13
PUBLICACIÓN GALEGADE PENSAMENTO CRÍTICO 108 2 ::i, o EDITORIAL 7 POLÍTICA UNIVERSITARIA E GALEGUIZACIÓN NAS UNIVERSIDADES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E DE VIGO: AS ELECCIÓNS A REITOR EN ABRIL DO 2018 CUESTIÓNS 15 OS MESTRES MORTOS Narciso de Gabriel 35 APROXIMACIÓNS Ó PODER DOS MEDIOS Des Freedman 69 NATUREZA E VULNERABILIDADE: A DISPUTA ECOLÓXICA Akxandre Cendón Gonz:,ál,ez:, ACOUTACIÓNS 85 SENLLEIROS E ESQUECIDOS. PASEOS E PASEANTES NOCTURNOS NA TERRA DE CELANOVA DENDE O VERÁN DO 36 Xoán Carlos Domínguez:, Alberte 101 ACTUALIDADE DEANTONIO GRAMSCI Manuel A. Fortes Torres 119 A BRIGADA POLÍTICO-SOCIAL DENTRO DA UNIVERSI- DADE FRANQUISTA (SETEMBRO DE 1965) E UNHA REFERENCIA Á A.C. O GALO Francisco Xavier Redondo Abal TEXTOS 135 O ENTREMÉS GALLEGO DE SALVADOR FRANCISCO ROEL Julio L Gonz:,ález:, Montañés 139 O ENTREMÉS GALLEGO (CA 1708-1712): UNHA DESCUBERTA EXTRAORDINARIA Anxo Angueira PUBLICACIÓNS 157 LA ÉGLOGA DE VIRGINE DE/PARA: ESTUD/O Y EDICIÓN Julio L Gonz:,ález:, Montañés CRÓNICA 165 NA ENTREGA DO PREMIO CLARA CAMPOAMOR Chus Pato 171 ALTURAS DE MARCOSENDE X L Méndez:, Ferrín

PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

PUBLICACIÓN GALEGADE PENSAMENTO CRÍTICO

108

2 ::i, o

EDITORIAL 7 POLÍTICA UNIVERSITARIA E GALEGUIZACIÓN NAS UNIVERSIDADES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E DE VIGO: AS ELECCIÓNS A REITOR EN ABRIL DO 2018

CUESTIÓNS 15 OS MESTRES MORTOS Narciso de Gabriel

35 APROXIMACIÓNS Ó PODER DOS MEDIOS Des Freedman

69 NATUREZA E VULNERABILIDADE: A DISPUTA ECOLÓXICA Akxandre Cendón Gonz:,ál,ez:,

ACOUTACIÓNS 85 SENLLEIROS E ESQUECIDOS. PASEOS E PASEANTES NOCTURNOS NA TERRA DE CELANOVA DENDE O VERÁN DO 36 Xoán Carlos Domínguez:, Alberte

101 ACTUALIDADE DEANTONIO GRAMSCI Manuel A. Fortes Torres

119 A BRIGADA POLÍTICO-SOCIAL DENTRO DA UNIVERSI­DADE FRANQUISTA (SETEMBRO DE 1965) E UNHA REFERENCIA Á A.C. O GALO Francisco Xavier Redondo Abal

TEXTOS 135 O ENTREMÉS GALLEGO DE SALVADOR FRANCISCO ROEL Julio L Gonz:,ález:, Montañés

139 O ENTREMÉS GALLEGO (CA 1708-1712): UNHA DESCUBERTA EXTRAORDINARIA Anxo Angueira

PUBLICACIÓNS 157 LA ÉGLOGA DE VIRGINE DE/PARA: ESTUD/O Y EDICIÓN Julio L Gonz:,ález:, Montañés

CRÓNICA 165 NA ENTREGA DO PREMIO CLARA CAMPOAMOR Chus Pato

171 ALTURAS DE MARCOSENDE X L Méndez:, Ferrín

Page 2: PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

TEXTOS

O ENTREMÉS GALLEGO DE SALVADOR FRANCISCO ROEL

Julio 1. González Montañés

Durante moito tempo, o Entremésfamoso sobre la pesca del rio Miño (1671) foi consi­derado como a partida de nacemento do teatro galego e como unha obra illada, unha excepción no panorama literario e teatral dos Séculos Escuros. Porén, nas dúas últimas décadas apareceron novos textos e testemuños que debuxan un escenario completamente diferente, caracterizado pola continuidade.

No campo do teatro, temos probas da utilización do galego nas representa­cións dos xesuítas desde 1581 (Egloga de Virgine Deipara de Monterrei). Na Comedia de la invención de la sortija (Monforte, 1594 ), o seu autor xesuíta incluíu un paso ou semientremés de 52 versos en galego. Quizá sexa xesuíta, e está escrito integra­mente en galego, o Entremés de losgallegos (ca. 1640, BnE, MSS. 15403), e tamén o é con case total seguridade o Entremés del portugués ( ca. 1 71 O) maioritariamente en galego/portugués, castelán e francés macarrónico. Este último é obra probable­mente do xesuíta de Quiroga P Luís de Losada e Prada, autor así mesmo dunha Loa a la dedicación del nuevo camarín de Nª Sª de las Hermitas (1729), na que se inclúen tres cuartetas en galego.

