Upload
peregrina-pintos-testa
View
1.199
Download
17
Embed Size (px)
Citation preview
PROGRAMACIÓN
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA
CURSO 2009-2010
ÍNDICE
MATERIA DE TECNOLOXÍA..........................................................................................................3
INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN:......................................................................3
CONTRIBUCIÓN DA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS:...............4
OBXECTIVOS DIDÁCTICOS: .................................................................................................7
DISTRIBUCIÓN DE CONTIDOS POR CURSOS:..................................................................11
TEMPORALIZACIÓN...............................................................................................................18
CRITERIOS DE AVALIACIÓN..................................................................................................24
MÍNIMOS ESIXIBLES...............................................................................................................30
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:.........................................................................................33
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN..................................................................................34
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN......................................................................................34
TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA.....................................................................35
TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC...............................................................................35
PLANS DE TRABALLO PARA SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES...................37
METODOLOXÍA........................................................................................................................42
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.............................................................................44
.PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS.................................................................46
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE................................................................................................48
. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES........................................49
MATERIA DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN. 1º BACHARELATO.............................................................................................................................51
INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN..........................................................................51
OBXECTIVOS............................................................................................................................52
CONTIDOS.................................................................................................................................52
CRITERIOS DE AVALIACIÓN..................................................................................................54
MÍNIMOS ESIXIBLES ..............................................................................................................55
TEMPORALIZACIÓN:..............................................................................................................55
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN ........................................................................................56
CRITERIOS DE PROMOCIÓN.................................................................................................56
METODOLOXÍA DIDÁCTICA................................................................................................56
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS..............................................................................57
PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS..................................................................57
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE........................................................................57
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS..........................................58
2
MATERIA DE TECNOLOXÍA
. INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN:
Esta programación pertence ó Instituto de Educación Secundaria A Guía, e por tanto está
enmarcada dentro do proxecto curricular do centro no que se destaca como seña principal de
identidade o ensino público e integrador, sen establecer diferenzas e respectando os dereitos
básicos, educando na solidariedade, responsabilidade e na convivencia pacífica.
O nivel social do alumnado é medio e medio baixo, feito que xustifica o noso empeño en
que todo o material necesario para desenvolver os proxectos sexa comprado polo centro.
Comezamos, ademais a ter alumnado procedente da emigración, principalmente de países
latinoamericanos que non contemplan a tecnoloxía dentro dos plans de estudios.
A motivación do alumnado é media ou media baixa: escasa participación na vida do centro,
certa tendencia a impuntualidade nos cambios de clase e despois dos recreos. A maioría do
alumnado non ten intención de continuar estudando bacharelato ó rematar a ESO e moito menos
facer un ciclo superior ou ir á Universidade o que fará que consideremos o estudio da tecnoloxía
como un fin en si mesmo e non lle demos carácter propedéutico.
Debido á escaseza de alumnado, a Inspección envíanos alumnos con problemas persoais ou
académicos, alumnado que temos que admitir, ás veces co curso avanzado, e que desconoce
xeralmente as normas de traballo dun aula-taller de tecnoloxía e que rompe sempre a planificación
por grupos de traballo da aula. Teremos sempre preparados, por tanto, recursos para que este
alumnado coñeza as técnicas básicas de traballo na nosa aula e poida integrarse con facilidade.
Este curso o centro realizará un Proxecto Comenius que afectará principalmente ó
alumnado de 4º de E.S.O. e que suporá sobre todo un enfoque dos proxectos e actividades cara o
tema do proxecto: Moving to Health.
3
.CONTRIBUCIÓN DA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS:
A área de Tecnoloxía contribúe ao desenvolvemento da competencia de interacción no
medio físico, principalmente, mediante o coñecemento e a comprensión de obxectos, procesos,
sistemas e ambientes tecnolóxicos, e a través do desenvolvemento de destrezas técnicas e
habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. A interacción cun contorno no que
o tecnolóxico constitúe un elemento esencial, vese facilitada polo coñecemento e utilización do
proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a
necesidades, avaliando o proceso e os seus resultados. Pola súa parte, a análise de obxectos e
sistemas técnicos desde varios puntos de vista, permite coñecer como foron deseñados e
construídos os elementos que os forman e a súa función no conxunto, facilitando o seu uso e a súa
conservación.
É importante, por outra parte, o desenvolvemento da capacidade e disposición para lograr
un contorno saudable e unha mellora da calidade de vida, mediante o coñecemento e a análise
crítica da repercusión medio ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento de actitudes
responsables de consumo racional.
A contribución á autonomía e iniciativa persoal céntrase no modo particular que
proporciona esta materia para abordar os problemas tecnolóxicos, e será maior na medida en que, a
metodoloxía empregada na aula, fomente modos de enfrontarse a eles de maneira autónoma e
creativa, incida na valoración reflexiva das diferentes alternativas e prepare para a análise previa
das consecuencias das decisións que se toman no proceso.
As diferentes fases do proceso: a formulación adecuada dos problemas; a presentación de ideas
quese analizan desde distintos puntos de vista; a elección da máis adecuada; a planificación e
execución do proxecto; a avaliación do seu desenvolvemento e do obxectivo alcanzado; e, por
último, a realización de propostas de mellora; todas elas contribúen ao desenvolvemento desta
competencia, ofrecendo oportunidades para o desenvolvemento de calidades persoais, como a
iniciativa, o espírito de superación, a perseveranza fronte ás dificultades, a autonomía e a
autocrítica, contribuíndo ao aumento da confianza en si mesmo e á mellora da súa autoestima.
O tratamento específico das tecnoloxías da información e da comunicación, integrado nesta
materia, proporciona unha oportunidade especial para desenvolver a competencia no tratamento
da información e da competencia dixital, e a este desenvolvemento están dirixidos
4
especificamente unha parte dos contidos. Contribuirase ao desenvolvemento desta competencia na
medida na que as aprendizaxes asociadas incidan na confianza no uso dos ordenadores, nas
destrezas básicas asociadas a un uso suficientemente autónomo destas tecnoloxías e, en definitiva
contribúan a familiarizarse suficientemente con eles. En todo caso están asociados ao seu
desenvolvemento os contidos que permiten localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar
información co uso da tecnoloxía. Por outra parte, debe destacarse, en relación co
desenvolvemento desta competencia a importancia do uso das tecnoloxías da información e da
comunicación como ferramenta de simulación de procesos tecnolóxicos e para a adquisición de
destrezas con linguaxes específicas, como a icónica ou a gráfica.
A contribución á adquisición da competencia social e cidadá, no que se refire ás
habilidades para as relacións humanas e ao coñecemento da organización e funcionamento das
sociedades, virá determinada polo modo no que se aborden os contidos, especialmente os
asociados ao proceso de resolución de problemas tecnolóxicos, onde o alumnado ten múltiples
ocasións para expresar e discutir adecuadamente ideas e razoamentos, escoitar ás outras persoas
demais, abordar dificultades, xestionar conflitos e tomar decisións practicando o diálogo e a
negociación, e adoptando actitudes de respecto e tolerancia cara ás súas compañeiras e aos seus
compañeiros. Ao coñecemento da organización e funcionamento das sociedades colabora a materia
de Tecnoloxía desde a análise do seu desenvolvemento tecnolóxico e da súa influencia nos
cambios económicos e de organización social que tiveron lugar ao longo da historia da
humanidade. A actividade tecnolóxica, por outra parte, caracterízase polo traballo colectivo, que
permite o desenvolvemento de habilidades relevantes de interacción social.
O uso instrumental de ferramentas matemáticas, na súa xusta dimensión e de maneira
fortemente contextualizada, contribúe a configurar adecuadamente a competencia matemática, na
medida na que proporciona situacións de aplicabilidade a diversos campos, facilita a visibilidade
desas aplicacións e das relacións entre os contidos matemáticos e pode, segundo como se formule,
colaborar á mellora da confianza no uso desas ferramentas matemáticas. Algunhas delas están
especialmente presentes nesta materia, como a medición e o cálculo de magnitudes básicas, o uso
de escalas, a lectura e interpretación de gráficos, a resolución de problemas baseados na aplicación
de expresións matemáticas, referidas a principios e fenómenos físicos, que resolven problemas
prácticos ou necesidades sociais.
A contribución á competencia en comunicación lingüística realízase a través da
adquisición de vocabulario específico, que ten que utilizarse nos procesos de busca, análise,
selección, resumo e comunicación de información. A lectura, interpretación e redacción de
informes e documentos técnicos contribúe ao coñecemento e á capacidade de utilización de
diferentes tipos de textos e das súas estruturas formais.
5
O uso da lingua galega nun contexto tecnolóxico (léxico específico) estende o seu ámbito
de aplicación facilitando a normalización da lingua no ámbito profesional. Contribúe así, a crear
un espazo tecnolóxico lingüístico propio cuxa existencia, senón imprescindible é, cando menos,
necesaria para o desenvolvemento tecnolóxico da comunidade autónoma.
Á adquisición da competencia de aprender a aprender contribúese polo
desenvolvemento de estratexias de resolución de problemas, reflexión sobre as relacións de causa
efecto, o contraste nos procesos de experimentación e construción. O estudio metódico de
obxectos, sistemas ou contornos, axuda a desenvolver habilidades e estratexias cognitivas e
promove actitudes e valores necesarios para a aprendizaxe.
A competencia cultural e artística adquírese desenvolvendo a iniciativa, a imaxinación e
a creatividade na resolución das necesidades sociais e permite unha mellor apreciación das
manifestacións culturais que sempre incorporan elementos técnicos.
6
. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:
A ensinanza da Tecnoloxía nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das
seguintes capacidades:
3. Analizar os obxectos e sistemas técnicos para identificar os seus elementos e as funcións
que realizan, explicar o seu funcionamento, utilizalos e controlalos de diversas formas, e
recoñecer as condicións fundamentais que interveñen no seu deseño e construción.
4. Abordar con autonomía e creatividade, individualmente e en grupo, problemas
tecnolóxicos traballando de forma ordenada e metódica para estudar o problema,
recompilar e seleccionar información procedente de distintas fontes, elaborar a
documentación pertinente, concibir, deseñar, planificar e construír obxectos ou sistemas
que resolvan o problema e avaliar a súa idoneidade desde distintos puntos de vista.
5. Actuar de xeito dialógante, flexible, responsable e voluntario no traballo en equipo, na
procura de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas encomendadas con
actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade.
6. Empregar as destrezas e os coñecementos necesarios para a análise, intervención, deseño,
elaboración e manipulación de forma segura e precisa de materiais, obxectos e sistemas.
7. Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas, así como explorar a súa viabilidade e
alcance utilizando os medios tecnolóxicos, os recursos gráficos, a simboloxía e o
vocabulario axeitados.
8. Adoptar actitudes favorables á resolución de problemas técnicos, desenvolvendo
interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, analizando e valorando criticamente a
investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa influencia na sociedade, no medio
ambiente, na saúde e na calidade de vida das persoas.
9. Manexar con soltura aplicacións informáticas para buscar, almacenar, organizar,
manipular, recuperar, presentar, compartir e publicar información, e empregar de forma
habitual as redes de comunicación na propia formación, na busca de emprego e para
acceder a servizos electrónicos administrativos ou comerciais.
10. Interesarse polos avances tecnolóxicos valorando criticamente a súa contribución á
mellora do benestar social e individual, e incorporándoos ao seu facer cotiá.
7
1. OBXECTIVOS XERAIS DO SEGUNDO CURSO:
1. Analizar estruturas sinxelas (pontes, hórreos..) para identificar os seus elementos e as
funcións que realizan, explicar o seu funcionamento, utilizalos e controlalos de diversas
formas, e recoñecer as condicións fundamentais que interveñen no seu deseño e
construción.
