Upload
nuria-garabal-gonzalez
View
216
Download
1
Embed Size (px)
DESCRIPTION
proxecto linguistico do centro
Citation preview
1
2
O Proxecto Lingüístico no noso centro educativo CEIP Nº 1 (TUI), xorde no
camiño cara a planificación lingüística que como centro educativo tentaremos percorrer
para conseguir os obxectivos que a lexislación vixente marca dende o desenvolto en
primeiro momento na Constitución, no Estatuto de Autonomía, concretándose coa Lei
3/1983 de Normalización Lingüística, e co Plan Xeral de Normalización Lingüística.
Todas estas leis, desenvoltas actualmente co Decreto 79/2010 do 20 de maio para o
plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia.
Neste curso 2010-2011 elaboramos un documento denominado no Decreto
79/2010 do 20 de maio, Proxecto Lingüístico de Centro para 4 anos que enviamos a
continuación á Inspección Educativa.
En primeiro lugar, sinalar que este Proxecto Lingüístico forma parte do Proxecto
Educativo do noso centro. Foi redactado por unha comisión do profesorado do centro,
designada polo Equipo Directivo, oída a Comisión de Coordinación Pedagóxica. Na
composición desta comisión tivo especial relevancia o Equipo de Dinamización
Lingüística.
Este Proxecto Lingüístico do Centro foi aprobado e avaliado polo Consello
Escolar do Centro Educativo. Asemade, trátase de fomentar as dúas linguas oficiais de
Galicia entre o alumnado para que acaden a competencia lingüística.
Para facer efectivo o dereito á educación, o profesorado adoptará as medidas
oportunas coa finalidade de que o alumnado que non teña o suficiente dominio da
lingua poida seguir con proveito as ensinanzas que nesta lingua se lle impartan.
O Proxecto Lingüístico de Centro consta dos puntos que indicamos a
continuación.
3
1. DISTRIBUCIÓN LINGÜÍSTICA CURRICULAR .
Tal e como marca o Decreto 79/2010 do 20 de maio para o plurilingüísmo no
ensino non universitario de Galicia:
• No seu artigo 5º para a Educación infantil, o profesorado usará na
aula a lingua materna predominante entre o alumnado, ben que deberá ter en conta a
lingua do contorno e procurará que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o
coñecemento da outra lingua oficial de Galicia. (No noso centro a lingua materna
predominante e o castelán, determinada polo centro de acordo co resultado dunha
pregunta efectuada aos pais/nais, titores/as ou representantes legais do
alumnado).Asemade, atenderase de xeito individualizado, tendo en conta a súa
lingua materna.
• No seu artigo 6º para a Educación primaria, garantirase a
adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúas linguas
oficiais de Galicia. As materias de lingua impartiranse no idioma de referencia.
Impartirase en galego a materia de Coñecemento do medio e en castelán a materia
de matemáticas.
Asemade, o noso centro garantiza que as materias en galego e en castelán se
distribúen na mesma hora de porcentaxe de horas semanais, quedando impartidas as
seguintes materias en Lingua Galega:
a) Lingua galega
b) Coñecemento do medio
c) Educación Artística:
•••• Educación Plástica (agás 1º de Primaria)
•••• Educación Musical
d) Educación para a Cidadanía
As seguintes materias en Lingua Castelá:
a) Lingua Castelá
b) Matemáticas
c) Educación Física
d) Relixión Católica/ Relixión Evanxélica/ Atención Educativa
E as seguintes materias en Lingua Estranxeira:
a) Lingua estranxeira: inglés
b) Educación plástica en 1º de primaria.
4
2. MEDIDAS DE APOIO E REFORZO.
Os alumnos/as que o precisen recibirán as oportunas medidas de apoio e reforzo
para un correcto uso lingüístico escolar e educativo, co fin de alcanzar o obxectivo xeral
establecido na Lei de normalización Lingüística e na LOE, no que afecta ao fomento do
plurilingüismo.
