63
Curso 2017 - 2018 PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP ISAAC PERAL

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

  • Upload
    dophuc

  • View
    221

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Curso 2017 - 2018

PROGRAMACIÓN

XERAL ANUAL

CEIP ISAAC PERAL

Page 2: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 1

ÍNDICE

1. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO CENTRO PARA ESTE CURSO ............ 2

2. ORGANIZACIÓN DO CENTRO ............................................................ 4

2.1 ESTRUCTURA ORGÁNICA DO CENTRO. ........................................................ 4

2.2 CADROS DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA.................................................. 5

2.3 ORGANIZACIÓN DO PERSONAL NON DOCENTE ........................................... 8

3. FUNCIONAMENTO DO CENTRO......................................................... 8

3.1 PLAN DE ACTUACIÓN DE:

3.1.1. Órganos de goberno: unipersonales e colexiados.................... 8

3.1.2. Órganos de coordinación docente .......................................... 8

3.1.3. Departamento de Orientación ............................................... 9

3.1.4. Dinamizacións. .................................................................... 11

3.2 HORARIOS:

3.2.1 Xornada escolar ................................................................... 16

3.2.2 Criterios pedagóxicos de elaboración de horarios ................... 16

3.2.3 Horarios de cursos ............................................................... 17

3.2.4 Quendas de recreos .............................................................. 17

3.2.5 Horariosde atención ao público. ............................................... 17

3.3 ESTATÍSTICA DE PRINCIPIO DE CURSO. ..................................................... 19

3.4 INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO: SITUACIÓN EUTILIZACIÓN. .................... 19

3.5 LIBROS DE TEXTO E OUTROS MATERIAIS CURRICULARES. ....................... 21

4. ACTIVIDADES DO CENTRO:

4.1 ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS .............................................................. 25

4.2 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ................................................................ 26

5. SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

5.1 COMEDOR ...................................................................................................... 30

6. PROGRAMAS E FORMACIÓN:

6.1 PROXECTOS DE FORMACIÓN E GRUPOS DE TRABALLO DO PROFES. ....... 31

7. PLANS E PROXECTOS

7.1 PLAN DE POTENCIACIÓN DA LINGUA GALEGA ................................ 31

7.2 PLAN DE AUTOPROTECCIÓN DO CENTRO ....................................... 32

7.3 Outros: PLAMBE, PROXECTO ABALAR,PROXECTO DIXGAL … ........ 32

8. RELACIÓNS DO CENTRO COAS FAMILIAS EA COMUNIDADE .............. 32

9. PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO- PROPOSTAS DE MELLORA. 33

10. PROCEDIMENTOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN XERAL........... 34

11. APROBACIÓN DA PXA. .................................................................... 35

12. ANEXOS ......................................................................................... 36

Page 3: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 2

1. OBXECTIVOS DO CENTRO PARA ESTE CURSO: MEDIDAS E

RECURSOS.

OBXECTIVOS XERAIS

1. Velar pola boa organización e funcionamento do Centro, utilizando os

recursos materiais e humanos dispoñibles.

1.1 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

DE CARÁCTER XERAL

1. Mellorar as infraestruturas do Centro.

2. Cumprir as normas básicas de convivencia do Centro.

3. Promover unha boa coordinación pedagóxica entre o profesorado e os

distintos equipos, así como unha boa relación con toda a comunidade

educativa e con todas as institucións coas que nos relacionamos.

DINAMIZACIÓN DO CENTRO

1. Favorecer a planificación e organización das distintas actividades xurdidas

no ámbito da biblioteca escolar, normalización lingüística, equipo das Tics e

convivencia …

2. Organizar e desenvolver actividades complementarias ao longo do curso.

3. Seguir mellorando a xestión dos espazos de uso compartido: ludoteca, usos

múltiples, psicomotricidade, pavillón...

4. Optimizar o funcionamento dos diferentes recursos didácticos.

TIC

1. Aumentar o grao de informatización dos datos do Centro a través de

Xadeweb e do programa de Xestión de Bibliotecas “MEIGA”

2. Aumentar a implicación do profesorado na xestión informática dos datos

académicos que competen ao seu alumnado.

3. Fomentar os usos das novas tecnoloxías nas aulas (Proxecto Abalar)

4. Profundizar no uso dos libros dixitais: Proxecto E-DIXGAL

5. Manter e ampliar os contidos da páxina web do centro.

Page 4: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 3

ORIENTACIÓN

1. Desenvolver medidas de atención ao alumnado con necesidades educativas

especiais, ou con necesidade de reforzo educativo.

2. Favorecer a integración de alumnos e alumnas procedentes doutros

colexios.

3. Previr o acoso escolar.

4. Levar a cabo o proxecto “recreos saudables”

PLANS, PROXECTOS E PROGRAMACIÓNS

1. Revisión dos Plans e Proxectos xa vixentes

2. Revisións e actualizacións das programacións.

1.2 MEDIDAS

1. Elaboración dos distintos horarios de atención ao alumnado.

2. Distribución do profesorado nos distintos órganos de

participación e coordinación. Unha vez constituídos, elaborarán

e desenvolverán os plans respectivos.

3. Reunión dos Equipos de Dinamización, de Actividades

Complementarias e da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Ademais dos equipos encargados da elaboración dos diferentes

proxectos.

4. Información aos pais/nais para que a súa colaboración co

centro reverta nunha mellora educativa para os seus fillos/as.

1.3 RECURSOS

1. A normativa vixente en canto a organización e funcionamento do

centro nos diferentes aspectos.

2. O currículo de Infantil e Primaria

3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería,

ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións.

4. As asignacións orzamentarias da Consellería de Educación e

O.U.

5. O XADE web, o programa MEIGA e a nosa páxina web.

6. A plataforma dixital EVA

Page 5: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 4

ORGANIZACIÓN DO CENTRO

2.1 ESTRUCTURA ORGÁNICA DO CENTRO

Profesorado

Lingua Inglesa Lingua Francesa Educación Física Educación Musical Audición e Linguaxe Pedagoxía Terapéutica Relixión Católica

Page 6: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 5

2.2 CADROS DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA

ED

UC

AC

IÓN

INF

AN

TIL

3 anos A Vanesa Arias Penín

3 anos B Rosa Anido Abeledo

4 anos A Ángeles Romero Abad

4 anos B Ángela Pérez Ruíz

5 anos A Nieves López Feal

5 anos B Soledad Castro Campelle

Apoio Manuela T. Allegue Pérez

Apoio - Coord ciclo Margarita Martínez Bouza

ED

UC

AC

IÓN

PR

IMA

RIA

1º A Ana Trastoy Cuba

1º B Mª Amalia Fontes Rey

2º A Fernando García Fernández

2º B José Luis Sánchez Bouzán

3º A Mª Dolores López Espiñeira

3º B Mª Dalia Abella Pérez

4º A Mª Gloria Martínez Quintián

4º B Rosario Martínez Seijido

5º A Mª Virtudes Pérez Corral

5º B Mª Pilar Rodríguez Carrasco

6º A Mª Isabel Cajide Pedreira

6º B Eloísa Sánchez Díaz

Educación Física José Luis Docampo Amoedo

Mª Virtudes Pérez Corral (Titora)

Lingua Estranxeira

Inglés Raúl Bugallo Lago

Marta López Díaz

Francés Rosario Mª Martínez Seijido (Titora)

Educación Musical Nuria Calvo Pérez

Orientadora Esperanza González Pino

Pedagoxía Terapéutica Delfina Fernández Piñeiro

Pedagoxía Terapéutica Mª Teresa Castiñeira Chouza

Pedagoxía Terapéutica Ana Isabel Seage Breijo

Audición e Linguaxe Paula Fernández García

Ensinanza Relixiosa Mª Leonor Janeiro Lombos

Equipo Directivo

Directora Mª José Piñeiro Abeledo

Xefe de Estudios Esperanza González Pino

Secretaría Manuela Allegue Pérez

Page 7: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 6

GRUPOS

COMISIÓN DE COORDINACIÓN

PEDAGÓXICA

Directora Mª José Piñeiro Abeledo Coord.

Xefe de Estudios e Orientadora Esperanza González Pino

Secretaria - E. Infantil Manuela Allegue Pérez

Coordinadora de E. Infantil Margarita Martínez Bouza

Primaria (Normalización Lingüística) Mª Virtudes Pérez Corral

Primaria (Dinamización da Biblioteca) José Luis Docampo Amoedo

Primaria (Extraescolares) Marta López Díaz

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

E. Infantil Nieves López Feal

E.Primaria Mª Amalia Fontes Rey

E.Primaria Rosario Mª Martínez Seijido

E. Primaria Nuria Calvo Pérez

E.Primaria Mª Virtudes Pérez Corral Coord.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Orientadora Esperanza González Pino Coord.

Prof. de Pedagoxía Terapéutica Delfina Fernández Piñeiro

Prof. de Pedagoxía Terapéutica Mª Teresa Castiñeira Chouza

Prof. de Pedagoxía Terapéutica Ana I. Seage Breijo

Prof. de Audición e Linguaxe Paula Fernández García

E. Infantil Margarita Martínez Bouza

DINAMIZACIÓN BIBLIOTECA

E. Infantil Vanesa Arias Penín

E.Primaria Fernando García Fernández

E.Primaria Dalia Abella Pérez

E.Primaria Mª Dolores López Espiñeira

E.Primaria José Luis Docampo Amoedo Coord.

E.Primaria Mª Isabel Cajide Pedreira

Xestión da Biblioteca Mª Leonor Janeiro Lombos

Ana Trastoy Cuba

DINAMIZACIÓN TICS

E Infantil Manuela Allegue Pérez

E. Primaria Mª José Piñeiro Abeledo Coord.

Biblioteca Vanesa Arias Penín

Normalización Rosario Mª Martínez Seijido

Normalización Mª Virtudes Pérez Corral

EQUIPO DE ACT. COMPLEMENTARIAS

/ EXTRAESCOLARES

Directora Mª José Piñeiro Abeledo

Xefa de Estudos Esperanza González Pino

Secretaria - E. Infantil Manuela Allegue Pérez

E. Infantil Margarita Martínez Bouza

Esp.Inglés Marta López Díaz Coord.

