43
O Rexurdimento (1863-1900)

Rexurdimento

  • Upload
    xenevra

  • View
    4.601

  • Download
    4

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Rexurdimento

O Rexurdimento (1863-1900)

Page 2: Rexurdimento

Obxectivos do Rexurdimento

• Mudar a consideración negativa do idioma.

• Ampliar os ámbitos de uso do galego.• Estudar, depurar e perfeccionar o idioma.

Page 3: Rexurdimento

Fases da escrita da lingua

• Etapa dialectal: os escritores e escritoras empregan o galego da súa zona.

• Etapa interdialectal: son conscientes doutras variantes xeográficas e acoden a elas.

• Supradialectal: tenta eliminar as diferenzas entre o galego e crear un estándar culto. Se é necesario acode ao portugués.

Page 4: Rexurdimento
Page 5: Rexurdimento

Rosalía de Castro

Page 6: Rexurdimento

Decatouse de que estaba a romper todas as normas que a sociedade impoñía ás mulleres: facía literatura, literatura feminista, desde unha óptica galega e, ademais, en galego.

Rosalía vai ser consciente da necesidade de conseguir para as mulleres un novo rol social.

A muller era vítima da emigración.

As reflexións sobre a problemática da muller escritora son unha constante ao longo de toda a súa obra literaria, xa sexa narrativa ou poética: Lieders, no Prólogo a La hija del Mar, Flavio, Las literatas, El caballero de las botas azules, Follas Novas.

Page 7: Rexurdimento
Page 8: Rexurdimento
Page 9: Rexurdimento
Page 10: Rexurdimento
Page 11: Rexurdimento

Cantares Gallegos amosa unha estrutura redonda ou fechada:o primeiro poema e o último son un prólogo e un epílogo respectivamente.

As composicións constan dun cantar popular e a glosa do mesmo. Este cantar sitúase ao comezo, despois de cada estrofa ou ao final do poema.

Page 12: Rexurdimento
Page 13: Rexurdimento

Percibirmos en Follas Novas mudanzas importantes na actitude vital, que a propia poeta pon de manifesto. Se o primeiro libro é froito da "frescura propia da vida que comeza", polo tanto, do optimismo", Follas Novas, "escrito en medio de tódolos desterros", inclínase cara ao desencanto e o pesimismo. Se ben os seus versos, cheos de realismo crítico, "expresan as tribulaciós dos que, uns tras outros, e de distintos modos, vin durante largo tempo sofrir ó meu arredore. E ¡sófrese tanto nesta querida terra gallega!".

Page 14: Rexurdimento

Cando penso que te fuches,negra sombra que me asombras,dos meus cabezalestornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,no mesmo sol te me amostras,i eres a estrela que brila,i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,si choran, es ti que choras,i es o marmurio do ríoi es a noite i es a aurora.En todo estás e ti es todo,pra min i en min mesma moras,nin me abandonarás nunca,sombra que sempre me asombras.

Page 15: Rexurdimento
Page 16: Rexurdimento

I. VAGUEDÁS– Renuncia á vitalidade xuvenil.– O pensamento amosa luces e sombras.– Conciencia de sufrir unha mágoa particular debida ao seu "corazónenfermo".– Sentimento da súa "anormalidade" como muller escritora.

II. ¡DO ÍNTIMO!– A mudanza goberna a vida das persoas.– Crítica aos verdugos do seu espírito.– A alegría e a felicidade son curtas e non alcanzan a todos.– Desacougo e anguria ante o porvir e o paso do tempo.– Dor por sentirse estranxeira na propia patria.– Contraste entre amores positivos e negativos.– Ironía e sarcasmo ante as cerimonias relixiosas clasistas.– A violencia como única saída para afrontar as inxustizas.– Comprensión do suicidio a causa do desespero e a soidade

Page 17: Rexurdimento

III. VARIA– Censura o papel da superstición.– A vida é fermosa se hai felicidade; mais todo o humano é finito.– Ataque ao matrimonio sacralizado.– Comprensión da deshonra da muller por amor.– Denuncia da cobiza avarenta dos ricos.

