22
Grupo do Procedemento PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN VÍA VENOSA PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA Sumario de recomendacións Rede de Saúde Procedementos de enfermería: administración de medicación

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

  • Upload
    others

  • View
    7

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

Grupo do Procedemento

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN VÍA VENOSA

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

Sumario de recomendacións

Rede de Saúde

Procedementos de enfermería: administración de medicación

Page 2: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg
Page 3: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTOS DE ENFERMERÍA

Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria

Santiago de Compostela 2015

Xunta de Galicia. 2015. Procedementos de enfermería

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón: http://www.sergas.es/A-nosa-organizacion/Publicacións-da-Organización

Esta obra distribúese cunha licenza Atribución–Non comercial-CompartirIgual 4.0 Internacional de Creative Commons (CC BY-NC-SA 4.0). Para ver una copia da licenza, visite:

https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/deed.gl

Page 4: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

DATA DE ELABORACIÓN: Xullo 2013.

EDITA: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.LUGAR: Santiago de Compostela.ANO: 2015.

DESEÑO E MAQUETACIÓN: everis Spain, S.L.U.

AUTORES:

- Grupo de traballo de elaboración de procedementos XAP de Lugo.

- Arias Iglesias, Sonia Mariña, enfermeira. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

- Calvo Pérez, José Antonio, enfermeiro do PAC Sarria. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

- Díaz Castro, Isabel, subdirectora de Enfermería. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

- Dono Díaz, María de los Ángeles, subdirectora de Enfermería. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

- González Rivera, María Reyes, coordinadora de Enfermería CS Sarria. EOXI Lugo, Cervo e Mon-forte de Lemos.

- Pérez Arriarán, María Vitoria, enfermeira do CS San Roque. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

- Reigosa Iglesias, Delia, enfermeira Pediatría do CS A Milagrosa. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

- Rodríguez Pérez, Isidoro, enfermeiro do CS Becerreá. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

- Rodríguez Riveira, Amelia, enfermeira do CS Viveiro. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

- Somoza Vázquez, Modesta, coordinadora (sintrón) de AP. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

- Vázquez Núñez, Vitoria, enfermeira do CS Becerreá. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

- Vázquez. Núñez, Marta, enfermeira do PAC Sarria. EOXI Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

Page 5: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

/ 6

/ 7

/ 18

/9

1 12 23 3

4 4

5 5

6 67 7

8 8

XUSTIFICACIÓN

DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E PALABRAS CLAVE

OBXECTIVO Obxectivo xeral /

Obxectivos específicos /

ÁMBITO DE APLICACIÓN Diagnósticos de enfermería relacionados

Poboación diana

Profesionais aos que vai dirixido

Ámbito asistencial de aplicación

DESENVOLVEMENTO DO PROCEDEMENTO 5.1 Medios materiais /

5.2 Procedemento /

5.3 Observacións /

5.4 Rexistros /

5.5 Avaliación e seguimento /

RESPONSABILIDADES

BIBLIOGRAFÍA Bibliografía referenciada /

Bibliografía consultada /

ANEXOS

/ 9

9

10

14

15

15

/ 15

/ 16

/ 8

Page 6: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

1 1

/ /6

XUSTIFICACIÓNEste documento pretende reflectir as actuacións que deben le-var a cabo os profesionais, para a administración de fármacos por vía inhalada, e para o manexo dos dispositivos necesarios para administrar de forma correcta a medicación inhalada que lles foi prescrita.

A vía inhalada permite lograr altas concentracións nas vías aéreas logrando efectos que só se obteñen con doses moi ele-vadas por vía sistémica, e ademais teñen maior velocidade de acción. O inicio do efecto cos medicamentos inhalados é máis rápido que pola vía oral. O medicamento adminístrase directa-mente aos pulmóns, cunha exposición sistémica mínima.

Os efectos sistémicos secundarios son menos frecuentes e se-veros coas inhalacións que coa administración sistémica (endo-venosa, oral), ademais é menos dolorosa e relativamente máis confortable que outras vías.

