20
Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de tatuaxe, micropigmentación e piercing (TMP) 2016-2020

Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de tatuaxe,micropigmentación e piercing (TMP)

2016-2020

Page 2: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de tatuaxe, micropigmentación e piercing (TMP) 2016-2020

Este documento foi elaborado pola DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA da CONSELLERÍA DE SANIDADE da

XUNTA DE GALICIA e estará vixente durante o período indicado, e en todo caso, estenderase a validez

deste ata a publicación do seguinte programa. O receptor deste documento comprométese a non realizar

ningunha reprodución total ou parcial e a non distribuílo a terceiros.

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 2 de 20

Page 3: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

ÍNDICE

1. Introdución..........................................................................................................................2. Obxectivo............................................................................................................................3. Estratexias..........................................................................................................................4. Marco lexislativo..................................................................................................................5. Actividades .........................................................................................................................6. Instrucións / Criterios ..........................................................................................................7. Sistema de información ....................................................................................................8. Indicadores........................................................................................................................

9. Documentos do programa.................................................................................................

4

5

6

6

6

10

17

17

19

ANEXO I: SISTEMA DE INFORMACIÓN ESTABLECEMENTOS DE TMP ..................... 20

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 3 de 20

Page 4: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

1. Introdución

Dende o ano 2005 esta comunidade autónoma leva a cabo un programa sanitario de vixilancia

dos centros de tatuaxe, micropigmentación e piercing (TMP). Dende o ano 2008 as actuacións

do programa baséanse na avaliación de riscos, co fin de priorizar as actuacións e dispoñer de

forma mais axeitada dos medios humanos e materiais dispoñibles. O presente programa estará

en vigor os anos 2016 a 2020, con avaliacións anuais da evolución do mesmo e coa

posibilidade de introducir modificacións ou novos proxectos en caso de que sexa necesario.

O número de centros de TMP por provincias e riscos, son os seguintes:

PROVINCIA RESULTADOS

DATOS

RISCO

ALTO

%

RISCO

ALTO

DATOS

RISCO

MEDIO

%

RISCO

MEDIO

DATOS

RISCO

BAIXO

% RISCO

BAIXO

DATOS

RISCO

MÍNIMO

% RISCO

MÍNIMO

A CORUÑA 1/53 1,9% 0/53 0% 0/53 0% 50/53 94,3%

LUGO 1/14 7,1% 0/14 0% 1/14 7,1% 11/14 78,6%

OURENSE 3/15 20% 0/15 0% 1/15 6,6% 10/15 66,6%

PONTEVEDRA 8/72 11% 10/72 14% 13/72 18% 40/72 55,5%

Fonte: HERME a 31/12/2015

Así mesmo, podemos avaliar a importancia e a evolución deste programa polos datos da

memoria de xestión colgada na nosa páxina web :

Táboa 24. Programas sanitarios do Servizo de Sanida de Ambiental . Tatuaxe, micropigmentación e

piercing

2010 2011 2012 2013 2014

Instalacións existentes 104 104 122 178 229

Incluídas no programa 104 104 122 127 135

Avaliacións 92 111 122 125 133

% Cumprimento 88% 88% 100% 98% 98%

Táboa 24. Programas sanitarios do Servizo de Sanidade Ambiental 2012 2013 2014

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 4 de 20

Page 5: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

Comprobando que o nivel de cumprimento é alto, e foi aumentando nos últimos anos acadando

un 98% .

Os aspectos fundamentais da vixilancia sanitaria por parte da Dirección Xeral de Saúde Pública

(DXSP) céntranse no uso responsable en persoas sensibles (menores) e na realización das

prácticas en condicións hixiénicas axeitadas. Noutros riscos asociados a este tipo de

actividade, como son o uso de produtos sen as adecuadas garantías sanitarias, a competencia

no control do rexistro das tintas para tatuaxe/ micropigmentación son competencia doutras

unidades ou departamentos distintos da DXSP, polo que se nas inspeccións se atopan deben

ser comunicados aos organismos responsables.

Por outra banda, danse unha serie de circunstancias especiais propias desta actividade, como

son, os horarios de tarde/noite, existencia de profesionais autónomos itinerantes en diversos

centros, as actividades móbiles en feiras e congresos, as actuacións esporádicas con

desprazamentos incluídos, as actuacións en vivendas particulares, a realización dalgunhas

destas prácticas en centros estéticos (non só a micropigmentación), ou incluso sanitarios, que

fan precisa dunha gran axilidade por parte da inspección para poder abordar a vixilancia e

control destas actividades.

