5
Estrada de Soutomaior, nº 46 C 36690 Soutomaior (Pontevedra) 886159801 - 886159802 [email protected] PONDERACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E PROMOCIÓN POR CURSO ESO Instrumentos 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO Probas escritas / exames 60% 60% 70% 70% 1. Os exames farán media a partir dun 3,50 sobre 10 en cada un deles. 2. En 1º e 2º da ESO, realizaranse –cando menos- dúas probas por avaliación de dous temas cada unha. 3. Haberá recuperación das probas escritas (no apartado 9.1. descríbese o programa de recuperación que se establece durante o curso) ao final de cada trimestre (xaneiro, abril e xuño. 1. Os exames farán media a partir dun 3,50 sobre 10 en cada un deles. 2. En 3º e 4º curso os exames serán teórico –prácticos, e realizaranse –cando menos- dúas probas por avaliación. 3. A proba escrita constará dun texto literario e cuestións relativas á súa forma e contido, así como de preguntas teóricas de literatura e de sociolingüística. Os exames complétanse con exercicios prácticos de léxico-semántica, gramática e tipoloxía textual. 4. Será determinante unha avaliación compensada dos contidos teóricos e o comentario de texto literario e dos contidos prácticos. En cada proba especificarase o valor mínimo preciso para aprobar cada parte. 5. Haberá recuperación das probas escritas (no apartado 9.1. descríbese o programa de recuperación que se establece durante o curso) logo de cada trimestre (xaneiro, abril e xuño). Traballo de aula 30% 30% 20% 20% Tarefas diarias, participación na aula, revisión do caderna de traballo. Traballo de exposición oral. Traballos específicos de expresión escrita. Tarefas diarias, participación na aula, revisión do caderna de traballo. Traballo de exposición oral. Traballos específicos de expresión escrita. Traballo / proba da lectura obrigatoria 10% 10% 10% 10% Avaliarase mediante unha proba (escrita ou oral) ou un traballo escrito. Avaliarase mediante unha proba (escrita ou oral) ou un traballo escrito . Para aprobar o trimestre, hai que alcanzar a media de 5 no conxunto das partes sinaladas: exames, traballos, tarefas de aula e da casa, lectura, etc. Sumados os apartados anteriores redondearase a puntuación resultante: de 0,10 a 0,40 ata o nº natural inferior, e de 0,50 a 0,90 ata o superior, para obter a nota do trimestre, por ex.: 5,40 = 5 (SUF.) ou 7,60 = 8 (NOT.). O alumnado que suspenda o trimestre deberá seguir o programa de recuperación durante o curso tal e como se establece no apartado 9.1. A cualificación final de xuño establecerase tendo en conta as cualificacións obtidas nas avaliacións trimestrais (A nota final será a media ponderada da das tres avaliacións e para aprobar terá que acadarse un mínimo de 5 puntos. Non poderá ser inferior á obtida na 3ª avaliación. Para aprobar a materia será preciso obter un mínimo de 5 puntos sobre un total de 10. A cualificación de setembro será a obtida polo alumno ou alumna na proba proposta, na que entrarán os contidos mínimos da materia. Para poder aprobar, será necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre un total de 10.

PONDERACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E ......2. En 3º e 4º curso os exames serán teórico –prácticos, e realizaranse –cando menos- dúas probas por avaliación. 3

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PONDERACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E ......2. En 3º e 4º curso os exames serán teórico –prácticos, e realizaranse –cando menos- dúas probas por avaliación. 3

Estrada de Soutomaior, nº 46 C 36690 Soutomaior (Pontevedra) 886159801 - 886159802 [email protected]

PONDERACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E PROMOCIÓN POR CURSO

ESO Instrumentos 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO

Probas escritas / exames

60% 60% 70% 70%

1. Os exames farán media a partir dun 3,50 sobre 10 en cada un deles. 2. En 1º e 2º da ESO, realizaranse –cando menos- dúas probas por avaliación de dous temas cada unha. 3. Haberá recuperación das probas escritas (no apartado 9.1. descríbese o programa de recuperación que se establece durante o curso) ao final de cada trimestre (xaneiro, abril e xuño.

