4
Xaneiro / 1 do Museo do Pobo Galego Páxinas Informativas Dirección: Carlos García Martínez Secretaría: María-Xosé Fernández Cerviño Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe xaneiro 1/2010 P.D. Museo do Pobo Galego • San Domingos de Bonaval • 15703 Santiago de Compostela tel. 981 583 620 fax 981 554 840 www.museodopobo.es correo electrónico: [email protected] 1. OBRAS E INSTALACIÓNS. MONTAXE DE SALAS Continuaron os traballos de renova- ción nas salas da entreplanta, ceste- ría, tecido e indumentaria, mellorando a exposición dos obxectos e conxun- tos e incorporando novos fondos. Ao tempo traballouse na procura e selec- ción de documentación para a reno- vación gráfica e textual das referidas salas, así como na renovación do alu- mado e na mellora do acondiciona- mento ambiental. Igualmente, reno- vouse a sinalización. Instalouse a rede de voz e datos nas dependencias da segunda planta do edificio, na biblioteca xeral e no audito- rio. Esta instalación inclúe un armario para centralizar o equipamento. Tamén se colocou illamento térmico na zona de traballo desta planta, a cargo do Consorcio de Santiago. No mes de decembro foi adxudica- da polo Consorcio de Santiago a redacción do proxecto básico museo- gráfico e arquitectónico integral do Museo do Pobo Galego e do proxecto de execución museográfico e arqui- tectónico da ala sur do edificio. 2. CONSERVACIÓN Pechouse o ano cun total de 10.145 rexistros. En 2009 ingresaron 111 pezas; delas, 86 foron doazóns, 12 depósitos e 13 compras. Cómpre mencionar a doazón por Eduardo Otero Iglesias dun banco de carpinteiro e ferramentas que pertenceran ao escultor José Rivas, e a de Carlos Rey Cebral, dous cadros atribuíbles a Camilo Díaz Valiño. Entre os depósitos salienta- mos o de Alejandro Lama Costas, de Corcubión: unha ánfora ou “boti- ja medio perulera” do século XVII que, por tratarse do rexistro 10.000 da colección, foi portada nas Páxi- nas de novembro. Parte do incremento do rexistro obedece á catalogación do chamado “Fondo Municipal” de pezas relacio- nadas tanto co Concello de Santiago como coa historia de Bonaval e da contorna. O proceso acada 263 pezas, entre as que destaca unha caixa-urna para as votacións e 51 medidas de capacidade e peso, pro- bablemente procedentes do antigo fielato da Porta do Camiño. Arquivo gráfico: Vénse traballando na recuperación do arquivo fotográfico dos irmáns Fuciños Gómez, de Melide, unha colección de placas de cristal de principios do século XX que recolle escenas familiares e acontecementos sociais e relixiosos de Melide. Préstamos para exposicións: Cidades en Guerra (1808-1814): Retrato de Fernando VII, de Plácido Fernández Arosa, e Moeda de Fer- nando VII de 8 marabedís, cuñada na ceca de Xubia. Ministerio de Cultura - Sociedad Estatal de Conmemoracio- nes Culturales; exposta en Vigo e Pontevedra. Estimadas amigas e amigos: Iniciamos o ano informativo, como é habitual, cunha síntese das actividades realizadas durante o exercicio precedente. Por razóns de espazo, esta relación é necesariamente sucinta, pero estamos a disposición de quen queira coñecer máis detalles. Esta información vai inescusablemente acompañada da gratitude ás entidades patrocinadoras, aos membros do Padroado e a cantas persoas fixeron posible, como socios, colaboradores e co seu traballo cotián, que o Museo culminase un ano máis de actividade. A Dirección Memoria do Museo no ano 2009 Remodelación da sala de cestería Foto do arquivo Irmáns Fuciños

Páxinas Informativas - Inicio. Museo do pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/XANEIRO 2010.pdf · vación gráfica e textual das referidas salas, así como na renovación do

Embed Size (px)

Citation preview

Xaneiro / 1

do Museo do Pobo Galego

Páxinas Informativas

Dirección: Carlos García Martínez ■ Secretaría: María-Xosé Fernández CerviñoRedacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe xaneiro 1/2010

P.D.