Page 18: Rexurdimento

IV. DA TERRA– Dereito a unha literatura ao servizo da propia realidade.– Necesidade de que o labrego conte con casa propia.– Defensa da muller traballadora a través dun exemplo que é aexcepción que confirma a regra ("Xan").– O sentimento de pecado e de culpa por unha relación amorosa censurada.– Falta de harmonía nas relacións entre homes e mulleres.

V. AS VIÚDAS DOS VIVOS E AS VIÚDAS DOS MORTOS– A espoliación (embargos) e a miseria son as que provocan a emigración.– Os poetas deben comprometerse cos problemas das clases populares.– As mulleres sofren no traballo, por partida dobre, a ausencia dos homes.– Existe insolidariedade ante a inxustiza.– Insensibilidade do home nas súas relacións coa muller.– Morte ou suicidio da muller por ausencia do home.– A muller resulta dobremente marxinada no drama da emigración.

Page 19: Rexurdimento

Conto gallegoNel nárrase a aposta feita por dous homes sobre se un deles consegue dunha muller palabra de casamento o mesmo día en que esta enterra o seu marido. Trátase dun conto sobre a concepción que os homes populares teñen da muller (ou santa, nai e esposa ou orixe de todos os males), equiparada simbolicamente coa mula branca dun deles, e sobre a desprotección na que a sociedade tiña á muller, sobre todo desde o punto de vista legal.

Page 20: Rexurdimento

En canto á estrutura, caracterízase pola articulación dramática, sobre continuos diálogos, só interrompidas por pequenas intervencións do narrador cando vai haber cambios espaciais ou temporais. A concentración temporal ("un día de inverno, ao caer a tarde", ata ben entrada a noite), incide máis aínda na estrutura dramática.

Page 21: Rexurdimento

Eduardo Pondal

Page 22: Rexurdimento

A campana de Anllóns

Page 23: Rexurdimento
Page 24: Rexurdimento

Celtismo:Toma como fundamento para o carácter diferencial de Galicia o seu substrato céltico, emparentándoa cunha serie de nacións afins: Irlanda, Gales, Bretaña, Escocia... Enmárcase en relación cos estudos sobre historia de Galiza que levan a cabo Verea Aguiar, Vicetto e, posteriormente, Murguía. Este último, e mais o propio Pondal, serán as figuras máis senlleiras dunha tertulia ilustrativamente denominada Cova Céltica, que funcionará na Coruña até comezos do século XX.

Page 25: Rexurdimento

Ossianismo:É a influencia que exerce o poeta escocés do século XVIII, James Macpherson. Este poeta, a partir de mitos e lendas da tradición oral escocesa sobre heroes celtas, recreou uns poemas que logo atribuíu a Ossián, un antigo bardo gaélico do século III.A influencia ossiánica terá considerábel repercusión na estética de Pondal en aspectos como:• a aparición do bardo, que canta fazañas de tempos idos.• a consideración do esplendor pasado (celta).• a denuncia dunha situación opresiva presente, da que hai que liberarse.

Page 26: Rexurdimento

Helenismo:Pondal adopta influencias da cultura helénica co obxecto de fornecer á literatura galega dunha poesía culta. Esta tendencia é apreciábel na presenza de palabras gregas e na caracterización "militar" da maior parte dos seus heroes. Así, chegará a identificar positivamente o forte, rudo, vigoroso, férreo, ousado... (liberdade) e negativamente, o feble, brando, covarde, frouxo, retraído ... (submisión).

Page 27: Rexurdimento

O bardo e o poboEsta relación é fundamental para entendermos a poesía de Pondal, e presenta os seguintes trazos definitorios:• O poeta identifícase plenamente co bardo.• Revístese do papel de "guía" ou referencia superior (distinción polos trazos físicos, vestimenta, barba medrada, etc.).• Illamento e tendencia á soidade, á melancolía.• Asóciase ao canto da liberdade, que se simboliza por medio de aves.• Como portador da dignidade do pobo e dos seus signos de identidade, terá como misión espertar a conciencia durmida.

