14
CONCIERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA

PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

CONCIERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN

PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA

Page 2: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

PLANTEAMIENTO

CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN

Temática: Narración musical

Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO.

Temporización da unidade didáctica: 2 sesións

Material de traballo:Coñecemento dos instrumentos que se presentan no concerto.Iniciación á percusión corporal.

1

Page 3: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

2

ODAIKO PERCUSSION GROUP

ÍNDICE

•Músicos e persoal técnico..............................................................páx. 3

•Curriculum Vitae.............................................................................páx. 4

•Sinopse...........................................................................................páx. 5

Xéneros e estilos musicais

Instrumentos

•O rincón do sabio...........................................................................páx. 6

Page 4: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

3

ODAIKO PERCUSSION GROUP

MÚSICOS

Juan Collazo

Antonio Ocampo

Paulo Silva

Lester Rodríguez

PERSOAL TÉCNICO

Xiana Lastra

Xurxo Guzmán

Sergio González

Page 5: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

4

ODAIKO PERCUSSION GROUP

CURRICULUM VITAE

Integrados por licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz no Real Conservatorio da Haya (Holanda) e a Universidade de Bahía(Brasil), fórmase en Holanda no ano 2003.

Pese a que se coñecen en Galicia non foi ata chegar a Holanda cando contemplaron a posibili-dade de tocar xuntos, primeiro como dúo, logo como trío e máis tarde como Odaiko Percussion Group.

A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicional multiétnica e da súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade que esta supón.

Este grupo galego estivo presente nos principias festivais de todo o mundo, como o Esteve Reich Festival (Holanda), TIP Taiwán, Nancy Zeltsman Marimba Festival (EE.UU), Facyl (Salamanca), Fes-tival de Ortigueiera (Galicia)…

A riqueza desta agrupación está na interese dos seus membros pola búsqueda de novas visións percusivas e da súa colaboración cos artistas máis significantes do panorama cultural actual.

Entre os seus proxectos futuros están un espectáculo de danza coa axuda do CCGAG, un estreno para banda de música e Odaiko realizado polo seu compositor Adrián Saavedra e o novo espec-táculo multiétnico que sairá no 2012.

Page 6: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

5

ODAIKO PERCUSSION GROUP

SINOPSE

Cunha idade de 12 anos, o noso personaxe, chamado Xulián, adéntrase no mundo da música, sendo a percusión o que máis o cautiva.

Dende o remoto rural, de onde provén, comeza unha historia paralela como resposta a unha pre-caria situación percusiva, pero será neste momento cando se pon a pensar en que a percusión é máis que uns artiluxios fabricados para a súa interpretación, e comeza así a súa aventura na búsqueda de novos sons que o levarán a experimentar dendo co seu corpo, ata cos obxectos máis comúns.

Co paso do tempo, o noso amigo Xulián constituirá o seu propio ensemble de percusión, ó que chamará “Percaico”.

XÉNEROS E ESTILOS MUSICAIS

• Música Sinfónica (Carmen de Bizet)

• Música africana

• Música brasileira

• Música Latina

• Flamenco

• Tecno

INSTRUMENTOS

Instrumentos de placas

Marimba

Vibráfono

Instrumentos de membranas

Timbais

Congas

Bongos

Agogos

Dum dums

Surdos

Repenique

Pandeiro

Djembés

Batería TAE

Page 7: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

6

ODAIKO PERCUSSION GROUP

O RINCÓN DO SABIO

Sabías que...

• Os instrumentos de percusión pódense agrupar en idiófonos e membranófonos.

Idiófonos:

Instrumentos construídos a partir dunha materia orgánica ou inorgánica virxe.

Membranófonos:

Instrumentos construídos a partir dunha materia orgánica ou inorgánica, con necesidade dunha pel, que pode ser animal ou sintética.

• Os instrumentos idiófonos e membranófonos divídense á súa vez en son determinado e inde-terminado.

Son determinado:

Son aqueles que se poden axustar para que produzan un son concreto (timbais, instrumentos de placas...)

Son indeterminado:

Son aqueles que dependen da súa composición para cambiar de son (batería,tambores, madei-ras…).

Page 8: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

7

ODAIKO PERCUSSION GROUP

O RINCÓN DO SABIO

Historia “ A orixe”

Dende o pasado, os instrumentos máis ancestrais e primarios foron os de percusión, e máis concre-tamente os de entrechoque ou idiófonos, que son os construídos por materiais sonoros e que non necesitan tensións adicionais para producir sons.

Estes instrumentos, se ben na súa orixe foron de materiais primitivos como o óso, pedra ou ma-deira, este foron evolucionando na súa construción. Aparecen troncos rebaixados para lograr unha caixa de resonancia e son percutidos con ósos a modo de baquetas. Finalmente incorpórase ao tronco unha pel de animal a modo de membrana, e desa maneira aparece o primeiro vestixio da familia dos membranófonos (instrumentos que precisan da pel para soar).