Museo do Pobo Galego • San Domingos de Bonaval • 15703 Santiago de Compostelatel. 981 583 620 • fax 981 554 840 • www.museodopobo.es • correo electrónico: [email protected]

1. OBRAS E INSTALACIÓNS. MONTAXE DE SALAS

Continuaron os traballos de renova-ción nas salas da entreplanta, ceste-ría, tecido e indumentaria, mellorandoa exposición dos obxectos e conxun-tos e incorporando novos fondos. Aotempo traballouse na procura e selec-ción de documentación para a reno-vación gráfica e textual das referidassalas, así como na renovación do alu-mado e na mellora do acondiciona-mento ambiental. Igualmente, reno-vouse a sinalización.

Instalouse a rede de voz e datos nasdependencias da segunda planta doedificio, na biblioteca xeral e no audito-rio. Esta instalación inclúe un armariopara centralizar o equipamento. Taménse colocou illamento térmico na zonade traballo desta planta, a cargo doConsorcio de Santiago.

No mes de decembro foi adxudica-da polo Consorcio de Santiago aredacción do proxecto básico museo-gráfico e arquitectónico integral doMuseo do Pobo Galego e do proxectode execución museográfico e arqui-tectónico da ala sur do edificio.

2. CONSERVACIÓN

Pechouse o ano cun total de 10.145rexistros. En 2009 ingresaron 111pezas; delas, 86 foron doazóns, 12depósitos e 13 compras.

Cómpre mencionar a doazón porEduardo Otero Iglesias dun bancode carpinteiro e ferramentas quepertenceran ao escultor José Rivas,e a de Carlos Rey Cebral, douscadros atribuíbles a Camilo Díaz

Valiño. Entre os depósitos salienta-mos o de Alejandro Lama Costas,de Corcubión: unha ánfora ou “boti-ja medio perulera” do século XVIIque, por tratarse do rexistro 10.000da colección, foi portada nas Páxi-nas de novembro.

Parte do incremento do rexistroobedece á catalogación do chamado“Fondo Municipal” de pezas relacio-nadas tanto co Concello de Santiagocomo coa historia de Bonaval e dacontorna. O proceso acada 263pezas, entre as que destaca unhacaixa-urna para as votacións e 51medidas de capacidade e peso, pro-bablemente procedentes do antigofielato da Porta do Camiño.

Arquivo gráfico:

Vénse traballando na recuperacióndo arquivo fotográfico dos irmánsFuciños Gómez, de Melide, unhacolección de placas de cristal deprincipios do século XX que recolleescenas familiares e acontecementossociais e relixiosos de Melide.

Préstamos para exposicións:Cidades en Guerra (1808-1814):Retrato de Fernando VII, de PlácidoFernández Arosa, e Moeda de Fer-nando VII de 8 marabedís, cuñada naceca de Xubia. Ministerio de Cultura -Sociedad Estatal de Conmemoracio-nes Culturales; exposta en Vigo ePontevedra.

Estimadas amigas e amigos:

Iniciamos o ano informativo, como é habitual, cunha síntese das actividades realizadas durante o exercicio precedente. Porrazóns de espazo, esta relación é necesariamente sucinta, pero estamos a disposición de quen queira coñecer máis detalles.

Esta información vai inescusablemente acompañada da gratitude ás entidades patrocinadoras, aos membros do Padroadoe a cantas persoas fixeron posible, como socios, colaboradores e co seu traballo cotián, que o Museo culminase un anomáis de actividade.

A Dirección

Memoria do Museo no ano 2009

Remodelación da sala de cestería

Foto do arquivo Irmáns Fuciños

Xaneiro / 2

Cabanillas e os artistas galegos do seutempo: Retrato de Cabanillas, porTino Grandío. Concello de Cambadose o Museo de Pontevedra; exposta enCambados e Pontevedra.

Camiños. As Rutas Xacobeas, dezséculos de Historia: Conxunto debotes da farmacia do antigo HospitalReal. Fundación Rodríguez Iglesias;exposta na súa sede da Coruña.

Consultas e reprodución de fondos:

O total de consultas foi de 23, entreelas a da Editorial Alvarellos para aexposición conmemorativa do cente-nario da Exposición Regional Gallegade 1909; a Oficina de Turismo deSantiago para a edición do libro San-tiago é museos; a Fundación Caste-lao para a catalogación da obra doartista; e Museo Pablo Picasso deMálaga: documentación gráfica daCoruña na infancia do pintor.

