26
Riscos específicos no sector do transporte

Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

  • Upload
    others

  • View
    6

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

Page 2: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

DEFINICIÓNS PREVENCIÓN: conxunto de actividades e medidas previstas e adoptadas en todas as fases de actividade da empresa coa finalidade de evitar ou diminuír os riscos derivados do traballo. RISCO LABORAL: posibilidade de que un traballador sufra un determinado dano derivado do traballo. Para cualificar un risco dende o punto de vista da súa gravidade, valoraranse conxuntamente a probabilidade de que se produza o dano e a severidade do mesmo. EVALUACION DE RISCOS: A evaluación dos riscos laborais é o proceso dirixido a estimala magnitude de aqueles riscos que nos e puideron evitar, obtendo a información necesaria para que o empresario esté en condicións de tomar unha decisión apropiada sobre a necesidade de adoptar medidas preventiva e, en tal caso, sobre o tip ode medidas que deben adptarse.

RISCOS PROFESIONAIS

TRABALLO MODIFICACIÓNS

DO MEDIO AMBIENTE

EQUILIBRIO FÍSICO

MENTAL SOCIAL

MECÁNICAS FÍSICAS

QUÍMICAS BIOLÓXICAS

PSICOLÓXICAS SOCIAIES MORAIES

EFECTOS

PREVENCIÓN MINIMIZAR

FAVORECER

NEGATIVOS

POSITIVOS

Page 3: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

CARACTERISTICAS DO SECTOR O sector do transporte de mercancías caracterizase por:

- Ser un sector moi atomizado a nivel empresarial, no que predominan fundamentalmente, as pequenas e medianas empresas.

- Ofrecer un servizo “porta a porta”, sendo o transporte mellor adaptado as necesidades do mercado.

- Adaptarse rápidamente aos cambio tecnolóxicos, coa conseguinte inversión económica que elo supón (GPS, renovación de flota, etc.)

- Sela maioría dos traballadores, traballadores autónomos, coas seguintes características:

o Mediana idade (35-55 anos). o Nivel académico baixo e escasa percepción da necesidade de formación. o Maioritariamente homes.

CONDICIÓNS DE TRABALLO Este sector ten unhas condicións de traballo especificas que poden xerar diversas patoloxías, accidentes laborais e enfemidades profesionais. Estos condidionantes son os seguintes:

- A necesidade de estar nun permanente estado de concentración e tensión debido á condución e circulación co vehículo.

- Trátase dun traballo en solitario, o que supón que en moitas ocasións poidan derivar efectos psicolóxicos e sociais como o estrés e trastornos psicomáticos diversos.

- É un traballo sedentario, o cal pode producir, a larga, patoloxías na columna vertebral.

- O vehículo é o lugar e posto de trabalo, o cal pode provocar situacións tanto de malestar, debido a que se trata dun espazo reducido, como de disconfort térmico polos continuos cambios de temperatura ó subir e baixar do mesmo.

- A xornada de traballo é moi cambiante, sendo habitualmente superior as 8 horas diarias.

- Os tempos de permanencia e espera son moi variables, tanto nos propios centros de traballo como nos puntos de carga e descarga, e a menudo utilízanse como lugares de descanso sen reunir os requisitos mínimos.

Page 4: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

RISCOS A elevada sinistralidade é un dos principias problemas que ten actualmente o mercado laboral español, estreitamente relacionada coa alta precariedade. Existen aspectos do mercado de traballo moi negativos, que soportan un gran número de traballadores, como longas xornadas de traballo, baixos salarios ou desemprego, pero ano tras ano, os accidentes laborais seguen a aumentar a un ritmo cada vez maior. As cifras deben facernos reflexionar, tendo en conta que:

1. A prevención é fundamental para evitar os accidentes laborais 2. Mellorar as condicións de traballo, principalmente reducir a precariedade e os

excesos no tempo de traballo, é o segundo aspecto, moi necesario para poder diminuír a sinistralidade.

3. Os empresarios teñen que asumir a súa responsabilidade e cumprir a aplicación da lexislación vixente en materia de saúde laboral nas empresas.