O paciente debe comprender a importancia da vía inhalada para así reforzar a súa adherencia aos tratamentos inhalados. Ade-mais, debemos ensinarlle que desa forma se evitan os efectos indesexables que se producirían se tomase a medicación por vía sistémica 1.

Page 7: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /7

2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E PALABRAS CLAVEDefinicións/Vía inhalada - vía de administración de medicamentos en acción directa sobre os pul-móns, cunha maior rapidez, con dose máis pequena do fármaco e menor incidencia de efectos secundarios 2.

Inhaladores en cartucho presurizado - dispositivos para a administración de fármacos por vía respiratoria a través de aerosois inhaladores, con ou sen cámara expansora, poden ser convencionais, activados pola inspiración ou acoplados a cámaras de inha-lación 1.

Inhaladores de po seco - dispositivos para administración de fármacos por vía respira-toria a través de po seco, con sistema de dose única ou multidose. (Turbuhaler, Accu-haler, Aerolizer) 1.

Nebulizadores - aparellos que permiten a administración por vía inhalada de fármacos en forma de partículas de aerosol, crean unha fina néboa rompendo a tensión superfi-cial do fármaco ao administrar que irá diluído en soro fisiolóxico.

Cámaras espazadoras - dispositivos deseñados para mellorar o rendemento dos ICP. Aumentan a distancia entre o cartucho presurizado e a boca do paciente, e diminúen a velocidade das partículas. Favorecen a evaporación dos propelentes, e diminúen con iso a sensación desagradable producida pola entrada e evaporación do solvente na orofarinxe, polo que fai frear a inhalación a moitos pacientes. Desta forma diminúen o impacto orofarinxeo e, como consecuencia, os efectos secundarios locais.

Así mesmo, evítase o importante problema de coordinación entre pulsación e inspira-ción, principal inconveniente dos ICP, diminúese a biodispoñibilidade sistémica e au-méntase a distribución pulmonar dos fármacos.

Abreviaturas / amp: ampola.

AP: Atención Primaria.

C.S.: centro de saúde.

cc.: centímetro cúbico.

CDC: centros para o control e prevención das enfermidades (USA).-

Page 8: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /8

EOXI: estrutura organizativa de xestión integrada.

GACELA: Gestión Avanzada de Cuidados de Enfermería Línea Abierta.

HICPAC: comité asesor de prácticas saudables para o control de infeccións.

IANUS: historia clínica electrónica do Servizo Galego de Saúde.

ICP: inhaladores de cartucho presurizado.

mcg: microgramo.

mg: miligramo.

ml: mililitro.

NANDA: North American Nursing Diagnosis Association.

O2: osíxeno.

PAC: punto de atención continuada.

Seg: segundo.

Tª: temperatura.

XAP: Xerencia de Atención Primaria.

Palabras clave / Dispositivos inhaladores, nebulizadores, cámaras de inhalación

OBXECTIVOObxectivo xeral /Proporcionar unha ferramenta de traballo que permita unificar e coordinar as actua-cións de enfermería na administración de medicamentos por vía inhalada..

Obxectivos específicos /Manexo eficaz dos distintos dispositivos de inhalación e nebulización.

3 3

Page 9: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /9

Di

4 4 ÁMBITO DE APLICACIÓNDiagnósticos de enfermería relacionadosDiagnóstico NANDA 3

− 00078 Xestión ineficaz da propia saúde.

− 00079 Incumprimento do tratamento.

− 00126 Coñecementos deficientes.

Poboación dianaEste procedemento é de aplicación a todos os usuarios do Servizo Galego de Saúde que precisen a administración de fármacos por vía inhalada.

Profesionais aos que vai dirixidoEste procedemento é de aplicación para os profesionais pertencen-tes á rede sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

Ámbito asistencial de aplicaciónEste procedemento é de aplicación na rede sanitaria do Servizo Gale-go de Saúde en todos os casos nos que o paciente precise a adminis-tración de fármacos por vía inhalada.

Cámaras de inhalación de adultos e de nenos.

Inhalador prescrito.

Set de nebulización O2 (O2, máscar-as con depósito para medicación).

Toma de osíxeno.

Caudalímetro.

Xiringas de 2/5 cc.

Soro salino.

Fonendoscopio.

Luvas non estériles.

Auga para enxaugaduras bucais.

Auga e xabón para hixiene de mans e limpeza de materiais.

5 5 DESENVOLVEMENTO DO PROCEDEMENTO5.1 Medios materiais /

Page 10: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /10

224

225

226

227

5.2 Procedemento /

PREPARACIÓN PREVIA- Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Ser-vizo Galego de Saúde.

- Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

- Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais (Grao B) (nivel de evidencia III).

- Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

- Seguindo os cinco principios de administración da medicación verificar: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto. Asegurarse que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco.

- Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

- Colocar en posición axeitada.

- Realizar hixiene de mans (categoría IA) (nivel de evidencia I)

- Proceder a administración do fármaco.

INHALADORES EN CARTUCHO PRESURIZADO- O paciente debe estar de pé ou sentado para permitir a máxima expansión torácica.

- Destapar o cartucho e soster o inhalador en posición vertical (en forma de L).

- Suxeitar o cartucho entre os dedos índice e polgar (índice arriba e polgar abaixo) e axitalo para facer unha boa mestura do propelente e o medicamento.

- Realizar unha expiración (baleirar o aire dos pulmóns) lenta e profunda.

- Colocar a boquilla do inhalador na boca, apertando firmemente os beizos.

- Inspiración lenta e profunda (a inhalación lenta reduce o depósito de partículas nas vías respiratorias superiores), sen que interfira a lingua. Unha vez iniciada a inspiración, premer o cartucho unha soa vez. É moi importante realizar a pulsación do inhalador logo de iniciar a inspiración. Seguir inspirando lenta e profundamente.

- Retirar o cartucho da boca e aguantar a respiración durante uns 10 segundos (facilita o máximo depósito das partículas do medicamento e reduce a cantidade de dose inha-

1

222

223

Page 11: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /11

228

229

2210

2211

lada que se exhala).

- Expirar lentamente como nunha respiración normal.

- Se ten que tomar outra dose, esperar 30 seg. e repetir a técnica.

- Unha vez finalizada a manobra, enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do medicamento.

- Limpar a boquilla do inhalador cun pano seco, tapar e gardalo a T.ª ambiente en sitio seco.

INHALADORES EN CARTUCHO PRESURIZADO CON CÁMARA ESPAZADORA- O paciente debe estar incorporado ou semiincorporado.

- Destapar o cartucho presurizado, poñelo en posición vertical e axitalo.

- Axustar o cartucho no orificio da cámara.

- Selar os beizos ao redor da boquilla da cámara ou no caso de nenos menores de 3-4 anos utilizar unha máscara que abarque a boca e o nariz, asegurar un bo selado, e a continuación pulsar o cartucho presurizado.

- Realizar de 6–7 respiracións tranquilas por cada pulsación sen separar a boca da cámara.

- Se ten que tomar máis dose, esperar 30 seg. e repetir a técnica.

- Colocar a tapa do inhalador e gardalo en lugar seguro e seco.

- Unha vez finalizada a manobra, lavar a cara e enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do medicamento.

- Desmontar a cámara e lavar todas as pezas con auga e xabón suave, deixala secar o aire, e gardala nun sitio seco e sen po.

INHALADORES DE PO SECO (Turbuhaler, Accuhaler, Aerolizer)

SISTEMA TURBUHALER

- Sacar a tapa que cobre o inhalador e poñelo vertical.

- Realizar un xiro na base a dereita (tope) e a continuación un á esquerda (click).

- Selar a boquilla cos beizos e inspirar profundamente, conter a respiración contando ata 10 lentamente, despois expirar lentamente polo nariz e retirar o dispositivo da boca.

224

225

226

227

1

222

223

228

229

1

222

223

Page 12: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /12

- En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg. entre cada dose.

- Unha vez finalizada a manobra, enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do medicamento.

- Limpar a boquilla do inhalador cun pano seco, tapar e gardalo a T.ª ambiente en sitio seco.

SISTEMA ACCUHALER

- Destapar a boquilla.

- Pulsar o gatillo lateral cara abaixo.

- Selar a boquilla cos beizos e inspirar profundamente, conter a respiración contando ata 10 lentamente, despois expirar lentamente polo nariz e retirar o dispositivo da boca.

- En caso de ter que administrar máis dunha dose, esperar 30 seg. entre cada dose.

- Unha vez finalizada a manobra, enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do medicamento.

- Limpar a boquilla do inhalador cun pano seco, tapar e gardalo a T.ª ambiente en sitio seco.

Precaucións: comprobar que teña dose (mirando na ventá o número).

SISTEMA AEROLIZER

- Retirar a caparucha que cobre o inhalador.

- Soster o inhalador en posición vertical.

- Abrir a parte superior do inhalador e colocar no seu interior unha cápsula do fármaco.

- Premer as pestanas laterais varias veces asegurándose de perforar a cápsula do in-terior.

- Facer unha expiración lenta e profunda.

- Colocar a boquilla entre os dentes e apertar os beizos.

- Aspirar enérxica e profundamente, conter a respiración 10 seg., se o desexa pode ins-pirar varias veces ata baleirar o contido da cápsula.

- Tirar a cápsula usada, limpar a boquilla do inhalador cun pano seco, tapar e gardalo a T.ª ambiente en sitio seco.

- Enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do medicamento.

Precaucións: Comprobar sempre que a cápsula queda baleira.

225

226

224

225

226

1

222

223

224

225

226

1

222

223

228

229

227

224

Page 13: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /13

NEBULIZADORES CON TOMA DE OSIXENO

- Poñer as luvas.

- Colocar o paciente en posición sentada de Fowler ou semiFowler.

- Comprobar que a vía aérea está permeable, libre de secrecións.

- Colocar a medicación e o soro fisiolóxico prescrito no recipiente nebulizador.

- Conectar o caudalímetro a toma de aire osíxeno.

- Conectar o nebulizador ao caudalímetro directamente (sen pasar polo humidificador).

- Axustar a máscara ao paciente mantendo o nebulizador en posición vertical.

- Regular o fluxo de osíxeno aire de 6 a 8 litros/minuto ata observar a saída da solución nebulizada 4 (Grao de recomendación D).

- Pasado o tempo prescrito de tratamento, (10-15 minutos) 4, agás se a nebulización leva antibiótico ou corticoides que entón deberá pasar en 20 minutos, debe pechar a saída de osíxeno aire e retirar o equipo.

- Lavar a cara e enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do me-dicamento.

- Desbotar o dispositivo, xa que é de uso único, no caso dos pacientes hospitalizados poderase usar durante 48 horas, deberá estar etiquetado co nome do paciente e coa data, despois de cada uso limpar o vaso nebulizador con auga e deixalo secar o aire 5.

- Retirar as luvas.

- Realizar a hixiene de mans.

OBSERVACIÓNS

Non golpear o contedor nebulizador, porque se alteran as partículas.

Dilución de Salbutamol:

Adultos: 1 ml /4 ml. de soro fisiolóxico.

Nenos: 0,5ml /4 ml. de soro fisiolóxico.

Broncodilatadores e corticoides pódense administrar xuntos na mesma nebulización.

Para calquera mestura, o máis aconsellable é mesturar inmediatamente, antes de utili-zar, e observar que non se produce turbidez, precipitación ou cambio de color.

224

225

226

1

222

223

228

229

227

2210

2211

2212

2213

Page 14: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /14

Manexo e precaucións co O2 6

- Vixiar que as conexións do circuíto ao paciente no teñan cóbados.

- Non fumar na habitación onde se encontre o equipo de O2.

- Non administrar O2 cerca de punto incandescente: cociñas, radiadores eléctricos, es-tufas de butano...

- Non poñer en contacto un produto graxo co O2: pomadas, cremas, vaselinas dado o alto risco de inflamación.

- Non manipular o equipo do O2.

- Non empregar ningún dispositivo que produza chispas na habitación onde está o O2.

- Ventilar a habitación onde se administre o O2.

- Non se debe empregar o O2 como aire comprimido (inchar globos, pelotas...).

- A bombona de O2 debe de estar colocada nun lugar plano e que non interfira o paso.

NEBULIZADORES ELÉCTRICOS

Úsanse principalmente nos domicilios dos pacientes.