Prim (Biblioteca) José Luis Docampo Amoedo

Prim. (Normalización) Mª Virtudes Pérez Corral

Page 8: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 7

EQUIPOS DE CICLO E COORDINACIÓN

ED

UC

AC

IÓN

INF

AN

TIL

3 anos A Vanesa Arias Penín

3 anos B Rosa Anido Abeledo

4 anos A Ángeles Romero Abad

4 anos B Ángela Pérez Ruíz

5 anos A Nieves López Feal

5 anos B Soledad Castro Campelle

Apoio Manuela T. Allegue Pérez

Apoio - Coord ciclo Margarita Martínez Bouza

2.3 ORGANIZACIÓN DO PERSONAL NON DOCENTE

O centro dispón do seguinte persoal non docente:

Auxiliar Administrativa

o Inés Seijas Torres

Horario: 8:30 a 14:00

16:00 a 18:00

Persoal laboral coidadora:

o Mª Mar García Ramonde: 9:00 h – 14:00 h

Persoal laboral subalterno

o José Castro Santana

o Emilia Puentes Teijeiro / J. Adela Vilariño Filgueiras

Horario: 9:00 a 14:00

16:00 a 18:30

Persoal laboral limpeza

o Cecilia López Martínez: 14:00 a 21:30 h

o Mª del Mar Iglesias Díaz: 14:00 a 21:30 h

o Mª de la Luz Cercido Díaz: 6:30 a 14:00 h

Estes horarios serán flexibles axustándoos sempre ás necesidades do

centro.

Page 9: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 8

2. FUNCIONAMENTO DO CENTRO

3.1 PLAN DE ACTUACIÓN DE

3.1.1. ÓRGANOS DE GOBERNO: UNIPERSONALES E COLEXIADOS

3.1.2. ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE

ÓRGANOS PLAN DE ACTUACIÓN

ÓRGANOS DE

GOBERNO

Equip. directivo:

director, xefa estudos,

secretaria

- Dirixir e coordinar a actividade, organización e economía do centro.

Consello escolar - Participar na xestión do centro e decidir

sobre os aspectos non docentes.

Claustro - Planificar, coordinar e decidir sobre os

aspectos docentes.

ÓRGANOS DE

COORD. DOCENTE

Equipo de ciclo (E. Infantil)

- Coordinar toda a actividade do ciclo.

- Organizar e desenvolver as ensinanzas propias do ciclo.

CCP - Revisar e coordinar as programacións e

proxectos.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

- Fomentar o uso do galego a nivel do profesorado, en todos os actos académicos.

- Aumentar a competencia do alumnado no uso do galego.

- Acadar unha axeitada competencia en galego ao remate da etapa

Equipo de act. complementarias e extraescolares

- Coordinar todo tipo de actividades complementarias e extraescolares do centro.

Page 10: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 9

3.1.3. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN – PLAN ANUAL

Obxectivos previstos

O departamento de orientación, ademais dos obxectivos propostos no Plan

de orientación do centro, este curso vai traballar na liña de mellora das

condicións do alumnado no patio do recreo, no seu tempo de lecer, intentando

axudar na concienciación da comunidade educativa en canto a convivencia e

resolución pacífica de conflitos, liña que iniciamos o ano pasado co traballo de

PREVENCIÓN DO ACOSO.

Este curso iniciamos un proxecto dende o departamento cos seguintes

obxectivos:

Cooperación entre iguais

Inclusión do alumnado con necesidades no patio

Respecto e autorregulación: aprendizaxe de normas e límites a través

dos xogos no patio de recreo.

Consolidar hábitos saudables.

Acabar coas actitudes sexistas nos xogos.

O proxecto trata de converter o patio de recreo nun lugar saudable, onde o

xogo permita relacionarse ao alumnado de forma axeitada e que permita a

diversidade de xogos.

A proposta a levar adiante é:

Establecer un proxecto de patio saudable onde a diversidade de opcións

no xogo sexa o que prime. Regular a través do xogo as condutas

inapropiadas debería ser o nos obxectivo no patio.

Formación tanto das familias como do profesorado de como detectar un

acoso/actitudes inapropiadas que impidan ou sexan contrarias á

convivencia pacifica.

Asegurarnos de que nos grupos non existan alumnos/as illados usando

ferramentas como a elaboración de sociogramas a principio de curso e

ao final para a detección das necesidades da aula e intervención dende

a titoría, así como para avaliar as medidas tomadas.

Page 11: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 10

1. Referidos ao profesorado

O departamento quere con este proxecto apoiar a función titora:

Proporcionando os apoios necesarios que permitan levar adiante o

programa proposto para o tempo de lecer

Aportando todo tipo de recursos para que o seu alumnado sexa autónomo

nos xogos, se reduzan os conflitos que inciden nas titorías de xeito

negativo e na convivencia dentro e fóra da aula.

Participar no traballo a nivel de titoría cara á cohesión dos grupos a través

das diferentes propostas de xogos cooperativos.

2. Referidos ás familias

Favorecer a confianza no centro promovendo a resolución pacífica de

conflitos e ilusionando ás familias cos proxectos de convivencia do centro.

Facilitar a comunicación coas familias para que sexan capaces de detectar

situacións de acoso.

Integrar as familias no centro tamén nos tempos de recreo compartindo

tarefas de pintado do patio de recreo e outras colaboracións que poidan

ser aproveitadas para acadar os obxectivos propostos.

Traballar para superar actitudes que leven a calquera tipo de exclusión.

3. Referidos ao alumnado

Detección das dificultades de relación que crean conflitos entre o

alumnado e tomar decisións cara á súa resolución.

Elaborar actividades de reforzo para o alumnado que ten menos

habilidades sociais para relacionarse no patio de recreo.

Fomentar no alumnado valores de colaboración e inclusión.

Traballar para superar as actitudes machistas tanto na linguaxe como nos

xogos.

Fomento das titorías entre iguais e da mediación.

Formación do alumnado para que

Detecte situacións de acoso se as houbera

Saiba resolver de forma autónoma os seus conflitos

Page 12: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 11

4. Referidas ao equipo directivo:

Colaborar na mellora da formación dos membros do claustro.

Establecer as propostas de mellora dos plans.

Seguimento do plan de atención a diversidade.

5. Referidos á organización do departamento

Intentaremos este curso que o DO sexa o dinamizador da prevención do

acoso escolar sabendo que este é o reto máis delicado que temos as

escolas, polo sufrimento que acarrea para quen o padece.

Intentaremos facer todo o que está nas nosas mans para o traballo na

prevención do mesmo.

Continuaremos traballando na liña iniciada no curso pasado no traballo

coordinado co profesorado/familias/relacións con organizacións externas se fora

preciso, na prevención e detección do acoso escolar tratando de rebaixar o nivel

de violencia de calquera tipo a través de programas de convivencia e prevención

do mesmo.

Colaboración cos distintos grupos

Colaboraremos coa biblioteca para levar adiante medidas como:

• Realizar lecturas nos plans lectores encamiñadas ao fomento de

hábitos de tolerancia e respecto

E co equipo de dinamización da lingua galega:

• co traballo da radio escolar

• coa recuperación de xogos tradicionais galegos

Para levar adiante este proxecto, solicitamos a colaboración do resto dos grupos

que traballan no centro e das familias, establecendo diferentes actividades para

entre todos nós conseguir o mellor dos patios do recreo para o noso centro.

Page 13: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 12

DINAMIZACIÓNS

DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA

A biblioteca debe ser o eixo vertebral das liñas de actuación que se leven a

cabo no Centro. En coordinación cos outros equipos desenvólvense as

actividades programadas no proxecto: “FERROLEANDO POLOS MARES”, coa

determinación de achegar este tema ao alumnado e afondar na súa realidade.

O obxectivo xeral é: APRECIAR A IMPORTANCIA DA ACTIVIDADE MARÍTIMA.

Ademais doutros como:

Coñecer as orixes de Ferrol e os seus primeiros asentamentos.

Situar xeograficamente Ferrol e bisbarra: rías, poboacións, etc.

Coñecer a orixe histórica da actividade naval.

Coñecer o desenvolvemento dos estaleiros civís e militares.

Descubrir oficios desaparecidos.

Relacionar a música e o mar.

Coñecer outros movementos musicais.

Descubrir lendas propias de Ferrolterra.

Ademais de outros relacionado co proxecto en si, como:

- Mergullarnos na lectura de textos coa temática relacionada coa situación

xeográfica da cidade, a historia política, social e cultural.

- Crear relatos como pode ser inventar lendas seguindo os modelos das

lidas.

- Crear un novo itinerario lector de libros relacionados coa cidade de Ferrol,

a súa ría, a súa música.

- Desenvolver actividades e xogos a partir das súas lecturas.

Por outra banda, o equipo da biblioteca pretende levar a cabo:

- Adquisición das competencias lingüísticas enfocado á formación do alumnado

no uso crítico da información e nos hábitos lectores. Mediante:

Presentación nas aulas de todas as novidades adquiridas para a

biblioteca.

Page 14: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 13

Contacto con autores e persoeiros.

Lecturas individuais ou en grupo dos textos fixados no itinerario lector.

Lectura a través da rede.

- Contribuír ao acceso á información e outros recursos para a mellora da

calidade tanto de aprendizaxe como de ensinanza do noso alumnado e

profesorado, respectivamente.

- Organizar coma todos os cursos, a apertura da Biblioteca, mergullándonos no

mundo da igualdade.

- Organizar as actividades do mundo das letras: Día do Libro, Poesía, Teatro…

- Facer propostas e aportar os recursos as titorías para a celebración doutras

conmemoracións importantes como: Día da Muller Traballadora, Dereitos da

Infancia, Dereitos Humanos… co fin de unificar criterios en torno ao proxecto.

DINAMIZACIÓN DAS TICS

Iniciamos no curso 11 – 12 o gran salto no noso centro sobre a implantación das

TIC coa nosa incorporación ao Proxecto Abalar nas aulas de 5º de Primaria. Dende aquela

continuamos o noso camiño de introdución das novas tecnoloxías con:

Aulas abalar en 5º e 6º de Primaria (curso 12-13)

Proxecto experimental de libros dixitais E-DIXGAL en 5º de Primaria (curso 14-

15)

Dotación nas aulas de infantil de ordenadores, proxectores e pantallas.

Os obxectivos fixados para o presente curso son:

1. Fomentar das TICs en todos os niveis educativos.

2. Elaborar os perfis competencias de todos os niveis relativos á Competencia Dixital

3. Ir completando paulatinamente a dotación TIC das aulas (pizarras dixitais)

4. Promover a formación nas TICs do profesorado.

5. Continuar co proxecto DIXGAL de uso dos libros dixitais en 5º e 6º de Primaria

Page 15: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 14

DINAMIZACIÓN DA CONVIVENCIA

OBXECTIVOS ACTIVIDADES

COIDAMOS

O

ENTORNO

- Manter o noso espazo no

colexio e no patio limpo e

confortable

- Diminuír o nivel de ruído

nas saídas e entradas.

- Mellorar o autocontrol como

grupo.

- Evitar que corran nos

corredores.

- PATRULLA VERDE

- Responsables somos todos.

- Información ás familias.