1. 1. Os exames farán media a partir dun 3,50 sobre 10 en cada un deles.

2. 2. En 3º e 4º curso os exames serán teórico –prácticos, e realizaranse –cando menos- dúas probas por avaliación.

3. 3. A proba escrita constará dun texto literario e cuestións relativas á súa forma e contido, así como de preguntas teóricas de literatura e de sociolingüística. Os exames complétanse con exercicios prácticos de léxico-semántica, gramática e tipoloxía textual.

4. 4. Será determinante unha avaliación compensada dos contidos teóricos e o comentario de texto literario e dos contidos prácticos. En cada proba especificarase o valor mínimo preciso para aprobar cada parte.

5. 5. Haberá recuperación das probas escritas (no apartado 9.1. descríbese o programa de recuperación que se establece durante o curso) logo de cada trimestre (xaneiro, abril e xuño).

Traballo de aula

30% 30% 20% 20%

Tarefas diarias, participación na aula, revisión do caderna de traballo. Traballo de exposición oral. Traballos específicos de expresión escrita.

Tarefas diarias, participación na aula, revisión do caderna de traballo. Traballo de exposición oral. Traballos específicos de expresión escrita.

Traballo / proba da lectura

obrigatoria

10% 10% 10% 10%

Avaliarase mediante unha proba (escrita ou oral) ou un traballo escrito.

Avaliarase mediante unha proba (escrita ou oral) ou un traballo escrito .

Para aprobar o trimestre, hai que alcanzar a media de 5 no conxunto das partes sinaladas: exames,

traballos, tarefas de aula e da casa, lectura, etc. Sumados os apartados anteriores redondearase a puntuación

resultante: de 0,10 a 0,40 ata o nº natural inferior, e de 0,50 a 0,90 ata o superior, para obter a nota do

trimestre, por ex.: 5,40 = 5 (SUF.) ou 7,60 = 8 (NOT.). O alumnado que suspenda o trimestre deberá seguir o

programa de recuperación durante o curso tal e como se establece no apartado 9.1.

A cualificación final de xuño establecerase tendo en conta as cualificacións obtidas nas avaliacións

trimestrais (A nota final será a media ponderada da das tres avaliacións e para aprobar terá que acadarse un

mínimo de 5 puntos. Non poderá ser inferior á obtida na 3ª avaliación. Para aprobar a materia será preciso

obter un mínimo de 5 puntos sobre un total de 10.

A cualificación de setembro será a obtida polo alumno ou alumna na proba proposta, na que entrarán os

contidos mínimos da materia. Para poder aprobar, será necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre un total

de 10.

Page 2: PONDERACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E ......2. En 3º e 4º curso os exames serán teórico –prácticos, e realizaranse –cando menos- dúas probas por avaliación. 3

Estrada de Soutomaior, nº 46 C 36690 Soutomaior (Pontevedra) 886159801 - 886159802 [email protected]

1º BACHARELATO Instrumentos 1º BACH.

Probas

escritas / exames

70% - Realizaranse as probas que sexan necesarias (mínimo 2 por trimestre).

- Poden abordar un contido concreto (literatura, tipoloxía textual, gramática e sintaxe, etc.) ou

combinar varios bloques.

- Haberá recuperación das probas escritas (no apartado 9.1. descríbese o programa de

recuperación que establece durante o curso) ao final de cada trimestre (xaneiro, abril e xuño).

Ademais dos contidos conceptuais tamén se terá en conta a corrección lingüística do exame, polo

que sobre a cualificación global se poderá descontar ata un máximo de 2 puntos por erros. Estes

poderán ser:

—Moi graves: Solucións alleas ao sistema lingüístico do galego (tempos compostos, mala

colocación dos clíticos...). Desconto 0’2 puntos c/u.

—Graves: Solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h, y), acentuación diacrítica...

Desconto 0’1 c/u.

—Leves: Solucións galegas alleas ao estándar vixente. Acentuación non diacrítica. Desconto 0’05

puntos c/u.

