7
Elaboración e Coordinación: Asemblea de Mulleres do STEG Organización de Mujeres de STES-i Organización de Mujeres de Confederación Intersindical Área de Publicaciones de la Confederación Intersindical. Deseño e maquetación: Área de Publicaciones de la Confederación Intersindical e Paula Gómez del Valle. Tradución: Pía Outeiriño Calle e Lois Pérez Díaz Edición e Distribución: Asemblea de Mulleres do STEG STEG Enderezos electrónicos: [email protected] [email protected] [email protected] | [email protected] Web: www.steg.gal www.stes.es Esta publicación ou cualquera parte da mesma pode ser reproducida e distribuída libre- mente y distribuir libremente, aínda que nos gustaría que nos citárades 2 Propostas Didácticas - 8 de marzo de 2016 - STEG-STEs

Propostas Didácticas - 8 de marzo de 2016 - STEG-STEs 28...2018/02/26  · Cada un dos grupo-clase investiga sobre mu-lleres de nacionalidade española que destaquen ou destacasen

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Propostas Didácticas - 8 de marzo de 2016 - STEG-STEs 28...2018/02/26  · Cada un dos grupo-clase investiga sobre mu-lleres de nacionalidade española que destaquen ou destacasen

Elaboración e Coordinación: Asemblea de Mulleres do STEGOrganización de Mujeres de STES-i Organización de Mujeres de Confederación Intersindical Área de Publicaciones de la Confederación Intersindical.

Deseño e maquetación:Área de Publicaciones de la Confederación Intersindical e Paula Gómez del Valle.

Tradución: Pía Outeiriño Calle e Lois Pérez Díaz

Edición e Distribución: Asemblea de Mulleres do STEGSTEGEnderezos electrónicos: [email protected] [email protected]@stes.es | [email protected]: www.steg.gal www.stes.es

Esta publicación ou cualquera parte da mesma pode ser reproducida e distribuída libre-mente y distribuir libremente, aínda que nos gustaría que nos citárades

2Propostas Didácticas - 8 de marzo de 2016 - STEG-STEs

websteg
Texto escrito a máquina
websteg
Texto escrito a máquina
websteg
Texto escrito a máquina
websteg
Texto escrito a máquina
8
websteg
Texto escrito a máquina
Page 2: Propostas Didácticas - 8 de marzo de 2016 - STEG-STEs 28...2018/02/26  · Cada un dos grupo-clase investiga sobre mu-lleres de nacionalidade española que destaquen ou destacasen

educación infantil

Con estas actividades pretendemos que todo o alumnado analice as desigualdades que existen entre homes e mulleres e que, dende a educación, adqui-ran un espírito crítico ante esta desigualdade así como que a igualdade sexa o eixo principal nas súas relacións.

Todas as actividades que expoñemos son orien-tadoras. Cada docente pode adaptalas, modificalas, amplialas… en función das súas necesidades.

Xustificación O Feminismo desenvolveuse e desenvólvese,

como un proceso fundamental para a consecución dos valores sociais de igualdade e de liberdade na so-ciedade, de tal xeito que consideramos a importancia de desvelalo ao noso alumnado.

A pesares dos avances e leis desenvolvidas para favorecer a igualdade, contra as violencias machis-tas e do pacto de estado contra a violencia de xénero, as mulleres seguimos sufrindo violencias patriarcais en todos os ámbitos que nos rodean: familiar, social, laboral e, ultimamente, estamos a observar que a violencia institucional está a ser analizada como un tipo de violencia moi daniña para as mulleres

1ª . Pinocho será azafato.En asemblea preguntamos ao alumnado polos seus

personaxes de debuxos ou contos favoritos: Dora a ex-ploradora, Pinocho…Unha vez elixan aos máis nomeados, imaxinarán que profesión poderían realizar estes se fosen adultos ou adultas. Poden servir de axuda imaxes para que os poidan asociar. Unha vez elixida a profesión para cada personaxe, preguntaremos polo motivo, tentando desmi-tificar estas profesións cun xénero determinado. Noutra sesión visitarannos nais do cole que realicen traballos considerados habitualmente “masculinos” e tamén ao contrario, contribuíndo a desaprender os mitos de xénero en canto ás profesións.