RISCOS NO SECTOR DO TRANSPORTE FRECUENTES MENOS FRECUENTES OCASIONAIS Factores psicosociais ou organizacionais

Caídas de obxectos en manipulación

Proxección de líquidos

Caídas de persoas a distinto nivel

Golpes por obxectos ou ferramentas

Exposicións a temperaturas ambientais extremas

Caídas de persoas ao mesmo nivel

Atrapamento ou aplastamento por envorcamento de máquina ou vehículo

Choques contra obxectos inmóbiles

Atropelos ou accidentes por vehículos

Sobreesforzos Atrapamento por ou entre obxectos

Exposicións a vibracións Exposicións a contactos eléctricos

Exposición a sustancias nocivas ou tóxicas

Seguridade vial Exposición ao ruído Lumes

Page 5: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

1. RISCOS FRECUENTES 1.1. FACTORES PSICOSOCIAIS OU ORGANIZACIONAIS Son todos os riscos derivados da propia estrutura e organización do traballo nas empresas. Causas

• Xornada de traballo (turnos, nocturnidade, exceso de horas, etc.) • Ritmo de traballo excesivo • Traballo monótono • Incomunicación • Malas relacións laborais • Os elevados niveis de atención que require a condución • A gran repercusión que teñen os erros • O trato directo co público

Danos

• Desánimo • Irritabilidade, falta de enerxía e escasa vontade para traballar • Problemas estomacais • Alteracións do risco sanguíneo • Obesidade • Depresión • Dores de cabeza • Alteracións do sono

Medidas preventivas

• Facilitar o proceso de percepción e interpretación: cantidade e complexidade da información, deseño de sinais, etc.

• Facilitar a comunicación entre os traballadores • Dar ao traballador a posibilidade de integrarse na planificación do traballo • Facilitar os cambios de turnos entre os traballadores • Planificar correctamente os horarios

Page 6: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

1.2. CAÍDAS DE PERSOAS A DISTINTO NIVEL Risco de caída dunha persoa dun lugar máis alto a outro situado máis abaixo e normalmente prodúcense ó subir e baixar ó vehículo. Causas

• Falta de varandas nas plataformas superiores dos almacéns, cisternas dos camións, peiraos de carga e descarga, etc.

• Ocos e aperturas de solos, plataformas, paredes, etc. • Utilización de escaleiras en mal estado. • Desniveis nos solos. • Malas costumes tanto na suba como na baixada da cabina ou caixa do camión,

saltar ó subir e baixar do vehículo, sen usar os estribos e agarradeiras existentes. • Utilizar máquinas de carga e descarga para o transporte de persoas. • Tropezo con obxectos situados nas zonas de carga/descarga e caixa do camión. • Uso de escaleiras en mal estado. • Tránsito por zonas altas e zonas superiores de cisternas de camión, sen protexer.

Danos

• Fracturas de ósos • Escordaduras graves • Esgazaduras musculares • Fortes hematomas • Morte

Medidas preventivas

• As aberturas que supoñan un risco de caída, ben en solos ou en paredes, protexeranse mediante sistemas de seguridade.

• Instalaranse pasamáns a ambos lados das escaleiras, así como varandas nas plataformas das cisternas

• As escaleiras de man terán a resistencia e os elementos necesarios para que a súa utilización non supoña un risco

• Sinalización e iluminación axeitada dependendo do tipo de zona de traballo e a operación que se estea realizando (interior da caixa, almacéns, carga e descarga, etc.)

• Realizar as subidas e descensos, tanto da caixa como da cabina, en varias fases e non de maneira brusca, utilizando os chanzos e as agarradeiras

• Instalar varandas de delimitación nas zonas dos peiraos que non teñan nin plataforma nin cabina.

• Prohibir que as persoas vaian subidas nos estribos, plataformas elevadoras, caixas de trens de enganche, etc.

• Os solos das plataformas de traballo serán antideslizantes e manteranse libres de obstáculos.

• Utilizar os elementos auxiliares (andamios, elevadores, etc.) en reparacións ou comprobacións.

Page 7: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

1.3 CAÍDAS DE PERSOAS AO MESMO NIVEL Risco de caída dunha persoa na mesma superficie pola que se transita e pódense producir en zonas pretas ó noso vehículo (estrada e beirarrúa), zonas de paso dos vehículos, no interior da caixa do noso camión, etc... Causas

• Falta de sinalización e iluminación. • Chan deslizante por mor de axentes como a auga, aceites e carburantes. • Falta de orde e limpeza das zonas de carga e descarga, zonas de paso, lavado,

taller de mantemento de vehículo, etc. • Placas de xeo no interior de cámara e caixas frigoríficas. • Tropezo con obxectos situados nas zonas de carga e descarga. • Pavimento en mal estado. • Poldros con sustancias derramadas no chan (aceite, auga, xeo).

Danos

• Inflamacións musculares • Fracturas de ósos • Hematomas • Rozaduras • Feridas superficiais • Escordaduras

Medidas preventivas

• A iluminación de cada zona deberá adaptarse ás características da actividade que se efectúe nela.

• Os refugallos (palets, cartóns, latas, etc.) que se produzan durante a realización dos traballos, por exemplo, desembalaxe, carga e descarga, mantemento dos vehículos, etc. serán controlados e eliminados periodicamente en contedores específicos.