TEXTOS 135

Page 3: PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

O Entremés Gal/ego de Salvador Francisco Roei Julio 1. González Montañés

En galego redactáronse tamén os fragmentarias Diálogo de Alberte e Bieito ( 1595-96) e Entremés de Toribio (ca. 1700), e en castelán temos abundantes noticias -e algúns textos compostos en Galicia- que proban a existencia de representacións teatrais nos séculos XVII e XVIII, tanto nos Colexias dos xesuítas e dos bieitos como na Universidade e tamén a cargo dos gremios, de estudantes, ou de com­pañías semiprof esionais locais nas Festas cidadás, todas elas á marxe das numero­sas actuacións coñecidas de compañías profesionais castelás. 1

Neste contexto, resulta de gran interese o Entremés gallego do coruñés Salvador Francisco Roel (1707), xa que é o primeiro texto autónomo conservado impreso en galego, un século anterior ao máis antigo ata agora coñecido, e, por tanto, tamén a primeira obra teatral en galego impresa en Galicia. Estampouna en Santiago de Compostela, cara a 1708-1712, Benito Antonio Frayz para o editor

]acinto do Canto co seguinte título: Entremes gallego, que compuso Salvador Francisco Roel, Natural de la Coruña, al feliz, y Real parto de nuestra Reyna, (que Dias guarde) luego que llegà la noticia. Sacalo ahora à luz un Amigo del Autor. Con licencia: En Santiago: Por ]acinto del Canto, en la Imprenta del Doctor Don Benito Antonio Frayz. Conservouse nun exemplar incluído ao final dun volume facticio de pezas teatrais soltas, reunidas baixo unha portada para a súa venda por un libreiro madrileño baixo o título de ]ardin ameno de varias y hermosas flores : cuyos matizes, son doze comedias escogidas de los m(fjores ingenios de España . .. parte única, Madrid, 1 712 (Biblioteca Nacional: sig. TI/ 120, nº 12).

O Entremés representouse na Coruña en setembro de 1 707, no curso dos tres días de festexos organizados para celebrar o nacemento do príncipe Luís, fillo de Felipe V, probablemente no intermedio dunha obra maior da que non temos máis noticias, xa que a relación impresa das Festas, obra tamén de Salvador Roel, está en paradoiro descoñecido ou perdeuse definitivamente (Fiestas, que hizo la nobilissima, y siempre leal ciudad de la Coruña al real y felicissimo nacimiento de nuestro Príncipe ... Cuya noticia llegà à esta ciudad el dia 30 de agosto, de este año de 1707 .. . , San­tiago de Compostela,Jacinto del Canto, 1707. Existiu un exemplar ata 1842 na biblioteca francesa de Mr. Alexandre Martineau de Soleinne).

A súplica final no Entremés a Miña Virxe do Portale, leva a pensar que poderia telo representado o gremio de zapateiros, xa que a Virxe coruñesa do Portal era a patroa da súa confraria. Tales representacións teatrais a cargo de veciños están abundantemente documentadas en Galicia no século XVIII, época na que escasean as noticias sobre actuacións de compañías castelás, e no mesmo mes de setembro de 1707 temos noticias de representacións gremiais noutras cidades galegas co gallo do nacemento do príncipe Luís.

1 Véxase a miña base de datos na internet: http:/ /representaciones.teatroengalicia.es.

136 TEXTOS

O Entremés Gal/ego de Salvador Francisco Roei Julio 1. González Montañés

En Ourense, por exemplo, representáronse catro comedias españolas famosas (de Moreto, Calderón e Villegas), unhas espectaculares Historias de la Guerra de Su­cesión e unha Loa a Felipe Vy el príncipe Luis, en castelán e composta para a ocasión. É obra probablemente do P. Luís de Losada, autor tamén probable dos versos en galego á Virxe de Reza presentados ao certame literario convocado en honra do príncipe e atribuídos tradicionalmente ajosé Noguerol e Camba (El Clarín de la fama y cithara de Apoio ... [Diego de Cossio y Bustamante / Joseph Antonio Butrón y Múxica], Santiago, Imp. de Antonio de Aldemunde, 1708).

En Pontevedra os gremios representaron comedias de Calderón e Historias como a de]oseph vendido ou a Historia de la reina sultana; en Santiago constan tamén as "máscaras, mqjigangas y juegos" que fixeron os gremios, para os cales se levantou un escenario na Quintana, e en Vigo, onde xa se tiña celebrado o ''preñasgo de Nuestra Reyna", houbo así mesmo festas polo ''felix subseço del parto".

