49
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º Educación Infantil 2017-2018 Ceip Isaac Peral

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

5º Educación Infantil 2017-2018

Ceip Isaac Peral

Page 2: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

2

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN .............................................................................................. 3

2. EDUCACIÓN EN VALORES ......................................................................... 3

3. COMPETENCIAS BÁSICAS ......................................................................... 4

3.1 Competencia en comunicación lingüística ...................................... 4

3.2 Competencia matemática .................................................................. 5

3.3 Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico . 6

3.4 Tratamento da información e competencia dixital .......................... 7

3.5 Competencia social e cidadá ............................................................. 8

3.6 Competencia cultural e artística ........................................................ 8

3.7 Competencia para aprender a aprender ........................................... 9

3.8 Autonomía e iniciativa persoal .......................................................... 10

4. OBXECTIVOS ............................................................................................... 11

5. CONTIDOS .................................................................................................... 17

6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN ...................................................................... 25

7. METODOLOXÍA ........................................................................................... 30

7.1 AMBIENTE DE APRENDIZAXE .......................................................... 30

7.1.1. ORGANIZACIÓN DO ESPAZO ........................................... 30

7.1.2. ORGANIZACIÓN DO TEMPO ............................................. 31

7.1.3. MATERIAIS E RECURSOS ................................................. 33

7.2 PRINCIPIO DE COLOABORACIÓN COAS FAMILIAS ..................... 34

7.3. PERSPECTIVA DIDÁCTICA .............................................................. 35

8. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ................................................ 43

9. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ....................... 45

10. AS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES............. 48

Page 3: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

3

1. INTRODUCIÓN

Esta programación está baseada no Proxecto Educativo, o Proxecto

Curricular de Ciclo e o currículo oficial: Decreto 330/2009 do 4 de xuño, polo

que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma

de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do 25 de xuño de 2009

pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do

segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta programación está planificada de maneira aberta e flexible,

proponse dar resposta a 46 alumnos/as do 2º nivel do 2º ciclo da Educación

Infantil (4 anos) repartidos en dúas aulas. O primeiro grupo está composto por

11 nenas e 12 nenos, 13 optan pola relixión católica, e 10 acoden a actividades

de atención educativa. A segunda aula está composta por tamén por 11 nenas

e 12 nenos, 14 dos cales reciben clases de relixión católica e 9 de atención

educativa. A lingua vehicular da aula, segundo a enquisa cuberta polas familias

o curso pasado, é o castelán. Como lingua estranxeira: o inglés; Tamén

acoden ás nosas aulas as especialista de música (unha sesión semanal) e a

mestra de psicomotricidade (unha sesión semanal)

2. EDUCACIÓN EN VALORES

O actual sistema educativo mostra un interese especial polos valores sociais

e persoais, que dende a escola debemos transmitir ós nosos alumnos/as, a través

da nosa acción educativa. Trabállanse de xeito global e contextualizados dentro da

programación. Referímonos a contidos como:

A educación ambiental: que as nenas/os sexan respectuosos co medio

ambiente, que aprendan a manter limpo o contorno e fagan uso das

papeleiras e colectores de lixo, que se impliquen na labor da reciclaxe, que

acaden valores como a convivencia, responsabilidade e amor pola natureza.

A educación para a cidadanía: acadar comportamentos e normas propios

da escola, valores como cooperación e a tolerancia.

Page 4: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

4

A educación para a igualdade: que as nenas/os participen en xogos e

actividades sen discriminación por sexos, que acaden valores coma a

tolerancia e a cooperación.

A educación para a paz: fomentar habilidades afectivas, acadar valores

como compartir, colaborar, axudar, solidariedade.

A educación para a saúde: reflexionar de que unha boa saúde depende de

moitos factores: alimentación, hixiene, ambiente, hábitos… Deberase

promover unha alimentación saudable, bos hábitos de hixiene, usar a

vestimenta adecuada segundo a época do ano...

A educación para o consumo: reflexionar sobre o consumo moderado de

doces, xoguetes. Inculcarlles un sentido crítico sen deixarse arrastrar por

tanta publicidade. Valorar as cousas feitas por un mesmo.

A educación vial: respecto ás normas de seguridade cando vaian pola rúas

como peóns (cando entran e saen do colexio, nas saídas…)

3. COMPETENCIAS BÁSICAS

A lexislación vixente establece oito competencias básicas que o alumnado

debe desenvolver e acadar ao longo do ensino básico. Aínda así, orientan e

impregnan o currículo de EI, sendo referentes que guían a práctica educativa e

condicionan o tratamento das áreas.

3.1. Competencia en comunicación lingüística

Refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación

oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da

realidade, de construción e comunicación do coñecemento, de

organización e autorregulación do pensamento, das emocións e da

conduta.

Page 5: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

5

- Escoitar e comprender mensaxes en lingua galega e castelá.

- Practicar a escoita activa e o resto de estratexias de diálogo.

- Expresarse oralmente de forma clara e coherente.

- Contar as súas propias experiencias e vivencias.

- Usar as normas que rexen os intercambios lingüísticos: saudar, da-

las grazas, pedir por favor,...

- Adquirir progresivamente vocabulario e estruturas.

- Comprender e memorizar textos narrativos: poesías, rimas,

trabalinguas, refráns,.

- Iniciarse na produción de textos escritos a partir da idea que eles

teñen do que é escribir.

- Iniciarse no recoñecemento de palabras significativas: personaxes do

conto, vocabulario dos proxectos.

- Usar un pequeno vocabulario en lingua estranxeira organizado

entorno as rutinas de aula.

- Memorizar pequenos textos en lingua estranxeira.

- Usar a biblioteca de aula, valorando como recurso de información,

entretemento e de gozo.

- Usar as posibilidades que lle ofrece o corpo para expresarse.

- Comentar experiencias sobre celebracións e situacións, respectando

as opinións dos demais.

3. 2. Competencia matemática

Consiste na habilidade para empregar e relacionar os números, as súas

operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento

matemático, tanto para producir e interpretar distintos tipos de información,

como para ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos e espaciais da

realidade, e para resolver problemas relacionados coa vida cotiá e co mundo

laboral. Así mesmo, esta competencia implica o coñecemento e manexo dos

elementos matemáticos básicos -distintos tipos de números, medidas,

símbolos, elementos xeométricos, ...- en situacións reais ou simuladas da vida

Page 6: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

6

cotiá, e a posta en práctica de procesos de razoamento que levan á resolución

dos problemas ou á obtención de información.

- Identificar os números de polo menos un díxito.

- Asociar cantidade- grafía dos números de polo menos un díxito.

- Resolver situacións da vida cotiá aplicando o coñecemento dos

números.

- Aplicar a serie numérica.

- Contar obxectos.

- Ordenar obxectos e numeralos.

- Situar no tempo as actividades cotiás.

- Traballar co calendario da data e tempo e progresar no seu manexo

(espazo - tempo).

- Iniciar as operacións básicas: poñer- quitar.

- Secuenciar.

- Recoñecer as formas xeométricas e obxectos que a representan.

- Explorar os corpos xeométricos e as formas tridimensionais.

- Identificar conceptos básicos espaciais e temporais.

- Iniciarse na descomposición de números.

- Iniciarse no cálculo de medidas a partir dun patrón de medición.

3.3 Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico

Refírese á habilidade para interactuar co mundo físico, de modo que se

facilite a comprensión de sucesos, a predición de consecuencias, así como o

coidado do medio natural e a protección da saúde individual e colectiva sendo

conscientes da influenza que ten a presenza das persoas no espazo

(modificacións da paisaxe, desenvolvemento sostible, diversidade natural...)

Contribuirase, polo tanto, á adquisición desta competencia desde educación

infantil iniciando o alumnado no pensamento científico, potenciando habilidades

de investigación: formular hipóteses, recoñecer evidencias, observar, formular

interrogantes, descubrir alternativas, verificar, predicir, xerar novas ideas e

solucións.

- Explorar y manipular obxectos.

- Clasificar, agrupar, ordenar obxectos.

Page 7: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

7

- Explorar e orientarse nos espazos habituais.

- Observar o medio natural e amosar curiosidade por coñecer cousas

novas.

- Protexer e conservar o medio.

- Favorecer o contacto co entorno.

- Amosar comportamentos saudables.

- Adquirir uns bos hábitos de saúde, alimentación, hixiene,...

- Observación do tempo atmosférico (rutina na asemblea sobre o

tempo) e rexistro climático do mesmo.

- Participar en pequenos proxectos con actitude de curiosidade, ganas

de coñecer,...

- Previr riscos e perigos: educación viaria, educación para a saúde, para

o consumidor,...

3. 4. Tratamento da información e competencia dixital

Consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e

comunicar información e mais para transformala en coñecemento. Incorpora

diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa

transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das

tecnoloxías da información e a comunicación como elemento esencial para

informarse, aprender e comunicarse.

- Coñecer os diferentes elementos do ordenador.

- Progresar no manexo do rato.

- Acender e apagar o ordenador.

- Traballar co CD-ROM e demais xogos no recanto do ordenador.

- Usar e gozar co encerado dixital.

- Iniciarse no uso de programas informáticos.

- Afianzar os contidos do curso con programas axeitados a cada

unidade de traballo/proxecto.

- Respectar o tempo de uso.

- Iniciarse na Internet como ferramenta de achega de información.

- Favorecer o traballo cooperativo a través das tic

Page 8: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

8

3.5. Competencia social e cidadá

Posibilita comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir e

exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como

comprometerse a contribuír á súa mellora. Nela están integrados

coñecementos diversos e habilidades complexas que permiten participar, tomar

decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e

responsabilizarse das eleccións e decisións adoptadas.

