31
REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN, GANDARÍA E MONTES Día: 18.03.2016 Hora: 10:30

REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª,

AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN,

GANDARÍA E MONTES

Día: 18.03.2016 Hora: 10:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de 2016, ás 10.30 horas, no pazo do Parlamento. A orde do día é a seguinte : Punto 1. Proposicións non de lei en Comisión 1.1 42170 (09/PNC-003526) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa Sobre a introdución polo Goberno galego, na vixente lexislación de montes, de

modelos de agrupación de terras do tipo das extintas unidades de xestión forestal, así como o impulso da súa constitución e posta en funcionamento

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 531, do 07.10.2015 1.2 46817 (09/PNC-003891) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón e 5 máis Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e aos

concellos de Galicia en relación co proceso de regularización catastral de bens inmobles que está a desenvolver no medio rural o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 602, do 17.02.2016 1.3 47673 (09/PNC-003962) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia García García, Pablo e 2 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para facilitarlles ás

persoas solicitantes os trámites para o cobramento das axudas agroambientais, clima e agricultura ecolóxica da política agraria común

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 609, do 02.03.2016 Punto 2. Preguntas orais en Comisión 2.1 45580 (09/POC-006725) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis Sobre o orzamento, os posibles beneficiarios e principais obxectivos de cada una

das liñas de axuda publicadas no Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro de 2015 para a defensa e apoio do sector forestal galego e dos profesionais e industrias que desenvolven a súa actividade no ámbito do aproveitamento do monte, así como a valoración do Goberno galego respecto da súa incidencia no potencial forestal de Galicia

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 591, do 28.01.2016

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

2.2 47635 (09/POC-007105) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa e Pontón Mondelo, Ana Belén Sobre as medidas que vai impulsar o Goberno galego para o cumprimento das

limitacións establecidas na lexislación vixente en relación coa plantación de eucaliptos, en particular nos espazos protexidos, así como para promover alternativas produtivas a esa especie baseadas en aproveitamentos multifuncionais e sustentables

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 609, do 02.03.2016 2.3 47856 (09/POC-007150) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia García García, Pablo e 2 máis Sobre a fundamentación dos criterios establecidos pola Xunta de Galicia para o

cobramento polos gandeiros galegos das axudas da política agraria común no referido ao denominado "pago verde" ou "greening", así como os datos relativos á incidencia desa decisión nas axudas percibidas por Galicia

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 614, do 10.03.2016 2.4 47868 (09/POC-007155) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón e 5 máis Sobre as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia para o cumprimento do

acordo parlamentario referido á implementación un plan de fomento da horticultura, fruticultura e agricultura ecolóxica

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 614, do 10.03.2016 Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento. O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión. Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2016

Vidal Martínez-Sierra López

Presidente da Comisión

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN,

GANDARÍA E MONTESPOR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidenteVidal Martínez-Sierra López P

VicepresidenteJesús Miguel Prado Patiño P

SecretariaMaría Tereixa Paz Franco BNG

José Manuel Balseiro Orol PMoisés Blanco Paradelo PAngel Camino Copa PRaúl Fernández Fernández SJackeline Elizabeth Fernández Macías PPablo García García SMaría Isabel García Pacín PMaría Consuelo Martínez García MRosa Oubiña Solla PAntón Sánchez García AGEJosé Ramón Val Alonso S

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 18.03.2016 Hora: 10:30

Orde do día

1. Proposicións non de lei en Comisión

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 18.03.2016 Hora: 10:30

Orde do día

1.1 42170(09/PNC-003526)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa

Sobre a introdución polo Goberno galego, na vixente

lexislación de montes, de modelos de agrupación de terras do

tipo das extintas unidades de xestión forestal, así como o

impulso da súa constitución e posta en funcionamento

Publicación da iniciativa, 531, 07.10.2015

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da

deputada Tereixa Paz Franco, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa

aos instrumentos para a creación de unidades produtivas de superficie suficiente para

facer sustentábel o aproveitamento do monte.

Sen entrar en profundidade no debate en relación coas causas e connotacións

negativas que ten o minifundio das parcelas forestais en Galiza, o que resulta

incuestionábel é que o factor superficie é determinante para a realización de proxectos

que poñan en valor todas as potencialidades do monte.