Un dos obxectivos do programa é incidir na transformación e consolidación do sector, para

acadar unha maior profesionalidade e mellora das condicións hixiénico sanitarias dos locais

tradicionais. É neste senso, onde as actuacións como a realización do manual de boas

prácticas para os profesionais de TMP son pasos importantes.

Este programa está incluído no Plan de vixilancia de factores ambientais en Galicia, que contén

as liñas xerais de actuación, que será de aplicación no non expresamente recollido neste

programa.

2. Obxectivo

Minimizar os riscos de transmisión de enfermidades que poidan estar asociadas ás actividades

que se desenvolven nos establecementos que realizan prácticas de TMP.

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 5 de 20

Page 6: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

3. Estratexias

3.1.Dispoñer dun censo dos establecementos existentes nesta comunidade autónoma.

3.2.Vixiar se as condicións das instalacións, e do persoal que realiza as prácticas de TMP

se axusten ao establecido na normativa.

3.3.Verificar que os menores de idade que acudan a estes establecementos o fagan con

constancia dos seus titores.

3.4.Verificar que a formación hixiénico sanitaria do persoal que realiza as prácticas de TMP

é axeitada á lexislación.

3.5. Autorizar, se procede, e vixilancia sanitaria das entidades de formación.

4. Marco lexislativo

� Decreto 13/2004, de 15 de xaneiro, polo que se establecen os requisitos técnicos e

condicións sanitarias mínimas aplicables ás prácticas de tatuaxe, micropigmentación e

piercing. (DOG nº16, do 26 de xaneiro de 2004)

� Orde do 22 de xullo de 2004 de regulación da formación do persoal que realiza

prácticas de tatuaxe, micropigmentación e piercing e o procedemento para a

autorización das entidades de formación. (DOG nº 152, do 6 de agosto de 2004)

5. Actividades a desenvolver polas Xefaturas Territoriais

de Sanidade segundo as estratexias

5.1. Dispoñer dun censo dos establecementos existentes nesta comunidade

autónoma

Identificar aos establecementos que se dediquen á realización destas prácticas, xa

sexa a través de:

� Notificación de actividade do propio establecemento

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 6 de 20

Page 7: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

� Actuacións encamiñadas a realizar un censo activo

� Busca en internet, páxinas amarelas, etc.

� Informacións de inspeccións doutros programas

� Atopar estas actividades de forma casual

Cada xefatura territorial da Consellería de Sanidade (XTS) deberá manter actualizado

en HERME o censo dos establecementos, tanto dos que se atopen notificados como

daqueles outros que se detecten mediante busca activa.

A estes efectos, a XTS actuará de oficio nos casos nos que se identifique un

establecemento que non estea notificado, requiríndolle a notificación da actividade

mediante o “Documento de altas / baixas de actividade de tatuaxe, micropigmentación

e piercing .F-13T-02-08-05” , que se atopa colgado na nosa páxina web .

5.2. Vixiar se as condicións das instalacións e do persoal que realiza as

prácticas de TMP se axustan ao establecido na normativa vixente

O obxectivo xeral é obter información das características do centro e comprobar a

adecuación do mesmo en relación coa lexislación vixente.

Aqueles centros que non tiñan inspección no período anterior, eran considerados de

risco alto ata que existise información para avalialos.

Nos anos 2016-2020, e tendo en conta a última avaliación de riscos da que se

dispoña, inspeccionaranse coa seguinte periodicidade, como MÍNIMO, segundo o

risco:

Risco alto e medio............................ unha vez ao ano

Risco baixo e mínimo....................... cada 2 anos

Para realizar as inspeccións, e co fin de servir de apoio á mesma, poderán utilizarase

os seguintes documentos “Protocolo de inspección de establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing. F-13T-02-08-01”, así como a “Guía para a

cumprimentación dos aspectos sanitarios do protocolo de inspección de

establecementos de tatuaxe, micropigmentación e piercing. GC-13T-02-08-01”.

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 7 de 20

Page 8: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

Farase unha avaliación de riscos usando a “Táboa de avaliación de riscos de TMP.