3. BIBLIOTECA E ARQUIVO

O libro de rexistro contabiliza aopechar o exercicio un total de 52.717títulos con 58.952 volumes (libros efolletos). Os ingresos do ano foron1.183 monografías, das que 948recibíronse como doazón e 166 comoproduto de intercambio. Cómpre des-tacar o ingreso feito por Ernesto Bal-tar Feijoo do libro de Bartolomeo Pla-tina Vitae Pontificum, impreso enVenecia por Johannes de Colonia eJohannes Manthen en 1479.

No apartado de publicaciónsperiódicas ingresaron 10 novos títu-los, cun total de 156 exemplares.

Proceso técnico:O socio Eduardo Beiras, continuan-do co seu apoio á Biblioteca, facili-tou un novo equipo informático conobxecto de axilizar o proceso técni-co da documentación.

O catálogo bibliográfico automa-tizado acadou os 43.192 rexistrosen monografías, 1.872 en publica-cións periódicas (coleccións) e9.284 artigos baleirados (libros erevistas), superando o 90% delibros informatizados. Da Bibliotecade Baltar hai 1.978 libros cataloga-dos, principalmente fondo antigo.Neste labor contamos coa colabora-ción de María Virtudes Pardo Gómez.

Obra menor:Este epígrafe abrangue o materialnon librario: folletos, dípticos, pla-nos, carteis de turismo e materialque polo seu carácter efémero, pre-sentación formal ou temática nonentran a formar parte dos fondosbibliográficos. Este ano decidiusecomezar a organizalo de xeito que,unha vez informatizado, quede dis-poñible para a súa consulta.

Levouse a cabo a organización eelaboración do cadro de clasificacióno arquivo do Partido Unidade Galega,recibido en 2005. Unha vez clasifica-do, o material conforma 133 unida-des de instalación.

Prevención e conservación: Dentro da formación do persoal enrelación coa prevención asistiuse aoCurso de Prevención de Incendios enArchivos, Bibliotecas y Museos (Sala-manca, outubro de 2009). Comoresultado práctico, realizouse na alasur un simulacro de incendio poloServizo de Bombeiros de Santiago.

Servizos e actividades:A Biblioteca e Arquivo, a máis do ser-vizo propio do centro, foi consultadaen sala por 126 usuarios, principal-mente investigadores ou universita-rios, na súa maioría galegos perotamén do resto do Estado, de Portu-gal, Polonia ou Francia. O total deexemplares manexados foi de 1.300.

Préstamo e reprodución de fondos:■ Centro Galego de Arte Contempo-ránea, exposición Portas de luz. Unhaachega a arte e a cultura na Galiciados 70.■ USC, Facultade de Ciencias daComunicación, exposición Galiciapola radio: a historia falada (1933-2008).■ Editorial Alvarellos, revista VidaGallega (fotografías da ExposiciónRegional de 1909).

■ Concello de Santiago, ilustraciónspara biografía de Anxel Casal.■ Fundación Castelao, libros e revistascon debuxos ou deseños de Castelao.■ Fundación Pedro Barrié de laMaza, mapas e planos da colecciónBlanco Cicerón para o libro de Alfre-do Vigo Trasancos Galicia y el sigloXVIII. Planos y dibujos de arquitecturay urbanismo (1701-1800).

4. EXPOSICIÓNS

Ao longo de 2009 pasaron polassalas temporais once exposicións:

■ A Vía da Prata. Unha calzada e milcamiños. 11 decembro 2008 a 25xaneiro 2009. Organiza: SociedadEstatal de Conmemoraciones cultura-les. Colaboran: Consellería de Culturae Deporte e Museo do Pobo Galego.■ Retratos de auga. Fuco Reyes. 4 febreiro-1 marzo. Organiza: Conce-llería de Cultura de Santiago de Com-postela, Auditorio de Galicia■ Galicia 25. Unha cultura para unnovo século. 11 marzo-18 abril. Orga-niza: Consello da Cultura Galega.Patrocina: Fundación Caixanova■ Futuro Auga. 24 abril-7 xuño.Organiza: Obra Social Caja España■ Borde sur. Artistas contemporáne-os uruguaios. 4 xuño a 5 xullo. Baixoos auspicios do Ministerio de Rela-cións exteriores do Uruguai.■ Señoras e señores. Fotografías deRicardo Alcalde. 7 xullo a 23 agosto.Reposición da mostra organizada enoutubro de 2006.■ Paisaxes humanizadas, terras vivi-das. Fotografías de Luís Higinio Flo-res Rivas. 9 xullo a 30 agosto. Repo-sición da mostra organizada ensetembro-outubro de 2008.