Traballo de aula

20% - Traballo diario na aula / tarefas encomendadas / actitude e participación. - Traballos individuais ou grupais (exposicións orais / presentacións académicas). - Oralidade en galego, en exposicións e interaccións mais tamén na observación directa do uso diario e correcto na aula.

Traballo / proba da lectura

obrigatoria

10% - Traballo sobre a lectura obrigatoria poderase avaliar mediante: Proba escrita. Traballo (escrito ou oral) a partir dun guión. Tarefa creativa (individual ou grupal). + Lectura voluntaria (escollida da listaxe de lecturas optativas): pode sumar ata un 0,50.

Para aprobar o trimestre, hai que alcanzar a media de 5 no conxunto das partes sinaladas: exames,

traballos, tarefas de aula e da casa, lectura, etc. Sumados os apartados anteriores redondearase a puntuación

resultante: de 0,10 a 0,40 ata o nº natural inferior, e de 0,50 a 0,90 ata o superior, para obter a nota do

trimestre, por ex.: 5,40 = 5 (SUF.) ou 7,60 = 8 (NOT.). O alumnado que suspenda o trimestre deberá seguir o

programa de recuperación durante o curso tal e como se establece no apartado 9.1.

A cualificación final de xuño establecerase tendo en conta as cualificacións obtidas nas avaliacións

trimestrais (A nota final será a media ponderada da das tres avaliacións e para aprobar terá que acadarse un

mínimo de 5 puntos. Non poderá ser inferior á obtida na 3ª avaliación. Para aprobar a materia será preciso

obter un mínimo de 5 puntos sobre un total de 10.

A cualificación de setembro será a obtida polo alumno ou alumna na proba proposta, na que entrarán os

contidos mínimos da materia. Para poder aprobar, será necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre un total

de 10.

Page 3: PONDERACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E ......2. En 3º e 4º curso os exames serán teórico –prácticos, e realizaranse –cando menos- dúas probas por avaliación. 3

Estrada de Soutomaior, nº 46 C 36690 Soutomaior (Pontevedra) 886159801 - 886159802 [email protected]

2º BACHARELATO Instrumentos 2º BACH.

Probas escritas / exames

90% - Vanse realizar dúas probas escritas relativas á maior parte dos bloques de contidos. Poderán facerse un ou dous exames por trimestre. - A cualificación vai supor un 90% da nota total:

1ª proba: terá lugar no ecuador do trimestre, de 1h30 de duración, ben empregando dúas sesións da materia ben fóra do horario lectivo.

2ª proba: realizarase a finais do trimestre, de 1h30’ de duración, dentro do período extraordinario de exames establecido polo centro; incluirá os contidos da 1ª proba, e terá un peso maior na nota final do trimestre. Este exame trimestral ten dous propósitos:

o servir como Reforzo e Recuperación, para o alumnado que non acadara o 5 na primeira proba trimestral e, polo tanto, suspendera a avaliación dese trimestre.

o servir como Práctica da Proba ABAU. - Nos exames de avaliación inclúense preguntas a respecto das lecturas obrigatorias (5%). Se non se inclúen aí esas preguntas e se fan en proba separada, hase calcular o valor da proba para que o total das probas escritas non supere a porcentaxe (da nota global) establecida en cada avaliación para as probas escritas. - Ademais dos contidos, en todas as probas se vai valorar a expresión consonte estes parámetros: adecuación (presentación correcta, rexistro apropiado e propósito claro), coherencia (información precisa, estrutura clara e parágrafos ben organizados), cohesión (uso axeitado da puntuación e enlaces, emprego adecuados de pronomes anafóricos), corrección gramatical (ortografía sintáctica e léxica) e variación (sintaxe, riqueza e precisión do léxico e recursos estilísticos). - Nas Probas Escritas especificarase o valor numérico que se lle outorga a cada pregunta e, no proceso de corrección, marcarase no exame a puntuación que o profesorado estime adecuada. O exame será amosado ao alumnado convenientemente corrixido e anotado, con eses valores numéricos visibles e intelixibles. Cada proba escrita contará cuns Criterios de Corrección que o alumnado coñecerá previamente e que servirán para corrixir e avaliar a devandita proba. - Seguindo os *criterios de corrección fixados pola CIUG para as probas ABAU de Lingua Galega e

Literatura, ademais dos contidos conceptuais, nas probas escritas tamén se terá en conta a

corrección lingüística, polo que sobre a cualificación global se poderá descontar ata un máximo

de 2 puntos por erros. Estes poderán ser:

Moi graves: Solucións alleas ao sistema lingüístico do galego (tempos compostos, mala

colocación dos clíticos...). Desconto 0’2 puntos c/u.