2. Abordar con autonomía e creatividade, individualmente e en grupo, problemas de deseño
e construción de pequenas estruturas traballando de forma ordenada e metódica para
estudar o problema, recompilar e seleccionar información procedente de distintas fontes,
elaborar a documentación dun proxecto, concibir, deseñar, planificar e construír unha
estrutura que resolva o problema e avaliar a súa idoneidade desde distintos puntos de vista.
3. Actuar de xeito dialógante, flexible, responsable e voluntario no traballo en equipo, na
procura de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas encomendadas con
actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade.
4. Empregar as destrezas e os coñecementos necesarios para a análise, intervención, deseño,
elaboración e manipulación de forma segura e precisa de madeiras.
5. Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas, así como explorar a súa viabilidade e
alcance utilizando as vistas dos obxectos, algunha perspectiva.
6. Adoptar actitudes favorables á resolución de problemas técnicos, desenvolvendo
interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, analizando e valorando criticamente ó
a evolución das estruturas tradicionais galegas e a súa influencia na sociedade, no medio
ambiente, na saúde e na calidade de vida das persoas.
7. Manexar un procesador de textos, editor de gráficos, buscador de internet e correo
electrónico para buscar, almacenar, manipular, e compartir información.
8
2. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS DE 3º DA ESO
O resumo dos obxectivos expresados en forma de capacidades-destrezas e valores-actitudes se
reflexa na táboa:
3. Analizar os obxectos e sistemas técnicos que conteñan pequenos circuítos eléctricos e
sistemas de transmisión de movemento para identificar os seus elementos e as funcións
que realizan, explicar o seu funcionamento, utilizalos e controlalos de diversas formas, e
recoñecer as condicións fundamentais que interveñen no seu deseño e construción.
4. Abordar con autonomía e creatividade, individualmente e en grupo, problemas
tecnolóxicos traballando de forma ordenada e metódica para estudar o problema,
recompilar e seleccionar información procedente de distintas fontes, elaborar a
documentación pertinente, concibir, deseñar, planificar e construír obxectos ou sistemas
que resolvan o problema e avaliar a súa idoneidade desde distintos puntos de vista.
5. Actuar de xeito dialógante, flexible, responsable e voluntario no traballo en equipo, na
procura de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas encomendadas con
actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade.
6. Empregar as destrezas e os coñecementos necesarios para a análise, intervención, deseño,
elaboración e manipulación de forma segura e precisa de materiais, obxectos e sistemas.
7. Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas, así como explorar a súa viabilidade e
alcance utilizando os medios tecnolóxicos, os recursos gráficos, a simboloxía e o
vocabulario axeitados.
8. Adoptar actitudes favorables á resolución de problemas técnicos, desenvolvendo
interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, analizando e valorando criticamente a
investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa influencia na sociedade, no medio
ambiente, na saúde e na calidade de vida das persoas.
9. Manexar con soltura aplicacións informáticas para buscar, almacenar, organizar,
manipular, recuperar, presentar, compartir e publicar información, e empregar de forma
habitual as redes de comunicación na propia formación.
9
3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS DE CUARTO DA ESO
Os obxectivos en forma de capacidades e valores amósanse a continuación:
3. Analizar as diferentes instalacións dunha vivenda, así como os principais sistemas de
control electrónico para identificar os seus elementos e as funcións que realizan, explicar o
seu funcionamento, utilizalos e controlalos de diversas formas, e recoñecer as condicións
fundamentais que interveñen no seu deseño e construción.
4. Abordar con autonomía e creatividade, individualmente e en grupo, problemas
tecnolóxicos traballando de forma ordenada e metódica para estudar o problema,
recompilar e seleccionar información procedente de distintas fontes, elaborar a
documentación pertinente, concibir, deseñar, planificar e construír obxectos ou sistemas
que resolvan o problema e avaliar a súa idoneidade desde distintos puntos de vista.
5. Actuar de xeito dialógante, flexible, responsable e voluntario no traballo en equipo, na
procura de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas encomendadas con
actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade.
6. Empregar as destrezas e os coñecementos necesarios para a análise, intervención, deseño,
elaboración e manipulación de forma segura e precisa de materiais, obxectos e sistemas.
7. Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas, así como explorar a súa viabilidade e
alcance utilizando os medios tecnolóxicos, os recursos gráficos, a simboloxía e o
vocabulario axeitados.
8. Adoptar actitudes favorables á resolución de problemas técnicos, desenvolvendo
interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, analizando e valorando criticamente a
investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa influencia na sociedade, no medio
ambiente, na saúde e na calidade de vida das persoas.
9. Manexar con soltura aplicacións informáticas para buscar, almacenar, organizar,
manipular, recuperar, presentar, compartir e publicar información, e empregar de forma
habitual as redes de comunicación na propia formación, na busca de emprego e para
acceder a servizos electrónicos administrativos ou comerciais.
10. Interesarse polos avances tecnolóxicos valorando criticamente a súa contribución á mellora
do benestar social e individual, e incorporándoos ao seu facer cotiá.
10
. DISTRIBUCIÓN DE CONTIDOS POR CURSOS:
A continuación indícanse os contidos que aparecen no decreto distribuídos por avaliacións e
separados os contidos informáticos do resto dos contidos (debido a distribución das horas na aula
de informática). Os contidos actitudinais reflíctense ó final de cada curso, non como a desenvolver
durante o último trimestre senón facendo referencia a todo o curso.
CONTIDOS PARA SEGUNDO CURSO :
Bloque 1. Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.
* A tecnoloxía como resposta ás necesidades humanas: fundamento do quefacer tecnolóxico. O
proceso inventivo e de deseño.
* Fases do proxecto tecnolóxico. Elaboración de ideas e procura de solucións. Distribución de
tarefas e responsabilidades, cooperación e traballo en equipo.
* Realización de documentos técnicos. Deseño, planificación e construción de prototipos ou
maquetas mediante o uso responsable de materiais, ferramentas e técnicas axeitadas.
* Avaliación do proceso creativo, de deseño e de construción. Análise e valoración das condicións
do contorno de traballo.
* Exemplificación do proceso tecnolóxico na industria do contorno.
*Esgotamento de recursos enerxéticos e de materias primas. Consumo responsable e
desenvolvemento sostible.
Bloque 2. Hardware e sistemas operativos.
* Emprego do sistema operativo como interface persoa- máquina. Almacenamento, organización e
recuperación da información en soportes físicos, locais e extraíbles.
Bloque 3. Materiais de uso técnico.
* Análise de materiais e técnicas básicas e industriais empregadas na construción e fabricación de
obxectos.
* Materiais naturais, transformados e sintéticos: madeira, metais, téxtiles. Propiedades e técnicas
básicas de utilización.
* Tratamento de residuos e impacto ambiental do proceso produtivo. Uso de materiais comerciais e
reciclados para a construción e fabricación de obxectos.
* Emprego das ferramentas de forma axeitada e segura.
11
Bloque 4. Técnicas de expresión e comunicación.
* Uso de instrumentos e técnicas de debuxo, así como de aplicacións de deseño gráfico por
ordenador, para a realización de bosquexos e esbozos, empregando escalas e sistema diédrico.
* Utilización de aplicacións informáticas de ofimática para a creación, edición, mellora e
presentación de documentos técnicos, e descrición da súa terminoloxía e dos seus procedementos
básicos.
Bloque 5. Estruturas.
* Descrición dos elementos dunha estrutura e dos esforzos aos que están sometidos. Análise da
función que desempeñan os elementos na estrutura.
* Deseño, planificación e construción de estruturas utilizando distintos tipos de apoio e
triangulación.
Bloque 6. Máquinas e mecanismos.
* Mecanismos de transmisión e transformación do movemento. Análise da súa función en
máquinas.
Bloque 7. Electricidade e electrónica.
* Efectos da corrente eléctrica: luz, calor e electromagnetismo.
* Circuíto eléctrico: elementos, funcionamento e simboloxía. Magnitudes eléctricas. Compoñentes
e dispositivos básicos.
* Descrición e funcionamento básico dos motores eléctricos.
Bloque 8. Tecnoloxías da comunicación. Internet. televisión e redes de transmisión de datos.
* Ferramentas e aplicacións básicas para a procura, descarga, intercambio e publicación de
información.
* Actitude crítica e responsable cara á propiedade intelectual e á distribución dos contidos e da
información en xeral. Licenzas de uso e distribución do software.
12
CONTIDOS PARA TERCEIRO CURSO:
Bloque 1. Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.
* A tecnoloxía como resposta ás necesidades humanas: fundamento do quefacer tecnolóxico. O
proceso inventivo e de deseño.
* Fases do proxecto tecnolóxico. Elaboración de ideas e procura de solucións. Distribución de
tarefas e responsabilidades, cooperación e traballo en equipo.
* Realización de documentos técnicos. Deseño, planificación e construción de prototipos ou
maquetas mediante o uso responsable de materiais, ferramentas e técnicas axeitadas.
* Avaliación do proceso creativo, de deseño e de construción. Análise e valoración das condicións
do contorno de traballo.
* Utilización de aplicacións informáticas para a resolución de problemas tecnolóxicos.
* Exemplificación do proceso tecnolóxico na industria do contorno.
* Esgotamento de recursos enerxéticos e de materias primas. Consumo responsable e
desenvolvemento sostible.
Bloque 2. Hardware e sistemas operativos.
* Descrición da arquitectura, dos elementos dun ordenador e doutros dispositivos periféricos.
Funcionamento, manexo e interconexión dos elementos dun ordenador.
* Emprego do sistema operativo como interface persoa- máquina. Almacenamento, organización e
recuperación da información en soportes físicos, locais e extraíbles.
* Acceso a recursos compartidos en redes locais e posta a disposición destes.
* Instalación de programas e realización de tarefas básicas de mantemento do sistema.
Bloque 3. Materiais de uso técnico.
* Análise de materiais e técnicas básicas e industriais empregadas na construción e fabricación de
obxectos.
* Materiais naturais, transformados e sintéticos: materiais plásticos, cerámicos e pétreos.
Propiedades e técnicas básicas de utilización.
* Tratamento de residuos e impacto ambiental do proceso produtivo. Uso de materiais comerciais e
reciclados para a construción e fabricación de obxectos.
* Emprego das ferramentas de forma axeitada e segura.
13
Bloque 4. Técnicas de expresión e comunicación.
* Uso de instrumentos e técnicas de debuxo, así como de aplicacións de deseño gráfico por
ordenador, para a realización de bosquexos e esbozos, empregando escalas, cotas e perspectiva
cabaleira.
* Utilización de aplicacións informáticas de ofimática para a creación, edición, mellora e
presentación de documentos técnicos, e descrición da súa terminoloxía e dos seus procedementos
básicos.
* Coñecemento da linguaxe icónica como base para o dominio da expresión por medio da imaxe e
a asimilación das diversas técnicas cinematográficas: plano, universo fílmico, movementos de
cámara, panorámicas, trucos e recursos do cinema.
Bloque 5. Estruturas.
* Descrición dos elementos dunha estrutura e dos esforzos aos que están sometidos. Análise da
función que desempeñan os elementos na estrutura.
* Deseño, planificación e construción de estruturas utilizando distintos tipos de apoio e
triangulación.
Bloque 6. Máquinas e mecanismos.
* Mecanismos de transmisión e transformación do movemento. Análise da súa función en
máquinas. Relación de transmisión.
* Deseño e construción de maquetas que inclúan mecanismos de transmisión e transformación do
movemento.
* Uso de simuladores para recrear a función dos operadores mecánicos no deseño de prototipos.
Bloque 7. Electricidade e electrónica.
* Efectos da corrente eléctrica: luz, calor e electromagnetismo.
* Circuíto eléctrico: elementos, funcionamento e simboloxía. Magnitudes eléctricas. Compoñentes
e dispositivos básicos. Realización de medidas. Corrente continua e alterna.
* Instalacións eléctricas nas vivendas. Potencia. Dispositivos de protección.