Page 28: Rexurdimento

A paisaxePondal procura para a súa poesía a natureza no seu estado máis salvaxe ("uces esquivas", "feros corvos", "carballos retortos"...), aquela que quedou preservada das alteracións humanas. A procura deste fondo primitivo enmárcase no significado mítico e histórico dos ideais de Pondal. Cómpre salientar os seguintes símbolos da natureza:• O vento, como expresión do paso do tempo (da historia), está relacionado coa voz humana e coa música.• As aves, simbolizan a liberdade, a nostalxia e o espírito do poeta.• A toponimia máis característica da rexión de Bergantiños, que expresa a relación do poeta coa terra e coa procura das raíces da patria.• As árbores encarnan as virtudes dos bardos (fortaleza, soidade...).

Page 29: Rexurdimento

Pasado

Presente

Futuro

Page 30: Rexurdimento

A imaxe da mullerUn número ben considerábel de poemas abordan a relación entre o bardo e as mulleres. Unha primeira consideración "elevada“ é a da muller heroína, a das fadas (Morpeguite, Bergantiños, Baltar...), as mulleres de traballo, etc. Nalgunhas ocasións, percíbense certos trazos de romanticismo, amor cabaleiresco e propostas trobadorescas.Sen embargo, a visión predominante é a da muller "degradada“ ou vencida, por máis que se revista de erotismo, sensorialidade da natureza ou apelación á tenrura e á afectividade. Semella que por "lei da natureza" a muller debe ser a vítima na relación guerreira vencedor-vencido, a presa da ave de rapina, etc.

97-7

Page 31: Rexurdimento

Defensa do idioma

Cando se dirixe ao anónimo colectivo (o pobo galego), denuncia con dureza o proceso de alienación que sofre Galiza. O esquecemento da lingua propia significa sometemento e, polo tanto, escravitude. Non obstante, cando apela a un destinatario máis concreto, como é o caso das "meniñas da Cruña", emprega termos benevolentes.

Meniñas da Cruña, de amabre despexo,

de falas graciosas e pasos lixeiros,

deixai de Castela os duros acentos,

Falade meniñas, falade galego...”(*)

Os bos e xenerososa nosa voz entenden

e con arroubo atendeno noso ronco son,

mais sóo os iñorantese féridos e duros,

imbéciles e escurosnon nos entenden, non.

Page 32: Rexurdimento
Page 33: Rexurdimento

A lingua tiveran por lingua de escravos; esqueceran os patrios

acentos, suidosos e brandos. Dos propios acentos

tiveran vergoña; de cautivos falaran palabras

de servos e ilotas. Deixaran os doces acentos xocundos,

por extrañas palabras de servos,

ignaros e escuros.

A nai aflixida da escura miseria, ós propios tomara

por xente extranxeira, e espantada escuitara dos

fillos a plática serva.

¡Oh! ¡quen morrer poidera,

coma o forte Leónidas,envolto en duro ferro,

noutras rudas Thermópilas!;

por unha patria escura,de escravos e de ilotas

Page 34: Rexurdimento

Curros Enríquez

Page 35: Rexurdimento
Page 36: Rexurdimento

Aires da Miña Terra

Estrutura

O libro ten unha estrutura encadrada: ábrese cun poema de ton xustificatorio, a "Introdución" e féchase cunha esperanzada "Encomenda".

Page 37: Rexurdimento

Temáticaa) Cívica:Nela o poeta adopta un punto de vista crítico. Preocúpase, de xeito altruísta, pola sociedade en que vive e trata de combater as inxustizas que se cometen coas clases populares.Presenta as seguintes características xerais:– Defensa dun programa de benestar, progreso e liberdade para todos os individuos, fronte ao fanatismo relixioso, o escurantismo, a opresión e a ignorancia reinantes.– Critícase o abuso de poder da Igrexa, facendo sátira da figura-cumio (o Papa).– Considéranse negativos para o pobo outros poderes como a monarquía, a Xustiza e a burocracia administrativa en xeral.– Proponse liberar o agro de todos os males que o abafan: o inxusto reparto da terra, os trabucos e impostos en xeral, as levas para o servizo militar e as guerras, a escaseza de produtos de primeira necesidade (o sal), as supersticións...

Page 38: Rexurdimento

b) Poesía costumista

— Un costume. Recrea "Unha voda en Einibó", unha voda popular en tres romances: o noivado, a cerimonia e o xantar.— Un tipo. Neste caso trátase dun gaiteiro (influencias rosalianas).— Unha lenda tradicional. Curros elixe a coñecida en Celanova como da Virxe do Cristal. A peripecia reside no milagre realizado pola Virxe para salvar a honra dunha rapaza namorada. Trátase dun poema longo de máis de mil cen versos.