Tal profusión de festas e representacións hai que poñela en relación cunha campaña de propaganda felipista no contexto da Guerra de Sucesión. En abril tivera lugar a importante vitoria de Almansa, e o nacemento dun herdeiro con­solidaba a posición de Felipe V, sendo unha ocasión perfecta para despregar recursos festivos e teatrais que contribuísen a galvanizar as vontades en tempo de guerra, identificando os inimigos da monarquía borbónica como herexes e inimigos da Fe, e acusando a Portugal de apoiar as súas accións.

Isto era probablemente necesario en Galicia, xa que desde a entrada de Portu­gal no conflito houbo algunhas manifestació~s austracistas, e as cargas impositi­vas da guerra, as levas, a ameaza naval inglesa e as escaramuzas cos portugueses na raia xeraron certo descontento na poboación. Incluso algunhas autoridades manifestaron o seu desgusto, porque os custos da maquinaria de guerra afecta­ron a facenda das entidades locais, e quizá as xenerosas ofrendas de comida e bebida que os personaxes do Entremés de Roel prometen levar ao Miniño real, antes co inberno veña, servisen para recordarlle á poboación a necesidade de contribuír cos utensilios ao esforzo de guerra.

TEXTOS 137

Page 4: PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

MÁIS DE 35 ANOS

IMPRIMINDO FUTURO

AENOR AENOR é) • MADRID • SANTIAGO DE COMPOSTELA

~ Gd 9 A CORUÑA• VIGO• CÁDIZ ?EFc· www.torculo.com • [email protected] Empresa Gestión

Reglstrada Ambiental UNHN150l4001

Pto,,OOftll<lo• •eslM 902 905 024 ER•04"'3/11l'l8 GA·l00710~ -polç.H Amarçada

:.:;:·.::.:::t:'::.::.:t:.~'!'.!"~~-~-.:::•:¡;;;~~~.:,, uslión fornlal rHpon,:ible

O ENTREMÉS GALLEGO (CA. 1708-1712): UNHA DESCUBERTA EXTRAORDINARIA

Anxo Angueira

Hai xa algún tempo que no que afecta á historia da literatura galega contempo­ránea vimos cuestionando o corte historiográfico tallante entre o século XVIII e o XIX. O primeiro estaria nos denominados Séculos Escuros e o segundo seria o século do Rexurdimento. Un dos principais argumentos para facelo era e é a figura do Padre Sarmiento. Tanto o seu Coloquio manuscrito (1746) coma as súas Memo­rias para la historia de la poesía y poetas españoks impresas e póstumas ( 1 7 7 5) son un referente capital respectivamente da creación literaria en galego do XIX e do historicismo lingiiístico, literario e propiamente histórico desenvolvido en todo o denominado Rexurdimento. A obra e a figura de Sarmiento demostran a lóxica específica da historia da literatura galega, distinta da española, pero tamén da ca­talá ou italiana, polo menos a este respecto. O outro argumento de peso é o feito cada vez máis evidente de o XVIII non ser un século tan escuro como na historio­grafia literaria canónica era considerado. Así nolo viñeron indicando descubertas de envergadura como foran as realizadas por Ramón Mariño Paz, con O romance da urea de Santo Antón (2012) e mais por Xosé A Fernández Salgado, coas Cincuenta

TEXTOS 139

Page 5: PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira

décimas contra don Diego Zernadas (201 7). Precisamente esta nova exhumación, feita grazas ó traballo investigador de Julio González Montañés, vén sumarse ás ante­riores e botar nova e intensa luz sobre o denominado Século das Luces.

O Entremés gallego ( ca. 1708-1 712), ademais, fainos retro traer en cen anos a aparición da primeira obra impresa autónoma en galego á que lle podemos cha­mar libro, cousa que non eran nis as Copras, nin O romance da Urea nin as Cincuenta décimas, textos manuscritos que non se chegaron a editar no seu tempo. E ese non é un aspecto menor, desde logo, dado que supón un auténtico salto que nos axuda decisivamente a elaborar unha nova concepción da historia da literatura galega contemporánea na que, na liña do que vimos decendo, cada vez parece máis clara a idea de continuum e xa non pode establecerse un corte tallante entre eses dous períodos na historiografia como o establecido desde a poderosa forza das metáforas Séculos Escuros e Rexurdimento, útiles desde o punto de vista da auto­comprensión da historia e á hora de darlle a esta un sentido, especialmente no ámbito do ensino, pero tamén precisamente por iso en exceso dogmáticas e en moitos aspectos con escaso rigor científico.

