17
IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade 1 PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do mércores, 21 de decembro de 2011)

PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

1

PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado

dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas

establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do mércores, 21 de

decembro de 2011)

Page 2: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

2

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN. ................................................................................................................ 3

2. XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO. ........................................................................ 4

3. OBXECTIVOS ................................................................................................................... 6

4. IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DE NECESIDADES ........................................................... 8

5. DESCRICIÓN DAS MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE..

5.1. Medidas ordinarias ................................................................................................ 9

5.2. Medidas extraordinarias ...................................................................................... 10

6. CRITERIOS PARA A ORGANIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN DOS RECURSOS .............................. 12

7. . CONCRECIÓN DAS ACTUACIÓNS DOS DISTINTOS PROFESIONAIS...............¡Error! Marcador no

definido.

8. MECANISMOS DE COORDINACIÓN E COLABORACIÓN INTERNOS......................................15

9. CANLES DE COLABORACIÓN COAS FAMILIAS E SERVIZOS EXTERNOS¡Error! Marcador no definido.

10. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE¡Error! Marcador no definido.

Page 3: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

3

1. INTRODUCIÓN

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio,no capítulo I establece os principios e fins do sistema educativo,

entre os que se considera a atención á diversidade como o fundamento que debe presidir toda a

ensinanza co obxectivo de proporcionar ao alumnado unha educación axeitada ás súas características.

O Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos

centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no Capítulo I, artigo 3, o concepto de

atención á diversidade, establecendo o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade

adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de

aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado. O obxectivo é

lograr que todas as persoas acaden o máximo desenvolvemento persoal e social das súas capacidades,

garantindo unha igualdade efectiva de oportunidades, e en especial, aos alumnos que presentan unhas

necesidades educativas específicas.

Neste marco de actuación, o presente documento constitúe o Plan de Atención á Diversidade do IES

Fernando Wirtz e formará parte do Proxecto Educativo de Centro. Ten como finalidade artellar todas

aquelas medidas que se veñen desenvolvendo co obxecto de dar resposta á diversidade do centro.

Baséase nun modelo de escola integradora e inclusiva na que se recoñece a heteroxeneidade como un

factor positivo e enriquecedor, no marco establecido na Lei Orgánica de Educación.

Page 4: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

4

2. XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO

2.1 Contexto

O IES Fernando Wirtz está situado dentro dun contexto urbano, nunha das vías de entrada a cidade moi

próximo á estación de tren e a de de autobuses. Esta ubicación favorece a asistencia ao centro de

alumnado non só da cidade, senón tamén das comarcas veciñas, especialmente na etapa de formación

profesional.

O centro oferta as ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ( Ciencias e Ciencias

Sociais e Humanidades), Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior (familias profesionais de

Informática e Comunicacións e Administración e Xestión), e Formación Profesional Básica ( Informática e

Comunicacións), cunha matrícula próxima aos 1.500 alumnos e unha plantilla docente de 110

profesores.

Destacar a diversidade do alumnado, especialmente na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria, con

alumnos procedentes do estranxeiro, especialmente de países hispanoamericanos (Brasil, República

Dominicana, Venezuela, Cuba) pero tamén de países asiáticos, europeos e de África.

2.2 Atención á diversidade. Concepto e clasificación.

No marco do decreto que regula este documento defínese como: O conxunto de medidas e accións

deseñadas coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, potencialidades,

ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e culturais de todo o

alumnado. Estas medidas implican a toda a comunidade educativa e deben concretarse en propostas

curriculares e organizativas que contemplen a pluralidade de todas e cada unha das alumnas e alumnos.

Clasificación:

2.1.- Todo o alumnado: como grupo e/ou individualmente.

2.2.- Alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE).

Concepto de alumnado con NEAE

Page 5: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

5

Aquel que requira unha atención educativa diferente da ordinaria, por presentar necesidades educativas

especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, polas súas altas capacidades intelectuais, por

terense incorporado tarde ó sistema educativo, ou por condicións persoais ou de historia escolar, para

que poidan acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e, en todo caso,

os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado.