• Manter os solos das caixas dos camións limpos e ordenados. • As zonas de paso, almacenamento, carga e descarga, etc. estarán ben delimitados

e sinalizadas, e os materiais que se depositen nos peiraos almacenaranse correctamente.

• Os equipos que poidan ocasionar perdas de líquidos, dispoñerán de sistemas de recollida e drenaxe que eviten o seu esparexemento polo chan.

• No caso de non poder evitar os solos deslizantes, utilizarase calzado especial de sola antideslizante.

• Evitar, ou na medida do posible, eliminalos vertidos xa que poden provocar poldros.

• Respectar as sinales existentes nas zonas de circulación, carga e descarga, almacenamento, etc...

• Ter precaución á hora de transitar por zonas de pavimento desigual, prestando especial atención á posible existencia de obstáculos.

Page 8: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

1.4 ATROPELOS OU ACCIDENTES POR VEHÍCULOS Son os golpes ou atropelos producidos por vehículos (camións, carretas elevadoras, etc.) utilizados non desempeño do traballo Causas

• No recinto de carga e descarga do camión por transpalets e carretas elevadoras. • Cando se detén o vehículo por avaría ou pinchazo e o transportista descende da

cabina en zonas non autorizadas. • Consumo de alcol. • Uso de medios de comunicación (emisoras,teléfonos, móbiles, etc.) dentro da

cabina sen parar o vehículo. • Velocidade non axeitada. • Cansazo xerado polo exceso de horas ao volante e os horarios tan estritos. • Fumar ou comer mentres o vehículo está en marcha. • Uso incorrecto, ou fallo dos elementos de seguridade e aviso (resgardos, freos,

bucina, loces, etc.). • As características do vehículo non son as axeitadas ao uso e ao lugar de

utilización. • O vehículo non ten o mantemento adecuado. • Mala visibilidade ou iluminación defectuosa. • Presenza de persoas nas zonas restrinxidas de traballo. • Estacionamento en pendentes, co motor en marcha ou sen calzos. • Non sinalizar cos triángulos cando o vehículo se atopa avariado • Mal acondicionamento do lugar de traballo (cabina do condutor, regulación do

voante, asentos, ...). Danos

• Hematomas. • Fractura de ósos. • Traumatismos. • Feridas internas. • Derramos. • Morte.

Medidas preventivas

• O condutor debe aplicar correctamente o código de circulación, evitando ser un perigo para os demais usuarios da vía.

• Todo vehículo terá un programa adecuado de mantemento. • Nunca será sobrepasada a capacidade nominal da carga, indicada para cada

vehículo. • As características do vehículo serán as axeitadas ao uso e lugar de utilización. • Estarán perfectamente sinalizadas as zonas de circulación dos traballadores,

cando estas coincidan coas dos vehículos.

Page 9: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

• A iluminación da zona e/ou a do propio vehículo, garantirá sempre, a vehículos

e traballadores, ver e ser vistos. • Verificar, antes de utilizar o vehículo, a fixación e posición dos retrovisores, o

funcionamento dos limpiaparabrisas, bucinas e dispositivos de iluminación e sinalización.

• Realizar os descansos necesarios durante a condución. • Cando se estacione o vehículo poñer o freo de man, desconectalo e calzalo en

caso necesario. • Realizar os descansos entre xornada e xornada así como o mínimo semanal.

Page 10: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

1.5 EXPOSICIÓNS A VIBRACIÓNS Movementos de oscilación rápidos e continuos que se producen en obxectos e materiais, podendo transmitirse ao corpo humano ou a algunha dos seus partes. Causas

• Deseño defectuoso do asento do condutor • Posturas desaxeitadas do condutor no sistema de amortecemento do asento,

rodas, cabinas, etc. • Apoio do cóbado - brazo na portelo do vehículo. • Firme deficiente das estradas.

Danos

• Artroses do cóbado. • Hernias. • Trastornos de visión. • Lesións de pulso. • Aumento de doenzas de estómago (úlceras estomacais): • Calambres. • Trastornos nerviosos. • Mareos,náuseas e vómitos. • Alteracións que afectan á columna vertebral.

Medidas preventivas

• Correcto deseño ergonómico do asento. • Mantemento correcto do asento e dos sistemas de amortecemento. • Interposición de materiais illantes (soportes de caucho, cortiza, metálicos, etc.) • Utilización de materiais absorbentes das vibracións. • Ter unha postura axeitada na condución (non apoiar o cóbado na ventá, etc.)