2ª. Eu elixo os meus xoguetes.Utilizamos como recurso inicial un vídeo titulado Riley

e a cor rosa que, aínda que está subtitulado, podémolo ir relatando. Riley é unha nena norteamericana de catro anos que reflexiona sobre a cor rosa, as princesas e os super-heroes, rompendo cos estereotipos dos xoguetes “para nenos e para nenas”.

https://www.youtube.com/watch?v=EXzBuM2NCTATras o visionado, abriremos un debate sobre o tema,

analizando os diferentes posicionamentos do alumnado e facendo fincapé na libre elección dos xoguetes, con inde-pendencia da cor e función. Ese día probarán a xogar en clase cos xoguetes que consideraban do sexo contrario. Tras a actividade preguntaremos que lles pareceu a expe-riencia.

ACTIVIDADES EN INGLÉS(from https://humaneeducation.org/resources/grow/)1. What do you want to be in the future?This activity aims to help students think critically about gender stereotyping in

Jobs.MATERIALS • paper, writing and drawing utensils (markers, crayons, etc.) • pictures showing men and women in traditional and non-traditional gendered

careersPROCEDURE:1. Ask students about the Jobs they know, and have a Little talk with them (you

can show them the pictures, and even mime the jobs)2. Tell students they are going to draw pictures of people doing their jobs

(emphasize that they are NOT drawing themselves in these jobs, but rather adults).3. Give each student a large piece of paper folded into fourths and ask each child to draw

four of the professions that you name. Alternative: Assign groups different professions and have each student in that group draw only that one profession.

4. Choose an equal mix of jobs traditionally thought of as “male” and “female” (e.g., fire fighter, nurse, doctor, police officer, construction worker, secretary, teacher, professio-nal athlete) and name them for your students to draw (depending on the format you’ve chosen). Note: Be sure not to say “man” in the names (i.e., use fire fighter instead of fire-man).

5. When students have completed their drawings (or time is up) have students gather in a circle together and share their drawings.

6. First compliment their pictures or notice things they did, to set a positive tone.7. Then lead a discussion. First, begin to point out/ have them point out if they notice

anything about whether the workers for certain professions are mostly/all men or wo-men. For example: • I notice that everyone who drew a firefighter drew a man. Why do you suppose that is? • Have you ever seen fire fighters who are not men? (e.g., remember that the fire fighter who talked to us at the last fire drill/who was in last week’s story was a woman!) • When we see fire fighters in movies/ cartoons/ toys (you can find examples for them to look at), are they men or women? Why do you think that is?

8. Discuss: Do men have to be x (use examples from their drawings) and women have to be y? Show pictures of women and men engaged in nontraditional job roles and encourage students to talk about them.

9. Ask students what jobs/careers they might like to have when they grow up. If time allows, encourage them to draw themselves engaged in the job(s) they mentioned, and share these (you may wish to post them on the wall with a heading such as “When I Grow Up I Can Be Anything I Want to Be”). EXTENSION Have students be stereotype detectives and check books, Lego sets, toys, etc., for gender stereotyping.

Obxectivos1. Fomentar relacións de equidade entre xéneros.2. Visibilizar a aportación das mulleres na sociedade.3. Empregar os medios de comunicación como fonte

de información.4. Crear espírito crítico diante da desigualdade entre

homes e mulleres.5. Corrixir determinados aspectos da realidade a tra-

vés dunha situación lúdica.6. Visibilizar a xenealoxía dos movementos de mulle-

res con obxectivos feministas.7. Recoñecer a contribución do feminismo ao desen-

volvemento das sociedades democráticas.8. Visibilizar e valorar a loita de tantas mulleres en

prol da consecución dos nosos dereitos.9. Potenciar o empoderamento das mulleres, dentro

e fóra do centro educativo.10. Sensibilizar o alumnado sobre a importancia do

traballo en equipo.11. Desvelar os estereotipos culturais-sexistas exis-

tentes nas relacións e tarefas familiares.12. Desenvolver a cultura da igualdade nas diferentes

relacións humanas, no centro educativo e fóra del.13. Potenciar a educación emocional como parte im-

portante da personalidade da/do adolescente.