COIDAMOS

DE NÓS

MESMOS

- Desenvolver hábitos

saudables alimenticios,

hixiénicos e de prevención

de riscos

- Fomentar a autonomía dos

alumnos nas filas, de xeito

que accedan ao colexio

prescindindo dos

acompañantes

- XOVES , FROITA, VENRES

BOCADILLO

- Autoprotección nas posibles situación

perigosas.

- Prevención de riscos: Desaloxo do centro

- Protocolo para as aulas con alumnado

alérxico ou intolerante a algún alimento

- Información as familias sobre as vantaxes

de fomentar a autonomía do alumnado

nas entradas e saídas para a boa

organización das actividades do Colexio.

- Traballo co alumnado sobre os diferentes

aspectos da súa autonomía persoal:

mochilas, puntualidade, entradas...

- PLAN DIRECTOR PARA A

CONVIVENCIA E MELLORA DA

SEGURIDADE NOS CENTROS

EDUCATIVOS E NOS SEUS

CONTORNOS

COIDAMOS

DAS

NOSAS

RELACIÓNS

- Intentar a integración do

alumnado durante o recreo,

respectando as diferenzas

- Potenciar as actividades de

mediación para a resolución

de conflitos

- PROGRAMA TEI en E. Infantil e Primaria

- Ludoteca

- Aprende a resolver os teus propios

problemas

- Proxecto: PATIO SAUDABLE: “Xogos no

patio”

Page 16: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 15

PROGRAMA TEI: Participamos dende o curso 16-17 no Programa TEI,

programa de convivencia que implica a toda a comunidade educativa.

O seu obxectivo é mellorar a integración escolar e traballar por unha escola

inclusiva e non violenta. Está dirixido á mellora do clima do centro respecto

á convivencia, conflito e violencia. Baséase na titorización emocional entre

iguais onde o respecto, a empatía e o compromiso son os seus pilares

básicos.

No curso 16-17 iniciouse no noso centro co alumnado de 3º e 5º de

Primaria e este curso 17-18 comezará co alumnado de 4º e 6º de Infantil.

PROXECTO DE PATIO SAUDABLE: Con este proxecto tratamos de

converter o patio de recreo nun lugar saudable, onde o xogo permita

relacionarse ao alumnado de forma adecuada e que permita a diversidade

de xogos. Este plan aparece máis especificado no Plan do Departamento de

Orientación.

“PATRULLA VERDE”: Continuamos con este proxecto de coidado do noso

patio.

“XOVES FROITAS, VENRES BOCADILLO”: continuamos con este

programa de alimentación saudable.

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE

NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS: Como en cursos

anteriores, o centro vai participar no “Plan Director para a convivencia e

mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos”.

Este Plan ofrece aos centros educativos a posibilidade de solicitar charlas

informativas/formativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de

Seguridade do Estado sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da

convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo

tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial e as

propostas do Plan de Convivencia desenvolvidas nos centros. As actuacións

que vai solicitar o noso centro están relacionadas cos riscos derivados da

utilización das novas tecnoloxías.

Page 17: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 16

Periocidade xeral das reunións

ÓRGANOS REUNIÓNS

Equipo directivo

- Coordinación de todo o equipo directivo:

- Semanalmente

- Martes, e venres de 13:10 – 14:00

Consello escolar - Polo menos unha sesión ordinaria trimestral

Claustro - Polo menos unha sesión ordinaria trimestral

Equipo de ciclo - Mensualmente: 1º Martes 17:00 – 18:00

CCP - Mensualmente: 1º Martes 16:00 – 17:00

- Sesión extraordinaria ao comezo e final de curso

Departamento de Orientación - Quincenalmente: Martes 17:00 – 18:00

Equipo dinamización da Lingua Galega (EDLG)

- Quincenalmente: Martes 17:00 – 18:00

Equipo de act. Complem. e extraescolares

- Trimestralmente: 1º Martes 18:00 – 19:00

- Sesión extraordinaria ao comezo e final de curso

Dinamizacións - Quincenalmente: Martes 17:00 – 18:00

3.2 HORARIOS

3.2.1. XORNADA ESCOLAR

O centro ten xornada continua de mañá. O horario de actividades docentes é de

9:00 a 14:00 h.A xornada dividirase en:

• 5 sesións lectivas de 50 ou 55 min.

• 1 recreo de 11:00 – 11:30 (Infantil) e de 11:30 a 11:55 (Primaria) –

• 1 sesión de Hora de ler de 11:55 a 12:20 (Primaria)

Solicítanse como días non lectivos o día 13 de outubro de 2017 e o 18 de maio

de 2018.

Solicítase a modificación da xornada lectiva con motivo da realización das

xornadas de actividades complementarias que se especifican no seu apartado

correspondente.(Ver)

O horario de permanencia no centrodo profesorado realízase co seguinte plan:

Martes: de 16:00 ata as 19:00 h: Todo o profesorado conxuntamente. É

dedicado ás diversas actividades e reunións.

Outra tarde de 16:00 a 18:00 h rotativa entre todo o profesorado,

dependendo das persoas que están a realizar proxectos ou cursos e os que

neste momento non.

Hai varios profesores que fan a garda ao mediodía, de 14 a 14:30

Page 18: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 17

3.2.2. CRITERIOS PEDAGÓXICOS DE ELABORACIÓN DE HORARIOS

Os horarios constan de 25 horas lectivas semanais, incluídos os períodos destinados a recreos e elaboráronse tendo en conta os seguintes criterios:

• O apoio ás aulas de 4º de infantil

• Ter en conta a atención colectiva e individualizada de todos os alumnos do

centro.

• Aproveitamento máximo dos recursos humanos e das instalacións.

• A adaptación do horario á dispoñibilidade das instalacións do centro.

• A compatibilidade dos horarios de Educación Infantil e Educación

Primaria.

• A conveniencia de que o alumnado teña a primeira hora da mañá co seu

profesor/a titor/a.

• A distribución das áreas que requiran máis esforzo intelectual nas

primeiras horas da mañá.

• O agrupamento e reforzo do alumnado con nee.

• O reparto de gardas e substitucións.

• Continuidade no horario da impartición das materias por parte do titor

sobre todo en E. Infantil e 1 e 2º de Primaria, sendo tamén convinte en 3º

e 4º.

• Continuidade das sesións das horas de ler co profesor que imparta clase

na hora seguinte.

Especificamente en Educación Infantil:

• No segundo ciclo de E. Infantil, dado o seu carácter globalizador e

integrador do modelo curricular, o horario de cada aula contempla de

forma flexible a sucesión de actividades que se realizan nela nos distintos

días da semana. Estas sesións veñen especificadas no horario como

“Globalizado”.

Ademais, nestes horarios de infantil, contempláronse unha sesión de E.

Musical, outra de Psicomotricidade e dúas sesións de ½ h aprox. de inglés,

sempre tendo en conta que foran repartidas nos distintos días da semana.

• Tal como establece a Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a

implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da

educación infantil o tempo de recreo será de trinta minutos. No noso centro

queda fixado de 11:00 a 11:30. Ademais deste recreo prográmase nos

horarios de Infantil un tempo de lecer de 13:10 – 13:40 con actividades de

xogos dirixidos.

3.2.3. HORARIOS DE CURSOS

Axúntanse no anexo(páx 37)

3.2.4. QUENDAS DE RECREOS

Axúntanse no anexo(páx. 41)

3.2.5. HORARIOS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Page 19: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 18

Entrevistas e reunións coas familias

Tal como establece a orde do 22 de xullo de 1997, co fin de

facilitar a relación do profesor/a titor/a fixarase na PXA unha

hora de reunión semanal para atención aos pais. Esa hora

queda fixada os martes de 16:00 a 17:00. Os país deberán solicitar

as entrevistas chamando previamente por teléfono ao centro.

Concretaranse un máximo de tres visitas de país por cada martes.

Os país tamén poderán solicitar entrevistas co profesorado

especialista do mesmo xeito e co mesmo horario que para o

profesorado titor.

“Tamén se programarán reunións globais cos pais por titorías

encamiñadas a expoñer as liñas xerais do plan de traballo. En

todo caso unha terá lugar antes do mes de novembro”. Esas

reunións de principio de curso quedaron fixadas nas seguintes

datas:

4º INFANTIL (3 anos): 1º día de clase

5º INFANTIL (4 anos): Luns 2 de outubro ás 16:00 h

6º INFANTIL: (5 anos): xoves 5 de outubro ás 16:00 h

1º PRIMARIA: 10 outubro ás 16:00 h

2º PRIMARIA: 3 outubro ás 16:00 h

3º PRIMARIA: 26 setembro ás 16:00 h

4º PRIMARIA: 26 de setembro ás 16:00 h

5º PRIMARIA: 3 outubro ás 17:30 h

6º PRIMARIA: 4 outubro ás 16:00 h

Entrevistas co Equipo directivo:

Do mesmo xeito que para o resto do profesorado, as entrevistas co

equipo directivo deberán solicitarse previamente por teléfono,

explicando o motivo de dita solicitude.

Establécese tamén o horario das entrevistas de pais co equipo

directivo os luns de 12:30 a 13:30 e os martes de 16:00 a 17:00

Entrevistas coa Xefa do Departamento de Orientación

Establécese o horario de visitas das familias o martes e xoves de 9 a

10, previa petición de hora.

Horarios das oficinas de secretaría:

Todos os días de 9:00 a 10:00 e de 12:45 a 13:45 estarán abertas as

oficinas de secretaría para atención ao público.

Page 20: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 19

3.2 ESTATÍSTICA DE PRINCIPIO DE CURSO

TOTAL DO ALUMNADO: 419

3.3 INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO: SITUACIÓN E UTILIZACIÓN

3.3.1 INSTALACIÓNS DO CENTRO

O Centro, situado no barrio de Esteiro, consta de:

a. Un edificio para Educación Primaria, con entrada dianteira, traseira e

lateral, que conta con:

Page 21: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 20

b. Outro para Educación Infantil, que conta con:

c. Pavillón polideportivo

d. O patio de recreo conta con pequenas zonas axardinadas.

3.3.2 Equipamento do centro

Poderiamos dicir que o equipamento do centro é aceptable, sendo deficiente os

espazos debido ao número de alumnado que ten o centro.

Solicitarase, como cada ano, material diverso de mobiliario á Consellería.

Equipamento TIC:

o Nos últimos anos a subministración TIC por parte da Consellería foi

moi limitado, centrándose principalmente nas aulas Abalar, tendo

que saír do orzamento do centro o resto de adquisicións. A dotación

de ordenadores por parte da Consellería é moi limitada, case nula.

o Na actualidade todas as aulas teñen ordenador, canón e pantalla,

agás a aula de relixión. O noso obxectivo é a dotación de pizarras

dixitais nas aulas que non teñan, comezando por Educación

Infantil.

