10
GU Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

Presentación de PowerPoint - Xunta de Galicia · No caso de solicitar a recepción das mesmas por vía postal, a Administración emisora da notificación tamén a poñerá a súa

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Presentación de PowerPoint - Xunta de Galicia · No caso de solicitar a recepción das mesmas por vía postal, a Administración emisora da notificación tamén a poñerá a súa

GU Sistema de Notificacións de

Galicia Notifica.gal

Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

Page 2: Presentación de PowerPoint - Xunta de Galicia · No caso de solicitar a recepción das mesmas por vía postal, a Administración emisora da notificación tamén a poñerá a súa

2

Que é Notifica.gal?

O Sistema de Notificación de Galicia, Notifica.gal, é a dirección electrónica a través da cal os cidadáns e empresas poderán acceder ás notificacións enviadas pola Xunta de Galicia ou calquera das entidades locais galegas adheridas ao mesmo.

Page 3: Presentación de PowerPoint - Xunta de Galicia · No caso de solicitar a recepción das mesmas por vía postal, a Administración emisora da notificación tamén a poñerá a súa

3

Quen pode utilizalo?

Calquera cidadán pode solicitar a recepción das notificacións de forma electrónica a través de Notifica.gal no formulario de iniciación do procedemento administrativo correspondente, nunha comunicación posterior ou en calquera momento a través do propio Notifica.gal. No caso de solicitar a recepción das mesmas por vía postal, a Administración emisora da notificación tamén a poñerá a súa disposición en Notifica.gal por si deseara acceder a ela antes da súa recepción postal. Sen embargo, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas establece que as persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica, os profesionais colexiados e os empregados das administracións públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público teñen a obriga de recibir todas as notificacións por vía exclusivamente electrónica.

Page 4: Presentación de PowerPoint - Xunta de Galicia · No caso de solicitar a recepción das mesmas por vía postal, a Administración emisora da notificación tamén a poñerá a súa

4

Como podo acceder?

Pode acceder a Notifica.gal con:

• Certificado dixital ou DNI electrónico • Usuario Chave365

Chave365 é o sistema que permite identificarse e asinar documentos sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico. A persoa identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código único por operación, que recibe no seu teléfono móbil. Para empregar Chave365, o cidadán ten que darse antes de alta no sistema e, antes de empregalo por primerira vez, cambiar obrigatoriamente o contrasinal recibido por SMS. Pode consultar aquí máis información.

Lembre que o seu usuario de Chave365 pode bloquearse se: • Introduce de forma errónea o contrasinal de acceso máis de 6 veces • Introduce de forma errónea a clave de firma máis de 3 veces

Page 5: Presentación de PowerPoint - Xunta de Galicia · No caso de solicitar a recepción das mesmas por vía postal, a Administración emisora da notificación tamén a poñerá a súa

5

Como me dou de alta?

Pode darse de alta en Notifica.gal a través do formulario habilitado accesible a través da páxina principal. No caso de solicitar a alta a través do formulario de iniciación do procedemento ou ser un colectivo obrigado á notificación electrónica, a súa alta realizarase de oficio pola Administración emisora da mesma. O teléfono móbil e/ou correos electrónicos indicados na alta serán utilizados con carácter xeral para o envío de avisos da posta a disposición de novas notificacións así como recordatorios salvo que se indique un específico para un procedemento concreto.

Page 6: Presentación de PowerPoint - Xunta de Galicia · No caso de solicitar a recepción das mesmas por vía postal, a Administración emisora da notificación tamén a poñerá a súa

6

Que pasa se non accedo ás notificacións?

Se solicitou expresamente recibir notificacións electrónicas ou pertence a un colectivo obrigado, a notificación entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais dende a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido. No caso de solicitar recibir as súas notificacións por vía postal, a falta de acceso á notificación non terá ningunha consecuencia.

Page 7: Presentación de PowerPoint - Xunta de Galicia · No caso de solicitar a recepción das mesmas por vía postal, a Administración emisora da notificación tamén a poñerá a súa

7

Quen pode ler as miñas notificacións?

A diferenza das notificacións postais que teñen como destino un domicilio, o destino dunha notificación electrónica é un buzón electrónico asociado a un NIF dunha persoa física ou xurídica. Para poder acceder a unha notificación electrónica, deberá contar cun certificado electrónico de persoa física ou de persoa xurídica asociado ao NIF destinatario.

Así mesmo, pode autorizar a calquera outra persoa a acceder ao contido das súas notificacións a través da opción Administrar Autorizacións dentro de “As Miñas Opcions”.

Page 8: Presentación de PowerPoint - Xunta de Galicia · No caso de solicitar a recepción das mesmas por vía postal, a Administración emisora da notificación tamén a poñerá a súa

8

Outras opcións

A través da pestana “As miñas opcións”, vostede poderá:

• Elixir o medio de notificación: é posible elixir o medio de notificación, electrónico ou postal, para os diferentes procedementos administrativo.

No caso de pertencer a un colectivo obrigado a recibir notificacións electrónicas esta elección non terá ningunha consecuencia..

• Modificar os datos persoais do usuario: permite modificar os datos recollidos durante o proceso de alta, incluíndo as direccións de correo electrónico e teléfono móbil donde desexa recibir os avisos de posta a disposición e recordatorios.

• Administrar autorizacións: podendo xestionar autorizacións para o acceso as súas notificacións por parte doutras persoas.

• Darse de baixa: No caso de non estar obrigado a recibir notificacións electrónicas, pode darse de baixa do servizo sempre que lese todas as notificacións pendentes.

Page 9: Presentación de PowerPoint - Xunta de Galicia · No caso de solicitar a recepción das mesmas por vía postal, a Administración emisora da notificación tamén a poñerá a súa

9

Requisitos técnicos

Para poder acceder e xestionar correctamente as notificacións dende o portal é necesario:

• Estar dado de alta no sistema Chave365 ou

• Ter instalado no navegador ou nunha tarxeta criptográfica un certificado dixital admitido pola plataforma @firma.

Ademais, é necesario que o equipo cumpra con algún dos seguintes requisitos en canto ao sistema operativo e navegador:

• Sistemas operativos:

• Microsoft Windows 7 ou superior. • LINUX • Mac OS X.

• Navegador web:

• Internet Explorer 11 ou superior • Mozilla Firefox • Google Chrome • Safari

Será necesario ter instalado un lector de Acrobat Reader (versión 8.0 ou superior) para poder visualizar correctamente os documentos adxuntos as notificacións en formato PDF.

Finalmente, en caso de acceder ó sistema con certificado dixital, será necesario ter instalado AutoFirma, ferramenta de escritorio que permite a execución de operacións de sinatura.

Page 10: Presentación de PowerPoint - Xunta de Galicia · No caso de solicitar a recepción das mesmas por vía postal, a Administración emisora da notificación tamén a poñerá a súa

10

Para calquera dúbida ou aclaración que precisen poden dirixirse ao Servizo de Atención ao Cidadán:

Correo electrónico: [email protected] Teléfono: Galicia - 012 Fóra de Galicia - 981 900 643

Canles de soporte