En Galiza aproximadamente o 65% da superficie forestal está configurada por

montes de particulares que na súa inmensa maioría son parcelas de superficie moi

reducida. Neste caso unha das solucións para lograr unidades produtivas viábeis pasa

por poñer as parecelas en común, de forma cooperativa e participativa dos e das

propietarias.

Esta era a orientación que tiñan as Unidades de Xestión Forestal que se

regulaban na Lei 3/2007, de prevención de incendios forestais de Galiza e que foron

primeiro denostadas e ninguneadas e xa, posteriormente, definitivamente eliminadas da

nosa regulación en materia de montes.

Actualmente a única alternativa posíbel son as Sociedades de Fomento Forestal

(Sofor) nas que a xestión das terras en común queda sometida a fórmulas mercantís,

grande aposta do Goberno do Partido Popular e que ten demostrado ser un instrumento

que fracasou a tenor dos datos de constitución desde a súa regulación no ano 2010.

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista

Galego, a través da deputada asinante, formula a seguinte Proposición non de lei para o

seu debate en Comisión:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno Galego a introducir novamente na

nosa regulación en materia de montes modelos de agrupación do tipo das extintas

Unidades de Xestión Forestal e a fomentar a súa constitución e posta en funcionamento

facéndoas destinatarias dos incentivos existentes para outras figuras con similares

obxectivos.”

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015

Asdo.: Tereixa Paz Franco

Deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Tereixa Paz Franco na data 30/09/2015 18:32:13

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 30/09/2015 18:32:19

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 18.03.2016 Hora: 10:30

Orde do día

1.2 46817(09/PNC-003891)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón e 5 máis

Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao

Goberno central e aos concellos de Galicia en relación co

proceso de regularización catastral de bens inmobles que está

a desenvolver no medio rural o Ministerio de Facenda e

Administracións Públicas

Publicación da iniciativa, 602, 17.02.2016

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, a iniciativa dos seus

deputados Antón Sánchez García, Xosé Manuel Beiras Torrado, Xabier Ron

Fernández, Ramón Vázquez Díaz, Juan M. Fajardo Recouso e da súa deputada Eva

Solla Fernández, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Comisión.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A revisión catastral que se está a desenvolver en Galicia, tanto no Catastro de Urbana

como no de Rústica, terá un impacto importante sobre os bens inmobles do rural. Todas

as instalacións agrarias, tales como granxas, naves e invernadoiros, pasan a pagar o

Imposto de Bens Inmobles (IBI).

A revisión catastral estase a desenvolver en Galicia desde o ano 2013, en aplicación da

resolución da Dirección Xeral do Catastro do 10 de setembro do 2013, pola que se

determinan municipios e periodos de aplicación do procedemento de regulación catastral.

En parte dos concellos galegos xa se realizou e noutros está en marcha, estando prevista

a incorporación de todos os restantes que o soliciten ata finais do 2016 ou 2017, de ser

prorrogado o prazo. En Pontevedra, por exemplo, dos 62 concellos da provincia, a

revisión xa afectou a 12 e hai outros 18 en proceso.

A actualización do Catastro obrigará ao pago da contribución por instalacións que ata

agora estaban exentas, como cortes, naves, pendellos ou invernadoiros. A maiores, a

revisión porá ó día ampliacións en vivendas e novas construccións, xa que o actual

Catastro, que data de mediados dos anos noventa, quedouse desfasado.

O que se vaia pagar de contribución depende da boa vontade do Concello de turno. A lei

permite unha taxa de entre o 0,3 e o 0,9 % do valor da propiedade.

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Un establo valorado en 100.000 euros, e que ata o momento da revisión non viña

pagando o IBI, pasaría a pagar 900 euros ó ano se se lle aplicase a taxa máxima que

permite a lei, un 0,9%. Ademais, o Catastro pode reclamar os últimos catro anos de

atrasos.

Por todo o exposto o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda presenta a

seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1) Solicitar ao Ministerio de Facenda e Administracións públicas a exención deste

tipo de instalación agrarias do IBI como forma de apoio á economía rural.

2) Instar a que os Concellos galegos cobren a taxa mínima, do 0,3%, establecida

pola lei na tributación deste tipo de inmobles.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2016.

