19
RECREACIÓNS 2011 SOBRE POETÍZATE, ANTOLOXÍA POÉTICA DE FRAN ALONSO

RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Embed Size (px)

DESCRIPTION

POETÍZATE NO IES LAGOA DE ANTELA 2011

Citation preview

Page 1: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

RECREACIÓNS 2011 SOBRE POETÍZATE, ANTOLOXÍA POÉTICA

DE FRAN ALONSO

Page 2: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

SSoobbrree ""CCaammppaannaass"",, ddee LLuuiiss AAmmaaddoo CCaarrbbaalllloo

GGuussttaarrííaammee sseennttiirr

aa ssúúaa ppaaiixxóónn

nnaa mmaaññáá mmaattuuttiinnaa

dduunn ddííaa ddee ccaalloorr..

CCrriissttiinnaa CCoorrbbiillllóónn

QQuuiixxeerraa vveerrnniizzaarr

aa mmiiññaa ccaaddeeiirraa,,

nnoo ffrrííoo aannooiitteecceerr

ccuunn rraaiioo ddee bbrriilllloo..

AAlleejjaannddrraa PPaarreejjaass

SSoobbrree ""OOllllaannddoo oo mmaarr"",, ddee AAnnttííaa OOtteerroo

OOllllaannddoo oo cceeoo

ddee nneennoo

ssooññaabbaa ccoonn cchheeggaarr áá llúúaa

aaggoorraa

aa ccoonnttaammiinnaacciióónn gglloobbaall iimmppííddeemmoo..

NNuunnoo ÁÁllvvaarreezz

Page 3: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre Diario dun poeta cidadán, de Ramiro Fonte

Diario dun home de cidade

O martes chegou o inverno

o mércores non mo saquei da cabeza

o xoves rematei este poema

o venres sentinme con ganas

o sábado quixen durmir

o televisor non se acendeu o domingo

o luns non chegou.

Nuno Álvarez

Sobre "A poesía é unha pedrada na cabeza", de

Ronseltz

O porco é unha raza moi falsa.

Por iso lles recomendamos aos granxeiros

que teñan precaución.

Xosé Antonio Magallais

Page 4: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "Quérote", de Raúl Gómez Pato

Estráñote como aquel borrachiño

que rompeu

a súa botella

por ficar baleira

Pablo González

Recórdote como aquel golfiño,

que trasladou

un náufrago

por amor.

Laura Fernández

Quérote como o mar á area

que bica

unha rocha

coa súa onda.

Marcos Conde

Quérote coma o verme

que morde

as mazás

verdes.

Inmaculada Rodríguez

Page 5: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Quérote

coma unha sardiña

que foi comida

onte polo gato.

Noemí Atanes

Quérote coma o pan centeo

Ben cocidiño,

Apaixoadamente

Pero cun anaco de xamonciño.

Javier Rivero

Quérote como as folerpas de neve

No mes de xaneiro,

Ledicia para algúns

Tristura para outros.

Raquel Seoane

Page 6: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "Coñezo un lugar -e non é lenda-" de Eva Veiga

Coñezo unha discoteca -e non é lenda-

onde as bebidas

nas que o prezo aumenta

aos homes crécelles o espírito

e berran.

Héctor Fernández

Vin unha época -pero non é verdade-

cando a devastación

coa que a humanidade cega

ás persoas xermínalles a conciencia

e laméntanse.

Ledicia Prieto

Sei dun sitio -e non é mentira-

no cal os días

nos que o sol brilla

as persoas están contentas

e bailan.

Cristian Morgade

Page 7: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "O año pitaño", de Xosé Mª Álvarez Blázquez

O avogado amargado

está no internado.

O garda esgotado

buliu onda o encapuchado.

O dado encarnado

rompeu enfadado.

O cura birollo

anda sen ollo.

o polo Lolo

afastouse do colo,

i a veciña tola

está na ola.

Camiña, rapariga,

déixaos estar,

e imos saltar"

coas botellas do bar.

Héctor Fernández

Page 8: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "Dixo: Voume", de Eva Veiga

Preguntou: Vés?

E tralas súas pisadas

perfiladas no camiño

persistiu un baleiro

que ía agrandándose como a escuridade.

Ledicia Prieto

Sobre "O que amo é o amor", de Mª Xosé Queizán

O que soño é o soñar

a mesma ida do sono

o feito mesmo de soñar

as ideas coas que soño

soño coa miña conciencia de soñar.

Adormezo.

Silvia Pazos

O que anhelo é o sorriso

o acontecemento mesmo de sorrir

os feitos polos que sorrío.

Sorrío con toda a ilusión por sorrir

Sorríoche.