* Valoración crítica dos efectos do uso da enerxía eléctrica sobre o ambiente: xeración e transporte
de enerxía eléctrica. Emprego de enerxías renovables.
* Deseño de circuítos que cumpran unha función predeterminada, realización da montaxe, nas
condicións de seguridade apropiadas e utilización de simuladores para a comprobación previa do
seu funcionamento.
* Valoración da importancia actual da electrónica e respecto polas normas de seguridade.
Bloque 8. Tecnoloxías da comunicación. Internet. televisión e redes de transmisión de datos.
* Estrutura e funcionamento da internet. Dispositivos de comunicación. Servizos da internet.
14
* Ferramentas e aplicacións básicas para a procura, descarga, intercambio e publicación de
información.
* Actitude crítica e responsable cara á propiedade intelectual e á distribución dos contidos e da
información en xeral. Licenzas de uso e distribución do software.
15
CONTIDOS PARA CUARTO CURSO
Bloque 1. Instalacións en vivendas.
* Análise dos elementos que configuran as instalacións dunha vivenda: electricidade,
comunicacións, auga sanitaria, evacuación de augas, sistemas de calefacción, gas, aire
acondicionado, domótica.
* Acometidas, compoñentes, normativa, simboloxía, análise, deseño e montaxe en equipo de
modelos sinxelos destas instalacións.
* Análise de facturas domésticas e aforro enerxético nas instalacións de vivendas. Arquitectura
bioclimática.
Bloque 2. Electrónica, pneumática e hidráulica.
* Descrición e análise dos sistemas hidráulicos e pneumáticos, dos seus compoñentes e principios
físicos de funcionamento.
* Electrónica analóxica e dixital. Compoñentes básicos, simboloxía, análise de circuítos
elementais. Aplicación da álxebra de Boole a problemas tecnolóxicos básicos. Portas lóxicas.
* Aplicacións típicas dos sistemas electrónicos, pneumáticos e hidráulicos en sistemas industriais.
Valoración da importancia da normalización.
* Deseño e montaxe de circuítos electrónicos básicos e sistemas pneumáticos sinxelos que
cumpran unha función predeterminada, interpretando adecuadamente a simboloxía.
* Deseño de circuítos mediante simuladores, empregando simboloxía específica e uso de
simuladores para analizar o comportamento dos circuítos.
Bloque 3. Tecnoloxías da comunicación.
* Descrición dos sistemas de comunicación con e sen fíos e dos seus principios técnicos para
transmitir son, imaxe e datos.
* Utilización de tecnoloxías da comunicación de uso cotián.
Bloque 4. Control e robótica.
* Elementos de sistemas de control. Análise e experimentación con sistemas automáticos,
sensores, actuadores e aplicación da realimentación en dispositivos de control. Aplicacións
domésticas.
* Deseño e montaxe de robots a partir de elementos preconstruídos.
* Uso do ordenador, como elemento programable, para controlar un sistema automático o un robot.
* Traballo con simuladores informáticos para verificar e comprobar o funcionamento dos sistemas
deseñados.
Bloque 5. Tecnoloxía e sociedade.16
* Valoración do desenvolvemento tecnolóxico ao longo da historia. Análise do impacto das novas
tecnoloxías na sociedade actual.
* Desenvolvemento de proxectos técnicos. Organización do traballo. Produción en serie e control
de calidade.
* Análise da evolución de obxectos técnicos e importancia da normalización nos produtos
industriais.
* Aproveitamento de materias primas e recursos naturais e adquisición de hábitos que potencien o
desenvolvemento sustentable.
* A aplicación das ferramentas informáticas e de control no desenvolvemento de proxectos
tecnolóxicos.
17
. TEMPORALIZACIÓNA continuación secuenciaremos os contidos por unidades didácticas que corresponden ás
avaliacións
SEGUNDO CURSO:
1º UNIDADE DIDÁCTICA: CONSTRUCCIÓN DE MECANISMOS SINXELOS EN
MADEIRA
* Análise de materiais e técnicas básicas empregadas na construción e fabricación de obxectos
de madeira.
* A madeira: Propiedades e técnicas básicas de utilización. Emprego das ferramentas de forma
axeitada e segura.
* A tecnoloxía como resposta ás necesidades humanas: fundamento do quefacer tecnolóxico. O
proceso inventivo e de deseño.
* Fases do proxecto tecnolóxico. Elaboración de ideas e procura de solucións. Distribución de
tarefas e responsabilidades, cooperación e traballo en equipo.Deseño, planificación e construción
de prototipos ou maquetas mediante o uso responsable de materiais, ferramentas e técnicas
axeitadas.
* Realización de bosquexos e esbozos, empregando escalas e sistema diédrico.
* Avaliación do proceso creativo, de deseño e de construción. Análise e valoración das condicións
do contorno de traballo.
* Realización dunha memoria técnica do proxecto. Para iso empregarase a suite ofimática
Openoffice.
* Tratamento de residuos e impacto ambiental do proceso produtivo. Uso de materiais comerciais e
reciclados para a construción e fabricación de obxectos.
* Emprego do sistema operativo como interface persoa- máquina. Almacenamento, organización e
recuperación da información en soportes físicos, locais e extraíbles.
2º UNIDADE DIDÁCTICA: PROXECTO DE CONSTRUCCIÓN DE ESTRUCTURAS
18
* Descrición dos elementos dunha estrutura e dos esforzos aos que están sometidos. Análise da
función que desempeñan os elementos na estrutura.
* Deseño, planificación e construción de estruturas utilizando distintos tipos de apoio e
triangulación.
* Exemplificación do proceso tecnolóxico na industria do contorno.
*Esgotamento de recursos enerxéticos e de materias primas. Consumo responsable e
desenvolvemento sostible.
* A tecnoloxía como resposta ás necesidades humanas: fundamento do quefacer tecnolóxico. O
proceso inventivo e de deseño.
* Fases do proxecto tecnolóxico. Elaboración de ideas e procura de solucións. Distribución de
tarefas e responsabilidades, cooperación e traballo en equipo.Deseño, planificación e construción
de prototipos ou maquetas mediante o uso responsable de materiais, ferramentas e técnicas
axeitadas.
* Realización de bosquexos e esbozos, empregando escalas e sistema diédrico.
* Avaliación do proceso creativo, de deseño e de construción. Análise e valoración das condicións
do contorno de traballo.
* Realización dunha memoria técnica do proxecto. Para iso empregarase a suite ofimática
Openoffice.
* Tratamento de residuos e impacto ambiental do proceso produtivo. Uso de materiais comerciais e
reciclados para a construción e fabricación de obxectos.
* Emprego do sistema operativo como interface persoa- máquina. Almacenamento, organización e
recuperación da información en soportes físicos, locais e extraíbles.
3º UNIDADE DIDÁCTICA: ANÁLISE E CONSTRUCCIÓN DE RECEPTORES ELÉCTRICOS
* Os metais: Propiedades e técnicas básicas de utilización. Emprego das ferramentas de forma
axeitada e segura.
* Efectos da corrente eléctrica: luz, calor e electromagnetismo.
* Circuíto eléctrico: elementos, funcionamento e simboloxía. Magnitudes eléctricas. Compoñentes
e dispositivos básicos.
* Descrición e funcionamento básico dos motores eléctricos.
* Valoración crítica dos efectos do uso da enerxía eléctrica sobre o ambiente: xeración e
transporte de enerxía eléctrica. Emprego de enerxías renovables.
19
* Os buscadores e o correo electrónico.
TERCEIRO CURSO:
1ª UNIDADE DIDÁCTICA: Identificación, manexo e aplicación de operadores mecánicos
encargados da transformación e transmisión de movementos para deseñar obxectos técnicos,
explicando o funcionamento dos operadores no conxunto. Relacións de transmisión. (1ª trimestre).
2º UNIDADE DIDÁCTICA: Descrición de propiedades básicas de materiais técnicos e as súas
variedades comerciais: madeira, metais, materiais plásticos, cerámicos e pétreos. (1º trimestre e
principios do 2º).
3ª UNIDADE DIDÁCTICA: Identificación e conexión de compoñentes físicos dun ordenador e
outros dispositivos periféricos, explicación do seu funcionamento. (2º trimestre).
4ª UNIDADE DIDÁCTICA: : Deseño, simulación e montaxe de circuítos formados por
operadores elementais, nos que se empreguen os efectos da enerxía eléctrica e a súa capacidade de
conversión noutras manifestacións enerxéticas, utilizando correctamente instrumentos de medida
de magnitudes eléctricas básicas. ( 3º trimestre).
CONTIDOS PROCEDIMENTAIS PRESENTES EN TODAS AS UNIDADES:
1. Resolución de problemas tecnolóxicos identificando os condicionantes, empregando os
coñecementos precisos, propoñendo solucións variadas e desenvolvendo a máis axeitada
nun contexto de traballo colectivo, e empregando adecuadamente os recursos de expresión
e comunicación.
2. Realización das operacións técnicas previstas nun plan de traballo utilizando os recursos
materiais e organizativos con criterios de economía, seguridade e respecto ao ambiente e
valorando as condicións do contorno de traballo.
3. Emprego dos servizos básicos de internet: navegación para a localización de información,
correo electrónico, comunicación no grupo e publicación de información.
4. Manexo do contorno gráfico dos sistemas operativos como interface de comunicación coa
máquina.
5. Identificación e selección de materiais en aplicacións comúns e emprego de técnicas básicas
de conformación, unión e acabado.
20
6. Elaboración, almacenamento e recuperación de documentos en soporte electrónico que
incorporen información textual e gráfica.
21
CUARTO CURSO:
1ª UNIDADE DIDÁCTICA: Análise dos elementos que compoñen as distintas instalacións dunha
vivenda e as normas que regulan o seu deseño e utilización. Realización de deseños sinxelos,
empregando a simboloxía adecuada, e montaxes de circuítos básicos, e valoración das condicións que
contribúen ao aforro enerxético, á habitabilidade e á estética nunha vivenda. (1ºtrimestre)
2º UNIDADE DIDÁCTICA: Deseño e construción dun circuíto e o mecanismo asociado
capaz de resolver un problema cotián, utilizando as tecnoloxías electrónica (4º referencia) , e
pneumática (4º de diversificación). (finais do 1º trimestre, e 2º trimestre)
1. Analise de esquemas de circuítos electrónicos e pneumáticos para describir o seu
funcionamento, os seus compoñentes elementais e os principios físicos nos que se
basean
2. Utilización con soltura da simboloxía e a nomenclatura necesaria para representar
circuítos.
3. Montaxe de circuítos, previamente deseñados, con finalidade clara, introducindo
modificacións cun propósito determinado.
4. Principais aplicacións das tecnoloxías electrónica, hidráulica e pneumática e
identificar e describir as características e o funcionamento deste tipo de sistemas.
5. Análise e descrición dos elementos e sistemas de comunicación con e sen fíos e
os principios básicos que rexen o seu funcionamento (enmarcado na realización do
proxecto para o 4º referencia).
3º UNIDADE DIDÁCTICA: ELECTRÓNICA DIXITAL (3º trimestre)
1. Operacións lóxicas na álxebra de Boole.
2. Relación das formulacións lóxicas cos procesos técnicos
3. Resolución mediante portas lóxicas de problemas tecnolóxicos sinxelos.
.
4º UNIDADE DIDÁCTICA: CONTROL DE SISTEMAS AUTOMÁTICOS MEDIANTE
ORDENADOR: (4º trimestre)
1. A linguaxe de programación LOGO
22
2. Programación en LOGO para a controladora ENCONOR
3. Desenvolvemento dun programa para controlar un sistema automático en
función da realimentación que reciba do contorno.
5ª UNIDADE DIDÁCTICA (transversal):
1. Busca de información e análise da evolución tecnolóxica ao longo da historia dos
obxectos técnicos e materiais estudados ó longo do curso.