Así e todo, a obra non ofrece unicamente interese para a historiografia !itera­ria. Rescatado da foxa común por Julio González Montañés, desa foxa na que aínda con seguridade xacen outros textos galegos deste século e de séculos ante­riores, é este un texto que nos fala da lingua e da literatura nun corte temporal do que practicamente careciamos de mostras. E faino cunha riqueza inesperada que co tempo cumprirá ir debullando polo miúdo en diferentes áreas. Solucións ortográficas coma o caso de unha, as fórmulas de tratamento, a onomástica, o léxico, o imperio do verbo decer ... O texto é toda unha regalía lingiiística. E no aspecto propiamente literario este Entremés resulta igualmente valiosísimo. O seu contexto político, que é o do nacemento do fillo do primeiro Borbón, o diálogo de homes e mulleres do pobo, a súa festa de comida e viño lévannos inevitabel­mente ás Copras de Sarmiento, coma se os dous textos, separados por corenta anos e por perspectivas políticas distintas, iniciasen e pechasen todo un ciclo rela­cionado directa ou indirectamente coa literatura áulica feita arredor de Felipe V Neste Entremés gallego, co saúdo ó nacemento do que despois seria Luís I El Breve, estamos no fragor da Guerra de Sucesión á que son directas alusións a batalla de Almansa e a implicación política e militar dun Portugal visto no texto como claro inimigo. Nas Copras asistimos á morte e enterro do Borbón e á coroación de Fernando VI. Era este un coloquio celebrado na Chan da Parafita por 24 galegos rústicos en versos hexasilabos arromanzados, estilo "Perico y Marica", no que o testemuño das novas da Corte era achegado por varios rapaces e raparigas vin­dos de Madril, onde traballaban de criados. No Entremés son seis as personaxes, compadres e comadres, loxicamente tamén en diálogo, que reciben e festexan as novas que chegan de Madril. Fano en versos de oito silabas tamén arromanzados.

140 TEXTOS

O Entremés Gal/ego de Salvador Froncisco Roei Anxo Angueira

Mais o caso é que este Entremés gallego, editado por ]acinto del Canto e na imprenta de Benito Antonio Fraiz, todo un centro editorial nesta altura histórica, tamén o cómpre pór en relación, como fixo o seu descubridor, con textos teatrais coetáneos e anteriores da súa mesma ou similar natureza: co Entremés del Portugués (ca. 1710), co Entremésfamoso sobre a pesca no rio Miño (ca. 1671), co Entremés de los Gallegos (ca. 1640) e mesmo coa Égloga de Monterrei (1581). E isto, naturalmente, axuda a seguir tecendo unha serie de relacións de continuidade histórica que sen dúbida han aclarar a xénese e a natureza da literatura escrita en galego despois do século XV

A falta doutros datos sobre o autor, fóra dos subministrados por Julio Gonzá­lez Montañés, non podería sorprendernos que se achasen máis textos impresos da súa autoria e en galego. En todo caso, co seu Entremés gallego, xa temos un autor, un título e un brillante texto para afirmar algo sumamente relevante: a primeira obra autónoma impresa en galego que se coñece xa non é de primeiros do XIX, senón que é de primeiros do XVIII, un século que pouco a pouco imos descubrindo como moito menos escuro do que se pensaba e no que están as raí­ces, en continuum, de todo o que veu no XIX, incluído o denominado Rexurdimento.

TEXTOS 141

Page 6: PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 712): unha descuberta extraordinaria Anxo Angueira

CRITERIOS DE TRANSCRICIÓN

1. Mantemos as liñas e os sangrados orixinais.

2. Mantemos as abreviaturas dos nomes das personaxes, non sempre iguais.

3. O cambio de páxina, co seu número, vai marcado entre ángulos(<>). Dado que o texto está impreso a dúas columnas, marcaremos como <a> a da esquerda e como <b> a da dereita. Por exemplo: < 1 a>.

4. O símbolo de nasalidade C) é utilizado no texto orixinal como abreviatura en versos demasiado longos para a columna. Aparece por exemplo en "cõpadre". Desenvolverémolos entre corchetes: "co [ m ]padre".

5. Os signos ou letras repostos serano tamén entre corchetes pero con letra cur­siva: "unha guerra d[o]s Diabros?".

6. A letra "r' é substituída en tódolos contextos por "s".

7. Respectamos a lóxica orixinal dos signos de puntuación e só corriximos aque­les erros evidentes en que aparece coma cando é punto ou viceversa.

8. Mantemos a acentuación, co acento grave, e a separación entre palabras orixinais.

9. Omitimos as palabras que marcan o cambio de páxina.

142 TEXTOS

O Entremés Gal/ego de Salvador Francisco Roei

5

10

<la>

< 1 > ENTREMES GALLEGO, QUE COMPUSO SALVADOR FRANCISCO ROEL,

Natural de la Coruña, AL FEll,?, Y REAL PARTO DE NVESTRA REYNA ,

(que Dios guarde) luego que !lego la noticia. Sacalo aora à luz un Amigo de el Autor. Con licencia: En Santiago: Por ]acinto del Canto, en la Imprenta del Doctor

Don Benito Antonio Frayz.

PERSONAS

Afanso.

Christobo.

Alberte.

Safen Afanso y Christobo.

Afins. Ben venido meu compadre

Cathaliña.

lrena.

