Upload
others
View
10
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE,
POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO
Día: 17.09.2015 Hora: 16:30
Marta Rodríguez Arias
Presidenta da Comisión
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E
EMPREGOPOR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidentaMarta Rodríguez Arias P
VicepresidentaMarta María Rodríguez-Vispo Rodríguez P
SecretariaMaría Remedios Quintas Álvarez S
María Carmen Acuña do Campo SJavier Dorado Soto PMaría Carmen Gallego Calvar SJaime Íñiguez Martínez PMaría Consuelo Martínez García MAurelio Alfonso Núñez Centeno PRosa Oubiña Solla PMaría Montserrat Prado Cores BNGMiguel Ángel Santalices Vieira PEva Solla Fernández AGEMiguel Angel Tellado Filgueira P
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 17.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1. Proposicións non de lei en Comisión
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 17.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1.1 37642(09/PNC-003160)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 2 máis
Sobre a presentación polo Goberno galego, antes do remate do
ano 2015, dun plan estratéxico de saúde mental para Galicia e
as actuacións que debe levar a cabo na materia nos centros
sanitarios do Sergas
Publicación da iniciativa, 477, 10.06.2015
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas Carmen Acuña do Campo, Carmen Gallego Calvar e
María Quintas Alvarez, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto
no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Comisión 5.ª, Sanidade,
Política Social e Emprego.
Exposición de motivos
A atención á Saúde Mental en Galicia é unha das prioridades recoñecidas
pola actual Administración autonómica, como se sinala na Estratexia
Sergas 2014 e na revisión do Plan de prioridades 2014-2016, concretándose
nesta a atención á depresión.
Sen embargo, as medidas tomadas ate o momento distan moito de ser
satisfactorias, en aberta contradición co celebrado pola Consellería de
Sanidade en datas recentes, presumindo da porcentaxe de éxito alcanzado
na avaliación da Estratexia Sergas 2014 e que se afasta da realidade
asistencial, xa que non se dotou de recursos humanos e unidades ou
programas asistenciais específicos para o tratamento á depresión e demais
patoloxías mentais de alta prevalencia e gravidade. As taxas de suicidio
seguen medrando sen implantar ningunha das recomendacións preventivas
da OMS, e sen existir un Plan estratéxico de saúde mental, como
recomendan organizacións internacionais e o Ministerio de Sanidade (que
ven de aprobar unha proposición non de lei de actualización da Estratexia
Nacional en Saúde Mental).
Sen embargo, no entorno das eleccións a conselleira de Sanidade do
Goberno do Sr. Feijoo non dubidou en presumir tamén da atención da
saúde mental, publicitando un proxecto chamado Mastermind, proxecto en
fase de investigación financiado con fondos europeos, para avaliar a
eficacia dunha tecnoloxía (a telemediciña) no tratamento psicolóxico
cognitivo - conductual da depresión, sen seguir as cautelas debidas nestes
casos. Non só se publicitou como unha oferta asistencial, e non puramente
investigadora, senón que non se contou coas persoas profesionais da
psicoloxía clínica do Sergas, nin no deseño nin na coordinación co persoal
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
médico de Atención Primaria.
Mentres tanto, as dotacións das persoas profesionais da saúde mental,
especificamente psicólogos/as clínicos/as son claramente deficitarias na
asistencia especializada e nulas no ámbito de Atención Primaria (para as
tarefas de promoción da saúde, prevención e detección precoz dos
trastornos mentais)
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Que antes de finalizar este ano 2015, o Goberno presente un plan
estratéxico de saúde mental para Galicia coa dotación orzamentaria
que precise para o seu desenrolo.
2. Que, de forma inmediata, se faga unha auditoría para valorar a
dotación de persoas expertas en Psicoloxía clínica nos centros
sanitarios do Sergas e as funcións que están a realizar.
3. Que se xeneralice, a todo o territorio galego, o programa de
prevención de suicidios do Complexo Hospitalario de Ourense, con
toda inmediatez, seguindo as recomendacións da OMS.