Page 11: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

1.6 SEGURIDADE VIAL A seguridade vial consiste na prevención de accidentes de tránsito ou a disminución dos seus efectos, especialmente para a vida e a saúde das persoas, cando tivera lugar nun feito non desexado de tránsito. Decálogo da seguridade vial

• Manter unha velocidade adecuada en todo momento á vía pola que se transita. • Respectar todas as normas de tráfico establecidas no Código de Circulación. • Non exceder nunca a capacidade nominal da carga indicada para cada vehículo. • Evitar calquera tipo de distracción ó volante, non utilizando sistemas de

comunicación co vehículo en marcha. Alerta co uso do GPS. • Realizalos descansos apropiados, tanto os necesarios durante a conducción como

entre xornada e xornada e no mínimo semanal. • No caso de avería, utilizar os dispositivos de sinalización de emerxencia: luces

de “warning”, triángulo e chaleco reflectante. • Revisar, antes de utilizalo vehículo, o correcto estado dos elementos de

seguridade e aviso do mesmo (niveis de liquidos, dispositivos de alumbrado) • Ó estacionalo vehículo, por o freo de man, apagar o motor e utilizar os calzos de

suxeición no caso de ser necesario. • Non inxerir bebidas alcohólicas, por moi pequena que sexa a cantidade e

comidas copiosas. • Ler as instruccións dos medicamentos evitando sempre que sexa posible, a

inxesta de aqueles que provoquen somnolencia.

Page 12: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

2. RISCOS MENOS FRECUENTES 2.1. CAÍDAS DE OBXECTOS NA MANIPULACIÓN É aquela circunstancia imprevista e non desexada que se orixina ao caer un obxecto durante a súa manipulación, xa sexa coas mans ou calquera outro instrumento (carretas, guindastre, cintas transportadoras, etc.) Causas

• Manipulación de obxectos de grandes dimensións sen os instrumentos axeitados. • Baixo nivel de iluminación na zona de manipulación. • Manexo desaxeitado da carga e/ou peso excesivo da mesma. • Sucidade dos materiais ou cargas a transportar. • Falta de visibilidade do condutor. • Mal estado da maquinaria, desgaste dos cables nas pontes de guindastre, etc. • Almacenamento incorrecto de caras, de forma excesiva.

Danos

• Contusións • Rozaduras • Distensións musculares • Fracturas de ósos

Medidas preventivas

• O nivel de iluminación será o adecuado á complexidade da tarefa. • Utilizar sempre calzado de protección con punteira reforzada. • Non manipular obxectos que entrañen riscos para as persoas debido ás súas

características físicas (cortantes, escorregadizos, grandes dimensións, etc.) • A ser posible a carga deberá dispoñer dun sistema adecuado ao apreixe. • Na manipulación con aparellos de elevación e transporte, todos os seus

elementos estruturais, mecanismos e accesorios serán de material sólido, ben construído e de resistencia e firmeza axeitada ao uso que se destina.

• Os aparellos de elevación, estarán dotados de interruptores ou sinais, visuais ou acústicas, que determinen o exceso de carga.

• Realizaranse as revisións e probas periódicas dos cables, cadeas e outras partes das máquinas que poidan entrañar perigo na súa manipulación.

• O condutor da carretilla deberá ter boa visibilidade, tanto pola súa posición, como pola colocación e tamaño da carga.

• Utilizar equipos de protección colectiva (pranchas, redes, rexillas, etc.) fronte a determinadas situacións que poidan ocasionar danos aos traballadores, por exemplo caída de cargas do transportador de cinta.

• Repartir e almacenar uniformes e de forma axeitada as cargas, tanto nos almacéns, como nas caixas dos camións, estantes, etc.

Page 13: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

2.2 GOLPES POR OBXECTOS OU FERRAMENTAS Situación que pode producirse diante do contacto violento e inesperado de algures do corpo con máquinas ferramentas ou outros utensilios. Causas

• Falta de iluminación nas zonas onde utilízase ferramenta. • Pouca adecuación entre a ferramenta e a tarefa a realizar. • Non utilizar medidas protección (luvas, botas reforzadas, etc.) • Uso de ferramentas defectuosas, desgastadas, escorregadizas, con graxa, etc. • Mala posición do traballador ao realizar as tarefas.

Danos

• Magulladuras • Feridas superficiais • Hematomas • Fisuras e/ou roturas de membros

Medidas preventivas

• Utilizar ferramentas resistentes e de características e tamaño adecuado ás operacións a realizar.

• A unión entre os elementos da ferramenta será firme, para evitar calquera rotura ou proxección dos mesmos.

• Comprobar que existe a iluminación axeitada ao traballo a realizar • Usar ferramentas lixeiras, ben equilibradas e fáciles de soster. • No caso de uso de luvas, asegurarse de que non impidan os movementos do

pulso. • Na medida do posible utilizar ferramentas de accionamento mecánico e medidas

de protección axeitadas.

Page 14: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

2.3. APRISIONAMENTO OU APLASTAMIENTO POR ENVORCO DE MÁQUINAS OU VEHÍCULO Acción e efecto que se orixina cando un vehículo ou unha máquina envorca e cae sobre unha persoa. Causas

• Mal reparto da carga nas carretillas mecánicas durante as operacións de carga e descarga, producindo o envorco das mesmas.