■ Madrasas africanas. Fotografíasde Luís López “Gabú”. 3 setembro a1 novembro. Comisariada por Mer-cedes Rozas e coa colaboración doMuseo nacional de Antropología.A orixe deste proxecto fotográficoestá nunha viaxe a África a finais dadécada dos noventa, na que se gra-vou nos ollos do fotógrafo a imaxedun neno portando unha táboa gas-tada e riscada con escritura árabeque regresaba a casa logo de asistirá madrasa.

■ 6º Proxecto didáctico Antonio Fraguas. 16 outubro a 22 novembro.Mostra dos traballos seleccionadosna sexta edición do premio que con-voca a Fundación Antonio FraguasFraguas: “Ceibes no Monte” do IESTerra de Turonio de Gondomar e “Asadiviñas na fala viva” do CEIP A Cris-tina de Carballo, coordinada desde oDepartamento de Educación eAcción Cultural do Museo.

■ Ramón Piñeiro. Olladas no futuro. 6 novembro a 31 de decembro. Orga-nizada por Galaxia coa colaboración daReal Academia Galega, o Consello daCultura Galega e a Fundación Penzol

A inauguración foi presidida polo Con-selleiro de Cultura e Turismo, acompa-ñado polo director de Galaxia, o presi-dente do Consello da Cultura Galega eo presidente do noso Padroado.

■ Olladas dunha Época. Fotografíasdo Fondo Blanco-Cicerón.Coa colaboración do CGAI, amósaseunha escolma dun dos conxuntosmáis interesantes entre os fondos doArquivo Gráfico do Museo do PoboGalego, arredor de 500 imaxes doa-das ao Museo por Fernando AcuñaCastroviejo en representación dos her-deiros de D. Ricardo Blanco-Cicerón.

Inauguración da exposición Ramón Piñeiro. Olladas no futuro

Simulacro de incendio

Xaneiro / 3

Exposicións bibliográficas:■ Día das Letras Galegas. Como écostume preparouse a exposiciónbibliográfica, este ano dedicada aRamón Piñeiro.■ Homenaxe a Taboada Chivite, rea-lizouse unha exposición bibliográfica.■ Santiago. Festas do apóstolo.Programas de festas, 1869-2009,durante o mes de xullo, con materialprocedente das coleccións Fraguas,Beiras, Blanco Cicerón, De la Riva eSanjiao.■ Ramón Piñeiro. 16 novembro-31decembro. Libros e artigos de RamónPiñeiro, xunto ás publicacións refe-rentes a súa vida e obra que saíron áluz ao longo deste ano.

Itinerancias:■ Paisaxes humanizadas, terrasvividas, de Luís Higinio Flores Rivas,exhibiuse na Biblioteca pública dePontevedra entre o 18 de decembrode 2008 e o 20 de xaneiro de2009; logo visitou a Bibliotecapública de Lugo entre o 5 de febrei-ro e o 8 de marzo. ■ Xosé Collazos Toro, o retratista deMatamá exhibiuse na Escola Vella deMatamá (Laza) entre o 18 de xullo e o30 de agosto. Pechouse así, coa voltaaos inicios, a itinerancia da exposi-ción comisariada por Nieves Amadoen 2003.■ Debuxos e gravados nas constru-cións populares, do socio Luis HiginioFlores Rivas, foi solicitada polo ClubFluvial de Lugo para a súa exhibiciónen outubro e novembro.