Marta.

15 sexàs vos muy ben chegado: a comadre como queda?

Christobo: Queda o boso mandado, moy ben forte e moy ben reja.

Afan. E como està o afillado? 20 Christ. Esse jà quer ir a Escola,

pero porque non ten sayo està decote na Eyra para escorrentar o Gando.

A fan. Pois esso non e ben f eyto, 25 porque e vivo coma vn allo,

TEXTOS

Anxo Angueira

143

Page 7: PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

O Entremés Gal/ego (co. 1708-1712): unha descuberta extraordinaria

< 1 b> fino coma vnha pimenta, e se quer ser Lecenceado an que venda os bois do jugo lle teño de dar estado.

30 Christ. Vivàs moito meu co[m]padre, Deus bos garde moytos anos, que sempre quijestes ben à todos os afiliados.

Afin. Eu polo menos Christobo 35 os que son ben incrinados,

querolles polo vivir, e mais ei de ver ogano se o podo por na Escola.

Christ. Tendesme moy obrigado, 40 <2a> Afonso Deus bolo pague,

porque eu non podo pagalo. Afins. Deceme agora Christobo

vos oistes contar algo do Parto da nosa Reyna?

45 Christ. Si meu compadre chegaron as nobas estoutro dia, que a todo o mundo alegraron, e nas festas que lle fan se gastan moy bos ducados.

50 Afins. Pois por esso esta mañàn eu quijen mandar chamarbos, que quero que me contes todo como foy de prano.

Christ. Eu direybolo o que sei 55 da forma que mo contaron.

Safe Alberte muy assustado.

Albert. Homes que faces aqui? Como estades tan parados? Non sabes que o Portugues

60 ( que de rabia està bramando) quer poñer a nosa terra vnha guerra d[o]s Diabros?

Afins. Ou Alberte que deces

144 TEXTOS

Anxo Angueira O Entremés Gal/ego de Salvador Francisco Roei

mas nobas e màs mandados 65 veñan del, que tal percura,

e pois esse desdichado agora que busca acó, seique non està enfadado dandar aló por Castilla

70 adonde lebou seu pago, ay nunca che el acó chegue.

Alb. Homes no ay q[ue] descuydarnos vamos prevenir os chuzos,

<2b> os alcabuces e frascos; 75 porque vn home prevenido

jà sabes que val por catro. Christ. Alberte quen contou esso,

que sei que vos enganaron. Alb. Tratà de calar Christobo,

80 que mo dijo o Sagretario, e por mais sinas me dou vn polbo do teu tabaco.

Afins. Pois decenas como foi, e mentres vamos tomando

85 tamen, todos tres vn polbo jà que fostes regalado.

Alb. Dareybos do que me dou que o ten moy estimado.

Afins. Iasus que tabaco forte! 90 valvos cada pinga vn carto.

Christ. Ay Alberte este he da Vila. Alb. Si tuberamos entrambos

cinco libras, fora ben: mais como bos bou contando

95 falando dos Portugueses eu a mais o Sagretario dijo, que estaban crues, e que estaban desejando darnos vunha quentadura,

100 porque en Almanza quedaron todos tristes coma a noyte, perdidos e derreados; e non podia ser menos,

Anxo Angueira

TEXTOS 145

Page 8: PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

O Entremés Gal/ego (ca. 1708-171 2): unha descuberta extraordinaria Anxo Angueira O Entremés Gal/ego de Salvador Francisco Roei Anxo Angueira

que como estàn tan inchados, està moy assosegado; 105 imaginan que ha de ser 145 pero despois que o pican

entre todos levantados, <36> non se ve Touro mais brabo. mais fan coma Lusaf el, Afans. En esso deces moy ben, que sempre quedan debaijo. que jà teño reparado

Afanso. Alberte tendes razon, moytas vezes esso mesmo. 110 <3a> que todos son us cuytados 150 Alb. Eu polo menos o fago.

non teñen abilidade Christ. E todos gerenalmente. se non para andar tocando Afans. E pois en maldito canto vn Rebeque pola Vila bos reparo en cortesias co seu Espadin o lado an que seja cos Fidalgos.

115 e mais para comer Dulces. 155 Christ. Alberte dame outro polbo; Alb. Pois como bos bou conta[n]do, que eu che darey outro tanto.

dizque aló por Monte-Rey Afans. Emais diz ben meu co[m]padre. todos postos en seus Facos, Alb. Mentres dure ide tomando. quijeron entrar acó; Christ. Vallan os Deus que [ n] nos dera

120 pero que estaban tembrando, 160 a todos tres nun Estanco que lles quentasen o lombo sinque nos vira ninguen, e por esso non entraron que estonzes foles e sacos astra ver si pode ser. ouberamos de encher del,

Afans. Alberte falemos craros para tomar todo o ano. 125 nosoutros temos a culpa, 165 Afans. Polo menos este e bà.

que se foramos armados Alb. E tabaco de regalo; con aguilladas e chuzos pero volvamos o conto. ouberàmos de botalos Afans. Esso non, vamos falando aló para en cas de Iudas. do Parto da nosa Reyna,

130 Alb. Esso si, mais non estamos 170 que Deus garde moytos anos. no[s]outros nas armas destros. Alb. E logo ja pareu?

Afans. Non importa, q[ue] en tal caso Christ. Home si, que jà chegaron tirando sen reparar as nobas estoutro dia. moitas vezes acertamos, Alb. Iasus! de contento salto.