2. A utilización de tecnoloxías da comunicación de uso cotián con saude
3. Presentación dos traballos e debates na aula e na web.
23
.
.CRITERIOS DE AVALIACIÓN
A continuación preséntanse os criterios de avaliación, a súa numeración fai referencia ó
obxectivo que pretenden avaliar.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA SEGUNDO:
1. a. Analizar e describir nas estruturas do contorno os elementos resistentes e os esforzos aos que están sometidos.
Trátase de comprobar se o alumnado é quen de comprender a función dos elementos que
constitúen as estruturas -trabes, piares, zapatas, tensores, arcos- e identificar os esforzos aos
que están sometidos -tracción, compresión e flexión- valorando o efecto destes esforzos sobre
os elementos estruturais dos prototipos fabricados na aula obradoiro.
1. b. Identificar, manexar e aplicar operadores mecánicos encargados da transformación e
transmisión de movementos para deseñar obxectos técnicos, explicando o funcionamento
dos operadores no conxunto .
Preténdese avaliar o coñecemento dos movementos empregados en máquinas: rectilíneo e
circular . Coñecer os mecanismos de transformación e transmisión de movementos, así como a
súa función dentro do conxunto da máquina. O alumnado debe ser capaz de aplicar estes
coñecementos para construír maquetas con diferentes operadores mecánicos.
1. c Simular circuítos coa simboloxía adecuada e montar circuítos formados por
interruptores, pilas e lámpadas ou zoadores.
A finalidade deste criterio é a de valorar o grao de coñecemento e habilidade para deseñar e
construír circuítos eléctricos. O alumnado debe adquirir destrezas na medida da tensión,
corrente e resistencia nun simulador e empregando os conceptos e principios de medida e
cálculo de magnitudes.
2. Resolver problemas tecnolóxicos identificando os condicionantes, empregando os
coñecementos precisos, propoñendo solucións variadas e desenvolvendo a máis
axeitada. nun contexto de traballo colectivo, e empregando adecuadamente os
recursos de expresión e comunicación.
Con este criterio trátase de avaliar o coñecemento do alumnado sobre a actividade técnica.
Esta capacidade concrétase na elaboración dun plan de traballo para executar un proxecto
técnico: conxunto de documentos cunha orde lóxica de operacións, coa previsión de
24
tempos e de recursos materiais, con debuxos, cálculos numéricos, orzamento, listaxes de
pezas e explicacións. Avaliarase a cooperación e o traballo en equipo nun clima de
tolerancia cara ás ideas e opinións doutras persoas. Débese valorar, así mesmo, o emprego
dun vocabulario específico e de modos de expresión tecnicamente apropiados.
3. Actuar de maneira dialógante, flexible, responsable e voluntaria no traballo en
equipo, na procura de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas
encomendadas con actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade.
Trátase de avaliar a súa interacción co resto do alumnado á hora de realizar tarefas de
grupo, de maneira que todos colaboren na execución das tarefas encomendadas.
4. Describir propiedades básicas das diferentes madeiras e metais, Identificalos en
aplicacións comúns e empregar técnicas básicas de conformación, unión e acabado.
Con este criterio búscase avaliar o grao de coñecemento das propiedades mecánicas,
eléctricas e térmicas dos materiais empregados nos proxectos. Relacionar estas propiedades
coa aplicación de cada material na fabricación de obxectos comúns, así como coñecer e
utilizar adecuadamente as técnicas de conformación, unión e acabamento empregadas no
seu proceso construtivo, mantendo criterios de tolerancia dimensional e seguridade.
5. Representar mediante vistas os sistemas técnicos sinxelos, aplicando criterios de
normalización.
Trátase de valorar a capacidade dos alumnos e das alumnas para representar obxectos e
sistemas técnicos en proxección diédrica -alzado, planta e perfil, - como ferramenta no
desenvolvemento de proxectos técnicos. Preténdese avaliar a adquisición de destrezas para
a súa realización man alzada ou aplicacións de deseño gráfico por ordenador.
6. Participar nas actividades e visitas plantexadas polo departamento realizando tarefas
que se encomenden en cada actividade.
Con este criterio preténdese valorar o interese do alumando polo desenvolvemento
tecnolóxico e fomentar a curiosidade cara á actividade tecnolóxica nun marco exterior á
propia aula, pero dende dentro da asignatura. (ver actividades complementarias para máis
explicacións).
7. Elaborar, almacenar e recuperar documentos en soporte electrónico que incorporen
información textual e gráfica. Empregar así mesmo os servizos básicos de internet:
correo electrónico e buscadores de contidos.
Preténdense avaliar as habilidades básicas para a realización de documentos que integren
información textual, imaxes e gráficos utilizando un procesador de texto. Así mesmo
25
pretendemos que manexen con soltura o seu correo electrónico e que atopen datos e
imaxes concretas en internet.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA TERCEIRO:
1. a. Identificar, manexar e aplicar operadores mecánicos encargados da transformación e
transmisión de movementos para deseñar obxectos técnicos, explicando o funcionamento
dos operadores no conxunto e, se é o caso, calcular as relacións de transmisión.
Preténdese avaliar o coñecemento dos movementos empregados en máquinas: rectilíneo,
circular e de vaivén. Coñecer os mecanismos de transformación e transmisión de movementos,
así como a súa función dentro do conxunto da máquina. O alumnado debe ser capaz de aplicar
estes coñecementos para construír maquetas con diferentes operadores mecánicos e de realizar
cálculos para determinar a relación de transmisión en sistemas de poleas e engrenaxes.
1. b Deseñar e simular circuítos coa simboloxía adecuada e montar circuítos
formados por operadores elementais (pilas, interruptores e lámpadas, motores e electroimáns
), nos que se empreguen os efectos da enerxía eléctrica e a súa capacidade de conversión
noutras manifestacións enerxéticas, utilizando correctamente instrumentos de medida de
magnitudes eléctricas básicas.
A finalidade deste criterio é a de comprobar se as alumnas e os alumnos son conscientes da
importancia da enerxía eléctrica no ámbito doméstico e industrial, así como valorar o grao de
coñecemento e habilidade para deseñar e construír circuítos eléctricos. O alumnado debe adquirir
destrezas no manexo do polímetro. Isto implica determinar tensión, corrente, resistencia, potencia
e enerxía eléctrica, empregando os conceptos e principios de medida e cálculo de magnitudes.
1. c. Identificar e conectar compoñentes físicos dun ordenador e outros dispositivos
periféricos e explicar o seu funcionamento. Manexar o contorno gráfico dos sistemas
operativos como interface de comunicación coa máquina.
Búscase valorar a adquisición das habilidades necesarias para administrar un sistema
informático persoal. As alumnas e os alumnos han ser capaces de conectar dispositivos
externos e interconectalos con outros sistemas, personalizar os contornos gráficos,
xestionar os diferentes tipos de documentos almacenando e recuperando a información en
diferentes soportes. Deberán, así mesmo, realizar as tarefas básicas de instalación de
dispositivos internos.
26
2. Resolver problemas tecnolóxicos identificando os condicionantes, empregando os
coñecementos precisos, propoñendo solucións variadas e desenvolvendo a máis
axeitada. nun contexto de traballo colectivo, e empregando adecuadamente os
recursos de expresión e comunicación.
Con este criterio trátase de avaliar o coñecemento do alumnado sobre a actividade técnica.
Esta capacidade concrétase na elaboración dun plan de traballo para executar un proxecto
técnico: conxunto de documentos cunha orde lóxica de operacións, coa previsión de
tempos e de recursos materiais, con debuxos, cálculos numéricos, orzamento, listaxes de
pezas e explicacións. Avaliarase a cooperación e o traballo en equipo nun clima de
tolerancia cara ás ideas e opinións doutras persoas. Débese valorar, así mesmo, o emprego
dun vocabulario específico e de modos de expresión tecnicamente apropiados.
3. Actuar de maneira dialógante, flexible, responsable e voluntaria no traballo en
equipo, na procura de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas
encomendadas con actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade.
Trátase de avaliar a súa interacción co resto do alumnado á hora de realizar tarefas de
grupo, de maneira que todos colaboren na execución das tarefas encomendadas.
4. Describir propiedades básicas das diferentes plásticos e materiais pétreos,
Identificalos en aplicacións comúns e empregar técnicas básicas de conformación,
unión e acabado de calquera material.
Con este criterio búscase avaliar o grao de coñecemento das propiedades mecánicas,
eléctricas e térmicas dos materiais empregados nos proxectos. Relacionar estas propiedades
coa aplicación de cada material na fabricación de obxectos comúns, así como coñecer e
utilizar adecuadamente as técnicas de conformación, unión e acabamento empregadas no
seu proceso construtivo, mantendo criterios de tolerancia dimensional e seguridade.
5. Representar mediante vistas e unha perspectiva obxectos e sistemas técnicos sinxelos,
aplicando criterios de normalización.
Trátase de valorar a capacidade dos alumnos e das alumnas para representar obxectos e
sistemas técnicos en proxección diédrica -alzado, planta e perfil, así como, a obtención da
súa perspectiva-, como ferramenta no desenvolvemento de proxectos técnicos. Preténdese
avaliar a adquisición de destrezas para a súa realización man alzada ou aplicacións de
deseño gráfico por ordenador. Para iso deberán seguirse os criterios normalizados de
acoutamento e escala.
6. Participar nas actividades e visitas plantexadas polo departamento realizando tarefas
que se encomenden en cada actividade.
27
Con este criterio preténdese valorar o interese do alumando polo desenvolvemento
tecnolóxico e fomentar a curiosidade cara á actividade tecnolóxica nun marco exterior á
propia aula, pero dende dentro da asignatura. (ver actividades complementarias para máis
explicacións).
7. Elaborar, almacenar e recuperar documentos en soporte electrónico que incorporen
información textual e gráfica. Empregar así mesmo os servizos básicos de internet:
correo electrónico e buscadores de contidos.
Preténdense avaliar as habilidades básicas para a realización de documentos que integren
información textual, imaxes e gráficos utilizando procesadores de texto e presentación
diapositivas . Así mesmo pretendemos que manexen con soltura o seu correo electrónico e
que atopen documentación para os seus traballos e imaxes concretas en internet.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 4º DA ESO:
1. Describir os elementos que compoñen as distintas instalacións dunha vivenda e as normas que
regulan o seu deseño e utilización. Realizar deseños sinxelos, empregando a simboloxía adecuada, e
montaxes de circuítos básicos, e valorar as condicións que contribúen ao aforro enerxético, á
habitabilidade e á estética nunha vivenda.
2. Analizar esquemas de circuítos electrónicos, pneumáticos ou hidráulicos para describir o seu
funcionamento, os seus compoñentes elementais e os principios físicos nos que se basean e realizar
a montaxe de circuítos, previamente deseñados, con finalidade clara, introducindo modificacións
cun propósito determinado.
3. Coñecer as principais aplicacións das tecnoloxías electrónica, hidráulica e pneumática e
identificar e describir as características e o funcionamento deste tipo de sistemas. Utilizar con
soltura a simboloxía e a nomenclatura necesaria para representar circuítos coa finalidade de
deseñar e construír un circuíto ou mecanismo capaz de resolver un problema cotián, utilizando
enerxía eléctrica, hidráulica ou pneumática.
4. Deseñar e construír un circuíto ou mecanismo capaz de resolver un problema cotián,
utilizando as tecnoloxías electrónica, hidráulica ou pneumática.
28
5. Realizar operacións lóxicas empregando a álxebra de Boole, relacionar formulacións lóxicas
con procesos técnicos e resolver mediante portas lóxicas problemas tecnolóxicos sinxelos.
6. Analizar e describir os elementos e sistemas de comunicación con e sen fíos e os principios
básicos que rexen o seu funcionamento.