• Manobras de elevación das cisternas e caixas. • Uso de plataformas para vehículos. • Alta velocidade dos vehículos nas zonas de almacén, carga e descarga, etc. • Perda da estabilidade das máquinas utilizadas como transpalets, carretillas

elevadoras, etc. debido a desniveis no chan, pendentes, etc. • Manipulación de gatos de tipo hidráulico nas tarefas de mantemento e

reparación. Danos

• Contusións. • Esgazaduras musculares. • Luxacións e/ou fracturas de ósos. • Aplastamiento de membros. • Amputacións. • Morte

Medidas preventivas

• As zonas de tránsito dos vehículos deben estar ben sinalizadas, ser de largura suficiente e ter pavimento en correcto estado.

• Todos os medios de transporte automotores que non teñan cabina para o condutor, deberán dispor de pórtico de seguridade.

• A carga de vehículos debe disporse dunha forma axeitada quedando uniformemente repartida e ben suxeita, para que non se produza o envorco do vehículo.

• Limitar a velocidade de circulación no recinto en función da zona e o vehículo. • Evitar trocos bruscos de dirección e viraxes con pouco radio. • No caso de aparellos elevadores, non elevar a cara sobrepasando a capacidade

nominal do elevador. • Non elevar a cisterna, caixa, plataforma, etc., en terreos con pendente, xa que se

esta é lateral, o risco do envorco é elevado. • Os vehículos e ferramentas de elevación dos mesmos deben ser revisados polo

operario antes do seu uso. • Evitar, na medida do posible, levar prendas holgadas cuando se está

manipulando algunha parte mecánica móbil do vehículo. • Si a caixa ou cisterna do vehículo son laterais, non elevalas en zonas con

pendente, xa que o risco de envorco é elevado.

Page 15: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

2.4. SOBREESFORZOS Desequilibrio que se produce entre a capacidade física dunha persoa e as esixencias da tarefa, realizándose un esforzo superior ao normal. Causas

• Mantemento prolongado de calquera postura. • Espazo insuficiente para variar a posición de pernas e xeonllos. • Carga de peso excesivo e de pouco peso con moita frecuencia. • Manipulación incorrecta da carga. • Adoptar posturas desaxeitadas no traballo. • Movementos repetitivos das mans e as pernas.

Danos

• Lesións de costas • Hernias discais • Mala circulación do sangue • Inflamación das pernas • Dores musculares (lumbalxias, dores cervicais, etc.) • Alteración das articulacións e tendóns utilizadas, sobre todo das mans • Anomalías da próstata

Medidas preventivas

• A altura do asento deberá situarse en función das características do traballador. • Seguir as normas establecidas para o levantamento das cargas pesadas, no caso

de non poder utilizar medios mecánicos • Pés separados • Dobrar os xeonllos. • Manter a carga os máis preto posible do corpo • Realización de pausas durante a xornada • As cargas serán axeitadas ás características individuais. • Se o peso dun vulto é excesivo, trasladalo entre varios operarios. • Utilizar equipos de protección individual: cintos de coiro, protectores da rexión

lumbar, luvas de coiro, etc.

Page 16: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

2.5. EXPOSICIÓN A CONTACTOS ELÉCTRICOS Posibilidade de lesión ou dano dunha persoa ao sufrir unha descarga eléctrica. Causas

• Cando o vehículo pasa baixo liñas eléctricas sen comprobar que o tope non supera a altura da líña.

• Manipulación no adecuada das baterías. • Manipulación de cables pelados. • Enchufes defectuosos. • Realización das conexións incorrectas. • Uso de ferramentas sen illamento. • Manipulación de equipos eléctricos en zonas húmedas

Danos

• Fracturas e luxacións. • Traumatismos superficiais. • Movementos bruscos, contraccións musculares e agarrotamento. • Queimaduras. • Asfixia, parada respiratoria, cardíaca e inconsciencia. • Morte.

Medidas preventivas

• Revisar asiduamente as tomas de terra e a instalación eléctrica. • Reparar os defectos que se producen polo uso, que fan que se perdan as

condicións de illamento. • Comprobar a altura do vehículo en pasos de baixa altura ou en zonas urbanas. • Afastar os cables e conexións dos lugares de traballo. • Mantemento adecuado dos sistemas eléctricos dos vehículos por persoal

especializado. • Recubrir partes en tensión con material illante. • No caso da manipulación obrigatoria, por exemplo de baterías, seguir as

instrucións do fabricante e utilizar equipos de protección individual (luvas illantes, etc.)