- Practicar o respecto e a colaboración.

- - Expresar as súas propias ideas e escoitar as dos demais.

- Iniciarse na toma de decisións.

- Sentirse membro do grupo clase.

- Empatizar cos outros.

- Construír, aceptar e cumprir as normas.

- Resolver conflitos mediante o diálogo.

- Respectar quendas e opinións distintas.

- Coidar o material común, dos compañeiros e o seu propio.

- Colaborar nas tarefas da aula.

- Colaborar, compartir e prestar axuda.

- Pedir axuda e progresar na cooperación cos outros.

3.6 Competencia cultural e artística

Supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes

manifestacións culturais e artísticas, utilizalas como fonte de enriquecemento e

de gozo e consideralas como parte do patrimonio dos pobos.

- Coñecer manifestacións culturais e artísticas.

- Coñecer, participar e gozar nas festas tradicionais.

- Valorar o patrimonio cultural e as tradicións propias.

- Observación sobre as cores e traspoñer a outros obxectos (tanto no

uso como no recoñecemento)

- Representación gráfica do entorno a través do debuxo.

- Coñecer e utilizar diferentes técnicas plásticas: coloreado, recortado,

modelado,.

- Avanzar no seu control manual do trazo fino.

Page 9: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

9

- Coñecer obras de arte e valoralas desde os seus gustos e intereses.

- Identificar e producir diferentes tipos de sons (instrumentos musicais ou

da natureza).

- Escoitar e interpretar cancións.

- Participar en danzas.

- Potenciar hábitos de escoita e atención (audicións musicais).

- Gozar coas actividades musicais, de movemento, de plástica...

- Progresar no desenrolo de actividades psicomotrices.

- Expresarse a través do corpo e do movemento: mímica,

dramatizacións, os xestos...

3. 7. Competencia para aprender a aprender

Supón dispoñer de habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser

capaz de continuar aprendendo de maneira cada vez máis eficaz e autónoma

de acordo cos propios obxectivos e necesidades. Esta competencia ten dúas

dimensións fundamentais: a adquisición da conciencia das propias

capacidades -intelectuais, emocionais, físicas-, do proceso e das estratexias

necesarias para desenvolvelas; e a conciencia do que se pode facer por un

mesmo e do que se pode facer con axuda doutras persoas ou recursos.

Significa ser consciente do que se sabe e do que é necesario aprender, de

como se aprende e de como se xestionan e controlan de forma eficaz os

procesos de aprendizaxe, optimizándoos e orientándoos a satisfacer

obxectivos persoais.

- Participar en proxectos de traballo

- Adquirir uns bos hábitos de traballo: constancia, responsabilidade,

iniciativa, atención, orden e limpeza...

- Uso autónomo dos recantos da aula.

- Favorecer a toma de decisións e a iniciativa.

- Resolución de problemas relacionados coa vida cotiá .

- Favorecer actividades en grupo

- Planificar e organizar de forma conxunta o traballo.

- Rematar as actividades iniciadas.

- Iniciar as habilidades de pensamento: percepción, investigación,

conceptualización, razoamento, tradución.

Page 10: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

10

- Desenrolar a memoria.

- Valorar o traballo ben feito e os esforzos realizados.

- Apreciar as producións propias e as dos compañeiros/as.

- Gozar facendo as diferentes tarefas da clase.

- Motivar ante as tarefas.

- Completar follas de autoavaliación e ser consciente dos seus

progresos.

3. 8. Autonomía e iniciativa persoal

Refírese, por unha parte, á adquisición da conciencia e aplicación dun

conxunto de valores e actitudes persoais interrelacionadas como a

responsabilidade, a perseveranza, o autocoñecemento e a autoestima, a

creatividade, a autocrítica, o control emocional, a capacidade de elixir, de

calcular riscos e de afrontar os problemas, así como a capacidade de demorar

a necesidade de satisfacción inmediata, de aprender dos erros e de asumir

riscos. Por outra parte, remite á capacidade de elixir con criterio propio, de

propoñer proxectos e de levar adiante as accións necesarias para desenvolver

as opcións e plans persoais -no marco de proxectos individuais ou colectivos -

responsabilizándose deles tanto no ámbito persoal, como no social e no

laboral.

- Elixir proxectos de traballo sobre os que queremos investigar.

- Adquirir autonomía nas actividades da vida cotiá: aseo, vestido,

alimentación,...

- Ter unha imaxe axustada das súas posibilidades e limitacións.

- Confiar nas súas propias posibilidades e superar as propias

limitacións.

- Mellorar o autocontrol.

- Favorecer a toma de decisións e a iniciativa na resolución de tarefas e

problemas da vida cotiá..

- Planificar e organizar de forma conxunta o traballo.

- Desenrolar a súa creatividade e fomentar a imaxinación,

- Encargarse de pequenas tarefas.

- Iniciativa para desprazarse polo espazos habituais.

Page 11: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

11

- Cumprir con responsabilidade coas tarefas asignadas.

- Valorar o traballo ben feito e os esforzos realizados.

Dende a perspectiva das competencias básicas no proceso de ensinar a

acumulación e transmisión de coñecementos non é o aspecto central, tratase

de mobilizar recursos cognitivos e desenvolver as posibilidades que posúe

cada neno/a mediante fórmulas "de saber", "saber facer" e "saber estar"

contextualizadas. É necesario unha aprendizaxe significativa que se transfira a

situacións da vida cotiá e que supoña a resolución de problemas na práctica. E

o "aprender a aprender" e "aprender facendo".

4. OBXECTIVOS

Partindo do currículo oficial (Decreto 330/2009) e dos obxectivos do proxecto

curricular de ciclo, para o 2º nivel do segundo ciclo de EI traballaremos os

seguintes obxectivos:

Área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal

- Explorar e identificar as partes do corpo e as articulacións.

- Progresar na realización de trazos verticais, horizontais, circulares,

semicirculares, curvos e combinados facendo a pinza cos dedos e seguindo

a dirección adecuada.

- Identificar gustos, preferencias, necesidades e intereses personais.

- Progresar na representación dun mesmo e no coñecemento das partes

do corpo.

- Exercitar destrezas manuais como pegar, rasgar anacos de papel,

recortar por unha liña de puntos, picar cun punzón, etc. que axuden a

desenvolver unha boa coordinación óculo-manual.

- Desenvolver a motricidade fina realizando trazos horizontais, verticais,

inclinados, curvos e combinados, utilizando o instrumento de escritura cos

dedos formando unha pinza, e partindo do punto inicial e seguindo a

dirección axeitada.

Page 12: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

12

- Mellorar o autocoñecemento distinguindo a dereita da esquerda.

- Repasar puntos de forma autónoma seguindo a dirección axeitada.

- Progresar na adquisición de hábitos que contribúan á propia

seguridade.

- Desenvolver e valorar a propia imaxinación buscando novas aplicacións

a un obxecto determinado.

- Progresar na iniciativa de colocar elementos no seu medio axeitado e de

resolver crebacabezas.

- Practicar o xogo simbólico para favorecer o desenvolvemento persoal.

- Observar actividades e espazos lúdicos e distinguir xogos de exterior e

interior.

- Diferenciar xogos individuais e colectivos.

- Recoñecer condutas correctas e condutas incorrectas e as normas

básicas do xogo colectivo.

- Desenvolver hábitos de orde e coidado dos obxectos.

- Progresar na resolución de crebacabezas.

- Desenvolver hábitos que favorezan a boa presentación dos traballos

manuais.

- Amosar iniciativa á hora de colorear un debuxo.

-Progresar no control das propias reaccións, no seguimento de

instrucións e na conciencia da necesidade de seguir unha dieta sa tomando

froita e verdura a diario.

- Concienciarse da necesidade de coidar a propia persoa.

- Progresar na decisión de elixir o camiño axeitado a un obxectivo.

- Concienciarse da necesidade de seguir unha dieta equilibrada e de

durmir suficientes horas.

- Desenvolver hábitos de orde e limpeza.

- Identificar as distintas emocións: o medo-

Page 13: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

13

Área de coñecemento do contorno

- Identificar as manifestacións e as consecuencias dos fenómenos

naturais, as estacións do ano, as características dos elementos da natureza

e o tempo meteorolóxico.

- Identificar as características, os froitos e as pezas de vestir propias de

cada estación.

- Identificar os elementos e actividades propios de cada estación.

- Observar e identificar as actividades que se levan a cabo nunha imaxe:

dependencias do colexio, dependencias dunha casa, profesións e

instrumentos, medios de transporte, etc.

- Observar e identificar os diferentes tipos de animais, plantas e flores

dunha lámina.

- Identificar e coñecer distintos aspectos do ciclo vital das abellas.

- Relacionar animais co seu medio.

- Desenvolver actitudes respectuosas cara ao medio e os animais.

- Observar e distinguir as diferenzas entre froitas e verduras, do medio no

que crecen e as características dunha horta.

- Observar procesos e ciclos: as fases de crecemento dunha planta e o

ciclo do verme de seda.

- Identificar as cores amarela, vermella, azul, marrón, verde e amarela.

- Recoñecer a igualdade entre obxectos.

- Clasificar elementos segundo as súas características e utilidade.

- Recoñecer estados, cualidades, cores, tonalidades e semellanzas nos

obxectos.

- Distinguir as figuras xeométricas básicas: círculo, cadrado, triángulo e

rectángulo.

- Recoñecer os elementos que non corresponden a un medio determinado.

-Observar obxectos relacionados co Nadal e recoñecer tradicións

asociadas a estas festas.

Page 14: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

14

-Cuantificar elementos, agrupalos segundo as súas semellanzas,

identificar os símbolos relativos a cantidades, recoñecer unha secuencia e

ordenala, iniciarse na suma de elementos, descompoñer números e medir

distancias a partir dun patrón de medida.

