40

Revista2013

  • Upload
    aa-ps

  • View
    228

  • Download
    12

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Xornal escolar "A voz de Frian nº23"

Citation preview

Page 1: Revista2013
Page 2: Revista2013

2

EDUCACIÓN FÍSICA- 38ENGLISH LANGUAGE-- 366º B- Lembranzas-- 32

Música- C. do entroido-255º A- As nosas regueifas-22

de Xenxibre--122º B- O velliño

2º A- Rimas e ditos- 10

6º- Despedida 40

Editorial------ 3 1º Infantil--- 4

O ladrón de palabras-143º A-

1º A- Poesías--- 5

C. dos maios-- 11Música-Martín-- 8

1º A- O calcetín

Os nosos pareados-163º B-

4º- Os ríos---- 18

6º A-Poema e tal para cal- 305º B- Estatísticas tics--26 TICS------ 29

Índice

enlaces

Page 3: Revista2013

3Editorial

Ola a todas e a todos os que compoñemos a comunidade educativa do CEIP Frian-Teis. E cómpre lembrarse de todos os membros da nosa comunidade: alumnado, nais epais, profesorado D porque todos xuntos estamos a deixar pegada no centro. Xuntosmarcamos os vieiros para as futuras xeracións, para os nenos e nenas que van ser oshomes e mulleres que máis adiante como adultos terán que ser responsables e tomardecisións.Este ano estou debemos estar contentos porque dende o noso PDI “A LINGUA SABE APAN” intensificouse a presenza do galego en todas as nosas actividades, que por certo sonmoitas e o que é máis sal ientable, teñen calidade e continuidade ao longo dos anos. Alingua sabe a pan, ao recendo dunha flor, á tenrura dun meniño no berce, as raiolas do solno solpor D A lingua sabe ao que ti queiras se a practicas, se a uti l izas a diario pois en vezde gastarse medra. Imos facer noso o lema da pancarta “365 DÍAS EN GALEGO”. 365 díasque non son abondo para gozar da nosa lingua tantos anos esquecida.

De primeiras foi a homenaxe a Celso Emil io Ferreiro o día 1 2 do mes 1 2 ás 1 2 nun acto dedefensa da nosa lingua “eu fáloa porque si, porque me peta e quero, e dáme a gana“. O 21de marzo recordamos a Rosalía de Castro polo 1 50 aniversario da publicación de “Cantaresgallegos” poñéndolle imaxe e son cada curso a cadanseu poema da nosa poeta máisi lustre. Durante todo o ano académico camiñamos da man de Álvaro Cunqueiro autor queinspirou o noso PDI . E non podo rematar este apartado sen facerl le un oco a Roberto VidalBolaño, a quen este ano se lle dedican as LETRAS GALEGAS. El, é o noso dramaturgo porexcelencia. Aparece vencellado con Rosalía de Castro pois a súa obra “Agasallos desombras” inspírase nela. Ademais de destacar en todas as facetas do xénero teatral taménparticipou moito no eido audiovisual, tanto na creación como na dobraxe de series candoempezaba a televisión galega. A súa película “Novo de Parmuíde” está baseada nos relatosde Álvaro Cunqueiro e tamén a serie emitida na TVG “Os outros feirantes”. Estamos acamiñar polo ronsel que nos marcan os nosos devanceiros aos que facemos benlembrándoos.Parabéns para o labor desenvolvido dende os distintos departamentos do centro: Bibl ioteca,TICs, Dinamización l ingüística, Orientación D Na web do colexio reflíctense as actividadesdesenvolvidas por cada un deles. Dicir tamén que a nosa web pasa das 320.000 visitas poisten moita carga de contidos organizados por cursos e materias que son moi úti les parafacer uso deles. Salientar que moitos destes materiais son de creación propia, intervindotanto o profesorado como o alumnado. A boa imaxe do centro tamén dá froitos poispasamos de 350 alumnos e alumnas, cifra moi significativa tendo en conta que non haiservizo de transporte.Espero que este dinamismo e compromiso teña continuidade. Ata a próxima e que teñadesunhas boas vacacións.

Page 8: Revista2013

8 1º B- O CALCETÍN MARTÍN

Page 9: Revista2013

91º B- O CALCETÍN MARTÍN

Page 10: Revista2013

1 0 2º A- RIMAS E DITOS

Page 11: Revista2013

11MÚSICA- CANTIGA DOS MAIOS

Page 12: Revista2013

1 2 2º B- O VELLIÑO DE XENXIBRE

Page 13: Revista2013

1 32º B- O VELLIÑO DE XENXIBRE

Page 14: Revista2013

1 4 3º A- O LADRÓN DE PALABRAS

Page 15: Revista2013

1 53º A- O LADRÓN DE PALABRAS

Page 16: Revista2013

1 6 3º B- OS NOSOS PAREADOS

Page 17: Revista2013

1 73º B- OS NOSOS PAREADOS

Page 18: Revista2013

1 8 4º- OS RÍOSOS RÍOS. Traballo para o PDI do alumnado de 4º

“Galicia é a terra dos mil ríos” dinos Álvaro Cunqueiro pola cantidade deles que hai. É taménunha frase deste autor a que identifica o PDI deste ano “A lingua sabe a pan”.

Son ríos curtos e caudalosos. Forman unha rede densa teñen réxime regular. Ameirande parte deles desembocan no ATLÁNTICO e algúns no mar CANTÁBRICO.

VERTENTE ATLÁNTICA

Son os ríos máis longos. Destacan o Miño, Eume, Tambre, Ulla, Umia, Limia e Támega.

Neles hai moitos encoros dende os que levan a auga para as poboacións e outros para producirenerxía eléctrica.

