1
PANEIS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA E PATRIMONIAL DO COMPLEXO AREA DE SECADA-AMEIXIDA Os ecosistemas e as especies naturais AS AVES Neste sector, é moi habitual atopar especies moi diversas de aves. Destaca o veciño Par- que Natural de Corrubedo que supón un magnífico enclave para gozar da riqueza or- nitolóxica do Concello. Así, pódense ver aves acuáticas como os corvos mariños, moi recoñecibles pola súa plumaxe negra. A gai- vota patiamarela adoita xogar coas correntes de aire, para repousar sobre as rochas do lu- gar. Outras especies de menor tamaño rol- dan pola ribeira mariña como os lamparei- ros, dos que destaca o seu peteiro alaranxa- do. Finalmente, é moi vistosa a garzota co- mún, visible a miúdo entre as rochas. A se- guir ofrcemos algunhas das especies que podes atopar no enclave. Corvo mariño cristado · Phalacrocorax aristotelis Garzota común · Ardea alba Gaviota patiamarela - Larus michahellis Lampareiro - Haematopus ostralegus AS ESPECIES MARIÑAS Se por algo destaca este sector é polo im- portantísimo valor do seu medio mariño po- boado por numerosas especies. Bibalvos, crustáceos, cefalópodos e peixes son os gru- pos máis abundantes. Todos eles se alimen- tan sobre uns fondos que ofrecen gran canti- dade de nutrientes no fitoplacto en suspen- sión. De entre todo ese universo mariño po- demos citar peixes, como o sargo ou a roba- liza; cefalópodos, como o choco ou a lura; crustáceos, como a nécora ou a centola e, tamén, bibalvos, como a navalla ou a amei- xa. Todos eles son protagonistas ademais, da proposta gastronómica do concello. Sargo · Diplodus sargus Nécora · Necora puber Choco · Sepia officinalis Navalla · Ensis arcuatus Bolboreta - Zerynthia rumina Lagarto arnal - Timon lepidus MÁIS FAUNA Ademais de aves e especies mari- ñas, esta zona de visita posúe ou- tras especies que compoñen o seu universo faunístico. Entre elas des- tacan insectos voadores e vistosos como a bolboreta. Tamén son visi- bles nos meses máis calorosos al- gúns réptiles como o lagarto arnal que posúe unha capacidade moi elevada de adaptación cromática ao medio. Para ver as lontras que vi- ven nas zonas rochosas, hai que en- cherse de paciencia e ter un pouco de sorte. O espectáculo será com- pleto se cadra a nosa visita co paso dos arroaces. Herba de namorar. Armeria maritima Alga parda · Saccorhiza Piñeiro · Pinus pinaster A FLORA A vexetación do complexo intermareal divídese en dous grupos: as especies pertencentes ao medio mariño propia- mente dito e as especies de ribeira litoral. As primeiras son fundamentalmente algas, entre as que destacan as denomi- nadas pardas, moi recoñecibles polo seu aspecto de “cinta de cor marrón”. Estas algas son moi apreciadas xa que posú- en un notable valor gastronómico como “espaguetis de mar”. Entre as segundas atopamos especies moi adaptadas a un medio moi seco e de elevada salinidade (xerófitas) como a herba de namorar. Cómpre destacar tamén a vexetación ru- pícola que medra asociada aos cantís e aos conxuntos de bolos graníticos, así como as masas boscosas de ladeira, fun- damentalmente piñeirais mesturados con outras especies como carballos e loureiros. Onde a cobertura arbórea é menor cobran maior relevancia as toxeiras, matogueiras con predominancia dos toxos (Ulex spp.). Arroaz - Tursiops truncatus Garza real - Ardea cinerea Gaivotón atlántico - Larus marinus Píllara riscada - Arenaria interpres Carrán cristado - Thalasseus sandvincensis Mascato - Morus bassanus AS PRAIAS O Concello de Riveira conta con algúns dos mellores areais das Rías Baixas. Dende algunhas pequenas praias de augas calmadas como as do sector de Area de Secada- Ameixida ata outras de maior tamaño de augas máis axitadas como O Vilar ou Ba- lieiros. Todas son formidables lugares para o lecer. Para máis infomación: http://www.riveira.es/ http://turismo.riveira.es/ http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/

PANEIS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA E PATRIMONIAL DO …obiut.org/servicios/Riveira.pdf · gúns réptiles como o lagarto arnal que posúe unha capacidade moi elevada de adaptación

