3
A hixiene en Al-Andalus Nas casas de Al-andalus era común costume de lavar as mans ou ata de enxaugar a boca antes e despois de cada comida,. Nas casas correntes, as xentes lavábanse valéndose dun xerro e un recipiente; pero nas acomodadas podía haber verdadeiras bañeiras, que levaban o nome de abzan, ou ben se empregaban con este fin antigos sarcófagos de mármor. Algunha casa «rica» tiña baños de vapor, pero este luxo quedaba reservado para os palacios dos magnates da aristocracia. A clase media e a xente baixa ían aos baños públicos ou hammams O hammam, ou baño mouro, era moi frecuente na España musulmá. Non había cidade, por pouco importante que fose, que non tivese varios. En Córdoba, segundo os cronistas, había trescentos, ou incluso seiscentos, a fins do século X. O seu funcionamento era o mesmo ca no resto do Occidente musulmán. Adoitaba ser propiedade do tesouro estatal, que llo arrendaba a un empresario, o cal dispoñía duns persoal de masaxistas e mozos de baño vestidos cun simple pano, así como dun encargado do gardarroupa que respondía da custodia das pezas de vestir dos bañistas, vendía a estes a pedra xabonosa con que limpaban o cabelo, e alugáballes toallas e albornoces. Pola tarde, cando o hammam estaba prohibido para a clientela masculina, un persoal feminino substituía ao de pola mañá e pola noite, e prestaba idénticos servizos ás bañistas. A organización do hammam era en todos sitios a mesma. Por un vestíbulo chegábase a unha primeira sala ou vestiario no que os bañistas se desvestían, decorada a miúdo con estatuas antigas e provista de ringleiras de perchas. Dela pasábase á sala tépeda, e desta á estufa, no centro da cal estaba a caldeira de fábrica, na que a auga se mantiña en ebulición mediante un forno disposto no soto e alimentado por feixes de ramaxe e palmeira anana. Estaba esta estufa feita de mármore ou pedra, e sucada de regos para evacuar a auga. Nos seus muros había uns poios de fábrica sobre os cales os clientes se facían dar masaxe e enxaboar polos mozos de baño, que enchían na pía cantos caldeiros de auga fervendo eran necesarios. A iluminación e a ventilación facíanse por unha serie de fachinelos practicables, colocados en alto, en torno da cúpula que adoitaba cubrir o caldario. Unha roda de caldeiriños sacaba dun pozo ou dun alxibe a auga necesaria para manter na caldeira o nivel apetecido. As mulleres tamén freceuntaban o hamman. Pola tarde, cando o hammam estaba prohibido para a clientela masculina, un persoal feminino substituía ao de pola mañá e pola noite, e prestaba idénticos servizos ás bañistas. A estancia no baño, que se prolongaba varias horas, era un motivo de diversión, sobre todo para as mulleres, quen, coma nun salón, se reunían coas súas amigas, merendaban incluso, e procuraban abraiar ás demais pola beleza e finura da súa roupa branca. Peiteadoras –as mesmas que acicalaban ás noivas o día da voda– prestaban os seus servizos ás bañistas; depilábanas, poñíanlles alheña, dábanlles pomadas, unxíanlles o pelo con perfumados aceites, sobre todo co de galiya (en galego, almiscre; en castelán, algalia, que era o máis estimado), e vendíanlles toda clase de ungüentos para o cuidado da da pel e de saquiños de pos aromáticos para os vestidos.

Proba 1 solución 2013

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Proba 1 solución 2013

A hixiene en Al-Andalus Nas casas de Al-andalus era común costume de lavar as mans ou ata de enxaugar a boca antes e

despois de cada comida,. Nas casas correntes, as xentes lavábanse valéndose dun xerro e un recipiente;

pero nas acomodadas podía haber verdadeiras bañeiras, que levaban o nome de abzan, ou ben se

empregaban con este fin antigos sarcófagos de mármor. Algunha casa «rica» tiña baños de vapor, pero

este luxo quedaba reservado para os palacios dos magnates da aristocracia. A clase media e a xente

baixa ían aos baños públicos ou hammams

O hammam, ou baño mouro, era moi frecuente na España musulmá. Non había cidade, por

pouco importante que fose, que non tivese varios. En Córdoba, segundo os cronistas, había trescentos,

ou incluso seiscentos, a fins do século X.