Page 39: Rexurdimento

c) Poesía introspectiva

Aborda este enfoque intimista por diversas circunstancias:

• Ben chegado,• Ay,• Na morte de miña nai,• A Roslaía.

¡AY!...

¿Cómo foy?...?Eu topábame fóraCand' as negras vixigas lle deron;Pol-o arámio sua nay avisóume Y-eu vínme correndo.

¡Coitadiño! Sintindo os meus pasosRevolveu car' á min os seus ollos.Non me víu... e chorou... ¡ay! xa os tiña Ceguiños de todo.

Nom m' acordo que tempo m' estivenSobr' o berce de dôr debruzado;Sólo sey que m' erguin c'o meu neno Sin vida n'os brazos...?

Volvoreta d' aliñas douradasQue te pousas no berze valeiro,Pois por él me pergúntas, xa sabes Qué foy d'o meu neno.

Page 40: Rexurdimento

É unha obra de agudo contido crítico e satírico. Curros critica o negocio das peregrinacións esatiriza a diversas personalidades e institucións da vida galega.Está concibida como unha réplica de A divina comedia de Dante. Curros sitúa a acción nun tren que se dirixe a Roma.

Page 41: Rexurdimento

gulapreguiza envexa soberbia

Avaricia

luxuriaira

Acompañado polo poeta Francisco Añón, fai un percorrido crítico, desde o seu punto de vista ideolóxico, polos sete vagóns que conteñen sete pecados capitais.

O inferno a min non me atrapa:cómpreme unha pouca groriae voulla comprar ó Papa.

É un viaxe de recreo.¿Quen folga de vir comigode León XIII ó xubileo?

Connosco irán moitas xentes:abades, monxas, beatas...¡Xuro a Dios que hemos de ir quentes!

¡Que rosario, compañeiros,de contas de amancebadascon deces de putañeiros!

Page 42: Rexurdimento

E pois eu aborrezoOs vulgares propósitos;E o fin do meu traballo,Certo he non remoto;Antes q' a comun nai,Recruba os meus despoxos,Deixar de min quixéra,Un radïoso lóstrego; E morrer con honor como morréra,Brásidas valeroso.

Certo eu non me resigno,Morrer cal quase todos;Innobre, escuramente,No leito vergonzoso;Eu procurar quixéra,Mais erguidos propósitos,Que pl' o fortes, vencéranO ferro riguroso;En pró d' algunha causa,Q' honrára os fastos nosos;E morrer con honor como morréraBrásidas Valeroso.

Non, non está nos brandosRegalos ocïosos,Nin nas cousas muliebres,Nin nos afectos mórbidos,A meta escrarecida,Do ánimo glorioso;Mais sóo nas cousas fortes,E nos férreos propósitos E' en caer con fragor como caéra, Brásidas Valeroso.

Page 43: Rexurdimento

—Per' home, si cousasMe dís que m' espantan...¡Si mesmo das medo!¡Si os ollos che saltan!Martiño, ven, séntate.Sosega, descansa;Eu nada che figuenPr'o mal que me tratas.Soliña n'o mundo,De nadia mirada,¡Faltábam' agoraQue tí me deixaras!Pois eu ben te quero...Por eso non marra!...—Tí queresme moito...Rosiña... rosada...Tí queresme moito Tí dícelo... e basta

.O mesmo dixechesA Pedro Balada,Y-á Xan de VentracesY-ó amo d'a casa,Cand' hay ano e medioVeu ver a labranza...¡Que nunca él viñera!¡Que nunca él chegara!—¡Santísimo CristoD' Ourense me vaIla!...—Pra qu' hoxe t' axudeXa é tarde, rapaza.Y-eu, tolo, quería,Y-eu, tolo, pensabaCasarme contigo...

(...)Cando por fin, acordandoPensóu n'o que lle arrodea,Dixo, falando consigo:«Ou mente Xan, ou ment' ela.»E logo, tirando ó chauDesesperado a monteira,Añidiu: «No, pois... si RosaTen d'o cristal a pureza,¡Xur' á Dios, Xan de Ventraces,Que ch' hey d' arrincal' a lengoa!»