Tipos:

2.2.1. Necesidades educativas especiais

Alumnado valorado polos equipos ou servizos de orientación educativa que require por un período da

súa escolarización ou ó longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas

derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta.

2.2.2.Dificultades específicas de aprendizaxe

Alumnado con trastornos específicos do desenvolvemento da aprendizaxe escolar da lectura, a

expresión escrita, o cálculo e outros trastornos non especificados. Non inclúe o descoñecemento da

lengua de instrución.

2.2.3. Altas capacidades intelectuais.

Alumnado que recibe atención educativa a través de medidas específicas: adaptacións curriculares de

profundización ou de ampliación do currículo, flexibilización do período de escolarización, e/ou participa

en programas extracurriculares de enriquecimento.

- Superdotación: manifestación de altas habilidades intelectuais (superiores á media), elevado nivel de

compromiso coa tarefa e altos índices de creatividade.

- Talento: elevada capacidade ou habilidade para a realización moi exitosa de certas tarefas ou

actividades.

2.2.4. Incorporación tardía ó sistema educativo español

Alumnado procedente doutros países nun curso determinado, pertencente as ensinanzas obrigatorias,

con descoñecemento dalgunha das linguas oficiais, con ou sen desfase curricular.

2.2.5. Especiais condicións persoais ou de historia escolar

Alumnado con trastorno da linguaxe expresiva, mixto(da linguaxe receptivo-expresiva), fonolóxicos e da

comunicación non especificados; o atraso madurativo neurolóxico e psicolóxico (discrepancia

significativa entre o desenvolvemento psicolóxico e a idade cronolóxica en idades inferiores a 14 anos);

o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que

recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado en situación de desvantaxe socio-educativa

(presenta desfase curricular significativo- dous ou máis cursos-).

Page 6: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

6

3. OBXECTIVOS.

O propósito do PXAD é desenvolver unhas liñas de actuacións incardinadas no labor docente e acorde

cos principios de normalización e de atención a todo o alumnado segundo recolle a lexislación vixente

(Decreto 229/2011 do 7 de decembro de 2011).

Obxectivos xerais.

- Aceptar e valorar as diferenzas do alumnado como un feito de enriquecemento na

comunidade educativa e garantir a igualdade de oportunidades desenvolvendo medidas

organizativas e curriculares adaptadas ás súas necesidades.

- Proporcionar aos alumnos e alumnas unha resposta educativa adecuada e de calidade que

lle permita acadar o maior desenvolvemento persoal e social, e de forma especial aqueles

que presentan necesidade específica de atención educativa.

- Planificar propostas educativas diversificadas de organización, procedementos,

metodoloxía e avaliación adaptadas ás necesidades do alumnado do centro.

- Establecer canles de participación e cooperación entre os distintos profesionais do equipo

educativo que interveñen co alumnado con necesidades específicas de atención

educativa.

- Priorizar a prevención, detección precoz e atención temperá de dificultades de

aprendizaxe.

- Fomentar a titoría como instrumentos para a prevención, detección e atención ao

alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

- Organizar e coordinar os recursos persoais e materiais do centro cara á mellor eficacia das

accións deseñadas.

- Favorecer a apertura do centro á Comunidade mellorando a participación do alumnado e

familias nos procesos educativo dos seus fillos.

- Promover a colaboración e coordinación con institucións e organismos externos ao centro.

Obxectivos específicos.

Relacionados co desenvolvemento persoal e social.

- Favorecer a inclusión do alumnado no grupo aula e no centro.

Page 7: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

7

- Acadar un clima adecuado que permita a cohesión do grupo e ofrecer posibilidades de

participación óptimas.

- Desenvolver estratexias que permitan acadar procesos autorreguladores dos seus

comportamentos sociais.

- Garantir unha orientación personalizada en función das características e necesidades do

alumnado.

- Desenvolver a motivación, construción do autoconcepto e a autoestima.

- Desenvolver a acollida do novo alumnado e aquel procedente do estranxeiro.

Relacionados co desenvolvemento cognitivo.

- Adquirir as competencias e coñecementos básicos de cada etapa.