PLANTA BAIXA PLANTA ALTA

- 4 Aulas - 1 titoría - Aula de música - Despacho de dirección - Despachos de secretaría - Administración - Sala de reprografía - 1 aula de PT - Conserxería - Aula ludoteca/Relixión - Aula de usos múltiples - Aula de psicomotricidade - Sala de limpeza - Oficinas da ANPA - Comedor - Aseos alumnado - Aseos profesorado

- 8 aulas - 2 aulas de PT - 1 aula de AL - Despacho Orientación- Xef. Estudos - Sala de profesores - Sala da radio - Biblioteca - 2 Aulas de Inglés - Aseos do alumnado - Aseos do profesorado

- 6 aulas (con aseos) - 1 sala de reunións

- 2 aseos xerais de alumnado - 1 servicio de profesorado

- 1 sala de conserxería - 1 sala de reprografía.

Page 22: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 21

3.4 LIBROS DE TEXTO E OUTROS MATERIAIS CURRICULARES

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

EDITORIAL ISBN

RETOS 3 ANOS 2º TRIMESTRE ANAYA 978-84-698-2877-9

RETOS 3 ANOS 3º TRIMESTRE ANAYA 978-84-698-2878-6

MÉTODO ABN NIVEL1 , 3 ANOS ANAYA 978-84-678-3238-9

Relixión Católica 3 ANOS ANAYA 978-84-678-1591-7

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS)

EDITORIAL ISBN

METODO ABN NIVEL 2 - 4 ANOS

(caderno de matemáticas) ANAYA

978-84-678-3239-

6

Religión Católica 4 anos ANAYA 978-84-678-1592-

4

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS)

EDITORIAL ISBN

Fichas: 1º Trimestre de 5 anos.“Pompas de

jabón” Algaida 978-84-9067-057-6

Fichas: 2º Trimestre de 5 anos.“Pompas de

jabón” Algaida 978-84-9067-058-3

Religión 5 anos Anaya 978-84-678-1593-1

Page 23: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 22

PRIMEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Área Título, autor, editorial e ano de publicación ISBN

Lengua

Lengua 1- Editorial Anaya 978-84-678-4527-3

Escribo- Editorial Anaya

Lecturas 1.La nave de los libros- Editorial Santillana

978-84-678-4620-1

978-84-294-6988-2

Matemáticas Matemáticas 1 – Editorial Anaya 978-84-678-6503-5

Globalizado Aprender é crecer xuntos 1º Trimestre – Editorial Anaya 978-84-678-4728-4

Globalizado Aprender é crecer xuntos 2º Trimestre – Editorial Anaya 978-84-678-4729-1

Globalizado Aprender é crecer xuntos 3º Trimestre – Editorial Anaya 978-84-678-4730-7

Plástica Plástica 1- Editorial Anaya 978-84-678-4570-9

Música Melodía 1- Editorial Galinova 2014 978-84-9737-222-0

Inglés NON DEBERÁN MERCAR LIBRO ------

Religión Religión Católica 1- Editorial Anaya 978-84-678-7604-8

Quedan pendentes seleccionar dous libros de lectura a mercar ao longo do curso

SEGUNDO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Área Título, autor, editorial e ano de publicación ISBN

Lengua Lengua 2- Editorial Anaya 978-84-678-7395-5

Matemáticas Matemáticas 2 – Editorial Anaya 978-84-678-7422-8

Globalizado Aprender é crecer xuntos 2º - 1º Trimestre – Editorial Anaya 978-84-678-7717-5

Globalizado Aprender é crecer xuntos 2º - 2º Trimestre – Editorial Anaya 978-84-678-7718-2

Globalizado Aprender é crecer xuntos 2º - 3º Trimestre – Editorial Anaya 978-84-678-7719-9

Plástica Plástica 2- Editorial Anaya 978-84-678-7479-2

Música Melodía 2- Editorial Galinova 2014 978-84-9737-238-1

Inglés NON DEBERÁN MERCAR LIBRO -----

Religión Religión Católica 2- Editorial Anaya 978-84-678-7606-2

Lecturas 2 A nave dos libros- Editorial Santillana 978-84-9972-085-2

Queda pendente seleccionar dous libros de lectura a mercar ao longo do curso.

Page 24: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 23

3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

MATERIA LIBROS ISBN EDITORIAL

Lengua castellana

Cuaderno de “Comprensión lectora – 3”

978-84-698-3165-6 ANAYA VISUAL

Cuaderno de “Competencia lingüística – 3”

978-84-698-3129-8 ANAYA

Lectura “Ese no es mi zoo” (Élvira Menéndez) 978-84-216-9382-7 BRUÑO

Lingua galega

Caderno Lingua galega-3 “Aprender é crecer”

978-84-678-8656-6 ANAYA

Lectura Fred Quincalla, o nómade do mar (T. González)

978-84-9121-145-7 ANAYA

Matemáticas

Cuaderno de “Cálculo 4” 978-84-698-3172-4 ANAYA VISUAL

Cuaderno de “Resolución de problemas 6”

978-84-698-3186-1 ANAYA VISUAL

Cuaderno de “Competencia

matemática – 3” 978-84-698-3135-9 ANAYA

Inglés SEN LIBRO ---- ----

Música SEN LIBRO ----- ----

Religión Religión 3º- “Aprender es crecer” 978-84-678-8393-0 ANAYA

Pode ser posible que se pidan outros libros de lectura ao longo do curso

4º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

MATERIA LIBROS ISBN EDITORIAL

Ciencias da natureza

Ciencias da natureza-4 “Aprender é crecer”

978-84-678-8017-5

ANAYA

Ciencia Sociais

Ciencia Sociais-4 “Aprender é crecer” 978-84-678-

8021-2 ANAYA

Lengua castellana

Lengua castellana-4 (tres trimestres) “Aprender es crecer”

978-84-698-0650-0

ANAYA

Lingua galega Sen libro de texto

Matemáticas Matemáticas-4(tres trimestres) “Aprender

a crecer” 978-84-678-

7781-6 ANAYA

Música Sen libro de texto

Inglés

Great Explorers-4 Class Book Pack 978-0-19-450768-4

OXFORD

Great Explorers- 4 Activity Book 978-0-19-450760-8

Relixión Católica

Religíón Católica "Aprender es crecer" 4º 978-84-678-

8395-4 ANAYA

Valores “Lía e as zapatillas de deporte” - Merlin 978-84-9782-

725-6 XERAIS

Pequeno dicionario Xerais da Lingua 978-84-9121-

184-6 XERAIS

Page 25: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 24

5º e 6º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ASIGNATURA CARDENO de actividades Editorial ISBN

Inglés Great Explorers 5 Activity Book Oxford 978-0-19-450778-3

Lengua Castellana

Cuaderno L. C. 5 Proyecto Saber Hacer 1º TRI Santillana 978-84-680-1455-5

Cuaderno L. C. 5 Proyecto Saber Hacer 2º TRI Santillana 978-84-680-1456-2

Cuaderno L. C. 5 Proyecto Saber Hacer 3º TRI Santillana 978-84-680-1457-9

Lingua galega

Caderno Lingua 5

Proxecto Saber Facer 1º TRI Santillana 978-84-9972-063-0

Caderno Lingua 5 Proxecto Saber Facer 2º TRI Santillana 978-84-9972-097-5

Caderno Lingua 5 Proxecto Saber Facer 3º TRI Santillana 978-84-9972-143-9

Matemáticas

Matem. 5 Cuaderno “Aprender es crecer en conexión” Anaya 978-84-678-8583-5

Solución de Problemas 5º - Método DECA Santillana 978-84-680-0979-7

Lectura

Alma y la isla - Mónica Rodríguez Anaya 978-84-698-0888-7

Lendo lendas, digo versos – Antonio Gª Teijeiro Xerais 978-84-991-4916-5

6º PRIMARIA

ASIGNATURA CADERNO de actividades Editorial ISBN

Inglés Great Explorers 6 Activity Book Oxford 978-0-19-450798-1

Matemáticas

Matemáticas 6 – Cuaderno “Aprender es crecer en conexión”

Anaya 978-84-678-8304-6

Solución de Problemas 6º - Método DECA Santillana 978-84-680-1555-2

Ademais das anteriores listas de libros de textos, en cada nivel fixáronse unha

serie de materiais funxibles complementarios.

Proxecto DIXGAL: NON HABERÁ LIBROS DE TEXTO IMPRESOS. UTILIZAREMOS

LIBROS DE TEXTO DIXITAIS.

Si que se utilizarán os seguintes cadernillos: 5º PRIMARIA

Page 26: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 25

4. ACTIVIDADES DO CENTRO

4.1 PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E

EXTRAESCOLARES.

4.1.1 Actividades complementarias realizadas no propio centro

4.1.1.1 De organización interna

Act. Complementaria Organiza Data

Inauguración da Biblioteca Dinam. Biblioteca Outubro

Magosto/ Samain Normaliz. Lingüística Out / Nov

Nadal Dep. Extraescolares Decembro

Día da Paz Dep. Orientación Xaneiro

Entroido Normaliz. Lingüística Febreiro

Día de Rosalía Dim. Bibliot./Normaliz. Febreiro

Día do Libro Dinam. Biblioteca Abril

Maios/Correlingua/ Letras Galegas Normaliz. Lingüística Maio

Fin de curso/Xornada convivencia Dep. Extraescolares Xuño

Contacontos, visita de escritores, ilustradores…

Dinam. Biblioteca Todo o curso

Destas actividades, a celebración do Nadal (21 de decembro), o

entroido (9 de febreiro) e Convivencia de fin de curso (21 de xuño)

Nadal serán programadas como xornadas de actividades

complementariascoas as seguintes actividades:

ACTIVIDADES A REALIZAR

Nadal 21 de decembro Recibimento de todo o alumnado no patio dos Reis Magos que chegarán ao noso

centro en Jeeps.

Saúdo e entrega de cartas de todo o alumnado aos Reis Magos.

Panxoliñas dos Reis Magos

Degustación de produtos típicos do Nadal en cada unha das aulas.

Entrega das cualificacións do trimestre.

Entroido 9 de febreiro Recibimento do alumnado cos seus disfraces.

Organización dunha pasarela de desfile de disfraces

Baile nunha discoteca organizada no centro.

Degustación de produtos típicos do entroido

Observacións: coa entrada máis tarde no centro facilítase ás familias o tempo para poder disfrazar ao alumnado.

Fin de curso – Fin de curso/ Xornada de convivencia –

21 de xuño 11:00 – 13:00: Xornada de convivencia do alumnado e profesorado. Festa de

despedida nas aulas. Entrega de cualificacións.

14:00 – 18:00: Xornada de convivencia coas familias.

Page 27: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 26

Para a realización desas xornadas de actividades complementarias

solicitamos a modificación da xornada escolar sendo o horario de

10 h a 13:30 en Nadal e Entroido e de 11:00 a 13:00 na xornada de

Convivencia de Fin de curso xa que tería prolongación pola tarde coa

xornada de convivencia coas familias.