Page 17: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

2.6. EXPOSICIÓN AO RUIDO Calquera son non desexado que produce unha sensación desagradable, provocando a medio e longo prazo serias consecuencias no traballador. Causas

• Ruído producido polas condicións do tráfico. • Zonas de lavado de contedores, caixas, cisternas e mantemento do vehículo. • Rozamentos ou impactos de partes metálicas.

Danos

• Alteracións do sono • Pérdida de capacidade auditiva

o Disminución de capacidade auditiva: fatiga o Acúfenos: sensacións de timbre, zumbido, explosións nos oídos. o Hipoacusia: lesión do órgano de corti o Sordeira: Hipoacusia que alcanza as frecuencias de conversación.

• Efectos fisiolóxicos o Aumento de presión sanguínea. o Estres relacionado co traballo. o Aumento do risco do accidente ó ocultar sinais de advertencia.

Medidas preventivas

• Proceder a un adecuado mantemento da máquina. • Avaliar os niveis de ruído presentes no posto de traballo. • Proceder á realización dunha audiometría de forma periódica. • Cambiar os silenciadores (tubo de fuga), se están deteriorados. • Insonorizar as cabinas para conseguir que se reduza ou non chegue o ruído

procedente tanto do tráfico exterior, como do propio motor do vehículo. • Utilizar protectores auditivos, cando sexa necesario. • Baixar o volume dos aparatos de radio e emisoras de comunicación.

Page 18: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

3. RISCOS OCASIONAIS 3.1. PROXECCIÓN DE LÍQUIDOS Circunstancia que se pode manifestar en lesións producidas por líquidos proxectados por unha máquina, pezas ou ferramentas Causas

• Operacións de comprobación ou reposición de líquidos como a auga do radiador, ácido nas baterías, etc.

• Lavados de cisternas que han contido mercadorías perigosas • Proxección de líquidos en descargas de cisternas con condución a presión. • Operacións de mantemento. • Danos • Cortes • Hematomas • Contusións • Lesións oculares • Lesións na pel (dermatites, alerxias, úlceras, etc.)

Medidas preventivas

• Utilizar equipos de protección colectiva, como por exemplo pantallas que illen o posto de traballo.

• Utilizar lentes panorámicas, ou pantallas faciais transparentes en todas as operacións nas que se poida proxectar substancias perigosas.

• Utilizar luvas dun material adecuado ao traballo a realizar. • Utilizar mandís, manguitos e polainas, sempre que as proxeccións poidan acadar

outras partes do corpo.

Page 19: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

3.2 EXPOSICIÓNS A TEMPERATURAS AMBIENTAIS EXTREMAS Posibilidade de lesión ou dano por estar sometido no ambiente de traballo a temperaturas moi altas ou moi baixas. Causas

• Falta de sistemas de climatización en vehículos antigos, almacéns, etc. • Falta de ventilación tanto na cabina como na caixa. • Operacións de carga e descarga en situacións extremas de temperatura, tanto ao

aire libre como en locais pechados. Danos

• Calambres • Golpe de calor (alteracións da visión, mareos, vómitos, deshidratación e

desmaios) • Erupcións e queimaduras na pel • Diminución da atención e vixilancia xerando comportamentos extravagantes • Diminución da destreza manual e da rapidez • Cáncer de pel • Enfermidades do tracto respiratorio: catarros, neumonía, pulmonía... • Hipotermia • Accidentes de tráfico por:

o Aumento da fatiga o Aumento das distraccións

Medidas preventivas

• Ventilar axeitadamente a cabina do vehículo • Diminuír as horas de traballo • Realizar descansos periódicos • Utilizar a roupa axeitada dependendo da temperatura • Instalar sistemas de climatización nos vehículos ou revisar os xa instalados • No beber alcohol ni bebidas con cafeína, xa que favorecen la desidratación. • Evitar la inxesta de comidas copiosas y de alimentos graxos.

Page 20: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

3.3 CHOQUES CONTRA OBXECTOS INMÓBILES Encontro violento dunha persoa ou dunha parte do seu corpo con algún obxecto ou máquina colocado de forma fixa ou que sen estar fixos, atópanse estacionados. Causas

• Operacións de limpeza tanto dos vehículos como do almacén ou da plataforma de carga e descarga

• Tarefas de carga e descarga • Falta de orde no almacén, zonas de paso e de carga e descarga • Iluminación desaxeitada • Falta de protección en lugares de paso perigoso • Trabes ou condutos situados a baixa altura • Falta de espazo nas zonas de traballo

Danos

• Contusións • Feridas superficiais • Rozaduras • Luxacións e/ou fractura de ósos • Hematomas • Cortes

Medidas preventivas

• Iluminación axeitada para cada tarefa • Habilitar nos almacéns unha serie de corredores ou zonas de paso, que deberán

ter unha largura axeitada ao número de traballadores que haxan de circular por eles e ás necesidades propias do traballo

• Sinalización das zonas de carga e descarga • Manter libre de obstáculos as zonas de paso, saídas, vías de circulación dos

lugares de traballo, as inmediacións do camión, etc.