- Analizar as necesidades educativas e ofrecer a resposta axeitada.

- Establecer a aplicación do principio de igualdade de oportunidades e de compensación

educativa para o logro dunha educación de calidade.

- Compensar os posibles desfases curriculares do alumnado con desvantaxe social e cultural.

Relacionados coa mellora da convivencia

- Desenvolver actitudes de responsabilidade, coñecemento dos outros e relacións de empatía.

- Establecer canles fluídas de comunicación coas familias, facilitando información sobre os

progresos das súas fillas e fillos e as medidas adoptadas en cada caso.

- Desenvolver estratexias de resolución de conflitos mediante o diálogo e a mediación.

- Desenvolver actitudes de aceptación e tolerancia ante a diferenza.

Page 8: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

8

4. IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DE NECESIDADES

A identificación das necesidades do alumnado, a súa valoración e a resposta educativa constitúen

procesos necesarios para adecuar as medidas e recursos á diversidade. Realizarase segundo os seguinte:

- Análise do expediente do alumno.

- Avaliación inicial realizada a comezos de curso.

- Intercambio de información coa familias e diferentes profesionais que interveñen na

formación do alumnado.

- Xuntanzas de avaliación de cada trimestre.

- Ao finalizar cada curso avaliarase o proceso educativo de cada alumna e alumno e

proporanse as medidas de atención á diversidade precisas.

- En momentos puntuais ao longo do curso, segundo as necesidades detectadas.

- Na xornadas de acollida dos centros adscritos ao IES a finais de cada curso.

Identificadas as necesidades, plantéxanse unha serie de necesidades de tipo organizativo e curricular.

Necesidades de tipo organizativo:

- Promover unha atención axustada ás posibilidades de cada alumna e alumno, planificando

propostas educativas diversificadas de organización, procedementos, metodoloxía e avaliación

adaptadas ás súas necesidades.

- Sistematizar a atención á diversidade dentro da actividade docente, o que esixe unificar e

coordinar as actuacións entre Departamentos Didácticos, Departamento de Orientación e

Xefatura de Estudos coa finalidade de favorecer a adquisición dos obxectivos pedagóxicos do

centro.

Necesidades de tipo curricular:

- Elaborar as programacións didácticas tendo en conta a diversidade e características reais do

alumnado ( estilos de aprendizaxe diferentes, condicionantes persoais e/ou sociais, dificultades

específicas de aprendizaxe, escolaridade irregular, incorporación tardía ao sistema educativo).

- Secuenciación de medidas, esgotando as medidas ordinarias previstas previas ás

extraordinarias.

Page 9: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

9

5. DESCRICIÓN DAS ACTUACIÓNS, MEDIDAS E/OU PROGRAMAS PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

As medidas de atención á diversidade constitúen aquelas actuacións, estratexias e/ou programas

destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado.

As principais medidas de atención á diversidade desenvolvidas polo centro son de dous tipos: ordinarias

e extraordinarias.

Enténdese por medidas ordinarias todas aquelas que faciliten a adecuación do currículo prescrito, sen

alteración significativas dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural

do centro e ás características do alumnado.

Teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses,

relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecución

dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas.

Enténdese por medidas extraordinarias todas aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades

educativas do alumnado con necesidade específica de apoio educativo que poden requirir modificacións

significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo, así como,

de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade de escolarización. Aplicaranse

unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren estas insuficientes.

Hai que ter en conta os seguintes aspectos para a aplicación destas medidas:

Aplicaranse unha vez esgotadas as medidas ordinarias ou por resultaren estas insuficientes.

É necesario a autorización: Dirección do centro, do servizo de Inspección Educativa, da Xefatura

Territorial ou da Dirección Xeral que proceda e, se é o caso, informe xustificativo do

Departamento de Orientación.

Estarán suxeitas a un proceso de revisión periódica para introducir as modificacións que as

necesidades requiran.

Detállanse, a continuación, as medidas máis salientables.