7. Desenvolver un programa en LOGO para controlar un sistema automático ou un robot e o
seu funcionamento de forma autónoma en función da realimentación que reciba del contorno.
8. Explicar a evolución tecnolóxica ao longo da historia analizando obxectos técnicos e a súa
relación co contorno, e valorando a súa repercusión na calidade de vida.
29
.MÍNIMOS ESIXIBLES
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA SEGUNDO:
1. Citar propiedades básicas dos metais como materiais técnicos, enumerar e
identificar algunhas das súas variedades e aliaxes máis usadas, identificándoos nas aplicacións
técnicas máis usuais.
2. Empregar técnicas básicas de corte e tradeado de forma correcta, mantendo os
criterios de seguridade axeitados, escollendo as ferramentas máis axeitadas para desenvolver unha
tarefa sinxela.
3. Expresar mediante vistas gardando a proporcionalidade co propósito de comunicar
un traballo tecnolóxico.
4. Realiza-la montaxe dun circuíto eléctrico sinxelo en corrente continua, empregando
pilas, interruptores e lámpadas, motores, electroimáns e relés no deseño de pequenos proxectos
tecnolóxicos.
5. Realizar pequenos informes sobre os proxectos tecnolóxicos desenvolvidos,
utilizando o ordenador para, confeccionar debuxos sinxelos e texto.
7. Crear e manexar unha conta de correo electrónico.
8. Realiza a montaxe de mecanismos de transmisión de movemento, predecindo o seu
comportamento no sistema.
30
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 3º DA ESO:
1 Citar e identificar os tipos de plásticos e materiais pétreos máis comúns nas aplicacións
técnicas máis usuais.
2 Empregar técnicas básicas de corte e tradeado de forma correcta, mantendo os criterios de
seguridade axeitados, escollendo as ferramentas máis axeitadas para desenvolver unha tarefa
sinxela.
3. Expresar mediante unha perspectiva acoutada e a escala os traballos tecnolóxicos.
4. Realiza-la montaxe dun circuíto eléctrico sinxelo en corrente continua, empregando
pilas, interruptores e lámpadas, motores, electroimáns e relés no deseño de pequenos proxectos
tecnolóxicos. Identificar as principais magnitudes eléctricas nel e deducir o seu comportamento no
mesmo.
5. Realiza-la montaxe de mecanismos de transformación e transmisión de movemento,
predecindo o seu comportamento no sistema.
6.Realizar pequenos informes sobre os proxectos tecnolóxicos desenvolvidos, utilizando o
ordenador para, confeccionar texto, debuxos sinxelos e presentación de diapositivas.
7.Manexar diversos servicios da web 2.0 (correo eléctrónico, aplicacións online, servicios
para construír e compartir información en grupo).
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 4º DA ESO:
1. Describir os elementos que compoñen a instalacións eléctrica dunha vivenda e as normas que
regulan o seu deseño e utilización.
2. Analizar esquemas de circuítos electrónicos, para describir o seu funcionamento, os seus
compoñentes elementais e os principios físicos nos que se basean e realizar a montaxe de circuítos,
previamente deseñados, con finalidade clara, introducindo modificacións cun propósito
determinado.
31
3. Utilizar con soltura a simboloxía necesaria para representar circuítos coa finalidade de deseñar
e construír un circuíto ou mecanismo capaz de resolver un problema cotián, utilizando enerxía
eléctrica.
4. Deseñar un circuíto ou mecanismo capaz de resolver un problema cotián, utilizando as
tecnoloxías electrónica..
5. Realizar operacións lóxicas empregando a álxebra de Boole, relacionar formulacións lóxicas
con procesos técnicos e resolver mediante portas lóxicas problemas tecnolóxicos sinxelos.
6. Buscar información na rede sobre os distintos elementos e sistemas de comunicación con e sen
fíos e os principios básicos que rexen o seu funcionamento.
7. Desenvolver un programa en LOGO para controlar un sistema automático ou un robot e o
seu funcionamento de forma autónoma..
8. Explicar mediante presentación con diapositivas a evolución tecnolóxica ao longo da historia
analizando obxectos técnicos e a súa relación co contorno, e valorando a súa repercusión na calidade
de vida.
32
.
.CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:
Para traducir nunha nota o resultado do proceso de avaliación en cada trimestre farase
unha media coas notas dos proxectos, exames e traballos de investigación. Esa nota poderá subir e
baixar en función da nota do caderno e da nota da actitude en clase: Se o caderno está ben subirá
un punto, se está regular quedará como está e se está mal baixará un punto. Do mesmo xeito, se
non hai negativos no caderno de observación a nota subirá un punto, se hai algún non subirá e
baixará medio punto cada tres negativos.
Agora ben, cando o alumnado teña unha especial carencia dalgún dos contidos (exames en
branco, ausencia dos traballos de investigación, ausencia do caderno de clase, excesivas faltas de
asistencia sen xustificar, faltas graves de comportamento...), non se fará media, senón que se
avaliará negativamente todo o proceso.
Considerase que o alumno que teña 8 faltas de asistencia sen xustificar por trimestre (en
primeiro, segundo e terceiro) e 12 faltas sen xustificar en cuarto, atópase no caso anterior, e por
tanto será avaliado negativamente. Se as faltas fosen xustificadas, deberá elaborar os traballos de
recuperación pertinentes para que poida ser avaliado positivamente.
Dado que a avaliación é continua a nota de cada trimestre elaborarase considerando e
valorando todo o proceso realizado dende o comezo do curso.
Cando o alumno estea a cursar unha asignatura pendente do ano anterior a súa avaliación
será positiva sempre que entregue os traballos que se lle vaian mandando facer cada trimestre e, no
caso de que estes presenten erros importantes sexan corrixidos. Se o alumno non entrega estes
traballos terá dereito a facer un exame global en maio e outro en setembro. Os alumnos que, tendo
pendente a asignatura do curso anterior, estean cursando tecnoloxía, poderán superar a pendente
sempre que aproben a deste curso.
Considérase que un alumno abandonou a área cando:
1º. Se está a cursar a área:
Non trae o caderno a clase máis do 50% das clases, non a entrega para corrixir ou
Non entrega os traballos de investigación ou a memoria dos proxectos ou
Non participa na construción dos proxectos e prácticas de taller ou
Deixa os exames en branco.
2º Se ten a asignatura pendente doutro curso
Se non entrega os traballos de recuperación que se lle vaian pedindo ó longo do curso ou
non se presenta ó exame.
33
. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.
Para comprobar que se acadan os obxectivos é necesario facer proxectos moi completos
que permitan que o alumno se atope cunha variedade de pequenos problemas tecnolóxicos que ten
que resolver algunhas veces so e outras colaborando co seu grupo.
Pero como non todas as situacións se poden realizar na práctica será necesario tamén
plantexar problemas teóricos ós que se terá que enfrontar so ou en grupo.
Tamén terán que aprender a buscar información por si mesmos, e a sintetizala e presentala
en forma de traballos de investigación individuais, que terán que ser expostos oralmente ou
presentados por escrito.
. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.
A avaliación terá un carácter basicamente formativo, de axuda na superación das
dificultades. A avaliación sumativa, contemplará tanto o proceso como o produto da actividade do
alumnado e os criterios serán coñecidos por este ó comezo de cada unidade didáctica.
Consideramos que a avaliación do alumnado debe sistematizarse, dentro da súa
subxectividade, en torno os seguintes instrumentos de avaliación:
• Observación do profesor en clase (asistencia e puntualidade, realización de traballos
extraescolares e posesión do material de traballo, atención en clase, realización de
actividades, orden e traballo coas ferramentas, seguridade e hixiene,
aproveitamento do material, preocupación polo material de refugallo...), que se
recolle no caderno de avaliación do profesor.
• Caderno de clase (tarefas individuais, elaboración de bosquexos, fases dos
proxectos, orden, limpeza,).
• Traballos de investigación, memorias e informes.
• Prototipo (estética, orixinalidade, funcionalidade, unións, acabados)
• Exercicios escritos.
• Presentacións orais mediante diapositivas.
• Fichas de autoavaliación dos proxectos e da actitude neles.
34
TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA.
O fomento da lectura se realiza asiduamente na aula de tecnoloxía pois a información que
se lle da ó alumnado soe ser escrita (as explicacións orais son curtas) e se lle pide que busque a
información necesaria para os seus proxectos no libro de texto e nas web recomendadas . Ademais
dese tratamento propoñemos tres actividades para este curso:
1. Lectura dun libro de ciencia- ficción (para o segundo curso empezaremos con
fotocopias de relatos curtos).
2. Lectura de textos con contidos tecnolóxicos que aparecen nos xornais.
3. Seguemento de páxinas web e blogs con novas relacionadas coa tecnoloxía.
TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC
O obxectivo que nos plantexamos de cara o manexo das TIC é que o alumnado se afaga a
empregar o ordenador en calquera momento do proceso de ensino-aprendizaxe. Os oito
ordenadores que temos na clase estarán acesos sempre e se consultaran habitualmente. Os contidos
que traballaremos aparecen xa na programación anterior pero os lembramos brevemente:
2º E.S.O.
• Emprego do sistema operativo como interface persoa- máquina. Almacenamento,
organización e recuperación da información en soportes físicos, locais e extraíbles.
• Utilización de aplicacións informáticas de ofimática para a creación, edición, mellora e
presentación de documentos técnicos, e descrición da súa terminoloxía e dos seus
procedementos básicos.
• Actitude crítica e responsable cara á propiedade intelectual e á distribución dos
contidos e da información en xeral. Licenzas de uso e distribución do software.
• Utilización de aplicacións informáticas para a resolución de problemas tecnolóxicos.
• Descrición da arquitectura, dos elementos dun ordenador e doutros dispositivos
periféricos. Funcionamento, manexo e interconexión dos elementos dun ordenador.
35
3º E.S.O.
• Emprego do sistema operativo como interface persoa- máquina. Almacenamento,
organización e recuperación da información en soportes físicos, locais e extraíbles.
• Acceso a recursos compartidos en redes locais e posta a disposición destes.
• Instalación de programas e realización de tarefas básicas de mantemento do sistema.
• Utilización de aplicacións informáticas de ofimática para a creación, edición, mellora e
presentación de documentos técnicos, e descrición da súa terminoloxía e dos seus
procedementos básicos.
• Ferramentas e aplicacións básicas para a procura, descarga, intercambio e publicación de
información.
• Actitude crítica e responsable cara á propiedade intelectual e á distribución dos contidos e
da información en xeral. Licenzas de uso e distribución do software.
4º E.S.O.
• Deseño de circuítos mediante simuladores, empregando simboloxía específica e uso de
simuladores para analizar o comportamento dos circuítos.
• Descrición dos sistemas de comunicación con e sen fíos e dos seus principios técnicos para
transmitir son, imaxe e datos.
• Utilización de tecnoloxías da comunicación de uso cotián.
• Elementos de sistemas de control. Análise e experimentación con sistemas automáticos,
sensores, actuadores e aplicación da realimentación en dispositivos de control. Aplicacións
domésticas.
• Uso do ordenador, como elemento programable, para controlar un sistema automático o un
robot.
• Traballo con simuladores informáticos para verificar e comprobar o funcionamento dos
sistemas deseñados.
A aplicación das ferramentas informáticas e de control no desenvolvemento de proxectos
tecnolóxicos.
36
. PLANS DE TRABALLO PARA SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES.
1. Contidos esixibles
Os contidos a avaliar serán exclusivamente os mínimos de cada curso, relatados
anteriormente. En xeral, aínda que esta área non está recollida como asignatura con contidos
progresivos no DOG do 22-X-04, a maior parte dos contidos si o son, polo que a recuperación das
asignaturas pendentes terá en conta esta cuestión. A continuación detállanse os contidos mínimos:
ALUMNADO CON TECNOLOXÍA 2º ESO PENDENTE
a) Alumnado que está cursando na actualidade 3º ESO (os contidos subliñados son contidos que se amplían en 3º, por tanto se recuperan nas clases de 3º.)