- Identificar obxectos determinados e as súas partes.

- Relacionar loxicamente elementos segundo as súas características.

- Recoñecer as características e a utilidade de obxectos e clasificalos

segundo o material co que están fabricados.

- Recoñecer formas, figuras, sombras e diferenzas na realidade.

- Progresar na cuantificación de elementos.

- Identificar os números do 1 ao 6 e progresar na realización do seu trazo.

- Identificar vehículos e utensilios asociados a diversas profesións.

- Clasificar diversos elementos segundo as súas características.

-Identificar o medio polo que circulan os vehículos e a clase á que

pertencen.

- Recoñecer e reproducir correctamente a secuencia dunha serie.

- Identificar elementos repetidos nunha imaxe e clasificar elementos

segundo diversos criterios.

- Identificar normas viarias básicas e de seguridade e comportamentos

cívicos e incívicos.

- Comportarse ben na mesa, agradecer as accións dos demais e

solucionar os conflitos educadamente e pacificamente.

- Asimilar actitudes e normas sociais axeitadas.

- Desenvolver actitudes cívicas e responsables.

Área de linguaxes: comunicación e representación

– Describir actividades, características e elementos correspondentes a

situacións diversas.

– Participar en conversas, respectando as normas básicas dos

intercambios lingüísticos.

Page 15: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

15

– Describir calidades de obxectos e comentar a idoneidade da limpeza e a

orde.

– Usar a linguaxe verbal para amosar acordos e desacordos e resolver

situacións pacificamente.

– Escoitar con atención un texto oral e interpretar adecuadamente o seu

significado.

– Progresar no trazo das letras.

– Familiarizarse coa interpretación de palabras sinxelas, verbalizar

preferencias e diferenzas entre conceptos abstractos e comentar como

resolven os seus traballos os nenos.

– Asimilar o vocabulario novo relativo á escola, a casa, as froitas, as

verduras, as pezas de vestir, os xogos e os xoguetes, os animais e as

plantas, as profesións e os instrumentos, os medios de transporte e

comunicación, as actividades do verán, ás temáticas específicas dos

proxectos a traballar etc.

– Comentar que tipo de alimentos son necesarios en calquera dieta sa e

equilibrada.

– Explicar as condutas que debemos seguir e as que non.

– Comentar colectivamente un fenómeno ou unha imaxe, describindo as

características e a utilidade dos elementos e as accións representados e

discriminando os aspectos incorrectos que presenta.

– Explicar costumes e tradicións do propio entorno e verbalizar conceptos.

– Comentar as características de diversas actividades e espazos lúdicos.

– Comentar colectivamente as diferenzas entre a froita e a verdura.

– Nomear obxectos dunha cor determinada.

– Comentar os diferentes tipos de animais, plantas e flores dunha imaxe.

– Explicar experiencias, hábitos e costumes.

– Comentar as profesións e os instrumentos dunha imaxe.

– Participar activamente nas conversas colectivas.

– Comentar as características dos medios de transporte e comunicación e

a súa utilidade.

Page 16: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

16

– Recoñecer o ordenador e os seus accesorios como instrumentos de

coñecemento e comunicación.

– Comentar colectivamente a necesidade de coidar a natureza e os

animais.

– Interpretar a iconografía dunha lámina e valorar o seu contido e estética.

– Traballar con contidos en formato multimedia para imaxinar, informarse e

tamén divertirse.

– Interpretar, analizar e valorar o contido e a estética de presentacións de

imaxes e o significado asociado a diversos símbolos.

– Recoñecer a música como linguaxe expresiva.

– Colorear debuxos e figuras, descubrir a natureza artística dos trazos e

recoñecer a cor como elemento da linguaxe artística e na realización de

traballos manuais.

– Utilizar diversas técnicas plásticas con creatividade e criterio artístico

para decorar debuxos.

– Colorear e decorar debuxos e figuras, utilizando diversas técnicas

plásticas e materiais.

– Debuxar trazos, elementos e figuras libremente dentro dun espazo

determinado.

– Completar debuxos cos elementos que faltan representándoos de forma

autónoma e creativa.

– Representar plasticamente a realidade coloreando e debuxando

obxectos seguindo un modelo.

– Descubrir a natureza artística dos trazos.

– Representar personaxes e accións en xogo simbólico.

– Reproducir posturas e imitar os trazos dos grafismos mediante a

expresión corporal.

– Representar con linguaxe corporal as diferenzas entre esquerda e

dereita, os trazos de diversas figuras xeométricas, etc.

– Representar sensacións e actividades mediante xestos e linguaxe

corporal.

Page 17: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

17

– Representar conceptos abstractos mediante a linguaxe xestual e

corporal.

– Experimentar posturas corporais diferentes.

– Representar sentimentos e accións en xogo simbólico e mediante a

linguaxe xestual.

Debemos destacar neste apartado, que haberá obxectivos específicos

pertencentes ós distintos proxectos que levaremos a cabo durante todo o

curso e que partirán das expectativas que teñan os nenos e nenas das nosas

aulas, e que irán evolucionando segundo avancen ditos proxectos.

5. CONTIDOS

Os obxectivos anteriormente expostos alcanzaranse traballando uns e outros

contidos. Partindo do D.330/09, os contidos traballados son os seguintes:

ÁREA: COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL

Bloque 1. O corpo e a propia imaxe.

– Identificación das partes do corpo. As articulacións.

– Debuxo da propia persoa realizando unha actividade determinada.

– Distinción dereita/esquerda.

– Localización das partes do corpo que se nomean nunha historia.

– A imaxinación como instrumento de desenvolvemento persoal.

– Control das propias reaccións.

– Manifestación autónoma de gustos, preferencias, necesidades e intereses.

– As emocións: o medo.

Bloque 2. Xogo e movemento.

– Repaso de puntos seguindo a dirección axeitada.

– Adquisición de novas habilidades motrices.

– Desenvolvemento da imaxinación buscando novas utilidades a obxectos

determinados.

Page 18: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

18

– O xogo simbólico e o desenvolvemento persoal.

– Identificación de xogos individuais e colectivos.

– Características e manipulación dos xoguetes.

– Observación de actividades e espazos lúdicos.

– Iniciativa para decidir o camiño axeitado para chegar a un obxectivo.

– A resolución de crebacabezas.

– Exercicio de destrezas manuais, colocando adhesivo e adhesivo de papel de

seda, resgando papeliños, recortando pola liña de puntos, pegando materiais,

picando cun punzón e de coordinación óculo-manual.

– Realización de trazos horizontais, verticais, inclinados, curvos, circulares,

semicirculares e combinados con bo uso do instrumento de escritura e boa

posición dos dedos formando pinza.

Bloque 3. A actividade cotiá.

– Seguimento dunhas instrucións.

– Desenvolvemento de hábitos que favorezan a pulcritude e a boa

presentación dos traballos manuais.

– Iniciativa para decidir a colocación de elementos no seu medio axeitado ou á

hora de decorar un debuxo.

– Desenvolvemento do hábito de ordenar e coidar as propias pertenzas.

– Realización de tarefas vinculadas coa orde, como pendurar a roupa.

– Repartición de responsabilidades na aula.

– As tarefas do fogar.

Bloque 4. O coidado persoal e a saúde.

– O coidado da propia persoa usando beirarrúas e pasos de peóns e

desenvolvendo hábitos como abrigarse ben cando vai frío.

- Conciencia da necesidade de tomar froita e verdura a diario para coidar a

saúde e seguir unha dieta equilibrada.

Page 19: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

19

– Identificación de pezas de vestir de outono.

– Alimentos dunha dieta sa e equilibrada.

– A necesidade de seguir unha dieta sa.

ÁREA: COÑECEMENTO DO CONTORNO

Bloque 1. Medio físico: elementos, relacións e medida.

– Distinción de diferenzas entre froitas e verduras, onde crecen e

características dunha horta.

– Clasificación de comida segundo un criterio.

– Identificación do medio polo que circulan os medios de transporte e a clase á

que pertencen.

– A parte simétrica dun elemento, as diferenzas en obxectos e as sombras de

obxectos.

– Clasificación de obxectos segundo o material co que están elaborados.

– Clasificación de elementos segundo as súas características e distinción de

intrusos nun conxunto.

– Relación de obxectos entre si.

– Medición de cousas a partir dun patrón de medida e identificación de

metades.

– Distinción aberto/cerrado, liso/rizo, xunto/separado,

grande/mediano/pequeno, duro/brando, esquerda/dereita, cheo/baleiro,

doce/salgado, esquerda/dereita, primeiro/último, agora, metade, arredor e

entre, a un lado/a outro lado. O concepto en medio.

– Distinción das cores: amarela, vermello, azul, celeste, marrón, rosa, verde,

violeta e laranxa.

– Cores e tonalidades: verde clara e oscura, celeste e azul.

– Identificación de elementos que non se corresponden a un medio

determinado.

– As cores e os elementos dunha serie.

– Agrupación de elementos segundo as súas semellanzas.

Page 20: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

20

– Recoñecemento e orde da secuencia da acción de vestirse.

– Secuencia de series e acontecementos.

– Identificación e continuación de series.

– Relación lóxica de elementos segundo as súas características.

– As características e a utilidade dos obxectos.

– A representación de cantidades: os números.

– Trazado dos números 1, 2, 3, 4, 5 e 6 seguindo a dirección e orientación

axeitadas.

– Descomposición de números: 2, 3, 4,5 e 6

– Iniciación á suma de elementos.

– As figuras xeométricas: o círculo, o cadrado, o triángulo, o rectángulo.

Bloque 2. Achegamento á natureza.