5.1. Medidas ordinarias

- Adecuación da estrutura organizativa do centro: espazos, horarios, agrupamentos,

organización e xestión de aula. Estas actuacións estableceranse de acordo cos principios de

normalización, inclusión, promoción da convivencia, igualdade de oportunidades e

interculturalidade.

Page 10: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

10

- Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado. Nas programacións

didácticas as xefas e xefes de departamento concretarán os elementos establecidos segundo

a normativa vixente. Así mesmo cada profesora e profesor, dende a súa materia, adaptará a

programación do seu departamento ás peculiaridades de cada grupo.

- Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais,

e outras que promovan a inclusión.O traballo en pequeno grupo favorece a relación entre o

alumnado, a cooperación e colaboración, potenciando o aproveitamento das habilidades de

cada un para o traballo en común.

- Reforzo educativo. Medida que atende ás dificultades do alumnado xurdidas nun momento

do proceso educativo e que, mediante pequenas modificacións nos elementos prescritivos

do currículo, pode seguir o proceso ordinario de ensino- aprendizaxe. Levarase a cabo

dentro da aula ordinaria e por parte da profesora ou profesor de área.

- Apoios do profesorado con dispoñibilidade horaria nas materias instrumentais.

- Programas de enriquecemento curricular. Destinados a alumnas e alumnos que presentan

un nivel de competencia curricular superior ao seu grupo de referencia. Levarase a cabo, de

xeito ordinario, por parte da profesora ou profesor de área de dentro da aula.

- Desdobramento de grupos. Medida organizativa que permite desdobrar un grupo e así

poder prestar unha atención individualizada ao alumnado.

- Programas de recuperación.Os departamentos didácticos elaborarán programas de

recuperación destinados ás alumnas e alumnos con materias pendentes.

- Programas de habilidades sociais. Realizaranse co alumnado talleres e actuacións

encamiñadas a traballar aspectos relacionados co coñecemento e control das emocións coa

finalidade de mellorar a calidade das relacións sociais e resolver ou prever dificultades nas

súas relacións cos demais.

- Aula de atención educativa destinada á mellora da convivencia. Os destinatarios serán

alumnas e alumnos que presenten unha conduta disruptiva e impidan o normal

desenvolvemento do traballo do seu grupo.

- Exención da 2º Lingua estranxeira.As alumnas e alumnos que presenten claras dificultades

no proceso de aprendizaxe, e en particular na área de lingua, estarán exentos da 2ª Lingua

estranxeira e recibirán reforzo educativo nesas horas.

- Permanencia un ano máis no curso. Medida previa a calquera posibilidade de medida

extraordinaria, e cun máximo de dous na etapa.

Page 11: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

11

5.2. Medidas extraordinarias

- Adaptacións curriculares. Precisan avaliación diagnóstica efectuada polo departamento de

orientación a petición do profeso ou profesora de área que será o encargado de elaborar a

proposta curricular en colaboración do profesorado de apoio e o asesoramento do DO.

- Apoio do especialista en Pedagoxía Terapéutica e profesorado que desempeñe labores de

apoio. As intervencións específicas serán propostas polas profesoras e profesores da

materia obxecto, valoradas polo departamento de orientación. O seu labor será coordinado

polo DO.

- Flexibilización da duración do período de escolarización. Modificación do periodo de

escolarización.

- Programas de Mellora da aprendizaxe. Teñen como finalidade posibilitar, mediante unha

organización dos contidos, actividades, metodoloxía e organización das materias do

currículo, a adquisición das competencias básicas e obxectivos xerais do ciclo. Os

destinatarios serán alumnas e alumnos con dificultades xeneralizadas de aprendizaxe e que

tivesen sido obxecto doutras medidas de atención, con risco de non acadar a titulación

cursando o currículo ordinario. Requiren autorización da inspección educativa.

- Programas de Formación Profesional Básica. Teñen como finalidade conseguir as

competencias profesionais propias dunha cualificación profesional nivel 1 e ampliar as

competencias básicas para proseguir estudos nas diferentes ensinanzas ou ben o acceso a

un ciclo formativo de grao medio. Os destinatarios serán alumnas e alumnos escolarizados

con importantes dificultades de aprendizaxe e grave risco de abandono escolar.

