12

Relatos do alumnado de 6º B Primaria

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Relatos inventados polo alumnado de 6º B de Primaria para o I Certame de Relato Curto do Ceip Sigueiro

Citation preview

Page 1: Relatos do alumnado de 6º B Primaria
Page 2: Relatos do alumnado de 6º B Primaria

6º B

• A HISTORIA DE ANTÓN STOEVA de Ana Ramos

Bermúdez e Paula Saín Rial

• O AMOR DE SOFÍA E LEONARDO de Lorena

Juncal Fandiño e Alba Rey Seoane

• EL VALOR DE UN GRAN TRABAJO de Iria

Otero Fernández e Lucía Mosquera Ferreiro

• O SOÑO DA MÚSICA de Iria Salvado Fernández e

Sofía Míguez Castro

• ELVIS O GUITARRISTA de Andrés Mira Fernández e

Lucas Mirás Fernández

Page 3: Relatos do alumnado de 6º B Primaria

A historia de Antón Stoeva

Un mozo chamado Antón Stoeva, que vivía en Zaragoza, pero que nacera en Bulgaria, desexaba dende neno ser compositor.

Un bo día decidiu xuntar todos os seus aforros e viaxar polo mundo coas partituras que el escribira a ver se alguén o patrocinaba, pero ninguén estaba interesado na música clásica.

Stoeva estaba seguro de que conseguiría ser un compositor famoso como Vivaldi ,Mozart ou Bethoven. Pero para conseguir iso tiña que actuar e lograr que o coñecera todo o mundo. É dicir necesitaba que o patrocinasen. Pensou moito ata que deu cunha resposta. Fixo uns carteis, e colgounos por toda a cidade. Nos carteis anunciaba:

“Concerto de música clásica.”

Domingo 6 de setembro - ás 16:00 h Auditorio de Zaragoza.

Esa tarde non había ninguén no auditorio só tres persoas. Como ninguén fora ao auditorio, colleu as súas partituras e púxose a tocar na rúa. Alí a xente botáballe cartos despois de escoitar un anaco.

Entre esa xente, había un patrocinador.Ao acabar a “función”, Rubén, o patrocinador, foi falar con Stoeva e preguntoulle se quería gravar un disco coa súa música, e evidentemente, Stoeva díxolle que si.

O 14 de xaneiro de 2.011, Stoeva presentou o seu disco e grazas a el fíxose famoso en todo o mundo.

O 20 de xullo de 2.011,Stoeva fixo os anos, e nun programa de televisión, tocaron todas as súas partituras. Nese programa coñeceu unha moza, e nove meses despois casáronse e tiveron un fillo, chamado Carlos.

O neno naceu en Santiago de Compostela.

Stoeva renunciou a súa carreira para coidar do seu fillo.

A medida que o neno ía medrando, o seu pai enseñáballe a tocar instrumentos.

Cando o neno cumpriu os 21 anos xa non quería ser compositor, quería ser profesor de matemáticas.

Page 4: Relatos do alumnado de 6º B Primaria

Stoeva estaba moi triste, porque o seu fillo non ìa ser compositor, pero tamén entendía que non podía organizarlle a vida.

Á muller de Stoeva non lle gustaba a música, e non quería que Stoeva tocara na casa pero el non estaba de acordo.Tiveron unha discusión e separáronse. Pero o peor foi que Carlos o seu fillo decidiu ir traballar e vivir a Londres deixando a Stoeva só.

Antón Stoeva volveu á música, casouse e tivo outros dous fillos, chamados Eva e Xoán.

Dende que se separara daquela muller refixo a súa vida e foi feliz xunto aos seus fillos Eva e Xoán e a súa muller Sara.

Cando tiña 89 anos, morreu de morte natural. Os seus fillos e a súa dona puxéronse moi tristes.

O seu fillo Carlos ao recibir a noticia volveu a Santiago de Compostela, arrepentiuse moito de telo deixado só. E así foi que na honra do seu pai, comezou a compoñer música clásica.

Ana Ramos Bermúdez (12 anos)

Paula Saínz Rial (12 anos))

6ºB

Page 5: Relatos do alumnado de 6º B Primaria

O amor de Sofía e Leonardo

Hai moito tempo unha parella de mozos felices vivían en Viena cerca dun lago fermoso. A moza chamábase Sofía e o mozo Leonardo. El era un gran intérprete de música clásica.

Comoaos pais de Sofía non lles gustaba a música e gobernaban moito a vida dela pagáronlle a unha muller para que bicara a Leonardo diante de Sofía. Ela enfadouse e separouse de Leonardo para desaparecer da súa vida e casarse con outro home chamado Tim.Desgraciadamente a carreira de Leonardo ía cada vez peor.