Educación Infantil

14. Sensibilizar o alumnado sobre a loita contra as violencias machistas.

15. Coñecer os principais micromachismos (violen-cia simbólica) presentes na nosa sociedade.

16. Reflexionar sobre o dereito das mulleres a ser nais ou non.

17. Identificar os elementos da violencia institucional.18. Reflexionar sobre os diferentes xeitos de reivindi-

cacións das mulleres.19. Identificar os cambios nas condicións de vida das

mulleres e o recoñecemento das súas reivindica-cións.

20. Reflexionar sobre a igualdade entre homes e mu-lleres nas condicións laborais.

21. Identificar as medidas que contribúen a paliar a desigualdade no ámbito laboral.

.MetodoloxíaO alumnado terá un papel activo. A través da inves-

tigación irán descubrindo novas situacións. Fomen-tarase o traballo en grupo, o diálogo e o debate para así conseguir unha aprendizaxe significativa. O papel do profesorado será orientar e guiar o alumnado, así como motivalos.

A EQUIDADE, a Nosa META

prop

osta

did

áctic

a

Page 3: Propostas Didácticas - 8 de marzo de 2016 - STEG-STEs 28...2018/02/26  · Cada un dos grupo-clase investiga sobre mu-lleres de nacionalidade española que destaquen ou destacasen

actividades6 a 9 anos

“A equidade, a nosa meta”1.-A profesora ou profesor preguntará se coñecen a palabra “equidade”, terán como tarefa preguntar

na casa o significado e traerano escrito nunha cartolina, farase unha posta en común coas respostas anotadas na casa e falaremos en clase do significado.

2.- A profesora ou profesor preguntará se se trata por igual a mulleres e homes, finalmente faremos un mural coas conclusóns.

______________________________________________________________________________

O equipo docente do tramo fai unha proposta de actividades de investigación aos diferentes grupos (4º, 5º e 6º) co fin de reflexionar sobre a importancia de conmemorar o Día Internacional da Muller.

Cada un dos grupo-clase investiga sobre mu-lleres de nacionalidade española que destaquen ou destacasen nalgunha disciplina como as cien-cias, a literatura, as artes, a política… para final-mente facer en asemblea unha produción común ao tramo.

Séguese a seguinte estrutura: cada grupo-clase divídese en grupos coope-rativos, sendo a súa principal característica a heteroxeneidade e a paridade. En cada grupo elíxense 2 mulleres das que se propuxeron para a clase e faise unha ficha bibliográfica sinxela na que se recollan os seguintes datos:

-Data e lugar de nacemento e/ou falecemento se é o caso.-Fotografa o máis actualizada posible. -Cal é a súa profesión e en que destacou.

actividades12 a 15 anos

Aktivitäten für sechs bis neunjährige“Unser Ziel: die Rechtligkeit”1.- Die Lehrerin oder Lehrer fragt nach dem Wort “Rechtlichkeit”. Als Hau-

saufgabe sollen die Schüler ihre Eltern nach der Bedeutung fragen. Sie bringen die Antwort, die sie auf einer Pappe eingetragen haben, wieder in die Schule

zurück. Danach werden sich die Schüler mit den verschiedenen Begriffen der Eltern beschäftigen und ihre Meinung äuβern.

2.- Die Lehrerin oder Lehrer stellt die Frage: Werden Frauen und Män-ner gleichberechtigt behandelt? Und dann machen sie ein Wandbild mit den Schlussfolgerungen.

Estes datos téñense que presentar nun folio A4, apaisado, co nome da muller decorado e rotulado, nun lado a foto e o desenvolvemento escrito de maneira clara e lexible de lonxe.

Unha vez se teñen os datos, hai que preparar a exposición oral. Farase unha exposición de cada traballo, de xeito que todo o alumnado teña coñecemento das mulleres sobre as que se in-vestigou.

Como traballo de todo o tramo levarán a cabo dúas actividades: 1- Decoración da biblioteca do centro con todas as biografías das mulleres

traballadas. Farase a modo de bandeirola que se unirán con fío forte ou con lá para colgar de parede a parede de xeito que cando se entre na aula queden por enriba das cabezas e se vexan claramente e sexa de doada lectura.

2- Realizarase unha asemblea de curso no que os/as portavoces dos grupos expliquen cal foi a súa experiencia con respecto ao traballo, e a asemblea poida sacar conclusións sobre a importancia da visibilidade da muller en todos os eidos da vida.