Asinado dixitalmente por:

Anton Sánchez García na data 08/02/2016 17:18:24

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 08/02/2016 17:18:31

Ramón Vázquez Díaz na data 08/02/2016 17:18:35

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 08/02/2016 17:18:38

Eva Solla Fernández na data 08/02/2016 17:18:41

Jose Javier Ron Fernandez na data 08/02/2016 17:18:43

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 18.03.2016 Hora: 10:30

Orde do día

1.3 47673(09/PNC-003962)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

García García, Pablo e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego

para facilitarlles ás persoas solicitantes os trámites para o

cobramento das axudas agroambientais, clima e agricultura

ecolóxica da política agraria común

Publicación da iniciativa, 609, 02.03.2016

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos

seus deputados Pablo García García, Raúl Fernández Fernández e José

Ramón Val Alonso, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no

artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en Comisión 7.ª, Agricultura,

Alimentación, Gandería e Montes.

Exposición de motivos

Son máis de 2.000 os expedientes denegados de axudas agroambientais,

clima e agricultura ecolóxica en Galicia, tal como vén de publicar a

Resolución do 1 de febreiro de 2016.

Estas axudas afectan sobre todo a explotacións gandeiras situadas en zonas

de montaña e de zonas desfavorecidas, chegando nestas determinadas

zonas a supoñer máis de un 30 % do total de solicitudes.

Hai que ter presente que estas axudas poden chegar a supor máis de un

40 % dos ingresos dunha explotación, que de todos xeitos xa ven como este

tipo de axudas van a ter unha importante redución.

Isto é consecuencia de que antes as explotacións podíanse acoller a varias

liñas de medidas agroambientais, en tanto que agora só poden ligarse a

unha das liñas, concretamente a de “apoios á xestión de pastos”. Mentres

que antes unha explotación de vacún de carne das medias que temos en

Galicia acollíase a liña de pastoreo, a outra de control integrado de

superficie, a medidas de apoio a unha maior extensificación, etc.

Os expedientes denegados neste período inicial, xa que aínda son

susceptibles de ser aprobados despois das reclamacións dos e das

solicitantes, son fundamentalmente motivados por:

A exclusión de oficio de aqueles pastos arbustivos de unha superficie

inferior a 0,3 hectáreas.

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

A exclusión en determinadas zonas das parcelas con máis dun 10 %

de pendente.

A problemas técnicos da propia consellería na súa aplicación, como

é o de rexistro das coordenadas onde están situadas por exemplo as

colmeas, etc.

Problemas de duplicidade.

En definitiva, en lugar de contar os solicitantes coa axuda da

administración para cobrar as axudas da PAC, esta se converte nun atranco

máis a superar para poder optar a estas axudas.

Co risco ademais de non só perder as axudas deste ano senón a de

exercicios posteriores.

Ante isto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a

seguinte proposición non de lei en Comisión:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a poñer os mecanismos

técnicos, humanos e mudar os criterios e requisitos dentro da normativa

vixente de cara a facilitar ós solicitantes os trámites para poder cobrar as

axudas da PAC agroambientais, clima e agricultura ecolóxica.

Pazo do Parlamento, 23 de febreiro de 2016

Asdo.: Pablo García García

Raúl Fernández Fernández

José Ramón Val Alonso

Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Pablo García García na data 23/02/2016 17:28:26

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Raúl Fernández Fernández na data 23/02/2016 17:28:31

José Ramón Val Alonso na data 23/02/2016 17:28:42

Jose Luis Méndez Romeu na data 23/02/2016 17:28:47

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 18.03.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2. Preguntas orais en Comisión

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 18.03.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2.1 45580(09/POC-006725)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis

Sobre o orzamento, os posibles beneficiarios e principais

obxectivos de cada una das liñas de axuda publicadas no

Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro de 2015 para a

defensa e apoio do sector forestal galego e dos profesionais

e industrias que desenvolven a súa actividade no ámbito do

aproveitamento do monte, así como a valoración do Goberno

galego respecto da súa incidencia no potencial forestal de

Galicia

Publicación da iniciativa, 591, 28.01.2016

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Balseiro Orol, Isabel García Pacín, Vidal Martínez-Sierra López, Rosa

Oubiña Solla, Miguel Prado Patiño, Jackeline Fernández Macías, Angel Camino

Copa e Santiago Freire Abeijón, deputados e deputadas do Grupo Parlamentario

Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do

Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa

resposta oral en Comisión.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o pasado 30 de decembro de 2015 unha

batería de axudas e subvencións en defensa e apoio do sector forestal galego e dos

profesionais e industrias que desenvolven a súa actividade no ámbito dos

aproveitamentos do monte.