– As estacións do ano.

– O tempo meteorolóxico.

– Identificación dos diferentes tipos de animais, plantas e flores.

– Características das froitas do outono.

– Relación de animais co seu medio.

– Actitude respectuosa cara ao medio e os animais.

– Observación de procesos e ciclos vitais: o crecemento dunha planta e o ciclo

dunha abella.

– Interese en usar papeleiras para manter limpo o medio.

– Observación, exploración e interpretación da redonda, amosando interese

polo seu coñecemento.

– Identificación de pezas de vestir nas distintas estacións.

– Alimentos dunha dieta sa e equilibrada.

Page 21: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

21

Bloque 3. Cultura e vida en sociedade.

– Descubrimento das dependencias dunha casa e das actividades que se

realizan.

– Descubrimento da utilidade das dependencias do colexio.

– Identificación de obxectos e tradicións relacionadas co Nadal.

– Identificación e clasificación de pezas de roupa propias de cada estación.

– O hábito de agradecer os regalos.

– Identificación dos medios de transporte e de comunicación e a súa utilidade.

– Distinción de condutas correctas e incorrectas.

– Os xogos de interior e de exterior.

– Observación e identificación das profesións e os instrumentos dunha imaxe,

relación entre eles e os vehículos correspondentes.

– O bo comportamento e a actitude pacífica e educada na resolución de

conflitos.

– As condutas correctas e incorrectas.

– Identificación de elementos e actividades asociadas a cada estación.

– As normas viarias básicas e de seguridade e os comportamentos cívicos e

incívicos.

– Actitudes cívicas e responsables: seguir unha orde nunha fila, coidar a

natureza ou reciclar.

ÁREA: LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

Bloque 1. Linguaxe verbal.

* Escoitar, falar e conversar.

– Relación de actividades, características e elementos de situacións diversas.

– Iniciativa e interese por participar en conversas colectivas, respectando a

quenda de palabra e coa atención necesaria.

– Descrición da distinción liso/rizo, igual/diferente.

Page 22: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

22

– Uso da linguaxe para manifestar acordos e desacordos e resolver situacións

adecuadamente.

– Explicación de actividades, características e elementos relativos ás

dependencias dunha casa.

– Comentario colectivo, respectando as normas que rexen os intercambios

comunicativos, sobre diferentes temas: os hábitos de orde e limpeza, o outono,

a roupa de abrigo, a necesidade de usar ben as beirarrúas e pasos de peóns

para evitar accidentes, as profesións e os seus instrumentos.

– Ampliación do vocabulario da escola, da casa, as froitas, as pezas de vestir,

a roupa de abrigo e o Nadal, os xogos e os xoguetes, as froitas, verduras e

ferramentas, os animais, as plantas e as flores, as profesións e os seus

instrumentos, os medios de transporte e de comunicación, o verán, etc.

– Comentario da idoneidade de consumir os alimentos base para unha dieta

sa e equilibrada.

– Verbalización de preferencias e de diferenzas entre conceptos abstractos,

como xunto/separado.

– Comentario dos elementos propios do Nadal.

– Comentario de como se resolven os traballos.

– Descrición e xustificación dos elementos estraños que aparecen nunha

imaxe.

– Audición de textos amosando atención e actitude receptiva para comprender

o seu contido.

– Comentario dos produtos que comemos no Nadal, escoitando con atención e

respecto o que nos explican os demais.

– Descrición de condutas correctas e incorrectas.

– Comentario das actividades e espazos lúdicos respectando as normas dos

intercambios comunicativos.

– Verbalización de conceptos abstractos grande/mediano/pequeno,

duro/brando, entre, cheo, baleiro, grande, mediano e pequeno, a un lado/a

outro lado, en medio, primeiro/último.

Page 23: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

23

– Diferenciación entre froita e verdura respectando os intercambios

comunicativos.

– Comentario dos diferentes tipos de animais, plantas e flores dunha imaxe

respectando as normas dos intercambios comunicativos.

– Descrición da utilidade de obxectos escoitando as intervencións dos demais.

– Comentario colectivo das características dun proceso e dun ciclo.

– Denominación de cousas de cor laranxa.

– Comentario colectivo dos medios de transporte e de comunicación e a súa

utilidade respectando as normas dos intercambios comunicativos.

– Participación activa nas conversas colectivas.

– Comentario colectivo das actividades reflectidas nun debuxo respectando as

normas dos intercambios comunicativos.

– Participación na explicación de experiencias, hábitos e costumes.

– Comentario colectivo da necesidade de coidar a natureza e os animais.

* Aproximación á lingua escrita.

– O trazo das letras.

– Audición e comprensión de textos.

– Iniciación á interpretación de palabras sinxelas.

– Audición de textos literarios amosando a atención necesaria para

comprender o seu contido e unha actitude de valoración.

– Gusto por compartir libros e interese no seu bo uso e conservación.

* Aproximación á literatura.

– Escoita atenta de contos.

– Valoración dos recursos que ofrece a biblioteca.

Bloque 2. Linguaxes artísticas: plástica, musical e corporal.

– Decoración libre e creativa dun debuxo aplicando diversas técnicas

plásticas.

Page 24: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

24

– Debuxo de obxectos dunha maneira autónoma e creativa ou seguindo un

modelo determinado.

– Uso de diversas técnicas plásticas con imaxinación, creatividade e criterio

artístico para decorar debuxos pegando celofán ou picando cun punzón.

– Composición de debuxos prestando atención aos elementos que faltan e

representándoos dunha maneira autónoma e creativa.

– Coloreado de debuxos seguindo unhas pautas determinadas,

desenvolvendo a capacidade expresiva e creativa e amosando unha boa

coordinación óculo-manual.

– Representación plástica da realidade coloreando obxectos seguindo un

modelo.

– Descubrimento da natureza artística dos trazos.

– Debuxo libre de persoas e figuras.

– Debuxo de trazos, elementos e figuras xeométricas de forma libre dentro dun

espazo dado.

– Os instrumentos musicais como medio de expresión artística.

– Descubrimento dos instrumentos e a música como elementos da linguaxe

artística.

– Reprodución espontánea de posturas mediante a expresión corporal.

– Representación de personaxes, accións e tarefas domésticas mediante

xestos e en xogo simbólico.

– Representación mediante a linguaxe corporal das diferenzas entre esquerda

e dereita.

– Reprodución xestual da sensación de frío.

– Representación mediante a linguaxe corporal de diversas figuras

xeométricas.

– Reprodución de actividades mediante linguaxe xestual e corporal.

– Representación de trazos mediante linguaxe corporal.

– Escenificación do concepto arredor mediante a linguaxe xestual e corporal.

Page 25: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

25

– Representación dos conceptos entre, grande, mediano e pequeno mediante

linguaxe corporal.

– Escenificación do sentimento de medo e tristeza en xogo simbólico.

– Reprodución de accións e profesións en xogo simbólico e mediante a

linguaxe xestual.

– Representación de conceptos abstractos mediante a linguaxe corporal.

– Representación dos conceptos primeiro/último mediante a linguaxe corporal.

Bloque 3. Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e a

comunicación

– Observación, interpretación e valoración do contido de láminas, e análise da

información que transmiten.

– O ordenador e o rato como instrumentos tecnolóxicos que benefician o

coñecemento e a comunicación.

– Identificación de erros e elementos repetidos nunha imaxe.

– Traballo con contidos en formato multimedia para imaxinar, informarse e

tamén divertirse. CD.

– O significado asociado a símbolos.

Igual que nos obxectivos, destacar tamén os contidos específicos

pertencentes ós distintos proxectos que levaremos a cabo durante o curso,

e que estarán baseados en temas concretos, relacionados cos intereses dos

nosos alumnos e alumnas.

6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Para identificar as aprendizaxes adquiridas e o ritmo e características da

evolución de cada neno/a marcamos uns criterios de avaliación en cada unha das

áreas, tomando como referencia o D. 330/09 e a Orde do 25 se xuño do 09. Son os

seguintes:

Page 26: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

26

ÁREA: COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL

– Dar mostras de que progresan no coñecemento das partes do corpo e que

identifican as articulacións.

– Confirmar que mellora o seu coñecemento do esquema corporal.

– Comprobar que saben experimentar adecuadamente diversas posturas

corporais.

– Constatar que progresan no exercicio das destrezas manuais e controlan o

trazo de liñas rectas, curvas e combinadas.

– Verificar que recoñecen gustos, preferencias, necesidades e intereses.

– Progresar no coñecemento de si mesmo coa discriminación

esquerda/dereita.

– Dar mostras do progreso no repaso de puntos seguindo a dirección axeitada.

– Ver que progresan na adquisición de hábitos que contribúan á propia

seguridade.

– Ver que progresan na colocación de elementos no seu medio e a resolución

de crebacabezas.

– Comprobar que practican o xogo simbólico para favorecer o

desenvolvemento persoal.

– Comprobar que observan actividades lúdicas e distinguen xogos de interior e

exterior.

– Verificar que desenvolven hábitos de orde e coidado dos obxectos.

– Comprobar que se conciencian da necesidade de seguir unha dieta sa

tomando froita e verdura acotío.

– Constatar que desenvolven hábitos que favorezan a boa presentación das

fichas.

– Comprobar que amosan iniciativa á hora de colorear un debuxo.

– Constatar que valoran a imaxinación como instrumento de desenvolvemento

persoal.

– Ver que progresan no control de reaccións e no seguimento de instrucións.

Page 27: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

27

– Verificar que se conciencian do coidado da propia persoa.

– Constatar que progresan na decisión de elixir o camiño axeitado a un

obxectivo.

– Comprobar que se conciencian da necesidade de durmir suficientes horas.