3. LINGUA PREDOMINANTE DO CONTORNO.
O contorno é a suma de todos os elementos básicos que inflúen no proceso
educativo. Son catro os índices relevantes para ter un coñecemento da realidade
sociolingüística do centro, ou sexa, do seu contorno:
A) CONTORNO SOCIOLINGÜÍSTICO DO NOSO CENTRO
O CEIP NÚMERO 1 de TUI, ten na actualidade 223 alumnos/as, distribuídos
en tres unidades de Educación Infantil e sete unidades de Educación Primaria.
Para a determinación da situación sociolingüística do noso centro analizamos
os seguintes criterios:
� Datos aportados polo profesorado mediante as entrevistas persoais cos pais e
as nais.
� Observación do alumnado, tanto no patio coma nas aulas.
� Enquisas realizadas a pais/nais, alumnos/as e o profesorado durante o curso
2010-2011 (Setembro) co fin de actualizar os datos da comunidade
educativa.
Despois de analizar estes datos observouse que a maioría do alumnado
empregan habitualmente a lingua castelá, tanto oral coma de forma escrita, sendo unha
5
tendencia maioritaria na poboación onde se asenta o noso centro: TUI (zona urbana). Só
unha minoría (4%) emprega habitualmente a lingua galega.
En canto ás familias, en consonancia co dito anteriormente, existe un
predominio no emprego do castelán (83%), pero destaca un lixeiro aumento na
utilización do idioma galego na casa ( 7%), disto dedúcese que un pequeno porcentaxe
do alumnado que mama no contorno familiar a lingua galega, logo no ámbito escolar e
social, acaba utilizando a lingua castelán.
A actitude dos pais/nais cara a utilización do galego no ámbito educativo,
consideran na gran maioría (78,7%) que a adquisición das dúas (ou mais) linguas
enriquece e inflúe na maduración dos seus fillos/as e só a un 29% lles gustaría que se
recibisen máis clases en galego.
Por último dicir, que a actitude dos pais e nais cara a normalización social do
galego, ben dada por un 45,8% que pensa que en Galicia debería usarse máis a lingua
galega, un 50,9% que considera que o ensino en galego axuda a aumentar o prestixio
social desta lingua e un 45% que admite que é necesario o uso do galego establecido na
lexislación. Destacar, que se da unha porcentaxe moi elevada de pais e nais que
contestaron “Indiferente” a varias preguntas.
B) A SITUACIÓN DO PROFESORADO
A través da observación directa dos nosos compañeiros e as enquisas recadadas
polo E.D.L.G. chegouse á conclusión de que a ampla maioría do profesorado ten como
lingua habitual: o castelán (un 63´6%), o castelán e o galego por igual (un 27,3%) e o
galego (un 9´1 %).
En canto a súa capacitación para empregar o galego na actividade docente, a
ampla maioría (95%) considera ter unha capacitación media-alta e unha disposición boa
ou plena (65%) para facer cursos de reciclaxe e actualización, co obxectivo de acadar
unha capacitación axeitada.
6
Por outra banda emprégase sempre o galego nas diversas reunións (Claustros,
Consello Escolar, Reunións de ciclo, Departamento de Orientación…..).
De cara á utilización do galego no ámbito educativo, consideran (82,6%) que o
ensino en galego axuda a aumentar o prestixio social desta lingua e que debería usarse
máis en toda Galicia.
Asemade, a actitude do profesorado cara a normalización social do galego,
un 100% considera que a adquisición das dúas (ou máis) linguas enriquece, e que a
lingua galega debe ser fomentada socialmente (73,9%).
C) SITUACIÓN DO ALUMNADO
A maioría do alumnado do noso centro ten coma lingua materna o castelán, a
cal é a habitualmente utilizada no seu ámbito familiar, con algunhas excepcións (familia
galego falante/ neno castelán falante debido á influencia ambiental).
Tamén se constata que cada vez máis, sobre todo no ámbito escolar, hai un
porcentaxe elevado de nenos/as que utilizan indistintamente as dúas linguas (20%).
Debemos traballar na mellora da competencia comunicativa en galego do
alumnado. A pesar de non ser a lingua predominante teñen unha actitude positiva cara a
lingua galega e o 63´8% dos pais/nais cren que os seus fillos posúen unha competencia
lingüística aceptable ou boa.
