Upload
others
View
4
Download
1
Embed Size (px)
Citation preview
Centro CulturalA FábricaRúa do Inglés, 13Perillo
Centro CulturalAs TorresRúa Emilio Pardo Bazán, 17Santa Cruz / Liáns
Auditorio GabrielGarcía MárquezRúa do Chelito, s/nMera / Serantes
PROGRAMACIÓN DE ESPECTÁCULOSNOS AUDITORIOS MUNICIPAIS
Música • Cine • Teatro
Venres 29 de setembroás 20:30 horasAuditorio Centro Cultural A Fábrica, Perillo
CIRCUÍTO FEGATEA(Federación Galega de Teatro Amador)
A Asociación Teatral Paso de Valverde (Arteixo), presenta o espectáculo ÁS PORTAS, unha creación colectiva inspirada en textos de Luix Kaf e Bertolt Brecht e dirixida por Xavier Ramillo.
Elenco: Sonia Gómez, Ana Veiga, Bea Sánchez, Xavier RamilloXénero: dramaDuración: 60 minutos
Sinopse: As portas, esas temibles e amadas fronteiras que traen e levan a xente do noso carón, sen sabermos se estaremos mellor despois de abrilas. Esta é una historia de guerra, de lembranzas, de esperanza e de cambio. É unha historia que move, empurra e acompaña as dúas protagonistas cara un novo mundo.
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas. Maiores de 12 anos.
Sábado 30 de setembroás 20:30 horasAuditorio Gabriel García Márquez, Mera
CIRCUÍTO FEGATEA(Federación Galega de Teatro Amador)
A compañía Atrezo Teatro (O Porriño), presenta o espectáculoCHICAGO KILLERS, escrito por Jessica Roade e dirixido por Chelo Pampillón.
Elenco: Marisa Sueiro, Ana Santos, Germán García, Jessica Roade, Balbi Rodríguez, Damián Alonso, Antía Villar e Chelo PampillónXénero: comedia musicalDuración: 85 minutos
Sinopse: Chicago Killers é unha adaptación do exitoso musical Chicago, que incorpora elementos de The orange is the new black, Public Enemies e , entre outras. Sempre en clave de hu-mor, asistimos ao paso por prisión das célebres Amber Diáz e Emily Cooper, as encantadoras asasinas de Chicago que agora están aquí, brillando con luz propia, para tentar roubarnos o corazón.
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas. Maiores de 12 anos.
Domingo 1 de outubroás 19.30 horasAuditorio Centro Cultural A Fábrica, Perillo
Proxección de
8 APELLIDOS CATALANESDirección: Emilio Martínez-LázaroReparto: Dani Rovira, Clara Lago, Karra Elejalde, Carmen Machi, Berto Romero, Belén Cuesta, Rosa María Sardà, Alfonso Sánchez, Alberto López, Agustín Jiménez, Esperanza PedreñoPaís: España. Ano: 2015. Duración: 99 minutos. Xénero: comedia
non recomendada a menores de 16 anos
Sinopse: As alarmas de Koldo acéndense cando se decata de que a
poñer rumbo a Sevilla para convencer a Rafa de que o acompañe a Cataluña co obxectivo rescatar a Amaia dos brazos do seu namora-do e do seu particular ambiente.
Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partirdas 18.30 horas, ata completar a capacidade da sala.
Xoves 5 de outubroás 20:30 horasAuditorio Centro Cultural A Fábrica, Perillo
Concerto de Músicade Pulso e Púa interpretado por:
Dúo Nuestra Herencia& Jesús Alejandro Sánchez(Colombia)
Elenco: Juan Pablo Sánchez Peña, Felipe Andrés Sánchez Peña e Jesús Alejandro Sánchez Peña
Agrupación de Música Colombiana nacida no ano 2000 por iniciativa dos irmáns Juan Pablo e Felipe Andrés Sánchez Peña. A agrupación inclínase polo rescate dos aires tradicionais de Colombia, en espe-cial os da zona andina, interpretando instrumentos de corda como a Bandola, o Tiple Requinto, o Tiple, a Guitarra e o Baixo Eléctrico como parte da proposta innovadora que desde o ano 2008 caracte-riza á agrupación, buscando novos sons e arranxos que mesturan o tradicional co moderno e contemporáneo sen perder a esencia dos aires que se interpretan.