Ademais das anteriores actividades complementarias, realizaranse as

conmemoracións estipuladas no calendario escolar (DOG 22/06/2017)

encargándose a Biblioteca de proporcionar a información para posteriormente ser

traballadas polo profesorado titor en cada unha das aulas.

4.1.1.2 Propostas polo Concello

• Iniciación ao xadrez

Como continuación da experiencia iniciada en cursos

anteriores, terán 1 sesión semanal de ½ hora de Iniciación ao

xadrez o alumnado de 6º de E. Infantil, 1º e 2º e 3º de Primaria.

Esta actividade, que está subvencionada polo Concello de

Ferrol, desenvolverase os xoves (6º Infantil, 1º e 2º Primaria) e

venres (3º de Primaria) en horario lectivo e será levada a cabo

por monitoriado do Circulo Ferrolán de Xadrez.

Actividades extraescolares

Subvencionadas polo Concello

No centro lévanse a cabo, en horario de 16:00 a 18:00 un programa

municipal de Actividades Extraescolares subvencionadas polo

Concello.

Non subvencionadas polo Concello:

Dentro das actividades ofertadas pola ANPA existen unhas

subvencionadas e outras non.

As actividades e horarios son as seguintes:

Page 28: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 27

Continuamos con servizo de TEMPO de LUDOTECA de 14:00 a 14:30,

programado para conciliar a vida familiar. Este servizo será xestionado a través

da ANPA e levado a cabo por un monitor/a cualificado/a.

ACTIVIDADES GRATUITAS

SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO

ACTIVIDADE DÍA HORA ALUMNADO PRECIO

PATINAXE 1 LUNS E MÉRCOR. 5 a 6 INFANTIL GRATUÍTA

PATINAXE 2 LUNS E MÉRCOR. 4 a 5 PRIMARIA GRATUÍTA

BAILE MODERNO MARTES 4 A 6 PRIMARIA GRATUÍTA

INIC. MÚSICA MARTES 4 A 6 Infant. e 1º Prim GRATUÍTA

DEBUXO MARTES 4 A 6 PRIMARIA GRATUÍTA

INFORMÁTICA MÉRCORES 4 A 6 4º A 6º GRATUÍTA

GUITARRA MÉRCORES 4 A 6 PRIMARIA GRATUÍTA

FÚTBOL MÉRCORES 4 A 6 PRIMARIA GRATUÍTA

TEATRO XOVES 4 A 6 PRIMARIA GRATUÍTA

MANUALIDADES XOVES 4 A 6 Infant. e 1º Prim GRATUÍTA

XIMNASIA RÍTM. XOVES 4 A 6 PRIMARIA GRATUÍTA

ACTIVIDADES NON

SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO

OFERTADAS POLA ANPA

ACTIVIDADE DÍA HORA ALUMNADO PRECIOS *

TEMPO LUDOTECA

LUNS A VENRES 14-14:30

INFAN/PRIM. Consultar

PISCINA LUNS 4 A 4:45 Inciacion/Perfec 6,50€ *

TALLER INGLÉS 1 LUNS E MÉRCOR. 4 A 5 4 e 5 anos 32€

TALLER INGLÉS 2 MARTES E XOVES 4 A 5 1º a 3º Prim 32€

TALLER INGLÉS 3 MARTES E XOVES 4 A 5 4º a 6º Prim 32€

PROGRAMACIÓN E ROBÓTICA MAIORES

XOVES 4 A 5:30 Infantil /Primaria

25 €

JUDO PEQUES MARTES E XOVES 4 A 5 4 anos a 1º Prim 19 €

JUDO MAIORES LUNS E MÉRCOR. 4 A 5 2º a 6º Prim 19 €

BALONCESTO MARTES E XOVES 4 A 5 1º A 6º 13€

Page 29: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 28

4.1.2 Saídas e excursións

E. Infantil:

o 3 anos:

- Casa do mel. (Goente)

- Aldea Nova.( Narón )

o 4 anos:

- Acuario (Coruña)

- Casa do mel (Goente )

- Aldea Nova (Narón )

o 5 anos

- Saída relacionada co outono (Cabanas)

- Castelo de san Felipe e un parque.

- Aldea Nova ( Narón )

1º e 2º de E. Primaria

o Afundación. Abanca. Circopeta-Odaiko Percusión (18 de

decembro)

o Afundación. Abanca. A nena e grilo nun barquiño (Febreiro)

o Museo de Arte contemporánea (MAC) A Coruña. Exposición Lita

Cabellut (primeiro trimestre)

o Bautismo de mar (terceiro trimestre)

o Concerto didáctico da banda do Tercio Norte

o Pobo aventura (excursión de fin de curso. 12 de Xuño)

o Correlingua

o Museo de historia natural

3º E. Primaria

o 1º saída polo barrio

o visita á sociedade galega de historia natural

o Saída á Coruña museo de arte contemporáneo

o Visita ao Concello de Ferrol

o Exponav

o Saída á praza de abastos do barrio de Recimil

o Aula de ecoloxía urbana

o Saída en barco pola ría

o Excursión fin de curso á Granxa de Xanceda e as Brañas.

Page 30: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 29

4º E. Primaria

o Fragas do Eume (27 de outubro)

o Exposición Lita Cabellut (21 de novembro)

o Exponav

o Peirao de Ferrol, barrio da Madalena, Ferrol Vello e Amboaxe.

o Correlingua

o Maios

o Teatro con G

o Roteiro dos Muíños de Esmelle.

5º E. Primaria

o Excursión “A Capela”

o MACUF (Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa)

o Viaxe en barco pola Ría de Ferrol

o AFundación

o Sotavento

o Correlingua

o Os Maios

o Cine Ensino

o Concerto no Pazo da Ópera de Coruña: "Cousas de catro".

o Fin de curso: “Cerceda”

6º E. Primaria

o Sotavento

o Escola de repostería da Graña

o Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF)

o Viaxe en barco pola Ría de Ferrol

o Visita a Santiago

o Fin de curso a Cerceda

Ademais das anteriormente citadas incluiranse as que se consideren

axeitadas para a formación do alumnado, tentando favorecer as

organizadas polo Concello de Ferrol ou entidades do entorno próximo

(Exposicións, Cine Ensino, Teatro Jofre…) así como as que sexan

gratuítas.

Page 31: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 30

5. SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

5.1 COMEDOR - ALMORZO

O comedor do centro ofrece servizo de almorzo e xantar. A xestión do servizo

de comedor é de competencia municipal e corre a cargo da empresa de comidas

preparadas concesionaria do servizo, a empresa “SERUNIÓN”.

Os servizos do comedor están subvencionados en parte pola Consellería e o

Concello. A outra parte é aportado, ben polos usuarios, ou ben polo

departamento de Servizos Sociais da Consellería de Benestar no caso de

alumnado bolseiro. O pago efectuarase mediante domiciliación bancaria podendo

recoller o impreso no mesmo comedor ou na secretaría do centro

O horario do servizo de almorzo é de 7:30 a 9:00 h, non permitindo a entrada a

este servizo despois das 8:30 h. O prezo do almorzo é de1,84 € persoa/día.

O importe do servizo de xantar está fixado en 3,59 € por comensal e día. O

alumnado pode desfrutar do servizo do comedor todos os días, en días fixos á

semana ou en días esporádicos. Diariamente, os alumnos que queden a xantar

apuntaranse na porta da súa clase. No caso do alumnado de Educación Infantil

serán as familias quenes o deban comunicar, ou ben á ANPA, ou á súa titora. O

horario do servizo de xantar é de 14:00 a 16:00.

1. O horario de recollida do servizo de comedor será ás 16:00 h establecendo outra

quenda ás 15:10 a 15:15 h. Fóra deses horarios non será posible a recollida do

alumnado salvo puntualmente un determinado día por unha causa xustificada.

2. O alumnado de cada unha das quendas debe ser coñecido previamente polas

coidadoras e ese horario de saída debe ser respectado polas familias.

3. En horario de comedor, as familias non accederán ao interior do centro, senón que

o alumnado será conducido ata a entrada polas coidadoras. Unha vez recollido o

alumnado, as familias deberán abandonar o recinto escolar.

4. Sempre que veña recoller ao alumnado do comedor alguén diferente aos seus pais

ou titores ten que ser informada previamente a persoa encargada do comedor.

5. Os usuarios do servizo de comedor deberán traer un cepillo de dentes para

realizar a hixiene bucal.

Todo alumno/a que teña algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria

deberá ser documentada presentando un informe médico (se non o presentou

anteriormente) e lle será subministrado un menú especial adaptado.

Adxúntase o plan de funcionamento do servizo de comedor.

Page 32: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 31

6. PROGRAMAS E FORMACIÓN

6.1 FORMACIÓN DO PROFESORADO: Cursos de formación e Grupos de

Traballo

Este curso continuamos co Proxecto de Formación en Centros (PFPP) iniciado no

curso anterior, levando a cabo a formación do profesorado sobre:

o O Programa TEI.

o A avaliación das competencias claves e realización de Tarefas.

o O traballo colaborativo nas aulas.

Ademais desta formación, o profesorado do centro realiza diversa

formación dependente do CFR de Ferrol e do CAFI principalmente.

7. PLANS E PROXECTOS

7.1 PLAN DE POTENCIACIÓN DA LINGUA GALEGA

ADDENDAS AO PROXECTO LINGÜÍSTICO

Segue vixente o Proxecto lingüístico do centro coas seguintes

ADDENDAS:

1. Os resultados da pregunta aos pais, nais, titores ou representantes

legais do alumnado de 4º de E. Infantil, para obter información con

respecto da lingua materna predominante, foron os seguintes

Castelán: 34

Galego: 4

Galego e castelán : ningún

2. Dos resultados anteriores establécese como lingua predominante do

alumnado de 4º de Infantil o castelán polo que, tal como establece o

Decreto de Plurilingüísmo, o profesorado usará na aula a lingua materna

predominante entre o alumnado (no noso caso, o castelán), ben que

deberá ter en conta a lingua do contorno e procurará que o alumnado

adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua oficial de

Galicia dentro dos límites da etapa ou ciclo.

3. Impartiranse en lingua galega as materias de Ciencias Naturais,

Ciencias Sociais, Educación Física e Educación Artística.

4. Despois dunha reflexión sobre o uso do galego e a súa normalización

consideramos a ter en conta os seguintes obxectivos:

- Fomentar o uso do galego, a nivel profesorado, en todos os actos

académicos: Claustros, Consello Escolar, Celebracións,...

- Aumentar a competencia do alumnado no uso do galego de forma

habitual.

- Adquirir de forma oral e escrita a competencia lingüística propia en

cada nivel e etapa nas dúas linguas oficiais de Galicia.