D) SITUACIÓN LINGÜÍSTICA DO CENTRO
As variables que analizamos neste punto buscan coñecer cal é a presenza que ten
a lingua galega na vida do centro, fora da que teña nas actividades docentes. Podemos
afirmar que existe:
� A presenza da lingua galega na documentación administrativa, nas notas
informativas dos taboleiros, na decoración e letreiros do centro.
7
� O emprego da lingua galega nas comunicacións escritas coas familias e con
outras institucións (concello, outros colexios,…).
� Un maior emprego da lingua castelá nas interaccións co alumnado en
contextos informais.
� Un aumento na dotación de fondos en galego na biblioteca (libros, revistas,
DVD,..).
Despois de todas estas afirmacións, o Equipo de Dinamización da Lingua
Galega chega á conclusión de que o noso centro precisa fomentar unha ampla variedade
de actividades dirixidas a unha maior participación do alumnado e as súas familias no
uso e aprendizaxe da lingua galega.
Tras esta análise dos distintos índices, e tendo en conta que a situación do
alumnado e do profesorado ten un peso máis importante no indicador sociolingüístico
global, consideramos ao noso centro coma un contorno con predominio do castelán.
Destaca unha predominancia do uso da lingua castelá en detrimento do idioma
galego, tanto a nivel oral coma escrito, influenciados pola transmisión que reciben no
seu ámbito familiar maioritariamente en castelán, a excepción dunha pequena minoría
que ten coma lingua materna o galego. Existe polo tanto unha situación social de
desigualdade entre os dous idiomas, por iso a importancia do traballo do Equipo de
Dinamización Lingüística para conseguir equiparar o nivel de competencia nos
dous idiomas, un traballo que se deberá continuar ao longo dos seguintes anos
para lograr dito obxectivo.
4. COMPETENCIAS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN
LINGÜÍSTICA (E.D.L.)
• Presentar, a través do claustro, propostas ao equipo directivo para a fixación dos
obxectivos de dinamización lingüística que se incluirán no proxecto educativo
de centro.
8
• Propoñer á Comisión de Coordinación pedagóxica, para a inclusión no proxecto
curricular, o plan xeral para o uso do idioma, no cal se deberá especificar, cando
menos: Medidas para potenciar o uso do galego nas actividades do centro e
proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e
mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
• Propoñerlle á Comisión de Coordinación pedagóxica o plan específico para
potenciar a presencia da realidade galega, cultura, historia, xeografía, folclore,
etc, ... no ensino.
• Elaborar e dinamizar un plan anual de actividades tendentes á consecución dos
obxectivos incluídos nos plans anteriores.
• Presentar para a súa aprobación no Consello escolar o orzamento de
investimento dos recursos económicos dispoñibles para estes fins.
• Aqueloutras funcións que a Consellería de educación e ordenación Universitaria
prevexa na súa normativa específica.
Atendendo ás competencias do equipo de Dinamización Lingüística e de acordo co
artigo 14 do Decreto 79/2010 establécense unha serie de obxectivos xerais e as liñas de
actuación.
5. OBXECTIVOS XERAIS
O Equipo de Normalización lingüística reúnese unha vez cada mes (3º martes)
para poder levar a cabo os seus principais obxectivos:
• Fomentar o uso da linguas propias de Galicia,tanto a nivel oral como a nivel
escrito; da transmisión e do coñecemento da súa cultura entre os distintos
membros da comunidade educativa.
• Convivir con outros centros educativos do noso entorno, visitar as
institucións que fomenten o coñecemento, a cultura e as linguas de Galicia.
9
• Proporcionar aos membros da comunidade información sobre actividades,
actos e institucións culturais relacionados coa realidade lingüística e
participación nas mesmas.
• Informar ao profesorado de tódalas actividades de formación que se oferten,
para mellorar ás súas competencias lingüísticas.
• Realización de actividades en soporte informático para mellorar as
competencias lingüísticas da comunidade educativa.
• Dinamizar a lectura, sexa de libros informativos, publicacións
periódicas,contos, banda deseñada, poesía, teatro ou narrativa.