- Atención educativa hospitalaria e/ou domiciliaria. Medida que ten como finalidade a

continuidade do proceso formativo do alumnado e que por prescrición facultativa non pode

asistir con regularidade ao centro. Solicítaa a familia a través da dirección do centro e a

autorización correspóndelle á administración educativa.

- Programas de adquisición de linguas. Son agrupamentos flexibles dunha duración dun

trimestre como máximo que teñen por obxectivo a aprendizaxe da lingua vehicular do

ensino mediante unha atención individualizada. Este grupo levarase a cabo sempre e cando

exista un número mínimo de alumnas e alumnos. No caso contrario, incorporarase ás

medidas de atención á diversidade do centro.

6. DETERMINACIÓN DOS CRITERIOS PARA A ORGANIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN DOS RECURSOS E A

APLICACIÓN DAS MEDIDAS PROPOSTAS

Page 12: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

12

No artigo 4 do capítulo I do Decreto 229/2011 sinálanse os seguintes principios xerais de actuación para

a atención á diversidade:

- Normalización e inclusión.

- Equidade, igualdade de oportunidades e non discriminación.

- Flexibilidade e accesibilidade.

- Interculturalidade e promoción de convivencia.

- Autonomía dos centros docentes e participación de toda a comunidade educativa.

- Atención a todo o alumnado.

- Accións preventivas e de detección temperá.

- Priorizar medidas de carácter ordinario e normalizador.

- Enfoque multidisciplinar e de colaboración e coordinación.

- Información e asesoramento ás familias.

Tendo estes criterios en conta, establécense a seguinte distribución de recursos:

- Estas actuacións organízanse dentro do horario xeral do centro, adaptándose ao horario e o

agrupamento do alumnado.

- Para conseguir a optimización dos recursos, é necesario unificar criterios de actuación entre o

profesorado que intervén no proceso educativo do grupo, clarificando as funcións que

corresponden ao titor/a, ao equipo de profesorado e, se é o caso, ao profesorado de apoio.

- As intervencións específicas, levadas a cabo polo especialista de pedagoxía terapéutica,

realizaranse naqueles casos de alumnado con necesidades especificas de apoio educativo,

contando co informe previo do departamento de orientación.

- As necesidades detectaranse a través das reunións de titores/as, a orientadora e profesora de

PT, dos resultados das probas de avaliación inicial de comezos de curso, das diferentes sesión de

avaliación e dos resultados das probas de diagnóstico. Aínda que en calquera momento do

curso, tan pronto como se detecten dificultades hai que establecer os apoios e reforzos

oportunos, será na avaliación ordinaria e extraordinaria onde se concrete que medidas de

atención á diversidade que garantan unha resposta axeitada ás necesidades detectadas do

alumnado.

- No mes de setembro, tendo en conta os recursos materiais e persoais cos que vai dispor o

centro, decídese as medidas de atención á diversidade de cara o presente curso.

Page 13: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

13

- Naqueles casos no que o alumnado se escolarice unha vez comezado o curso, realizaráselle

unha avaliación inicial por parte do departamento de orientación e profesorado dos ámbitos

científico e lingüístico coa finalidade de valorar as medidas de atención máis axeitadas.

7. CONCRECIÓN DAS ACTUACIÓNS DOS DISTINTOS PROFESIONAIS EN RELACIÓN COAS MEDIDAS

DESEÑADAS PARA O CENTRO

Titor ou titora e profesorado.

- Coñecer as características persoais de cada alumna e alumno a través da análise do seu

expediente e de todos aqueles documentos válidos para este coñecemento.

- Informar ás familias de todos aqueles aspectos curriculares e/ou organizativos que impliquen

medidas de atención á diversidade ordinarias ou extraordinarias.

- Facer un seguimento xeral dos procesos de ensino-aprendizaxe para detectar as dificultades e

as necesidades educativas coa finalidade de artellar respostas educativas coherentes e,

demandar, no seu caso, os oportunos asesoramentos, reforzos e apoios.

- Coordinar coa xefa do departamento de orientación a intervención educativa do alumnado que

presenten necesidades específicas de apoio educativo.