Como proxectos específicos de potenciación da língua galega están a nosa

REVISTA ESCOLAR “Mareiriña” e a RADIO ESCOLAR “Radio Chalana”,

iniciada no curso 15-16.

Page 33: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 32

7.2 PLAN DE AUTOPROTECCIÓN DO CENTRO

No curso 2016 - 17 seguirá vixente o anterior plan de autoprotección do

centro.

7.3 PLAN DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA: O centro pertence ao PLAMBE

(Plan de Bibliotecas Escolares) dende o curso 2007- 2008. Este curso o

noso proxecto é “Ferroleando polos mares”

7.4 PLANS DE DINAMIZACIÓN TIC:

o Proxecto Abalar dende o curso 2011 – 2012.

o O centro está a participar no Proxecto experimental de utilización

de libros dixitais E_DIXGAL dende o curso 14-15 en 5º de Primaria,

e no curso 15-16 ampliouse a 6º de Primaria.

7.5 Plans de DINAMIZACIÓN DA CONVIVENCIA:

o Participamos dende o curso 16-17 no Programa TEI, programa de

convivencia que implica a toda a comunidade educativa.

o Proxecto de Patios saudables.

o “Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos

centros educativos e nos seus contornos”.

8. RELACIÓNS DO CENTRO COAS FAMILIAS E A COMUNIDADE

A participación das familias na vida do centro é desigual. Tratarase de facilitar

ás familias a información necesaria que permita unha mellor participación no

centro e o establecemento de vías que permitan levar adiante propostas

conxuntas; para tal fin o centro dispón dun buzón de suxerencias.

Somos conscientes de que a participación no centro é un criterio de calidade e

que o establecemento dunha boa comunicación mellora as relacións e a

convivencia.

As liñas de actuación serán:

Traballo do equipo directivo coa ANPA

Traballo das titorías coas familias.

Coordinación dende o Consello Escolar

Comisión de Convivencia

Page 34: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 33

9. PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO –

PROPOSTAS DE MELLORA

9.1 AVALIACIÓN EXTERNA:

No curso 2016- 2017 o alumnado de 3º de primaria realizou, no mes de maio de

2016, as probas de avaliación de diagnóstico salientando que no foron realizadas

por todo o alumnado, xa que algúnsdos alumnos/as non se presentaron ás

probas.

Aínda que todavía están por recibir os resultados destas probas, e tendo en conta

os resultados das avaliacións finais internas establecemos as seguintes

propostas de mellora:

PROPOSTAS DE MELLORA

o Adicar unha sesión do plan lector do centro a traballar o cálculo

mental.

o Reforzar, tanto en 4º coma en 6º de primaria, na materia de libre

configuración a expresión escrita e o cálculo.

o Continuar coas medidas de reforzo educativo e atención á

diversidade do alumnado con nee.

PROBAS EXTERNAS CURSO 16-17

1. Alumnado de 3º de Primaria:

a. Para o presente curso queda constituída a comisión de

coordinación do proceso de avaliación diagnóstica que estará

integrada, por:

Directora: Mª José Piñeiro Abeledo

Xefa de Estudos e Xefa D. Orientación: Esperanza González

Pino

Titora de 3º de EP:Mª Dolores López Espiñeira

9.2. AVALIACIÓN INTERNA

Do seguimento e revisión dos seguintes documentos e proxectos pódense

adoptardecisións de mellora do funcionamento do centro.

9.2.1 Avaliación dos Documentos de Planificación Docente:

PXA

PAT

Plan de Convivencia

Proxecto Lingüístico

Proxecto Lector

Page 35: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 34

9.2.2 Avaliación dos proxectos:

PLAMBE

Proxecto ABALAR

Proxecto E- DIXGAL

PFPP: Prox. Formación

Programa TEI

9.2.3 Avaliación do rendemento escolar do alumnado:

Os resultados da avaliación individual do alumnado servirán como

referencia para aadopción de medidas correctoras da actividade docente.

Informes de avaliación trimestral e final

Quedan fixadas as seguintes datas de avaliación:

- 1ª Avaliación:21decembro

- 2ª Avaliación:23 de marzo

- 3ª Avaliación e Final:21xuño

Resultado das probas diagnósticas recollidas no PAT e no Plan

anual de Orientación.

10. PROCEDIMENTOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN XERAL

A CCP, mensualmente, fará un seguimento das medidas aplicadas para a

consecución dos obxectivos propostos na P.X.A. cara a detectar as insuficiencias da

mesma e o seu grao de realización.

Trimestralmente, o claustro de profesores valorará o grao de cumprimento dos

obxectivos e se farán propostas de mellora.

Asemade poderá ser revisado cando o requira algún dos sectores do Consello Escolar.

Por último a Memoria Anual, ao remate do curso, recollerá os resultados da

avaliación final: grao de cumprimentos dos obxectivos, suficiencia e idoneidade

das medidas e dos recursos aportados…

Page 36: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 35

11. APROBACIÓN DA PXA

Dna. Mª José Piñeiro Abeledo, directora do CEIP Isaac Peral de Ferrol

CERTIFICA: Que na xuntanza do CLAUSTRO, celebrada o día 10 de outubro foi

aprobada a Programación Xeral Anual para o curso escolar 2.017– 2.018.

E para que conste, expido e firmo a presente certificación

En Ferrol, a 10 de outubro de 2017.

Asdo. Mª José Piñeiro Abeledo

_______________________________________________________________________

Dna. Mª José Piñeiro Abeledo, directora do C.E.I.P. Isaac Peral de Ferrol

CETIFICA: Que na xuntanza do CONSELLO ESCOLAR do Centro, celebrada o

día10de outubro foi presentada a Programación Xeral Anual para o curso escolar

2.017 – 2.018.

E para que conste, expido e firmo a presente certificación

En Ferrol, a 10de outubro de 2017.

Asdo. Mª José Piñeiro Abeledo

Page 37: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 36

HORARIOS DOS CURSOS

QUENDAS DE RECREOS

PLAN LECTOR CURSO 2017-2018

PLAN DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR

Page 38: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 – 2018

CEIP Isaac Peral - Ferrol 37

Page 39: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

HORARIOS EDUC. INFANTIL

Page 40: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

39

HORARIOS CURSOS PRIMARIA

Page 41: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

40

RECREOS / XOGOS DIRIXIDOS EDUCACIÓN INFANTIL

Page 42: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

41

Page 43: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

42

PP LL AA NN AA NN UU AA LL

DDEE

LL EE CC TT UU RR AA

CCEEIIPP IISSAAAACC PPEERRAALL 22001177--1188

Page 44: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

43

PLAN ANUAL DE LECTURA Curso 2017/2018

A lectura, ademais de sentila como un pracer, debemos pensar que é o medio a partir do

cal adquirimos gran parte dos mecanismos de aprendizaxe que nos axudan ao

desenvolvemento da nosa intelixencia e da convivencia cos demais.

A escolla de textos e de actividades de dinamización lectora ten como finalidade:

- O fomento do hábito lector.

- A utilización das bibliotecas.

- A formación integral do noso alumnado.

OBXECTIVOS

Aprender a facer unha lectura reflexiva, interpretando e comprendendo textos de

índole variada (novela, teatro, xornais, documentos…) e en soportes diferentes

(impresos e electrónicos).

Adquirir un vocabulario amplo, servíndose do manexo do dicionario para resolver

dúbidas.

Mellorar a súa ortografía.

Adquirir unha boa fluidez, lendo en voz alta, aprendendo a pronunciar con

claridade e a modular a súa voz, sen perder a comprensión do texto.

Aprender técnicas para unha mellor expresión oral e escrita.

Saber buscar información en diferentes soportes, comparar e extraer os datos

necesarios.

Lograr que sexa a lectura un elemento de gozo persoal.

Incorporar as novas tecnoloxías como novas fontes de información, aprendendo a

utilizalas e analizar os datos con espírito crítico.

En conclusión mellorar nas súas competencias lingüísticas.

Page 45: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

44

DINAMIZACIÓN LECTORA

A biblioteca do centro

Aberta en todo o período lectivo. Establécese un horario no que cada curso ten a

súa disposición unha hora para o seu exclusivo uso. Neste tempo é o profesor titor o que

fixa as actividades a desenvolver, habitualmente son actividades de preparación de

traballos conxuntos, investigación… O Equipo de Biblioteca pode axudar na busca de

textos adecuados a ditas actividades.

No tempo de recreo realízanse as actividades de préstamo coa axuda do alumnado de 6º

e un profesor, membro do grupo dinamizador da biblioteca.

- Lectura libre de alumnos/as que prefiren ler nese tempo.

- Organización dos materiais e orde na biblioteca.

- Realización de traballos persoais de grupos de alumnos/as.

A biblioteca de aula

Cada aula dispón de lecturas apropiadas á súa idade que permanecen dun xeito fixo na

mesma. E outras lecturas itinerantes que van nas caixas viaxeiras ou aquelas concretas

que se fixan con motivo da celebración dunha data o relacionadas coa temática do

proxecto.

Queremos que o noso alumnado ame a lectura por iso desenvolvemos actividades que lles

resultaron atractivas. Para este curso levamos a cabo as seguintes:

- Hora de ler, todos os días da semana, durante 20’ nos que se fixeron dende lecturas

individuais, dirixidas, colectivas (libros fixados no itinerario lector), ata diferentes actos na

biblioteca. Todo o centro fai semanalmente as seguintes actividades conxuntas.

- Mércores poéticos para ler todos o mesmo poema (tentamos que teña que ver con datas

ou temas sinalados). Ás veces son diferentes os de infantil dos de primaria. Poemas que

poden recitar, dramatizar, memorizar…

- Lecturas compartidas: Polo día do libro e noutras datas alumnos de distintos cursos van

ler a outras aulas. Coma sempre son textos relacionados con autores dos que se celebra

algunha data conmemorativa.

- Páxina web, na que se reflicten todas as actividades feitas ou próximas a facer,

aconsellándose lecturas relacionadas.

Page 46: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

45

- Mochila viaxeira, canle entre o centro e a casa para o fomento da lectura en familia.

Permanece 2 semanas en cada casa. En Ed. Infantil está 1 semana. En ambos casos case

todos os anos o alumnado solicita levala e goza do seu variado contido.

- Lectura na rede, seguíronse a manter as liñas de actuación de cursos pasados, (lecturas

on-line). Traballos de investigación a través de páxinas webquest, blogues.

- Encontros con escritores, ilustradores e escultores da localidade, que lles axudarán a

sentir o pracer pola escrita, a arte, servíndolles de aliciente para non ter medo a expresar

os seus sentimentos ou soños e a sentir a máis próxima a lectura dos libros destes

autores.