Graves: Solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h, y), acentuación

diacrítica... Desconto 0’1 c/u.

Leves: Solucións galegas alleas ao estándar vixente. Acentuación non diacrítica.

Desconto 0’05 puntos c/u. *Estas penalizacións non se aplicarán sobre as preguntas 3 nin 5 (vid. modelo de exame), pois xa van incluídas nas propias valoracións destas preguntas. ** Ademais, nos exames poderase descontar ata 1 punto adicional como consecuencia da mala presentación, para o que terá en conta a limpeza, a caligrafía ou lexibilidade do escrito, as marxes e separación entre parágrafos, etc.

- Se un alumno non se presenta a un exame, só terá dereito á repetición achegando un xustificante oficial por escrito que xustifique a devandita ausencia.

Tarefas

10% - Serán avaliadas mediante rúbricas. O alumnado ten que realizar traballos individuais sobre os contidos (sociolingüística, literatura, textos expositivos e argumentativos, etc.) que forman parte do currículum: comentarios de texto (estrutura ABAU) exposicións orais e breves traballos de investigación. - No relativo ás exposicións orais, maiormente enfocadas ao Bloque 4 (Lingua e sociedade),

Page 4: PONDERACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E ......2. En 3º e 4º curso os exames serán teórico –prácticos, e realizaranse –cando menos- dúas probas por avaliación. 3

Estrada de Soutomaior, nº 46 C 36690 Soutomaior (Pontevedra) 886159801 - 886159802 [email protected]

obrigatorias trátase de realizar unha exposición para os/as compañeiros/as da aula sen apoio escrito (poderá empregar un esquema en medio folio, facer uso do encerado ou mostrar algún fragmento mínimo (máximo 1 minuto) dalgúns dos elementos audiovisuais que manexou). No caso de non se poder realizar por mor de corentena (individual, grupal), adoptaranse as medidas oportunas para a súa entrega (gravación en formato audiovisual). Ao final de cada exposición vanse realizar preguntas e ao final de cada xornada abrirase un debate sobre cada tema que se expoña. Esta actividade vai ser avaliada con rúbricas.

Traballo / proba da lectura

optativa

Até 0,50 ptos. - O alumnado dispón dunha relación de obras de lectura optativa que se acreditará mediante a realización dun traballo ou proba que deberá entregarse de acordo co calendario anterior. - Cada alumno/a poderá entregar un traballo voluntario por avaliación co que poderá incrementar a nota da avaliación unha vez aprobada. - En caso de que un alumno/a suspenda unha avaliación perderá o dereito a sumar a puntuación correspondente ao libro de lectura voluntario, pero esta será utilizada para mellorar a súa cualificación nas avaliacións sucesivas ata un máximo de medio punto; do mesmo xeito, caso de ter que realizar o exame final de recuperación, as puntuacións dos traballos non empregadas poderanse utilizar para mellorar a nota final de curso ata medio punto unha vez aprobado. Este aumento só se aplicará na convocatoria ordinaria.

