2
EDUCACIÓN PRIMARIA 2º CICLO En GALEGO: “28 historias para rir” (Editorial Kalandraka) Son 28 historias que relatan o comportamento de estranos e simpáticos personaxes. Por exemplo, uns touros presuntuosos que aburren ás vacas, un home con tanta présa que xa non sabe nin onde vai, un neno que non mete o dedo no nariz porque quere ser o máis educado........ Que ben se pode pasar ......... co libro desta autora chamada Úrsula Wölfel. “O nacemento de Nunavut” (Editorial Xerais) Xoán Abeleira, o seu autor, preséntanos a Nunavut, a nena protagonista, que pertence a un dos pobos máis lendarios da terra, os esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións no Círculo Polar Ártico. Que lle pasará a esta rapariga ? En CASTELÁN: “Sabe salado” (Editorial primerapersona) Loly Singer e Fernando Alonso fixeron este libro, onde Tareq, o protagonista, vive no deserto. Tareq convence ao seu dromedario de emprender unha aventura en busca dese mar do que tanto oiu falar aos nómadas. Conseguirá chegar ao seu destino? “Mi primer atlas del mundo” (Editorial Espasa) Aquí tedes este marabilloso atlas do mundo. Non só con mapas senon tamén con crocodilos, desertos, osos polares,...Tamén hai unha torre que, a pesares de inclinarse, non se cae... Pódela descubrir?. EDUCACIÓN PRIMARIA 3º CICLO En GALEGO: “A boneca e a castiñeira” (Editorial OQO) Marcela vive coa súa avoa, a castiñeira, e máis unha boneca de trapo gastado polo tempo. Un día a avoa atopa unha boneca de porcelana. A Marcela gústalle, pero non tanto como a avoa esperaba...... Que final nos terá preparado os seus autores Roberto Aliaga e Maja Celija? “Isha, nacida do corazón” (Editorial Rodeira). Isha é unha rapaza adoptada. Non dubida do amor que lle profesan os seus pais, pero este feito provocaralle algunha dor de cabeza. Coa axuda de César, o seu pai, veredes un mundo máxico e de fantasía, nun lugar como a India. En CASTELÁN: “Los niños responden”. (Editorial Oniro) Neste libro,Beatrix Schnippenkoetter, fálanos dunha viaxe a través de todos os continente. Por exemplo: Awa, de Malí, gustaríalle ser unha galiña; Jamil, de Singapur, é feliz porque pode xogar ao fútbol...... “Dora, la hija del sol” ( Editorial Anaya) Dora, unha nena mulata, e o seu avó viven na casa da Viúva sen Corazón. Dita viúva ten un loro chamado Rigoletto. Fanlles a vida un pouco díficil, pero coa axuda de Liang, unha cociñeira chinesa, Dora conseguirá ter unha vida un pouco máis doada. Que final nos terá preparado a escritora Carmen F. Villalba? AS SUXERENCIAS DE ZONGALO QUIRICO BIBLIOTECA E EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP RECIMIL Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono 981 312846 http://centros.edu.xunta.es/ceiprecimil/

Recomendacións Nadal

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Zongalo Quirico recomenda.......

Citation preview

Page 1: Recomendacións Nadal

EDUCACIÓN PRIMARIA2º CICLO

En GALEGO: “28 historias para rir” (Editorial Kalandraka) Son 28 historias que relatan o comportamento de estranos e simpáticos personaxes. Por exemplo,

uns touros presuntuosos que aburren ás vacas, un home con tanta présa que xa non sabe nin onde vai, un neno que non mete o dedo no nariz porque quere ser o máis educado........ Que ben se pode pasar......... co libro desta autora chamada Úrsula Wölfel.

“O nacemento de Nunavut” (Editorial Xerais) Xoán Abeleira, o seu autor, preséntanos a Nunavut, a

nena protagonista, que pertence a un dos pobos máis lendarios da terra, os esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións no Círculo Polar Ártico. Que lle pasará a esta rapariga ?

En CASTELÁN:“Sabe salado” (Editorial primerapersona) Loly Singer e Fernando Alonso fixeron este libro, onde Tareq, o protagonista, vive no deserto. Tareq convence ao seu dromedario de emprender unha aventura en busca dese mar do que tanto oiu falar aos nómadas. Conseguirá chegar ao seu destino? “Mi primer atlas del mundo” (Editorial Espasa)

Aquí tedes este marabilloso atlas do mundo. Non só con mapas senon tamén con crocodilos, desertos, osos polares,...Tamén hai unha torre que, a pesares de inclinarse, non se cae... Pódela descubrir?.

EDUCACIÓN PRIMARIA3º CICLO

En GALEGO: “A boneca e a castiñeira” (Editorial OQO)

Marcela vive coa súa avoa, a castiñeira, e máis unha boneca de trapo gastado polo tempo. Un día a avoa atopa unha boneca de porcelana. A Marcela gústalle, pero non tanto como a avoa esperaba...... Que final nos terá preparado os seus autores Roberto Aliaga e Maja Celija?

“Isha, nacida do corazón” (Editorial Rodeira). Isha é unha rapaza adoptada. Non dubida do amor que lle profesan os seus pais, pero este feito provocaralle algunha dor de cabeza. Coa axuda de César, o seu pai, veredes un mundo máxico e de fantasía, nun lugar como a India.