Pazo do Parlamento, 2 de xuño de 2015
Asdo.: Carmen Acuña do Campo
Carmen Gallego Calvar
María Quintas Alvarez
Deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
María del Carmen Acuña do Campo na data 02/06/2015 16:23:55
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Carmen Gallego Calvar na data 02/06/2015 16:24:01
Maria Remedios Quintas Alvarez na data 02/06/2015 16:24:07
Jose Luis Méndez Romeu na data 02/06/2015 16:24:11
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 17.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1.2 38530(09/PNC-003231)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Solla Fernández, Eva e Díaz Pérez, Yolanda
Sobre a realización, por parte do Goberno galego, das
xestións oportunas para garantir a gratuidade do aparcadoiro
do novo hospital de Vigo
Publicación da iniciativa, 509, 27.08.2015
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda, por medio das súas
deputadas Eva Solla Fernández e Yolanda Díaz Pérez, ao abeiro do disposto no artigo
160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu
tratamento na Comisión V, relativa ao aparcadoiro do novo hospital de Vigo.
Exposición de motivos
A privatización do novo hospital de Vigo acumula un regueiro de eivas que lastran o
aproveitamento pleno das súas posibilidades para en troques encher con cartos
públicos os petos privados da unión de empresas concesionarias. Así as camas previstas
quedaron reducidas á metade, esfumouse o laboratorio central do complexo
hospitalario, e todo elo nun contexto onde os estudos críticos elaborados pola
plataforma en defensa da sanidade pública descobren un enorme sobrecusto
económico para as arcas públicas públicas (de 408 a 1.794 millóns de euros). Eivas que
se ocultan nun mar de opacidade por parte das concesionarias e do SERGAS.
Do penúltimo suceso desta listaxe de desfeitas derivadas da privatización do hospital
informou o xerente da área sanitaria á Xunta de Persoal e ten que ver co prezo que van
ter que aboar as persoas usuarias do aparcadoiro do centro hospitalario e os propios
traballadores e traballadoras do centro.
Cada membro da plantilla do centro hospitalario terá que aboar 40 euros mensuais
por poder aparcar o vehículo co que van ir ao seu posto de traballo. Non pequena
peaxe nun país cos salarios en redución para que gañen máis as empresas dos amigos
do PP. Para as persoas usuarias, o prezo increméntase ate ao redor dos 60 euros.
Novo hospital de Vigo que a día de hoxe aínda adoece dun sistema de transporte
público urbano e interurbano que facilite o acceso da plantilla e da cidadanía as súas
instalacións.
Para este grupo parlamentario cómpre que no proceso de adxudicación prime o
interese público e polo tanto o persoal de plantilla e a cidadanía teñan acceso gratuíto
as instalacións do aparcadoiro.
Polo referido o grupo parlamentario da AGE formula a seguinte proposición non de lei
para o seu debate na Comisión:
- O Parlamento Galego insta á Xunta a realizar as xestións oportunas conducentes
a garantir a gratuidade do aparcadoiro do novo hospital de Vigo para todas
aquelas persoas, usuarias e plantilla, que teñan que utilizalo.
En Compostela, a 6 de xullo do 2015.
Asdo. Eva Solla Fernández
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asinado dixitalmente por:
Eva Solla Fernández na data 06/07/2015 10:20:13
Yolanda Díaz Pérez na data 06/07/2015 10:20:16
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 17.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1.3 38545(09/PNC-003233)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa posta en funcionamento dos equipamentos
comprometidos e mais a mellora da prestación do servizo nas
residencias da terceira idade
Publicación da iniciativa, 509, 27.08.2015
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda, por medio das deputadas
Yolanda Díaz Pérez e Eva Solla Fernández, ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate
na Comisión V, relativa a falla de equipamentos comprometidos nas residencias da
terceira idade.
Exposición de motivos
A ineficacia neoliberal da conselleira de traballo e benestar ten o seu enésimo exemplo
no incumprimento do compromiso publicitado pola consellaría para efectuar a compra
dos materiais e equipamentos necesarios para a súa posta en funcionamento nos
centros da consellaría neste verán.