El buscou a Sofía desesperadamente ata que un día,pensando onde podía estar, recordou que ela soñaba con vivir en París.

El foina busca á casa dos seus soños, aquela na que ela sempre quixo vivir. Alí viu ao seu marido Tim e a súa filla Cler.El non o podía crer,estaba moi triste. Tim díxolle que Sofía estaba no hospital, e foi correndo cara alí.

Os médicos dixéronlle que non viviría máis dunha semana.Leonardo chorou ata non poder máis.

A partir dese día el ía visitala cada tarde e tocáballe a súa canción favorita “O Lago dos Cisnes “. Pasados uns días o médico díxolle a Leonardo que, milagrosamente, Sofía estaba mellorando. Sofía, grazasás visitas e cancións que lle tocabaLeonardo, recuperaba a alegría e os ánimos.

El non sabía como expresar a súa inmensa alegría, e foi correndo á habitación dela. Mais cando entrou, viu que a familia dela estaba alí.Entón sentiu unha enorme tristeza, pero aínda así berrou, emocionado, que ela podería curar.Tim respondeulle con moita decisión:

- Non!, ela nunca poderá curar, desgraciadamente morrerá neste hospital.

Ela mirou a Leonardo con cara de tristeza e dor, pero calou.

Page 6: Relatos do alumnado de 6º B Primaria

Días despois, Sofía volveu á casa sen sábelo Tim, para darlle unha sorpresa, pero cando entrou viu que Tim estaba preparando as maletas co seu diñeiro e xoias. Sofía non o podía crer. Inmediatamente chamou á policía que o detivo. Pouco despois chegou Leonardo e viu que Sofía choraba, el consolouna. Cando soubo dos motivos propúxolle volver a estar xuntos. Pasado un tempo ela díxolle que si e Leonardo retomou a súa carreira musical con Sofía e os seus fillos.

Lorena Juncal Fandiño (11 anos)Alba Rey Seoane (11 anos)

6ºB

ºB

Page 7: Relatos do alumnado de 6º B Primaria

El valor de un gran trabajo

Raúl, un niño de doce años, se mudó con sus padres a la ciudad de Santander. El lunes de la semana siguiente, después de la mudanza, asistió por primera vez a su nuevo colegio, el colegio público Nueva Montaña.

Raúl no tenía problemas con las clases ya que era buen estudiante y sacaba buenas notas, el único problema que tenía era que los niños del colegio se burlaban de él porque ellos escuchaban música moderna como pop, rock, rap…, y a Raúl le gustaba la música clásica.

Unas semanas después, llegó al colegio una niña polaca llamada Ania, a la que también le gustaba la música clásica y era de su misma edad.

Raúl y Ania se hicieron amigos;quedaban todas las tardes, hacían los deberes juntos…

Así fue transcurriendo el tiempo, hasta que, un mes antes de fin de curso los dos niños decidieron hacer una actuación que hablaría sobre la vida de Beethoven, acompañada de música clásica.

Trabajaron mucho en ello, hasta que por finllegó el 22 de junio, el día de fin de curso; les tocaba exponer su trabajo.

Comenzó el festival con varias actuaciones de rap y rock; ahora era suturno. Al principio todo el público pensaba que se aburrirían, pero cuando empezaron a escucharlo les resultó interesante. La exposición empezaba así:

“Ludwig van Beethoven nació el 16 de diciembre de 1770 en Bonn (Alemania). Su padre quería que suhijo siguiese los pasos de Mozart, yque fuese un niño prodigio; para eso comenzó a enseñarle piano, órgano y clarinete a temprana edad.

El 26 de marzo de1778 Beethoven realizó su primera actuación en público, en Clonia (Alemania)…”

Raúl y Ania finalizaron su actuación tocando cada uno con su violín la Novena Sinfonía de Beethoven.

Durante la actuación, sonaron distintas obras de este autor, dependiendo de la parte de la vida que se tratase. El acto duró media hora. Al final todos aplaudieron y se dieron cuenta de que la música clásica es untipode música que puede expresar sentimientos y describiruna situación.

Desde entonces los compañeros de los dos niños no volvieron a meterse con ellos y dejaron de excluirlos en todas las actividades;todos se hicieron muy amigos.

Page 8: Relatos do alumnado de 6º B Primaria

Durante los años siguientes, Raúl y Ania siguieron juntos, realizaron varios conciertos de violín y expusieron relatos sobre los más grandes autores de música clásica: Bach, Chopin, Mozart, Pachelbel, Schumann, Strauss, Tchaikovsky, Vivaldi…; fueron muy bien reconocidos en todas sus actuaciones.