1.- Ante as desigualdades que sufrimos as mulleres en distintos ám-bitos, por grupos debedes elixir unha das desigualdades aquí reflectidas (documentación extraída da web ONU Mulleres) e buscar posibles solu-cións para erradicar estas desigualdades.

2.- Realizaremos un mural entre toda a clase con carteis como os ante-riores, pero cos datos que deberían figurar se non existisen as desigual-dades que hai na actualidade.

proposta didáctica

Page 4: Propostas Didácticas - 8 de marzo de 2016 - STEG-STEs 28...2018/02/26  · Cada un dos grupo-clase investiga sobre mu-lleres de nacionalidade española que destaquen ou destacasen

33 COUSAS QUE NON SABES QUE FORON INVENTADAS POR MULLERES.

1. Facer unha rolda de preguntas de cousas que se inventaron e quen ou quen son os autores ou as autoras das mesmas.

2. Valoramos cantas da persoas inventoras son homes e cantas mulleres.3. Preguntámonos por que sabemos máis nomes de homes inventores e en xeral impor-

tantes na historia, reflexionamos sobre iso.4. Rematamos co vídeo “33 cousas que non sabes que foron inventadas por mulleres” e

posterior conversa sobre o coñecemento dalgunha delas e por que as descoñecemos a maio-ría.

https://www.youtube.com/watch?v=QaQTHyHEAPM

actividades15 a 18 anos

ACTIVIDADE: Movendo o xénero TEMPO: 20 min.

OBXECTIVOS:- Visualizar diferentes comportamentos asociados a cada xénero e a correspondencia que pode

ter no grupo clase.- Tomar conciencia de como nos condicionan os estereotipos de xénero e como non contemplan a

diversidade da realidade do propio grupo.

CONTIDOS:- Identidade de xénero.

DESENVOLVEMENTO:- Dividir a clase en dous grupos, un de rapazas e outro de rapaces, posicionados a lados da aula.- A persoa facilitadora vai dicindo determinadas frases e quen se sinta identificada móvese cara o

centro formando un novo grupo alí.- Las frases serían, “que salga ao centro quen…”::

• Lle guste o fútbol• xogue ao fútbol• Teña unha prenda rosa• Lle dixeran algunha vez “non chores, os rapaces non choran”• Lle dixeran algunha vez “non xogues con iso que é cosa de rapaces”, “mira que es

machorra, marimacho, etc.”• Lle guste bailar.• Lle guste arranxar cousas.

Segundo se vaian agrupando analizamos a porcentaxe de mozas e mozos que van ao centro e os que quedan fóra, preguntado por que de cada elección e as consecuencias que ten estar no centro.

MATERIAIS E RECURSOS: Ningún

OBSERVACIÓNS:

persoas adultas

1.- Escoitaremos a intervención de Consuelo Abril no tribunal feminista. Debateremos sobre a súa exposición. Faremos dous grupos: un debe apoiar a postura e buscar argumentos e outro grupo debe buscar argumentos en contra.

https://www.youtube.com/watch?v=1xsH_1Slais2.- En grupos de dous buscaremos información

sobre mulleres que cambiaron as leis e faremos un dossier sobre elas.

proposta didáctica

Page 5: Propostas Didácticas - 8 de marzo de 2016 - STEG-STEs 28...2018/02/26  · Cada un dos grupo-clase investiga sobre mu-lleres de nacionalidade española que destaquen ou destacasen

na América Latina e no Caribe, onde “o grito de ‘Nenhuma a menos, vivas nos queremos’ ecoará em todos os cantos do continente”, diz ainda a convocatória.

Para as organizadoras, a realização do chamado a partir dos movimentos da Amé-rica Latina é importante devido à grande desigualdade econômica na maioria dos países da região, “onde 10% da população é dona de 71% da riqueza”.

O manifesto defende também a reali-zação de uma greve para “repudiar todas as formas de violência machista e o direito de viver uma vida livre de violência, contra os feminicídios e para lutar por todas as mul-heres que estão desaparecidas, pelas pre-sas políticas, pelas mulheres assassinadas e pelas mulheres presas por abortarem”.

Com uma longa lista de reivindicações, o chamado defende a participação paritária no sistema político, no trabalho e nos sindi-catos e a educação sexual integral.