135 e mais calquera Gallego 175 Afans. Pois por esso os Portugueses con duas lizàs, ou catro andan tan amofinados. acerta moy lindamente. Alb. E bos verdà meu Afonso,

Christ. Vos sabes o que eu reparo, fio do Siñor Santiago, segun o que me dijeron, que ha de beyjar a correa

140 que os Gallegos apertados 180 todos esses rebelados, fanbos, nin quitar nin pór e que ha de lebar palliza coma se fora vn Boy manso, <4a> como en Alamanza lebaron. que mentres que no no apertan Afans. Deyjà que o noso Felipe

146 TEXTOS TEXTOS 147

Page 9: PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

O Entremés Gal/ego (co. 1708- 17 12): unha descuberta extraordinaria Anxo Angueira O Entremés Gal/ego de Salvador Francisco Roei Anxo Angueira

lles amaynarà os inchasos. o que ay de nobo na Aldea. 185 Christ. Emais agora, que todos 225 Afons. E que ay à lo Cathaliña,

tan contentas nos achamos veu algunha noba fresca? con nobedades tan boas. Cath. Chegou agora a noticia

Afons. Bay Christobo, bay co[n]ta[n]do. que pareu a nosa Reyna, Christ. Epois como iba decendo, e todo o Lugar se abrasa

190 as nobas que jà mandaron 230 con regosijos e festas, foron, que pareu à Reyna e por esso nos viñemos vn Miniño moy galano, todas juntas a carreyra, bonito coma vnhas pierlas, para que tamen vosoutros e coma vnhas neves branco; assistades nesta festa.

195 conque jà temos agora 235 Afons. Deces moy ben miña Dona, vn Principe moy Sobrano, que vnha noba coma essa que ha de ser en def endernos e justo que os Españoles contra o Portuges vn Rayo. a festejen pola terra;

Alb. Agora si, que podemos porque jà che ay grandes anos, 200 chamarnos afertunados, 240 que moyto se che deseja.

pois que toda España goza Mart. Vallan os Deus meu co [ m] padre vn fabor tan desejado. se eu forà sua Parteyra

Afons. Agora si, que estaràn e estubera à lo en Madril, os ladros dos Luteranos, que tantos dobros me deran?

205 todos cubertos de loyto 245 Irena. E se eu fora sua Ama, polos seus negros pecados. que de regalas comera

Christ. Agora si, que andaràn e mais avia dandar os Mofinos desdichados metida nunha Liteyra. sen Espadin nin Rebeque, Afons. Mulleres tende juizo,

210 tristes cos brazos cruzados. 250 non sejades paroleyras. Alb. Agora si, que andaremos Christ. Ay Afonso meu compadre

os Gallegos alentados se fora dessa maneyra pois que Deus nos alumbrou non tiñamos grande sorte? en darnos o seu amparo. Afons. El mal non bos estubera;

215 255 <5a> pero digobos, que vos Salen Irena, Marta, y Cathalina muy non nacestes nessa estrela. apresuradas, y dizen. Cath. Ora de que serà o Brullo?

Irena. De bo taf e tan de seda. <4b> Todas 3. Afonso, Alberte, Christobo? Marta. Non serà sen non de raso.

220 Los 3. Marta, Cathaliña, Irena? 260 Cath. Ainda non destes na teima, Las 3. Donde estades destas horas? serà de teas Dolanda. Los 3. Don de vindes con tal presa? Iren. Non quer cousas dessa terra. Cath. Vimos para bos contar Marta. Pois serà de Alemanisco.

148 TEXTOS TEXTOS 149

Page 10: PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

O Entremés Gal/ego (co. 1708-1712): unha descuberta extraordinaria Anxo Angueira O Entremés Gal/ego de Salvador Francisco Roei Anxo Angueira

lrena. Tampouco quer dessas teas. grande sorte nos cobria. 265 Afons. Valla ma Virgen mulleres Ajons. Ay non quebres a cabeza,

non calares essas lengoas. tratà, tratà de calar Cath. Deyjanos en paz Afonso, 305 mentres que a merenda chega.

que quen pergunta non erra. Christ. Pois tomemos outro polbo. Ajons. Cathaliña deces ben Afons. Esso si, que a nosa Reyna

270 cando a pergunta ne necia. ten Siñoras principàs Cath. Pois que bos parece a vos, para Amas e Parteyras.