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas. Todos os públicos.
Venres 6 de outubroás 20:30 horasAuditorio Centro Cultural A Fábrica, Perillo
Concerto de Músicade Pulso e Púa interpretado por:
Il Quartteto Improvviso(Savona- Italia)
Elenco: Paola Esposito (mandolina), Antonio Fiori (mandolina), Ales-sandro Fiori (Mandola) e Marco Pizzorno (guitarra clásica)
O cuarteto de corda Improvviso percorrerá tres séculos de historia da música. O repertorio abrangue desde a música de Vivaldi, Munier, Calace e Amadei, as soadas páxinas da tradición napolitana (Mez-zacapo, Capua) ata chegar ao repertorio contemporáneo (Kreidler, Machado, Pakenham e Gerswhin). Tamén presentará fragmentos de obras de ópera e pezas da tradición popular.
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas. Todos os públicos.
Sábado 7 de outubroás 20:30 horasAuditorio Centro Cultural A Fábrica, Perillo
Concerto de
Sandra Calderón& Flamenco Band
-
como as alegrías, os tangos ou as bulerías e fusionará o seu cante con gran variedade de estilos musicais: jazz, latin jazz, salsa, etc.
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas. Todos os públicos.
Domingo 8 de outubroás 18:00 horasAuditorio Gabriel García Márquez, Mera
CIRCUÍTO FEGATEA(Federación Galega de Teatro Amador)
A compañía Axóuxere Teatro (Oleiros), presenta o espectáculo QUERO SER MAIOR!, escrito e dirixido por Alejandro Albaiceta.
Elenco: Nanda Tasende, Kike Vales, Sara Pascale, Lucía Veiga e O’AleXénero: comedia infantilDuración: 50 minutos
Sinopse: Gaia é unha nena de 11 anos que sente a necesidade de medrar canto antes, conseguir un bo traballo e gañar cartos para triunfar na vida e poder axudar a súa nai. Aínda que ela non se da conta, está moi estresada pola presión dos estudos e os resultados. Unha noite, Gaia atópase nun estraño espazo cun curioso personaxe chamado Hédor e máis os seus compañeiros da Patrulla de Control
Entrada libre, ata completar a capacidade da sala.Público familiar, especialmente recomendado para maiores de 6 anos.
Venres 13 de outubroás 19.00 horasAuditorio Centro Cultural A Fábrica, Perillo
CIRCUÍTO FEGATEA(Federación Galega de Teatro Amador)
O Aturuxo de Melpómene (Narón), presenta o espectáculo MISTE-RIOS, escrito e dirixido por Paula Carballeira.
Elenco: María López, Silvia Casal, Leandro Lamas e Lorena MonteroXénero: comedia infantilDuración: 55 minutos
Sinopse: É difícil atopar respostas para as grandes preguntas, e iso que o intentamos con todas as nosas forzas, sobre todo mentres so-mos nenos ou nenas como Mara, a protagonista desa peza de teatro. Hai días nos que parece que os misterios están por todas partes: na túa casa, na da veciña, na rúa, no galiñeiro... e non hai nada máis emocionante, nin máis divertido, que resolvelos.
Entrada libre con invitación, ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 18.00 horas.
Público familiar, especialmente recomendado para maiores de 6 anos.
Sábado 14 de outubroás 20:30 horasAuditorio Centro Cultural A Fábrica, Perillo
A soprano Victoria Acón e o pianista Vicente Castro presentan CANTOS DE AMOR, un espectáculo de canción lírica galega sobre poemas inéditos de Xosé Neira Vilas. En Cantos de amor a música rende unha homenaxe neste traballo a
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas. Todos os públicos.