6. LIÑAS DE ACTUACIÓN
• Implicar a toda a comunidade educativa na normalización do galego.
• Procurar a comunicación oral e escrita en galego cos interlocutores da nosa
comunidade autónoma.
• Celebración das festas tradicionais: Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido,
Maios, Letras Galegas e outras actividades que contribúan á revalorización da
nosa cultura , proporcionando recursos ao profesorado.
• Manter a docencia en galego nas áreas de Lingua e literatura galega,
Coñecemento do Medio social, natural e cultural, Educación Artística e
Educación para a Cidadanía.
• Propiciar hábitos de lectura na biblioteca de aula e de centro.
• Colaborar coas diferentes coordinacións e equipos do centro: Equipo de
AACCEE, Convivencia, Plan lector, Biblioteca, TICs.
10
7. ACTIVIDADES QUE SE VAN ORGANIZAR PARA A
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
1. Actividades para fomentar a Competencia Lingüística nas dúas linguas oficiais de Galicia e co paso do tempo intentar acadar o 33% que marca o decreto 79/2010 do 20 de maio.
• Emprego da lingua galega en:
� Todos os documentos administrativos e pedagóxicos do centro.
� A correspondencia e avisos dirixidos ás familias do alumnado, ou
calquera institución.
� Carteis, letreiros, avisos,…que se coloquen no colexio.
� Festivais e actos conmemorativos realizados no centro.
• Celebración das festas populares:
� O Samaín (Halloween) ( derradeira semana de outubro):
o Utilización de unidades didácticas en galego e inglés, a través
do cal o alumnado investigará sobre as orixes, lendas celtas e vocabulario
relacionado con esta festa.
� O Magosto ( 2º Semana de novembro):
o Utilización de unidades didácticas, onde homenaxearemos á
castaña e ó castiñeiro, cun percorrido dende a Festividade do San Martiño
(11 de novembro) ata os característicos avantuxos.
o Realización de murais dende os distintos ciclos ou niveis.
11
o Proposta de concurso “A castaña máis grande e máis pequena”.
� O Nadal (3º/4º semana de decembro):
o Concerto de panxoliñas nas distintas linguas: galego, castelán
e inglés, dende os mais cativos aos maiores, familias (avós,...), cantarán
distintas panxoliñas acompañadas de instrumentos ou de dramatización.
(Aberto a toda a Comunidade educativa). Recolleranse panxoliñas propias
do contorno, poráselle música e darase un concerto no centro, tamén se
aproveitaremos para acercarnos a distintas institucións e asociacións a
cantalas: Asilo, Concertos na catedral, Asociacións de veciños e outros
centros.
o Murais diversos festexando esta celebración.
o Felicitación de Nadal a toda a Comunidade educativa a través
dun díptico, onde ademais, informaremos de posibles libros de lectura nas
distintas linguas para agasallar nestas datas.
� A Paz ( derradeira semana de xaneiro):
o Utilización de unidades didácticas durante a semana da Paz
defendendo os valores da solidariedade, a paz, tolerancia,…
o Elaboración de murais por parte do alumnado alusivos á festa,
baixo a supervisión dos titores/as, para un maior coñecemento da mesma.
o Representación dun teatro de sombras baseado nun conto,
levado a cabo polas mestras de Educación Infantil para o deleite dos nenos e
nenas de Educación Infantil e o 1º Ciclo de Primaria.
o Calquera outra actividade que xurda nas reunións de ciclo para
a conmemoración desta data.
12
� Entroido ( 1º semana de marzo):
o Elaboración do Meco (boneco tradicional galego nesta festa, que
cada día irá dando ordes acerca dos obxectos que teremos que traer ao
centro) .
o Elaboración dun receitario de postres típicos do Entroido , en
colaboración coas familias, traballarase con elas a nivel lingüístico e
intentarase poñer en práctica co alumnado algunha delas.
o Elaboración de murais por parte do alumnado alusivos á festa,
baixo a supervisión dos titores/as, para un maior coñecemento da mesma.
