85
1/41 Proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, Subgrupo A1. Primeiro exercicio NON abra o exame ata que o tribunal llo indique

Proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da ...Primeiro exercicio NON abra o exame ata que o tribunal llo indique . 2/41 . 3/41 1.- O artigo 70.1 da Constitución Española,

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • 1/41

    Proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade

    Autónoma de Galicia, Subgrupo A1.

    Primeiro exercicio

    NON abra o exame ata que o tribunal llo indique

  • 2/41

  • 3/41

    1.- O artigo 70.1 da Constitución Española, establece que a lei electoral determinará as causas de inelixibilidade e incompatibilidade dos deputados e senadores, sinalando unha serie de situacións que se comprenderán entre as devanditas causas, entre as que non está:

    a) O Defensor del Pueblo.

    b) Os membros do Goberno.

    c) Os militares profesionais e membros das forzas e corpos de seguridade e policía en activo.

    d) Os maxistrados, xuíces e fiscais en activo.

    2.- Segundo o artigo 142 da Constitución Española, as Facendas locais deberán dispor dos medios suficientes para o desempeño das funcións que a lei lles atribúe ás corporacións respectivas e nutriranse fundamentalmente dunha serie de recursos entre os que non se menciona:

    a) Os tributos propios.

    b) A participación nos tributos do Estado.

    c) O recurso ao endebedamento.

    d) A participación nos tributos das Comunidades Autónomas.

    3.- Segundo o artigo 10 da Constitución Española, son fundamento da orde política e da paz social:

    a) Os partidos políticos, que expresan o pluralismo político, concorren á formación e manifestación da vontade popular e son instrumento de participación política.

    b) A garantía da soberanía e independencia de España e o ordenamento constitucional.

    c) A defensa e promoción dos intereses económicos e sociais.

    d) A dignidade da persoa, os dereitos inviolables que lle son inherentes, o libre desenvolvemento da personalidade, o respecto á lei e ós dereitos dos demais.

    4.- Sinale a incorrecta. O artigo 13 da Constitución Española establece que:

    a) Os estranxeiros gozarán en España das liberdades públicas que garante o Título I nos termos que establezan os tratados e a lei.

    b) Só os españois serán titulares dos dereitos recoñecidos no artigo 23, non sendo que, atendendo a criterios de reciprocidade, poida establecerse por tratado ou lei para o dereito de sufraxio activo e pasivo nas eleccións municipais.

    c) A extradición só se concederá en cumprimento dun tratado ou da lei, atendendo ao principio de legalidade. Quedan excluídos da extradición os delitos políticos, non considerándose como tales os actos de terrorismo.

    d) A lei establecerá os termos en que os cidadáns doutros países e os apátridas poderán gozar do dereito de asilo en España.

  • 4/41

    5.- De acordo co artigo 162 da Constitución Española, cal dos seguintes non está lexitimado para interpoñer o recurso de inconstitucionalidade:

    a) O Presidente do Goberno.

    b) 50 Deputados.

    c) O Defensor do Pobo.

    d) O Ministerio Fiscal.

    6.- O artigo 67 da Constitución Española dispón que as reunións de parlamentarios que se celebren sen convocatoria regulamentaria:

    a) Non vincularán ás Cámaras, e non poderán facer exercicio das súas funcións nin ostentación dos seus privilexios.

    b) Vincularán ás Cámaras cando actúen no exercicio das súas funcións e así o decidan por unanimidade os membros presentes.

    c) Vincularán ás Cámaras e non estarán ligados por mandato imperativo.

    d) Non vincularán ás Cámaras salvo cando actúen ostentando os seus privilexios.

    7.- O coñecemento dos recursos interpostos contra as Normas Forais fiscais dos Territorios de Álava, Guipúzcoa e Vizcaya, ditadas no exercicio das súas competencias exclusivas garantidas pola disposición adicional primeira da Constitución e recoñecidas no artigo 41.2.a) do Estatuto de Autonomía para o País Vasco, corresponde a:

    a) O Tribunal Supremo.

    b) O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco.

    c) A Audiencia Nacional.

    d) O Tribunal Constitucional.

    8.- Segundo o disposto no artigo 23 da Lei orgánica 2/1979, do Tribunal constitucional, cal das seguintes causas de cesamento dos maxistrados debe ser decretada polo Presidente?:

    a) Por ser declarado responsable civilmente por dolo ou condenado por delito doloso ou por culpa grave.

    b) Por incompatibilidade sobrevida.

    c) Por expiración do prazo do seu nomeamento.

    d) Por expresar a súa opinión no exercicio das súas funcións.

  • 5/41

    9.- Segundo o artigo 76 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, o Goberno poderá impugnar ante o Tribunal Constitucional as disposicións normativas sen forza de lei e resolucións emanadas de calquera órgano das Comunidades Autónomas:

    a) Dentro dos dous meses seguintes á data da súa publicación ou, en defecto da mesma, desde que chegara ao seu coñecemento.

    b) Nun prazo non superior a cinco meses, salvo que, con anterioridade, fose publicada.

    c) Dentro dos tres meses seguintes á data da súa publicación ou, en defecto da mesma, desde que lle fose comunicada.

    d) Nun prazo non superior a seis meses, salvo que, con anterioridade, lle fose comunicada.

    10.- Segundo o artigo 28 da Lei Orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, para apreciar a conformidade ou desconformidade coa Constitución dunha Lei, disposición ou acto con forza de Lei do Estado ou das Comunidades Autónomas:

    a) O Tribunal considerará os preceptos constitucionais e os Tratados internacionais.

    b) O Tribunal considerará, ademais dos preceptos constitucionais, as Leis que, dentro do marco constitucional se ditaran para delimitar as competencias do Estado, das diferentes Comunidades Autónomas e da Administración Local.

    c) O Tribunal considerará, ademais dos preceptos constitucionais, as Leis que, dentro do marco constitucional, se ditaran para delimitar as competencias do Estado e as diferentes Comunidades Autónomas ou para regular ou harmonizar o exercicio das competencias destas.

    d) O Tribunal considerará, ademais dos preceptos constitucionais, os Estatutos de Autonomía.

    11.- Segundo o artigo 4 da Lei orgánica 3/1980, de 22 abril, do Consello de Estado, integran o Consello de Estado en Pleno:

    a) O Presidente, os Conselleiros permanentes, os Conselleiros natos e o Secretario Xeral.

    b) O Presidente, os Conselleiros permanentes, os Conselleiros natos, os Conselleiros electivos e o Secretario Xeral.

    c) O Presidente, os Conselleiros permanentes, os Conselleiros natos, un representante da Comisión de estudos e o Secretario Xeral.

    d) O Presidente, os Conselleiros permanentes e os Conselleiros natos.

  • 6/41

    12.- Segundo o artigo 8.2 da Lei Orgánica 3/1980, do 22 de abril, do Consello de Estado, serán Conselleiros natos de Estado:

    a) O Presidente do Consejo Económico y Social.

    b) Defensor do Pobo.

    c) Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial.

    d) Presidente do Tribunal de Contas.

    13.- Segundo o artigo 21 da Lei Orgánica 3/1980, do 22 de abril, do Consello de Estado, o Consello de Estado en Pleno deberá ser consultado nunha serie de asuntos, entre os que non están os:

    a) Proxectos de Decretos lexislativos.

    b) Anteproxectos de reforma constitucional, cando a proposta non fose elaborada polo propio Consello de Estado.

    c) Anteproxectos de Lei Orgánica de transferencias ou delegación de competencias estatais ás Comunidades Autónomas.

    d) Anteproxectos de leis que deban ditarse en execución, cumprimento ou desenvolvemento de tratados, convenios ou acordos internacionais e do dereito comunitario europeo.

    14.- De acordo co artigo 9 da Lei Orgánica 3/1980, do 22 de abril, do Consello de Estado, os Conselleiros electivos de Estado serán nomeados por Real Decreto entre quen desempeñase calquera dos seguintes cargos (sinale a resposta incorrecta):

    a) Reitor de Universidade.

    b) Alcalde de capital de provincia.

    c) Membro de Asemblea lexislativa de Comunidade Autónoma.

    d) Xefe do Estado Maior da Defensa.

    15.- No caso de que as Cortes fosen disoltas, segundo o artigo 11 da Lei Orgánica 3/1981, do 6 de abril, do Defensor do Pobo:

    a) A actividade do Defensor do pobo cesa ata que se constitúan novas Cortes.

    b) A actividade do Defensor do pobo non se verá interrompida e nesta situación dirixirase ao goberno en funcións.

    c) A actividade do Defensor do pobo non se verá interrompida e nesta situación dirixirase ás Deputacións Permanentes das Cámaras.

    d) A actividade do Defensor do pobo non se verá interrompida pero non terá interlocutor ata que se constitúan novas Cortes.

  • 7/41

    16.- De acordo co artigo 10 da Lei Orgánica 3/1981, do 6 de abril, do Defensor do Pobo, non poderán presentar queixas ante o Defensor do Pobo:

    a) Os menores de idade.

    b) Ningunha autoridade administrativa en asuntos da súa competencia.

    c) Os estranxeiros.

    d) As persoas internadas en centros penais ou de reclusión ou, en xeral, as persoas sometidas a calquera relación especial de suxeición ou dependencia dunha Administración ou Poder público.