Un ano máis, o Museo estivo pre-sente no IX Encontro de Embarca-cións Tradicionais, organizado polaFederación Galega pola CulturaMarítima e Fluvial, que se celebrouen Muros do 9 ao 12 de xullo. Asímesmo, colaborouse coa III Mostrado Patrimonio Cultural Inmaterial deGalicia, celebrada en Ourense do 10ao 14 de novembro, cedendo unhaserie de fotografías da colección deXosé Collazos e mais diversas pezasetnográficas relacionadas coa matado porco.

5. EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL

O Departamento de Educación eAcción Cultural atendeu no presente

curso unha cifra similar á dos últimosanos. A tendencia de incremento daporcentaxe de persoa maiores conti-núa pero aumentaron tamén, dentrodo colectivo escolar, os grupos deinfantil para os que se preparou unhaprogramación específica.

Por outra banda, máis do 9 por centodo público que o DEAC atende non seencadra na tipoloxía de grupo organi-zado, senón que se trata de persoasque buscan asesoramento ou partici-pan dalgunha das actividades do pro-grama para público en xeral.

Ademais das actuacións correspon-dentes ao capítulo de aproveitamentodidáctico da colección e visitas guia-das, o Departamento encárgasetamén da programación de activida-des non expositivas para tódolospúblicos. Estas realízanse ao abeirodun convenio coa Concellaría de Cul-tura do Concello de Santiago de Com-postela. Este programa concretousenas seguintes actividades:■ Obradoiro para familias sobre aexposición temporal A Vía da prata:unha calzada e mil camiños.■ Cos ollos no ceo conmemorou o“Ano Internacional da Astronomía”, encolaboración co Observatorio Astronó-mico Ramón María Aller da USC. ■ Contos e historias de orixe popu-lar. Esta edición desenvolveuse ossábados do mes de maio, contandocoas narradoras Paula Carballeira,Helena Faria e Victoria Gullón.■ Bitácora Bonaval. Actividade parapúblico a partir dos 14 anos, en cola-boración co CGAC. A artista plásticaMaría Meijide e o profesor de Cien-cias Xaquín Penas Patiño foron osguías dos participantes que realizarondurante catro días un caderno deviaxe que reflicte a experiencia deachegamento ao parque e conxuntode Bonaval.■ Bonaval en rol. A cantidade dexente nova afeccionada a estamodalidade de xogo fíxonos traer orol ao Museo como xeito de atraermozos e mozas que nunca volverandesde que viñeron co colexio decativos. Unha agrupación de afeccio-nados de Compostela deseñou unhasesión en vivo ambientada nunhavila da costa no século XIX.■ Obradoiro de Cestería, impartidopor José Carlos González, traballando

sobre as pezas da sección de ceste-ría do Museo.■ Ciencia na lareira, un percorridopara os máis cativos pola cociñaprehistórica e a tradicional con algúnque outro experimento e adquisiciónde coñecementos contidos nesasreceitas.■ A Caixa de Música. A compañía demonicreques Viravolta trouxo unespectáculo que mestura as historiastradicionais coa música, cos títeresde mesa e coa luz negra.

Os “Cafés da Memoria“ están a atra-er ao Museo un arco de idade queestaba pouco representado no públicohabitual. En febreiro convocouse unen torno ao Entroido, e en xuño outrodedicado ao San Xoán, coa colabora-ción das asociacións veciñais doEnsanche e A Trisca.

Semana da Música. A semana do15 ao 21 de xuño dedicouse áMúsica. Por unha banda, cos máiscativos, fíxose un obradoiro de per-cusión caseira. Para os adultos,presentouse o disco “Son de Rian-xo”, que recupera composicións devellos músicos da zona de Rianxoque, en moitos casos, interpretaneles mesmos.

Outras olladas sobre o Museo: OMuseo conmemora as XornadasEuropeas de Patrimonio convidandopersoas de distinta procedenciaprofesional a realizaren e comparti-ren a súa propia visita ao Museo.Neste ano, o 3 de outubro, a danzaproxectou a ollada sobre o Museo

cos pés e a música de MercedesPietro, Emma Cabana, Serxio Cobose Alonso Caxade.