• Conmemoración do día das Letras Galegas (3º/4ºSemana de maio):
� Realización de actividades de investigación, lectura comprensiva, e un
longo etc., relacionadas co autor.
� A través do Encerado Dixital Interactivo o alumnado de Primaria
traballará coa vida e obra do autor.
� Elaboración de murais, poesías e cantigas populares galegas para
fomentar a transmisión delas.
� Exposición aberta ao público de Tui con traballos realizados no centro,
fotografía, poesías e cantigas que se recollerán entre as familias.
• Proxecto “O río Miño” (2º trimestre):
� Será levado a cabo co alumnado de Primaria por parte de todo o
profesorado implicado en dita etapa, sempre en colaboración coas
familias que aportarán distinto tipo de información sobre o tema.
13
� Tratarase de poñer en coñecemento dos nenos/nenas, todo o referente á
historia, fauna, flora, pontes, presas, etc., do río máis importante de
Galicia e que ten o seu paso moi preto do noso centro.
� Charlas informativas no centro impartidas por familiares expertos no
tema ( avó pescador coas súas artes de pesca, club de kaiak de remo,...).
� Visitas ao entorno do río Miño: depuradora, mariña, club de remo...
� Prácticas deportivas no río Miño: remos e rafting.
• Proxecto “O Monte Aloia” (3º trimestre)
� Será levado a cabo pola totalidade do alumnado do centro, sempre en
colaboración coas familias que nos aportarán distinta información sobre
o tema.
� Os obxectivos deste proxecto serán que adquiran un maior coñecemento
dos valores naturais relativos á flora e a fauna de dito espazo natural
protexido.
� Elaboración dun herbolario na etapa de Educación Infantil e por parte
de cada alumno/a de Primaria, a través do cal aprenderán os nomes nas
diferentes linguas de distintas plantas, arbustos e árbores propios do
Monte.
� Realización de rutas de Sendeirismo polo Monte co alumnado de
Educación Infantil, adecuadas a súa idade.
• Proxecto “Apadriña unha verba” (Bianual): pretende recoller palabras
en galego en vías de extinción coa finalidade de volvelas a empregar na nosa
lingua, implicando ao alumnado, as familias e ao profesorado na busca da verba
esquecida, deformada ou abandonada.
14
• Tema Monográfico “Os Muíños” (3º trimestre):
� Trátase de traballar con todo o vocabulario referente a estas
edificacións, así como de coñecer o seu funcionamento e a riqueza
cultural que supoñen.
� Visita aos muíños do Monte Aloia, con visita guiada pola Asociación
“Amigos dos muíños”.
� Asistencia a unha “Muiñada” e degustación das papas de millo en
colaboración co Concello e coa Asociación antes mencionada.
•••• Participación en concursos ou exposicións que fomenten o uso das
nosas linguas: concurso de traballos co tema do “O río Miño” e “O monte
Aloia” derivado do Plan de Autoavaliación e Mellora da Calidade Educativa
(“Emprego das Competencias Básicas na práctica educativa”) que se está a levar
a cabo no centro; concurso das letras galegas e outros que poidan convocarse ao
longo do curso.
•••• Horto escolar: A través do Programa “Voz Natura” no cal participa este
curso o noso centro, daremos comezo á plantación dun horto que permitirá que o
alumnado reforce o seu vocabulario nas distintas linguas, referido tanto aos
utensilios utilizados como os dos propios alimentos; levarase a cabo nunha
finca particular colindante ao centro coa participación de toda a comunidade
educativa.
•••• Almorzos saudables:
� Consiste en que todo o alumnado do centro, por niveis, asistan ao
comedor escolar onde poderán degustar un “menú mediterráneo”
composto por: tomates maduros, aceite de oliva, torradas ou pan de
15
barra, sal, leite e cacao; todo isto, previa charla informativa sobre os
beneficios derivados de comer un almorzo saudable.
� Participan nesta actividade: alumnado, profesorado, Consellería de
Sanidade e familias que asistirán á charla e ó alumnado. Colabora dun
xeito especial a ANPA, elaborando o almorzo que lle será entregado por
escrito.