- Actividades lúdicas e creativas: xogos de rimas, adiviñas; facer marca-páxinas, ...

- Vídeo-lectura: “Do pracer de escoitar ao pracer de ler” proxectar contos para crear a

ilusión por lelos despois.

- Publicación xornal Mareiriña: Traballos de cada aula contando experiencias vividas en

saídas ao exterior co fin de fomentar unha aprendizaxe dinamizadora, motivadora e

integradora.

- Busca e aportación de recursos para a programación e realización das actividades de

todas aquelas festas sinaladas, tanto programadas pola BIB como polos demais equipos

dinamizadores: Magosto, Nadal, Entroido, Día do Libro, Letras Galegas,...

- Implicación das familias: ademais das lecturas compartidas que van nas mochilas

viaxeiras as familias participan en actividades que motivan e fomentan a lectura vinda ás

aulas a lerlles poemas, representación de teatro de sombras, contos e experiencias

persoais.

ITINERARIO LECTOR

Ao longo do curso, en todas as aulas, trabállase con libros de autores próximos a nós,

que teñen relación co proxecto deste ano.

En E. Infantil, trabállase a cotío a motivación á lectura, presentando e léndolles os libros

que vaian sendo adquiridos pola biblioteca para a súa idade. Ademais daqueles

relacionados coas temáticas das unidades didácticas que traballen.

Créase así un vínculo de motivación á lectura coas familias, mediante os empréstitos

semanais (todos os nenos e nenas levan un libro á casa); tamén coas mochilas viaxeiras

cheas de aventuras, xogos, cancións… que entusiasman a pequenos e grandes.

Intentamos sempre que gocen coa escoita e representación dalgunha compañía de

contacontos.

Page 47: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

46

En E. Primaria, xunto coas actividades de dinamización, de momento escolléronse estes

libros concretos que unido ao pracer e a aprendizaxe que a lectura proporciona, supón a

posibilidade de ter contacto cos autores das obras.

Velaí o previsto, de momento, neste curso dentro do Itinerario lector 2017-18

EDUCACIÓN PRIMARIA

NIVEL TÍTULO AUTOR EDITORIAL

3º Fred Quincalla, o nómade do mar Teresa González Costa XERAIS

3º Ese no es mi zoo Elvira Menéndez BRUÑO

4º Rubicundo María Canosa XERAIS

4º Quen dá a quenda Héctor Cajaraville XERAIS

5º Alma y la isla Mónica Rodríguez ANAYA

5º Lendo lendas, digo versos A. García Teijeiro /

Antonio Reigosa XERAIS

6º Zoonetos Antón Cortizas Tambre-Edelvives

Os grupos que faltan están pendentes de fixalos.

As guías de recomendación de Nadal e Verán, irán nos Trípticos de Nadal e Verán, que

serán repartidos ou ben colgados na web do centro.

RECURSOS HUMANOS

- O equipo directivo, apoiando e asegurando a posta en práctica do Plan de lectura.

- O equipo responsable do funcionamento da biblioteca, coordinando as actividades

que se desenvolven ao longo do curso en torno a lectura e xestionando o uso dos recursos

bibliográficos e documentais, así como o desenvolvemento do Plan de Lectura.

- O profesorado participando e colaborando no desenvolvemento e realización das

distintas actividades de animación lectora que son acordadas polo grupo dinamizador da

biblioteca.

O profesorado realiza, ademais, actividades de apoio con aqueles alumnos/as que

presentan n.e.e. ou que levan un retraso curricular importante respecto ao seu curso.

- Grupo coordinador de Actividades Extraescolares: coordinando a xestión das

propostas dos diferentes grupos dinamizadores (biblioteca, EDLG, TIC…) para un mellor

desenvolvemento das actividades propostas.

Page 48: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

47

- O alumnado sendo o receptor e protagonista fundamental das tarefas que se programan

na animación lectora e na biblioteca.

- Os axudantes de biblioteca encargados na xestión de empréstitos, mantemento,…

- As familias implicadas, tanto directamente por realizar actividades relacionadas coa

lectura no centro, como indirectamente, ao propiciar a lectura dos seus fillos/as.

AVALIACIÓN

Na xuntanza semanal do grupo coordinador de actividades realízase unha avaliación que

permita analizar o grao de satisfacción do profesorado e alumnado, establecendo criterios

correctores para aqueles aspectos que se deban mellorar.

Avaliaranse aspectos como:

- Duración da actividade

- Consecución dos obxectivos propostos

- Aproveitamento e bo uso dos recursos utilizados.

- Compromiso da Comunidade Educativa

Cos resultados desta avaliación elaborárase un informe que recolla as necesidades de

mellora, cara as seguintes actividades e as dos vindeiros cursos.

Por outra banda, na xuntanza semanal do grupo da BIB avalíase o nivel lector

adquirido polo alumnado analizando os resultados das propostas de traballo feitas

desde as titorías ou desde a propia BIB de carácter creativo: redaccións, contos,

poemas, cartas, .....

Así mesmo tamén se fai unha análise do interese pola lectura recollendo os datos do

Meiga vendo o números de empréstitos ao longo do curso. Cos resultados obtidos

recóllense pautas par o vindeiro curso.

Page 49: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

PLAN DE

FUNCIONAMENTO

DO COMEDOR

ESCOLAR

CEIP ISAAC PERAL

Page 50: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

1

ÍNDICE

Páx

INTRODUCIÓN ...................................................................................................... 2

OBXECTIVOS ......................................................................................................... 2

XESTIÓN XERAL DO SERVIZO DO COMEDOR ......................................................... 3

SERVIZOS QUE SE PRESTAN .................................................................................. 4

MONITORES/AS .................................................................................................... 5

CATEGORÍA DO COMEDOR .................................................................................. 5

NORMAS DO SERVIZO DE COMEDOR .................................................................. 6

MENÚS ................................................................................................................ 7

PAGO DE CUOTAS ................................................................................................ 8

ACCESO AO SERVIZO DE COMEDOR ..................................................................... 8

INFORMACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ......................................................... 8

Page 51: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

2

INTRODUCIÓN

O comedor escolar do CEIP Isaac Peral é un comedor de Xestión realizada por

administracións públicas distintas da Xunta de Galicia, responsables da contratación e

xestión integral do Servizo. No noso caso é o Concello de Ferrol o encargado. A

contratación réxese por un prego de prescricións técnicas para a prestación do Servizo de

cateríng e do persoal monitor/coidador de comedor escolar para los CEIP do Concello de

Ferrol.

Este Plan de Funcionamento do Servizo de comedor Escolar está baseado en:

o Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares

dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con

competencias en materia de educación.

o Prego de prescricións técnicas que rexe a contratación para a prestación do

servizo de cateríng e do persoal monitor/coidador do comedor escolar para os

CEIP do Concello de Ferrol

O comedor escolar presta un servizo que pretende ser un elemento de conciliación

entre a vida laboral e familiar, proporcionando unha dieta aos escolares que garanta a súa

correcta alimentación inculcando hábitos saudables alimentarios,o desenvolvemento da

convivencia e a socialización dentro do centro.

O servizo de Comedor funciona dende setembro a xuño, ambos meses incluídos.

As datas de apertura e peche do servizo de comedor están regulados polo calendario

escolar que elabora cada ano a Consellería de Educación.

OBXECTIVOS

1. Fomentar nos alumnos hábitos alimentarios e socias idóneos para unha mellor

educación para a saúde e a convivencia.

2. Formar ao alumnado no desenvolvemento de actitudes positivas relacionadas co

hábito de comer.

3. Promover a adaptación dos nenos a unha diversidade de menús e fomentar os

hábitos saudables a través da comida, incluíndo ademais a cortesía, a tolerancia,

a solidariedade e a educación para a convivencia.

4. Estimular no alumnado a práctica de relacións sociais positivas, tales como o

fomento da comunicación e as boas relacións entre compañeiros/as de comedor.

5. Fomentar no alumnado a solidariedade e colaboración, podendo participar na

medida das posibilidades, en pequenas responsabilidades (servir auga, repartir

pan…de posta e recollida do servizo de mesas), así como nas actividades de ocio

do tempo de lecer.

Page 52: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

3

XESTIÓN XERAL DO SERVIZO DE COMEDOR

1. O comedor prestará servizo de almorzo e xantar..

2. A contratación do servizo de comedor por parte das familias realizarase cada curso

escolar.

3. As familias que queiran contratar ese servizo de comedor (almorzo ou xantar)

deberán pasar pola secretaría do centro para recoller o impreso do comedor.

4. Non se pode facer uso do comedor se non se cubriu previamente o impreso cos

datos persoais.

5. O impreso do comedor, debidamente cuberto, poderá ser entregado directamente no

comedor ou na secretaría do centro.

6. A contratación do servizo de comedor pode ser:

a. Durante todos os días da semana

b. Nun día ou varios fixos semanais

c. Esporadicamente

7. O alumnado que se apunte todos os días da semana ou nun ou varios días fixos,

deberá notificar ao centro no caso que non se quede no día que está sinalado que ía

quedar. No caso de non facelo deberá pagar o seu cuberto.

8. O alumnado que se quede esporadicamente deberá notificalo previamente nunca

despois das 10 h.

9. O alumnado que por un imprevisto teña que anular o servizo de comedor debe

facelo antes das 10 horas. De non facelo deberá abonar o seu cuberto xa que xa

está encargado á empresa.

10. A empresa adxudicataria do servizo do comedor poñerá un teléfono de contacto ao

servizo dos usuarios.

11. O cobro dos recibos será mensual, mediante conta bancaria e realizarase nos

primeiros días de cada mes seguinte á prestación do servizo.

12. O alumnado usuario do servizo de comedor poderá dispoñer de becas que deberá

solicitar na Consellería de Benestar do Concello de Ferrol.

13. Non poderán facer uso do servizo de comedor usuarios/as con recibos pendentes de

pago.

14. O servizo de comedor comezará o primeiro día do comezo das clases e rematará o

último día das clases.

Page 53: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

4

SERVIZOS QUE SE PRESTAN

O servizo do comedor (almorzo e xantar) é exclusivo para o alumnado matriculado

no centro e que o solicite, polo que non pode permanecer no centro en horario destes

servizos o alumnado que non sexa usuario do mesmo.

Ofrece o servizo de almorzo e xantar.

1. ALMORZO

Horario

Pódese acoller a este servizo o alumnado que veña a almorzar ou o que o faga na casa,

sempre pagando a cota establecida, en horario de 7:30 ata 8:30. A partires desta hora,

pecharanse as portas.

Forma de acceder

Para asistir ao almorzo chega con acudir no horario do mesmo (7:30 a 8:30) tras ter

dados os datos enchendo a ficha correspondente (Anexo A).

2. XANTAR

Horario

Este servizo funciona con horario de 14:00 ata as 16:00.