Coa aparición e o uso do ferro seguen aparecendo instrumentos idiófonos pero xa máis traballa-dos, co fin de obter deles un son máis concreto (cencerros e esquilos). O mesmo sucede co barro e as cuncas do mesmo, que pasan de ser un instrumento cotiá a ser un instrumento percusivo ( ex. Udu) ou engadindo unha membrana “os ketledrams”.

Os instrumnentos utilizados:

1. Provintes de África

Djembe

Crése que a súa orixe foi no 900 a.C. na tribu dos maninca, que significa persoas de mando, aínda que hai quen data esa orixe no 1300 a.C.. Dende aquí o djembé emigrou a outras zonas como Senegal, Nixeria, Guinea, Costa de marfil e Burquina Faso.

Pénsase que foi creado polos numu, artesáns talladores de madeira, que eran considerados como os gardiáns de certos poderes. Eles encargábanse de esculpir o corpo dos djembés e tocalos. O djembé coñécese neses lugares por ser un tambor con dotes curativos, de ahí que se usa-ran en ritos sagrados, nacementos, bodas e funerais, acompañado doutros instrumentos coma o dundun, o balafón e o shekere. O djembé ten diferente rítmica, moi rica e variada. Podem-os nomear algúns ritmos coma o Mandiany, empregado nos traballos agrícolas, o Doundum-ba, empregado nas bodas, ou o Wolosodon, para os bautizos e a cerimonia da circuncisión.

Page 9: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

8

O RINCÓN DO SABIO

Os ritmos irixinais do djembé foron mudando ao longo do tempo adaptándose ós tempos mod-ernos e integrándose con outros tipos de música. A forma en que ritmos coma o Sunu ou o Doun-dumba se foron transmitindo de xeración en xeración durante séculos, foi mediante un complexo sistema silábico e vogal das linguas africanas. Os mestres cantaban os ritmos ós seus alumnos e estes practicábanos.

A primeira expansión prodúxose no s.XVIII pola tribu Diola que eran comerciantes pero foi no 1950 cando o djembé se deu a coñecer por todo o mundo gracias á xira que levaron a cabo a formación “Les Ballets Africains” do guineano Fodeba Feita. Este grupo tivo un impacto considerable e fixo que o djembé se coñecera máis alá das súas fronteiras tradicionais. Outro factor que axudou na divulgación foron as continuas emigracións a Europa e a EE.UU.

DumDum

Crese que se orixinou como o Djembé , en Mali. No seu país de orixe tocábase habitualmente un só, tamén coñecido co mesmo nome. Normalmente estes instrumentos están agrupados en tres elementos de diferentes tamaños.

Grazas ás diferentes medidas, soan de diferente maneira sendo o Dunumba o máis grave, o Sang-ban, o medio (o principal) e o kenkeni o máis pequeño e agudo. A estrutura dos tres é a mesma, un cilindro de madeira que ten na súa parte superior e inferior un parche de pel (normalmente de

vaca) suxeito por cordas verticais. A súa colocación pode ser apinados en sentido horizontal ou de pé sobre patas de madeira. Golpeábanse con paus de madeira para conseguir sacar un bo son. Dependendo da posición da madeira no parche pódense sacar diferentes sons. Ós DumDums pódeselles colocar unhas campás para combinar o son agudo e metálico da campá co son grave do DumDum.

ODAIKO PERCUSSION GROUP

Page 10: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

9

Talking Drum

Instrumento provinte de África do Oeste. Aínda que pareza mentira, a variedade de sons extraíbles deste instrumento é pas-mosa. O seu nome vén dado pola comunicación que establece o percusionista que o toca (similar a un director de orquestra) co resto, comunicación difícil de entender, a non ser que fora ini-ciado nesta linguaxe nas tribus que se orixinan. Podería dicirse que o Talking Drum fala por si só e os demais obedecen.

2. Provintes do Brasil

Surdos

Membranófono introducido no brasil a través dos portugueses. O seu son é grave e pódese comparar ó do bombo tradicional ou ó da batería. Percútese empregando unha maza nunha man, mentres que a outra reposa intermitentemente sobre o parche, creando a sincopación rítmica tan característica da samba. Nas batucadas os surdos son normalmente de tres tamaños diferen-tes creando así un pulso estable e moi sonoro.

Repiques

O repenique tócase cunha baqueta nunha man, mantendo a outra libre, e é a responsable da maioría dos ritmos da samba e das chamadas para calquera cambio rítmico. Normalmente con-strúense en aluminio ou madeira.

ODAIKO PERCUSSION GROUP

O RINCÓN DO SABIO

Page 11: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

10

Agogos

Instrumento construído por unha ou varias campás unidas entre si por unha barra de metal flexible que serve de unión para per-cutirse entre elas.