F-13T-02-08-02”, para clasificar os centros en función da estimación do seu risco.

Aqueles que non teñan inspección no período anterior, serán considerados de risco

alto, ata que exista información para avalialos.

Instrución especial: Non deben existir centros censados sen avaliar.

5.3. Verificar que os menores de idade que acudan a estes establecementos ofagan con constancia dos seus titores

Esta comprobación deberá terse en conta dun xeito especial nas inspeccións ós

establecementos.

No caso de denuncias, resulta fundamental que o denunciante poida aportar probas

de que o menor fixo o TMP no establecemento, polo que esta circunstancia deberá

terse en conta á hora de iniciar un expediente sancionador.

5.4. Verificar que a formación hixiénico sanitaria do persoal que realiza asprácticas de TMP é axeitada á lexislación. Control de entidades deformación de persoal que realiza TMP

Realización, polo menos, dunha inspección anual dun dos cursos programados nesa

provincia por cada entidade de formación, este obxectivo poderá ampliarse a tódolos

centros dependendo dos recursos de cada XTS.

Realización dunha inspección ou control das entidades de formación, no caso de que

se teña coñecemento ou sospeita de calquera incumprimento dos requisitos en que se

baseou o outorgamento da autorización de ditas entidades.

Seguimento de todos os cursos das entidades que estean apercibidas. No caso de

que se produzan, a XTS o notificará a DXSP para o seu seguimento nas demais

provincias.

Nas inspeccións avaliaranse as seguintes características:

� Comprobar que o programa do curso que teñen os alumnos sexa o mesmo que o

remitido á XTS.

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 8 de 20

Page 9: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

� Que no momento da inspección, o poñente sexa o que consta no programa do

curso, e que está dando o tema reflectido no programa.

� Que as horas dadas no curso hasta o momento sexan as que aparezan no

programa.

� Comprobar o tipo de avaliación do alumnado.

� Comprobar que verifican a asistencia do alumnado, os alumnos que queiran obter

o certificado final deberán asistir á totalidade das 25 horas estipuladas.

Co fin de facilitar a inspección, usarase o ”Protocolo de inspección de entidades de

formación TMP/CB/LEGIO. F-13T-02-01”

5.5. Autorizar as entidades de formación do persoal dos establecementos deTMP existentes nesta Comunidade Autónoma

5.5.1. Avaliación dos expedientes

As XTS deberán facer un control das entidades de formación que realicen

cursos na súa provincia, para isto avaliaran os expedientes das entidades de

formación con razón social nesa provincia e as que se lle envíen dende a

DXSP, para a realización da proposta de autorización.

5.5.2. Avaliación de entidades autorizadas noutra XTS

No caso de realizarse un curso nunha XTS distinta da que autorizou o curso, a

XTS da provincia onde se leve a cabo o curso, será a que solicite a información

tanto á empresa, como á XTS que autorizou á entidade. Os datos necesarios

son:

� Entidade de formación� Lugar de realización do curso� Horarios do curso� Profesorado de cada tema do curso� Temario do curso

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 9 de 20

Page 10: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

6. Instrucións/Criterios

6.1. Actuacións dos profesionais autónomos

Poden realizar o seu traballo en distintos centros, sempre que tanto o seu instrumental

como os establecementos cumpran a lexislación vixente, así:

� Inspeccionar locais e instrumental

� Se é todo desbotable, ou se o material trasládase estéril non será necesario o uso

de esterilizador.

� O residuos deben ser xestionados segundo a lexislación:

o se os leva o tatuador autónomo darse de alta como xestor de residuos

o se existe un xestor contratado polo autónomo que recolla os residuos

en cada centro

o Que os centros se fagan cargo dos residuos.

6.2. Características das aplicacións nos centros múltiples

Non é necesario ter unha sala exclusiva para micropigmentación.

6.3. Eliminación de residuos

Os centros de TMP, atópanse dentro do ámbito de aplicación do Decreto 38/2015 de

residuos sanitarios,polo que se deberá esixir a normativa en vigor :

“ Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. O ámbito de aplicación deste decreto comprende todas as actividades de

produción e de xestión dos residuos sanitarios, de ámbito público ou privado, que se

produzan ou xestionen dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Para os efectos deste decreto, enténdense por residuos sanitarios os seguintes:

a) Os xerados como consecuencia das actividades levadas a cabo nun centro,

servizo ou establecemento sanitario dos recollidos no Decreto 12/2009, do 8 de

xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos

sanitarios, ou normativa que o modifique ou substitúa.

b) Os residuos aos cales se atribúa a natureza de residuos sanitarios por disposición

legal ou regulamentaria.

c) Os xerados polos centros, servizos e establecementos veterinarios asistenciais e

centros de investigación animal.