Iria Otero Fernández (12 años)

Lucía Mosquera Ferreiro (11 años)

6ºB

Page 9: Relatos do alumnado de 6º B Primaria

O SOÑO DA MÚSICA

Fai anos Xosé Fernández traballaba como profesor de ximnasia. El non era feliz. O seu soño era ser profesor de música.Cando ía dar clase ao pasar diante da aula de música escoitaba un son especial. Eran os alumnos tocando os seus instrumentos. As cancións coa frauta , coas guitarras…Aquel día, de súpeto, virou á esquerda e viu que a profesora Marta o observaba.El pensaba que ela era encantadora.Marta preguntoulle:- Que fai vostede aquí?Non debería estar dando clase?O profesor respondeu:- Si, pero fun atraído pola fermosa música que están a tocar os seus

alumnos. Xa marcho.Ao dia seguinte ela caeu e púxose de baixa. O profesor indo para a outra clase dase conta de que non pode seguir sendo profesor de ximnasia e marcha cara á casa. Alí, matina nunha idea: ao día seguinte vai ir falar coa directora.-Podo substituír á profesora Marta? –preguntou.-Pero… vostede sabe algo de música? –replicoua directora.-Si, e moito –afirmou el.-Bueno…pero non estou nada segura … -continuouela.- De verdade que podo! –insistiu Xosé.-De acordo. –concedeua directora finalmente.

Page 10: Relatos do alumnado de 6º B Primaria

Foi así como o profesor Xosé Fernández dou clases de música. A primeira semana foille ben. Pero na segunda semana volveu Marta, e a directora obrigouno a retomar as clases de ximnasia. El non podía crelo, debía abandonar o seu soño. Ao día seguinte todos os rapaces estaban queixándose porque non querían a Marta senón a Xosé. A directora propúxolle presentarse ás oposicións para ser profesor de música noutro colexio, Xosé pensouno e decidiu que así o faría.Xosé presentouse ás oposicións en Santiago na convocatoria do ano seguinte.E así, converteu o seu soño en realidade. Iria Salvado Fernández (11 anos) Sofía Míguez Castro (12 anos)

Page 11: Relatos do alumnado de 6º B Primaria

ELVIS O GUITARRISTA

Este era un neno que nacera cunha enfermidade chamada hiperactividade, que lle impedía atender ás demais persoas.

Os seus pais chamáronlle Elvis polo famoso rockeiro esperando que algún día o seu fillo fose famoso. El ía a clases de guitarra pero por culpa da hiperactividade non era capaz de atender nelas. Os seus compañeiros metíanse con el porque non sabía tocala e Elvis sentíase moi deprimido e moi enfadado cos seus compañeiros .

A profesora intentaba defendelo, pero todos os nenos seguían a meterse con el cando podían.

Un día Elvis fartouse de que se meteran con el e empezou a esforzarse atendendo nas clases e esquecéndose da hiperactividade. Un ano máis tarde Elvis aprendera a tocar a guitarra .

E por fin chegou o día do concerto, aquel que organizaban todos os anos os profesores de guitarra e no que os alumnos tocaban diante de centos de persoas. Cando lle tocou o turno a Elvis, todos rían, pensaban que non aprendera a tocar. Elvis tocou de marabilla e todo o mundo comezou a aplaudir. Do ben que tocou a Elvis, acercóuselle un home que lle preguntou se quería gravar un disco.

- En serio? Poderei grabar o meu propio disco? - dixo Elvis.

- De verdade. Teño composto un bonito tema para guitarra eléctrica que irá que nin pintado para a túa fermosa voz - dixo o home.

Elvis non podía crelo; pasara de ser obxecto de burla na clase a ser unha promesa no mundo musical.

Despois de gravar o disco tivo un gran éxito, e na clase todos os que antes rían del agora pedíanlle autógrafos e presumían de coñecelo.

Pouco despois a profesora comentou. na clase, con todos como cambiaran as cousas con Elvis, e recordaron o mal que se portaran con el cando non era famoso.

- Qué tendes que dicirlle todos a Elvis? – preguntou,entón, a profesora

- Perdón… - dixeron os seus compañeiros, moi arrepentidos.

- E que lección temos aprendido todos? - continuou a mestra.

- Que non debemos desprezar a ninguén - dixo un compañeiro de Elvis.

Page 12: Relatos do alumnado de 6º B Primaria

- …e menos se esa persoa ten un problema - contestou outro.

- E que mais? - continuou a profesora.

- Que todos podemos facer calquera cousa con esforzo se confiamos en nós mesmos - dixo Elvis.

Andrés Mira Fernández (11 anos)

Lucas Mirás Fernández (11 anos)

6ºB