- Coordinar co demais profesorado do grupo o axuste dos programas, especialmente no referente

ás respostas educativas ante as necesidades máis específicas de reforzo e apoio.

- Promover un contexto de colaboración coa familia, intercambiando información relevante que

afecte á educación dos seus fillos e fillas.

Profesorado de apoio.

- Participar na avaliación inicial do alumnado que acceda á educación secundaria obrigatoria e,

cando cumpra, naquelas sesións de avaliación que afecten ao alumnado con necesidades

específicas de apoio educativo.

- Colaborar, xunto coa xefa do departamento de orientación e o/a titor/a, na organización da

atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

- Prestarlle atención docente directa ao alumnado con necesidades específicas de apoio

educativo, segundo o establecido na proposta do informe da orientadora do centro.

- Axudar ao profesorado da materia e/ou titor/a na identificación de posibles necesidades

educativas do seu grupo.

- Colaborar na elaboración, seguimento e avaliación das adaptacións curriculares, así como das

medidas de reforzo, se é o caso, e daquelas outras dirixidas á atención á diversidade.

Page 14: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

14

- Colaborar na metodoloxía e avaliación a seguir co alumnado con dificultades.

- Participar na elaboración de material para traballar co alumnado con necesidades específicas de

apoio educativo.

- Participar, de ser necesario, co titor/a nas reunións coas familias do alumnado con necesidades

específicas de apoio educativo.

Xefatura do Departamento de Orientación.

- Participar na avaliación psicopedagóxica daquel alumnado que fose derivado polo profesorado

e/ou nais, pais ou titores e titoras legais, a través do protocolo de derivación; así como realizar o

informe psicopedagóxico no que se recolla, analice e valore a información.

recollida no proceso da avaliación psicopedagóxica.

- Elaborar o correspondente ditame de escolarización para aqueles casos onde se requira unha

modalidade diferente e/ou recursos extraordinarios.

- Establecer a proposta de organización de atención ao alumnado por parte do profesorado

especialista, coa participación do profesorado titor do alumnado e do propio profesorado de

pedagoxía terapéutica e/ou audición e linguaxe. Elevar esta proposta á xefatura de estudos.

- Asesorar ao equipo directivo sobre as medidas de atención á diversidade.

- Elaborar e poñer en práctica programas destinados á prevención e detección precoz de

dificultades de aprendizaxe.

- Asesorar aos departamentos didácticos e profesorado en xeral nos procesos de axuste e

desenvolvemento das concrecións curriculares, das programacións de curso, das medidas de

reforzo educativo e nas adaptacións curriculares.

- Facilitar asesoramento a toda a comunidade educativa sobre as diferentes medidas e recursos

para a atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

- Coordinar as actuacións levadas a cabo polo profesorado do centro así como dos profesionais

de fóra do centro que interveñan na atención do alumnado con necesidades específicas de

apoio educativo.

Xefaturas de departamento didáctico.

- Ter en conta e transmitir ao resto do departamento a información xeral sobre as medidas de

datención á diversidade e neae do centro.

- Reflectir as medidas na memoria e nas programacións e facer seguimento e propostas.

- Colaborar na construción e revisión dos criterios de organización das medidas de atención á

diversidade , así como asumir e responsabilizarse do acordado no plan xeral de atención á

diversidade.

Page 15: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

15

- Colaborar coa Xefatura de Estudos e Orientación na elaboración e corrección das probas de

nivel para determinar o nivel de competencia curricular do alumnado novo procedente do

estranxeiro.

Equipo directivo.

- Dispoñer e pór en marcha as medidas de atención á diversidade adecuadas ás necesidades

detectadas e aos recursos dispoñibles.

- Coordinar todas as actuacións previstas, xunto co resto do profesorado, tendo en conta o

establecido na proposta de concreción anual do plan xeral de atención á diversidade.

- Velar polo cumprimento de tódalas actuacións establecidas neste Plan.

8. MECANISMOS DE COORDINACIÓN E COLABORACIÓN INTERNOS, ASÍ COMO CON OUTRAS

ETAPAS EDUCATIVAS E COS CENTROS ADSCRITOS.