Entre elas inclúense axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por

incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e

Sociedades de Fomento Forestal (Sofor). Tamén aqueles apoios a investimentos en

tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais.

E, finalmente, subvencións dirixidas ao o fomento da silvicultura en bosques no medio

rural.

Cómpre lembrar que Galicia é unha das máis importantes potencias forestais española

e europea, cunha superficie forestal arborada de máis de 1.400.000 hectáreas, o que

representa o 48% de todo o seu territorio. Pola súa parte, a facturación conxunta da

industria de transformación da madeira supera en Galicia os 1.600 millóns de euros

anuais, proporciona emprego directo a máis de 22.700 traballadores e constitúe un dos

sectores industriais que maior emprego xera na nosa Comunidade.

O desenvolvemento rural de Galicia, o seu presente e futuro, pasa ineludiblemente polo

compromiso cunha xestión que valorice o noso potencial forestal dende o punto de

vista socioeconómico e ambiental e para o que resultan imprescindibles estes apoios

que o Goberno galego materializa nas distintas liñas de axuda.

En relación con este asunto, os deputados asinantes, formulan as seguintes preguntas:

1.- A canto ascenden os orzamentos destinados a cada unha destas liñas de

axuda?

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

2.- Quen son os potencias beneficiarios destas destes apoios?

3.- Cales son os obxectivos principais perseguidos por cada unha destas liñas de

axuda?

4.- Que valoración fai o Goberno galego sobre o potencial forestal da nosa terra e,

moi en particular, sobre a incidencia que no mesmo terán as liñas de apoio

aprobadas?

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016

Asinado dixitalmente por:

José Manuel Balseiro Orol na data 18/01/2016 11:06:01

María Isabel García Pacín na data 18/01/2016 11:06:14

Vidal Martínez-Sierra López na data 18/01/2016 11:06:22

Rosa Oubiña Solla na data 18/01/2016 11:06:29

Jesús Miguel Prado Patiño na data 18/01/2016 11:06:35

Jackeline Elizabeth Fernández Macías na data 18/01/2016 11:06:47

Angel Camino Copa na data 18/01/2016 11:07:05

José Santiago Freire Abeijón na data 18/01/2016 11:07:13

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 18.03.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2.2 47635(09/POC-007105)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa e Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre as medidas que vai impulsar o Goberno galego para o

cumprimento das limitacións establecidas na lexislación

vixente en relación coa plantación de eucaliptos, en

particular nos espazos protexidos, así como para promover

alternativas produtivas a esa especie baseadas en

aproveitamentos multifuncionais e sustentables

Publicación da iniciativa, 609, 02.03.2016

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Tereixa Paz Franco e Ana Belén Pontón Mondelo, deputadas do Grupo

Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para súa resposta oral

en Comisión, en relación coas actuacións a impulsar polo Goberno galego ante a

preocupante eucaliptización e conseguinte destrución dos valores naturais e

económicos do noso territorio.

En Galiza existe unha crecente preocupación social polo fenómeno da

crecente expansión das plantacións de eucaliptos. Estes invaden cada vez zonas

máis amplas do noso territorio poñendo en grave risco valores ambientais, de

diversidade ecolóxica e tamén económicos.

Esta preocupación atinxe transversalmente ao pobo galego, ás persoas que

viven no rural e do seu traballo vinculado á terra, mais non só. Esta preocupación

ten motivado que diversos colectivos e asociacións de diferente índole lanzasen o

manifesto STOP EUCALIPO-AVANTE CARBALLO coa dupla finalidade de

alertar dos perigos desta situación e tamén de formular alternativas para a súa

implantación inmediata.