O seu funcionamento era o mesmo ca no resto do Occidente musulmán. Adoitaba ser

propiedade do tesouro estatal, que llo arrendaba a un empresario, o cal dispoñía duns persoal de

masaxistas e mozos de baño vestidos cun simple pano, así como dun encargado do gardarroupa que

respondía da custodia das pezas de vestir dos bañistas, vendía a estes a pedra xabonosa con que

limpaban o cabelo, e alugáballes toallas e albornoces. Pola tarde, cando o hammam estaba prohibido

para a clientela masculina, un persoal feminino substituía ao de pola mañá e pola noite, e prestaba

idénticos servizos ás bañistas.

A organización do hammam era en todos sitios a mesma. Por un vestíbulo chegábase a unha

primeira sala ou vestiario no que os bañistas se desvestían, decorada a miúdo con estatuas antigas e

provista de ringleiras de perchas. Dela pasábase á sala tépeda, e desta á estufa, no centro da cal estaba

a caldeira de fábrica, na que a auga se mantiña en ebulición mediante un forno disposto no soto e

alimentado por feixes de ramaxe e palmeira anana. Estaba esta estufa feita de mármore ou pedra, e

sucada de regos para evacuar a auga. Nos seus muros había uns poios de fábrica sobre os cales os

clientes se facían dar masaxe e enxaboar polos mozos de baño, que enchían na pía cantos caldeiros de

auga fervendo eran necesarios. A iluminación e a ventilación facíanse por unha serie de fachinelos

practicables, colocados en alto, en torno da cúpula que adoitaba cubrir o caldario. Unha roda de

caldeiriños sacaba dun pozo ou dun alxibe a auga necesaria para manter na caldeira o nivel apetecido.

As mulleres tamén freceuntaban o hamman. Pola tarde, cando o hammam estaba prohibido

para a clientela masculina, un persoal feminino substituía ao de pola mañá e pola noite, e prestaba

idénticos servizos ás bañistas. A estancia no baño, que se prolongaba varias horas, era un motivo de

diversión, sobre todo para as mulleres, quen, coma nun salón, se reunían coas súas amigas,

merendaban incluso, e procuraban abraiar ás demais pola beleza e finura da súa roupa branca.

Peiteadoras –as mesmas que acicalaban ás noivas o día da voda– prestaban os seus servizos ás

bañistas; depilábanas, poñíanlles alheña, dábanlles pomadas, unxíanlles o pelo con perfumados aceites,

sobre todo co de galiya (en galego, almiscre; en castelán, algalia, que era o máis estimado), e

vendíanlles toda clase de ungüentos para o cuidado da da pel e de saquiños de pos aromáticos para os

vestidos.

Page 2: Proba 1 solución 2013

A hixiene en Al-Andalus

1-. Nas casas

1.1-. Casa pobres

• un xarro de auga

1.2-. Casas acomodadas

• bañeiras

1.3-. Casas ricas e da nobreza:

• baños de vapor

2-. O Hamman

2.1-. Funcionamento

• Propiedade do tesouro real

• Pola maña para homes e pola tarde para mulleres

• Persoal: maxasistas, mozos de baño e gardarroupas

2.2-. Disposición

• Vestíbulo

• Sala tépeda

• Estufa ou caldario

2.3-. As mulleres no Hammam

• Estaban varias horas

• Podían merendar alí

• As peiteadoras depilaban, peiteaban e vendían ungüentos

Page 3: Proba 1 solución 2013

Casas pobres: un xarro

Casas acomodadas: bañeira

Nas casas

Casas ricas: baños de vapor

Propiedade do tesouro real

hixiene Horario: mañá homes e tarde mulleres

Funcionamento Empregados: masaxistas, mozos de baño e

gardarroupas

Vestíbulo

O Hamman Disposición Vestiario

Sála Tépeda

Estufa ou caldario

Varias horas

As mulleres Merendaban alí

Peiteábanse, depilábanse….