se miña comadre Irena 310 Alb. Quita da pranta dope oje chegara a ser Ama este tabaco a brasf ema. do nosso Rey, non fijera, Chrsit. E que tamen o fay bô

275 que a todos os seus compadres esta vosa tabaqueyra. lles mandasse moytas rendas? Afons. Troquemos ambos co[m]padre.

lrena. Emais que estubessen libres 315 Alb. Compadre se bos contenta de trabucos e de lebas, non e menester trocar, e que noubesse pillaje tomad e servibos dela,

280 coa nossa parentela. que se fora douro ou prata Afons. Ià bos digo que vosoutros con mais gusto bo la dera.

non nacestes nessa estrela, e assi tratà de calar. 320 Safen las mugeres con pandero, y sonq:jas, y vna

Cath. Pois vamonos logo a festa. cesta con la merienda. 285 Afonso. Non que agora todas tres

podes ir pola merenda, Cath. O ra ben aqui ven todo e traguede de camiño <6a> moy ben composto na cesta, o pandeyro e as f erreñas, tratemos de merendar e pois, que estamos aqui, 325 e despois fagamos festa.

290 aqui faremos à festa. Ajons. Ponda messa Cathaliña. <5b>Christ. Afonso tendes razon. Christ. Sacad essa bota Irena.

Alb. Pois ide vinde a carreyra. Alb. Sacà Marta esse pernil. Cath. Homes tende pouca pressa,

Vanse las mugeres. 330 que para todo ay bagar. Alb. Ay vamos poñendo a messa.

Afons. Que vos parece compadre Christ. Bebamos pirmeyro vn trago 295 estas mulleres tolean? Alb. Adonde està a tembradeyra?

Christ. Meu compadre todavia Cath. Tomà, tomà miña Virgen, non digamos mal da feyra, 335 que si a sede vos aperta. que non se pode acabar Afons. Mentres tended as toallas, aquelo que non se empeza: que veres como nos presta.

300 elas se foran Siñoras, e tal fertuna tuberan, Ponese la messa, vàn bebiendo, corifórme

150 TEXTOS TEXTOS 151

Page 11: PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

O Entremés Gal/ego (co. 1708-1712): unha descuberta extraordinaria Anxo Angueira O Entremés Gal/ego de Salvador Froncisco Roei Anxo Angueira

dizen los versos. Cath. Tomà vos essa rigeyfa, porque tamen e pantrigo.

340 Alb. Afonso probà este viño. Alb. Ora vàn comendo e beban. Afons. A miña comadre Irena. Afons. Pois bay bota[n]do Albertiño. lrena. Despois de vos meu co[m]padre. 380 Alb. Esso si que me contenta. Afons. Non sejàs comprementeyra. Afons. Eu brindo po la saude lrena. Và pola vosa saude. da nosa Siñora Reyna

345 Afons. As mulleres son permeyras. Christ. Eu brindo po lo Infante, lrena. Parece que e moy bo viño. que Deus lle de moytas medras. Alb. E bos viño da Ribeyra. 385 Irena. A saud do noso Rey,

Tomà bebe Cathaliña. que toda España governa. Cath. Alberte Deus cho receba Cath. Po la saud da Parida,

350 Alb. Moy bon porbeito bos faga, que nostro Siñor lle dea tomà Marta essa goteyra. moyta saude e permeta,

Marta. Ay meu Dono todavia 390 que outro Fillo logo teña. lembraste da tua bella, <7a>Marta. Polo dito meus amigos. vaya a saude de to [ dJ os. Alb. Mais que polo dito seja,

355 Alb. Despacha que teño pressa, que eu tamen quero brindar Afonso tomad agora. por todos desta maneyra.

<6b>Afons. Veña meu Alberte veña. Alb. Ora despachà mulleres, 395 Bebe por la bota.

acabà de por a messa. 360 Afons. Este e bo trago de viño. Todos. Vitor o noso Filipe,

Alb. Pois esto e o millor da festa, vitor, viva a nosa Reyna. ora probà vos Christobo. Christ. Brabo sabe pola bota.

Christ. Da vosa mao bieiteyra Alb. Homes sabe que sanea. beberey, brindo por todos. 400 Afans. Pois o pernil está bó.

365 Alb. Acabàs co essa merenda? Alb. Val vn dobrou da sesenta. Cath. Ià bos podes assentar. lrena. Deceme miña comadre Alb. Deyjame probar si quera o Berse, de que madeyra

vnha gota a min tamen. serà, para o noso Infante? Marta. Pois tendela vara e besta 405 Cath. De que pode ser de pierlas?