•••• Conversas para desenvolver a expresión oral:
���� Durante as horas de titoría e as horas de inglés fomentarase a
expresión oral en todas as linguas e sobre todo na lingua
estranxeira aproveitando a figura do auxiliar de conversa.
2. Convivencias con outros centros educativos do noso
entorno e visitas a institucións.
•••• Actividades de coñecemento do contorno para os alumnos\as de
sexto curso ( ALOIADA) do CEIP Nº1 e CEIP nº2 de Tui no Parque
Natural do Monte Aloia,
� Obxectivos fundamentais: Ter un contacto directo co que xa aprenderon
a través do proxecto “O Monte Aloia” , convivir con outros nenos/as da
súa idade.
� Trátase de dúas xornadas de convivencia entre os dous CEIPs na que
levarán a cabo distintas actividades: coñecer a natureza do contorno,
acampada, actividades deportivas(escalada),...
� Colaboran os CEIPs, ANPAs, Concello, Monte Aloia, establecementos
comerciais, escolas deportivas, etc.
16
•••• Convivencias deportivas con outros centros do entorno.
•••• Convivencias coas escolas infantís de Tui e o CRA, visitan o noso centro,
coma nos últimos anos, para asistir á representación de teatro de sombras do
alumnado de Educación Infantil, pequena merenda, e coñecemento do seu
posible novo centro para o vindeiro curso.
•••• Visitas ás exposicións, obras de teatro, contacontos e outras
actividades promovidas polo concello na ÁREA PANORÁMICA en
Tui e doutras que poidan xurdir ao longo do curso (Caixanova…..) .
3. Proporcionar aos membros da comunidade información
sobre actividades, actos e institucións culturais.
•••• Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo Directivo
proporciona información deste tipo a toda a Comunidade educativa, ben
sexa a través de correo electrónico, ben a través de carteis, letreiros e charlas
informativas.
4. Informar ao profesorado de tódalas actividades de
formación que se oferten, para mellorar ás súas
competencias lingüísticas.
•••• Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo Directivo
proporciona información deste tipo ao grupo de mestres, ben sexa a través
de correo electrónico, ben a través de carteis, letreiros e charlas informativas.
•••• Ficha de Axuda ao profesorado que estará exposto en lugar visible a
través do cal o Equipo de Dinamización Lingüística intentará resolver as dúbidas
que lles poidan xurdir ao longo do curso.
17
5. Realización de actividades en soporte informático para
mellorar a competencia lingüística da comunidade
educativa.
•••• Publicación do 7º número da revista anual do centro: “A BILLARDA” , con
traballos realizados en galego polos alumnos\as e con moitas das actividades que
facemos no centro ao longo do ano co obxectivo de fomentar o uso do galego
entre os nenos/as, todo elo en colaboración co Equipo de Dinamización de TIC.
•••• Realización dun díptico informativo para o período de matrícula na
que se informa da vida do centro (características, actividades, dependencias,…)
para un mellor coñecemento do mesmo.
•••• Realización dun libriño informativo destinado aos nenos/as que se
matriculan para o vindeiro curso en 4º de Infantil, entregándollo aos pais e nais
na reunión xeral que se celebrará en xuño.
•••• Mantemento e actualización da páxina web do centro
([email protected] ) , tentando pouco a pouco que sexa bilingue.
•••• Mantemento e actualización do Blog da Biblioteca do centro, onde o
alumnado participa, interactúa e informase de distintas actividades.
•••• Dotar a aula de informática de recursos educativos nas distintas linguas.
•••• Este curso traballaremos experimentalmente co “ Proxecto Avalar”
permitíndonos traballar co alumnado de 5º a través do ordenador; tratarase de
poñer en práctica un “Libro Dixital” elaborado polo alumnado e supervisado
polo titor e coordinadora de dito proxecto.
18
6. Dinamizar a lectura, sexa con libros , publicacións
periódicas, contos, banda deseñada, poesía, teatro ou
narrativa.
• Plan de animación á lectura bilingue (castelán-inglés) en
Primaria e en galego en Educación infantil; cada titor/a traballará co
seu alumnado libros bilingues co fin de enriquecer o seu vocabulario, tanto de
forma oral como escrita.