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PANEIS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA E PATRIMONIAL DO …obiut.org/servicios/Riveira.pdf · gúns réptiles como o lagarto arnal que posúe unha capacidade moi elevada de adaptación

PANEIS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA E PATRIMONIAL DO

COMPLEXO AREA DE SECADA-AMEIXIDA Os ecosistemas e as especies naturais

AS AVES

Neste sector, é moi habitual atopar especies moi diversas de aves. Destaca o veciño Par-

que Natural de Corrubedo que supón un magnífico enclave para gozar da riqueza or-

nitolóxica do Concello. Así, pódense ver aves acuáticas como os corvos mariños, moi recoñecibles pola súa plumaxe negra. A gai-vota patiamarela adoita xogar coas correntes de aire, para repousar sobre as rochas do lu-gar. Outras especies de menor tamaño rol-dan pola ribeira mariña como os lamparei-

ros, dos que destaca o seu peteiro alaranxa-do. Finalmente, é moi vistosa a garzota co-mún, visible a miúdo entre as rochas. A se-guir ofrcemos algunhas das especies que

podes atopar no enclave.

Corvo mariño cristado · Phalacrocorax aristotelis

Garzota común · Ardea alba

Gaviota patiamarela - Larus michahellis

Lampareiro - Haematopus ostralegus

AS ESPECIES MARIÑAS

Se por algo destaca este sector é polo im-portantísimo valor do seu medio mariño po-

boado por numerosas especies. Bibalvos, crustáceos, cefalópodos e peixes son os gru-pos máis abundantes. Todos eles se alimen-tan sobre uns fondos que ofrecen gran canti-dade de nutrientes no fitoplacto en suspen-sión. De entre todo ese universo mariño po-demos citar peixes, como o sargo ou a roba-liza; cefalópodos, como o choco ou a lura; crustáceos, como a nécora ou a centola e,

tamén, bibalvos, como a navalla ou a amei-xa. Todos eles son protagonistas ademais,

da proposta gastronómica do concello.

Sargo · Diplodus sargus

Nécora · Necora puber

Choco · Sepia officinalis

Navalla · Ensis arcuatus

Bolboreta - Zerynthia rumina

Lagarto arnal - Timon lepidus MÁIS FAUNA

Ademais de aves e especies mari-ñas, esta zona de visita posúe ou-tras especies que compoñen o seu universo faunístico. Entre elas des-tacan insectos voadores e vistosos como a bolboreta. Tamén son visi-bles nos meses máis calorosos al-gúns réptiles como o lagarto arnal que posúe unha capacidade moi

elevada de adaptación cromática ao medio. Para ver as lontras que vi-

ven nas zonas rochosas, hai que en-cherse de paciencia e ter un pouco de sorte. O espectáculo será com-pleto se cadra a nosa visita co paso

dos arroaces.

Herba de namorar. Armeria maritima Alga parda · Saccorhiza Piñeiro · Pinus pinaster

A FLORA

A vexetación do complexo intermareal divídese en dous grupos: as especies pertencentes ao medio mariño propia-mente dito e as especies de ribeira litoral. As primeiras son fundamentalmente algas, entre as que destacan as denomi-nadas pardas, moi recoñecibles polo seu aspecto de “cinta de cor marrón”. Estas algas son moi apreciadas xa que posú-en un notable valor gastronómico como “espaguetis de mar”. Entre as segundas atopamos especies moi adaptadas a un medio moi seco e de elevada salinidade (xerófitas) como a herba de namorar. Cómpre destacar tamén a vexetación ru-pícola que medra asociada aos cantís e aos conxuntos de bolos graníticos, así como as masas boscosas de ladeira, fun-damentalmente piñeirais mesturados con outras especies como carballos e loureiros. Onde a cobertura arbórea é menor

cobran maior relevancia as toxeiras, matogueiras con predominancia dos toxos (Ulex spp.).

Arroaz - Tursiops truncatus

Garza real - Ardea cinerea Gaivotón atlántico - Larus marinus Píllara riscada - Arenaria interpres Carrán cristado - Thalasseus sandvincensis Mascato - Morus bassanus

AS PRAIAS

O Concello de Riveira conta con algúns dos mellores

areais das Rías Baixas. Dende algunhas pequenas praias de augas calmadas como as do sector de Area de Secada-

Ameixida ata outras de maior tamaño de augas máis axitadas como O Vilar ou Ba-lieiros. Todas son formidables

lugares para o lecer.

Para máis infomación: http://www.riveira.es/

http://turismo.riveira.es/

http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/