– Comprobar que identifican distintas emocións e verbalizan as situacións que

lles dan medo.

ÁREA: COÑECEMENTO DO CONTORNO

– Verificar que observan e analizan fenómenos naturais, como as estacións e

o tempo.

– Observar que identifican as actividades e os elementos propios de cada

estación.

– Comprobar que identifican os diferentes tipos de animais e o seu medio,

plantas e flores.

– Constatar que evolucionan no coñecemento da vida das abellas.

– Verificar que desenvolven actitudes respectuosas cara ao medio e os

animais.

– Comprobar que observan e aprecian a utilidade e as características das

dependencias do colexio e da casa.

– Comprobar que distinguen as diferenzas entre froitas e verduras e as súas

características.

– Observar que recoñecen as características e a utilidade de obxectos e os

clasifican.

– Ver que recoñecen e aplican conceptos abstractos e temporais, cores,

tonalidades e tamaños.

– Comprobar que identifican profesións e instrumentos e os relacionan.

– Comprobar que identifican os medios de transporte e de comunicación, e

que recoñecen a súa utilidade.

– Constatar que relacionan elementos entre si.

– Verificar que identifican os números do 1 ao 6 e que representan as súas

grafías.

Page 28: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

28

– Constatar a iniciación en cuantificacións e en sinxelas operacións

matemáticas.

- Verificar que descompoñen números e miden distancias a partir dun patrón

de medida.

– Confirmar que discriminan as figuras xeométricas básicas: círculo, cadrado,

triángulo e rectángulo.

– Ver que relacionan loxicamente elementos polas súas características.

– Constatar que observan e recoñecen un proceso e detectan a secuencia

dunha serie.

– Observar que identifican normas viarias básicas e de seguridade e

comportamentos cívicos.

– Constatar que adquiren as actitudes e as normas sociais axeitadas a cada

situación.

– Observar que son quen de distinguir as condutas correctas das incorrectas.

– Verificar que recoñecen obxectos e tradicións asociados ao Nadal.

– Constatar que desenvolven actitudes cívicas e responsables.

– Constatar que aprenden a resolver os conflitos educada e pacificamente.

ÁREA: LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

– Verificar que describen oralmente actividades e características relativas a

situacións.

– Observar que conversan sobre diversos temas valorando as intervencións

dos demais.

– Valorar que comprenden a intención comunicativa dos textos e mensaxes.

– Comprobar que asimilan correctamente o vocabulario da unidade: os xogos

e xoguetes, as froitas, as verduras e as ferramentas, os animais, as plantas e

as flores, as abellas, as profesións e os instrumentos, os medios de transporte

e comunicación, o verán.

– Ver que comentan colectivamente actividades e características de obxectos,

situacións e espazos lúdicos.

– Observar que explican costumes e tradicións da propia redonda.

Page 29: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

29

– Comprobar que escoitan textos literarios e interpretan correctamente o seu

significado.

– Verificar que verbalizan conceptos abstractos e describen condutas

correctas e incorrectas.

– Constatar que nomean obxectos dunha cor determinada.

– Confirmar que identifican as letras, e que progresan na representación das

súas grafías.

– Observar que se familiarizan coa grafía de palabras sinxelas.

– Ver que comentan colectivamente as características dun proceso.

– Verificar que comentan colectivamente a necesidade de coidar a natureza e

os animais.

– Verificar que interpretan, analizan e valoran o contido e a estética de imaxes.

– Dar mostras de recoñecemento da utilidade do ordenador e os seus

accesorios.

– Observar que distinguen progresivamente entre realidade e representacións

audiovisuais.

– Constatar que distinguen e interpretan ben o significado asociado a diversos

símbolos e códigos.

– Ver que traballan contidos en formato multimedia para imaxinar, informarse e

divertirse.

– Observar que recoñecen a música como linguaxe artística e expresiva.

– Comprobar que aplican diversas técnicas plásticas na decoración creativa de

debuxos.

– Constatar que representan obxectos de maneira autónoma e creativa.

– Verificar que colorean e decoran debuxos e figuras, utilizando diversas

técnicas plásticas.

– Comprobar que debuxan figuras libremente dentro dun espazo determinado.

– Ver que completan debuxos recreando os elementos que faltan autónoma e

creativamente.

Page 30: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

30

– Comprobar que debuxan obxectos libremente e seguindo un modelo

determinado.

– Observar que representan plasticamente a realidade coloreando obxectos

seguindo un modelo.

– Verificar que descobren a natureza artística dos trazos.

– Ver que representan plasticamente a realidade debuxando persoas,

ferramentas e figuras.

– Constatar que debuxan trazos, elementos e figuras xeométricas libremente.

– Observar que reproducen co corpo diversas posturas corporais.

– Verificar que representan personaxes e feitos en xogo simbólico.

– Comprobar que reproducen co corpo os movementos propios dos grafismos.

– Constatar que reproducen co corpo os conceptos esquerda/dereita.

– Observar que representan con exactitude sensacións mediante xestos e

linguaxe corporal.

– Ver que representan con linguaxe corporal os trazos de diversas figuras

xeométricas.

– Observar que representan sentimentos e accións en xogo simbólico e

mediante a linguaxe xestual.

– Verificar que representan conceptos abstractos mediante a linguaxe

xestual e corporal.

– Comprobar que progresan no dominio da linguaxe corporal e xestual.

– Constatar que representan diversas accións cotiás mediante o xogo

simbólico e a linguaxe xestual e corporal.

7. METODOLOXÍA

7.1 AMBIENTE DE APRENDIZAXE

7.1.1. ORGANIZACIÓN DO ESPAZO

Todos os espazos da escola infantil deben considerarse potencialmente

educativos. Debemos planificar intencionalmente os distintos lugares e espazos

Page 31: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

31

do recinto escolar, tanto dentro como fóra da aula (entrada, patios, corredores,

comedor, etc.) para que os nenos e as nenas se sintan seguros/as e a gusto

para emprender accións e xogos.

A variedade de actividades educativas que deben realizarse cos nenos e

coas nenas aconsella que a distribución que se faga dos espazos, mobiliarios,

materiais... garanta unha oferta diversificada e flexible. Así a aula debe

organizarse en zonas ou espazos diferenciados de actividade ou recunchos,

segundo a actividade a realizar: zonas para o encontro grupal, o propio de cada

proxecto a traballar, de biblioteca e lectura, de xogo simbólico, de natureza, de

construcións, de ordenador, de expresión plástica, de actividades tranquilas,

etc.

A organización espacial da aula en espazos diferenciados:

- Favorece o desenvolvemento da autonomía dos nenos e das nenas, que

poderán escoller a alternativa que mellor se adecúe aos seus intereses.

- Posibilita o movemento dos nenos e das nenas dun lugar a outro,

respectando a súa necesidade de se desprazar.

- Favorece a interrelación dos nenos e das nenas entre si, xa que o

cambio de zonas supón un cambio de compañeiros e compañeiras.

- Permite realizar actividades diversas de forma simultánea, sen que se

produzan interferencias.

- Fai posible diversos tipos de agrupamentos en torno aos intereses do

alumnado.

- Favorece a atención individualizada ás nenas e aos nenos por parte do

profesorado.

7.1.2. ORGANIZACIÓN DO TEMPO

Na escola infantil o tempo é un elemento importante da acción educativa que

debe entenderse non só como un instrumento para a organización da vida escolar,

senón tamén como un elemento que contribúe ao proceso de construción persoal

dos nenos e das nenas.

Page 32: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

32

Este recurso débese organizar de maneira flexible, combinando tempos de

actividade con tempos de descanso e actividades libres e espontáneas con

actividades dirixidas, de maneira que queden cubertas as necesidades básicas do

neno ou da nena e que cada un deles conte co tempo necesario para poder xogar,

explorar e aprender coa persoa adulta e outros compañeiros e compañeiras, de

acordo aos seus ritmos individuais.

A organización temporal contribúe a crear rutinas que favorecen a

sistematización das tarefas e que lles dan seguridade aos nenos e ás nenas, ao

saber con antelación as actividades que van realizar nun momento determinado e o

que teñen que facer. Para que os nenos e as nenas teñan puntos de referencia o/a

docente pode proporcionarlles algunhas pautas:

– Respectar a secuencia temporal dalgunhas actividades rutineiras.

– Establecer mecanismos para indicar o inicio e a finalización das actividades.

– Lembrarlles as cousas que fixeron ao longo do día e da semana, etc.

Debido aos cambios que se producen nestas idades en poucos meses é

necesario pensar e planificar as modificacións de espazos, tempos e materiais que

se irán producindo ao longo do ano a medida que as necesidades das nenas e dos

nenos o requiran.

Unha proposta podería ser a seguinte, aínda que pode variar en función das

necesidades:

Chegada: despedida dos familiares, poñerse na fila cando esteamos

todos/as, entrar en orde, colgar o abrigo, por o mandilón, sentar na asemblea…

Son actividades que se realizan día tras día e que o neno/a adquire de forma

autónoma no seu desenrolo.

Asemblea: elección do axudante do día, calendario, pasar lista, tempo

atmosférico, actividade introdutoria ao traballo do día,...

Traballo diario: organizado en fichas de traballo contextualizado a través

de contos ou proxectos.

Aseo e merenda: lavarse as mans antes da merenda e comedor, comer

sentados, recoller a mesa,...

Lecer: tempo de lecer onde se xoga no patio, de forma libre e espontánea.

Page 33: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

33

Descanso: momento para o relax, despois de unha actividade

esencialmente motora, como a que se desenrola no patio e no que levamos

a cabo a actividade de lectura.

Tempo de recantos: no que os pequenos/as se distribúen polos recantos

de aula para facer a proposta de actividades propia de cada un deles.

