suposto fraude de Santuola. As pinturas de Altamira non serían finalmente aceptadas como antigas ata principios da centuria seguinte e o recoñecemento so lle chegaría a Marcelino despois da súa morte.

Grazas a modernos métodos como o do carbono 14, os investigadores dataron a antigüidade das imaxes de Altamira nuns 12000 ou 15000 anos. Por aquel entón, artistas anónimos deberon decorar o interior da gruta por motivos que aínda hoxe son un misterio. Máis tarde un desprendemento de rochas sepultou a entrada da cova, que quedou illada e esquecida durante miles de anos.

A cova de Altamira mide uns 270 metros de lonxitude e atópase dividida en tres zonas, un vestíbulo cerca da saída, unha gran sala decorada (de 18 m. de largo) onde se atoparon as pinturas máis espectaculares, e outras pequenas ramificacións.

As imaxes atópanse gravadas o debuxadas nas paredes e teito con pigmentos minerais ocres, marróns, amarelentos ou negros, mesturados con aglutinantes como a graxa animal. Aplicáronse cos dedos, cun algún utensilio a modo de pincel e en ocasións soprando a pintura a modo de aerógrafo. Tamén se usou o carbón vexetal para perfilar os bordes. O primeiro que chama a atención é o realismo das imaxes, as máis fermosas

realizadas na cúpula da galería central. O bisonte é o animal que máis veces aparece representado, aínda que tamén hai cabalos, cervos, xabarís, mamuts, renos (animais propios de climas moi fríos que na actualidade están extinguidos en Europa), figuras antropomorfas e diversos símbolos. Aparecen representados de maneira independente, non formando escenas e en ocasións aproveitando os avultamentos da rocha para dar volume ás formas. Tal é o caso do bisonte encollido, unha das imaxes máis coñecidas, que foi concibido nesa postura para coincidir cun resalte rochoso e que destaca pola súa enorme verosimilitude.

Os elementos representados pertencen a diversas épocas. Crese que as pinturas máis antigas son as vermellas, sobre as que se engadiran outras negras. Máis tarde pintaríanse as polícromas rodeadas novamente de imaxes negras.

Page 12: Paleolítico

Páxi

na11

Pero quizais o máis sorprendente das pinturas sexa a súa expresividade, conseguida non tanto por unha imitación exacta do modelo como por unha extraordinaria habilidade para utilizar as manchas de cor e as liñas, conseguindo dotar ás figuras dunha forza e un naturalismo que aínda hoxe nos resultan difíciles de mellorar. Os artistas que as levaron a cabo souberon facer uso dos xogos de sombras e da perspectiva, como se pode comprobar na imaxe da cerva, modelada cun maxistral cromatismo. Outras das representacións máis emblemáticas é a do cabalo, como o resto dos animais, debuxado cun gran detallismo anatómico.

Tamén se atoparon signos de diferentes formas xeométricas (rectángulos, conos,..) moi abundantes nas galerías centrais e na parte da cova coñecida como “Cola de Cabalo”, onde tamén hai animais pintados ou gravados en cor negra.

Sobre o significado destas escenas ou as posibles intencións dos homes que as concibiron existen moitas interpretacións: Puidera tratarse dun santuario relixioso; da

representación dunha batalla simbólica entre dous clans, encarnados pola cerva e o bisonte; de ritos de fertilidade; de cerimonias para propiciar a caza; incluso manexouse a hipótese de “arte polo arte” que avogaría por unha utilidade estética.

Pero sexa cal fora o propósito dos nosos antepasados ao decorar así o interior da Cova de Altamira, o que é seguro é que non contaban con suscitar unha admiración semellante á que nós sentimos hoxe en día ao contemplar esas figuras magníficas.

Na actualidade o acceso as covas de Altamira foi limitado para evitar que a presenza dos visitantes no interior afecte á conservación das pinturas. Pero para poder facernos unha idea da orixinal pódese visitar unha réplica exacta que se construíu no exterior.

Outras covas coñecidas son a Cova do Candamo , a de Tito Bustillo , a de Ekain ,… ata completar un total de 17 covas distribuídas entre Asturias, Cantabria e o País Vasco que pertencen o arte rupestre paleolítico.