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 10 de 20

Page 11: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

d) Os residuos recollidos na clases IIa e III do anexo VII, que se xeren en establece-

mentos que presten servizos de coidados estéticos, como centros de estética,

tatuaxe, micropigmentación e piercing, e en tanatorios “

En canto á eliminación das tintas, e segundo resposta de Consellería competente en

medio ambiente, deben ser consideradas de grupo 0803, é dicir residuos de tintas de

impresión, co que deben contar cos xestores axeitados, existe mais información sobre

este tema na páxina do SIRGA (http://sirga.medioambiente.xunta.es).

6.4 Actuacións nos centros sanitarios

O noso decreto di que un centro sanitario non entra no seu ámbito de aplicación. Polo

tanto, calquera actividade de carácter asistencial non será obxecto do noso control,

incluíndo calquera práctica de TMP, sempre que forme parte desa actividade sanitaria

(por exemplo no marco dunha reconstrución mamaria despois dun cáncer de mama).

Se, a pesar de ser un centro sanitario, fanse prácticas de TMP e non forman parte de

prácticas sanitarias, nestes casos débense trasladar dita información concreta á

DXSP que estudará o caso e dará unha contestación de actuación.

Se nun mesmo edificio, galería etc, existen distintos establecementos ou servizos,

existindo centros sanitarios e outros que están diferenciados, deben estar separados

e distinguirse uns de outros , con responsables diferentes.

6.5. Tintas

6.5.1. Tintas atopadas nas inspeccións con non conformidades

Segundo criterio acordado coa Subdirección Xeral de Farmacia, e posto que as

tintas como produtos de coidado persoal cunha finalidade estética, deben ser

autorizadas pola AEMPS( Agencia Española de Medicamentos y Productos

Sanitarios) no caso de atopar unha non conformidade co artigo 5.15 do Decreto

13/2004, as actuacións serán as seguintes:

� Comunicar ao interesado as actuacións a realizar segundo as directrices do

“Procedemento xeral de actuación do persoal de inspección. PX-13-03”.

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 11 de 20

Page 12: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

� Dende a XTS remitirase escrito segundo modelo da “Carta modelo envío a

Subdirección Xeral de Farmacia. F-13T-02-08-03” á Subdirección Xeral de

Farmacia para que realice ou comunique as actuacións que considere

oportunas, remitindo copia a DXSP para a circulación da información as

outras XTS.

6.5.2 Tintas de tatuaxe non son cosméticos, son produtos de coidado persoal

cunha finalidade estética

As tintas de tatuaxe non son considerados cosméticos porque se inxectan na

pel. Considéranse produtos de coidado persoal cunha finalidade estética. Están

recollidos na Disposición adicional segunda do RD 1599/1997, que regula os

produtos cosméticos.

Dita DA 2ª indica:

“1. Se entenderá por productos de higiene personal (ahora se llaman de Cuidado

personal) todas las sustancias o preparados que, sin tener la consideración legal de

cosméticos, biocidas, productos sanitarios o medicamentos, están destinados a ser

aplicados sobre la piel, dientes o mucosas del cuerpo humano con la finalidad de

higiene o de estética, o para neutralizar o eliminar ectoparásitos, tales como dentífricos,

productos de estética, pediculicidas, hidratantes vaginales, limpiadores anales en caso

de hemorroides, productos para el masaje deportivo, limpiadores nasales o limpiadores

oculares, o cualquier otro producto que pueda ser calificado como tal.

2. Se entenderá por:

b) Productos de estética: los productos de aplicación en la piel, que no tengan la

consideración legal de cosméticos, medicamentos o productos sanitarios por su

composición, indicaciones, mecanismo de acción, de aplicación o duración, tales como,

en su caso, tintas para tatuajes, micropigmentos o preparados destinados al maquillaje

permanente y semipermanente, mascarillas de abrasión de la piel por vía química o

parches transdérmicos, o cualquier otro producto que pueda ser calificado como tal.