    17.- Consonte o artigo 20 da Lei Orgánica 3/1981, do 6 de abril, do Defensor do Pobo, cando a queixa para investigar afectar a conduta das persoas ao servizo da Administración, en relación coa función que desempeñan:

    a) O Defensor do Pobo dará conta da mesma ao inmediato superior, que dará orde ao funcionario de responder a requisitoria do Defensor.

    b) O Defensor do Pobo dará conta da mesma ao seu inmediato superior para que no prazo de dez días responda por escrito e con achega de cuantos documentos e testemuños considere oportunos.

    c) O Defensor do Pobo dará conta da mesma ao afectado e ao seu inmediato superior ou Organismo de quen aquel dependese.

    d) O Defensor do Pobo dirixirá cantas actuacións investigadoras sexan necesarias ao superior xerárquico.

    18.- Cando o Defensor do Pobo reciba queixas referidas ao funcionamento da Administración de Xustiza, segundo o artigo 13 da Lei Orgánica 3/1981, do 6 de abril, do Defensor do Pobo, deberá dirixilas:

    a) Ao Consello Xeral do Poder Xudicial para que este investigue a súa realidade e adopte as medidas oportunas con arranxo á lei.

    b) Ás Cortes Xerais para que estas investiguen a súa realidade e adopten as medidas oportunas con arranxo á lei.

    c) Ao Consello Xeral do Poder Xudicial segundo o tipo de reclamación de que se trate, sen prexuízo da referencia que no seu informe xeral ás Cortes Xerais poida facer ao tema.

    d) Ao Ministerio Fiscal para que este investigue a súa realidade e adopte as medidas oportunas consonte a lei ou ben dea traslado das mesmas ao Consello Xeral do Poder Xudicial, segundo o tipo de reclamación de que se trate.

  • 8/41

    19.- Cando os feitos sometidos á xurisdición contable do Tribunal de Contas fosen á súa vez constitutivos de delito, segundo o artigo 18 da Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas, a responsabilidade civil será determinada:

    a) Pola xurisdición civil, en todo caso.

    b) Pola xurisdición contable no ámbito da súa competencia.

    c) Pola xurisdición penal, exclusivamente.

    d) Pola xurisdición contencioso-administrativa, se son delitos cometidos por funcionarios.

    20.- Cal das seguintes non é unha función do Pleno do Tribunal de Contas segundo o artigo 21 da Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas?:

    a) Exercer a función fiscalizadora.

    b) Presentar os conflitos que afecten ás competencias ou atribucións do Tribunal.

    c) Exercer a potestade disciplinaria nos casos de faltas moi graves respecto do persoal ao servizo do Tribunal.

    d) Aprobar e modificar os Regulamentos do Tribunal de Contas.

    21.- Segundo o articulo 9 da Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas, a función fiscalizadora do Tribunal de Contas referirase ao sometemento da actividade económico-financeira do sector público a (sinale a incorrecta):

    a) Os principios de legalidade e eficiencia.

    b) Os principios de economía e transparencia.

    c) A sustentabilidade ambiental e a igualdade de xénero.

    d) O principio de integridade.

    22.- Segundo o artigo 15 da Lei 50/1997, do 27 de novembro, do Goberno, a suplencia dos Secretarios de Estado do mesmo Departamento determinarase:

    a) Por Orde Ministerial ditada polo Ministro correspondente.

    b) Segundo a orde de precedencia que se derive do Real Decreto de estrutura orgánica do Ministerio.

    c) Polo Secretario de Estado do mesmo Departamento de maior antigüidade e, en caso de igualdade de antigüidade, o de maior idade.

    d) Segundo a orde de precedencia que se derive da Orde Ministerial de estrutura orgánica do Ministerio.

  • 9/41

    23.- Cal das seguintes non é unha función do Presidente do Goberno segundo o artigo 2 da Lei 50/1997, do 27 de novembro, do Goberno?

    a) Establecer o programa político do Goberno e determinar as directrices da política interior e exterior e velar polo seu cumprimento.

    b) Dirixir a política de defensa e exercer respecto das Forzas Armadas as funcións previstas na lexislación reguladora da defensa nacional e da organización militar.

    c) Declarar os estados de alarma e de excepción e propoñer ao Congreso dos Deputados a declaración do estado de sitio.

    d) Interpoñer o recurso de inconstitucionalidade.

    24.- Segundo o artigo 25 da Lei 50/1997, do 27 de novembro, do Goberno, o Goberno aprobará anualmente un Plan Normativo:

    a) Que conterá as iniciativas lexislativas ou regulamentarias que vaian ser elevadas para a súa aprobación no ano seguinte.

    b) Que conterá as iniciativas regulamentarias que vaian ser elevadas para a súa aprobación no ano seguinte, coa análise previa dos seus custos.

    c) Non poderán ser elevadas para a súa aprobación as propostas normativas que non figurasen no Plan Anual Normativo aprobado.

    d) Antes do 31 de xaneiro.

    25.- Segundo o artigo 8 da Lei 50/1997, do 27 de novembro, do Goberno, corresponde á Comisión Xeral de Secretarios de Estado e Subsecretarios:

    a) O exame de todos os asuntos que vaian someterse á aprobación do Consello de Ministros, os nomeamentos, cesamentos, ascensos a calquera dos empregos da categoría de oficiais xerais e aqueles que, excepcionalmente e por razóns de urxencia, deban ser sometidos directamente ao Consello de Ministros.

    b) Velar polo cumprimento dos principios de boa regulación aplicables ás iniciativas normativas e contribuír á mellora da calidade técnica das disposicións aprobadas polo Goberno.

    c) Velar pola correcta e fiel publicación das disposicións e normas emanadas do Goberno que deban inserirse no “Boletín Oficial do Estado”.

    d) A análise ou discusión daqueles asuntos que, sen ser competencia do Consello de Ministros ou as súas Comisións Delegadas, afecten a varios Ministerios e sexan sometidos á Comisión polo seu presidente.

  • 10/41

    26.- A modificación da Disposición Adicional Primeira do Estatuto de Autonomía de Galicia referida á cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma:

    a) Terá que ser realizada a través do procedemento de reforma do Estatuto previsto no Título Quinto.

    b) Poderase realizar mediante acordo do Goberno coa Comunidade Autónoma, que será tramitado polo Goberno como proxecto de lei.

    c) Poderase realizar mediante acordo do Goberno coa Comunidade Autónoma, que será tramitado polo Goberno como proxecto de lei orgánica.

    d) Non está prevista.

    27.- Cal dos seguintes ingresos da facenda autonómica non aparece reservado expresamente á Lei no artigo 51 do Estatuto de Autonomía de Galicia?

    a) Ingresos de dereito privado, legados e doazóns; subvencións.

    b) A emisión de débeda pública e demais operacións de crédito concertadas pola Comunidade Autónoma galega.

    c) O establecemento e a modificación e supresión das recargas sobre os impostos do Estado.

    d) O establecemento, a modificación e supresión dos seus propios impostos, taxas e contribucións especiais e das exencións ou bonificacións que lles afecten.

    28.- O artigo primeiro do Estatuto de Autonomía de Galicia establece que a Comunidade Autónoma, a través de institucións democráticas, asume como tarefa principal:

    a) A defensa dos dereitos políticos dos galegos e dos seus dereitos, liberdades e deberes fundamentais.

    b) A defensa da identidade de Galicia e dos dereitos políticos dos galegos.

    c) A defensa da identidade de Galicia e das súas institucións.

    d) A defensa da identidade de Galicia e dos seus intereses e a promoción da solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego.

    29. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia, en cal das seguintes materias non ten competencia exclusiva a Comunidade Autónoma de Galicia?:

    a) As feiras e mercados interiores.

    b) A ordenación do territorio e o litoral.

    c) Urbanismo e vivenda.

    d) Ordenación do sector pesqueiro.

  • 11/41

    30.- De acordo co establecido no Título Segundo do Estatuto de Autonomía de Galicia, en materia de réxime xurídico da administración pública de Galicia e réxime estatutario dos seus funcionarios:

    a) É competencia da Comunidade Autónoma galega o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado nos termos que esta estableza.

    b) Correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a execución da lexislación do Estado.

    c) No marco do Estatuto correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva.

    d) É competencia plena da Comunidade Autónoma galega.

    31.- Segundo o artigo 48 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, cal das seguintes afirmacións é falsa con relación ao debate de política xeral?

    a) A iniciativa para a súa celebración corresponde ao Parlamento de Galicia.

    b) Realizarase anualmente, agás que no mesmo ano a Cámara investise ao presidente ou á presidenta da Xunta de Galicia.

    c) A súa celebración debe solicitarse ao comezo dun dos períodos de sesións.

    d) A súa celebración solicitarase pola Xunta de Galicia.

    32.- De acordo co artigo 4 da Lei 1/1983, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, corresponde á Xunta:

    a) Crear, modificar ou suprimir mediante Decreto a Vicepresidencia ou Vicepresidencias, se as houber, e as Consellerías.

    b) Ditar Decretos Leis nos supostos de delegación expresa do Parlamento.

    c) Convocar eleccións ao Parlamento de Galicia trala súa disolución.

    d) Resolver os recursos en vía administrativa nos casos previstos polas leis.

    33.- De acordo co artigo 26 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, corresponde ao titular da Presidencia da Xunta, en caso de ausencia, enfermidade ou impedimento do titular:

    a) Encomendar a un Vicepresidente o despacho dos asuntos da Presidencia ou a un Conselleiro que se encargue do despacho dunha Consellería.

    b) Encomendar a un Vicepresidente ou a un Conselleiro que se encargue do despacho dunha Consellería ou da propia Presidencia.

    c) Delegar no conselleiro da Presidencia as competencias dos titulares da Vicepresidencia.

    d) Delegar nunha consellería as competencias atribuídas ao Vicepresidente ou Vicepresidentes, de existir estes.

  • 12/41

    34.- De acordo co artigo 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, se o Parlamento outorga a súa confianza ao candidato á Presidencia da Xunta:

    a) O Presidente comunicarao a El-Rei para o seu nomeamento, mediante Real Decreto que se publicará no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia.

    b) O Parlamento ordenará a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e comunicarao ao Presidente do Goberno, que ordenará a súa publicación no Boletín Oficial do Estado.

    c) O Presidente elixido tomará posesión ao día seguinte da súa elección.

    d) O Presidente elixido tomará posesión dentro dos dous días seguintes ao da súa elección.

    35.- Segundo o artigo 29 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, un partido, federación ou coalición que obtivera representación nas anteriores eleccións ao Parlamento de Galicia e acadara, polo menos, un 15 por 100 do total de votos válidos emitidos na Comunidade Autónoma, terá dereito, durante a campaña electoral, a un tempo gratuíto de propaganda electoral na TVG, de:

    a) Dez minutos.

    b) Vinte minutos.

    c) Trinta minutos.

    d) Corenta e cinco minutos.

    36.- Cal das seguintes afirmacións non é correcta con relación ao escrutinio xeral, segundo o artigo 37 bis da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia?

    a) Realizarano as xuntas electorais provinciais.

    b) Realizarase o décimo día seguinte á votación.

    c) Deberá realizarse na forma prevista na Lei orgánica do réxime electoral xeneral.

    d) Concluirá non máis tarde do décimo primeiro día posterior ás eleccións.

    37.- Segundo o artigo 21 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, para presentar candidaturas, as agrupacións de electores precisarán, cando menos:

    a) A sinatura do 1 por 100 dos inscritos no censo electoral da Comunidade Autónoma.

    b) A sinatura do 2 por 100 dos inscritos no censo electoral de circunscricións.

    c) A sinatura do 1 por 100 dos inscritos no censo electoral de circunscricións.

    d) A sinatura do 2 por 100 dos inscritos no censo electoral da Comunidade Autónoma.

  • 13/41

    38.- Cal é o número mínimo inicial de Deputados que lle corresponde a cada unha das catro provincias, segundo o artigo 9 da Lei 8/1985, do 13 de agosto de eleccións ao Parlamento de Galicia?:

    a) Once.

    b) Nove.

    c) Dez.

    d) Doce.

    39.- Segundo o artigo 3 da Lei 6/1984, do Valedor do Pobo de Galicia, o nomeamento do Valedor do Pobo:

    a) Será acreditado polo Presidente do Parlamento e publicado no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia.

    b) Será acreditado polo Presidente da Xunta e publicado no Diario Oficial de Galicia.

    c) Será acreditado polo Presidente do Parlamento e publicado no Diario Oficial de Galicia.

    d) Será acreditado pola Mesa do Parlamento e publicado no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia.

    40.- Entre as seguintes causas de cesamento do Valedor do Pobo, en cal non corresponde ao Presidente do Parlamento declarar a vacante, segundo o artigo 5 da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo de Galicia?:

    a) Perda da condición política de galego ou galega.

    b) Renuncia.

    c) Expiración do prazo do mandato.

    d) Notorio incumprimento das obrigas e deberes do seu cargo.

    41.- Conforme ao artigo 2 da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo de Galicia, a proposta de candidato ou candidatos a Valedor do Pobo será realizada por:

    a) A Comisión de Peticións.

    b) O Pleno do Parlamento de Galicia.

    c) O Consello da Xunta.

    d) A Mesa do Parlamento.

    42.- Segundo o artigo 19 da Lei 6/1984, do Valedor do Pobo de Galicia, o Valedor do Pobo:

    a) Tramitará ou rexeitará as queixas recibidas.

    b) Non poderá rexeitar as queixas recibidas.

    c) Só poderá rexeitar as queixas recibidas de forma anónima.

    d) Poderá rexeitar as queixas recibidas de forma anónima mediante resolución que será susceptible de recurso ordinario.

  • 14/41

    43.- Se entre as conselleiras e conselleiros electivos ningún obtivese no prazo dun mes a maioría absoluta necesaria para a súa elección como presidenta ou presidente, segundo o artigo 17 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia:

    a) Prorrogarase ese período por outro de igual duración limitando as posibilidades de elección aos dous conselleiros que máis votos obtiveran nas votacións anteriores.

    b) Comunicarase á Presidencia da Xunta para que proceda ao seu nomeamento.

    c) Nomearase titular da presidencia ao conselleiro electivo de máis idade.

    d) Resolverase a titularidade da presidencia por sorteo.

    44.- Cal dos seguintes non é un suposto de ditame facultativo segundo o artigo 13 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia?

    a) Nulidade de pleno dereito dos actos ditados en materia tributaria.

    b) Modificación dos instrumentos de planeamento urbanístico regulados por lei, cando teñan por obxecto unha diferente zonificación no uso urbanístico do solo rústico especial, nos espazos libres e nas zonas verdes destinados ao dominio público do plan.

    c) Anteproxectos de lei elaborados polo Consello da Xunta.

    d) Conflitos de atribucións que se susciten entre diversas consellarías, entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma e outras administracións públicas de Galicia ou entre as entidades locais de Galicia.

    45.- Segundo o artigo 26 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, as persoas ou entidades directamente interesadas nos asuntos motivadores das consultas:

    a) Asistirán ás sesións do Pleno con voz e voto cando na Sala se puxeran de manifesto discrepancias na adopción do acordo.

    b) Asistirán ás sesións do Pleno con voz pero sen voto cando na Sala se poñan de manifesto discrepancias na adopción do acordo.

    c) Poden ser oídas perante o Consello, por acordo deste adoptado de oficio ou por petición daquelas.

    d) Poderán presentar alegacións perante o Consello, nos casos expresamente establecidos nesta lei.

  • 15/41

    46.- De acordo co artigo 24 da Lei 3/2014, do Consello Consultivo de Galicia, o Consello Consultivo:

    a) Deberá emitir os seus ditames e informes no prazo de quince días desde o día seguinte á recepción da solicitude. Para a redacción de anteproxectos lexislativos e elaboración de propostas lexislativas ou de reforma estatutaria, o prazo será o que fixe a autoridade consultante, e na súa falta, seis meses.

    b) Deberá emitir os seus ditames e informes no prazo dun mes desde o día seguinte á recepción da solicitude. Para a redacción de anteproxectos lexislativos e elaboración de propostas lexislativas ou de reforma estatutaria, o prazo será o que fixe a autoridade consultante, e na súa falta, tres meses.

    c) Deberá emitir os seus ditames e informes no prazo dun mes a partir do día seguinte á recepción da solicitude. Para a redacción de anteproxectos lexislativos e elaboración de propostas lexislativas ou de reforma estatutaria, o prazo será o que fixe a autoridade consultante, e no seu defecto, seis meses.

    d) Deberá emitir os seus ditames e informes no prazo de quince días desde o día seguinte á recepción da solicitude. Para a redacción de anteproxectos lexislativos e elaboración de propostas lexislativas ou de reforma estatutaria, o prazo será o que fixe a autoridade consultante, e na súa falta, tres meses.

    47.- Sinálese a resposta incorrecta con relación á mutación demanial, segundo o artigo 23 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia:

    a) Implica a modificación dos fins específicos aos que os bens ou dereitos se vinculan e, de ser o caso, a alteración da adscrición orgánica deles.

    b) É o acto en virtude do cal se efectúa a desafectación dun ben ou dereito do patrimonio da Comunidade Autónoma, con simultánea afectación a outro uso xeral, fin ou servizo público.

    c) Pode efectuarse de forma expresa ou tácita.

    d) Non supón transferencia de titularidade do ben nin cambio da súa cualificación xurídica.

    48.- Segundo o artigo 57 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, as retrocesións de bens e dereitos adscritos á Comunidade Autónoma acordaranse:

    a) Polos órganos que resulten competentes para a súa adquisición.

    b) Polo Consello da Xunta, por proposta da consellaría competente en materia de patrimonio.

    c) Polo titular da Consellería competente en materia de patrimonio.

    d) Polo Parlamento de Galicia, en todo caso.

  • 16/41

    49.- Segundo o artigo 2 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, o patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia está constituído por:

    a) O conxunto dos bens e dereitos de titularidade da Administración xeral da Comunidade Autónoma salvo nos casos en que reúnan os requisitos previstos para os bens demaniais, así como o diñeiro e demais recursos financeiros da súa Facenda.

    b) O conxunto dos bens e dereitos de titularidade da Administración xeral da Comunidade Autónoma e das entidades públicas instrumentais, de carácter patrimonial, así como os recursos que constitúen a súa tesourería.

    c) O conxunto dos bens e dereitos de titularidade das Administracións públicas na Comunidade Autónoma

    d) O conxunto dos bens e dereitos de titularidade da Administración xeral da Comunidade Autónoma e das entidades públicas instrumentais, calquera que sexa a súa natureza e o título da súa adquisición ou aquel en virtude do cal lle fosen atribuídos.

    50.- Segundo o artigo 11 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, poderán adscribirse bens e dereitos demaniais:

    a) Ás Consellerías e entidades públicas instrumentais, cando sexan necesarios para o cumprimento dos fins atribuídos á súa competencia.

    b) Ás consellerías, de forma expresa, para o desenvolvemento das súas competencias.

    c) Á consellería con competencias en materia de patrimonio.

    d) Ás consellerías, de forma expresa, que poderán encomendar a súa xestión ás entidades públicas instrumentais adscritas.

    51.- Segundo o artigo 10 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, non corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais de:

    a) Os municipios e núcleos de poboación.

    b) Os territorios.

    c) As vías urbanas.

    d) As vías de comunicación interurbanas.

    52.- Segundo o artigo 5 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, as leis de Galicia publicaranse:

    a) En galego e castelán no Diario Oficial de Galicia.

    b) En galego no Diario Oficial de Galicia e en castelán no Boletín Oficial do Estado.

    c) Non se publicarán no Boletín Oficial do Estado.

    d) En galego e castelán no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial da Unión Europea.

  • 17/41

    53.- Cal das seguintes non é unha obriga da Xunta de Galicia, segundo o artigo 20 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística?

    a) Fomentar a produción, a dobraxe, a subtitulación e a exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega.

    b) Estimular as manifestacións culturais, representacións teatrais e os espectáculos feitos en lingua galega.

    c) Fomentar a aproximación da lingua galega á lingua portuguesa co fin de recuperar a comunidade lingüística.

    d) Contribuír ao fomento do libro en galego, con medidas que potencien a produción editorial e a súa difusión.

    54.- Segundo a Disposición derradeira sétima da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as previsións relativas ao rexistro electrónico de apoderamentos, rexistro electrónico, rexistro de empregados públicos habilitados, punto de acceso xeral electrónico da Administración e arquivo único electrónico producirán efectos:

    a) Desde a entrada en vigor da lei.

    b) Aos dous anos da entrada en vigor da Lei.

    c) A partir do día 2 de outubro de 2020.

    d) Todas as anteriores son falsas.

    55.- Segundo o artigo 15 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se nun procedemento administrativo desenvolvido ante os órganos da Administración Xeral do Estado con sede no territorio dunha Comunidade Autónoma con lingua cooficial, concorresen varios interesados no procedemento e existise discrepancia entre eles en canto á lingua:

    a) Todo o procedemento, sen excepción, tramitarase en castelán.

    b) Todo o procedemento tramitarase, sen excepción, na lingua utilizada polo primeiro dos administrados intervintes.

    c) Todo o procedemento desenvolverase na lingua que elixa o titular do órgano administrativo, ben que os documentos ou testemuños que requiran os interesados expediranse na lingua elixida por eles.

    d) O procedemento tramitarase en castelán, ben que os documentos ou testemuños que requiran os interesados se expedirán na lingua elixida por eles.

  • 18/41

    56.- A teor do disposto no artigo 1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, poderanse establecer especialidades do procedemento:

    a) Só mediante lei, referidas aos órganos competentes, prazos propios do concreto procedemento por razón da materia, formas de iniciación e terminación, publicación e informes que cumpra solicitar

    b) Regulamentariamente, referidas aos órganos competentes, prazos propios do procedemento concreto por razón da materia, formas de iniciación e terminación, publicación e informes que cumpra solicitar

    c) Regulamentariamente, referidas a trámites adicionais ou distintos aos contemplados nesta lei, prazos propios do concreto procedemento por razón da materia, formas de iniciación e terminación e informes que cumpra solicitar

    d) Regulamentariamente, referidas aos requisitos de validez e eficacia, trámites adicionais ou distintos aos contemplados nesta lei e prazos propios do concreto procedemento por razón da materia.

    57. De acordo ao disposto no artigo 33 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, respecto á tramitación de urxencia, cal das seguintes afirmacións é correcta?:

    a) Cando razóns de interese público o aconsellen, o órgano competente acordará de oficio a aplicación ao procedemento da tramitación de urxencia, pola cal se reducirán á metade os prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

    b) Non se poderá acordar a aplicación da tramitación de urxencia aos procedementos iniciados a solicitude do interesado.

    c) Cando razóns de interese público o aconsellen, poderase acordar, de oficio ou por petición do interesado, a aplicación ao procedemento da tramitación de urxencia, pola cal se reducirán á metade todos os prazos establecidos para o procedemento ordinario.

    d) Cando razóns de interese público o aconsellen, poderase acordar, de oficio ou por petición do interesado, a aplicación ao procedemento da tramitación de urxencia, pola cal se reducirán á metade os prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

    58.- A emisión de informes, segundo o artigo 80 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, realizarase con carácter xeral no prazo de:

    a) Cinco días.

    b) Dez días.

    c) Quince días.

    d) Vinte días.

  • 19/41

    59.- A teor do disposto no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, exceptúanse da obriga de ditar resolución expresa e notificala:

    a) Os supostos de terminación do procedemento por pacto ou convenio, así como os procedementos relativos ao exercicio de dereitos sometidos unicamente ao deber de declaración responsable ou comunicación á Administración.

    b) Os supostos de terminación do procedemento por pacto ou convenio, así como os procedementos relativos ao exercicio de dereitos sometidos unicamente ao deber de declaración responsable ou comunicación á Administración e os casos de desaparición sobrevida do obxecto.

    c) Os supostos de terminación do procedemento por pacto ou convenio, así como os casos de prescrición, renuncia do dereito, caducidade do procedemento ou desistencia da solicitude.

    d) Os casos de prescrición, renuncia do dereito, caducidade do procedemento ou desistencia da solicitude, así como os procedementos relativos ao exercicio de dereitos sometidos unicamente ao deber de declaración responsable ou comunicación á Administración.

    60.- A teor do disposto no artigo 26 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, para seren considerados válidos, os documentos electrónicos administrativos deberán:

    a) Incorporar os metadatos mínimos esixidos.

    b) Incorporar sinatura electrónica que permita que sexan trasladados a un terceiro a través de medios electrónicos cando non formen parte dun expediente administrativo ou se publiquen con carácter informativo.

    c) Incorporar unha referencia local e temporal do momento en que foron emitidos.

    d) Conter a identificación dos destinatarios do documento.

    61.- Segundo o artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, todas as notificacións que se practiquen en papel:

    a) Poderán ser postas a disposición do interesado na sede electrónica da Administración ou organismo actuante para que poida acceder ao contido delas de forma voluntaria.

    b) Deberán ser postas a disposición do interesado na sede electrónica da Administración ou organismo actuante para que poida acceder ao contido delas de forma voluntaria.

    c) Poderán ser postas a disposición do interesado na sede electrónica da Administración ou organismo actuante. Cando o interesado accedese ao contido da notificación en sede electrónica, o resto das notificacións deberán realizarse a través de medios electrónicos.

    d) Deberán ser postas a disposición do interesado na sede electrónica da Administración ou organismo actuante cando conteñan medios de pago a favor dos obrigados.

  • 20/41

    62.- Segundo o artigo 22 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, para a creación de órganos colexiados da Administración Xeral do Estado e dos seus Organismos públicos soamente se requirirá de norma específica, con publicación no «Boletín Oficial do Estado», nos casos en que se lles atribúa a seguinte competencia:

    a) Competencias decisorias.

    b) Competencias de proposta ou emisión de informes, preceptivos ou non, que sirvan de base a decisións doutros órganos administrativos.

    c) Competencias de seguimento ou control das actuacións doutros órganos de calquera Administración Pública.

    d) Todas son certas.

    63.- A teor do artigo 25 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, en relación coa potestade sancionadora das Administracións públicas:

    a) Exercerase cando fose expresamente recoñecida por unha disposición de rango legal ou regulamentario.

    b) Corresponde o seu exercicio aos órganos administrativos que a teñan expresamente atribuída por disposición de rango legal ou regulamentario.

    c) Exercerase cando fose expresamente recoñecida por unha disposición de rango regulamentario.

    d) Corresponde o seu exercicio aos órganos administrativos que a teñan expresamente atribuída, por disposición de rango legal.

    64.- Segundo o artigo 5 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, terán a consideración de órganos administrativos:

    a) Os dotados de autonomía orgánica e funcional.

    b) Os facultados para dirixir as actividades de unidades administrativas mediante instrucións e ordes de servizo, dotados de autonomía funcional.

    c) Aqueles que integran a administración e a súa estrutura xerárquica, salvo cando exercen funcións de asesoramento.

    d) As unidades administrativas a que se atribúan funcións que teñan efectos xurídicos fronte a terceiros ou cuxa actuación teña carácter preceptivo.

  • 21/41

    65. Segundo o artigo 47 da Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público, cal dos seguintes non é un tipo de convenio que subscriban as Administracións Públicas, os organismos públicos e as entidades de dereito público vinculados ou dependentes e as Universidades públicas?:

    a) Os convenios asinados entre unha Administración Pública ou organismo ou entidade de dereito público e un suxeito de Dereito privado.

    b) Os convenios intradministrativos asinados entre organismos públicos e entidades de dereito público vinculados ou dependentes dunha mesma Administración Pública.

    c) Os convenios non constitutivos nin de tratado internacional, nin de acordo internacional administrativo, nin de acordo internacional non normativo, asinados entre as Administracións Públicas e os órganos, organismos públicos ou entes dun suxeito de Dereito internacional.

    d) Os convenios interadministrativos subscritos entre dous ou máis Comunidades Autónomas para a xestión e prestación de servizos propios delas.

    66.- Conforme ao artigo 96 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, os organismos públicos estatais deberanse disolver:

    a) Cando do seguimento do plan de actuación resulte o incumprimento dos fins que xustificaron a creación do organismo ou que a súa subsistencia non é o medio máis idóneo para logralos e así se conclúa no control de eficacia ou de supervisión continua.

    b) Por encontrarse en situación de desequilibrio financeiro durante tres exercicios orzamentarios consecutivos.

    c) Cando así o acorde o Presidente do Goberno seguindo o proceso determinado para o efecto no acto xurídico que acorde a disolución.

    d) Porque a totalidade dos seus fins e obxectivos sexan asumidos polos servizos da Administración autonómica correspondente.

    67.- Consonte co artigo 110 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, os efectos dunha sentenza firme que recoñecese unha situación xurídica individualizada en favor dunha ou varias persoas poderán estenderse a outras, en execución da sentenza, cando se dean os requisitos establecidos na lei e a sentenza se refira a unha serie de materias, entre as que non está:

    a) A tributaria.

    b) O persoal ao servizo da Administración pública.

    c) A unidade de mercado.

    d) A contratación administrativa.

  • 22/41

    68.- En cal dos seguintes casos non se presume a existencia de interese casacional obxectivo, segundo o artigo 88 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa?

    a) Cando na resolución impugnada se aplicaran normas nas que se sustente a razón de decidir sobre as que xa exista xurisprudencia.

    b) Cando dita resolución se aparte deliberadamente da xurisprudencia existente ao considerala errónea.

    c) Cando a sentenza recorrida declare nula unha disposición de carácter xeral, agás que esta, con toda evidencia, careza de transcendencia suficiente.

    d) Cando resolva recursos contra actos ou disposicións dos organismos reguladores ou de supervisión ou axencias estatais cuxo axuizamento corresponde á Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional.

    69.- De acordo co artigo 122 ter da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no procedemento de autorización xudicial en relación con decisións da Comisión Europea en materia de transferencia internacional de datos:

    a) Serán partes no procedemento aqueles que o fosen no procedemento tramitado ante a autoridade de protección de datos, o Ministerio Fiscal e a Comisión Europea.

    b) Serán partes no procedemento, ademais da autoridade de protección de datos, o responsable do tratamento.

    c) Serán partes no procedemento, ademais da autoridade de protección de datos, aqueles que o fosen no procedemento tramitado ante ela e, en todo caso, a Comisión Europea.

    d) Serán partes no procedemento aqueles que o fosen no procedemento tramitado ante a autoridade de protección de datos e a Comisión Europea.

    70.- De acordo co artigo 128 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, durante o mes de agosto non correrá o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo nin ningún outro prazo dos previstos nesta Lei:

    a) Salvo para a adopción de medidas cautelares, para o que se considerará que o mes de agosto terá carácter de hábil.

    b) Salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

    c) O mes de agosto terá carácter hábil para os casos de urxencia.

    d) Salvo para os procedementos especiais do Título V, para os que se considerará que o mes de agosto terá carácter de hábil.

  • 23/41

    71.- A orde xurisdicional contenciosa-administrativo, coñecerá das cuestións que se susciten, conforme ao establecido no artigo 2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, en relación con:

    a) O recurso contencioso-disciplinario militar.

    b) Os conflitos de xurisdición entre os Xulgados e Tribunais e a Administración pública e os conflitos de atribucións entre órganos dunha mesma Administración.

    c) A protección xurisdicional dos dereitos fundamentais

    d) As cuestións expresamente atribuídas ás ordes xurisdicionais civil, penal e social, aínda que estean relacionadas coa actividade da Administración pública.

    72.- Segundo o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, cal dos seguintes dereitos non prescribe aos cinco anos con carácter xeral?:

    a) O dereito da Facenda da Comunidade para recoñecer ou liquidar créditos ao seu favor.

    b) O dereito da Facenda da Comunidade ao cobro dos créditos recoñecidos ou liquidados.

    c) O dereito da Facenda da Comunidade para recoñecer, liquidar ou cobrar créditos derivados dos tributos propios da Comunidade Autónoma.

    d) O dereito ao recoñecemento ou á liquidación de toda obriga e a esixir o pagamento de todas as obrigas recoñecidas e liquidadas.

    73.- Cal das seguintes afirmacións é falsa consonte ao o artigo 46 ter do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, con relación ao plan estratéxico?:

    a) Debe axustarse ao marco financeiro plurianual da Comunidade Autónoma.

    b) Debe integrarse co Plan Estratéxico Coordinado Estatal e Europeo (PECEE) que elabora o Goberno central.

    c) Debe contar cunha definición dos obxectivos estratéxicos e operativos coherente coa dos programas plurianuais de gasto.

    d) Debe contar con indicadores que permitan seguir a súa consecución.

  • 24/41

    74.- Segundo o artigo 91 bis do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, os depósitos e garantías en efectivo constituídos na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma respecto dos que non se realice ningunha xestión por parte dos interesados no exercicio do seu dereito de propiedade prescribirán a favor da Facenda da Comunidade Autónoma no prazo de:

    a) Vinte anos.

    b) Trinta anos.

    c) Dez anos.

    d) Cinco anos.

    75- Segundo o artigo 26 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, para que no pagamento das obrigacións da Comunidade se devenguen os correspondentes xuros de demora:

    a) Non debe terse feito efectivo o pagamento ao acredor no prazo dos tres meses seguintes ao día da notificación da resolución xudicial ou do recoñecemento da propia obriga.

    b) O acredor debe reclamar por escrito o cumprimento da obriga.

    c) Agás o establecido en leis especiais, resultará da aplicación, para cada ano ou período dos que integran o período de cálculo, do interese legal fixado na Lei de orzamentos do Estado para os devanditos exercicios.

    d) Todas son certas.

    76.- Poderán xerar crédito nos estados de gastos dos orzamentos os ingresos efectivos, os dereitos liquidados e os compromisos firmes de ingresos derivados das seguintes operacións, segundo o artigo 69 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia:

    a) Os créditos extraordinarios e os suplementos de crédito, así como as transferencias de crédito, que se concedesen ou autorizasen, respectivamente, no último mes do exercicio orzamentario e que, por causas xustificadas, non puidesen ser utilizados durante o mesmo.

    b) Os créditos destinados a operacións de capital.

    c) Achegas doutras Administracións Públicas ou de persoas físicas ou xurídicas para financiar gastos que pola súa natureza estean comprendidos nos fins ou obxectivos encomendados á Comunidade Autónoma ou aos seus organismos autónomos.

    d) Os créditos que contemplen compromisos de gastos anteriores ao último mes do exercicio orzamentario e que non puidesen executarse ao final do exercicio económico por causas xustificadas.

  • 25/41

    77.- Conforme ao artigo 41 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, o importe máximo dos avais que poderá conceder a Comunidade Autónoma durante o ano será determinado:

    a) Pola Xunta de Galicia, a proposta do conselleiro de Economía e Facenda.

    b) Pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

    c) Pola Lei de orzamentos xerais da Comunidade.

    d) Polo conselleiro de Economía e Facenda.

    78.- Segundo o artigo 6 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, será competencia do Consello da Xunta:

    a) A administración, xestión e recadación dos dereitos da Facenda da Comunidade Autónoma.

    b) O control da eficacia e eficiencia respecto a os obxectivos previstos nos Orzamentos Xerais da Comunidade.

    c) A autorización dos gastos que segundo as leis requiran a súa aprobación.

    d) A regulación do réxime e da concesión de avais e outras garantías pola Comunidade Autónoma.

    79- Segundo o artigo 13 bis da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas, o conxunto de condicións que deben cumprir as operacións financeiras para minimizar o seu risco e custo denomínase:

    a) Estabilidade orzamentaria.

    b) Prudencia financeira.

    c) Senda de estabilidade.

    d) Sustentabilidade financeira.

    80.- Cal dos seguintes tributos non se configura polo artigo 11 da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas, como susceptible de cesión íntegra ás Comunidades Autónomas?

    a) O Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.

    b) O Imposto sobre o Patrimonio.

    c) O Imposto Especial sobre Determinados Medios de Transporte.

    d) O Imposto sobre o Valor Engadido.

  • 26/41

    81.- Segundo o artigo 8 da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas, a recadación dunha Comunidade Autónoma por unha contribución especial que estableza:

    a) Non poderá superar o custo total da obra ou do establecemento ou ampliación do servizo soportado polas Administracións Públicas.

    b) Non poderá superar o incremento de valor que a obra ou o establecemento ou ampliación do servizo provoque nos bens dos contribuíntes.

    c) Non poderá superar o custo da obra ou do establecemento ou ampliación do servizo soportado pola Comunidade Autónoma.

    d) Non poderá ser inferior ao custo da obra ou do establecemento ou ampliación do servizo soportado pola Comunidade Autónoma

    82.- Segundo o art. 7 da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas, as Comunidades Autónomas poderán establecer taxas pola utilización do seu dominio público, así como pola prestación de servizos públicos ou a realización de actividades en réxime de Dereito público da súa competencia, que se refiran, afecten ou beneficien de modo particular aos suxeitos pasivos cando estes servizos:

    a) Non sexan de solicitude voluntaria para os administrados e non se presten ou realicen polo sector privado, estea ou non establecida a súa reserva a favor do sector público conforme a normativa vixente.

    b) Non sexan de solicitude voluntaria para os administrados ou non se presten ou realicen polo sector privado, estea ou non establecida a súa reserva a favor do sector público conforme a normativa vixente.

    c) Sexan de solicitude voluntaria para os administrados e se presten ou realicen polo sector privado, estea ou non establecida a súa reserva a favor do sector público conforme a normativa vixente

    d) Todas son falsas.

    83.- Conforme ao artigo 4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, “naqueles casos en que a finalidade da subvención se refira á promoción do aforro e á eficiencia enerxética e/ou ao fomento das enerxías renovables, será necesario un informe previo das bases reguladoras da consellaría con competencias en materia de enerxía”. Este informe:

    a) Realizarase a través do Instituto Enerxético de Galicia e debe emitirse no prazo de dez días e entenderase favorable de non emitirse no dito prazo.

    b) Realizarase a través do Instituto Enerxético de Galicia e debe emitirse no prazo de quince días e entenderase favorable de non emitirse no dito prazo.

    c) Realizarase a través do Instituto Enerxético de Galicia e debe emitirse no prazo de dez días e entenderase desfavorable de non emitirse no dito prazo.

    d) Realizarase a través do Instituto Enerxético de Galicia e debe emitirse no prazo de quince días e entenderase desfavorable de non emitirse no dito prazo.

  • 27/41

    84.- Segundo o artigo 52 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as accións ou omisións tipificadas nesa lei non darán lugar a responsabilidade por infracción administrativa en materia de subvencións en varios supostos, entre os que non está:

    a) Cando as realice quen careza de capacidade de obrar.

    b) Cando concorra forza maior.

    c) Cando exista simple neglixencia.

    d) Cando deriven dunha decisión colectiva, para quen salvase o seu voto ou non asistise á reunión na que se tomou aquela.

    85.- De acordo coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cal das enumeradas non pode ter a condición entidade colaboradora?:

    a) Aquelas que desen lugar, por causa da que fosen declarados culpables, á resolución firme de calquera contrato celebrado coa administración.

    b) As sociedades mercantís participadas íntegra ou maioritariamente polas administracións públicas, organismos ou entes de dereito público.

    c) A Administración xeral do Estado, outras comunidades autónomas e as corporacións locais.

    d) Todas as anteriores poden ter a consideración de entidade colaboradora.

    86.- Cal dos seguintes gastos non será subvencionable en ningún caso, segundo o artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    a) Os gastos financeiros.

    b) Os tributos.

    c) Os gastos de procedementos xudiciais.

    d) Os gastos de asesoría xurídica ou financeira.

    87.- A teor do artigo 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o instrumento habitual para canalizar as subvencións previstas nominativamente:

    a) Serán os convenios cando o importe concedido sexa superior a 150.000 euros.

    b) Serán as propostas de acordo ou resolución de concesión cando o importe concedido sexa inferior a 150.000 euros.

    c) Serán as convocatorias.

    d) Serán os convenios.

  • 28/41

    88.- Segundo o artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, entre as entidades públicas instrumentais non están:

    a) Entidades públicas empresariais.

    b) Sociedades mercantís públicas autonómicas.

    c) Axencias públicas autonómicas.

    d) Organismos autónomos.

    89.- De acordo co establecido no artigo 7 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a avocación realizarase:

    a) Mediante acordo motivado con autorización do superior xerárquico do órgano delegante.

    b) Coa resolución final que se dite, que lle será notificada aos interesados nos termos previstos nesta Lei.

    c) Mediante acordo motivado que lles deberá ser notificado aos interesados no procedemento, se os houber, coa resolución final que se dite.

    d) Mediante acordo motivado que lles deberá ser notificado aos interesados no procedemento, se os houber, con anterioridade á resolución final que se dite.

    90.- A teor do artigo 37 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a titularidade e o exercicio da potestade regulamentaria da Comunidade Autónoma correspóndelle:

    a) Á Xunta de Galicia.

    b) Á Xunta de Galicia, á presidencia e ás vicepresidencia ou vicepresidencias, de existir estas.

    c) Á Presidencia, á vicepresidencia ou vicepresidencias de existir estas e ás consellerías.

    d) Á Xunta de Galicia, ás consellerías, aos organismos autónomos e ás axencias públicas autonómicas.

  • 29/41

    91.- A teor do artigo 41 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, publicarase, nos termos previstos na normativa en materia de transparencia, a relación circunstanciada e motivada dos procedementos de elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral que estean en tramitación:

    a) Na fase final do procedemento.

    b) Con carácter previo á elaboración do anteproxecto a través do Portal de Transparencia, co fin de recoller a opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma.

    c) A partir do momento no que se produza a aprobación do anteproxecto.

    d) No trámite de audiencia.

    92.- Segundo o artigo 4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a organización e a actividade da Administración xeral e das entidades integrantes do sector público autonómico responden ao principio de división funcional. Na súa organización observaranse os seguintes principios, indique o que non corresponda:

    a) Xerarquía.

    b) Descentralización.

    c) Legalidade

    d)Simplificación, claridade, boa fe, imparcialidade, confianza lexítima e proximidade aos cidadáns.

    93.- Cal das seguintes funcións lle corresponde á Presidencia do órgano colexiado, tal e como se establece no artigo 16 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia?:

    a) Efectuar a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias.

    b) Moderar o desenvolvemento dos debates.

    c) Preparar o despacho dos asuntos e autorizar as actas das sesións.

    d) Expedir certificacións dos ditames e acordos aprobados.

  • 30/41

    94.- Conforme ao artigo 68 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, os organismos autónomos son:

    a) Entidades ás que, para o cumprimento de programas específicos correspondentes a políticas públicas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, encoméndaselles a realización de actividades en réxime de descentralización funcional e xestión por obxectivos.

    b) Entidades públicas instrumentais cuxa organización e funcionamento se regulan polo dereito administrativo, e que se someten ao dereito privado só naqueles casos nos que corresponda de acordo coa normativa xeral ou sectorial aplicable.

    c) Entes instrumentais aos que se encomenda a realización, conforme a criterios de xestión empresarial, de actividades prestacionais, de xestión de servizos públicos ou de produción de bens de interese público.

    d) Entidades instrumentais da Administración xeral da Comunidade Autónoma dotadas de personalidade xurídica propia, que suxeitan a súa actividade ás normas que rexen a organización, funcionamento e actuación das administracións públicas, ao seu convenio de creación e ao seu estatuto.

    95.- Conforme ao artigo 232 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, as obras necesarias para emendar un menoscabo producido nun ben inmoble por causas fortuítas ou accidentais cando afecten fundamentalmente a estrutura resistente terán a consideración de:

    a) Reforma.

    b) Reparación simple.

    c) Gran reparación.

    d) Conservación.

    96.- Segundo o artigo 304 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, no contrato de subministración os gastos da entrega e transporte dos bens obxecto da subministración ao lugar convido:

    a) Serán sempre por conta da Administración.

    b) Serán sempre por conta do contratista.

    c) Serán por conta da Administración, agás pacto en contrario.

    d) Serán por conta do contratista, salvo pacto en contrario.

  • 31/41

    97.- Conforme ao establecido no artigo 73 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, a inscrición da prohibición de contratar no Rexistro de licitadores caducará:

    a) Pasados 6 meses desde que termine a súa duración.

    b) Pasados 1 mes desde que termine a súa duración.

    c) Pasados 3 meses desde que termine a súa duración.

    d) Pasado 1 ano desde que termine a súa duración.

    98.- Conforme ao artigo 44 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, poderán ser obxecto de recurso especial en materia de contratación:

    a) Os anuncios de licitación, os pregos e os documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a contratación.

    b) As concesións de obras ou de servizos cuxo valor estimado supere os dous millóns de euros.

    c) Os contratos de obras cuxo valor estimado sexa superior a dous millóns de euros, e de subministración e servizos, que teña un valor estimado superior a cen mil euros.

    d) Os procedementos de adxudicación que se sigan polo trámite de emerxencia.

    99.- Segundo a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, a aprobación dun proxecto de obras require supervisión cando:

    a) O orzamento base de licitación do contrato de obras sexa igual ou superior a 500.000 euros, IVE excluído.

    b) O orzamento base de licitación do contrato de obras sexa igual ou superior a 350.000 euros, IVE excluído.

    c) A aprobación dun proxecto sempre require a emisión dun informe de supervisión do proxecto para verificar que se tiveron en conta as disposicións xerais de carácter legal ou regulamentario así como a normativa técnica que resulten de aplicación para cada tipo de proxecto, calquera que sexa o orzamento base de licitación.

    d) A emisión dun informe de supervisión do proxecto para verificar que se tiveron en conta as disposicións xerais de carácter legal ou regulamentario así como a normativa técnica que resulten de aplicación para cada tipo de proxecto, é de carácter facultativo calquera que sexa o orzamento base de licitación, polo que non é un requisito para a aprobación do proxecto de obra.

  • 32/41

    100.- Segundo o artigo 89 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, en cal das seguintes situacións de excedencia os funcionarios non devindicarán retribucións nin lles será computable o tempo que permanezan en tal situación para os efectos de ascensos, trienios e dereitos no réxime da Seguridade Social que lles sexa de aplicación?

    a) Excedencia por coidado de familiares.

    b) Excedencia por razón de violencia de xénero

    c) Excedencia voluntaria por agrupación familiar.

    d) Excedencia por razón de violencia terrorista.

    101.- Segundo o artigo 10 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, os funcionarios interinos poden ser nomeados polo exceso ou acumulación de tarefas por un prazo:

    a) Máximo de seis meses.

    b) Máximo de nove meses, dentro dun período de doce meses.

    c) Máximo de seis meses, dentro dun período de doce meses.

    d) Máximo de nove meses.

    102.- Cal dos seguintes non é un dereito individual exercido colectivamente de acordo co establecido no artigo 15 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público?:

    a) Á liberdade sindical.

    b) Á negociación colectiva.

    c) De reunión.

    d) Á libre asociación profesional.

    103.- De acordo ao disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, queda(n) excluída(s) da obrigatoriedade de negociación:

    a) As normas que fixen os criterios e mecanismos xerais en materia de avaliación do desempeño.

    b) A determinación de condicións de traballo do persoal directivo.

    c) Os criterios xerais sobre ofertas de emprego público.

    d) Os plans de Previsión Social Complementaria.

  • 33/41

    104.- A teor do artigo 54 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, manter actualizada a súa formación e cualificación:

    a) É un deber dos empregados públicos.

    b) É un dereito de participación dos empregados públicos.

    c) É un principio de conduta.

    d) É un principio ético.

    105.- Segundo o artigo 14 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, corresponde á persoa titular da consellería competente en materia de función pública:

    a) Convocar as probas selectivas para o ingreso nos corpos ou escalas do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, agás no caso do persoal investigador, docente e sanitario.

    b) Aprobar a oferta de emprego público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

    c) Manter a adecuada coordinación cos órganos competentes en materia de persoal das demais administracións públicas.

    d) Emitir informe sobre os plans de ordenación de recursos humanos, así como sobre as previsións e medidas que deriven deles e que teñan incidencia no gasto público.

    106.- Segundo o artigo 37 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o posto de traballo:

    a) É o conxunto de actividades de tramitación que desenvolven as persoas adscritas a unha unidade administrativa.

    b) É unha unidade administrativa con funcións de execución, tramitación, inventario e, no seu caso, arquivo dos asuntos que teñan asignados.

    c) É un conxunto de funcións e actividades de apoio aos órganos superiores e de dirección da Administración xeral.

    d) É un conxunto de funcións, actividades, tarefas e outras responsabilidades identificadas baixo unha concreta denominación e para o desempeño das cales son esixibles determinados requisitos, méritos, capacidades e, de ser o caso, experiencia ou categoría profesional.

  • 34/41

    107.- Segundo o artigo 22 da Lei 2/2015 do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, correspóndelle exclusivamente ao persoal funcionario:

    a) O exercicio das funcións que impliquen participación directa ou indirecta no exercicio de potestades públicas ou na salvagarda dos intereses xerais das administracións públicas.

    b) O exercicio das funcións que impliquen participación directa no exercicio de potestades públicas ou na salvagarda dos intereses da cidadanía.

    c) O exercicio das funcións que impliquen exercicio de autoridade ou policía administrativa e postos de carácter instrumental.

    d) O exercicio de funcións expresamente cualificadas como de confianza ou asesoramento especial.

    108.- A teor do disposto no artigo 7 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, o concurso de traslados:

    a) Non é un sistema de provisión de postos aplicable ao persoal laboral

    b) Constitúe o sistema normal de provisión definitiva de postos de traballo.

    c) Constitúe o único sistema de provisión de postos de traballo do persoal laboral.

    d) É un sistema de provisión de postos de traballo das distintas consellerías e entidades do sector público autonómico cuxa convocatoria corresponde á persoa titular da Consellería.

    109.- Cal das seguintes afirmacións referidas á Comisión paritaria de vixilancia, interpretación e desenvolvemento do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, prevista no artigo 3 é correcta:

    a) A Comisión reunirase a petición dunha das partes no prazo de 10 días.

    b) Os representantes do persoal e da Administración na Comisión paritaria poderán asistir nas reunións por un asesor/a técnico/a, con voz e con voto.

    c) Correspóndelle á Comisión ser oída con anterioridade á publicación da oferta de emprego público.

    d) Os acordos tomaranse por maioría.

    110.- Segundo o artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas, quen acceda por calquera título a un novo posto do sector público que sexa susceptible de compatibilidade previa autorización:

    a) Deberán instala nos cinco primeiros días do prazo de toma de posesión.

    b) Deberán instala nos quince primeiros días do prazo de toma de posesión.

    c) Deberán instala nos oito primeiros días do prazo de toma de posesión.

    d) Deberán instala nos dez primeiros días do prazo de toma de posesión.

  • 35/41

    111.- A teor do establecido no artigo 2 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas, a lei non será de aplicación:

    a) Ao persoal ao servizo do Banco de España e das institucións financeiras públicas.

    b) Ao persoal que preste servizos en empresas en que a participación do capital, directa ou indirectamente, das Administracións Públicas sexa inferior ao 50 por 100.

    c) Ao persoal que desempeñe funcións públicas e perciba a súa retribución mediante arancel.

    d) Ao persoal ao servizo de entidades, corporacións de dereito público, fundacións e consorcios cuxos orzamentos se doten ordinariamente en máis dun 50 por cen con subvencións ou outros ingresos procedentes das Administracións Públicas.

    112.- Para os efectos da aplicación do artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade (“Actuacións especiais en casos de infrarrepresentación”), enténdese a existencia de infrarrepresentación:

    a) Cando no corpo, escala, grupo ou categoría exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes.

    b) Cando no corpo, escala, grupo ou categoría exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte e cinco puntos entre o número de mulleres e o número de homes.

    c) Cando no corpo, escala, grupo ou categoría exista unha diferenza porcentual de, polo menos, quince puntos entre o número de mulleres e o número de homes.

    d) Cando no corpo, escala, grupo ou categoría exista unha diferenza porcentual de, polo menos, dez puntos entre o número de mulleres e o número de homes.

  • 36/41

    113.- Conforme ao artigo 98 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, sen prexuízo das competencias dos servizos sociais, os concellos excepcionalmente poderán prestar servizos a través de persoal propio ou contratado para o efecto cando concorra algunha das seguintes circunstancias de feito:

    a) Descanso de catro días ao mes a favor das persoas que, por razóns diversas, asumisen o coidado das persoas dependentes.

    b) Distanciamento a centros de poboación ou ausencia de persoas voluntarias que imposibiliten acudir ás redes comunitarias de apoio á conciliación cando se trate da prestación de coidados a unha persoa dependente cuxos ingresos sexan inferiores ao triplo da contía do indicador público de renda de efectos múltiples.

    c) Distanciamento a centros de poboación ou ausencia de persoas voluntarias que imposibiliten acudir ás redes comunitarias de apoio á conciliación cando se trate da prestación de coidados a unha persoa dependente cuxos ingresos sexan inferiores da contía do indicador público de renda de efectos múltiples.

    d) Descanso de dous días ao mes a favor das persoas que, por razóns diversas, asumisen o coidado das persoas dependentes.

    114.- De acordo co artigo 52 Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, enténdese que existe predominancia para os efectos de acadar a efectividade da igualdade retributiva no emprego público:

    a) Cando no corpo, escala, grupo ou categoría exista unha diferenza porcentual de, polo menos, dez puntos entre o número de mulleres e o número de homes.

    b) Cando no corpo, escala, grupo ou categoría exista unha diferenza porcentual de, polo menos, quince puntos entre o número de mulleres e o número de homes.

    c) Cando no corpo, escala, grupo ou categoría exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes.

    d) Cando no corpo, escala, grupo ou categoría exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte e cinco puntos entre o número de mulleres e o número de homes.