Como complemento á mostraMadrasas africanas o DEAC organi-zou dúas actividades: A Escola noMundo, con formato de mesaredonda informal, un encontro mul-ticultural, coa participación de DickHernández (Cuba), Luz Martínez(Galicia), Sami Ashour (Palestina) eMaria Jompero (Finlandia). Partici-pou tamén o fotógrafo Luís López“Gabú” e actuou como moderador opresidente da Asociación GaliciaAcolle, Antonio Cepeda. Sábado 31de outubro organizouse O desertode Rub-Al-khali, unha viaxe musicale narrativa na que os músicosVadim Yukhnevich e Manolo Panfo-rreteiro interpretaron unha serie depezas baseadas nas músicas tradi-cionais galega e orientais, tendocomo fío condutor unha historia cre-ada por Paula Carballeira.

6. XORNADAS E CURSOS

Durante os meses de abril e maiodesenvolveuse o seminario Identida-de e Arte, un proxecto de colabora-ción co Centro Galego de Arte Con-temporánea. Este curso fai unha revi-sión das relacións entre a plásticacontemporánea e a tradición, a cultu-ra ou a identidade.

En colaboración cos comerciantes darúa de San Pedro, no contexto da Feirada Primavera, o patrón Clodio GonzálezPérez impartiu unha charla-obradoirosobre Os maios, festa das flores, quefinalizou coa confección dun maio e foiacompañada dunha mostra de docu-mentos sobre a festa achegados polopropio conferenciante.

Precedendo a exposición Borde sur,celebrouse un seminario tituladoMuseo líquido: a recuperación dasinstitucións museísticas como espa-zos públicos, impartido pola comisa-ria da mostra, licda. Jacqueline dela Casa.

Por cuarto ano consecutivo celebrou-se a Mostra de Cinema EtnográficoMuseo do Pobo Galego. Continuousea colaboración coa Muestra de Cine

Café da memoria

Músicos participantes en “Son de Rianxo”

Xaneiro / 4

Documental Etnográfico Espiello,mantendo na mostra do Museo unhasección denominada deste xeito naque se proxectan as cintas gañadorasna última edición do festival deSobrarbe. A sección Carlos Velo éunha selección de documentais elixi-dos desde o Museo, onde se prima apresenza de realizadores e realizado-ras galegas.

O 28 outubro tivo lugar unha xornadatécnica conxunta co Proxecto Ronsele o Intangible Cultural Heritage inScotland Project, para intercambiarexperiencias e analizar a posibilidadede establecer unha acción coordina-da en proxectos comúns.

Neste ano dedicado a Ramón Piñeiro,o Museo uniuse á conmemoración dafigura do que fora membro fundadordo noso Padroado e vicepresidentedesde 1981 ata o seu pasamento. O9 de decembro Xosé Luís Axeitos,Miguel Barros e Benxamín Casal ana-lizaron a figura de Piñeiro como polí-tico, e o día 10, Antón Baamonde,Xosé Luís Barreiro Barreiro e ManuelCaamaño abordaron a súa dimensióncomo home da cultura.

7. PUBLICACIÓNS

Editáronse os materiais do foro Turis-mo e Identidade, organizado polo Ins-tituto de Estudos das Identidades doMPG co patrocinio da Dirección xeralde Turismo da Xunta de Galicia.

O Centro de Cultura popular doLimia, en colaboración co Museo,preparou unha edición dos traballosde don Xaquín Lorenzo sobre ocarro en Galicia.

Editouse un opúsculo co texto queRamón Piñeiro publicara en La Vozde Galicia o 20 de xuño de 1976,cando o Padroado daba os seus pri-meiros pasos de cara á constitucióndo Museo.

Non deas a esquecemento... do IESde Pontecaldelas, é a segunda publi-

cación da serie de traballos premia-dos no Proxecto didáctico AntonioFraguas.

Ao coidado do CGAI editouse o catá-logo da exposición Olladas dunhaépoca.

8. OUTRAS ACTIVIDADES

O Museo acolleu, entre outras, asseguintes actividades:

■ Presentación da colección MiradasAlleas e do ciclo de conferenciasComo nos viron, como nos ven, orga-nizada pola Secretaría Xeral deComunicación da Xunta de Galicia.

■ Conferencia internacional de Dis-positivos electrónicos, organizadapolo Departamento de Electrónica eComputación da Universidade deSantiago de Compostela.

■ Encontro de Asociacións Ecoloxis-tas, organizado pola Federación Eco-loxista Galega e a Sociedade Galegade Educación ambiental.