•••• Visita de contacontos que serán a ledicia dos nenos/as, introducíndoos no
mundo dos contos, a fantasía e o misterio.
•••• Os nosos propios contacontos, o alumnado de Primaria serán contacontos
durante o curso, ben sexa a nenos mais cativos ou aos mais vellos facendo unha
visita ao asilo.
•••• A “Hora de ler” : De luns a xoves adícanselle nas aulas 25 minutos á lectura
nas dúas linguas oficiais: Galego e Castelán; tanto en Educación Infantil como
en Educación Primaria,
•••• Realización por parte do alumnado de 6º de Educación Infantil do “Libriño
Viaxeiro”: os nenos/as levan cada venres un conto (galego/castelán por
trimestres), lerano coa súa familia, farán un debuxo sobre el e cubrirán unha
ficha con distintas preguntas relacionadas co conto.(1º/3º trimestres)
CADRO RESUMO DAS ACTIVIDADES
Temporalización Titulo
Actividade
Responsables Destinatarios
Ao longo do curso Emprego da
lingua
-Profesorado -Comunidade
educativa
19
Ao longo do curso Concursos -E.D.L. -Alumnado
2º/3º trimestre
(Visitas polo
contorno)
Proxecto:
”Río Miño” e
“O Monte
Aloia”
- Profesorado
-Anaban.
-Parque natural do
Monte Aloia.
-Asociación
“Amigos dos
Muíños”.
-Concello de Tui
-Familias
-Clubes deportivos
-Comunidade
educativa
Bianual Proxecto
“Apadriña
unha verba”
-E.D.L. -Comunidade
educativa
Ao longo do curso Festas
populares
-Profesorado -Comunidade
educativa
1º trimestre Concerto de
Panxoliñas
-Profesorado,
-Alumnado,
-Familias.
-Comunidade
educativa
-Asociacións.
-Asilo de
ancianos
3º trimestre Letras galegas -E.D.L. -Alumnado
3º trimestre Tema
Monográfico:
“Os Muíños”
-Profesorado -Comunidade
educativa
Ao longo do curso Horto escolar -Profesorado.
-Familiares.
-ANPA
-Consellería de
Sanidade
-Alumnado
2º trimestre Almorzos
saudables
-Profesorado
-Familiares.
-Alumnado
20
-ANPA
-Consellería de
Sanidade
2º e 3º trimestre Convivencias -Profesorado -Alumnado
3º trimestre “Aloiada” -Profesorado
-ANPA
-Concello de Tui
-Club Kaiak
-Club de escalada
-Asociación:
“Amigos dos
Muíños”
-Alumnado
Ao longo do curso Visitas á Area
panorámica
-Profesorado -Alumnado
Ao longo do curso Información a
toda a
Comunidade
-Equipo Directivo
-E.D.L.
-Comunidade
educativa
Ao longo do curso Información ao
profesorado
-Equipo Directivo
-E.D.L.
-Profesorado
Ao longo do curso Material
informático
consumible
-Equipo
Dinamización TIC
-E..D.L.
-Comunidade
educativa
Publicación no
3º trimestre
Xornal Escolar -Equipo
Dinamización TIC
-E.D.L.
-Comunidade
educativa
2º trimestre Díptico
informativo
matrícula
-Equipo Directivo -Comunidade
educativa do
centro e externa
a el.
3º trimestre Libro
informativo
-E.D.L. -Comunidade
educativa
21
4º infantil
Ao longo do curso Mantemento
da web e Blog
da biblioteca
-Equipo
Dinamización TIC
-Equipo Biblioteca
-E.D.L.
-Comunidade
educativa
Ao longo do curso Libro Dixital -Coordinadora e
titor do Proxecto
Avalar
-Alumnado
Ao longo do curso Animación á
lectura
-Profesorado -Alumnado
Ao longo do curso Hora de ler -Profesorado -Alumnado
1º/3º trimestres Libriño
viaxeiro - 6º
Infantil
-Titora de 6º de
infantil
-Alumnado de
6º de Infantil
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA