21
Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA Sello Fecha 04-07-07 11:31 Documento CONRI16Y Expediente CON/206/2007 Asunto Obras incluídas no proxecto básico e de execución de Reforma e Ampliación de edificación para Aula de Coñecemento do Medio Rural en PORTELA PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN, POR CONCURSO E PROCEDEMENTO ABERTO, DAS OBRAS INCLUÍDAS NO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE REFORMA E AMPLIACIÓN DE EDIFICACIÓN PARA DESTINAR A AULA DE COÑECEMENTO DO MEDIO RURAL EN PORTELA I Elementos do contrato. 1 Obxecto do contrato. Este contrato ten por obxecto a execución das Obras incluídas no proxecto básico e de execución de Reforma e Ampliación de edificación para destinar a Aula de Coñecemento do Medio Rural en PORTELA, de acordo co proxecto redactado pola empresa ARQUITAV ARQUITECTOS, SL e integrado polos documentos enumerados no artigo 124 do TRLCAP (Texto refundido da lei de contratos das administracións públicas), aprobado polo RDL 2/2000, de 16 de xuño. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase que forma parte integrante deste prego, e ten carácter contractual. En caso de contradicción entre o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas prevalecerá o primeiro. 2 Orzamento do contrato e tipo de licitación. Sinálase como tipo de licitación o importe do proxecto que ascende á cantidade de 415.743’27 euros IVE incluído. Na contratación destas obras entenderase que os contratistas, ao formularen as súas propostas económicas, incluíron dentro delas o importe do imposto sobre o valor engadido. 3 Financiamento. 3.1 Obras de carácter anual. Para atender ás obrigas económicas que se derivan para a administración do cumprimento do contrato existe crédito suficiente no orzamento con cargo á aplicación sinalada no epígrafe 3 do cadro de características do contrato. 3.2 Obras de carácter plurianual: De conformidade co disposto no artigo 174 do R.D.L. 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Ley Reguladora das Facendas Locais en relación co 127.1.f) da lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, imputaranse ós exercicios presupostarios que se CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org 1 21

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁN A ... fileDESTINAR A AULA DE COÑECEMENTO DO MEDIO RURAL EN PORTELA I Elementos do contrato. 1 Obxecto do contrato. Este contrato ten

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

Asunto Obras incluídas no proxecto básico e de execución de Reforma e Ampliación de edificación para Aula de Coñecemento do Medio Rural en PORTELA

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN, POR CONCURSO E PROCEDEMENTO ABERTO, DAS OBRAS INCLUÍDAS NO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE REFORMA E AMPLIACIÓN DE EDIFICACIÓN PARA DESTINAR A AULA DE COÑECEMENTO DO MEDIO RURAL EN PORTELA I Elementos do contrato. 1 Obxecto do contrato. Este contrato ten por obxecto a execución das Obras incluídas no proxecto básico e de execución de Reforma e Ampliación de edificación para destinar a Aula de Coñecemento do Medio Rural en PORTELA, de acordo co proxecto redactado pola empresa ARQUITAV ARQUITECTOS, SL e integrado polos documentos enumerados no artigo 124 do TRLCAP (Texto refundido da lei de contratos das administracións públicas), aprobado polo RDL 2/2000, de 16 de xuño. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase que forma parte integrante deste prego, e ten carácter contractual. En caso de contradicción entre o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas prevalecerá o primeiro. 2 Orzamento do contrato e tipo de licitación. Sinálase como tipo de licitación o importe do proxecto que ascende á cantidade de 415.743’27 euros IVE incluído. Na contratación destas obras entenderase que os contratistas, ao formularen as súas propostas económicas, incluíron dentro delas o importe do imposto sobre o valor engadido. 3 Financiamento. 3.1 Obras de carácter anual. Para atender ás obrigas económicas que se derivan para a administración do cumprimento do contrato existe crédito suficiente no orzamento con cargo á aplicación sinalada no epígrafe 3 do cadro de características do contrato. 3.2 Obras de carácter plurianual: De conformidade co disposto no artigo 174 do R.D.L. 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Ley Reguladora das Facendas Locais en relación co 127.1.f) da lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, imputaranse ós exercicios presupostarios que se

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

1 21

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

2 21

detallan para cada Proxecto de execución de obra no Epígrafe 2. En consecuencia, o presente gasto queda subordinado ó crédito que para cada exercicio se consigne no presuposto.

No suposto de reaxuste de anualidades, estarase ó disposto na cláusula 5 do presente Prego. 4 Revisión de prezos. Atendendo á natureza da obra, non procederá en ningún caso a revisión de prezos deste contrato e, por tanto, non se aplicará fórmula ningunha de revisión. 5 Prazo de execución. 5.1 O prazo de execución do contrato será de 6 meses, contados a partir do día seguinte ó da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista reserva fundada que impida o seu comezo. 5.2 Prórrogas. O prazo de contratación só se prorrogará cando concorran as circunstancias e requisitos esixidos pola lexislación vixente. 5.3 Prazos parciais. Os prazos parciais serán os que, de ser o caso, se fixen na aprobación do programa de traballo. 5.4 Reaxuste de anualidades. A baixa ofertada polo adxudicatario aplicarase na súa integridade á reducción do financiamento previsto nas últimas anualidades, mantendo inalterable o financiamento previsto para as primeiras. En consecuencia, a dita porcentaxe de baixa aplicarase a realizar máis obra en cada unha das anualidades, pagándose ao adxudicatario o prezo da obra realizada ata o importe máximo de financiamento relativo a cada anualidade. Para estes efectos a administración aprobará o novo programa de traballo que será obrigatorio para o adxudicatario. 6 Capacidade para contratar Poderán concorrer por si ou por medio de representantes as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade para obrar non estean comprendidas nalgunha das circunstancias que enumera o artigo 20 da TRLCAP. 7 Clasificación do contratista Para contratar coa administración a execución dunha obra de orzamento superior á cantidade establecida no artigo 25 do TRLCAP, será requisito indispensable que o contratista obteña previamente a correspondente clasificación que resulte do proxecto ou documentación técnica que consta no expediente e que se indica no epígrafe 5 do cadro de características do contrato.

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

3 21

Malia o establecido no parágrafo anterior, para os empresarios non españois de estados membros da comunidade europea será suficiente que acrediten perante o órgano de contratación correspondente a súa solvencia económica, financeira e técnica, mediante a presentación dos documentos que se indica na cláusula 12.2.I. 8 Unións temporais de empresas. A administración poderá contratar con unións de empresarios que se constitúan temporalmente para este efecto, consonte o establecido no artigo 24 do TRLCAP. No suposto de resultar adxudicataria, a unión temporal deberá formalizarse en escritura pública dentro do prazo dos quince días seguintes á data en que reciba a notificación da adxudicación, e a súa duración cando menos, será coincidente coa do contrato. II Adxudicación. 9 Procedemento e forma de adxudicación O contrato adxudicarase mediante concurso por procedemento aberto. 10 Anuncio. O concurso por procedemento aberto a que se refire este prego anunciarase no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG). 11 Proposicións: lugar e prazo de presentación. As proposicións para poder tomar parte na licitación presentaranse no lugar e prazo que se indican nos epígrafes 6 e 7 do cadro de características do contrato, en horario de 9.00 a 14.00 horas e en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou por persoa que o represente, e coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 12. 12 Proposicións: documentación. 12.1 Sobre A, subtitulado “oferta económica e referencias técnicas Obras incluídas no proxecto básico e de execución de Reforma e Ampliación de edificación para destinar a Aula de Coñecemento do Medio Rural en PORTELA CON/206/2007”, Conterá a proposición económica formulada estrictamente consonte o modelo que figura como anexo II deste prego e como referencias técnicas: a Proposta de reducción de prazos de execución:

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

4 21

A empresa presentará unha memoria sobre a organización do proceso constructivo, na que –de ser o caso, razoando as vantaxes que signifique para a administración- se expresará unha proposta, debidamente xustificada, de reducción nos prazos de execución. A dita memoria conterá un programa de execución das obras, describindo mediante diagramas os tempos (expresados en semanas), as actividades e a previsión de custos (expresadas en unidades monetarias oficiais). Así mesmo indicaranse aquelas partes da obra que se teña previsto subcontratar de acordo co establecido na cláusula 35 deste prego. b Programa de control interno da calidade. A oferta conterá, así mesmo de forma xustificada, a proposta programada do control interno de calidade que a empresa vaia desenvolver durante a execución das obras, con independencia do que realice a administración. 12.2 Sobre B, subtitulado “documentación Obras incluídas no proxecto básico e de execución de Reforma e Ampliación de edificación para destinar a Aula de Coñecemento do Medio Rural en PORTELA CON/206/2007 ”. Conterá a seguinte documentación: A Documento acreditativo da capacidade das empresas. A.1 Empresario individual. Fotocopia do NIF, pasaporte ou documento que o substitúa. A.2 Persoas xurídicas. Escritura de constitución ou modificación, de ser o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito sexa esixible conforme a lexislación mercantil que sexa aplicable. Se non o fose, escritura ou documento de constitución, de modificación, estatutos ou acta fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, de ser o caso, no correspondente rexistro oficial. Fotocopia da tarxeta do código de identificación fiscal (CIF), debidamente compulsada. A.3 Empresas non españolas de estados membros da Unión Europea. A capacidade de obrar das empresas non españolas de estados membros da Unión Europea acreditarase mediante a inscrición nos rexistros profesionais ou comerciais ou presentando as certificacións que se indican no anexo 1 do Regulamento xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, en función dos diferentes contratos.

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

5 21

A.4 Empresas non españolas de estados signatarios do acordo sobre o espacio económico europeo (Islandia, Liechtenstein e Noruega). A capacidade de obrar das empresas non españolas de estados signatarios do acordo sobre o espacio económico europeo acreditarase mediante a inscrición nos rexistros profesionais ou comerciais ou con presentación das certificacións que se indican no anexo 1 do Regulamento xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, en función dos diferentes contratos. A.5 Restantes empresas estranxeiras. 1 A capacidade das empresas estranxeiras non comprendidas nos apartados anteriores acreditarase mediante certificación expedida pola respectiva representación diplomática española na que se faga constar que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou, de non o haber, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades a que se estende o obxecto do contrato. 2 Ademais, a Se a empresa é dun país signatario do Acordo sobre contratación pública da Organización Mundial do Comercio, deberá achegar informe da representación diplomática española sobre esta circunstancia. b Se a empresa non é dun país signatario do dito acordo deberá achegar o informe de reciprocidade emitido pola respectiva representación diplomática española a que se refire o artigo 23.1 do TRLCAP (relativo a que o estado de procedencia da empresa estranxeira admite, pola súa vez, a participación de empresas españolas na contratación coa administración en forma substancialmente análoga). A.6 Disposición común a empresas estranxeiras (comunitarias ou non comunitarias). Declaración de sometemento á xurisdicción de tribunais e xulgados españois. As empresas estranxeiras deberán presentar unha declaración de sometemento á xurisdicción dos tribunais e xulgados españois de calquera orde, para todas as incidencias que de maneira directa ou indirecta poidan xurdir do contrato, renunciando, de ser o caso, ao foro xurisdiccional estranxeiro que puidese corresponder ao licitante. B Empresas estranxeiras non comunitarias. Sucursal en españa. Documento acreditativo de que a empresa ten aberta sucursal en España, con designación de apoderados ou de representantes para as súas operacións, e de que está inscrita no Rexistro Mercantil (artigo 23.2 do TRLCAP).