1. Abrir a cápsula nebulizadora, introducir a medicación prescrita e pechar a tapa.

2. Conectar a cápsula ao nebulizador, e este á rede.

3. Conectar a mascara ou pipa á cápsula e colocarlla ao paciente.

4. O rematar a nebulización lavar a cara e enxaugar a boca con auga, sen tragala, para eliminar os restos do medicamento.

5. Lavar con auga corrente a mascara e a cápsula nebulizadora, e deixar secar ao aire.

Precaucións:

Comprobar que o nebulizador funcione ao conectalo á rede.

5.3 Observacións / (Ver anexo de fármacos e dosificación)

- Cando se utilice máis dun inhalador, administrar primeiro o broncodilatador, deixando para o final os corticoides.

- Os volumes das cámaras son diferentes para nenos e adultos, xa que os parámetros ventilatorios (frecuencia e volume corrente) son distintos. En adultos recoméndanse cámaras de inhalación con un volume arredor 750 ml, en nenos de 250-300 ml 7.

Page 15: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /15

- A administración dos inhaladores de cartucho presurizado en persoas con dificultade para a correcta sincronización man-pulmón (anciáns, nenos) seria aconsellable reali-zala con cámara de inhalación para asegurarse da correcta administración da dose do fármaco.

- As cámaras deben dispoñer dun sistema valvular para que só circule aire na dirección da inhalación, cerrarse cando o individuo espira e desviar así o aire expirado fóra da cámara.

- No asma agudo o tratamento con beta-agonistas administrados mediante ICP con cámara é a lo menos, tan efectivo como os administrados mediante nebulizadores, incluso os primeiros poden ter algunhas vantaxes en nenos en esta situación 8 (reco-mendación nivel A).

5.4 Rexistros /Realizaranse no aplicativo informático GACELA, IANUS, na folla de enfermería ou en calquera outro sistema de rexistro co que conte a unidade. Deberase rexistrar:

- Data e hora de administración do fármaco.

- Fármaco administrado presentación e dose.

- Calquera evento adverso do fármaco.

- Resposta do paciente ao procedemento.

Rexistrar no plan de coidados do/a paciente as accións derivadas do procedemento.

5.5 Avaliación e seguimento /O presente documento será actualizado no prazo de cinco anos ou cando a evidencia científica poida afectar o recollido no procedemento.

RESPONSABILIDADESAs accións derivadas da posta en práctica deste procedemento son responsabilidade do persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde. A dispoñibilidade do procedemento e das ferramentas necesarias para a súa aplicación na práctica asistencial son responsa-bilidade da dirección do centro sanitario.

6 6

Page 16: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /16

BIBLIOGRAFÍABibliografía referenciada /

1. http://www9.euskadi.net/sanidad/cevime/datos/infac_v11n1.pdf

2. http://escuela.med.puc.cl/publ/ModRespiratorio/Mod3/AerosolterapiaInaladores.html

3. NANDA International. Diagnósitcos Enfermeros. Definiciones y clasificación 2009-2011. Barcelona. Elsevier 2010.

4. http://www.murciasalud.es/preevid.php?op=mostrar_pregunta&id=18380&idsec=453

5. Rodríguez Hermosa, J. L.; Calle Rubio, M.; de Miguel Díez, J.; Nieto Barbero, M. A.; Ál-varez-Sala Walther, J. L. Técnicas de inhalación con nebulizadores. Servicio de Neumo-logía. Hospital Clínico San Carlos Universidad Complutense. Madrid [Texto Completo] [Consulta: 28/03/2011].

6. Manual oxigenoterapia domiciliaria. Editado por Oxigen Salud, SA Consultado en: https://www.oxigensalud.com/healthcare/areas/pacientes/documentos_pdf/varios/ma-nual_pac_oxigenoterapia_1.pdf [ Consulta: 8/07/2013]

7. Sistemas de Inhalación. Guía de práctica clínica de asma. SAMFYC.http://www.cica.es/~samfyc-gr/guia_inh.htm

8. Cates, C. J.; Bara, A.; Crilly, J.A.; Rowe, B. H. Cámaras inhaladoras versus nebulizado-res para el tratamiento del asma aguda con beta agonistas (Revisión Cochrane tradu-cida) En: La Biblioteca Cochrane Plus, número 2, 2006: Oxford, Update Software Ltd. Dispoñible en: http://www.update-software.com (Traducida de Cochrane Library, 2006 Issue 2. Chichester, UK: John Wiley & Sons Ltd).

