Upload
mouchan-tremoedo
View
224
Download
6
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Â
Citation preview
Celebremos con ledicia outra nova edición desta revista nosa, cuquiños!
Xa estamos aquí de novo logo dun curso moi longo e chuvioso. Moitas cousas
novas e interesantes aconteceron durante estes meses; esperemos non
deixarnos nada no tinteiro!
No mes de novembro estivemos a traballar os dereitos dos nenos.
Lembrádesvos dalgún?
Sentídevos orgullosos de ser como sodes cuquiños, porque todos e todas
sodes importantes e especiais. Así pensaba tamén Xosé María Díaz Castro, o
homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas:
Esmeralda
“Herba pequerrechiña
que con medo surrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sin ti,
por que de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeño sin ti!”
Sen dúbida o Universo sería máis pequeno sen todos vós!
Dereito
a ter un
nome
Dereito a
ter unha
familia
Dereito a
ir á
escola
Dereito a
que me lean
contos Dereito a
non ser
discriminado
Dereito a vivir
en liberdade e
respeto
Este curso déronnos unha charla moi
interesante sobre como utilizar as novas
tecnoloxías de forma segura. Estes son algún
dos conselliños que nos deron:
1. Protexer a nosa privacidade.
- Non revelar información persoal.
- Protexer os datos persoais propios e alleos.
- Non contactar con xente que non coñecemos na vida real.
- Temos que ter coidado coas cámaras web.
- Escoller nicks axeitados, sen utilizar ano de nacemento ou idade.
2. Protexer o noso ordenador.
- Manter os antivirus actualizados.
- Usar bos contrasinais, combinando letras e números ou
maiúsculas.
3. Ser crítico: non todo o que hai en internet é bo.
- Desconfiar de regalos gratis.
- Eliminar correos sospeitosos.
- Non mandar datos persoais ou email.
- Non contestar aos correos de publicidade.
4. Ser respetuoso e responsable na rede.
- Non subir datos nin fotos sen preguntar
primeiro aos interesados.
- Nada de insultos ou ameazas en foros, chats
e mensaxería (debemos ser educados en todos
os ámbitos da nosa vida).
- Non plaxiar traballos alleos.
- Marcarnos horarios e límites para utilizar as
novas tecnoloxías.
- Seguir a clasificación por idade dos videoxogos e xogos en rede.
- Baixar películas con conciencia, para disfrute persoal e sen ánimo de lucro.
5. Dosificar o uso de internet.
- Debemos evitar que sexa a nosa primeira opción de lecer. Hai milleiros de
cousas que podemos facer!
6. Falar cos pais e profes.
- Se algo na rede nos molesta.
- Se alguén nos insulta ou ameaza.
En resumo:
Non fagas en internet o que non Farías na túa vida real
Podedes atopar máis información interesante na seguinte ligazón:
pantallasamigas.net
Con motivo do 150 aniversario da publicación
da obra de Rosalía de Castro “Cantares
gallegos”, fixemos unha exposición relacionada
coa autora e a súa obra; os rapaces de 6º
traballamos o poema “Negra sombra”. A nós
gustounos moito. E a vós?
Alegría , amizade, descanso, movemento, coordinación, festa….. e mil
cousas máis!!!!
Cantar, bailar, tocar, xogar, aprender, reciclar, regueifar, construir…. e
mil cousas máis!!!
TODO ESO É O QUE FACEMOS NO COLE. AQUÍ UNHA PEQUENA
DEMOSTRACIÓN DA CAPACIDADE DA MÚSICA PARA NOS UNIR
.
As novas aulas de infantil xa
están operativas. Agora solo
falta enchelas de nenos!
Tamén estreamos patio novo, con
bambáns, areeiro e ata un
tobogán. Que ben o imos pasar!
Con tanta chuvia e tanto temporal, ao
colexio de Viñagrande- Deiro vooulle o
tellado. Menudo lío se montou!
Pero aquí estabamos os cuquiños para
facerlles un sitio no noso centro ata que
solucionaron o problema. Fixemos unha
chea de amigos novos!
Estamos desexando chegar ao
terceiro ciclo para poder utilizar
os portátiles do proxecto
ABALAR. Que envexa nos dan os
rapaces de 5º e 6º!
Os papás e mamás traballaron
arreo para deixarnos o cole
chulísimo; moitas gracias a todos!
Fixáchedesvos nos debuxos tan
bonitos que decoran os muros?
Temos a Pepa Pig, os Pitufos e ata
Valle-Inclán!
No muro quédanos un espazo para
que decoremos nós; ide pensando
nalgún deseño, cuquiños!