Logo dun regueiro de mobilizacións sostidas pola plantilla de benestar da consellaría, a
conselleira non fora quen de asumir as razóns da plantilla e apenas acordara outra
cousa que convocar o fume publicitario da compra duns equipamentos necesarios por
valor de 650.000 euros para mercar diversos materiais, nomeadamente guindastres de
elevación e de bipedestación para as residencias da terceira idade, de maneira que
estiveran operativos ao comezo do verán.
Chegou o verán e unha conselleira tan despreocupada da axeitada prestación dos
servizos públicos que ten encomendados como incapaz para unha xestión eficaz dos
mesmos deixa sen equipamentos básicos aos centros. Equipamentos que no caso dos
guindastres son necesarios para evitar o regueiro de accidentes laborais, lesións de
traballo e baixas a causa da enorme carga de traballo que se acumula no lombo das
persoas traballadoras. E como resultado para as persoas residentes, o deterioro do
servizo de atención directa que se lles presta.
Dos 20 guindastres previstos pola consellaría que estiveran adquiridos e en servizo ao
chegar o verán non hai ningún, cero. E para colmo, a cobertura das baixas por
vacacións nas plantillas neste verán dista de ser completa: por cada tres persoas só se
cobren dúas. Un terzo máis de sobreesforzo para a plantilla que traballa.
Todo elo, nunha consellaría en estado de guerra contra as súas traballadoras e
traballadores: dentro da suspensión excepcional de dereitos recollidos no V Convenio
Colectivo, a teimuda aplicación dunhas carteleiras condenadas nos tribunais de xustiza
que impiden a conciliación da vida familiar e laboral, o embargo dos descansos, a
compensación de domingos e festivos, a destrución de postos de traballo mediante a
súa amortización e a non realización de case cincocentos contratos por acumulación de
tarefas.
Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE formula a seguinte proposición non de lei
para o seu debate na Comisión:
- O Parlamento Galego insta á Xunta a adquirir e pór en funcionamento a maior
brevidade posible os 20 guindastres comprometidos pola conselleira de traballo
e benestar.
- O Parlamento Galego insta á Xunta a depurar as responsabilidades derivadas do
retraso na posta en marcha cos conseguintes prexuízos na prestación dos
servizos nos centros da consellaría e coa sobrecarga de traballo para as
plantillas dos mesmos.
- O Parlamento Galego insta á Xunta a rectificar a súa política de cobertura de
vacantes no verán e cubrir a totalidade das baixas no servizo ao obxecto de
mellorar a prestación do servizo ás persoas usuarias e a sobrecarga de traballo á
plantilla.
En Compostela, a 7 de xullo do 2015.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asdo. Eva Solla Fernández
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 07/07/2015 09:16:28
Eva Solla Fernández na data 07/07/2015 09:16:35
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 17.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1.4 39516(09/PNC-003317)
Grupo Parlamentario Mixto
Iglesias Sueiro, Carmen e Martínez García, María Consuelo
Sobre a entrada en vigor do Plan nacional para a abordaxe da
hepatite C no Sistema Nacional de Saúde e a súa aplicación no
ámbito dos centros penitenciarios en Galicia
Publicación da iniciativa, 511, 02.09.2015
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
1
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.
O G. P. Mixto, a iniciativa das súas deputadas, Carmen Iglesias Sueiro e
Consuelo Martínez García, ao abeiro do establecido no regulamento desta
cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en
Comisión.
O pasado día 1 de abril entrou en vigor o “Plan Nacional para el Abordaje de la
Hepatitis C en el Sistema Nacional de Salud”, aprobado polo Ministerio de
Sanidade e ratificado pola Mesa Interterritorial de Sanidade.
Este plano recolle, no informe de situación respecto de esta enfermidade no
estado, a pavorosa situación sanitaria que o virus da Hepatite C provoca entre
a poboación reclusa en centros penitenciarios, onde a prevalencia da infección
é de un 20,3%, 9.063 persoas segundo a cifra que figura na páxina 29 do
Plano, unha cifra só comparable ao 24% de prevalencia que se rexistra en
Exipto, o país con maior afectación do mundo de acordo cos informes da OMS.