3. Los productos mencionados en esta disposición adicional serán objeto de

autorización sanitaria de comercialización otorgada por la Agencia Española de

Medicamentos y Productos Sanitarios, la cual se inscribirá en el registro que ésta tiene

establecido.”

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 12 de 20

Page 13: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

6.5.3. Tintas comunicadas a través de alertas

A Subdirección Xeral de Farmacia, centralizará todas as alertas de tintas que

cheguen á Consellería de Sanidade e remitirá instrucións das actuacións a

realizar.

Cando o Servizo de Sanidade Ambiental reciba unha alerta proveniente da

Subdirección Xeral de Farmacia, a comunicará ás XTS e as instrucións a

realizar que, en xeral e salvo instrucións específicas, consistirán en:

� Envío, preferentemente por correo electrónico, da “Carta modelo para

enviar aos establecementos en caso de alerta. F-13T-02-08-04”, na que

lle comunicarán aos centros censados a existencia dunha alerta sobre os

produtos e a recomendación de actuacións sobre o mesmo, así como que

poden consultar un histórico das distintas alertas na páxina web do

SERGAS na dirección:

http://www.sergas.es/Saude-publica/Alertas-tintas-e-produtos-piercing

� Nas inspeccións do programa, comprobarase que as tintas motivo de

alertas, non se atopan nos establecementos.

� No caso de atopar algunha tinta, comunicarase á Subdirección Xeral de

Farmacia coa indicación de que dita tinta, está afectada por unha alerta,

segundo modelo da “Carta modelo envío a Subdirección Xeral de

Farmacia. F-13T-02-08-03”

6.6. Entidades de formación e cursos

6.6.1 Criterio para a subsanación de non conformidades nos cursos

Ante non conformidades atopadas no transcurso das inspeccións, que puideran

comprometer a calidade da formación (poñentes non autorizados, programa

incompleto, etc.) ademais de subsanar a non conformidade, e sen menoscabo

do expediente sancionador que puidera dar lugar, será necesario repetir

unicamente esas horas formativas que foron causa da non conformidade.

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 13 de 20

Page 14: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

6.6.2 Entidades autorizadas noutras CCAA

A Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, consagra

o principio de eficacia en todo o territorio nacional, segundo o que calquera

operador legalmente establecido poderá exercer a súa actividade económica

sen que caiba exixirlle novas autorizacións ou trámites adicionais de outras

autoridades competentes diferentes. En concreto, o artigo 20.1 desta lei dispón

que terán plena eficacia en todo o territorio nacional, sen necesidade de que o

operador económico realice ningún trámite adicional ou cumpra novos

requisitos, as autorizacións, obtidas dunha autoridade competente para o

acceso ou o exercicio dunha actividade. Este principio de eficacia non é, sen

embargo, aplicable ás autorizacións, declaracións responsables e

comunicacións vinculadas a unha concreta instalación ou infraestrutura física.

Así o establece o artigo 20.4 da mesma lei pero elo determina que cando o

operador estea legalmente establecido noutro lugar do territorio, as

autorizacións ou declaracións responsables non poderán contemplar requisitos

que non estean ligados especificamente á instalación ou infraestrutura.

Polo anterior no caso de entidades de formación sen razón social en Galicia,

que veñan só a dar os cursos, poderán facelo sen requisitos adicionais, se ben

terán que comunicar cunha semana de antelación cando e donde darán esa

formación.

6.6.3 Programa curso 10 horas

O programa do curso de renovación( farase cada 10 anos) mentres non cambie

a normativa será o publicitado na nosa web, que corresponderá á última

actualización .

As entidades autorizadas para dar os cursos de formación do persoal que

realiza prácticas de TMP, poderán dar os cursos de renovación cumprindo as

mesmas condicións que os cursos iniciais.

HORAS DO CURSO:

O curso de renovación será de 10 horas.

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 14 de 20

Page 15: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

PROGRAMA (Actualmente e ata 2024) :

• Recordatorio das enfermidades de transmisión por microorganismos.