Dito manifesto ten a seguinte explicación da situación:

“Nas últimas décadas rexistrouse unha gran expansión do eucalipto en

Galiza, a comunidade con maior superficie de eucaliptais do estado. No primeiro

Inventario Forestal Nacional (IFN I) de 1972/73, o eucalipto estaba presente nun

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

total de 131.181 ha. Para o segundo (IFN III), realizado en Galiza nos anos 1997

e 1998, o eucalipto estendérase xa por 396.344 ha, o 28% da superficie arborada

galega. En vista dos datos provisionais dispoñibles, a finais de 2015 a superficie

de eucaliptais en Galiza podería achegarse ás 500.000 ha. Parte desta área é

ocupada por eucaliptos fóra de plantación, isto é, asilvestrados ou ventureiros,

que medran moitas veces despois de incendios como acontece con outras

especies pirófilas.As plantacións de eucaliptos en Galiza supoñen máis da metade

(52%) das existentes no estado e, só por especie, na Península Ibérica localízase

o 53% da superficie mundial de Eucalyptus globulus, máis que en toda Australia.

Asemade, nos últimos tempos unha nova especie de eucalipto, o Eucalyptus

nitens, veu engadirse ás plantacións, chegando a espazos antes vetados para o E.

globulus, dada a súa maior resistencia ao frío.

O aumento imparábel do eucalipto relaciónase co abandono agrario e o

declive do medio rural galego, caldo de cultivo para o negocio pasteiro. A falla

dun modelo produtivo sustentábel, multifuncional e socialmente inclusivo, fai

que o destino de montes e terras agrarias sexa o monocultivo, nomeadamente de

eucalipto, substituíndo ás frondosas autóctonas. Isto acontece perante a

pasividade, cando non complicidade da Xunta, permisiva co incumprimento das

normas e que coa reforma do Plano Forestal de 1993 pretende fortalecer as

plantacións de E. Globulus, consolidar o E. nitens, promover a biomasa e

estender os cultivos enerxéticos.”

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego coincide con esta

análise que nos trasladan desde esta iniciativa social e asume o seu contido e

tamén as propostas que en consecuencia se formulan para a súa implementación

polo Goberno galego.

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Estas son as razóns polas que formulamos as seguintes preguntas para a

súa resposta oral en comisión:

1.- Non considera necesario adoptar medidas co fin de limitar a extensión

do eucalipto para garantir a biodiversidade?

2.- Non cre que ademais dos prexuízos ambientais a eucaliptización

provoca un modelo forestal tamén nefasto en termos económicos?

3.- Tendo en conta que existen algunhas limitación para a plantación de

eucaliptos (Lei de Montes, Lei de Costas, Lei de Conservación da Natureza, etc)

que non se están a cumprir, que medidas ten previsto impulsar para velar polo

seu estrito cumprimento?

4.- Ten algunha previsión en relación coa limitación ou prohibición de

novas plantacións e /ou repoboacións con eucaliptos nos espazos pertencentes a

Rede Galega de Espazos Protexidos?

5.- Á vista da das particularidades dos bosques galegos, non cre que sería

necesaria a regulación e posta en marcha do catálogo de especies exóticas e

invasoras de Galiza?

6.- Tendo en conta as evidencias científicas do grave risco que implica o

eucalipto nítens non considera que sería adecuado prohibir o seu cultivo en

Galiza e mesmo por en marcha, en colaboración cos propietarios, un plan de

control e erradicación onde xa estea plantado?

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

7.- Ten previsto promover medidas e liñas de axuda para promover

alternativas produtivas ao eucalipto baseadas nos aproveitamentos

multifuncionais e sustentábeis?

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2016

Asdo.: Tereixa Paz Franco

Ana Belén Pontón Mondelo

Deputadas do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Tereixa Paz Franco na data 23/02/2016 13:22:27

Ana Belén Pontón Mondelo na data 23/02/2016 13:22:33

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 18.03.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2.3 47856(09/POC-007150)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

García García, Pablo e 2 máis

Sobre a fundamentación dos criterios establecidos pola Xunta

de Galicia para o cobramento polos gandeiros galegos das

axudas da política agraria común no referido ao denominado

"pago verde" ou "greening", así como os datos relativos á

incidencia desa decisión nas axudas percibidas por Galicia

Publicación da iniciativa, 614, 10.03.2016

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Pablo García García, Raúl Fernández Fernández e José Ramón Val

Alonso, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas

de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da

Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta

oral en Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes.