● Representacións gráficas:○ Perspectiva cabaleira. ○ Proxeccións, as vistas.○ Normalización: Uso das liñas no debuxo (grosas continuas, grosas descontinuas,
finas).○ Acoutación de distancias nas vistas e na perspectiva cabaleira. ○ Escalas. Cálculo de escalas e medidas reais e debuxadas.
● Mecanismos:○ Máquinas simples:
■ O plano inclinado. Descrición e ecuación de equilibrio. Exercicios. ■ O parafuso. Descrición. ■ A roda. Descrición. ■ A polea. Descrición. ■ A panca. Descrición, clasificación, ecuacións de equilibrio. Exercicios.
○ Transmisión do movemento circular. ■ Ecuación equilibrio, relación de transmisión. ■ Trens de rodas de fricción, poleas, engrenaxes. ■ Exercicios.
○ Transformación do movemento. ■ Sistema porca-parafuso. Referencia ao parafuso sen fin. ■ Leva-Excéntrica. ■ Biela-Manivela. Cegoñal.
● Informática ○ Folla de cálculo. OpenOffice Calc. ○ O sistema operativo. Operacións básicas nel.
● Realización do proxecto de construción dun autómata gobernado mediante
manivela.
● Repaso das ferramentas do taller
37
● Confección da memoria do proxecto empregando técnicas informática.
● Circuíto eléctrico. A pila. Magnitudes eléctricas. Símbolos de representación.
● Transporte de corrente eléctrica.
● Acoplamento de receptores: conexión en serie, paralelo e mixtos.
● A madeira: tipos de madeira e características
2. ALUMNADO CON 3º PENDENTE
a) Alumnado que está a cursar tecnoloxía en cuarto:(os contidos subliñados son contidos que se
amplían en 4º, por tanto se recuperan nas clases de 4º).
● Electricidade Básica. ○ Definicións. Magnitudes Eléctricas (V,I,R). ○ Lei de Ohm. ○ Medición de magnitudes eléctricas. ○ Clasificación dos materiais segundo o seu comportamento fronte a corrente. ○ Tipos de corrente: Continua, Alterna e Variable. ○ Operadores eléctricos:
■ Activos. Simboloxía e descrición: ● Electroquímicos: pillas, baterías e pillas de combustible. ● Fotoeléctricos: paneis fotovoltaicos. ● Electromagnéticos: Dínamos e alternadores.
■ Pasivos Simboloxía e descrición: ● De protección e manobra: fusible, premedor, interruptor, conmutador, chave de
cruce.● Lámpadas ● LED. ● Motor ● Relé
○ Prácticas de electricidade. ● Informática:
○ Simulación de circuítos no Coco...
○ Internet: a busca de información
○ Hardware dun sistema
a) Estudio dos materiais plásticos empregados nunha vivenda (traballo de
investigación).
• Sistemas de control: elementos de entrada, control e saída dun sistema.
38
• Realización dun proxecto de construción dun automatismo gobernado mediante un
motor.
b) Alumnado que non está a cursar tecnoloxía en cuarto:
● Electricidade Básica.○ Definicións. Magnitudes Eléctricas (V,I,R).○ Lei de Ohm.○ Medición de magnitudes eléctricas.○ Clasificación dos materiais segundo o seu comportamento fronte a corrente.○ Tipos de corrente: Continua, Alterna e Variable.○ Operadores eléctricos:
■ Activos. Simboloxía e descrición: ● Electroquímicos: pillas, baterías e pillas de combustible.● Fotoeléctricos: paneis fotovoltaicos.● Electromagnéticos: Dínamos e alternadores.
■ Pasivos Simboloxía e descrición:● De protección e manobra: fusible, premedor, interruptor, conmutador, chave de
cruce.● Lámpadas● LED.● Motor● Relé
○ Prácticas de electricidade.● Informática:
○ Simulación de circuítos no Coco...
○ Internet: a busca de información
○ Hardware dun sistema
b) Estudio dos materiais plásticos empregados nunha vivenda (traballo de
investigación).
• Sistemas de control: elementos de entrada, control e saída dun sistema.
• Realización dun proxecto de construción dun automatismo gobernado mediante un
motor.
39
2. Programa de reforzo para a recuperación das materias pendentes de cursos anteriores.
O alumnado coa tecnoloxía pendente terá un seguimento semanal a través da titoría de atención a pendentes do recreo los luns. Ademais todos aqueles alumnos que sigan cursando a asignatura este ano terán unha atención especial na propia clase na que se lle irá indicando que actividades serven tamén de recuperación progresiva.
Todas as actividades que se realizarán con eles terán como obxectivo a súa avaliación e veñen indicadas no seguinte apartado.
3. Actividades de avaliación.Actividades para recuperación de 2º
Realización dun traballo sobre a madeira (ver anexo I)
Realización de exercicios de debuxo de vistas de obxectos.
Aprobado da 1ª avaliación de terceiro.
Aprobado do proxecto e da memoria da 2ª avaliación.
Aprobado do 1ª exame da 3ª avaliación.
Actividades para recuperación de 3º (alumno cursando tecnoloxía en 4º)
Realización dun traballo sobre materiais plásticos (ver anexo II)
Exercicios e exame de Hardware do ordenador.
Aprobado da 1ª avaliación de cuarto.
Aprobado dun proxecto e da súa memoria.
Actividades para recuperación de 3º (alumno sen tecnoloxía en 4º)
Traballo de investigación.
Proxecto de ovorresistencia e memoria do mesmo.
Tres exames parciais
4. Criterios para superar as materias pendentes pola avaliación continua.
A recuperación da asignatura pendente, por tanto, estará vinculada coa avaliación do curso
actual do seguinte xeito:
40
1. A superación da primeira avaliación do curso actual, dará dereito a acollerse ó plan de
recuperación por contidos progresivos (PRCP). O alumnado que se acolla ó plan poderá
recuperar a tecnoloxía pendente aprobando tamén a segunda avaliación e facendo un traballo
de investigación ou de reforzo (ANEXO II) de contidos que se lle entregará despois de Nadal.
2. En calquera caso a superación da asignatura actual e a realización dun traballo de
investigación ou reforzo (ANEXO II) fará que a asignatura pendente quede superada.
3. No caso de que non se supera a asignatura na primeira avaliación a recuperación mediante
actividades extras (ANEXO III) virá condicionada ó cumprimento dos seguintes requisitos:
1. A asistencia a clase (menos de 8 faltas sen xustificar por trimestre)
2. A participación activa e responsable tanto non traballo individual como no de
grupo (recollida diariamente no caderno da profesora)
3. A entrega puntual das actividades extras pedidas ata o momento.
4. Como excepción a estes casos teremos a aqueles alumnos que , tendo a asignatura de 3º
suspensa non collan a Tecnoloxía como asignatura en cuarto. Estes alumnos poderán acollerse
tamén a un plan de recuperación de maneira que se establecerán unha serie de actividades
extras para todo o curso, que incluirán probas escritas (ANEXO IV). A non entrega no tempo
acordado dalgunha das actividades previstas fará que este alumnado perda o seu dereito ó plan
de recuperación, quedando como única opción para eles as probas extraordinarias de maio e
setembro.
5. Como último recurso para aprobar todos os alumnos terán dereito a unha proba final no mes
de maio e outra no mes de setembro.
41
.METODOLOXÍA
A área de Tecnoloxía debe facilita-la adquisición duns hábitos intelectuais e dunhas
destrezas técnicas que lle permitan ó alumnado identificar situacións problemáticas da vida cotiá e
formular, con espírito innovador e creativo, vías posibles de solución e formas de avalia-las súas
consecuencias. Esta dualidade de "saber" e "saber facer" articula un binomio coñecemento-acción
cun peso equivalente.
Tendo en conta o antedito, proponse unha metodoloxía fundamentada en tres principios.
Por unha banda, a adquisición duns coñecementos científico-técnicos necesarios para a
comprensión e o desenvolvemento de actividades tecnolóxicas básicas. Nun segundo aspecto, a
adquisición da dimensión práctica destas capacidades ó aplicalas á análise, manipulación e
transformación de obxectos e sistemas tecnolóxicos, transcendendo o propio obxecto e
integrándoo no ámbito social e cultural da época na que foi producido. En terceiro lugar, a
posibilidade de emular procesos de resolución de problemas prácticos, a través dunha acoutada
metodoloxía de proxectos, convértese no remate do proceso da aprendizaxe da etapa e adquire a
súa misión de síntese globalizada das actividades precedentes.
Ademais de fomenta-la capacidade do alumno e da alumna para aprender por si mesmo, as
actividades de traballo en pequeno grupo e gran grupo, propician o desenvolvemento de calidades
necesarias para a futura inserción da persoa na actividade laboral.
A metodoloxía de proxectos consiste en proxectar e deseñar obxectos ou sistemas
tecnolóxicos partindo dun problema ou dunha necesidade que se pretende resolver, para pasar
despois a construír-lo proxectado e a avaliar posteriormente a súa validez. Para elo séguese un
proceso similar ó método de resolución de problemas empregado na industria, adaptándoo ás
necesidades do proceso de ensino-aprendizaxe que segue o alumnado desta etapa.
Este método aplícase de forma progresiva. Pártese dos obxectos xa deseñados e de
necesidades do entorno inmediato dos alumnos para, o longo da etapa, abordar problemas máis
complexos e analizar sistemas técnicos que resolven problemas da vida real.
As características do traballo nesta área implican a necesidade de traballar nunha aula de
tecnoloxía. Dita aula está deseñada de forma que permite o desenvolvemento das tarefas tanto
individuais como de pequeno grupo ou colectivas. Ó tempo permite a realización de tódalas
actividades relacionadas co proceso de resolución técnica de problemas: análise de problemas,
deseño de solucións, construcións destas, e comunicación dos resultados, mediante o emprego de
distintos tipos de comunicación : oral, escrita e audiovisual.
42
Para cada unidade didáctica se lle dará ó alumnado unha proposta de traballo, e para
resolvela o alumnado realiza o proceso en varias fases: deseño e planificación, fabricación da
máquina ou obxecto, elaboración dos documentos, presentación e valoración da máquina
fabricada.
A maior parte da actividade do alumnado realizase en pequenos grupos de traballo, nos que
se coidará o respecto e a cooperación.
No obstante, dada a esaxeración de contidos teóricos que contén o DCB algúns proxectos
veranse substituídos por pequenas prácticas de taller.
O profesor adquire un destacado papel como facilitador e orientador das aprendizaxes,
proporcionando recursos e guiando ó alumnado para que eles mesmos solucionen as dificultades.
As propostas de traballo serán asequibles ó alumnado. Terán, por tanto, unha formulación
sinxela tendo en conta que o máis importante é o proceso, non o fin.
Para o seguimento do traballo do alumnado se seguirán os procedementos normalizados
de traballo, de xeito que cada alumno disporá dunha libreta cuadriculada, cunha portada
normalizada, numerada e na que terá que reflexar toda-las actividades desenvolvidas durante o
curso. Entre outras características desta libreta podemos citar que non se poderán arrincar páxinas
e que se debe reflexar nela todo o traballo diario do alumnado.
43
. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
O material necesario facilitarase ó alumnado sempre que sexa posible. En caso contrario
procurarase que os materiais que se empreguen sexan asequibles, e valorarase en todo momento a
utilización de material de refugallo. Sempre se fará fincapé na necesidade de aforro de material,
valorando o emprego dos restos de material que van quedando no taller.
No traballo práctico o alumnado disporá de taboleiros de ferramentas clasificados por
funcionalidade, dous trades portátiles dispostos nun soporte de columna; operadores mecánicos,
neumáticos, eléctricos e de construción. Contamos ademais cun canón proxector sobre pizarra
branca.