Prácticas a realizar ante posibles complicacións. Primeiros auxilios. (1h)

• Actualización da normativa en prácticas de TMP,en materia de

prevención de riscos laborais, residuos, produtos químicos,biocidas.(2 h)

• Boas prácticas de limpeza, desinfección e esterilización. Condicións

hixiénico sanitarias. Preparación zona de actuación.(2h)

• Riscos específicos da realización de estas prácticas. Novos sistemas de

protección persoal. (2 h)

• Información ao usuario, protección do menor. Rexistros. (1 h)

• Tintas: Actuacións . Lexislación. Alertas. Etiquetado. (1,5 h)

• Proba escrita. (0,5 h)

6.6.4 Criterio para a realización do curso de teleformación semipresencial

Co obxecto de facilitar o acceso a formación, así como evitar situacións de

desigualdade que se podan producir polo recoñecemento desta formación a

entidades de fora da nosa comunidade autónoma, as entidades autorizadas en

Galicia para realizar formación do persoal que realiza operacións de

mantemento hixiénico-sanitario dos establecementos de TMP, poderán realizar

tanto os cursos iniciais de 25 horas como os de 10 horas, de forma

semipresencial, sempre que cumpran as condicións reflectidas no documento

“Requisitos mínimos a exixir nos cursos na modalidade de teleformación

semipresencial” que se atopa na nosa páxina web.

As solicitudes para a realización de cursos de teleformación semipresencial

serán avaliadas polas XTS que concederon as autorizacións. Os informes

favorables para a realización de cursos de teleformación semipresencial das

XTS remitiranse a DXSP.

6.6.5 Criterio para realización do curso de renovación en caso de caducidade do

curso de 25 horas inicial.

No caso de que un alumno teña o certificado do curso inicial caducado, deberá

facer o curso de renovación de 10 horas, independentemente do tempo

transcorrido dende a súa caducidade.

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 15 de 20

Page 16: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

6.6.6. Control e validación das titulacións existentes

Recoñecerase a validez dos certificados de formación expedidos por entidades

declaradas en calquera comunidades autónoma ou territorio da UE, que cumpran

cos requisitos de contido establecidos no ámbito territorial da súa expedición.

Por iso, cando se solicite validación dunha titulación ás XTS, procederase do

seguinte xeito:

� Se é claro que non cumpre ou existen precedentes, pódense rexeitar dende

as XTS .

� Se se teñen dúbidas, remisión á DXSP.

� A validación solo a pode realizar a DXSP.

6.7 Técnicas de escarificación dentro dos establecementos de TMP.

As escaras son cicatrices producidas por cortes superficiais ou profundos na dermis.

Estaría dentro do ámbito de aplicación do Decreto 13/2004 :

“Artículo 2º.-Ámbito de aplicación.

1. El presente decreto será de aplicación a aquellos establecimientos no sanitarios de

la Comunidad Autónoma de Galicia, en los que, de forma permanente, temporal o

esporádica se practiquen técnicas de tatuaje, micropigmentación y piercing, así como

cualquier otra práctica de decoración corporal que implique l a perforación de la

piel , mucosas o tejidos.

Tamén incluiríase todo o tema das linguas bífidas, os implantes de bolas e outros.

6.8 Feiras e congresos

Segundo o artigo 5 do Decreto 13/2004, punto 17. “Cando, con motivo de feiras,

congresos ou outros acontecementos semellantes se realicen estas actividades en

instalacións non estables, estas deberán cumpri-las condicións sanitarias

equivalentes ás establecidas neste decreto”. Polo que cando se realice algún destes

acontecementos nunha provincia, a XTS correspondente deberá solicitar ao

responsable do evento que remita unha memoria na que especifique as condicións do

evento e como vai a cumprir as exixencias legais da normativa, que será a seguinte:

- Lugar de realización do evento. Horarios.

- Disposición dos postos de TMP.

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 16 de 20

Page 17: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

- Nomes e titulacións dos profesionais do evento. Copia dos seus certificados do

curso hixiénico-sanitario.

- Uso de material desbotable ou estéril, e no caso de ter que esterilizar de novo,

acceso a un esterilizador.

- Existencia de auga corrente en cada posto.

- Xestión dos resíduos axeitadamente.

- Declaración responsable de que as condicións do evento cumpren a normativa e que

terá a disposición de calquera inspección a documentación que non se poida aportar

no momento de entregar a memoria.

7. Sistema de información

Cada xefatura territorial, remitirá os datos ata o 31 de decembro de cada ano, antes do fin do

mes de xaneiro seguinte. A información incluirá os datos do ANEXO I que non se podan obter a

través do HERME.