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

6 21

C Poderes. Cando o licitador non actúe en nome propio ou se trate de sociedade ou persoa xurídica deberá achegar un poder notarial para representar á persoa ou entidade en nome da cal concorre perante a administración contratante. D Verificación de poderes. Os poderes a que se refire o apartado C desta cláusula deberán ser verificados previamente polo secretario da Corporación ou funcionario habilitado. E Declaración expresa de que a empresa interesada non está incursa en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas no artigo 20 da TRLCAP. F Certificación ou recibo acreditativo do pagamento do imposto de actividades económicas correspondente á actividade concreta sobre para que se ofrece, de se-lo caso. G Certificación ou documento acreditativo de que o contratista está ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e de seguridade social. Non obstante, os licitadores poderán presentar unha declaración responsable na que fagan constar que a empresa está ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de seguridade social, sen prexuízo de que durante o prazo de presentación soliciten coa maior urxencia a correspondente certificación da administración tributaria e da Seguridade Social co obxecto de poder presentala dentro do prazo máximo de 5 días hábiles a que se refire o artigo 79.2.b do TRLCAP. H Documento de clasificación empresarial. Certificación expedida pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Ministerio de Economía e Facenda (ou órgano correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia ou doutra comunidade autónoma, sempre que, neste último caso, se practicara a inscrición no Rexistro Oficial de Empresas Clasificadas) da clasificación nos grupos, subgrupos e categoría que se especifiquen no proxecto, no suposto de que se esixa clasificación de acordo co disposto na cláusula 7 deste prego. Non obstante, para as empresas non españolas de estados membros da Comunidade Europea que non estean clasificadas será suficiente que acrediten perante o órgano de contratación a súa solvencia económica e financeira por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 do TRLCAP e a solvencia técnica mediante relación das obras executadas no curso dos últimos cinco anos, acompañada de certificacións de boa execución para as máis importantes I Certificación expedida pola Tesourería municipal que acredite que o licitador non ten débedas pendentes co concello de Santiago J Acreditación da solvencia económica e financeira e solvencia técnica.

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

7 21

No suposto de que non sexa esixible a clasificación para a obra, os licitadores deberán acreditar a solvencia económica e financeira por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 do TRLCAP e a solvencia técnica mediante a relación as obras executadas no curso dos últimos cinco anos, acompañada de certificados de boa execución para as máis importantes. K Copia do informe do Rexistro de Documentación de Empresas Contratistas da Deputación Provincial da Coruña ou do Concello de Santiago no que conste o seu número de inscrición. As empresas que figuren no Rexistro de Contratistas do Concello de Santiago de Compostela, da Xunta de Galicia ou da Deputación Provincial da Coruña (Ordenanza reguladora do rexistro de documentación de empresas contratistas da Deputación Provincial da Coruña, do rexistro de contratos e do rexistro de convenios, publicada no BOP número 64 do 20 de marzo de 1998) quedarán dispensadas de presentar os documentos a que se fai referencia nos apartados A, B, C, D, E, F, G e H, sempre que os citados documentos estean vixentes. Para estes efectos achegarase copia simple do informe do Rexistro ou indicación do número co que se atopan inscritas. L Compromiso de constitución de Unión Temporal de Empresas, de ser o caso, indicando a porcentaxe de participación de cada unha delas. 13 Documentos: orixinais e copias. Os documentos que se achegan ás proposicións deberán ser orixinais. Non obstante, admitiranse fotografías dilixenciadas polo secretario ou funcionario en quen delegue, nas que se faga constar que foron comprobados cos seus orixinais. 14 Garantía provisional. Dentro do sobre de documentación administrativa incluirase o documento que acredite, ante o órgano de contratación, ter constituído na caixa da Corporación a garantía provisional equivalente ao 2% do orzamento de licitación, e cuxa contía é a indicada no epígrafe 8 do cadro de características do contrato. A non constitución de garantía provisional dentro do prazo, se esta fose esixible, ou por un importe inferior ao establecido, será causa de exclusión automática da licitación. 15 Apertura de plicas e adxudicación. 15.1 Calificación dos documentos e Mesa de Contratación. A Mesa de Contratación integrada por: presidente, o alcalde ou concelleiro en quen delegue, vocais, un representante de cada grupo político municipal, o director da asesoria xuridica e a interventora municipal en funcións, o xefe do Servicio de Proxectos e Obras, e, como secretario, o xefe de sección de contratación, cualificará previamente os documentos presentados en tempo e

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

8 21

forma, constituíndose formalmente para este acto e procedendo a abrir os sobres agás o que contén a proposición económica. 15.2 Acto de apertura. No lugar, día e hora sinalados no anuncio de licitación, celebrarase o acto público de apertura das proposicións económicas, constituíndose para estes efectos a Mesa de Contratación. 15.3.1 A administración terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios establecidos neste prego sen atender necesariamente ao seu valor económico, ou declarar deserto o concurso, motivando en todo caso a súa resolución con referencia aos criterios de adxudicación do concurso. En todo caso, a adxudicación realizarase logo do informe técnico ou dunha comisión técnica coa composición que se achega como anexo, e coa correspondente proposta da Mesa de Contratación. 15.3.2 Baixa temeraria. Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia de baixas desproporcionadas ou temerarias notificará esta circunstancia aos licitadores supostamente comprendidos nela para que, dentro do prazo de cinco días, xustifiquen as ditas baixas. A xustificación realizada polos licitadores remitirase aos servicios técnicos co fin de que emitan o correspondente informe. O carácter desproporcionado ou temerario das baixas apreciarase consonte o disposto no artigo 83.3 do TRLCAP. Considerarase, en principio, desproporcionada ou temeraria a baixa de toda proposición nunha porcentaxe que exceda en 10 unidades polo menos da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas, sendo criterios obxectivos para apreciar ou non o carácter desproporcionado ou temerario da baixa os seguintes: 1º Axeitada xustificación dos prezos ofertados. 2º Volume de obra xa contratado, en relación cos medios persoais e materiais que teña o licitador. 15.3.3 Os criterios para a adxudicación do concurso. Son os que seguen: a) Oferta económica: ata 20 puntos. A avaliación da oferta económica efectuarase de xeito

proporcional á baixa realizada asignando a máxima puntuación á oferta máis económica das presentadas.

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

9 21

b) Proposta de reducción de prazos de execución: de 0 a 5 puntos. c) Programa de control interno de calidade: de 0 a 5 puntos. Puntuación mínima total: Para resultar adxudicatario do concurso requirirase en total un mínimo de 5 puntos. 15.4 Renuncia. A presentación da oferta vincula ao contratista coa administración de tal xeito que a renuncia á adxudicación do contrato ou á execución da obra, realizada en calquera fase de tramitación do expediente (a maneira de exemplo: durante o prazo de presentación de ofertas; antes ou despois de a) apertura de plicas, b) a proposta da Mesa de Contratación, c) a adxudicación provisional ou definitiva, d) a formalización do contrato, e) a comprobación do replanteo, f) o inicio e a execución das obras, g) a recepción, etc.) faculta á Corporación a que proceda á incautación da garantía provisional ou, de ser o caso, da definitiva, sen prexuízo da esixencia de indemnización polos danos e perdas ocasionados á administración contratante e demais consecuencias previstas no TRLCAP. No suposto de que os contratistas estivesen dispensados de constituír a garantía provisional, a Corporación poderá esixir o dito importe mediante o procedemento de constrinximento, así como a indemnización por danos e perdas. A renuncia do licitador incurso en baixa temeraria, ben de forma expresa ou non xustificando a baixa temeraria dentro do prazo concedido pola administración, terá as mesmas consecuencias e efectos que se indicaron nos parágrafos anteriores. Non obstante o disposto nos apartados anteriores, en caso de que a administración non acordara a adxudicación no prazo de tres meses, o contratista terá dereito a retirar a súa proposición e a que se lle devolva ou cancele a garantía que presentara, consonte o disposto no artigo 89.2 do TRLCAP. 15.5 No acordo ou resolución de adxudicación concretarase polo órgano competente da corporación a designación do técnico director da obra. III Formalización do contrato 16 Formalidades previas. Garantía definitiva. 16.1 O adxudicatario, no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte á data de notificación da adxudicación, e como requisito previo e necesario para a formalización do contrato, deberá constituír na caixa da Corporación a garantía definitiva polo importe sinalado no epígrafe 9 de cadro de características do contrato (4% do prezo de adxudicación). A dita garantía deberá ser constituída en calquera das formas a que se refire o artigo 36 do TRLCAP.

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

10 21

16.2 Cando a adxudicación se realice a favor do empresario que presentara unha proposición na que incorrera inicialmente en presunción de temeridade esixiráselle unha garantía definitiva do 20% do prezo de adxudicación. Para os efectos indicados no parágrafo anterior, os adxudicatarios poderán constituír a garantía do xeito que segue: a A correspondente ao 4% do prezo de adxudicación, que se devolverá unha vez transcorrido o prazo de garantía, de acordo cos requisitos establecidos no artigo 47 do TRLCAP. b Outra correspondente ao 16%, que se devolverá unha vez aprobada a recepción do contrato. 17 Formalización do contrato. O contrato formalizarase en documento administrativo na data que sinale a administración contratante, dentro do prazo dos trinta días naturais a contar desde o seguinte ao da notificación da adxudicación. I V Execución do contrato. 18 Acta de comprobación do replanteo. Dentro do mes seguinte á formalización do contrato efectuarase a comprobación do replanteo, na data en que a administración sinale, quedando obrigado o contratista, logo da notificación, a acudir a el e a asinar a correspondente acta, consonte o artigo 142 do TRLCAP. 18.1 Comezo das obras e aviso previo á autoridade laboral. O contratista deberá iniciar as obras dentro dos quince días seguintes á sinatura da acta de comprobación do replanteo. O director da obra, directamente ou por medio do coordinador de seguridade e saúde, deberá efectuar o correspondente aviso á autoridade laboral antes do comezo das obras (artigo 18 do Decreto 1627/97). O facultativo debe exhibir este documento ao contratista. Cando o resultado da comprobación do replanteo demostre a posesión e disposición real dos terreos, a súa idoneidade e a viabilidade do proxecto, a xuízo do facultativo director das obras, e sen reserva por parte do contratista, aquel dará a autorización para inicialas, facendo constar este extremo explicitamente na acta redactada. O contratista quedará notificado desta autorización polo feito de asinala e o prazo de execución das obras comezará a contar desde o día seguinte ao desta sinatura. 18.2 Programa de traballo e plan de seguridade e saúde.

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

11 21

Dentro do mes seguinte á formalización do contrato, o adxudicatario deberá: a) Propoñer á Administración, para a súa designación como coordinador en materia de

seguridade e saúde durante a execución da obra, ó técnico competente nesta materia que exercerá a dita función. A persoa designada pola Administración, integrada na Dirección Facultativa ós únicos efectos de seguridade e saúde, non terá ningunha relación laboral nin contractual coa Administración, sendo responsabilidade do contratista tanto a súa selección como o establecemento da relación que a vincule co contrato de obra e os gastos inherentes á prestación.

b) Presentar o Plan de Seguridade e Saúde, así como a relación de subcontratistas e subministradores coa porcentaxe de obra a realizar.

c) Presentar o Programa de Traballo, o cal, atendendo á natureza da obra, o órgano de contratación, por proposta do técnico director, poderá eximir ó contratista da presentación do programa de traballo. En ningún caso se dispensará a presentación do programa de traballo para as obras plurianuais.

19 Carteis e sinais. Na data en que comecen os traballos, o contratista queda obrigado a colocar pola súa conta o cartel relacionado coa obra, coas características e formato que sinale a administración local. O dito cartel deberá manterse na obra ata que se devolva a garantía definitiva, estando en todo caso, redactados en lingua galega de acordo co disposto no Regulamento de uso do galego na administración municipal de Santiago de Compostela. Así mesmo, o contratista está obrigado a instalar pola súa conta os sinais indicativos de obras, perigo, precaución, desviación, etc., consonte o disposto no Código da Circulación, e a adoptar todas as precaucións precisas desde o comezo das obras ata a seu total remate, sendo persoalmente responsable dos accidentes motivados por incumprimento desta cláusula. 20 Ocupación de terreos. O contratista non pode ocupar os terreos afectados pola obra ata recibir a orde correspondente da dirección. 21 Desenvolvemento dos traballos. 21.1 O contratista deberá executar as obras con materiais e medios de primeira calidade e nas condicións esixidas no proxecto aprobado e toda a documentación que a integra, e de acordo coas instruccións ou regulamentos técnicos nacionais obrigatorios, sempre e cando sexan compatibles co dereito comunitario nos termos establecidos no artigo 52 do TRLCAP. Así mesmo, deberá utilizar os elementos persoais e auxiliares máis cualificados nas condicións esixidas pola boa práctica da construcción.

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

12 21

21.2 Recepción e recusación de materiais. O contratista só pode empregar os materiais na obra logo do seu exame e aceptación por parte do técnico director e nos termos e formas que este sinale para o correcto cumprimento das condicións acordadas. Se o técnico director non acepta os materiais sometidos ao seu exame deberá comunicalo por escrito ao contratista, sinalando as causas que motiven tal decisión. 21.3 Obras defectuosas ou mal executadas. Ata que teña lugar a aprobación da devolución da garantía definitiva, o contratista responderá da execución da obra contratada e das faltas que nela houber, sen que sexa eximente, nin lle dea dereito ningún, a circunstancia de que os representantes da administración examinaran ou recoñeceran, durante a súa construcción, as partes e unidades da obra ou os materiais empregados, nin que foran incluídos estes e aqueles nas medicións e certificacións parciais. 21.4 Derruba e reconstrucción das obras defectuosas ou mal executadas. Se se advirten vicios ou defectos na construcción, ou se teñen fundadas razóns para crer que existen vicios ocultos na obra executada, o técnico director ordenará durante o curso da execución, e sempre antes da aprobación da devolución da garantía definitiva, a derruba e reconstrucción das unidades de obra en que se dean aquelas circunstancias, ou as accións precisas para comprobar a existencia de tales defectos ocultos. 21.5 Responsabilidade por vicios ocultos. Se a obra se arruína con posterioridade á expiración do prazo de garantía por vicios ocultos da construcción, debido a incumprimento do contrato por parte do contratista, este responderá dos danos e perdas durante o termo de quince anos a contar desde a recepción. Transcorrido este prazo sen que se maniféstase ningún dano ou perda, quedará extinguida a responsabilidade do contratista, consonte o artigo 148 do TRLCAP. 22 Dirección e inspección das obras. A dirección e inspección das obras corresponde ao seu técnico director, que dictará as instruccións necesarias ao contratista para a normal e súa eficaz realización e sinalará o ritmo de execución conveniente, mediante as anotacións correspondentes no libro de ordes. Non obstante, a Presidencia da Corporación poderá inspeccionar as obras cando o considere oportuno ou encomendar as ditas funcións aos técnicos da Corporación. 23 Lexislación laboral e seguridade social. O contratista deberá observar as disposicións vixentes en materia laboral e de seguridade social. 24 Prevención de riscos laborais.

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

13 21

O contratista deberá observar as disposicións vixentes en materia de seguridade e hixiene no traballo e prevención de riscos laborais. 25 Responsabilidade. Danos. Correrá por conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, perdas e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria ou como consecuencia dos traballos realizados. Esta responsabilidade non se extinguirá mentres non expire o prazo de garantía da obra. Cando tales danos e perdas foran ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na lei. Así mesmo, o contratista responderá civil e, de ser o caso, penalmente dos danos causados á administración contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das obras. A cantidade en que se concreten tales danos serán inmediatamente esixida pola vía do constrinximento administrativo. 26 Gastos de transporte e almacenaxe. O contratista estará obrigado a sufragar os gastos de transporte de materiais ata o lugar sinalado e no prazo acordado e, de ser o caso, os gastos de almacenaxe e depósito. 27 Custodia e conservación. O contratista deberá responder da custodia e conservación dos materiais e instalacións, sen que teña dereito a indemnización por causa de avaría, perdas ou prexuízos nos bens, ata a aprobación da devolución da garantía definitiva. 28 Gastos de anuncios e tributos. O adxudicatario estará obrigado a pagar todos os gastos de publicación de anuncios, de licitación en diarios oficiais e medios de comunicación, así como os de adxudicación. Así mesmo, deberá pagar todos os impostos, contribucións, taxas e prezos públicos que pesen sobre o contrato ou, de ser o caso, sobre o seu obxecto, así como obter a licencia de obras o imposto sobre construcción, obras e instalacións, se procedese, e o pagamento do tributo correspondente. 29 Control de calidade. A dirección, cando estea previsto no prego de prescricións técnicas ordenará que se verifiquen os ensaios e análises de materiais e unidades de obra que en cada caso resulten pertinentes e os

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

14 21

gastos que se orixinen de conta do contratista ata un importe máximo do 1% do orzamento de contrata da obra (IVE incluído). A mesma dirección fixará o número, forma e dimensión e demais características que deben reunir as mostras e probetas para ensaio e análises, caso de que non exista disposición xeral para o efecto, nin estableza tales datos do prego de prescricións técnicas particulares. 30 Dereito do adxudicatario. 30.1 Dereito ao pagamento da obra que realmente execute ao abeiro das cláusulas deste prego, e consonte o programa de traballo previsto para cada anualidade. O dito pagamento deberá efectuarse dentro do prazo máximo de sesenta días a contar desde a expedición da certificación e rexistro da correspondente factura. A execución da obra por importe superior ao previsto en cada anualidade, aínda en caso de que conte coa autorización da dirección, non dará dereito ao contratista ao seu pagamento ata que non se aprobe a anualidade correspondente. 30.2 Dereito a cobrar os intereses de demora e a indemnización polos custes de cobro nos termos previstos na lei pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Malia o indicado no apartado anterior, no suposto de que algunha certificación conteña algún erro ou omisión, e o contratista non o advertise no momento de prestar conformidade, expresamente e por escrito a súa existencia, o prazo para esixir o xuro mora non se iniciará ata que se corrixan os defectos que contivese a certificación, computándose, polo tanto, o prazo para esixir o xuro legal a partir da expedición da certificación corrixida. De igual maneira se a factura contivese algún erro ou omisión, o prazo para esixir o xuro de mora non se iniciará ata que se corrixan os defectos que contivese a factura. 30.3 Dereito á suspensión do cumprimento do contrato no suposto de que a demora do pagamento fose superior a catro meses, debendo comunicar á administración cun mes de antelación tal circunstancia, para os efectos do recoñecemento dos dereitos que poidan derivarse da dita suspensión, nos termos establecidos no TRLCAP. 30.4 Dereito a resolver o contrato e ao resarcimento dos prexuízos que como consecuencia diso se orixinen, se a demora da administración fose superior a oito meses. 30.5 Dereito a transmitir os dereitos de cobro, nos termos do artigo 100 do TRLCAP. 31 Pagamento da obra executada. 31.1 Medicións. O técnico director realizará mensualmente e na forma que estableza o prego de prescricións técnicas, a medición das unidades de obra executadas durante o período de tempo anterior.

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

15 21

31.2 Relacións valoradas. O técnico director tomando como base as medicións das unidades de obra executadas a que se refire o apartado anterior e os prezos contratados, redactará mensualmente a correspondente relación valorada á orixe. 31.3 Certificacións. As certificacións expediranse tomando como base a relación valorada e o técnico director transmitiraas nos dous días seguintes do período que correspondan logo da audiencia ao contratista para os efectos da súa conformidade ou reparos. No suposto de obras plurianuais, as certificacións deberán axustarse ás anualidades previstas sen que unha única certificación poida reflectir importes correspondentes a distintas anualidades. 31.4 Pagamentos. Os pagamentos verificaranse contra certificacións mensuais acompañadas de relación valorada expedidas polo técnico director da obra e aprobadas pola presidencia ou órgano competente da Corporación. Así mesmo, o contratista deberá presentar factura por igual importe que o da certificación. Terá o carácter de pagamento a boa conta, suxeitas ás rectificacións e variacións que se produzan na medición final e sen supoñer de ningunha forma aprobación ou recepción das obras que corresponde. Cando non exista perigo de que os materiais recibidos como útiles e almacenados na obra ou nos almacéns autorizados para o seu acopio sufran deterioro ou desaparezan poderanse pagar ao contratista ata o 75% do seu valor, incluíndo tal partida na relación valorada mensual e tendo en conta este adianto para deducilo máis tarde do importe total das unidades de obra en que queden incluídos tales materiais. Para realizar o dito pagamento será necesaria a constitución previa do correspondente aval, de acordo co establecido no artigo 99.3 e 145.2 do TRLCAP. Salvo o que estableza o prego de prescricións particulares, o director apreciará o risco e fixará a porcentaxe correspondente. 31.5 Os contratistas que, consonte o artigo anterior, teñan dereito de cobro fronte á administración, poderán cedelo conforme a dereito. Para que a cesión do dereito de cobro teña plena efectividade fronte á administración, será requisito indispensable notificarlle de xeito fidedigno o acordo de cesión. Para tal efecto, considerarase que a notificación se produciu cando se consignara mediante dilixencia no

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

16 21

documento xustificativo do crédito, a toma de razón no libro de rexistro de transmisións de certificacións. Unha vez que a administración teña coñecemento do acordo de cesión, o mandamento de pagamento deberá ser expedido a favor do cesionario. Antes de que a cesión se poña en coñecemento da administración, os mandamentos de pagamento a nome do contratista producirán efectos liberatorios. 32 Prórrogas. Se o atraso na execución das obras fose producido por motivos non imputables ao contratista e este ofrecese cumprir o seu compromiso se se lle dá unha prórroga do tempo que se sinale, a Corporación poderá concedela por un prazo que será, cando menos, igual ao tempo perdido, a non ser que o contratista pida outro menor. 33 Prazo de execución do contrato e penalidades administrativas. O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a súa realización, así como, dos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. A constitución en mora do contratista non precisará intimación previa por parte da administración. Cando o contratista por causas imputábeis a el, incorra en demora respecto ao cumprimento do prazo total, a administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euros do prezo do contrato. No suposto de que o adxudicatario oferte a redución de prazo de execución e a demora é imputábel ao contratista as penalidades diarias indicadas no parágrafo anterior serán as seguintes:

REDUCIÓN (% sobre o prazo de execución) Penalidades Até un 5% 0,30 euros por cada 601,01 euros Até un 10% 0,33 euros por cada 601,01 euros Até un 15% 0,36 euros por cada 601,01 euros Até un 20% 0,39 euros por cada 601,01 euros Até un 25% 0,42 euros por cada 601,01 euros Até un 30% 0,45 euros por cada 601,01 euros Até un 35% 0,48 euros por cada 601,01 euros Até un 40% 0,51 euros por cada 601,01 euros Até un 45% 0,54 euros por cada 601,01 euros Até un 50% 0,57 euros por cada 601,01 euros Até un 55% ou máis 0,60 euros por cada 601,01 euros

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

17 21

A administración terá a mesma facultade a que se refire o apartado anterior respecto ao incumprimento por parte do contratista dos prazos parciais, ou cando a demora no cumprimento daqueles faga presumir razoabelmente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. Cada vez, que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 por 100 do prezo do contrato, o órgano de Contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 34 Modificación de obras. En ningún caso o técnico director das obras ou o adxudicatario poderán introducir ou executar modificacións nas obras comprendidas no contrato sen a debida aprobación técnica da modificación e da aprobación económica do orzamento reformado resultante, de ser o caso, como consecuencia dela. A mencionada aprobación corresponderá ao órgano competente, logo da redacción do proxecto, audiencia ao contratista, fiscalización do gasto e existencia de crédito. Todo iso sen prexuízo do disposto no artigo 146.4 do TRLCAP, par os supostos a que se refire o dito precepto. Serán obrigatorias para o contratista as modificacións no contrato de obras que, ao abeiro do establecido no artigo 101 do TRLCAP, produzan aumento, reducción ou supresión das unidades de obra ou substitución dunha clase de fábrica por outra, sempre que esta sexa unha das comprendidas no contrato. En caso de supresión ou reducción de obras, o contratista non terá dereito a reclamar indemnización ningunha, sen prexuízo do que se establece no artigo 150. do TRLCAP: Cando as modificacións supoñan a introducción de unidades de obra non comprendidas no proxecto ou con características que difiran substancialmente delas, os seus prezos de aplicación serán fixados pola administración á vista de proposta do director facultativo das obras e das observacións do contratista a esta proposta en trámite de audiencia, por prazo mínimo de 3 días hábiles. Se este non aceptase os prezos fixados, o órgano de contratación poderá contratalas con outro empresario nos mesmos prezos que fixaría se as executase directamente. A contratación con outro empresario poderá realizarse polo procedemento negociado sen publicidade sempre que o importe non exceda do 20% do prezo primitivo do contrato. Cando como consecuencia da modificación do contrato aumente o seu prezo reaxustarase a garantía, que se cuantificará no 4% do incremento experimentado no prezo de adxudicación. A non constitución da garantía dentro do dito prazo máximo de 15 días naturais a contar desde a notificación da aprobación da modificación. 35 Cesión do contrato e subcontrato de obras. Os adxudicatarios non poderán ceder os dereitos dimanantes dun contrato de obra ou subcontratar unidades desta sen obter previamente a autorización do órgano competente da Corporación, cos requisitos e condicións establecidos nos artigos 114 e 115 do TRLCAP.