Isto equivale, traducido aos seis centros penitenciarios de Galicia, a un número
en ningún caso inferior a 750 internas e internos infectados.
A isto temos que acrecentarlle o feito de que, de acordo cos datos do propio
informe, un 26,8% das persoas en situación de reclusión afectadas están
coinfectadas polo Virus de Inmunodeficiencia Humana, o que provoca unha
máis rápida evolución da enfermidade hepática, polo que se determina que as
persoas coinfectadas serán obxecto de atención prioritaria dentro da aplicación
do Plan.
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
2
A Liña Estratéxica 1 do Plano aprobado polo Ministerio, identifica como
poboación prioritaria en materia de prevención para reducir a incidencia da
Hepatite C as “persoas internas en Institucións Penitenciarias”.
En contraste coa situación descrita, o número de persoas internas en centros
penitenciarios do territorio galego que están a ser tratadas cos novos fármacos
é insignificante. A excepción de tres internos no centro de Pereiro de Aguiar,
non hai constancia de máis afectados que teñan recibido a través do SERGAS
estes fármacos iniciando o seu tratamento en prisión. Apenas podemos engadir
a esta cifra algún interno que ingresou co tratamento xa iniciado ou que o
iniciou durante un ingreso hospitalario. En total a cifra de internos tratados por
unha ou outra circunstancia non superaría a decena.
Esta situación de falta de dispensa destes fármacos con altísima eficacia para
a curación da hepatite ás persoas presas responde exclusivamente a unha
decisión tomada en base ao disenso entre a Consellería de Sanidade e o
Ministerio del Interior respecto de que administración debe facerse cargo do
custo dos tratamentos.
En novembro de 2014 o Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de
Santiago de Compostela, en peza separada no preito entre SERGAS e
Ministerio do Interior no que se intenta dirimir quen debe facerse cargo do
tratamento de un recluso enfermo de Hepatite C, dita medida preventiva
obrigando á administración sanitaria autonómica a dispensarlle o tratamento a
este doente en tanto se non se resolva a cuestión de fondo do litixio. O
SERGAS decidiu apelar este auto diante do TSXG.
O TSXG en sentenza de 20 de maio de 2015 confirma esa medida preventiva,
condenando ademais ao SERGAS ao pago das costas do recurso. Nos
fundamentos de dereito desta sentenza o TSX establece que “non negado polo
Letrado autonómico que, ao seu xuízo, o interese concorrente é de índole
económica, exclusivamente, entendemos, co xuíz a quo, que debemos dar
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
3
preferencia ao dereito á saúde, xa que a diatriba sobre quen (Administración
estatal ou autonómica) debe dispensar o medicamento e, por ende, correr cos
gastos asociados, ten un carácter secundario e, desde logo, plenamente
resarcible en caso de sentenza desestimatoria no preito principal, a diferenza
do risco mediato ou inmediato que, en caso de non acceder á medida
preventiva, con certeza sufriría o interno na súa integridade física”.
Por outra parte, diante da negativa por parte do SERGAS á dispensa destes
tratamentos a persoas en situación de reclusión penitenciaria, a Dirección
General de Instituciones Penitenciarias comezou a finais do pasado mes de
xuño a ofertar a aqueles e aquelas internas que teñen prescritos os novos
tratamentos por parte dos servizos de medicina especializada habilitados polo
SERGAS a posibilidade de ser trasladados aos penais Madrid II e Madrid V
para recibir os tratamentos. Esta solución supón un agravamento nas
condicións de cumprimento de condena para as persoas afectadas ao afastalas
do seu contorno social e practicamente privalas do dereito de visita durante
períodos de 12 ou 24 semanas, dependendo da súa pauta de tratamento.