Disporase tamén de operadores de unión (parafusos, cravos, alcaiatas...), madeira
contrachapeada, conglomerada, listóns de madeira de piñeiro. Este material irase repoñendo ó
longo de todo o curso.
Contamos tamén con dúas controladoras informáticas que facilitan o desenvolvemento dos
contidos de programación de sistemas de control.
O departamento fará, por tanto, un certo desembolso ó longo do curso con cargo o seu
presuposto no Centro co gallo de garantir a presencia e reposición do material necesario para o
desenvolvemento dos proxectos.
Ademais deste material será necesario dispor dunha biblioteca na aula para facilitar a busca de
información. Neste momento dita biblioteca componse dos libros de texto que as editoriais deixaron
como mostra, se ben cada ano o departamento irá incrementando dita biblioteca.
Este curso como novidade disporemos tamén dun ordenador para cada grupo de traballo, de xeito
que o alumnado poderá compatibilizar o traballo do taller co traballo informático. Non obstante
seguiremos dispoñendo dunha aula de informática reservada para as clases de tecnoloxía, durante
unha hora á semana en tódolos cursos excepto para cuarto que reservaremos dúas horas á semana.
Os libros de texto que o alumnado vai empregar son os seguintes:
Segundo curso: Tecnoloxías I. Proxecto Anfora. Editorial Oxford Educación
Terceiro curso: Tecnoloxías II. Proxecto Anfora. Editorial Oxford Educación
Cuarto curso: Tecnoloxía 4º. Proxecto Anfora. Editorial Oxford Educación
Todos eles en galego.
44
45
.PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS
Aínda que no deseño do proxecto de Tecnoloxía están presentes tódolos temas transversais,
cinco concirnen directamente ós contidos da área, e, polo tanto, son aqueles os que se lle conceden
máis importancia. Estes temas transversais son a Educación ambiental, a Educación para a saúde, a
Educación non sexista, a Educación do consumidor e a Educación para a paz.
i) EDUCACIÓN AMBIENTAL:
O tratamento da Educación ambiental na área de tecnoloxía realízase como unha
impregnación xeral de tódolos temas. O respecto á natureza, fonte das principais materias primas,
así como a valoración do impacto ambiental que produce a utilización dos recursos naturais, é una
aspecto fundamental para unha axeitada formación tecnolóxica. Seguindo ese criterio, na
presentación de tódolos procesos tecnolóxicos póñense de manifesto os problemas ambientais que
se poden producir, tanto na fase de obtención de materiais, como nas de fabricación e tratamento
de residuos.
Este enfoque non se centra exclusivamente nos grandes procesos industriais, senón que se
estende nas manipulacións habituais do alumnado na aula-taller, onde o respecto ó entorno natural
inculcase en tódolos aspectos da actividade tecnolóxica: a elección das materias primas axeitadas e
o seu aproveitamento ó máximo, a reciclaxe de materiais e obxectos para novos usos, a xeración
do mínimo de residuos, o uso racional da enerxía, etc..
ii) EDUCACIÓN PARA A SAUDE:
Contidos eminentemente prácticos da área de Tecnoloxía, tales como aqueles relativos á
resolución tecnolóxica de problemas mediante a construción de obxectos na aula taller, as técnicas
de uso de ferramentas, etc. irán acompañados dunha serie de normas para evitar os accidentes.
Este programa de prevención de accidentes parte da propia actividade de clase para despois
ser a base do estudio de seguridade no entorno laboral (en cuarto curso). En torno a este tema
central, amplíanse determinados aspectos da seguridade e hixiene no traballo, elementos de
sinalización de áreas perigosas, riscos profesionais,etc.
Outro aspecto importante relativo á Educación para a saúde centrase no estudio dos
ambientes de traballo, a súa axeitada iluminación, acondicionamento ambiental, ventilación,
extracción de sustancias nocivas, etc. O recoñecemento do entorno de traballo saudable é de gran
46
importancia para a formación do alumnado e pode ser de grande utilidade para eles cando se
integren no mundo laboral.
iii) EDUCACIÓN NON SEXISTA:
A maior presencia de persoas de sexo masculino nas actividades tecnolóxicas ó longo da
historia fai que a Educación non sexista sexa moi importante na área de Tecnoloxía.
A coeducación coidarase especialmente, tanto no uso de linguaxe neutra como na aparición de
persoas de ámbolos dous sexos nos exemplos que aparezan nas explicacións como no reparto non
discriminatorio das tarefas nas equipas de traballo na aula-taller.
iv) EDUCACIÓN Ó CONSUMIDOR:
Temas concretos de Educación para o consumo son tamén núcleos importantes da área: a
análise de obxectos, a publicidade, as leis da oferta e a demanda dos produtos, etc, son aspectos
que constitúen unha parte importante da formación do alumnado como consumidores. Estes temas
son a base dunha axeitada valoración dos produtos de consumo, baseada en criterios obxectivos,
que permitan ó alumnado diferenciar en cada produto aqueles aspectos importante, como son as
posibilidades de uso dos obxectos, a economía, a ergonomía, etc., dos triviais, como o envoltorio,
as mensaxes publicitarias, etc.
v) EDUCACIÓN PARA A PAZ:
Tódolos contidos da área enfócanse dende a perspectiva do uso pacífico dos coñecementos
e avances técnicos. Xeraranse reflexións e debates en torno a educación para a paz, a través de
temas monográficos que o alumnado terá que desenvolver.
47
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.
A principal medida de atención á diversidade será tomada mediante a metodoloxía de
traballo en grupo. Para iso escolleranse, en xeral, grupos de traballo heteroxéneos, recurrindo á
homoxeneidade soamente en tarefas moi concretas. Tratarase de ir introducindo metodoloxías de
traballo cooperativo na aula e autorregulación da aprendizaxe, de xeito que os propios alumnos se
afagan a preguntar e responder dúbidas ós seus compañeiros de grupo.
ADAPTACIÓN CURRICULAR DUNHA ALUMNA CEGA
A adaptación curricular será non significativa, adaptando unicamente os procedementos de
traballo na aula.
O material gráfico que se lle aporte ós seus compañeiros se lle adaptará unhas veces
mediante láminas en relevo e outras mediante obxectos reais.
As aplicacións informáticas que empregará serán aquelas nas que non necesite o rato para
traballar e poderá empregalas mediante un lector de pantalla de software libre. Trataremos sempre
de conseguir a súa independencia sacrificando para elo a cantidade de exercicios que poida realizar
sen axuda dos seus compañeiros.
O problema máis grave se nos plantexa na realización de tarefas no taller. Moitas das
tarefas de corte e tradeado terán que ser para elas simuladas (non reais).
4º DIVERSIFICACIÓN:
Este grupo tivo o curso pasado unha programación semellante á do grupo de referencia.
Cremos que o reparto de contidos e criterios de avaliación pode permanecer igual que o do grupo
de referencia. A diferencia estribará na metodoloxía empregada: mediante prácticas e
exemplificacións máis abundantes que serán posibles gracias ó reducido número de alumnos. En
concreto o proxecto máis importante do curso farase entorno á pneumática, en vez de electrónica,
pois estes circuítos son máis visibles e de menor complicación. Empregaremos proxectos cerrados
nos que a complicación será entender as instrucións de montaxe.
48
. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
1. Concurso de Ovorresistencia para o alumnado de 2º e 3º de ESO.(Entroido)
2.Exposición sobre os hórreos de Galicia e realización dun maio en forma de hórreo.(MAIO)
3.Visita a Santiago de Compostela co gallo da exposición de proxectos de tecnoloxía realizados
polo alumnado de toda Galicia. (segundo venres de Xuño).
4.Concurso de construción de estruturas na area par alumnado de 2º e 3º de ESO (remate das
clases): colaboración do departamento de historia no deseño de estruturas similares ás das épocas
históricas estudadas.
5.Visita á fábrica téxtil de Florentino en Lalín e o complexo mineiro.
6. Programa Vigo por dentro:
Visita á depuradora de augas do Lagares (4º ESO)
Visita á fábrica de conservas (4º ESO Tecnoloxía)
49
TECNOLOXÍAS
DA INFORMACIÓN E
DA COMUNICACIÓN
50
MATERIA DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN. 1º BACHARELATO.
.INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN.
Un dos obxectivos xerais do bacharelato pretende que se utilice con solvencia e
responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación. A competencia dixital,
desenvolvida nas etapas anteriores do ensino básico, deberá complementarse e actualizarse no
bacharelato para axudar a acadar unha competencia que lle permita ao alumnado posuír a
habilidade para empregar a tecnoloxía, as ferramentas de comunicación e/ou redes para acceder,
xestionar, integrar, avaliar, crear e comunicar, ética e legalmente, a fin de poder participar
activamente na sociedade do coñecemento.
Non debemos esquecer que a nosa actividade e a do alumnado se desenvolven nunha sociedade
globalizada, na sociedade da información, e polo tanto as tecnoloxías da información e da
comunicación (TIC) deben ser ferramentas imprescindibles para acadar unha participación activa
coas cales debemos traballar en todas as áreas, tanto do currículo coma da vida, sen restrinxir o seu
uso a esta materia. As novas tecnoloxías dixitais deben axudar a crear novos ámbitos de
aprendizaxe nos cales as alumnas e os alumnos se sintan máis motivados e comprometidos,
asuman maiores responsabilidades sobre a súa propia aprendizaxe e poidan construír con maior
independencia os seus propios coñecementos.
Deberán moverse nun ámbito rico en información, ser capaces de analizar e tomar decisións, e
dominar novos ámbitos do coñecemento nunha sociedade cada vez máis tecnolóxica. Deberán
converterse en estudantes de por vida, colaborando con outras persoas para realizar tarefas
complexas e utilizando de modo efectivo os diferentes sistemas de representación e comunicación
de coñecemento.
As TIC constitúen unha ferramenta decisiva para axudar o alumnado a acceder a vastos recursos de
coñecemento, a colaborar con outras compañeiras e compañeiros, consultar a persoas expertas,
compartir coñecemento e resolver problemas complexos, representar e expresar as súas ideas e as
súas inquedanzas en diferentes formatos (textual, sonoro, icónico e audiovisual...) e a través de
diferentes dispositivos.
Para realizar esta programación compre ter en conta que a maioría do alumnado de 1º de
bacharelato provén de outros institutos e colexios concertados da zona e os seu coñecementos e
manexo das TIC é moi diverso. Isto fai difícil realizar unha programación sen facer unha pequena
51
avaliación inicial. Por tanto esta programación será moi aberta e irase pechando a medida que
coñezamos ó alumnado.
.OBXECTIVOS
O ensino de tecnoloxías da información e da comunicación terá como obxectivos o
desenvolvemento das seguintes capacidades:
1. Coñecer e empregar os recursos e posibilidades que as TIC poden ofrecer para unha aprendizaxe
ao longo da vida.
2. Ser quen de demostrar un pensamento creativo, construíndo coñecemento e desenvolvendo
produtos innovadores, empregando as TIC.
3. Empregar medios e ámbitos dixitais para comunicarse e traballar en rede, para obter, avaliar e
usar información, e para apoiar a aprendizaxe individual e contribuír á aprendizaxe doutros.
4. Desenvolver e usar habilidades de pensamento crítico para planificar e conducir unha
investigación, administrar proxectos, resolver problemas e tomar decisións informadas usando
ferramentas e recursos dixitais apropiados.
5. Poñer en práctica condutas éticas e legais e entender os asuntos humanos, culturais e sociais
relacionados coa tecnoloxía.
6. Acadar un entendemento axeitado dos conceptos, sistemas e funcionamento da tecnoloxía;
adquirindo unha formación ética, mediante un exercicio constante de reflexión e práctica
democrática ante o uso das TIC.