Forma de acceder

Todos/as os/as usuarios/as que asistan ao xantar teñen a obriga de comunicar ás 9:00

a asistencia.

o Alumnado de educación infantil: avisando á encargada do comedor, á conserxe

de infantil ou ás titoras.

o Alumnado de primaria deben apuntarse no rexistro que hai nas portas da aula

A encargada de comedor revisa os rexistros e anota as comidas necesarias

para ese día.

O alumno/a que por un imprevisto teña que anular o servizo de comedor debe facelo

antes de 10:00 h. De non facelo, deberá aboar o seu cuberto xa que xa está encargado á

empresa.

Do mesmo xeito, calquera familia que, por causas de última hora desexe apuntar ao

seu fillo/a ao servizo de comedor, deberá notificalo sempre antes das 10:00 h.

Ao remate da xornada escolar o alumnado de comedor acude ao ximnasio a deixar

as pertenzas. O alumnado de educación infantil é acompañado polos adultos ata o

comedor. Non se permite regresar ás aulas, agás se ten permiso do persoal adulto do

centro.(profesorado /persoal non docente).

Saída do alumnado

Como norma xeral a saída do alumnado será as 16:00 h.

Page 54: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

5

Por conciliación da vida familiar, extraordinariamente ábrese outra quenda de

recollida de 15:10 a 15:15 h. debendo solicitar con anterioridade a saída nesta

quenda. (Anexo B)

Non será posible a recollida ordinaria do alumnado fóra desta quenda xa que iso

suporía non poder garantir a atención axeitada ao resto do alumnado.

As portas permanecerán pechadas durante todo o horario do servizo de comedor;

so se abrirán no horario de recollida do alumnado e sempre estarán vixiadas por

un monitor/a.

Á hora de recoller ao alumnado, as familias agardarán na entrada.

No caso de recollida do alumnado por unha persoa diferente ao seu pai/nai,

titor/a deberá asinar un permiso (Anexo C)

MONITORES/AS

O servizo de almorzo e xantar está atendido por monitores/as, cunha persoa

encargada. O número de monitores/as depende do nº de alumnos/as que demandan o

servizo, establecendo:

1 monitor/a por cada 18 alumnos/as.

No caso de que como media mensual o alumnado comensal se vexa incrementado

nun 20%, incorporarase un novo monitor/a.

Valorarase a incorporación de:

o 1 monitor/a sempre que se acaden ou superen os 28 alumno/as comensais

fixos de Educación infantil e

o 2 monitoras/es no caso de acadar ou superar os 40 alumnos/as comensais

fixos.

A relación de monitores estará exposta no taboleiro de anuncios do comedor.

CATEGORÍA DO COMEDOR

Segundo establece o decreto de comedores, o comedor do CEIP Isaac Peral é de categoría

A, ata 75 comensais. Cando a demanda supere ao aforo que é de 75 comensais, darase

prioridade ao

1. Alumnado becado

2. Alumnado que ven todos os días

3. Alumnado de E. Primaria, por ser unha etapa obrigatoria

4. Alumnado de E. Infantil, priorizando aos de maior idade.

Page 55: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

6

NORMAS DO SERVIZO DE COMEDOR

1. O servizo de comedor é exclusivo do alumnado matriculado no centro.

2. Ningún alumno/a que non está apuntado ao comedor pode permanecer no mesmo

despois das 14:00.

3. Sempre deberá haber unha persoa responsable do alumnado nas diferentes ubicacións.

4. Durante o horario do comedor, os/as alumnos/as cumprirán as normas de hixiene e

comportamento que están recollidas nas normas de organización e funcionamento do

centro (NOF) e aprobadas polo Consello Escolar. Estas normas, no relativo ao comedor

escolar, estarán expostas no taboleiro da entrada do comedor

PARA O ALUMNADO

Educación para a convivencia

- Respectar e obedecer aos adultos que organizan o comedor

- Tratar aos compañeiros de comedor con respecto, sen insultalos e sen pelexar.

- Deberá respectar o tempo de comida dos seus compañeiros, sen erguerse da

mesa.

Todo alumno que non cumpra estas normas pode ser privado

do dereito do servizo de comedor, primeiro por un

determinado tempo e, se ao seu regreso non amosa ter

adquiridas as normas, deberá prescindir de este servizo

durante o resto do curso escolar.

Educación para a saúde.

- Antes de comer, os alumnos lavarán as mans.

- Despois de comer cepillarán os dentes. A tal efecto, cada alumno aportará

unha bolsa persoal cos útiles de hixiene necesarios. Os nenos/as deberán

levar cepillo e pasta de dentes, así como un vasiño para facer a enxaugadura,

dentro dunha bolsiña ou neceser co seu nome no exterior. Este kit de limpeza

de dentes será levado a casa para súa revisión, limpeza e cambio se é

necesario, ao finalizar cada trimestre.

Adquisición de hábitos sociais:

- As entradas e saídas realizaranse ordenadamente e evitarase arrastrar a

cadeira ao sentarse ou levantarse.

- Mentres permanezan no comedor tratarase de instruír ao alumno de forma

personalizada no emprego axeitado dos útiles e nas normas da mesa.

o Sentarse ben evitando apoiar os cóbados na mesa.

o Comer coa boca pechada

o Facer uso correcto dos panos da mesa e dos cubertos.

Page 56: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

7

o Probar de todo e non desprezar ningún alimento.

o Pedir as cousas por favor e dar as grazas

o Falar en voz baixa, evitando elevar a voz.

A PERSOA RESPONSABLE DO COMEDOR :

Será a encargada de controlar diariamente:

Aspectos organizativos:

O número de comensais

A temperatura dos pratos

A limpeza e desinfección

O cloro da auga

O control do número de comensais e a temperatura dos pratos será entregada á

Dirección do centro ao finalizar o mes. Unha copia deste documento será

entregada pola dirección do centro á persoa encargada do comedor no Consello

Escolar.

Aspectos de conduta:

Ante condutas contrarias ás normas::

Deberase cubrir un parte de incidencias (Anexo D)

Entregarase á Dirección ou Xefatura de Estudos do centro, quen

resolverá seguindo as Normas de Convivencia, as sancións establecidas.

DENDE O CENTRO

Informarase as familias:

Do funcionamento do comedor,

Dos menús mensuais

Do comportamento inapropiado, se fora o caso, e das propostas para a súa

corrección.

MENÚS

MENÚS ORDINARIOS

o A lista de menús ordinarios deberá incluír os menús de modo que non se repita

ningún ata non ter servido os restantes.

As familias e os compoñentes do consello escolar serán informados dos menús mensuais.

Enviaráselles una copia dos menús por e-mail.

Publicarase na páxina web do centro.

Estarán no taboleiro de anuncios do comedor.

Page 57: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

8

MENÚS ESPECIAIS DE RÉXIME

Elaborarase un menú especial, sen modificación específica no prezo do menú cando exista

algún alumno/a que teña algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria:

- Deberá presentar informe médico ante a dirección do centro.

No primeiro Consello escolar informarase do número de menús especiais que se serven no

centro.

PAGO DE CUOTAS

1. O prezo dos menús quedará fixado ao comezo de curso, dándoselle publicidade

dende o colexio a través da páxina web e dos taboleiros.

2. Os pagos:

- Serán domiciliados a través do banco (Anexo A)

- Ao acceder por primeira vez ao servizo deberá cubrir un impreso. (Anexo A)

e entregalo á persoa responsable do comedor ou na secretaría do centro.

3. O alumnado que reúna os requisitos poderá solicitar beca ao Concello:

- Poderá ser total ou parcial

- Deberán comunicar as faltas de asistencia ao servizo e xustificalas.

ACCESO AO SERVIZO DO COMEDOR

Co obxecto de cumprir a normativa hixiénico-sanitaria e para garantir o normal

desenvolvemento do servizo de comedor, non se permitirá o acceso a ningunha persoa

allea ao servizo agás:

O persoal de Inspección de Sanidade da Xunta de Galicia.

Persoal do propio centro: dirección, profesorado ou nai o pai representante do

comedor no Consello Escolar.

Persoa do Concello de Ferrol que asuma a responsabilidade e control do prego de

prescricións.

INFORMACIÓN DO SERVIZO DO COMEDOR

Este documento e toda a información relativa ao servizo de comedor estará a disposición

de toda a comunidade educativa:

No taboleiro de anuncios do comedor.

Na páxina web do centro.

Page 58: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

9

Este documento forma parte das Normas de Organización e Funcionamento do centro. (NOF)

Foi aprobado no Consello Escolar con data 10 de outubro de 2017

Poderá será revisado, por causas razoadas previa solicitude de forma regulamentaria, cando algún dos

membros que compoñen o Consello Escolar o considere oportuno.

Darase publicidade do presente regulamento aos usuarios do comedor para o seu coñecemento.

Page 59: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

10

ANEXO A

ANEXO A

Page 60: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

11

Page 61: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

12

CEIP Isaac Peral Avda Mac Mahón s/n

15403 Ferrol

Tfno 981 35 46 99

SOLICITUDE RECOLLIDA DO ALUMNO DO COMEDOR ESCOLAR

ANTES DAS 16:00

D/Dona......................................................................... pai/nai/titor legal do/a

alumno/a............................................................................................................................., do curso

SOLICITO A RECOLLIDA DO ALUMNO/A ÁS ………………………. POR

…………………………………………………………………………………………………………

…………………………………………………………………………………………………………

…………………………………………………………………………………………………………

…………………………………………………………………………………………………………

…………………………………………………………………………………………………………

…………………………………………………………………………………………

Asdo:

Ferrol, a .........................de ..............................de.........................

ANEXO B

Page 62: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

13

CEIP Isaac Peral Avda Mac Mahón s/n

15403 Ferrol

Tfno 981 35 46 99

SOLICITUDE RECOLLIDA DO ALUMNO DO COMEDOR ESCOLAR

POR OUTRA PERSOA NON TITORA

D/Dona............................................................................................ pai/nai/titor legal do/a

alumno/a......................................................................................................................, autorizo a

………………………………………………………………………………… con DNI

………………………………………….. a recoller ao meu fillo/a do servizo de comedor o día

……………………………………..

Asdo:

Ferrol, a .........................de ..............................de.........................

ANEXO C

Page 63: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal 17_18.pdf · 4.1 actividades complementarias 2 ... o.u. 5. o xade web, ... equipo de act. complementarias / extraescolares esp.inglés

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

14

CEIP Isaac Peral

Avda Mac Mahón s/n 15403 Ferrol

Tfno 881 93 92 10/18

REXISTRO DE INCIDENCIA DE CONDUCTA

DATA____/____/_______ MONITOR/A

ALUMNO/A

Resumo do acontecido:

ANEXO D

Ferrol a …………… de ………………………… de 2107

Asdo.