6
RETO MUSICAL 7: CONSTRUIMOS UN INSTRUMENTO(Mándame unha foto/vídeo do resultado ao correo, co voso nome e curso) [email protected] Para esta actividade necesitamos: - Material de refugallo que teñades pola casa que xa non precises: cartón, plástico, papel, latas… - Cousiñas para decorar: cores, pegatinas, lazos… - Moita imaxinación! Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS PARA GOLPEAR: TAMBOR Cunha maceta vella podes facer a estrutura do tambor e cun globo a ‘membrana de pel’ para golpear. Para atar a membrana á maceta podes empregar unha goma ou un cordón fino.

RETO MUSICAL 7 2021. 3. 15. · Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: RETO MUSICAL 7 2021. 3. 15. · Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS

RETO MUSICAL 7:

“CONSTRUIMOS UN INSTRUMENTO”

(Mándame unha foto/vídeo do resultado ao correo, co

voso nome e curso)

[email protected]

Para esta actividade necesitamos:

- Material de refugallo que teñades pola casa que xa non

precises: cartón, plástico, papel, latas…

- Cousiñas para decorar: cores, pegatinas, lazos…

- Moita imaxinación!

Como cada un/unha de vós vai a escoller o

instrumento que máis lle guste ou lle apeteza

construír, déixovos por aquí algúns exemplos:

INSTRUMENTOS PARA GOLPEAR:

TAMBOR

Cunha maceta vella podes facer a estrutura do tambor e cun globo a ‘membrana de pel’ para golpear.

Para atar a membrana á maceta podes empregar unha goma ou un cordón fino.

Page 2: RETO MUSICAL 7 2021. 3. 15. · Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS

Se non atopas unha maceta, podes facelo cunha lata de conservas.

Anímate a facer tamén unhas BAQUETAS cuns paus e unhas

pelotas vellas ou teas para tocar o teu tambor.

CASTAÑOLAS

Pegando dúas chapas ou dous tapóns de brik nun cartón.

Page 3: RETO MUSICAL 7 2021. 3. 15. · Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS

INSTRUMENTOS PARA SACUDIR

MARACAS

Enchendo calquera envase baleiro con arroz ou legumes.

Poden ser de todos os tamaños:

pequeniñas (usando o ‘oviño amarelo’ do ‘ovo kinder’),

medianas (cun envase de ‘actimel’)

ou grandes (cunha botella de plástico ou un tetrabrick).

Podes usar culleres de plástico para facer o mango das maracas.

PAU DE CHOIVA

Clavando puntas en espiral ao longo dun tubo de cartón e

enchéndoo con arroz ou legumes.

Page 4: RETO MUSICAL 7 2021. 3. 15. · Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS

Se non tes un tubo longo podes unir 3 tubos de papel

hixiénico.

INSTRUMENTOS PARA GOLPEAR E SACUDIR

PANDEIRETA

Cosendo cun fío gordo (no que vaias colgando cascabeis ou algo

que faga ruído) o perímetro dun prato de cartón ou caixiña de

quesitos.

INSTRUMENTOS PARA SOPRAR

TROMPA

Colocando nos extremos dun tubo flexible (dos que levan os cables

da luz), un funil e un ‘matasogras’.

Podes enroscar o tubo como se fose unha trompa para que sexa

máis manexable.

Page 5: RETO MUSICAL 7 2021. 3. 15. · Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS

FRAUTA DE PAN

Cortando canas, tubos o palliñas de plástico de diferentes

lonxitudes e uníndoas.

INSTRUMENTOS PARA PUNTEAR

ARPA ou GUITARRA

Colocando unhas gomas nunha estrutura de cartón ou corcho.

Page 6: RETO MUSICAL 7 2021. 3. 15. · Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS

Como esta actividade ten moitas opcións, escollede a que máis vos

guste! A ver se conseguimos facer unha gran exposición de

instrumentos!

Deixo tamén aquí uns enlaces con máis ideas:

https://www.youtube.com/watch?v=XSQ-fRTtbaA

https://www.youtube.com/watch?v=10JUZS7Fp_Y

https://www.youtube.com/watch?v=7sUNXA4NYKI

https://www.youtube.com/watch?v=6KSbM5CxNfE

http://www.doslourdes.net/Construccion_instr_musicales.htm

“Con moito coidado e moita atención,

construiremos o noso instrumento,

sexa de corda, vento ou percusión!”

MANS Á OBRA!!