ACLARACIÓNS

SOBRE A

ORALIDADE E

AS LECTURAS

O curso de 2º Bacharelato compórtase realmente coma un curso de preparación para acceder á formación superior, especialmente á universitaria a través das ABAU. Daquela, debemos ter en conta as indicacións dadas pola CIUG posto que resulta evidente que esa proba externa, que se realiza ao final do curso académico, condiciona os obxectivos, a metodoloxía e a avaliación por competencias, ademais dos contidos: - Bloque 1: Comunicación oral: falar e escoitar - Bloque 2: Comunicación escrita: ler e escribir - Bloque 3: Funcionamento da lingua - Bloque 4: Lingua e sociedade - Bloque 5: Educación literaria Nesas indicacións, e mais na propia proba de acceso á universidade da materia de LGL, prescíndese do 1º Bloque de Contidos recollido no currículo de 2º de Bacharelato, correspondente á Comunicación oral: falar e escoitar. En consecuencia, ese Bloque de Contidos 1, referido á comprensión e expresión oral, é dicir, ao uso oral da lingua galega, será avaliado a través de:

- - Observación Directa (rúbrica): non condicionará a nota da materia, sempre e cando o alumno ou alumna faga uso da lingua galega en todo momento durante as sesións na aula. Isto significa que, tal e como recolle a lexislación vixente, a lingua galega é de uso obrigatorio na materia de LGL, se ben no presente curso a avaliación do seu uso non condicionará a nota obtida na materia, salvo para mellorala, en caso de realizar as Tarefas Voluntarias (a partir das lecturas e dos textos) correspondentes e unha vez acadado o 5 na media dos exames escritos do trimestre.

- - Exposición Oral (xa mencionada no apartado de Tarefas Obrigatorias) : profundizará e procurará asentar estratexias e contidos do resto dos bloques, principalmente, contidos sociolingüísticos e o coñecemento e dominio das claves discursivas dos textos expositivos e argumentais. Do mesmo modo, as instrucións da CIUG non inclúen unha listaxe de lecturas obrigatorias que puidesen ser obxecto de avaliación na proba das ABAU. Con todo, o Departamento de Lingua Galega propón lecturas obrigatorias e optativas en cada avaliacion co obxectivo de: - fornecer claves de comprensión dos autores e as autoras (e a súa época) que constitúen os temas da historia da literatura do seculo XX (Bloque 5: Educación literaria). - reforzar a comprensión e a interpretación de textos, a expresión escrita, a adquisición e o dominio de vocabulario, o coñecemento dos contidos e o saber en xeral e o enriquecemento persoal.

Para aprobar o trimestre, o/a alumno/a deberá obter unha puntuación mínima de cinco (5)

sobre dez (10) na suma ponderada dos distintos instrumentos de avaliación anteriormente referidos.

Page 5: PONDERACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E ......2. En 3º e 4º curso os exames serán teórico –prácticos, e realizaranse –cando menos- dúas probas por avaliación. 3

Estrada de Soutomaior, nº 46 C 36690 Soutomaior (Pontevedra) 886159801 - 886159802 [email protected]

No transcurso e ao final de cada trimestre, o alumnado que presente dificultades no proceso de

aprendizaxe será orientado para a realización de determinadas tarefas que supoñan un reforzo e sirvan

como recuperación e/ou reforzo das carencias presentadas.

CADRO-RESUMO DOS INSTRUMENTOS E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN EN 2º DE

BACHARELATO

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN CRITERIOS DE

CUALIFICACIÓN

1ª proba trimestral 30% 90%

2ª proba trimestral

Inclúe a Lectura obrigatoria (5%)

60%

Tarefas obrigatorias (comentarios de texto, traballos de

investigación, exposición oral...)

10%

Total 100%

Lectura optativa Até 0,50 pto.

A cualificación na avaliación ordinaria de maio será a da media das tres avaliacións parciais

ou das súas respectivas recuperacións, que se realizarán ao comezo do seguinte trimestre (xaneiro,

finais de marzo e maio). A nota das Tarefas Voluntarias só poderá ser engadida unha vez obtido o 5.

Se en maio un/unha alumno/a non acadou unha cualificación positiva, ten só unha avaliación

suspensa e manifestou preocupación pola materia e esforzo continuado durante o curso, poderá ter

unha última oportunidade a través dunha proba extraordinaria única nunha data que se realizará nas

datas previas á avaliación final de maio.

No caso de que un alumno ou alumna suspenda a materia en maio deberá presentarse á

convocatoria extraordinaria de setembro, que consistirá nunha única proba escrita, que versará sobre a

totalidade dos contidos enunciados na programación e requirirá a obtención da cualificación mínima de cinco

(5) para aprobar a materia.