Domingo 15 de outubroás 19.30 horasAuditorio Centro Cultural A Fábrica, Perillo
Proxección de
MIMOSASDirección: Oliver LaxeReparto: Ahmed Hammoud, Shakib Ben Omar, Saïd Aagli, Ikram An-zouli, Ahmed El Othemani, Hamid FardjadPaís: España. Ano: 2016. Duración: 96 minutos. Xénero: drama
recomendada para maiores de 7 anos
Sinopse: Unha caravana atravesa as montañas do Atlas marroquí coa misión de conducir ao patriarca moribundo ao pobo onde naceu, no que
pero Ahmed e Saïd, dous buscavidas, aseguran coñecer o camiño.Noutro lugar, se cadra noutra época, Shakib, un bufón entre os taxis-tas, é recrutado coa encomenda de vixiar a caravana e asegurar que a viúva do patriarca vexa cumprida a promesa da tribo.Desorientados, terán que superar a neve, a persecución, o asalto e o rapto, mais nun xiro quixotesco, Shakib fará que «as mulas voen» para atravesar as infranqueábeis montañas e transformar coa súa fe o destino da expedición.
Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partirdas 18.30 horas, ata completar a capacidade da sala.
Venres 20 de outubroás 18.00 horasAuditorio Centro Cultural A Fábrica, Perillo
XIII FESTIVALINTERNACIONALGALICREQUESA Compañía La Puntual (Barcelona) presenta a obraPIPA, EL TÍTERE MARAVILLA
Técnica: luvasDuración: 45 minutos
Sinopse: PIPA non quere unha vida tranquila e apracible, quere xo-gar, divertirse, namorarse, vivir a vida... Atoparase cun mundo cheo
señorita Nina e o seu xeado, o señor banqueiro e a súa máquina, e ata cun crocodilo moi famento e as súas burbullas. Unha aloucada, surrealista e tenra comedia de monicreques.
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 17.00 horas.
Público familiar, especialmente recomendado para maiores de 4 anos.
Sábado 21 de outubroás 18.00 horasAuditorio centro cultural A Fábrica, Perillo
XIII FESTIVALINTERNACIONALGALICREQUESA compañía Don Davel (Francia) presentaLE FUMISTE
Técnica: teatro de obxectos e maxiaDuración: 50 minutos
Sinopse: Le Fumiste é unha homenaxe á memoria que como unha caricia lembra as vivencias da infancia e outros momentos da vida. Os recordos son como o fume: aparecen, bailan, acompáñante, cambian de forma e desaparecen ante os teus ollos.
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 17.00 horas. Público familiar.
Sábado 21 de outubroás 20:30 horasAuditorio Gabriel García Márquez, Mera
A Orquestra de Cámara Galega, presenta o espectáculoALMA DELAS: CONCERTO CON VOZ DE MULLER
Fundada en 1995 por iniciativa de Rogelio Groba Otero, director-con-certino, a orquestra está integrada por músicos formados en diver-sos conservatorios europeos. Alma delas é un concerto dedicado á muller da man de obras de Teresa Carreño e interpretacións de solistas mulleres de obras de Vivaldi e Teleman.
Entrada libre, ata completar a capacidade da sala. Todos os públicos.
Domingo 22 de outubroás 12.00 horasAuditorio Centro Cultural A Fábrica, Perillo
XIII FESTIVALINTERNACIONALGALICREQUESA compañía Títeres Cachirulo (Galicia) presentaA CABEZA DO DRAGÓN
Técnica: luva e variñasDuración: 55 minutos
Sinopse: Adaptación para marionetas da obra de D. Ramón María del Valle-Inclán, La cabeza del dragón. O Príncipe Verdemar é des-terrado do seu fogar e, coa axuda dun trasgo falcatrueiro, terá que loitar contra bandoleiros e mesmo contra o terrible dragón que ten
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 11.00 horas.
Público familiar, especialmente recomendado para maiores de 6 anos.