Sobre a interrupção das atividades, as organizadoras afirmam: “Paramos porque uma em cada três mulheres da região não tem renda própria. Porque a jornada média do trabalho não-remunerado das mulheres é de 39,13 horas semanais, enquanto a dos homens corresponde a 13,72 horas sema-nais em pelo menos dez países da região. Na Argentina, as mulheres trabalham três vezes mais do que os homens no trabalho

“Nós paramos”: assim começa o ma-nifesto escrito por centenas de mul-heres, coletivos feministas e outras organizações da Argentina e de toda

a América Latina.Seguindo os passos da jornada de luta in-

ternacional do ano passado, as organizado-ras relançam a convocatória para o próxi-mo 8 de março, Dia Internacional de Luta das Mulheres. A convocatória defende a unidade entre os diferentes setores do feminismo e a difusão das mobilizações.

“Das mais profundas raízes dos nossos territórios aos edifícios das corporações, vamos quebrar as correntes que nos pren-dem (…) nós, mulheres, mulheres lésbicas, travestis e transsexuais, estamos organi-zadas, unidas pela mesma vontade e não voltaremos atrás”, afirmam as feministas, em nota. “Nós paramos desde o Alaska até a Patagônia”, acrescentam.

O chamado à mobilização feito pelo grupo denuncia a violência contra as mulheres e, sobretudo, a desigualdade econômica e o impacto das políticas de ajuste em suas vi-das. O movimento propõe uma “feminização das resistências” contra a chamada “femi-nização da pobreza”.

“Se nossas vidas não valem, produzam sem nós”. Este é, mais uma vez, o lema da greve que deve se estender por todo o mun-do, mas será impulsionada, principalmente,

“Mulheres organizam nova greve

internacional em 8 de março”

China Diaz/La primera piedra

Atividades (em grupos reduzidos):

1.- Levanta do texto do jornal de ver-melho.org as ideias-força que sustentam esta greve feminista: As reivindicações que se fazem. Ex: Contra a precarização do tra-balho da mulher.

2.- Levanta do texto slogans que vão ser usados nesta luta feminista. Ex: “Paramos porque podemos e porque sabemos como fazê-lo”.

3.- Redige tuítes e textos pequenos que encorajem as mulleres a aderir à greve.

doméstico e de cuidados. Paramos para vi-sibilizar esta dupla jornada de trabalho que afeta, principalmente, a vida das mulheres mais pobres. Paramos porque as travestis e as transsexuais não estão no mercado de trabalho formal”.

Além disso, a convocatória critica a re-forma da Previdência argentina e a reforma trabalhista brasileira e todas as políticas contra os direitos trabalhistas que impac-tam a vida das mulheres, pois a maioria de-las está nos empregos mais precarizados. “Paramos, porque nossos salários, nossos direitos trabalhistas e previdenciários são rifados em uma festa para a qual não fomos convidadas”, diz o texto.

E concluem: “Paramos, porque podemos e porque sabemos como fazê-lo, paramos pelas nossas vidas. Todas livres, todas jun-tas!”.

De acordo com a nota divulgada pelo ‘Ni Una a Menos’, assembleias feministas para a organização da greve devem ser realiza-das nos próximos meses em pelo menos três países da América do Sul: Argentina, Uruguai e Paraguai. Mais uma vez, uma maré feminista deve tomar as ruas das ci-dades no próximo 8 de março.

Fonte: Notas Periodismo Popular

Page 6: Propostas Didácticas - 8 de marzo de 2016 - STEG-STEs 28...2018/02/26  · Cada un dos grupo-clase investiga sobre mu-lleres de nacionalidade española que destaquen ou destacasen

Asamblea de Mulleres do STEG

www.steg.gal [email protected]

FOLGA DE MULLERES: A EDUCACIÓN É A CHAVE PARA A IGUALDADE.

O 8 de marzo do 2017 a Asemblea de Mulleres do STEG convocou e sumouse ao PIM (Paro Internacional de Mulleres), con intención de darlle continuidade, acordamos este 2018 apoiar a folga de mulleres cun paro de dúas horas, para poder visibilizala nos nosos centros educativos, sen renunciar a realizar as actividades de divulgación propias dese día. Temos o desexo de estar presentes nos nosos centros educativos, traballando con actividades propias do 8 de marzo.