9. http://www.neumosur.net/files/EB02-22%20nebulizada.pdf

Bibliografía consultada /

-http://sescam.jccm.es/web1/profesionales/farmacia/usoRacional/documentos/VIII_01_DispositivosInhalacionAsmaEPOC.pdf

- Salcedo, A.; Neira, M. A.; Beltrán, B.; Sequeiros, A. Sistemas de inhalación. [En liña] http://www.aeped.es/protocolos/neumologia/14.pdf.

- Oliva, C.; Callejón, A.; Callejón, G. A. Terapia inhalada en el asma bronquial. Actitud diag-nóstico-terapéutica. BSCP Can Ped 2003; 27 (3):371-381.

7 7

Page 17: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /17

- Boe, J.; Dennis, J. H.; O’Driscoll, B. R. European Respiratory Society Nebulizer Guideli-nes: Clinical aspects. Eur Respir Rev 2000; 10: 495-583.

- Benito, Santiago; Mintegui, J.; Sánchez Etxaniz, J. Diagnostico y tratamiento de Urgen-cias Pediatricas. Capítulo 4 “Inhalacion de farmacos”. Urgencias de Pediatria: Hospital Universitario Cruces.acceso 29 xaneiro 2013; Dispoñible en: http://urgenciaspediatria.hospitalcruces.com

- Sociedad española urgencias de pediatria. Hojas informativas para padres. Acceso 29 xaneiro 2013. Dispoñible en: http://www.seup.org

- Florez Almonacid, C.; Galbán Ledesma, J.; Giráldez Rodríguez, A.; Membrillo Fuentes, M.; Parra Perea, J.; Romero Bravo, A. Manual de protocolos y procedimientos generales de enfermería del H. Universitario Reina Sofía. Fecha de revisión: 26/05/2010.

- VV.AA. (Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. SERGAS. Enfermeros de Atención Primaria y Atención Hospitalaria del Área Sanitaria de Lugo) “Guía Clínica de Continui-dad de Cuidados de Enfermería”. “Atención de Enfermería al Paciente con EPOC”. Lugo. 2010

- VV.AA. (Xunta de Galicia. Consellería de Sanidad. SERGAS-Subdirección General de Calidad y Programas Asistenciales) “Guía para la Elaboración de los Procesos Asisten-ciales Integrados”. Santiago de Compostela. 2010

- VV.AA (Junta de Extremadura. Gerencia del Área de Salud de Badajoz) “Proceso Asis-tencial de la Enfermedad Pulmonar Obstructiva Crónica”. Badajoz. 2009

- VV.AA. (Junta de Andalucía. Consejería de Sanidad. Servicio de Salud Andaluz) “Proce-so EPOC. Plan de Cuidados de Enfermería en el Proceso Asistencial Integrado EPOC”.

-http://www.juntadeandalucia.es/salud/export/sites/csalud/galerias/documen-tos/p_3_p_3_procesosasistenciales_integrados/enfermedadpulmonar_obstructiva_croni-ca/enfermedad_pulmonar obstructiva_cronica.pdf

- http://dl.dropbox.com/u/60017244/Consensos/2010-gemaeducadores.pdf

- http://dl.dropbox.com/u/60017244/Consensos/2011 Gema%2Bpara%2Bpacientes.pdf.

Page 18: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /18

ANEXOSAnexo I: Principais modelos de cámaras de inhalación, fabricantes e compatibilidade /

Aerochamber®

(Trudell Palex)

Serve para persoas adultas e nenos con máscara.

Serve para todos os inhaladores.

Aeroscopic®

(Boehringer Ingel-heim)

É pregable.

Ten una válvula unidireccional.

É posible a máscara nasofacial.

Serve para todos os inhaladores.

Aerovent®

(Monaghan Medi-cal Corporation)

Serve para o circuíto externo dun ventilador mecánico.