Domingo 22 de outubroás 20:00 horasAuditorio Gabriel García Márquez, Mera
A compañía Azar Teatro Danzae Música, presenta o espectáculoO soño negro, adaptado e dirixidopor Marisol Casal.
Elenco: Brais Romero García, Brenda Romero Casal, Sergio León Centeno, Xian Romero Casal, Oliver Daniel Carballal García e María Florencia Del Pópolo CalzadaXénero: traxicomediaDuración: 70 minutos
Sinopse: O doutor Ramsay é encarcerado por un asasinato que non cometeu. Na prisión é visitado polo cirurxián Cadman, antigo mestre
-voca catalepsia. Cos coñecementos de cirurxía cerebral de Ramsay, Cadman trata de curar a súa amada Irena, quen sofre un trastorno da personalidade. Despois de tantas operacións sen éxito, Ramsay decide buscar unha solución...
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 19.00 horas. Maiores de 12 anos.
Sábado 28 de outubroás 20:30 horasAuditorio Gabriel García Márquez, Mera
Malasombra Producións,presenta o espectáculoD.E.P., escrito por Pep Antón Gómeze Jordi Sánchez e dirixido por Marcos Orsi.
Elenco: Jouse García, Patricia Rodríguez e Xoque CarbajalXénero: comediaDuración: 70 minutos
Sinopse: D.E.P. é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o
As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2.50 euros a partirdas 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.
Sábado 4 de novembroás 20:30 horasAuditorio Gabriel García Márquez, Mera
A asociación cultural Manicómicos,presenta o seu espectáculoA ORQUESTRA DO MAR,adaptación da obra de Jean Anohuil Orquestra de Señoritas feita por Willy Éter e dirixida por Pablo Sánchez.
Elenco: Willy Éter, Luis Quinteiro, Keke Díez, Juan Carlos Moure, Luis Vivanco, Malala Ricoy, Marina Rivela, Ana Bugueiro, Alba Farto, Pa-blo Veciño e Mónica RojaXénero: traxicomedia musicalDuración: 80 minutos
Sinopse: Ano 1958, o transatlántico Atlantis percorre a ruta Coru-ña-Nova York trasladando a 200 pasaxeiros en camarotes de luxo e a 800 emigrantes nas adegas do barco. Nunha tormentosa noite, a
-tas, ameniza a velada aos pasaxeiros de primeira, para que poidan vomitar cun fermoso fondo sonoro.
As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2.50 euros a partirdas 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.
Sábado 11 de novembroás 20:30 horasAuditorio Gabriel García Márquez, de Mera
Elefante Elegante,presenta o seu espectáculoTROPICALescrito e dirixido por María Torres e Gonçalo Guerreiro
Elenco: María Torres, Gonçalo Guerreiro, Fredi Muíño, Marta Alonso e Ánxela BlancoXénero: teatro xestualDuración: 75 minutos
Sinopse: TROPICAL é un espectáculo sensitivo, universal e evoca-dor que mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións. Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, emigrantes, músicos e refuxiados custodia-dos por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao norte fuxindo da fame e dos cascallos.
As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2.50 euros a partirdas 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.
Sábado 18 de novembroás 20:30 horasAuditorio Gabriel García Márquez, de Mera
Talía Teatro, presenta o seu espectáculoUBÚ REIescrito por Alfred Jarrye dirixido por Roberto Salgueiro
Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Ríos, Rubén Prieto e David CreusXénero: comediaDuración: 75 minutos
Sinopse: Pai Ubú, impulsado pola súa ambiciosa muller Madre Ubú, asasina ao seu protector o rei de Polonia, e a case toda a súa familia, para roubarlle os seus Estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e despotismo levado ata o absurdo.
As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2.50 euros a partirdas 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.
Sábado 25 de novembroás 20:30 horasAuditorio Gabriel García Márquez, de Mera
Os Náufragos, presenta o seu espectáculoCASTRAPOescrito e dirixido por Gustavo del Río.