7. Adquirir un coñecemento global e contextualizado, integrando as aprendizaxes, relacionándoas
cos contidos curriculares das diversas áreas e materias, asumíndoas de maneira que sexan
transferibles e aplicables en diversas situacións e contextos de ensino-aprendizaxe a través das
TIC.
8. Aprender a convivir, participando activamente nun mundo globalizado, interrelacionado e
cambiante.
.CONTIDOS
As TIC: fontes de información.
-A información: concepto e análise.
-Fluidez informacional: accesibilidade da información e accesibilidade á información.
52
-Fontes e medios de información. A internet: buscadores, xornais dixitais, boletíns e grupos de
novas, webs temáticas, sindicación de contidos (RSS), etc.
-Análise dos contextos onde se dan as mensaxes e a información.
-Análise e evolución dos diferentes formatos e das diferentes mensaxes á hora de transmitir
información.
-Recoñecemento das diferentes mensaxes que se transmiten.
-Interconexión e relación entre as diferentes modalidades de transmisión de información e o
emprego de diferentes dispositivos.
-Emprego de diferentes representacións audiovisuais á hora de crear e transmitir información e
coñecemento propio.
A información: fonte de coñecemento.
-O coñecemento previo como xerador de novas ideas, produtos ou procesos.
-Estratexias de busca de información en redes telemáticas. Recursos para a súa selección,
almacenamento e reutilización, e como medio para xerar e ampliar coñecementos: directorios de
recursos, motores de busca e metabuscadores.
-Procesamento de datos e presentación de resultados: bases de datos, follas de cálculo,
presentacións, mapas conceptuais, técnicas de edición audiovisual etc.
-As técnicas e ferramentas para a publicación, comunicación e difusión de información e
coñecemento: ferramentas web 2.0 (blogs, wikis, redes sociais, marcadores, videoblogs,
fotoblogs...) mashup e futuras evolucións. Estándares de publicación. Accesibilidade da
información.
-A colaboración como medio para analizar e seleccionar información e crear coñecemento: o
traballo en rede (wikis, webquests, buscas de tesouros, etc.) Acceso a recursos e plataformas de
intercambio de información e coñecementos: plataformas de aprendizaxe colaborativa.
-O traballo propio e orixinal como medio de expresión persoal ou de grupo.
Cidadanía dixital.
-Tendencias e posibilidades das TIC. A evolución da sociedade fronte á evolución tecnolóxica.
-Actitude positiva fronte ao uso da tecnoloxía para apoiar a colaboración, a aprendizaxe e a
produtividade.
-Aprendizaxe ao longo da vida: a aldea global.
Funcionamento da tecnoloxía e conceptos.
-Os sistemas tecnolóxicos. Internet, TDT, sistemas operativos, dispositivos, evolución, conexións
(wi-fi, wimax, bluetooth…) e futuras evolucións.
53
-Selección e uso de aplicacións de forma efectiva e produtiva. Ética, legalidade, accesibilidade e
usabilidade das ferramentas. Tipos de licenzas de uso e distribución. Utilización crítica e
responsable de información e software.
-Adquisición de hábitos orientados á protección da intimidade e á seguridade persoal na
interacción en contornos virtuais.
.CRITERIOS DE AVALIACIÓN.1. Identificar e seleccionar información para construír e crear o seu propio coñecemento cos
medios axeitados
Preténdese identificar e avaliar se o alumnado é capaz de buscar e analizar información para
acadar un nivel de coñecemento superior. Valorarase así mesmo a capacidade de coñecer como se
produce a procura de información, os métodos de investigación, o emprego de recursos para
chegar a crear coñecemento.
2. Empregar as tecnoloxías da información para crear coñecemento a partir de compartir e
comunicar as súas ideas en grupo.
Este criterio pretende avaliar o coñecemento e o emprego das redes de comunicación á hora de
expoñer e traballar con outros, ser capaz de compartir, chegar a conclusións.
3. Analizar a influencia dos medios no desenvolvemento da sociedade da información e na vida
cotiá.
Este criterio pretende avaliar a visión crítica que ten o alumnado á hora de analizar, avaliar e
valorar a importancia dos medios tecnolóxicos no desenvolvemento da sociedade en xeral e da
influencia que ten na súa vida cotiá.
4. Identificar as responsabilidades no emprego da información e das tecnoloxías.
Este criterio pretende avaliar o sentido ético á hora de crear e difundir información a través de
diferentes medios e producida con diferentes ferramentas.
5. Analizar as diferentes mensaxes que recibimos a través de diferentes medios e formatos,
identificando a súa intencionalidade e usabilidade de cara a ter unha opinión obxectiva do mundo
que nos rodea.
Mediante este criterio preténdese comprobar que o alumnado é quen de ser crítico á hora de
identificar e analizar as diferentes mensaxes que nos chegan a través do mundo audiovisual.
6. Seleccionar de xeito eficaz e eficiente as ferramentas que se empregarán no desenvolvemento
das tarefas.
54
Con este criterio preténdese comprobar a idoneidade no emprego das diferentes ferramentas que
teñen ao seu alcance á hora de buscar, filtrar, analizar e almacenar información, e á hora de
producir e crear as súas propias mensaxes.
7. Crear e elaborar produtos orixinais empregando as TIC.
Preténdese avaliar a capacidade de elaboración de materiais propios por parte do alumnado,
tendo en conta aspectos éticos, legais e accesibles como base á hora de crear e compartir
coñecemento.
.MÍNIMOS ESIXIBLES
Como toda programación basada nos decretos de currículum esta que estamos a realizar xa
é unha programación de contidos mínimos así que o que faremos neste apartado será concretar ó
máximo os criterios de avaliación:
1. Crear e elaborar contidos dixitais mediante unha wiki.
2. Crear e retocar imaxes cun programa de retoque fotográfico..
3. Elaborar enquisas e facer o tratamento de datos das mesmas cunha folla de cálculo.
4. Editar unha liña de tempo de audio, introducindo voz, sons...etc.
5. Facer a enmaquetación dun vídeo.
6. Enmaquetar unha páxina para unha revista impresa.
7. Facer análises das diferentes mensaxes que recibimos a través de diferentes medios e
formatos, identificando a súa intencionalidade e veracidade de cara a ter unha opinión
obxectiva do mundo que nos rodea.
8. Manexar a plataforma de e-learning Aula Cesga
9. Manexar algunha rede social e analizar a transmisión de datos personais que se comparten
na rede.
10. Analizar as diferentes fontes e medios de información:A internet: buscadores, xornais
dixitais, boletíns e grupos de novas, webs temáticas, sindicación de contidos (RSS), etc.
.TEMPORALIZACIÓN:
No primeiro trimestre empezaremos facendo un repaso da suite ofimática a fin de unificar
os coñecementos do alumnado. Ademais faremos a análise dos tipos de software.
55
Centrarémonos despois na posta en marcha da revista escolar, o que suporá que
incidiremos nas ferramentas da web 2.0 e no coñecemento da plataforma de aprendizaxe Aula
Cesga .
No segundo trimestre nos centraremos na edición de audio e vídeo e no retoque fotográfico.
Na terceira avaliación estudaremos as técnicas de enmaquetación e analizaremos os
diferentes sistemas tecnolóxicos.
En todos os trimestres intercalaremos traballos nos que se analizará a repercusión das TIC
na sociedade e faranse análise dos diferentes fontes e medios de información.
.CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
As calificacións desta asignatura realizarase como media da nota de cada un dos traballos
que o alumnado realice na aula. Cada traballo terá unha ponderación determinada, que o alumnado
coñecerá previamente e que dependerá principalmente da dificultade do traballo e do tempo que lle
adiquemos en clase.
Soamente se empregarán exames no caso dos alumnos que non entreguen os traballos na
data especificada. Cando os traballos non entregados na data superen o 40 % dos realizados entón
o alumno terá que facer un exame global da avaliación, que será fora do horario escolar. Se os
traballos entregados son menos do 40% entón farase un exame parcial da avaliación.
Para a recuperación dunha avaliación suspensa se establecerán diferentes pautas segundo o
tipo de traballos que o alumno realizase mal. Bastará con aprobar a seguinte avaliación se os
traballos mal realizados fan referencia os contidos progresivos, pero terá que facer un exame no
caso contrario.
Para promocionar o curso bastará con ter aprobadas as tres avaliacións ou ben que a media
da nota das tres avaliacións sexa superior a un 5.
. CRITERIOS DE PROMOCIÓNOs criterios de promoción serán os axustados á lei.
. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
A metodoloxía empregada será construtivista, de tal xeito que o alumnado sexa quen de
adquirir por si mesmo o seu coñecemento. O profesor soamente será un mediador deste, e estará
para guiar e supervisar o traballo realizado polo alumnado. Todo o traballo plantéxase de maneira
que cada alumno traballe co seu ordenador e se comunique co resto da clase mediante este.
56
Deste xeito o alumnado será o verdadeiro protagonista do seu aprendizaxe, realizando
lecturas, recompilación de información, análise e sínteses da mesma ata chegar as súas propias
conclusións.
.MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
O recurso didáctico imprescindible é o ordenador, razón esta polo que cada alumno debe
posuír un ordenador propio na aula para poder realizar o traballo completo. Ademais contamos
cun portátil (do departamento) e un canón preinstalado na aula.
O software empregado será completamente libre. O sistema operativo é GNU-ĹINUX, en
concreto a distribución Ubuntu.
Para a comunicación co alumnado, a recollida de traballos e a entrega de documentos,
ligazóns, exercicios... empregaremos a plataforma de e-learning Aula Cesga, na que temos
rexistrado un curso.
Dada a natureza desta asignatura non imos empregar ningún libro de texto, pois toda a
información necesaria para as clases obtémola na rede Internet completamente actualizada, e serán
os propios alumnos os que sinteticen a información e constrúan o seu coñecemento.
Empregaremos tamén a cámara de vídeo e a de fotos . Se o presuposto nolo permite
dotaremos ó departamento de polo menos cadansúa cámara e mais dunhas s cámaras web para a
simulación das ferramentas de video-conferencia.
.PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS
Como un dos obxectivos da asignatura é o desenvolvemento e uso de habilidades de
pensamento crítico e a adquisición dun coñecemento global e contextualizados mediante a análise
da información que ofrecen os medios de comunicación e información, este será o punto para tratar
os temas transversais: escoller novas relacionadas cos temas transversais das que faremos análises
completas. A programación destes temas non estará temporalizada senón que a adaptaremos ós
temas de actualidade e as diversas conmemoracións que se fan no centro (día da Constitución, día
da Paz...).
. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
57
Non se prevé a existencia de alumnado con necesidades educativas especiais , así que as
medidas de atención que se plantexan serán xenéricas, de xeito que si na avaliación incial
atopamos algunha necesidade especial a incluiremos posteriormente na programación.
A metodoloxía didáctica antes plantexada permite unha verdadeira atención a diversidade:
o profesor está na aula como mediador do coñecemento, de maneira que axudará ó alumnado con
máis dificultades para adquirir o seu propio coñecemento. Ademais o alumnado ten a posibilidade
na casa de facer consultas colectivas no foro de Aula Cesga a todos os compañeiros e consultas
individuais ó profesor mediante o correo electrónico.
.ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS
Estas son as actividades plantexadas dende un primeiro momento, pero nos gustaría poder
levar ó alumnado a algunha conferencia ou exposición relacionada co currículum que poida haber
en Vigo e que neste momento non temos coñecemento.
1. Creación dunha revista escolar dixital e impresa . Dita revista realizarase de forma dixital
durante o curso e na última avaliación faremos un número especial impreso para repartir a todo o
alumnado ó final de curso.
2. Visita á Faro de Vigo (1º Bacharelato TIC).
3. Visualización de, polo menos tres películas relacionadas co mundo das TIC.
Os membros do departamento:
Peregrina Pintos Testa
Xefa de departamento
César Sánchez Bouzán
58