Recollida de materiais e despedida: limpeza da aula, recordo do feito

durante o día, despedida do grupo e reencontro cos familiares.

7.1.3. MATERIAIS E RECURSOS

O valor dos materiais reside fundamentalmente nas posibilidades de acción,

manipulación, experimentación e conflito que proporcionen, de acordo á

intencionalidade educativa e aos obxectivos seleccionados.

Os materiais educativos e de equipamento reunirán as seguintes características:

– Deben apoiar a actividade infantil promovendo a investigación e a exploración.

– Deben ser polivalentes, permitindo realizar diferentes accións, usos e

experiencias, en función dos intereses de quen os utilice, e adecuarse aos diferentes

ritmos dos membros do grupo.

– Deben ser variados, orientados ao desenvolvemento de todos os planos que

integran a personalidade infantil: motor, sensorial, cognitivo, lingüístico, afectivo e

social.

– Deben ser, na medida do posible, elementos da vida cotiá da comunidade, útiles,

ferramentas..., que, baixo supervisión de persoas adultas poidan ser utilizados coas

mesmas fins para os que esta sociedade os creou.

Os materiais colocaranse en lugares accesibles de maneira que poidan ser

vistos e utilizados polos nenos e as nenas de forma autónoma, evitando a

dependencia da persoa adulta, e disporanse ordenadamente para facilitar a súa

situación e colocación posterior.

O/A docente asegurarase de que coñecen e respectan as normas de

utilización do material (como limpalo, gardalo, conservalo, etc.) e tenderá a promover

a recuperación e reutilización dos materiais, axudando os nenos e as nenas a

descubrir novas posibilidades de uso.

Page 34: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

34

Os materiais que se utilizan na escola os podemos clasificar en:

Recursos didácticos materiais: de carácter inventariable (encerado,

cortizas...) , materiais de desfeito, utensilios diversos quebracabezas,

abecedarios...). material sensoriomotor, de observación, de lóxica matemática

((ábacos, regretas, bloques lóxicos...), de dramatización, de linguaxe (

abecedarios, letras móbiles, tarxetas de vocabulario, ficheiro de personaxes... )

Recursos didácticos impresos: conos, periódicos, revistas, carteis,

folletos de propaganda, utensilios para producir textos impresos (tampóns e

tinta, etiquetas...).

Recursos didácticos audiovisuais: fotografías, láminas, carteis

publicitarios,

Recursos informáticos: o ordenador, a impresora, a conexión a internet, o

sofware adaptado ao nivel evolutivo ( El conejo lector, Pipo, Pelusilla...),

programas elaborados no entorno Lim, programas Jclic, etc,... E o encerado

dixital interactivo (EDI) con que contamos na aula e algunhas páxinas de

interese:

- http://www.aulainfantil.com

- http://www.mundolatino.org/rinconcito/

- http://www.meduco.org/

- http://www.ika.com/cuentos

- http://www.cronis.com/kids

- http://www.pequenet.com

- http://www.primeraescuela.com/

7.2 PRINCIPIO DE COLOABORACIÓN COAS FAMILIAS

Establécense canais bidireccionais de colaboración familia/escola, posto

que dende a lei de educación a formación na etapa infantil plantéxase dende

ditas colaboracións. Nós, os/as mestres de educación infantil debemos

fomentar este obxectivo propoñendo programas de participación para as

familias, motivando a súa implicación nos procesos de ensinanza/aprendizaxe.

As familias participan a través de:

Page 35: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

35

• Os canles establecidos de forma institucionalizada como Consello

Escolar, ANPA, …

• Nas titorías de nais/pais, que no noso caso, están establecidas os

martes ás 16h, previa cita co titor/a.

• Nas reunións que se convocan ó principio de cada trimestre para tratar

temas de organización do curso (entre outras: celebración de

aniversarios, suxestións para a hora da merenda en orden a desenvolver

hábitos de saúde e hixiene...)

• Aportando información e materiais relacionados cos proxectos que se

levarán a cabo nas aulas.

• Coa súa presenza, colaboración e participación en diferentes

actividades complementarias planificadas no calendario escolar (festa

do Magosto e Samaín, Nadal, Entroido,.Festa de fin de curso,..)

• Na participación en obradoiros, proporcionando os seus coñecementos

e experiencia profesional en algunhas unidades de traballo.

• Apoio e colaboración no proceso lecto-escritor, comprometéndose na

rutina semanal de ler cos seus fillos/as o libro que se lles envíe dende a

biblioteca unha vez á semana e a devolvelo na semana seguinte, para

facer a actividade proposta.

• Intervindo como voluntarios/as nas Lecturas en familia que levaremos a

cabo este curso na hora de lectura, despois do recreo. As familias

substitúen ás mestras nun taller para a lectura do conto.

7.3. PERSPECTIVA DIDÁCTICA

En canto ao como ensinar, o método de traballo se baseará nas experiencias,

nas actividades e no xogo e que estes se aplicarán nun ambiente de afecto e

confianza, para potenciar a súa autoestima e a integración social de nenas e nenos.

Polo tanto, incídese no compoñente lúdico e educativo do xogo e na importancia de

que o neno ou nena manipule, experimente e manifeste as súas propias

experiencias.

Page 36: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

36

a) O xogo como instrumento de intervención educativa

O xogo é unha conduta universal que os nenos manifestan de forma

espontánea e que lle afecta ao desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo e

social, xa que permite expresar sentimentos, comprender normas, desenvolver a

atención, a memoria ou a imitación de condutas sociais. A través do xogo aprenden

a relacionarse, a compartir, a solucionar pequenos problemas, a axustar os seus

comportamentos ás normas, descobren as súas habilidades, as calidades físicas dos

obxectos, etc.

Entre as principais funcións do xogo, pódense destacar as seguintes:

– Favorece a coordinación e o control motor.

– Facilita as relacións, a comunicación e as manifestacións emocionais e

afectivas.

– Estimula a imaxinación, a creatividade e a solución de problemas.

– Desenvolve a autonomía, a iniciativa, o respecto entre os compañeiros e o

coñecemento das pautas e regulas.

– Fortalece o desenvolvemento emocional.

– Crea contextos para o desempeño de roles, etc.

b) A actividade infantil, a observación e a experimentación

Para conseguir que nenos e as nenas progresen no coñecemento do

mundo, é necesario darlles oportunidades para que realicen actividades de

forma autónoma, para que tomen a iniciativa, planifiquen e secuencien

pouco a pouco a propia acción:

– Ofreceranse propostas didácticas variadas e axustadas aos distintos

ritmos e estilos cognitivos dos nenos e das nenas que integran o grupo.

– Alternaranse distintos tipos de actividades (de linguaxe, psicomotoras,

artísticas, plásticas, etc.), que mobilicen diversas competencias na súa

realización.

– Terase en conta que toda a actividade que realiza o neno ou a nena ao

longo da xornada escolar é potencialmente educativa e así se considerará

na súa planificación.

Page 37: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

37

As propostas de traballo ou unidades de programación que sobre

distintas temáticas e contidos se lles presenten aos nenos e ás nenas para

alcanzar os obxectivos de ciclo poden adoptar diversas formas: proxectos de

traballo, centros de interese, pequenas investigacións, zonas de actividade,

unidades temáticas, talleres, etc.

c) O enfoque constructivista

Será a nosa ferramenta de traballo. Algúns dos requisitos que

debemos ter en conta son:

- Conceder un papel activo ao discente na construción dos seus propio

coñecementos.

- Asignar ao docente o papel de mediador entre o alumnado que trata de

alcanzar unha serie de coñecementos e os contidos que se han de conseguir..

Ten que poñer as condicións para que os alumnos os fagan seus.

- O erro como fonte de información sobre o nivel dos alumnos e como

punto de partida para propoñer actividades para evolucionar cara

conceptualizacións máis evolucionadas.

- Propoñer actividades diversas para adecuarse a diversidade dos niveis

evolutivos de cada pequeno/a

d) Tomando como referencia obxectivos, os bloques de contido e criterios

de avaliación establecidos no Decreto 330/ 09 do 4 xuño, que establece o

Currículo de Educación Infantil, nas nosas aulas optamos por levar a cabo

como eixe vertebrador das unidades de programación os PROXECTOS DE

TRABALLO porque é un procedemento de aprendizaxe globalizado que

permite alcanzar uns obxectivos que o docente e os nenos/as propoñen a

través da posta en práctica dunha serie de accións integradas e planificadas

dirixidas a resolver unha situación o problema previamente establecido,

interactuando co grupo e o entorno e usando recursos variados. A través desta

metodoloxía de traballo os nenos/as, mestres/as e as familias únense coa

finalidades de aprender xuntos. Algunhas das razóns que xustifican o

traballo por proxectos son:

Page 38: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

38

Asumir unha perspectiva do coñecemento globalizada e relacional no que

as actividades están relacionadas entre si e orientadas a unha finalidade

común.

Aprender facendo a través da participación, da achega de información, da

experimentación...

Aprender dende a realidade, desde as propias experiencias dos nenos/as,

vivencias, emocións; desde as posibilidades que ofrece o contorno, desde

as persoas e a vida cotiá da escola.

Conectar cos intereses dos rapaces/zas xa que eles elixen o que queren

aprender. Se ten en conta o que eles saben, intégranse as súas

experiencias e o que queren saber.

Significatividade das aprendizaxes xa que o punto de partida é o que

sabemos.

A variedade de actividades e recursos empregados.

Aprender a participar cos compañeiros nun proceso de aprendizaxe

interpersoal e de colaboración.

Atender a diversidade, aceptando as achegas propias e as dos demais,

adaptando as tarefas os diferentes ritmos, estilos e capacidades.