Os paros convocados polo STEG son de:. 00:00 a 02:00 na quenda da noite. 12:00 a 14:00 na quenda de mañá. 19:30 a 21:30 na quenda da tarde para posibilitar a asistencia ás manifestacións do 8 de marzo que están convocadas en moitas localidades ás 20:00

Ámbito laboral: Os coidados e a educación son tarefas que a sociedade asigna ás mulleres e son peor pagadas que as asignadas a homes, isto é a fenda salarial. A educación está máis feminizada canto menor sexa a idade do alumnado e a fenda salarial é maior. Esiximos un corpo único do profesorado, que equipare os soldos e as horas docentes en todo o sistema educativo, eliminando esta diferencia monetaria entre docentes. Este corpo deberá ter un soldo equiparado ao do resto do funcionariado. Educar non debera estar peor pagado que traballar nun despacho. O teito de cristal tamén afecta ao sector do ensino: nun colectivo amplamente feminizado os postos de responsabilidade están a ser ocupados nunha proporción bastante superior por homes (isto tamén repercute en que os soldos das mulleres sexan máis baixos) As medidas de conciliación da vida familiar e laboral non son dabondo nos nosos centros, xa que se terían que aplicar flexibilidade suficiente aos horarios establecidos e favorecer a formación e promoción laboral das persoas que concilien. Os centros son o noso centro de traballo e non hai protocolos de actuación efectivos contra o acoso sexual e de discriminación por razón de sexo.

Ámbito educativo: Como mulleres nun sindicato do ensino laico, público e galego, este ano concretamos os motivos para secundar este paro con esixencias de mellora do sistema educativo, de mellora en igualdade e equidade, porque a educación é a chave para cambiar o mundo. A escola é o principal espazo de socialización para as nenas e nenos e demandamos o investimento para garantir a coeducación. Estas son as nosas demandas: Non se pode falar de coeducación sen suprimir os concertos dos centros que segregan por sexos. A política educativa da falacia da conciliación familiar ten que rematar. Os centros educativos non son o espazo para a conciliación familiar. Demandamos políticas que garantan o coidado por parte de nais e pais, as escolas non son aparcadoiros masificados de nenos e nenas. Hai que rematar co discurso de que a solución para a infancia é ter máis horas de escolarización. Recortar en educación é recortar no futuro. O papel queda baleiro de contido se non se produce investimento, polo que cada medida educativa que se tome debe ir acompañada do investimento necesario. Esiximos que o currículo inclúa ás mulleres invisibilizadas na historia, na ciencia e nas artes. As nenas precisan referentes femininos. Cambios no currículo importantes son tamén os referidos á educación afectivo sexual dende idades temperás. Educar en igualdade é educar no afecto e educar contra a violencia sexual. Precisamos educar aos nenos contra as masculinidades violentas e ás nenas contra a pasividade para que ambos desenvolvan a súa autoestima libres de estereotipos de xénero. Queremos un ensino público para educar en igualdade. Queremos un ensino laico libre de moralismos, de misoxinia, e que non viva de costas ás diferentes identidades de sexuais e xénero. Queremos un ensino libre de estereotipos sexistas. As docentes tamén vivimos nunha sociedade machista, por iso é preciso perspectiva de xénero na nosa formación. Para educar en igualdade debemos ser conscientes dos nosos sesgos, consideramos que é preciso ampliar a oferta de formación en coeducación, e a perspectiva de xénero debe ser transversal en toda formación docente. As nenas e nenos sempre son vítimas da violencia exercida contra as súas nais. Ás veces a violencia é exercida directamente contra o neno ou nena. Chegados á adolescencia podemos atopar agresores. É preciso un plan de actuación en casos de violencia machista e este plan deberá contar con profesionais aos que os centros podan recorrer e protocolos para casos de violencia machista. Todos os centros deben contar cunha coordinación en igualdade. Esta coordinación debe ser dotada de horas, sen que supoña un aumento da carga docente, e debe ser exercida por unha persoa con formación específica en igualdade de xénero. É preciso investir en políticas educativas de igualdade. A coeducación é imprescindible para acadar a igualdade.

O MACHISMO É O PROBLEMA A EDUCACIÓN É A SOLUCIÓN

Page 7: Propostas Didácticas - 8 de marzo de 2016 - STEG-STEs 28...2018/02/26  · Cada un dos grupo-clase investiga sobre mu-lleres de nacionalidade española que destaquen ou destacasen