En numerosas ocasións no Parlamento galego, a petición do Grupo

Parlamentario Socialista, se instou á Xunta de Galicia á modificación dos

criterios para as solicitudes das axudas da PAC no que se refire ó pago

verde ou greening. O modelo adoptado libremente pola Xunta de Galicia

obrigou a moitas explotacións lácteas con mais de 10 hectáreas a limitar a

superficie cultivada a millo a un 75 % do total, ou ben a renunciar a este

tipo de axuda.

A pesares das esixencias de todo o sector, de todos os grupos da oposición

que así o manifestaron en moitas iniciativas, a pesares de estudios feitos

pola propia administración que evidenciaban con datos contrastados esta

situación, a pesares de que outras comunidades autónomas con modelos de

produción moi similares optaron por outro criterio para elixir o período de

referencia de rotación de cultivos, o Goberno galego negou as evidencias e

non rectificou.

Co cambio da titular da Consellería de Medio Rural parecía ser, tal como

manifestou en rolda de prensa a finais deste mes, que se ía a cambiar de

criterio que para as solicitudes deste ano se introducirían os cambios para

que os gandeiros galegos de leite que cultiven millo non sufriran estas

perdas.

Sen embargo esas modificacións non foron feitas, e polo menos un ano

máis de non haber unha rectificación, os gandeiros e gandeiras galegas

seguirán sendo discriminados con respecto ós que viven noutras

comunidades autónomas.

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Ante isto, os deputados que asinan formulan as seguintes preguntas para o

seu debate en Comisión:

1. En que datos se basea a Xunta de Galicia para tomar esta decisión?

2. Cal é o motivo da rectificación dunha decisión teoricamente

modificada?

3. Que datos ten a Xunta de Galicia da incidencia desta decisión nas

axudas percibidas en Galicia?

4. Cales son os motivos polos que a Xunta de Galicia non quere

facilitar ós gandeiros e gandeiras galegas que poidan percibir as

axudas da PAC no que se refire ó Pago Verde?

Pazo do Parlamento, 29 de febreiro de 2016

Asdo.: Pablo García García

Raúl Fernández Fernández

José Ramón Val Alonso

Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

Pablo García García na data 29/02/2016 13:34:49

Raúl Fernández Fernández na data 29/02/2016 13:34:56

José Ramón Val Alonso na data 29/02/2016 13:35:04

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 18.03.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2.4 47868(09/POC-007155)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón e 5 máis

Sobre as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia para

o cumprimento do acordo parlamentario referido á

implementación un plan de fomento da horticultura,

fruticultura e agricultura ecolóxica

Publicación da iniciativa, 614, 10.03.2016

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Á MESA DO PARLAMENTO

Antón Sánchez García, Xosé M. Beiras Torrado, Juan M. Fajardo Recouso, Xabier

Ron Fernández, Ramón Vázquez Díaz e Eva Solla Fernández, deputados

pertencentes ao Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA

UNIDA-ANOVA), ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,

presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

Con data de 14 de xullo de 2015, Alternativa Galega de Esquerdas rexistrou unha

Proposición non de lei na que se instaba á Xunta de Galicia a implementar un plan de

fomento da horticultura, fruticultura e agricultura ecolóxica. A Proposición non de lei foi

aprobada en comisión por todos os grupos representados na Cámara na sesión celebrada

o 25 de setembro de 2015.

Polo exposto o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda presenta a

seguinte pregunta para resposta oral en Comisión:

Que accións levou a cabo a Xunta de Galicia para implementar o plan aprobado en dita

Proposición non de lei?

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016.

Asinado dixitalmente por:

Anton Sánchez García na data 29/02/2016 17:10:31

Eva Solla Fernández na data 29/02/2016 17:10:40

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 29/02/2016 17:10:47

Page 31: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA ......A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 18 de marzo de

Ramón Vázquez Díaz na data 29/02/2016 17:10:49

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 29/02/2016 17:10:53

Jose Javier Ron Fernandez na data 29/02/2016 17:10:55