Usar distintas manifestacións da comunicación e linguaxe: opinar,

manifestar dúbidas, expresar opinións, plasmar información...

O segundo eixo vertebrador da nosa programación son os recantos de

actividade, entendidos como espazos organizados dentro da aula que ofrecen

diversas alternativas de traballo/xogo ós rapaces e rapazas coas que se

fomentan distintos aspectos da aprendizaxe nun ambiente cálido, lúdico e

divertido. As razóns que argumentan esta decisión son:

Propician o desenvolvemento global do neno/a e respectan o seu

desenvolvemento individual e o seu ritmo biolóxico.

Facilitan a relación interpersoal, a actividade física e mental, e cobren as

necesidades de xogo, experimentación, actividade,...

Proporcionan maior riqueza e variedade de experiencias.

Page 39: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

39

Estimulan a autonomía e adquisición de hábitos.

Hai que subliñar a evidencia de que todo non se pode globalizar e de

que pode haber ocasións nas que resulte conveniente plantexar actividades

concretas que se alternen cas propostas habitualmente globalizadas que deben

constituír o eixo das situacións de ensinanza - aprendizaxe na Educación

Infantil. As actividades poden ser de gran grupo (explicación dun conto,

aprendizaxe dunha canción...), de pequeno grupo (participación en recantos ...)

ou de traballo individual.

Non debemos esquecer tamén a importancia da actividade física para

o desenvolvemento físico e psicomotor e para a construción do coñecemento

polo que facilitaremos tempos para manipular, observar, explorar,

proporcionando experiencias variadas que lles permitan aplicar e construír os

seus propios esquemas de coñecemento.

Outro recurso que usaremos moito na aula é a asemblea como lugar

de encontro e de toma de decisións xa que constitúe un momento de reunión

entre o mestre/a e os alumnos/as onde se expresarán os seus sentimentos,

vivencias e gustos. Traballaranse coñecementos, valores, rutinas ,

planificarase o traballo do día, tomando decisións e acordos sobre o que vai a

acontecer na aula, sobre os proxectos de traballo, sobre as normas de

convivencia, e o máis importante, produciranse relacións sociais entre o grupo

de aula vivindo experiencias gratificantes e necesarias para o neno/a.

As CAPACIDADES BÁSICAS que desenvolveremos especificamente

traballando por proxectos e na aprendizaxe cooperativa son:

• Capacidades de relación interpersoal:

- Recoñecemento dos compañeiros.

- Vivenciación da pertenza a o grupo.

- Respecto ás normas de convivencia.

- Aceptación de responsabilidades.

- Hábitos de puntualidade á entrada.

Page 40: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

40

• Capacidades lingüísticas:

- A expresión e a comprensión oral.

- A escoita activa.

- Respecto a quenda de palabra.

- Participar en diálogos, iniciándose no respecto a quen fala, pedir

quenda, responder o que se pregunta.

• Capacidades afectivas:

- Establecemento do vínculo co docente e cos iguais.

- A estabilidade emocional que proporciona a seguridade das

rutinas.

- A adaptación diaria da vida escolar.

- A regularidade nos hábitos de traballo.

-A superación da timidez ao participar nas actividades da

asemblea.

- O desenrolo da autoestima.

• Capacidades cognitivas:

- Desenrolo da atención e da observación.

- Coñecemento da realidade próxima.

- Establecemento das relacións de causa - efecto.

- Desenrolo da memoria.

- Discriminación de detalles.

- A organización da estrutura de corro.

- Establecemento de relacións entre o espazo e a función que ten.

- Vivenciación de secuencias temporais a través da rutina da

asemblea.

- Adquisición de nocións temporais.

E outro eixe importante no desenvolvemento dos nenos/as e o xogo

polo seu forte carácter motivador, polas posibilidades que ofrece para que os

neno/as establezan relacións significativas, como canle de relación co entorno.

Page 41: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

41

E como fío condutor de toda situación de ensino - aprendizaxe a afectividade

xa que a nenas e os nenos deben sentirse seguros e construír coñecemento a

partir da formación dunha autoimaxe positiva.

d) Papel do profesorado

Como mestras/es, correspóndenos potenciar no alumnado habilidades

de pensamento mediante a participación en proxectos, con xogos e actividades

cos que poden observar, imaxinar, formular hipóteses e buscar alternativas que

lle permitan outorgar senso á súa experiencia, relacionando as presentes coas

xa vividas. Deste xeito se lles proporcionan ferramentas que lles permiten

realizar aprendizaxes significativas partindo da súa zona de desenvolvemento

próximo.

Seremos mediadores entre o alumnado e a cultura, para o que, partindo

das súas características e intereses, dos seus esquemas previos de

coñecemento e do significado que lle atribúe ós mesmos, ofrecer una

intervención que conecte co saber, o saber facer e o saber estar de cada

neno/a. Para acadar un ambiente no que os nenos/as expresen libremente as

súas opinións e sentimentos, onde sexan aceptados e respectados polas súas

características, as relacións que o profesorado estableza co alumnado debe

estar caracterizada polas valoracións positivas e o rexeitamento ás

comparacións entre nenos/as.

Debemos animar ós nenos/as a superar os desafíos que se lle

plantexen, de tal xeito que a confianza nas súas posibilidades sexa unha canle

para o fomento da perseveranza nos logros a adquirir e o desenvolvemento da

tolerancia á frustración.

Crear un clima de aceptación e respecto mutuo é fundamental para que,

partindo da valoración positiva tanto dos acertos como dos erros do alumnado,

servirnos dos mesmos como fonte de información dos seus coñecementos.

A valoración das producións infantís, evitando a consideración dos

estereotipos e dos criterios preestablecidos de beleza, será unha vía para

impedir a merma da súa espontaneidade nas creacións.

Page 42: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

42

En definitiva seremos guías do proceso de aprendizaxe, mediadores, un

apoio, unha guía, e estimuladores do desenvolvemento dos nenos e nenas, en

definitiva facilitaremos a apertura a novos camiños no proceso de aprender.

e) Agrupamentos

Para poder atender á diversidade do alumnado e á aprendizaxe de contidos

de distinta natureza, organizaranse diversas formas de agrupamento tendo en

conta as potencialidades de cada unha delas Así dentro da dinámica de aula

intercalaremos:

• O gran grupo que é apropiado cando se trata de planificar

conxuntamente as actividades, exposicións, lectura dalgúns textos,

distribución de tarefas, explicacións, asemblea,

• O grupo pequeno que é o ideal para favorecer a interacción cooperativa,

permite asignar a cada nena ou neno tarefas concretas e estruturadas

de tal xeito que a mestra ou mestre poida prestar as axudas axeitadas

segundo o grao de realización da tarefa. Deben ser variables,

homoxéneos e heteroxéneos.

• A actividade individual é un bo recurso para a interacción máis

específica coa persoa docente, ao tempo que promove as estratexias de

planificación da acción, a responsabilidade, a autonomía e a

autoxestión.

e ) Papel do alumnado

A través dos obxectos ou distintas fontes de coñecemento, atopámonos

en disposición de fomentar no alumnado a capacidade para explorar e

descubrir novas aprendizaxes.

Ó ofrecerlle ós nenos e nenas a posibilidade de asumir responsabilidades

tanto a nivel individual, como social ou no medio no que se desenvolve, se lle

achega ó recoñecemento dos logros e esforzos propios e alleos, fundamental

para motivar o avance na autonomía persoal.

Achegaremos ó alumnado á realización de tarefas por si mesmo,

ofrecéndolle situacións de aprendizaxe que potencien a toma de decisións, a

organización de actividades e a escolla de materiais e recursos necesarios.

Page 43: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

43

Así mesmo, partindo da participación do neno en procesos de

autoavaliación, se lle achega a unha reflexión sobre os seus progresos,

responsable do aumento da autoestima.

f) Apertura ao contorno.

A educación infantil acada o seu pleno sentido nun marco de

colaboración e coordinación entre os elementos que inciden no proceso

educativo das nenas e dos nenos: o equipo docente, as familias e o contorno.

En canto á relación coas familias, é necesaria unha boa comunicación e

coordinación con ela, xa que a eficacia da educación infantil depende, en

grande medida, da unidade de criterios educativos na casa e na escola. Nós

facilitaremos esa relación a través de titorías, reunións de pais, contactos

informais que mantemos nas entradas e saídas, colaborando como axudantes

de aula, aportando información sobre os proxectos, ...

En canto á apertura ao contorno, planificaranse tanto saídas como visitas

de membros da comunidade educativa pero tendo unha finalidade clara e

cunha xustificación na programación, non se trata de saír por saír. Así faremos

actividades de preparación da saída, aproveitaremos a propia saída para

desenvolver contidos educativos e unha posta en común xa a volta na aula.

Propiciaremos tamén experiencias nas cales teñan cabida as relacións

con nenas e con nenos doutras aulas de E. Infantil ou E.Primaria participando

en festas comúns como o día Día da Paz, magosto, Nadal..., e con persoas

adultas invitando a persoas a aula ( encontros con escritores, ilustradores,

contacontos,.), ampliando o mundo relacional dos nosos alumnos/as.

8. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Tomando como referencia o Decreto 229/2011,do 7 decembro, polo que

se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da

Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas

establecidas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, pretendemos ofrecer unha

escola comprensiva e integradora da diversidade tendo en conta a

individualidade do alumnado, valorando as características inherentes ao neno/a

Page 44: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

44

( as súas capacidades, ritmo, motivacións e intereses), coñecendo os factores

de tipo cultural e restando as singularidades do ambiente socio - familiar. A

resposta a diversidade do alumno está na busca do equilibrio entre a

comprensividade do currículo e a diversidade do alumnado. Como medidas que

podemos adoptar:

Reforzo educativo, como medida de carácter ordinario que elabora e

pon en practica o profesor titor (pode colaborar o profesor de PT) e que afecta

os elementos non prescriptivos do currículo e posibilita a flexibilización da

secuenciación e temporalización dos contidos, a organización da aula, os

agrupamentos do alumando, a metodoloxía e os recursos. Medida que quedará

recollida no expediente académico do alumno e no boletín de información as

familias.