Page 21: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

3.4 APRISIONAMENTO POR OU ENTRE OBXECTOS Acción ou efecto que se produce cando unha persoa ou parte do seu corpo é aprisionado ou enganchada por ou entre obxectos, máquinas, pezas, etc. Causas

• Caída de pezas ou elementos móbiles das máquinas • Apilamientos asegurados nos peiraos de carga • Apertura e peche das caixas dos vehículos • Utilización de gatos hidráulicos en labores de mantemento e reparación • Realizar operacións de mantemento, reparación, engraxado ou limpeza, coas

máquinas, vehículos, etc. en marcha • Partes móbiles das máquinas non protexidas

Danos

• Hematomas • Fracturas • Cortes • Esgazaduras musculares • Amputacións

Medidas preventivas

• Nos montacargas e/ou plataformas de elevación ,os seus elementos móbiles, así como o percorrido da plataforma de elevación , deben estar pechados completamente

• As operacións de reparación, engraxado e limpeza débense efectuar durante a detección de motores, transmisións e máquinas, agás nas súas partes totalmente illados por deseño, fabricación e/ou situación.

• Instalar resgardos ou dispositivos de seguridade que eviten o acceso a puntos perigosos

• Evitar levar roupa folgada ou pezas soltas durante a manipulación de partes mecánicas en movemento

Page 22: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

3.5 EXPOSICIÓN A SUSTANCIAS NOCIVAS O TÓXICAS

Posibilidade de inhalación, inxestión ou contacto de substancias ou elementos prexudiciais ou velenosos para a saúde. Causas

• Os vapores de combustión habituais no tráfico rodado (dióxido de carbono, chumbo, etc.)

• Acumulación de vapores de combustión provocados por vehículos arrincados en recintos pechados

• Derramos dos depósitos que conteñen substancias perigosas • Uso de recipientes deteriorados ou non apropiados • Superar a capacidade do vehículo con substancias nocivas ou tóxicas • Non seguir os métodos operativos correctos para os labores de carga e descarga

destes produtos • Non utilizar os equipos de protección individual axeitados por cada substancia

Danos

• Destrución de tecidos • Irritación da pel, mucosas, ollos, etc. • Intoxicación e perda da conciencia • Asfixia e morte • Irritación das vías respiratorias, por inhalación de gases ou vapores.

Medidas preventivas

• Utilizar recipientes apropiados, correctamente etiquetados e convenientemente protexidos fronte a roturas

• Manter os recipientes a transportar totalmente pechados • Nunca superar a capacidade do vehículo • Utilizar carretillas ou cestos apropiados para o desprazamento de pequenos

recipientes • Utilizar os equipos de protección individual necesarios en cada caso • Dispoñer de salas de almacenamento axeitada a cada tipo de produto • No caso de acumulación de gases, utilizarase protección colectiva, consistente

en extracción localizada de gases de fuga • Informar e formar ao persoal sobre os perigos que poden causar este tipo de

substancias

Page 23: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

3.6 LUMES Combustión rápida que se desenvolve sen control no tempo e no espazo. Causas

• Fallo no circuíto eléctrico do vehículo • Curtocircuíto nos mandos de control • Quentamento do motor • Fugas de combustible • Cabichas de cigarro • Batería das carretillas de carga e descarga • Accidente de tráfico, colisión con outros vehículos ou elementos da vía. • Por descuidos, uso de móbiles en gasolineras... • Operacións de limpeza en cisternas que tiveran combustible.

Danos

• Lesións na pel • Destrución de tecidos • Infeccións • Intoxicación e perda da consciencia • Asfixia • Morte

Medidas preventivas

• Almacenar segundo as condicións do fabricante

• Non almacenar os produtos que polas súas características poidan orixinar lumes ao entrar en contacto

• Non fumar na caixa nin no almacén • Afastar os produtos inflamables e

combustibles das fontes de calor Nos trasvases de líquidos inflamables ou combustibles, colocar os recipientes ao mesmo nivel

• Realizar un mantemento adecuado do vehículo • Dispoñer dos extintores necesarios

Page 24: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

Pasos a seguir • Amárreo polo asa de transporte e deposíteo no chan. Comprobe no manómetro que a presión é correcta. Se o extintor é de po, málleo contra o chan co fin de despelmazalo. • A seguir retire a anilla-precinto para liberar a panca de descarga e realice un disparo de proba. Suxeite cunha man a embocadura da mangueira (a dereita se é destro e a esquerda se é zurdo e presione co outro o bambán de descarga dando un lixeiro toque para verificar que o seu funcionamento é correcto.

