5
Ponteareas Ponteareas é un concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence á Comarca do Condado. Ten unha extensión duns 125,56 km². A súa poboacion no 2007 era de 22.411 persoas. O territorio do concello de Ponteareas sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda cos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, O Porriño e Mos. Conta con 220 entidades de poboación repartidas en 24 parroquias. Concello de Ponteareas Historia Ata 1833, dentro do reino de Galicia, pertenceu á provincia de Tui. Trala reforma constitucional quedou enmarcada na actual provincia de Pontevedra. As súas parroquias integrábanse daquela nas xurisdicións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra. Na actualidade, o alcalde do concello de Ponteareas é Salvador González Solla, do Partido Popular.

PONTEAREAS

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Información sobre concello de Ponteareas

Citation preview

Page 1: PONTEAREAS

Ponteareas

Ponteareas é un concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence á Comarca do Condado. Ten unha extensión duns 125,56 km². A súa poboacion no 2007 era de 22.411 persoas. O territorio do concello de Ponteareas sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda cos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, O Porriño e Mos. Conta con 220 entidades de poboación repartidas en 24 parroquias.

Concello de Ponteareas

Historia

Ata 1833, dentro do reino de Galicia, pertenceu á provincia de Tui. Trala reforma constitucional quedou enmarcada na actual provincia de Pontevedra. As súas parroquias integrábanse daquela nas xurisdicións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra.

Na actualidade, o alcalde do concello de Ponteareas é Salvador González Solla, do Partido Popular.

Page 2: PONTEAREAS

Ponte romana e río Tea

Lugares de interese

• Ponte romana, que segundo algúns estudos é o que lle da nome a Ponteareas

• Pena dos namorados, situada na parroquia de Arcos forma parte dun conxunto natural de restos de bolas graníticas que ben merecen ser coñecidas.

• Pena do equilibrio, forma parte do conxunto de bolas graníticas ás que tamén pertence a "pena dos namorados". Destaca por ser un enorme penedo situado enriba doutro en pleno equilibrio sen axuda de ningún tipo.

• Castelo de Sobroso, situado no veciño concello de Mondariz é propiedade do Concello de Ponteareas, destaca pola súa arquitectura medieval e foi escenario de importantes acontecementos ao longo da Idade Media. Hoxe as súas estancias albergan o Centro de Recuperación de Cultura Popular, cunha exposición permanente sobre indumentaria tradicional de gran interese.

• Castro de Troña, é un dos principais enclaves da cultura castrexa de Galicia, destacando polo seu privilexiado enclave e as súas importantes defensas.

Page 3: PONTEAREAS

Igrexa de Ponteareas

Personaxes de sona

• Gabino Bugallal Araújo, político, Ministro de Gobernación e de Economía (1861-1932)

• Reveriano Soutullo Otero, compositor (1884-1932) • Manuel Domínguez Benavides, escritor e político (1895-1947) • Fermín Bouza-Brey, escritor (1901-1973) • Delio Rodríguez Barros, ciclista (1916-1994) • Rogelio Groba, compositor (n. 1930) • Abel Ramón Caballero Álvarez, político (n. 1946) • Álvaro Pino Couñago, ciclista retirado (n. 1956) • Kiko Neves, escritor (n. 1969)

Parroquias de Ponteareas: • Angoares (San Pedro) • Arcos (San Breixo) • Areas (Santa María) • Arnoso (San Lourenzo) • Bugarín (Santa Cristina) • Celeiros (San Fins) • Cristiñade (San Salvador) • Cumiar (Santo Estevo) • Fontenla (San Mamede)

Page 4: PONTEAREAS

• Fozara (San Bartolomeu) • Guillade (San Miguel) • Guláns (San Xulián) • Moreira (San Martiño) • Nogueira (San Salvador) • Oliveira (Santiago) • Padróns (San Salvador) • Paredes (San Cibrán) • Pías (Santa Mariña) • Ponteareas (San Miguel) • Prado (San Nicolao) • Ribadetea (San Xurxo) • San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo) • San Mateo de Oliveira (San Mateo) • Xinzo (Santa Mariña)

Xentilicio[1]: Ponteareán

Xeografía

Provincia: Provincia de Pontevedra

Comarca: Condado

Poboación: 22.411 hab.

Page 5: PONTEAREAS

Área: 125,6 km²

Densidade: 175,16 hab./km²

Entidades de poboación:

24 parroquias

Capital do concello: Ponteareas