Adaptación curricular, medida no que se modifican os elementos

prescriptivos do currículo para tentar dar resposta aos alumnos con dificultades

persoais por razóns educativas, sociais, culturais, déficits, ou polas súas

capacidades excepcionais. E unha medida extraordinaria cunha duración dun

ciclo como mínimo , que necesita do permiso da Inspección Educativa e que

implica o profesor titor e conta co asesoramento do Departamento de

Orientación e decidido nunha reunión coa xefatura de estudios. Medida que se

reflectirá no expediente académico, no boletín ás familias e no libro de

escolaridade.

Algunhas das estratexias que usaremos para garantir a atención á

diversidade son:

- Modificación de tempos nas actividades de aprendizaxe, adaptándose aos

ritmos individuais.

- Agrupamentos variados e posibilidade de facer cousas distintas en distintos

momentos e con diferentes nenos/as.

- Adecuación das actividades as diferenzas individuais polos diferentes

ritmos, estilos e capacidades dos alumnos/as.

- Adecuación da axuda pedagóxica, valorando os resultados que se vaian

obtendo nos procesos de avaliación.

O traballo por proxectos, a organización da aula, os recantos de

actividade, os agrupamentos diferentes de alumnado (actividades en grande

grupo, pequeno grupo e individuais) tamén contribúen a respectar e atender á

Page 45: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

45

diversidade. Dado que nestas idades o proceso de maduración de cada neno/a

é moi diferente, programaremos un plan de actividades no que ademais das

actividades comúns faremos:

Actividades introdutorias ou de motivación: xogos, cancións, poemas,

narracións, contos, adiviñas, trabalinguas,... poderán axudar ao mestre/a a

conectar coas ideas previas, coas necesidades e intereses do grupo, coa

intención de facilitar o traballo ou a adquisición dunha determinada

capacidade ou rutina.

Actividades de desenvolvemento: calquera das que se plantexen para

alcanzar as capacidades propostas a través dos obxectivos. Como traballos

en papel, busca de información, debuxos,...

Actividades de reforzo e ampliación: encamiñadas a afianzar as

capacidades adquiridas, e a desenvolver novos contidos do centro de

interese que se está traballando.

Actividades de avaliación: teñen por obxectivo coñecer o grao de

adquisición dos contidos traballados polo/a neno/a. Xogos de preguntas e

respostas, diálogos , debuxos, comentarios, .

9. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Como mestras debemos avaliar o proceso de ensino, a nosa práctica

docente e o desenvolvemento das capacidades dos nenos e nenas.

A avaliación en Educación Infantil será global, continúa e formativa. Así

o referente para a avaliación global son os obxectivos xerais, e o referente para

a avaliación continua son os obxectivos específicos de cada proxecto de aula.

Esta avaliación concibirase como unha reflexión activa acerca da

realidade educativa diaria que terá como fin a retroalimentación da

programación nos seguintes aspectos:

A interacción entre as persoas implicadas no proceso educativo:

coordinación dos diferentes profesionais e relación cos pais e nais.

As condicións organizativas e recursos dispoñibles.

O desenvolvemento das capacidades dos nenos e nenas.

A proposta pedagóxica e a planificación.

Page 46: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

46

A proposta metodolóxica e a súa contribución á adquisición das

competencias básicas.

Para o desenvolvemento do proceso de avaliación partiremos sempre da

información sobre os coñecementos previos do neno ou nena e teremos en

conta a zona de desenvolvemento próximo (Vygostky), é dicir tendo en conta

non só os estadios xa completados senón tamén aqueles que están

comezando a madurar. As sesións de avaliación que se realizarán ao

longo do curso serán: unha inicial e tres ao longo do curso.

A principal técnica e fonte de información para o proceso de avaliación

será a observación, que será sistemática, directa e indirecta. Directa porque se

fai sobre o mesmo proceso de traballo dos nenos e nenas durante o cal

recolleremos datos que consideremos relevantes relacionados coa maneira de

actuar, poñer en practica diferentes técnicas,... E que se recollerá a través de

táboas de dobre entrada como listas de control e escalas de observación. A

observación indirecta farase sobre os traballos xa realizados. As dúas son

complementarias e necesarias, unha soa non dá unha información completa.

Nunca haberá probas tipificadas de avaliación, de feito os obxectivos son

observables, nunca tipificados. Non hai, polo tanto, avaliación con probas de

valoración numérica e a valoración do proceso de aprendizaxe expresarase en

termos cualitativos. Por todo isto a observación é a técnica máis adecuada.

Teremos en conta á hora de realizar estas avaliacións a información obtida

nas entrevistas coas familias. Así mesmo estas serán informadas

periodicamente das consideracións derivadas do proceso de avaliación dos

seus fillos e fillas.

Temporalización da avaliación

Trimestralmente, como mínimo, e coa información recollida da avaliación

continua dos rapaces e rapazas as titoras cubrirán os boletíns de información

para as familias. Tamén trasladará esta información ás familias de forma oral

cantas veces estime oportuno. Para a elaboración destes boletíns cubrirase o

documento de información as familias que o centro ten elaborado para tal fin a

través do programa de xestión académica XADE.

Page 47: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

47

- Ao finalizar o curso, e como resultado desa avaliación continua, cubrirase

o informe anual de avaliación individualizado de acordo co modelo do

anexo III da orde anteriormente citada.

- Ao finalizar o segundo ciclo a titora correspondente recollerá os datos

máis relevantes dos informes de cada curso nun informe individualizado de

final de ciclo axustándose ao modelo anterior do anexo III.

Todos estes documentos oficiais de avaliación rexistraranse

electronicamente a través dos módulos correspondentes incorporados ao

programa XADE.

Partiremos en todo momento dos coñecementos previos dos nenos e

nenas tendo sempre en conta a zona de desenvolvemento próximo e potencial.

Así ao iniciar o traballo de cada novo contido, e ao comezar novas actividades,

lembraremos os contidos previamente traballados e que estean relacionados

coa mesma. Así realizáranse actividades de ampliación e de reforzo en tódolos

casos e momentos que consideremos oportunos co obxectivo de reforzar,

aclarar, ampliar e explicar os contidos nos que, a nivel individual ou colectivo,

existan máis dificultades.

Avaliación do proceso de ensino

A normativa establece que ademais dos procesos de aprendizaxe se

avaliarán os procesos de ensino e o desenvolvemento da proposta pedagóxica

a fin de constatar que aspectos da intervención educativa favoreceron a

aprendizaxe e en que outros poderían incorporarse cambios ou melloras. Esta

avaliación terá, así mesmo, un carácter continuo e formativo.

Os elementos que poden ser obxecto de avaliación son:

a) A intervención co alumnado.

b) A organización do espazo, dos materiais e dos tempos.

c) A adecuación das programacións e as actividades desenvolvidas ás

características e necesidades dos nenos e das nenas.

d) As medidas de reforzo ou adaptacións segundo as características

individuais.

Page 48: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

48

e) Os mecanismos empregados para favorecer as relacións entre a escola

e a familia.

f) A coordinación e a colaboración entre os compoñentes do equipo

educativo.

g) A participación no deseño, desenvolvemento e avaliación dos

documentos de organización da escola e programación educativa.

10. AS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

As aulas de 5º de Educación Infantil participaremos no programa de

actividades complementarias e extraescolares do centro, entendidas estas

como as que se realizan de forma puntual e que serven para celebrar algúns

dos acontecementos máis significativos da nosa cultura e que de algún xeito

implican a toda a comunidade educativa. Dentro de este programa

teremos en conta as conmemoracións establecidas no calendario escolar,

datas que deben ser celebradas e reflectidas no momento da programación .

Temos previstas as seguintes actividades complementarias,

1° Trimestre

Festas do outono: Magosto (degustación de castañas e leite) e Samaín.

Saída ao Aquarium de Coruña.

Festa do Nadal.

2° Trimestre

Día da Paz.

Saída á “Casa do mel”

Entroido .

3° Trimestre

Saída á “ Aldea Nova”

Letras galegas, semana na que homenaxearemos ao escritor

homenaxeado.

Page 49: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA - edu.xunta.gal³n... · que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do

49

Día do libro.

Festa de Fin de Curso.

Esta é unha proposta que pode sufrir modificacións o longo do curso,

incorporándose novas actividades que son ofertadas ao centro polo Concello

ou por outros organismos oficiais.

Finalmente, e para rematar, dicir que esta programación será flexible,

axeitada a cada curso e revisable en función do alumnado e dos resultados. Na

avaliación desta programación participarán os profesores que impartan esta

área.

O seguimento da programación anual realizarase principalmente en tres

momentos: ao finalizar cada unide de traballo e proxecto, trimestralmente e

anualmente. Teranse en conta os seguintes indicadores:

1. Seguimento da temporalización

2. Consecución dos obxectivos traballados.

3. Dificultades acaecidas.

4. Resultados específicos dos procedementos e instrumentos de

avaliación.

5. Resultados trimestrais das avaliacións.

Unha vez analizados estes indicadores, realizaranse modificacións na

programación que poden supoñer:

Unha modificación da metodoloxía empregada.

Cambios nos procedementos e instrumentos de avaliación.

Modificacións na temporalización.

Deseño de medidas correctoras para corrixir as dificultades.