Esta solución resulta aínda máis chocante tendo en conta que outros fármacos,
de dispensa en farmacia hospitalaria e administración ambulatoria, como é o
caso dos utilizados no tratamento da infección por VHC, fanse chegar as e os
doentes reclusos desde os correspondentes servizos de farmacia do sistema
público galego a través dos servizos médicos dos distintos centros
penitenciarios. Solución esta que non implica prexuízo adicional algún para
eses doentes e que tampouco prexulga quen deba afrontar finalmente os
custos farmacéuticos inherentes.
Por outra parte, a dispensa directa polo do Ministerio do Interior, no caso de
que resultase ser este quen deba correr con eses gastos farmacéuticos,
tampouco supón aforro algún para esa administración por canto o prezo dos
fármacos é o mesmo para todas as administracións sanitarias e, aos custos de
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
4
liquidar eses prezos ao SERGAS terían que engadirse os derivados do traslado
das internas e internos aos mencionados centros penitenciarios e de volta a
aquel no que veñen cumprindo condena.
Por estes motivos preséntase a seguinte proposición non de Lei para o seu
debate en Comisión:
Parlamento de Galicia insta ao goberno da Xunta de Galicia a tomar as
medidas necesarias para que, de acordo cos principios e preferencia de
dereitos establecidos polo TSXG na súa sentenza de 20 de maio de
2015, o SERGAS proceda a dispensar sen máis dilación os novos
fármacos para a Hepatite C a todas as persoas internas nos centros
penitenciarios galegos para as que están establecidos estes tratamentos
no Plan Nacional para “el Abordaje de la Hepatitis C en el Sistema
Nacional de Salud”.
O Parlamento de Galicia insta ao goberno da Xunta de Galicia a
establecer un sistema coordinado entre o SERGAS e a Dirección
General de Instituciones Penitenciarias que permita a aplicación efectiva
e máis eficaz posible do disposto no Plano para a abordaxe da Hepatite
C no ámbito dos centros penitenciarios radicados en Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2015
Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Consuelo Martínez García Voceira e Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
5
Asinado dixitalmente por:
Carmen Iglesias Sueiro na data 31/07/2015 12:43:30
María Consuelo Martínez García na data 31/07/2015 12:43:38
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 17.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1.5 39668(09/PNC-003329)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para
poder ofrecer unha atención sanitaria cos estándares de
calidade exixibles a un servizo público esencial como é a
sanidade pública no Hospital do Salnés
Publicación da iniciativa, 511, 02.09.2015
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a instancias da
súa deputada Montserrat Prado Cores e do seu Portavoz Francisco Xesús
Jorquera Caselas, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Proposición Non de Lei para o seu debate en comisión.
Exposición de motivos:
O hospital do Salnés é o hospital de referencia para miles de veciños e veciñas
da comarca do Salnés. O PP ten demostrado que prestar unha atención
sanitaria de calidade a esta comarca non é unha prioridade, moi ao contrario,
todas as actuacións que ten realizado foron noutra dirección: eliminación da
área sanitaria do Salnés e integración na de Pontevedra, infrautilización de
espazos de hospitalización, perda de profesionais, perda de capacidade
resolutiva... Todo iso vai en detrimento da prestación asistencial á poboación de
referencia e de deterioro das condicións laborais d@s profesionais, unhas
condicións laborais xa precarias dado que desde a súa inauguración as ratios
de persoal estiveron por debaixo da media do SERGAS.
A isto hai que engadir que a ampliación do Hospital do Salnés, tan necesaria e
tan demandada, tanto pol@s usuari@s como polo persoal sanitario leva anos
de demora, de retrasos inxustificados, a respecto das datas comprometidas
polo PP. Esta ampliación estase a realizar nun espazo que na súa maior parte
era adicado a aparcamento de vehículos, cuestión que supón un moi grave
prexuízo, tanto para o persoal como para as persoas que teñen que acudir ao
hospital ao ser moi escasos os lugares dispoñíbeis para aparcamento. A
insuficiente solución presentada, de realizar un convenio por un período de
dous anos cun particular, polo cal se construíu unha zona de aparcamento
nunha propiedade privada con recursos públicos, fixo saltar todas as alarmas.