NUNCA SE DIRIXA CARA AO INCENDIO SEN REALIZAR AS COMPROBACIÓNS OPORTUNAS. OLLO SE O EXTINTOR É DE CO2 E NON DE PO. NON O APREÍXE POLA EMBOCADURA XA QUE ESTE SAE A UNHA TEMPERATURA DE -75º C • Diríxase ás proximidades do incendio e colóquese de lombos ao vento se é no exterior. • Colóquese en posición agachada e co extintor de pé no chan, lixeiramente inclinado para diante. Colla o extintor e aproxímese a unha distancia suficiente para que o produto do extintor chegue ao combustible pero non salpique. • Dirixa o chorro paralelo á base das chamas batendo en zigzag e avance segundo se apaga. • Terminado o lume ou o contido do extintor, retírese dando a cara ó lume e repita a operación ou permaneza alerta co extintor en espera de reforzos. • Se non usou todo o extintor e percibe que perde aire málleo contra o chan. Lembre que o tempo máximo de uso é aproximadamente 20 minutos. Se usou todo o contido do extintor déixeo de xeito que se identifique claramente que está baleiro, por exemplo tirado no chan.

• Unha vez controlado o lume baleire o axente impulsor restante dos extintores usados, para iso dispáreo suxeitándoo boca debaixo. Avise que o extintor foi usado e que se debe levar a reencher.

Page 25: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

4. ENFERMIDADES MAIS COMÚNS DERIVADAS DO TRABALLO

En que consisten As enfermidades mais comúns derivadas da actividade profesional son aquelas que se desenrolan como consecuencia da actividade laboral. As mais importantes no sector do trafico de mercadoría por estrada son as derivadas dos movementos repetitivos e as posturas sostidas (tendinite, epicondilite), as músculo-esquéleticas en xeral e as cardiovasculares (debidas ó sedentarismo, a dieta pouco axeitada e a cotío o tabaco en exceso); sento o posto típico de candidato a sufrir estas dolencias o de condutor. Como se previenen O primeiro que hay que destacar é que, por tratarse de enfermidades, serán diagnosticada por un medico, e a forma de detectalas e empezar un tratamento é acudir ó recoñecemento médico anual que todo traballador debe realizar. As enfermidades sinaladas teñen o seu orixe nalgunhas características do traballo que se realiza, e é precisamente a esas características ás que ten que facer referencia para tomar a medidas preventivas:

- Movementos repetitivos e monótonos: Realizar de forma continua as mesmas tarefas e os mesmos movementos é un factor do risco, sobre todo se se combina con outros como a carga e descarga de mercadorías.

o a forma de previr a súas consecuencias é establecer pausas e, se é posible, alternar tarefas e/ou movementos.

o Seguir as pautas básicas no manexo de mercadorías, separar os pes, dobrar os xeonllos e non o lombo, manter a carga pegada ó corpo e non subila por riba da cabeza

- Ritmo inadecuado de traballo o A pauta a seguir é similar, establecer pausas, alternar traballo e

descanso. Tamén, se é posible, alternar tarefas. - Posturas mantidas moito tempo

o Evitar que se prolonguen demasiada e, se non que mais remedio, moverse de vez en cando e realizar pausas para facer estiramentos e relaxacións dos músculos.

Conforme a deficinión legal e os anexos que figuran no Real Decreto 1995/1978, do 12 de maio, polo que se aproba o Cadro de Enfermidades Profesionais no Sistema da Seguridade Social e a súas posteriores modificacións, serían consideradas enfermidades profesionais causadas por actividades especificas vinculadas o transporte de mercadorías por estradas as seguintes:

- Enfermidades infecciosas ou parasitarias transmitidas ó home polos animais ou polos seus produtos e cadáveres.

- Enfermidades provocadas por radiacións ionizantes. - Hipoacusia producida polo ruído. - Parálise dos nervios debidos á presión.

Page 26: Riscos específicos no sector do transporteemprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · utilizados non desempeño do traballo Causas • No recinto de

Riscos específicos no sector do transporte

5. VIXIANCIA DA SAÚDE

O dato á vez mais relevante e preocupante sobre a saúde laboral dos condutores neste sector é que solo a metade de eles realizan o recoñecemento médico anual. Os motivos son varios, relacionados todos cas características do seu traballo (horarios, distancias, autónomos, etc.) É fundamental concienciarse de aspectos tan importantes como:

- A importancia dunha detección precoz na maioría das enfermidades profesionais.

- Que só a partir de ese recoñecemento se puidera iniciar un tratamento correcto, cás coberturas sanitarias e económicas correspondentes.

- Que o recoñecemento de posibles incapacidades futuras se verá así facilitado. -