Pamela Rodríguez

Page 9: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "Con auga de sede lixeira" de Álvaro Cunqueiro

Con susurros de croios

Namorar eu namoreina

Meu amigo!

Con unha cuncha dourada

Namorar eu namoreina,

Meu amigo!

Namorar eu namoreina

Con unha bágoa dorida,

Meu amigo!

Namorar eu namoreina

Con arrolos do vento,

Meu amigo!

Iria Bolaño

Page 10: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "Amor de auga lixeira", de Álvaro Cunqueiro

Tristeza de regato estéril,

meniña.

Tristeza de regato sen auga,

preguiza.

Tristeza de regato tardío,

reloxo.

Tristeza de regato aabndonado,

meu benestar.

Alejandra Parejas

Sobre "Liquidación", de Lino Braxe

Namorar

Que complicado é atopar o amor

nas discotecas do teu barrio.

Antes que a discoteca abría de día

atopalo e gardalo era unha tarefa doada.

Luís Manuel Nóvoa

Page 11: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "Taberna", de Luis Amado Carballo

Nacen fóra. Nos prados

vese a luz das estrelas.

Das follas das flores

pingan unhas augas.

Margaridas de Xuño,

de Xullo e Agosto...

As roseiras douradas

teñen pétalos, follas...

No envés das follas

foxe a auga

cal nun choro.

Laura Parejas

Sobre "Welcome" de Manuel Rivas

O seu irmán sempre falaba moito,

pero calaba o fociño cando comía

coa man no prato coma un porco.

Eu dicíalle, para xa Miguel,

e el engurraba os beizos colorados

como quen bosteza nunha mañá de sono.

Iván Penín

Page 12: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "O amor", de Lupe Gómez

A dor

Ador foi

unha pena moi grande

que fere a

alma. E quedou magoada

por sempre. Eu busquei no ceo

o remedio. Desesperei

sen el

con toda a alma.

Luís Manuel Nóvoa

Sobre "Liquidación", de Lino Braxe

Namorar

Que complicado é atopar o amor

nas discotecas do teu barrio.

Antes que a discoteca abría de día

atopalo e gardalo era unha tarefa doada.

Luís Manuel Nóvoa

Page 13: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "A luz" de Luz Pozo

O camiño

coa cruz

sabe

¿Podes e

atopar impresionar

ó

amor amor

malferido? merecido?

Álex Rodríguez

Sobre "Cerámica", de Lupe Gómez

Fabrico a liberdade

coa miña imaxinación.

Laura Fernández

Page 14: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "O preguntón", de C E Ferreiro

O ser humano por natureza quere comer,

Dixo o nutricionista hai uns días.

Meu irmán quixo comer cousas novas.

Quixo comer queixo

Quixo comer dous porcos

Quixo comer un becerro

Quixo comer dúas potas de caldo con unto

Eiquí –díxolle o médico de cabeceira

Que o atendeu en urxencias-

O que quere comer, apanda.

Pablo Casas

Sobre "Fire a coitelada", de Manuel Salgado

Apuñala o amor

de non entender

a traizón,

os cornos.

Laura Fernández

Page 15: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "Cando chove", de Antonio García Teijeiro

Cando rifan

E non escoito

¿é que rifan

Ou que non rifan?

Rifan rifan

Catro castigpos

Rifan rifan

Oito ou novembro uns castigos que amolan

Rifan rifan

Non escoito

Uns que berran

Outros choran

Dezasete

Vintenove

Poño escusas

En defensa

Non me atenden

Non os atendo

Rifan rifan

E non escoito.

Olaya Gómez

Page 16: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "Voz sen verbas", de Antonio García Teijeiro

Silencio con son:

Poesía.

Luz con sombra:

Ilusión.

Soños con futuro:

Realización.

Frío con calor:

Expectación.

Beizos con sorriso:

Satisfacción.

Ollos con desexo:

Paixón.

Ti e mais eu:

Perfección.

Tania Morán

Page 17: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Voz sen verbas:

soño

Mar sen auga:

seco

Sol sen raios:

nubrado.

Luz sen brillo:

barato.

Man sen man:

avaricia.

Dor sen laios:

urxencias.

Eu sen ti:

ledicia.

Lucía Lavandeira

Page 18: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "Es", de Estevo Creus

Es

un sorriso libre

unha palabra de ceo

e todas aquelas apertas de

amor que fican

un bico de ti

que sabe a ben

un doce ardente polo vento.

Iria Barroso

Page 19: RECREACIÓNS POETÍZATE 2011

Sobre "Intempériome", de Xela Arias

A unidade componse

da minoría.

Pérdome, ceo,

e busco a luz

común

do interior dos corazóns.

Bico a minoría das unidades

e comprendo

que a unidade se compón.

A unidade componse

da minoría.

Miriam Quelle