O Hospital do Salnés tampouco é alleo á política de recortes, tanto de recursos
como de persoal, e de peche de camas que vén practicando a Consellaría de
Sanidade. Non ten xustificación que se teña pechado na súa totalidade a
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
terceira planta deste hospital, e que isto teña como consecuencia que teñan
que compartir habitación doentes de paliativos ou de maternidade.Tampouco
ten xustificación a continua mobilidade á que se somete ao persoal, obrigándoo
a cambiar de servizos e especialidades, para suplir as ausencias que se
producen, na vez de contratar persoal para substituír as mesmas.
Polas razóns expostas, o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu tratamento en Comisión:
“O Parlamento de Galiza, insta ao Goberno galego a:
1) Que se proceda a dimensionar o cadro de persoal do hospital do Salnés,
de acordo coas ratios profesionais-doentes precisas, como mínimo da
media dos hospitais do SERGAS, para poder ofrecer unha atención
sanitaria cos estándares de calidade esixíbeis a un servizo público
esencial como é a sanidade pública.
2) Que proceda á apertura da totalidade da terceira planta do hospital do
Salnés, durante todo o ano, coa dotación de xeito estábel e permanente
do persoal preciso para o funcionamento da mesma.
3) Que proceda á contratación do persoal que sexa preciso para cubrir as
ausencias de persoal, e que remate coa mobilidade permanente do
persoal, tanto de servizos como de especialidades, para cubrir ditas
ausencias.
4) Que se realicen as actuacións precisas para que o hospital do Salnés
estea dotado co número de prazas de aparcamento, públicas e gratuítas,
suficientes tanto para @s profesionais como para as persoas que teñen
que acudir ao hospital.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2015.
Asdo.: Montserrat Prado Cores Deputada do G.P. do BNG
Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas Deputado do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
María Monserrat Prado Cores na data 05/08/2015 18:17:50
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 05/08/2015 18:17:54
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 17.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1.6 40104(09/PNC-003362)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre a oferta polo Goberno galego de servizos
complementarios gratuítos aos usuarios do novo hospital de
Vigo
Publicación da iniciativa, 516, 10.09.2015
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas Montserrat Prado Cores e María do Carme Adán Villamarín e do
deputado Daniel Rodas Chapela, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa á
necesidade de ofertar servizos complementarios gratuítos aos usuarios do novo hospital
de Vigo.
O novo hospital de Vigo responde ao proceso de privatización da sanidade
pública na que está empeñado o Partido Popular, con Núñez Feijoo á cabeza. É un
clarísimo exemplo da decisión de que servizos públicos esenciais como a sanidade
pasen de ser servizo a ser negocio a favor das empresas amigas. É un exemplo de
dilapidación de fondos públicos, dos impostos dos galegos e galegas para favorecer o
negocio aos amigos.
Fronte a un sistema sanitario público, xestionado pola administración pública,
pásase a unha sanidade xestionada por empresas privadas e fondos de investimento,
cuxo único obxectivo é gañar cartos por medios especulativos.
O Goberno galego está entregando os servizos sanitarios, cando menos a parte
máis rendíbel e con menores riscos, a mans privadas, deixando hipotecado o futuro da
mesma por moitos anos.
Coa posta en funcionamento do NHV estase a poñer ao descuberto con toda
claridade a folla de ruta marcada, a peor faciana do Partido Popular ao servizo dos
poderes económicos a costa dos petos d@s cidadáns.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
A decisión de construír o hospital polo chamada eufemisticamente,
Colaboración Público Privada (PFI), supón cederlle ás empresas concesionarias a
explotación de servizos como o parking, cafetería, servizos multimedia, etc. Servizos
polos que tanto as persoas que acudan ao hospital como o persoal teñen que pagar
obrigatoriamente, xa que non existe alternativa aos mesmos. Estamos por un lado diante
dun novo repago sanitario, un novo imposto á enfermidade, que resulta inaceptábel
sobre todo para as economías máis desfavorecidas e polo outro un novo ataque aos
salarios do persoal da sanidade pública.