370 quen bos quita que bebàs? Marta. Serà de marfil ou prata. Alb. Ay Iasus como me presta. Irena. Pode ser que douro seja, Afons. Ora partan o pernil. porque o ouro ja sabes,

que astra os miniños alegra. Aqui se sientan. 410 Afons. Ora tratà de comer,

e veñan as castañetas, Alb. E mais tenbos boa freba. que quero dar duas boltas

375 Christ. Eu cortarey o molete. o pandeyro e as f erreñas.

152 TEXTOS TEXTOS 153

Page 12: PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

O Entremés Gallega (co. 1708-171 2): unha descuberta extraardinaria Anxo Angueira O Entremés Gal/ego de Salvador Francisco Roei Anxo Angueira

Alb. Pois bebamos outro trago seis moletes, dez galiñas, 415 antes de empezar a festa. 455 que teño na capoeyra

Afans. Digo que tendes razon e mais un par de capàs e que todos juntos beban, que màn de dar quintafeyra. e que fagan outro brindis Afans. Mulleres ja que vosoutras a saud da nosa Reyna, fijestes vosas promessas,

420 e do noso Rey Felipe 460 tamen e justo que nàs a que Santiago o defenda <8a> fagamos nosas ofrendas. de treydores e falsarias, Eu lle ofrezo seis carneyros e o libre de tantas guerras. os mais millares da Aldea,

Tod. Vaya, vaya po lo dito, media ducia de cabirtos 425 <7b> viva o noso Rey e Reyna, 465 que teño de boa medra,

e Deus nos garde o Infante e vinte e catro pichons, para ter nosa defensa. porque son cousa moy tenra.

Irena. Ora benjà que brindamos Christ. Eu treze moyos de viño e comemos a merenda, que ei dir catar a Ribeyra,

430 vnha cousa falta agora. 470 lle prometo moy gustoso, Afans. Epois que nos falta Irena? que anque o Miniño non beba lrena. O que falta meus amigos, os pajes poden beber

e que todos se preveñan a honra de tanta festa. para fazer vun presente Alb. E pois eu doze perdizes,

435 o Fillo da nosa Reyna. 475 e de polos ducia e media Cath. Ten razon miña comadre, lle ei de lebar se Deus quer,

eu quero ser a permeyra, e se podo vnha Tenreyra, que lle ofrezo de contado por ser prato regalado trinta netos de Manteyga, que se estima en calquer mesa.

440 catro Fayjas, seis Camisas 480 <Bb>Afans. Epois banse prevenindo, do meu Crarin moy ben feitas, e poñamonos enjerga, por que mas ha de fazer para marchar a Madril Mingotiña a costureyra. antes co imberno veña.

Irena. Vinte e cinco ducias Dobos Alb. Permeyro vamos baylando. 445 eu lle ofrezo, porque teñan 485 T[o]d. Esso si, vaya de festa.

conque fazer os Formigas, e de mel vnha caldeyra, Tocan, danzan, y cantan lo siguiente. que os meus cobos e cortizos teñen moy boas entenas; Apostolo Santiago,

450 porque sairon ogano que bos achastes na guerra, moytos enjames da bellas. ajudad o noso Rey

Marta. E pois eu tamen lle ofrezo 490 pois que pola Fe pelea. duas ducias de regeyf as, Taylalala, taylalala,

154 TEXTOS TEXTOS 155

Page 13: PUBLICACIÓN 108 GALEGADE PENSAMENTOteatroengalicia.es/descargas/Entremesroel.pdf · O Entremés Gal/ego (co. 1708-1 71 2): unha descuberto extraordinorio Anxo Angueira décimas contra

O Entremés Gollego (co. 1708-171 2): unha descuberta extraordinaria

taylalala, taylalela. Miña Virgen do Portale

assisti a nosa Reyna, 495 para criar o seu Fillo

para paz da nosa terra.

LAUS DEO, ET VIRG. MARIAE.

Hallarase en la misma Imprenta.

156 TEXTOS

Anxo Angueira

-----

PUBLICACIÓNS

LA ÉGLOGA DE VIRGINE DE/PARA: ESTUD/0 Y EDICIÓN*

Julio 1. González Montañés

Julio Alonso Asenjo, recoñecido especialista no teatro escolar e autor de nume­rosas edicións de textos de teatro humanístico e xesuítico español e hispanoame­ricano, ofrécenos, baixo o selo da USC Editora, unha edición modernizada da Égloga de Virgine Deipara, representada no Colexio xesuíta galego de Monterrei (Ourense) o 8 de decembro de 1581. É un dos poucos textos teatrais xesuíticos galegos que chegaron ata os nosos días, aínda que non se trata dunha obra des­coñecida. En 1927 e 1945 mencionouna nos seus traballosjusto García Soriano, pioneiro dos estudos sobre o teatro escolar en España, e aparece tamén referen­ciada nos catálogos posteriores de C. González Gutiérrez, J. Menéndez Peláez e o propio J. Alonso Asenjo. Nunca se fixo, con todo, unha edición completa

* Alonso Asenjo,Julio, La Égloga de Virgine Deipara : Estudio y edición. Santiago de Compostela:

Servizo de Publicacións , Universidade de Santiago de Compostela, 2018

PUBLICACIÓNS 157