8. Indicadores

O programa avaliase segundo os indicadores propostos, realizándose un control a 31 de

decembro de cada ano.

8.1. De produción

O obxectivo é medir o grao de cumprimento do programa, segundo as actividades e a

frecuencia establecida.

8.1.1. Índice de Produción de Inspección de Centros (IPIC)

Considerando o número de inspeccións realizadas no período de vixencia do

programa, con respecto o número de centros que se tiñan que inspeccionar (os

censados, quitando os comprobados dados de baixa).Tendo en conta que os de

risco Baixo e Mínimo contrólanse cada 2 anos, o obxectivo será de > 95% anual

para os de Alto e Medio e de > 95 % bianual para os de Baixo e Mínimo:

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 17 de 20

Page 18: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

ALTO/MEDIO : control anual

BAIXO/MÍNIMO: control bianual (cada 2 anos)

Nº de inspeccionesIPIC= —————————————————————————————

Nº de centros que se tiñan que inspeccionar

8.1.2. Índice de Produción de Censo Activo (IPCA):

Considerando o número de centros que se introduciron no censo como

resultado da busca activa no ano, en relación cos censados ese ano (os que se

censan voluntariamente e os do censo activo)

Nº de centros buscadosIPCA= —————————————————————————————

Nº de centros censados ese ano

É un indicador moi relacionado coa implicación no programa, porque da unha

idea do traballo de busca activa das XTS.

8.1.4. Índice de Avaliación de Riscos (IAR)

Considerando o número de centros con avaliación de riscos no período anual

de vixencia do programa, con respecto ao número de centros que se tiñan que

avaliar(os do programa).Debe ser aproximadamente do 100%, posto que

tódolos centros deben ter unha avaliación,actualizada en base á última

inspección, co fin de coñecer o seu risco:

Nº de avaliaciónsIAR= ——————————————————

Nº de centros do programa

8.2. De resultados

A finalidade é ter unha información obxectiva sobre o grado en que se alcanza, tanto o

obxectivo xeral do programa como os obxectivos específicos.

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 18 de 20

Page 19: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

8.2.1. Porcentaxe de Centros de Risco

Será a porcentaxe de centros que presentan risco alto, medio, baixo e mínimo

e os sen avaliar, por provincia e a finais do período avaliado.

O obxectivo será ter menos do 10% de risco alto e medio.

Nº de centros de cada risco%RISCO= ———————————————————————

Nº de centros censados

8.2.2. Índice de Formación Sanitaria dos Aplicadores (IFSA)

Considerando o número de centros que contan con aplicadores coa debida

formación hixiénico sanitaria, actualizada pola renovación, que ten por

obxectivo conseguir o 100%:

Nº de centros con aplicadores formadosIFSA= —————————————————————————————

Nº total de centros censados

9. Documentos

F-13T-02-08-01 Protocolo de inspección de establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

F-13T-02-08-02 Táboa de avaliación de riscos de TMP

F-13T-02-08-03 Carta modelo envío a Subdirección Xeral de Farmacia

F-13T-02-08-04 Carta modelo para enviar aos establecementos en caso de alerta

F-13T-02-08-05 Documento de altas / baixas de actividade de tatuaxe, micropigmentación

e piercing

GC-13T-02-08-01 Guía para a cumprimentación dos aspectos sanitarios do protocolo de

inspección de establecementos de tatuaxe, micropigmentación e piercing

F-13T-02-01 Protocolo de inspección de entidades de formación TMP/CB/LEGIO

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 19 de 20

Page 20: Programa sanitario de vixilancia dos establecementos de ......Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 Programa sanitario de vixilancia

Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es

Programa sanitario de

vixilancia dos

establecementos de tatuaxe,

micropigmentación e piercing

(TMP) 2016-2020

ANEXO I. SISTEMA DE INFORMACIÓN ESTABLECEMENTOS DE TMP

DENTRO DO PERIODO DO PROGRAMA: ACUMULATIVOS

Nº de centros con aplicadores formados/presentes a 31 de decembro

ACUMULATIVO

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

ESTABLECEMENTOS DE TMP A 31 DE DECEMBRO DE CADA ANO: VALORES

ANUAIS

Das altas nº de centros atopados por busca activa nese ano (anual)

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

PR-13T-02-08 Edición 2(15/02/2016) 20 de 20