Elenco: Denis Gómez, Victoria Teijeiro e Gustavo del RíoXénero: teatro contemporáneoDuración: 75 minutos
Sinopse: Daniel, escritor galego emigrado a Madrid, volve á terra logo de recibir a nova da morte do seu pai, con quen xa non mantiña
-parte o tren con destino á Coruña. Nesta viaxe a Galicia atópase de fronte co seu pasado e coa necesidade de afondar na procura das súas raíces: unha viaxe que o leva de volta á súa orixe.
As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2.50 euros a partirdas 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.
Venres 1 de decembroás 21.00 horasAuditorio Gabriel García Márquez, de Mera
Ditirambo Teatro, presenta o espectáculoANÓNIMA 18escrito e dirixido por Lola Roel.
Elenco: Chelo G. Falcón, Bego Lomba, Iago Arroio, Juan Carlos AlonsoXénero: dramaDuración: 60 minutos
Sinopse: O afamado pintor Ton Grung acaba de falecer. A súa viúva, e musa durante máis de vinte anos, revive a súa atormentada historia de amor no estudio onde o seu espírito segue vivo. Elisa, galerista e marchante do artista, acode a ela para que lle axude a localizar os dezaoito lenzos que integran a serie Anónimas, cuxa exposición será un acontecemento único. A procura das obras levaraa a descubrir a verdadeira identidade da modelo que as inspirou e a forxar a súa vinganza.
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 20.00 horas. Maiores de 12 anos.
Sábado 2 de decembroás 20:30 horasAuditorio Centro Cultural A Fábrica, Perillo
DOA EN CONCERTO
Elenco: Susana de Lorenzo, Gertraud Brilmayer, Xoán Piñón e Ber-nardo Martínez.
DOA presenta un folk de Vangarda que integra composicións pro-pias con temas musicais diversos do Eixo Atlántico. Fai arranxos da música popular (de Galicia e outros países) dun xeito persoal e heterodoxo combinando instrumentación acústica e electrónicos.
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas. Todos os públicos.
Domingo 3 de decembroás 20:00 horasAuditorio Gabriel García Márquez, Mera
CoTeatro e Condetrespés,presenta o espectáculoOS LÍMITES DO FRÍOescrito e dirixido por Lois Blanco
Elenco: Alejandro CarroXénero: traxicomediaDuración: 70 minutos
Sinopse: Ata onde pode chegar unha persoa coa súa dignidade? O xogo pode ser descuberto no encontro co público. Manolo lévanos a través do presente e do pasado, protagonizando unha traxicomedia.
ilusión. Ás veces a poesía resiste cando menos o esperas. Vivir na rúa pode ter múltiples caras, pero nunca a de renderse. O fracaso e
As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2.50 euros a partirdas 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.
Sábado 23 de decembroás 18:30 horasAuditorio Centro Cultural A Fábrica, Perillo
Concerto de
MARIAN LEDESMAPresentación do seu espectáculo Música de contos. Cancións con ensinanza que nos levan a Oz.
De que falan os xoguetes nos escaparates? Pode un ogro namorarse dunha bruxa? Por que en todos os contos o lobo sempre está enfa-dado e famento? Marian Ledesma achegaranos historias máxicas e descoñecidas a través de cancións que esconden mensaxes. Na súa faceta de narradora, cantará segredos marabillosos e axudaranos a redescubrir aqueles clásicos para todos os públicos.
Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala.As invitacións poderán recollerse a partir das 17.30 horas. Público familiar.
• Prégase puntualidade.Por respecto aos artistas e ao resto do público, non se permitirá o acceso ao patio de butacas unha vez iniciado o
espectáculo.
• Non se permitecomer nin beber dentro
do patio de butacas.
• Os móbilespermanecerán apagados
durante a duración do espectáculo.
• Non se permite fumaren ningún espazo
do auditorio.
• Non se permite filmar,gravar ou sacar
fotografías sen a correspondenteautorización.
Moitas grazas.
• Non se permite filmar,gravar ou sacar
fotografías sen a correspondenteautorización.
Moitas grazas.