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

18 21

O cesionario deberá constituír a garantía dentro do prazo máximo de 15 días naturais a contar desde a autorización expresa polo órgano de contratación da cesión. A non constitución da garantía dentro do dito prazo dará lugar á resolución do contrato. O contratista está obrigado a pagar o prezo pactado aos subcontratistas ou subministradores dentro dos prazos e de acordo coas condicións establecidas no artigo 116 do TRLCAP. 36 Recepción das obras e certificación final. O contratista comunicará por escrito ao facultativo director da obra a data prevista para o seu remate, cunha antelación mínima dun mes. A recepción das obras realizarase como máximo dentro do mes seguinte ao seu remate. Todo isto conforme o artigo 147 do TRLCAP. Cando as obras non estean en estado de seren recibidas farase constar na acta e o seu director sinalará os defectos observados e detallará as instruccións precisas fixando un prazo para remediar aqueles. Se transcorrido o dito prazo o contratista non o fixese, poderá concedérselle outro novo prazo improrrogable ou declarar resolto o contrato. Dentro do prazo de dous meses contados a partir da recepción, o órgano de contratación deberá aproba-la certificación final das obras executadas, que será aboada ó contratista a conta da liquidación do contrato. 37 Prazo de garantía. O prazo de garantía terá unha duración de un ano a contar desde a recepción das obras. Durante o prazo de garantía o contratista estará obrigado á garda e custodia e conservación de obras, sendo responsable dos danos intrínsecos que nela se produzan, seguindo, de ser o caso, as instruccións que reciba do técnico director. Se as obras se deteriorasen por incumprimento desta obriga, os traballos necesarios para a súa reparación serán executados pola administración contratante, por conta do contratista. 38 Liquidación e devolución da garantía definitiva. Dentro do prazo dos quince días anteriores ao cumprimento da garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou por pedimento do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade, salvo o disposto no artigo 148 do TRLCAP (responsabilidade por vicios ocultos), procedéndose á devolución ou cancelación da garantía e á liquidación, de ser o caso, das obrigas pendentes aplicándose ao pagamento desta últimas o disposto no artigo 99.4.

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

19 21

En caso de que o informe non sexa favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ao uso do construído, durante o prazo de garantía o director facultativo procederá a dictar as oportunas instruccións ao contratista para a debida reparación do construído, concedéndose un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade ningunha por ampliación do prazo de garantía. 39 Causa de resolución. Serán as previstas nos artigo 111 e 149 do TRLCAP, cos efectos previstos no artigo 151. 40 Réxime xurídico. Este contrato de execución de obras ten carácter administrativo e ambas as partes quedan sometidas á lexislación de contratos das administracións públicas e, de ser o caso, da Comunidade Autónoma de Galicia nos termos do artigo 149.1.18 da Constitución e disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, de non as haber, as normas de dereito privado. As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resoltas polo órgano de contratación. Os seus acordos poñerán fin á vía administrativa e contra eles caberá a recurso contencioso-administrativo, consonte o disposto pola Lei reguladora da dita xurisdicción, logo da disposición, de ser o caso, do recurso de reposición potestativo e sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que os interesados consideren procedente.

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

20 21

ANEXO I

CADRO DE CARACTERÍSTICAS DE CONTRATO

1 Proxecto: Obras incluídas no proxecto básico e de execución de Reforma e Ampliación de edificación para destinar a Aula de Coñecemento do Medio Rural en PORTELA. 2 Orzamento: 415.743’27 euros IVE incluído. 3 Aplicación orzamentaria: o proxecto está incluído dentro do Programa Proder II, cunha axuda de 375.365’35 euros e unha aportación municipal de 66.240’97 euros e o gasto financiarase con cargo á partida orzamentaria 42200 62200/2007 proxecto 2007-2-COÑEC-10. 4 Prazo de execución: 6 meses. 5 Clasificación: Grupo C, Subgrupo 2, categoría c.

Grupo C, Subgrupo 8, categoría c. Grupo J, Subgrupo 4, categoría b.

6 Lugar de presentación de ofertas: Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela (Rúa Presidente Salvador Allende nº 4, CP 15705 Santiago de Compostela-A Coruña). 7 Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais a contar desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 14 horas. 8 Garantía provisional: non se esixe. 9 Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación. 10 Revisión de prezos: non procede.

Dependencia CON.- Negociado de Contratación de Obras e Servicios 54.- PLOBA

Sello

Fecha 04-07-07 11:31

Documento CONRI16Y

Expediente CON/206/2007

CONCELLO DE SANTIAGO * Praza do Obradoiro s/n * 15705 * Santiago de Compostela * Tel. 981 542 300 * www.santiagodecompostela.org

21 21

ANEXO II

MODELO DE PROPOSICIÓN D./Dª.………………., con domicilio en ………….., rúa …………….., número ……………., teléfono …………, con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) número …………….., actuando en nome propio (ou en representación de …………….., DNI ou CIF número ……….., e con domicilio en ………, número …………, teléfono …….) toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de …………e para estes efectos fai constar: 1º Que ofrece o prezo de ……….. euros (IVE incluído), que significa unha baixa de …………€uros, en relación co tipo de licitación. Así mesmo, comprométese a realizar as obras no prazo de ..............meses/semanas/días. 2º Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato. 3º Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares. En …………………, o ……….., de ……………….. de 20…. O licitador (asinado e rubricado)

ANEXO III

MODELO DE SOBRE Proposición par tomar parte na contratación das obras de …….. presentada por …………….. En …………., o ……….. de …………….. de 20………