■ Curso “O cine como recurso edu-cativo para desenvolver a competen-cia social e cidadá e o fomento daconvivencia”, organizado pola asocia-ción Educasuevia.

■ VI edición da homenaxe “Os Bos eXenerosos” da Asociación de Escrito-res en Lingua galega, dedicada aMariví Villaverde.

■ Presentación da produción multi-media Trece Lúas da Asociación deGaiteiros Galegos.

■ Presentación do libro La vidamusical en Santiago a finales delsiglo XIX, de María García Caballero,coeditado polo Consorcio de Santiagoe Alvarellos Editora.

■ En maio e xuño desenvolveuse aactividade lúdico-pedagóxica Contos

do Camiño, que organiza OQO Editoraen colaboración coa S.A. do Xacobeo

■ Proxección de dous documentaissobre o patrimonio inmaterial darexión brasileira do Paraná e coloquiocoa realizadora Lia Marchi. Actoorganizado pola Central Folque.

■ V Encontro do Voluntariado doProxecto Ríos, organizado porADEGA.

■ Coincidindo coas festas patronaisdo barrio compostelán de San Pedro,o auditorio acolleu o tradicionalEncontro de Corais.

■ Sesión das Aulas no Camiño, queorganiza anualmente a Universidadeda Coruña.

■ Dentro da terceira edición de ViaStellae, Festival de Música de Com-postela e os seus camiños celebrá-ronse no claustro do Museo tres Con-certos Express.

■ Reunión do xurado do XXXI Certa-me do Traxe, no marco das festas doApóstolo.

■ II Xornadas Lois Obelleiro de Historia,Pensamento e Cultura, organizadaspola Fundación Bautista Álvarez.

■ X Xornadas de Expresión oral“Tíralle da Lingua”, un proxecto daAS-PG dirixido ao alumnado e o pro-fesorado, co obxectivo de normalizaro uso oral da nosa lingua.

Ademais, utilizaron as dependenciasdo Museo a Asociación do TraxeGalego, a Asociación Galega polasBibliotecas escolares e a Lectura, oConsello asesor da Fishing HeritageNetwork, na que participa o Museo, aFederación Galega de Apoio á Lac-tancia Materna, a Federación Galegapola Cultura Marítima, a Fundacióndo Pedrón de Ouro, a Fundación Gali-cia Emigración e mais a SociedadeGalega de Historia Natural.

9. INSTITUTO DE ESTUDOS DAS IDENTIDADES

En decembro de 2008 abriuse o ter-ceiro foro do IEI, nesta ocasión sobreTurismo e Identidade, coordinado porXosé Manuel González Reboredo eFrancisco Candela e patrocinadopola Dirección Xeral de Turismo.Participaron o historiador José Car-los Bermejo, os antropólogos Agus-tín Santana e Llorenç Prats, e osexpertos en turismo Eugenio Yunis eJavier Blanco. O foro concluíu o 6 defebreiro cunha sesión presencial naque se debateron as conclusións.

O proxecto Sons e Voces da Identi-dade recibe un impulso decisivo coacreación do Arquivo do PatrimonioOral da Identidade (APOI). A partemáis laboriosa do traballo, a edicióne publicación dos materiais, vaiavanzando e supera xa as oitentareferencias, incorporadas á base dedatos accesible na páxinawww.apoi-mpg.org

No II Congreso de Patrimonio etno-gráfico, celebrado en Ourense nomes de abril, Xosé Manuel GonzálezReboredo e Concha Losada presen-taron un relatorio sobre o proxectoSons e Voces da Identidade. O 30 deoutubro Concha Losada e Sergio dela Ossa presentaron en Lugo unrelatorio sobre o tema no IV Congre-so de Ensinantes de Música tradicio-nal. Tamén Sergio de la Ossa pre-sentou o proxecto nos conservato-rios superiores de Vigo e A Coruña.

10. VISITANTES

Rexistrouse un lixeiro incrementoverbo do ano anterior. A cifra de visi-tantes rexistrados foi de 74.524, dosque un 55,5 por cento foron visitasindividuais e o 44,5 foron grupos. Osvisitantes galegos representan un33,5 por cento do total.