- Reunións de departamentos didácticos.

- Reunións do departamento de orientación.

- Reunión de coordinación para a acción titorial.

- Reunións entre titores, orientador/a do centro adscrito e orientador/a do centro para

organizar o intercambio de información, a acollida e incorporación das novas alumnas e

alumnos, coordinado polas correspondentes xefaturas de estudos.

- Reunións entre orientador e profesorado de apoio, para concretar e desenvolver o

programa de traballo e seguimento de casos.

- Sesións de avaliación inicial e trimestrais coordinadas polas titoras e titores e xefatura de

estudos.

9. CANLES DE COLABORACIÓN COAS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO E COS

DIFERENTES SERVIZOS EXTERNOS AO CENTRO.

Canles de colaboración cos servizos externos ao centro

A grande diversidade do noso alumnado condiciona e dificulta moitas veces o normal

Page 16: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

16

desenvolvemento dos procesos de ensino-aprendizaxe. Por este motivo, e cada vez con maior

frecuencia, temos a necesidade de solicitar a axudas e colaboracións externas.

- Equipos de Orientación Específicos aos que solicitar colaboración para desenvolver as

funcións do Departamento de Orientación (avaliación psicopedagóxica de alumnado,

orientacións sobre modalidades de escolarización, metodoloxías, recursos…) segundo

demandas e necesidades.

- Inspección Educativa, que autorizará e asesorará sobre as medidas de atención á

diversidade.

- Servizos Sociais do Concello, solicitando a súa intervención a través das canles establecidas

nos protocolos creados ao efecto ( absentismo escolar, situacións socioeconómicas

desfavorecidas, de marxinalidade ou risco social).

- Servizo Galego de Saúde. Solicitarase colaboración no diagnóstico de casos e en

problemáticas sociais específicas, empregando para o protocolo de derivación aconsellado

polo equipo específico.

- Asociacións sen ánimo de lucro (ACCEM, Cruz Vermella, AMIGÓ...)

- Centros ou entidades que colaboren na inserción profesional do alumnado ( Centro

Municipal de Emprego).

Canles de colaboración coas nais e pais

Para promover a implicación das nais, pais ou titoras e titores legais do alumnado realizaranse as

seguintes actuacións:

- Reunión inicial ao comezo do curso para facilitar información sobre a organización e

funcionamento do centro.

- Entrevistas periódicas ao longo do curso para seguimento académico e persoal dos alumnos.

- Información a través da páxina web do instituto.

10. PROCESOS DE SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E MELLORA DO PROGRAMA

Segundo o Decreto 229/2011 de atención á diversidade, “o Departamento de Orientación de cada

centro elaborará a correspondente memoria do Plan Xeral de Atención á Diversidade, e establecerá, de

Page 17: PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE o alumnado con descoñecemento grave da lingua de instrución (non por incorporación tardía e que recibe un apoio educativo complementario) e o alumnado

IES Fernando Wirtz Plan Xeral de Atención á Diversidade

17

ser o caso, as pertinentes propostas de mellora. Esta memoria incorporarase á memoria do

Departamento de Orientación e, en consecuencia, á memoria anual do centro.”

A valoración deste Plan realizarase analizando os seguintes indicadores:

- Avaliación dos resultados obtidos polo alumnado que participou nas diferentes actuacións e

medidas de atención á diversidade.

- Información do profesorado que realizou algunha medida de atención á diversidade e informes

do profesorado de pedagoxía terapéutica.

- Coordinación co profesorado respecto ás MAD

- Avaliación interna do propio plan de atención á diversidade no que se determinará o grao de

consecución dos obxectivos previstos, a adecuación ás necesidades reais do centro e o nivel de

participación dos distintos elementos da comunidade educativa e servizos externos.

O proceso a seguir será:

- Análise e valoracións a través das reunións dos titores/as coa orientadora.

- Análise e valoración nas reunións dos departamentos didácticos.

- Seguimento a través das reunións do departamento de orientación.

A Coruña a 20 de setembro de 2019