Pese a que os servizos concesionados teñen o negocio asegurado, ao non existir
competencia, as tarifas fixadas son moi elevados, unha auténtica estafa: o parking 1,86€
a primeira hora ou 12€ ao día, o pago polos servizos multimedia de 7,26€ ou 4,84 só
pola tv.
O Bloque Nacionalista Galego considera inaceptábel que se faga negocio coa
saúde d@s galeg@s, polo cal presenta a seguinte proposición non de lei para o seu
tratamento en comisión:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a:
Que de inmediato oferte unha alternativa gratuíta de aparcamento, tanto para o
persoal do novo hospital de Vigo, como para todas as persoas que teñen que acudir ao
mesmo.
Poña en marcha un plan específico de transporte público de carácter intermodal
para todo o territorio que abarca a área sanitaria Vigo, con itinerarios e frecuencias
suficientes para atender as necesidades tanto do persoal como d@s doentes.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Poña a disposición das persoas ingresadas un sistema de acceso gratuíto aos
servizos básicos de multimedia.”
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2015
Asdo.: Montserrat Prado Cores
Daniel Rodas Chapela
Deputada e deputado do G.P. do BNG
María do Carme Adán Villamarín
Portavoz s. do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Monserrat Prado Cores na data 27/08/2015 14:00:14
María do Carme Adán Villamarín na data 27/08/2015 14:00:21
Daniel Rodas Chapela na data 27/08/2015 14:00:26
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 17.09.2015 Hora: 16:30
Orde do día
1.7 40226(09/PNC-003384)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 2 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación co recoñecemento das vítimas de violencia de xénero
Publicación da iniciativa, 516, 10.09.2015
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas, María Carmen Acuña do Campo, Carmen Gallego Calvar e
María Quintas Álvarez, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no
artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte
proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5ª.
Dúas menores galegas, Candela e Amaia, de 4 e 9 anos veñen de ser
asasinadas polo seu pai maltratador durante o réxime de visitas imposto por
un xuíz.
Algúns medios motivan e “explican” esa barbaridade inxustificable dicindo
que o pai quería “vingarse da nai". Realmente o machismo asasinou as dúas
menores pero matou tamén a unha nai, e dende logo non existe ningún
motivo que explique eses dramáticos e intolerables feitos.
Non obstante, ata o de agora ningunha das mulleres "mortas" tras ser
asasinados os seus fillos ou as súas fillas polos maltratadores, son
recoñecidas pola xustiza como vítimas de violencia de xénero, un exemplo
máis da desprotección e do abandono que aínda padecen algunhas vítimas
do machismo.
Violencia, a machista, que xera vítimas que a sociedade nin ve nin quere
recoñecer como tales, ignorando tamén que o machismo non só mata senón
que tamén e xera secuelas perpetuas para as vítimas que sobreviven e o seu
entorno.
No que levamos de ano en Galicia a violencia de xénero ten provocado
moita dor, sen dubida, nin coñecida nin medida, pero ademais ten matado,
ten asasinado:
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Beatriz Rodríguez, 30ANOS, ASASINADA EN ARBO, PONTEVEDRA
María Isabel Fuentes Fernández, 65 ANOS, ASASINADA EN OURENSE
María 41 ANOS, ASASINADA EN BARCELONA (galega)
Pero tamén Candela e Amaia, de 4 e 9 ANOS, ASASINADAS EN
MORAÑA e a súa nai “MORTA” tras coñecer o tremendo crime das súas
fillas.
Ante esta situación o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que adopte todas as
medidas oportunas ao seu alcance co fin de conseguir que as mulleres ás que o
seu maltratador lles asasinou familiares e/ou amigos sexan consideradas tamén
vítimas de violencia de xénero, tanto elas coma as persoas asasinadas polo seu
agresor.
Pazo do Parlamento, 20 de agosto de 2015
Asinado dixitalmente por:
María del Carmen Acuña do Campo na data 20/08/2015 13:18:27
Carmen Gallego Calvar na data 20/08/2015 13:18:36
Maria Remedios Quintas Alvarez na data 20/08/2015 13:18:46
Jose Luis Méndez Romeu na data 20/08/2015 13:18:55