O Miño, co seu afluente o Sil , é o máis longo de Galicia, e o que ten unha cunca maior.

Tamén hai moitas praias fluviais e paseos a beira dos ríos.

Podemos ver neles moitos muíños pero agora non se usan. Algúns están restaurados e hairutas de sendeirismo para velos.

VERTENTE CANTÁBRICA

Os ríos que desembocan no mar Cantábrico son curtos. Destacan o Navia, Eo, Masma, Landroe Sor.

Page 19: Revista2013

1 94º- OS RÍOSPARTES DUN RÍO

Temos o curso alto que é onde nace e tamén onde están a meirande parte das fervenzas, ocurso medio onde se produce o transporte e curso baixo onde vai máis lento e deixa ossedimentos.A meirade perte dos ríos de Galicia desembocan nunha ría.

ANIMAIS QUE VIVEN NO RÍO OU PRETO DEL

Mamíferos : lontras, esquíos, xabarís, ratas, morcegos, armiños, furóns, visóns, auganeiros,doniñas . . .

Répti les: serpe de río, tartarugas, serpe sapeira . . .

Paxaros: picapeixes, paporroibos, reiseñores, lavandeiras, merlo rieiro, pita de auga,cormoráns , garzas , andoriñas, ferreiriños, parrulos . . .

Anfibios : ra común, ra pati longa, sapos, píntegas, l impafontes . . .

Peixes: escalo, barbo, anguía, troita, lamprea . . .

Insectos: tabáns, zapateiros, l ibel iñas, gaiteiros, escaravellos, moscas, mosquitos, xoaniñas . . .

PLANTAS QUE VIVEN NO RÍO OU PRETO DEL

Nas beiras dos ríos medra o bosque de ribeira formado por árbores coma os salgueiros,ameneiros, bidueiros, teixos, abeleiras, sabugueiros, sanguiño, si lvas, hedras e plantas coma osfentos, algas, berros, lentel las de auga, xuncos, espanadas, xestas, estrugas, estalotes,carqueixas . . .

Page 20: Revista2013

20 4º- OS RÍOS

OS ENCOROS

Nos ríos galegos hai moitos encoros para abastecer as cidades e tamén para a produción deenerxía hidroeléctrica que se exporta para outros países. Entre outros destacan o dePontedemouros, San Estevo, o das Cunchas, Castrelo, Salas, os Peares, Bibei, Eiras, Frieiras,Belesar, Barrié de la Maza, Lindoso . . .

OS RÍOS ESPAZOS DE LECER

Os ríos son espazos para o lecer. Hai moitas praias fluviais onde a xente descansa e aproveitapara bañarse cando chega o bo tempo. Neles tamén se practican rafting, puenting, piragüismo,deporte de vela. Nas beiras adoitan haber rutas de sendeirismo.

Os ríos están acoutados e márcanse os tramos nos que se pode pescar, así como os tamañosdo peixe e a cantidade deles que se poden capturar .

Hai romarías como a dos Caneiros relacionadas cos ríos e festas gastronómicas como a festada troita, a do salmón, a do peixe, a da anguía, a da lamprea. . .

Existen diferentes construcións para atravesalos como pasais, pontelas, pasarelas, pontes emesmo viadutos. Tamén hai barcazas D

PROBLEMAS DOS RÍOS

Os ríos presentan problemas pola contaminación sexa das industrias ou doutro tipo. Ás vecesno verán van moi baixos por un uso pouco axeitado das súas augas e por excesos de regadío.A auga é un ben indispensable para todos os seres vivos polo que hai que facer un uso racionaldela . Hai que manter os caudais ecolóxicos, formar novas xeracións máis concienciadas, freara construción de minicentrais hidroeléctricas e valorar o patrimonio existente.

Page 21: Revista2013

214º- OS RÍOS

LITERATURA DOS RÍOS

Adiviñas do tipo:

1 . É longo coma un camiño e vai fozando coma un porquiño.

2. Longo coma un camiño e corre coma un canciño.

3. Detrás dun penedo pariuno súa nai, correu pola terra e casouse co mar.

4. Por un carreiriño moi mal empedrado, ando e non me mollo e sempre vou mollado.

5. Teño sona de cantante, sempre vou para adiante. A de Iguazú é moi importante.Que demos son diantre?

6. Que é unha cousiña cousa, que pasa o río e non se molla?

Refráns como:

1 . Ninguén vai ó río que non se molle.

2. A río revolto, ganancia de pescadores.

3. Non se collen as troitas a bragas enxoitas.

4. Mentres auga leve o Miño, na montaña non se ve o camiño.

5. Nin casa á beira do río, nin viña á beira do camiño.

6. Cando o río soa, auga leva.

7. Auga pasada non move muíño.

8. Auga que non vas beber, déixaa correr.

9. Nunca digas, desta auga non beberei.

1 0. Os pequenos regatos fan os ríos grandes.

Page 22: Revista2013

22 5º A- AS NOSAS REGUEIFAS

Page 23: Revista2013

235º A- AS NOSAS REGUEIFAS

Page 24: Revista2013

24 5º A- AS NOSAS REGUEIFAS

Page 25: Revista2013

25MÚSICA- COPLAS DO ENTROIDO

Page 26: Revista2013

26 5º B- ESTATÍSTICAS TICS

Page 27: Revista2013

275º B- ESTATÍSTICAS TICS

Page 30: Revista2013

30 6º A- POEMA DA ROUPA

Page 31: Revista2013

316º A- TAL PARA CAL

Page 32: Revista2013

32 6º B- LEMBRANZAS

Page 33: Revista2013

336º B- LEMBRANZAS

Page 34: Revista2013

34 6º B- LEMBRANZAS

Page 35: Revista2013

356º B- LEMBRANZAS