Os agogos soen aportar unha pequena melodía ao combo brasileiro e acostúmase a tocalos cunha baqueta de madeira.

Pandeiro

Membranófono parecido á pandeireta galega, pero con dúas peculiaridades: unhas sonaxas menos sonoras e unha técnica diferente.

Ó contrario que a galega, esta emprégase de maneira tímbrica e rítmica, xa que se aproveita a súa parte grave.

3. Provintes de España

Caixón flamenco

Hai infinidades de crenzas sobre a súa orixe. Na actualidade peruanos e cubanos dispútanse esta orixe, en calquera dos casos o seu son empeza a marcar a diferenza necesaria como para acercarse na súa propia parcela dentro da historia popular.

Sábese que en tempos da colonización cubana os españois flok-loreaban as súas longas horas de viaxe marítimo acompañados por caixas de peixe e dos acordes da guitarra flamenca. Afincala e perfeccionala na illa durante décadas, interpretou un papel moi importante na música tradicional ata que Paco de Lucía im-portaba o primeiro para España, para cederlle un cargo moi im-portante á métrica flamenca.

ODAIKO PERCUSSION GROUP

O RINCÓN DO SABIO

Page 12: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

11

4. Provintes de Cuba

Bongoes

Instrumento membránofo de entre 5” e 10” que se toca orixi-nalmete no medio das pernas. A súa construción pode ser de madeira ou fibra e a súa pel natural ou sintética. É o instrumento que máis improvisa dentro da música caribeña.

Congas

Podemos dicir que é o pai dos bongoes e que se agrupan en quinto, tumba e conga según o seu tamaño. Son orixinarios dun tambor africano, aínda que a súa construción provén dos países latinos. Soe ser tocado coas mans.

Cencerro

Metal con forma de campá pequena que marca un ritmo estable na música latina. Este mesmo instrumento serve para colgar nos animais salvaxes e así poder localizalos. O seu tamaño varía se-gundo o seu uso e incluso pode levar un golpeador dentro.

Timbais ou pailas

Aínda que leva o mesmo nome que os instrumentos sinfónic-os, este é diferente, aínda que tamén está construído de met-al e membrana. Chámanselles timbais porque antigamente tocábanse nos timbais sinfónicos. Este utilízase tocando na cás-cara e no parche indiferentemente. Un dos grandes timbaleiros deste xénero é Tito Puente.

O RINCÓN DO SABIO

ODAIKO PERCUSSION GROUP

Page 13: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

12

Claves

Instrumento idiófono creado a partitrde dous pedazos cilíndri-cos de madeira. Na música latina soen ser coñecidas por levar o beat latino, chamado clave.

5. Instrumentos actuais

Marimba

Tal e como a coñecemos dende o s.XX é un instrumento de placas de madeira afinadas, dispostas en forma de teclado (coma un piano). Podería dicirse que é un xilófono de son máis grave e amplo. Grazas aos seus tubos resoantes, situados de-baixo de cada placa, a marimba é un instrumento cun son re-dondo e forte.

O seu son prodúcese ao golpear as láminas cunhas baquetas feitas de mago de madeira e bola de caucho, aínda que na actualidade este caucho vese recuberto por fíos de lá.

Aínda que a maioría de historiadores localizan a orixe da marimba en África provinte dos balafóns e instrumentos similares que alí se encontraron, tamén hai indicios de que México e Guatemala ponderan ser a cuna dunha marimba máis parecida á actual.

Vibráfono

Inventado no 1920, está construído seguindo as mesmas leis que o xilófono aínda que con placas de metal. Ademais dun instrumento de láminas, tamén é un in-strumento de carácter eletromecánico, xa que posúe un peque-no motor eléctrico que pon en rotación un sistema de paletas re-dondas situadas baixo as placas dentro dos tubos resonadores. Estas paletas co seu movemento xiratorio, abren e pechan a ab-ertura dos tubos creando como unha ola sonora.

O RINCÓN DO SABIO

ODAIKO PERCUSSION GROUP

Page 14: PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA - … · PLANTEAMIENTO CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN Temática: Narración musical Dirixido a: Alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO. Temporización

13

As láminas de aceiro do vibráfono poden ser percutidas mediante diferentes tipos de baquetas (brandas, duras ou medias). A extesión do vibráfono soe ser de 3 oitavas aínda que na actuali-dade xa existen ata de 4.

O vibráfono é un instrumento de amplas posibilidades sonoras, que se conseguen mediante o emprego de diferentes percutores ( a xema dos dedos, arcos de instrumentos de corda, diferen-tes metais….) Isto fai deste instrumento un dos máis empregados no mundo da música contem-poránea, de ahí que o seu primeiro uso jazzístico se vexa compartido agora con outros estilos.

L RINCÓN DEL SABIO

O RINCÓN DO SABIO

ODAIKO PERCUSSION GROUP