En CASTELÁN: “Los niños responden”. (Editorial Oniro) Neste libro,Beatrix Schnippenkoetter, fálanos dunha viaxe a través de todos os continente. Por exemplo: Awa, de Malí, gustaríalle ser unha galiña; Jamil, de Singapur, é feliz porque

pode xogar ao fútbol......

“Dora, la hija del sol” ( Editorial Anaya)Dora, unha nena mulata, e o seu avó viven na casa da Viúva sen Corazón. Dita viúva ten un loro chamado Rigoletto. Fanlles a vida un pouco díficil, pero coa axuda de Liang, unha cociñeira chinesa, Dora conseguirá ter unha vida un pouco máis doada. Que final nos terá preparado a escritora Carmen F. Villalba?

AS SUXERENCIAS DE ZONGALO QUIRICO

BIBLIOTECA E EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

DOCEIP RECIMIL

Vivendas Protexidas s/n

Ferrol 15403 A Coruña

Teléfono 981 312846

http://centros.edu.xunta.es/ceiprecimil/

Page 2: Recomendacións Nadal

ZONGALO QUIRICO deséxavos unhas boas vacacións de Nadal e por suposto tamén unhas boas lecturas.

Este curso, a vosa mascota, marcha de viaxe polo mundo adiante. Recorrerá moitos países e lugares. Pero antes de marchar quería deixar unhas lecturas moi pero que moi viaxeiras. Só tedes que ler OS LIBROS de ZONGALO QUIRICO e a........VIAXAR.

Aquí tedes os libros que o voso galo vos recomenda.

Son libros de:- Aventuras - Animais- Lugares - Culturas- Deserto -........- Razas - Humorísticos

Zongalo Quirico, asesorado polos mestres e mestras do Equipo de Biblioteca e do Equipo de Normalización Lingüística seleccionou algúns libros que vos poden interesar pero sen olvidar que sodes vós, lectores, os que decidides que queredes ler.

Boas vacacións, boas lecturas e ata.......... o ANINOVO!

EDUCACIÓN INFANTIL3 ANOS

En GALEGO: “Que é” ( Editorial Kalandraka) Nestes libros abordánse preguntas difíciles probablemente non saberás as súas respostas, pero non importa. Estes libros son importantes porque entrenan o ollo e abren a mente dos prelectores. Que sorpresas nos terá preparadas o

seu autor Leo Lionni?

En CASTELÁN: “La vuelta al mundo de un caracol” (Ediciones BEASCOA)

Viaxar é moi divertido, pero volver á casa coa familia é aínda mellor. Ven con este caracol na súa viaxe polo mundo e axúdalle a volver á súa casa para ver a sorpresiña que lle agarda! Emma Less, a súa autora, nos sorprenderá.

EDUCACIÓN INFANTIL4-5 ANOS

En GALEGO: “Cal é a miña cor” (Editorial Xerais)“Neste libro de Antonie Guilloppé, algúns galegos din que son un neno árabe e para os árabes son galego. Será que a cor da miña pel o di todo? Eu coido que non! Hai galegos brancos, negros, amarelos coma min”.Todo isto dará que falar na clase do protagonista, pero contará cunha axuda

moi interesante: o seu can.

“ Negros e brancos” ( Editorial Xerais) David Mckee cóntanos: hai moito tempo todos

os elefantes do mundo eran brancos ou negros. Non se levaban moi ben.A guerra non tardou en estoupar e durante moito tempo non se

volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día saíron da selva os netos dos elefantes amantes da paz...

En CASTELÁN:

“¿Y si vivieras en.......?”(Editorial Combel)

Se viviras na sabana, como sería a túa casa? Se viviras nun glaciar.......Se viviras na xungla........Imaxina como sería a túa vida se viviras en.......... O ilustrador, Stéphanie Ledu, nos amosa tamén unhas marabillosas ilustracións.

EDUCACIÓN PRIMARIA1º CICLO

En GALEGO: “O pequeno Yared” (Editorial Nova Galicia Edicións)

O pequeno Yared tiña sete anos cando foi a vivir á cidade de Aksum, en Etiopía, co seu tío Gedeon, o mestre da escola. Neste conto, Amalia Pérez, amosa a importancia do tesón, da confianza nun mesmo, da procura de obxectivos e da loita por acadalos.

“Carola, a carteira centola” (Editorial Xerais).Mau, o seu autor, preséntanos a Carola, a carteira centola, protagonizada polos mariscos máis habituais da natureza galega( a centola, o lagostino, a vieira, a ameixa, o camarón.....) abordándose, ademais, os instrumentos e xéneros musicais populares e a localización dalgúns dos faros da costa galega.

En CASTELÁN: Colección “Mi primer álbum de fotos”(Editorial Anaya)

Nesta colección, Concha López Narváez, recrea emotivas historias nas que os protagonistas(animais) miran un álbum de fotos no que poden lembrar os momentos máis doces da súa vida en familia.

Colección “Niños y niñas del mundo”. (Editorial Combel)Estes dez libriños, de Patricia Geis, amósannos os rapaces e rapazas de diferentes partes do mundo: pequeño Sioux, Masai, Inuit, Nenet, Maorí, Quiché, Buyei.....