Babyhaler®

(GlaxoSmithKline)

Ten dúas válvulas.

Serve para os acabados de nacer e nenos pequenos.

Só serve para os inhaladores propios de GlaxoSmithKline.

Dynahaler

(Aldo-Unión)

É de tamaño reducido.

Empregase sen máscara.

Non serve para todos os inhaladores.

Fisonair®

(Aventis)

Ten forma cónica.

Emprégase sen máscara.

Ten una válvula unidireccional.

Serve para todos os inhaladores.

Ildor®

(Fisons Ibérica)

Utilízase sen máscara.

Ten unha válvula unidireccional.

Non sirve para todos los inhaladores.

Inhalventus®

(Aldo-Unión)

Utilizase sen máscara.

Ten unha válvula unidireccional.

Serve para a maioría dos inhaladores.

CÁMARA DE INHALA-CIÓN/ FABRICANTE

CARACTERÍSTICAS

8 8

Page 19: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /19

Aerochamber®

(Trudell Palex)

Serve para persoas adultas e nenos con máscara.

Serve para todos os inhaladores.

Aeroscopic®

(Boehringer Ingel-heim)

É pregable.

Ten una válvula unidireccional.

É posible a máscara nasofacial.

Serve para todos os inhaladores.

Aerovent®

(Monaghan Medi-cal Corporation)

Serve para o circuíto externo dun ventilador mecánico.

Babyhaler®

(GlaxoSmithKline)

Ten dúas válvulas.

Serve para os acabados de nacer e nenos pequenos.

Só serve para os inhaladores propios de GlaxoSmithKline.

Dynahaler

(Aldo-Unión)

É de tamaño reducido.

Empregase sen máscara.

Non serve para todos os inhaladores.

Fisonair®

(Aventis)

Ten forma cónica.

Emprégase sen máscara.

Ten una válvula unidireccional.

Serve para todos os inhaladores.

Ildor®

(Fisons Ibérica)

Utilízase sen máscara.

Ten unha válvula unidireccional.

Non sirve para todos los inhaladores.

Inhalventus®

(Aldo-Unión)

Utilizase sen máscara.

Ten unha válvula unidireccional.

Serve para a maioría dos inhaladores.

Konic

(Braun)

É inflamable.

Non ten válvula.

Sirve para todos os inhaladores.

Nebuchamber®

(AstraZéneca)

Ten unha válvula bidireccional.

Só serve para los inhaladores propios de AstraZéneca.

Utilizase sen máscara.

Ten unha válvula unidireccional.

Só serve para os inhaladores propios de AstraZéneca.

Volumatic® (Glaxo-SmithKline)

Válvula unidireccional, sen máscara, só inhaladores de Glaxo.

Anexo II: Imaxes cámaras /

Cámaras con máscara /

/ Aeroscopic

/ Nebuchamber

/ Babyhaler

/ Aerochamber

Page 20: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA

/ /20

Anexo III: Fármacos e dosificación 9 /

Anticolinérxicos Ipratropio Atrovent monodose® 250 y 500 mcg

Unha dose cada 6-8 h

Corticoides Budesonida

Pulmicort suspensión®

Viais de 2 mL con:

- 0,25 mg/ml

- 0,50 mg/ml

Dose individualizada

Mucolíticos

DNAsabPulmozyme®

Viais de 2,5 mgUn vial /12–24 horas

MESNAcMucofluid ampolas®

600 mg/3ml.Desde 1 amp/12h ata 2 amp/6 h

N-acetilcisteínaFlumil®

300 mg/3 ml Unha ampola cada 12 h

Beta-2 agonistas Salbutamol Ventolín solución para respira-dor® 5 mg/ml

Administrar entre 0,5–2 ml(2,5–10 mg) en cada dose

Cámaras con boquilla /

/ Nebuhaler / Volumatic

Page 21: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg
Page 22: PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE …...PROCEDEMENTO DE ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN POR VÍA INHALATORIA / /12 - En caso de ter que administrar máis de unha dose, esperar 30 seg

Procedementos

Asistencia Sanitaria

D

35

Servizo Galego de Saúde