Page 13: Paleolítico

Páxi

na12

O PALEOLÍTICO EN GALICIA

Os xacementos descubertos recentemente en Arbo (Pontevedra), que teñen uns 250000 anos de antigüidade, ofrecen novas aportas á longa lista de achados paleolíticos cos que conta a nosa comunidade.

O atopado nos últimos anos podería indicar que a partir da depresión de Lemos houbo dous regueiros de asentamentos paleolíticos: un cara o norte, flanqueando Os Ancares e O Xistral, e outro a través da conca do Sil e a ribeira do Baixo Miño.

O prehistoriador e director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, Eduardo Ramil, opina que as sucesivas ondadas de homínidos que atravesaron Europa procedentes de África o fixeron de este a oeste, utilizando vías naturais como canles fluviais e vales, así como sendas abertas polas manadas de animais aos que seguían para alimentarse.

“Isto non quere dicir que os primeiros homínidos entrasen unicamente pola conca do Sil en Galicia, pero é lóxico pensar que era un paso máis accesible que atravesar Os Ancares a pé. Hai que pensar que as manadas que perseguían naquela época eran de elefantes, rinocerontes, uros e veados, que coas sucesivas glaciacións e cambios climáticos foron desaparecendo de Europa”, apunta.

As primeiras probas da presenza humana en Galiza remóntase a hai uns 300000 anos, no Paleolítico Inferior. Apareceron restos destes poboadores por todo o litoral, desde Ribadeo ata A Guarda. Estes restos son instrumentos líticos, utensilios como bifaces, fendedores, triedros,… feitos sobre unha base de cuarzo ou cuarcita.

Para tallar percutíase directamente cun percusor duro sobre outro canto e das lascas que se desprendían obtíñase unha aresta cortantes. Deste período son os asentamentos da Piteira (Toén), A Chaira (San Cibrao de Las), Pazos (San Cibrao das Viñas), Chan de Cereixo ( A Portavedra, Gondomar), Arbo e as Gándaras de Budiño (Porriño) e Camposancos ( A Guarda).

Vivían en hordas, é dicir, grupos de cazadores-recolectores que practicaban o nomadismo. Alimentábanse dos froitos que recollían e da caza (bóvidos, cápridos, équidos e cérvidos). Tamén botaban man da pesca e da recollida do marisco, cando vivían en zonas nas que podían facelo.

Page 14: Paleolítico

Páxi

na13

O Paleolítico Medio o caracteriza o home de neanderthal, do que se documenta a súa presenza no noroeste peninsular grazas ó achado de restos na Cova Eirós, en Triacastela, con materia orgánica e ferramentas do Paleolítico medio. A este período corresponden parte dos asentamentos das Gándaras de Budiño e do Campo da Mama (A Veiga).

Temos máis datos do Paleolítico Superior (30000 e 8000 a.C.). Nesta época atopamos instrumentos tanto de pedra como de óso, realizándose neste material puñais, arpóns, agullas,… Contamos en Galicia con abundantes abrigos baixo rocha, nos que atopamos obxectos feitos a base de sílex, cristal de rocha, cuarzos e cuarcitas. As ferramentas máis características son os burís, as tesoiras de dorso rebaixado e as raspadeiras.

Os asentamentos máis importantes deste período son os de Pena Grande (Vilalba), Prado do Inferno I (Muras), Pena Grande (Férvedes, Lousada, Xermade) e as covas de Valdevara (Becerreá). Deste período son os restos humanos máis antigos que se conservan dos achados en Galicia (no Courel), así como os primeiros ósos de uro (o antigo boi salvaxe europeo, antecesor da vaca doméstica) que se descobren en Galiza. A datación por carbono 14 estimou para os seres humanos una antigüidade entre 10000 e 8000 anos, e para os uros cifrouse nuns 8000 anos.

Na Cova Eirós (Triacastela, Lugo) tamén se descubriron as probas máis antigas de arte en Galicia. As representacións atópanse na gran sala da cova: pinturas en cor negra e gravados. Os autores usaron carbón vexetal como pigmento, representando contornos de animais incompletos, liñas de puntos ou marcas e máis numerosos os gravados.

Parece que as pinturas e gravados corresponden a varios períodos do Paleolítico Superior cunha antigüidade en torno a 30000 anos. Podía tratarse da única mostra de arte paleolítico en Galicia, e é posible que na cova viviran tanto neanderthales como homo sapiens.

Carmen Sánchez Rivas

Sergio Trigo Rodríguez