  • 37/41

    115.- Segundo o artigo 2 do Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, “o principio en virtude do cal as organizacións representativas de persoas con discapacidade e das súas familias participan, nos termos que establecen as leis e demais disposicións normativas, na elaboración, execución, seguimento e avaliación das políticas oficiais que se desenvolven na esfera das persoas con discapacidade, as cales garantirán, en todo caso, o dereito dos nenos e das nenas con discapacidade a expresaren a súa opinión libremente sobre todas as cuestións que os afecten e a recibiren asistencia apropiada conforme a súa discapacidade e idade para poder exercer ese dereito” denomínase, para efectos de dita norma:

    a) Normalización.

    b) Diálogo civil.

    c) Accesibilidade universal.

    d) Inclusión social.

    116.- O Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social regula o Consello Nacional da Discapacidade. Con relación ao mesmo, sinálese a opción incorrecta:

    a) É un órgano colexiado interministerial.

    b) Ten carácter consultivo.

    c) Nel institucionalízase a colaboración do movemento asociativo das persoas con discapacidade e as súas familias e a Administración xeral do Estado, para a definición e coordinación das políticas públicas que garantan os dereitos das persoas con discapacidade.

    d) É un órgano da Oficina de Atención á Discapacidade.

    117.- De acordo co artigo 65 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, considéranse medidas contra a discriminación:

    a) Aquelas que teñan como finalidade previr ou corrixir que unha persoa sexa tratada dunha maneira directa ou indirecta menos favorable que outra que non o sexa, nunha situación análoga ou comparable, por motivo de ou por razón de discapacidade.

    b) Aquelas que teñan como finalidade previr ou corrixir que unha persoa sexa tratada dunha maneira diferente, por motivo de ou por razón de discapacidade.

    c) Non poderán consistir en prohibición de condutas discriminatorias e de acoso.

    d) Non poderán consistir en esixencias de eliminación de obstáculos.

  • 38/41

    118.- Segundo o artigo 18 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os instrumentos de ordenación do territorio e os plans urbanísticos, así como as súas correspondentes modificacións e revisións, deberán ser obxecto de publicidade, difundindo, como mínimo, a seguinte información:

    a) A ordenación prevista para o solo, co grao de detalle adecuado.

    b) Todas as resolucións e informes que no exercicio das súas potestades e competencias emitan a Xunta de Galicia e os órganos que, se é o caso, exercen competencias sobre urbanismo.

    c) As dúas anteriores son correctas.

    d) Ningunha das anteriores é correcta.

    119.- Conforme ao estipulado na disposición adicional segunda da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os convenios de colaboración que subscriba o sector público autonómico precisarán de autorización previa do Consello da Xunta de Galicia cando impliquen asunción de obrigas de contido económico por importe:

    a) Superior a 150.000 euros ou cando as ditas obrigas, aínda que non superen a citada cifra, teñan carácter plurianual.

    b) Superior a 100.000 euros ou cando as ditas obrigas, aínda que non superen a citada cifra, teñan carácter plurianual.

    c) Superior a 250.000 euros ou cando as ditas obrigas, aínda que non superen a citada cifra, teñan carácter plurianual.

    d) Superior a 200.000 euros ou cando as ditas obrigas, aínda que non superen a citada cifra, teñan carácter plurianual.

  • 39/41

    120.- As infraccións e sancións reguladas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno prescribirán segundo o previsto no artigo 60 a:

    a) Os tres anos, dous anos e un ano, segundo se trate de responsabilidades moi graves, graves ou leves, respectivamente.

    b) Os catro anos, dous anos e un ano, segundo se trate de responsabilidades moi graves, graves ou leves, respectivamente .

    c) Os cinco anos, tres anos e un ano, segundo se trate de responsabilidades moi graves, graves ou leves, respectivamente.

    d) Os dous anos, un ano e seis meses, segundo se trate de responsabilidades moi graves, graves ou leves, respectivamente.

    PREGUNTAS DE RESERVA

    121.- Conforme a Disposición derradeira única da Lei Orgánica 3/1981, do 6 de abril, do Defensor do Pobo, no exercicio das funcións do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura atribuídas ao Defensor do pobo, créase un Consello Asesor como órgano de cooperación técnica e xurídica no exercicio de tales funcións, que será presidido por:

    a) O Defensor do pobo.

    b) O Adxunto no que o Defensor do pobo delegue as funcións correspondentes.

    c) O Ministro con competencias en materia penal.

    d) O Presidente do Tribunal Constitucional.

    122.- Segundo o artigo 77 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, o alleamento de “terreos que pola súa forma ou pequena extensión resulten inedificables, predios rústicos que non cheguen a constituír unha superficie economicamente explotable ou non sexan susceptibles de prestar unha utilidade acorde coa súa natureza, e a venda se efectúe a un propietario estremeiro”:

    a) Poderá realizarse por adxudicación directa.

    b) Deberá realizarse por adxudicación directa.

    c) Só poderá realizarse por poxa.

    d) Farase preferentemente por concurso.

  • 40/41

    123.- A teor do artigo 61 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, para o inicio do procedemento por petición razoada doutros órganos:

    a) Enténdese por petición razoada a proposta de iniciación do procedemento formulada por calquera órgano administrativo que non ten competencia para inicialo e que tivo coñecemento das circunstancias, condutas ou feitos obxecto do procedemento, ben ocasionalmente ben por ter atribuídas funcións de inspección, indagación ou investigación.

    b) Enténdese por petición razoada a formulada polo órgano que ten atribuída a competencia da iniciación cando a súa actuación derive do coñecemento directo ou indirecto de circunstancias, condutas ou feitos obxecto do procedemento.

    c) Enténdese por petición razoada a emitida por un órgano superior xerárquico do competente para a iniciación do procedemento.

    d) Nos procedementos de natureza sancionadora non poderá iniciarse o procedemento por petición razoada doutros órganos.

    124.- A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao regular o procedemento de elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral establece que “substanciarase unha consulta pública a través do Portal de Transparencia e Goberno Aberto co obxecto de recoller a opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma”. Dita consulta realizarase:

    a) Na fase inicial, con carácter previo á elaboración do anteproxecto.

    b) Na fase inicial, no momento de aprobarse o anteproxecto.

    c) Na fase intermedia, á vez que se elabora o informe sobre o impacto por razón de xénero das medidas que se establezan no proxecto normativo.

    d) Na fase intermedia, no trámite de audiencia.

    125.- De acordo co establecido no artigo 20 da Lei 50/1997, do 27 de novembro, do Goberno, poden delegar o exercicio de competencias propias:

    a) O Consello de Ministros nas Comisións Delegadas do Goberno e en favor dos Ministros

    b) O Consello de Ministros en favor do Vicepresidente ou Vicepresidentes e dos Ministros.

    c) As relativas ao nomeamento e separación dos altos cargos atribuídas ao Consello de Ministros, nos Ministros

    d) O Presidente do Goberno en favor do Vicepresidente ou Vicepresidentes e dos Ministros.

  • 41/41

    126.- Segundo o artigo 60 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, non poderán formar parte dos órganos de selección as persoas que se atopen en determinadas circunstancias, entre as que non está:

    a) O persoal eventual.

    b) Os funcionarios en comisión de servizos.

    c) Os funcionarios interinos.

    d) O persoal de elección ou de designación política.

  • 1/42

    Proceso selectivo para el ingreso en el cuerpo superior de la Administración general de la

    Comunidad Autónoma de Galicia, Subgrupo A1.

    Primer ejercicio

    NO abra el examen hasta que el tribunal se lo indique

  • 2/42

  • 3/42

    1.- El artículo 70.1 de la Constitución Española, establece que la ley electoral determinará las causas de inelegibilidad e incompatibilidad de los Diputados y Senadores, señalando una serie de situaciones que se comprenderán entre dichas causas, entre las que no está:

    a) El Defensor del Pueblo.

    b) Los miembros del Gobierno.

    c) Los militares profesionales y miembros de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad y Policía en activo.

    d) Los Magistrados, Jueces y Fiscales en activo.

    2.- Según el artículo 142 de la Constitución Española, las Haciendas locales deberán disponer de los medios suficientes para el desempeño de las funciones que la ley atribuye a las Corporaciones respectivas y se nutrirán fundamentalmente de una serie de recursos entre los que no se menciona:

    a) Los tributos propios.

    b) La participación en los tributos del Estado.

    c) El recurso al endeudamiento.

    d) La participación en los tributos de las Comunidades Autónomas.

    3.- Según el artículo 10 de la Constitución Española, son fundamento del orden político y de la paz social:

    a) Los partidos políticos, que expresan el pluralismo político, concurren a la formación y manifestación de la voluntad popular y son instrumento de participación política.

    b) La garantía de la soberanía e independencia de España y el ordenamiento constitucional.

    c) La defensa y promoción de los intereses económicos y sociales.

    d) La dignidad de la persona, los derechos inviolables que le son inherentes, el libre desarrollo de la personalidad, el respeto a la ley y a los derechos de los demás.

    4.- Señale la incorrecta. El artículo 13 de la Constitución Española establece que:

    a) Los extranjeros gozarán en España de las libertades públicas que garantiza el Título I en los términos que establezcan los tratados y la ley.

    b) Solamente los españoles serán titulares de los derechos reconocidos en el artículo 23, salvo lo que, atendiendo a criterios de reciproc