30

Rosalía

  • Upload
    xenevra

  • View
    2.351

  • Download
    6

Embed Size (px)

Citation preview

Rosalía de Castro

Decatouse de que estaba a romper todas as normas que a sociedade impoñía ás mulleres: facía literatura, literatura feminista, desde unha óptica galega e, ademais, en galego.

Rosalía vai ser consciente da necesidade de conseguir para as mulleres un novo rol social.

A muller era vítima da emigración.

As reflexións sobre a problemática da muller escritora son unha constante ao longo de toda a súa obra literaria, xa sexa narrativa ou poética: Lieders, no Prólogo a La hija del Mar, Flavio, Las literatas, El caballero de las botas azules, Follas Novas.

Grande atrevemento é, sin duda, pra un probe inxenio como o que me cadrou ensorte, dar á luz un libro cuias páxinas debían estar cheias de sol, de armonía e daquela naturafidade que, unida a unha fonda ternura, a un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman a maior belleza dos nosos cantos populares.

A terra cuberta en tódalas estacións de herbiñas e de frores, os montes cheios de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes i os torrentes derramándose fervedores e cristaíños, vran e inverno, xa polos risoños campos xa en profundas e sombrisas hondanadas.

Foi este o móvil principal que me impeleu a pubricar este libro que, máis quenadie, conozo que necesita a indulxencia de todos. Sin gramática nin regras deningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que disoarános oídos dun purista; pro ó menos, e pra disculpar en algo estes defectos, puxen omaior coidado en reprodusir o verdadeiro esprito do noso pobo, e penso que o conseguín en algo.

Cantares Gallegos amosa unha estrutura redonda ou fechada:o primeiro poema e o último son un prólogo e un epílogo respectivamente.

As composicións constan dun cantar popular e a glosa do mesmo. Este cantar sitúase ao comezo, despois de cada estrofa ou ao final do poema.

Eu cantar, cantar, cantei, a grasia non era moita, que nunca (delo me pesa) fun eu meniña grasiosa. Cantei como mal sabía dándolle reviravoltas, cal fan aqués que non saben direitamente unha cousa.

Percibirmos en Follas Novas mudanzas importantes na actitude vital, que a propia poeta pon de manifesto. Se o primeiro libro é froito da "frescura propia da vida que comeza", polo tanto, do optimismo", Follas Novas, "escrito en medio de tódolos desterros", inclínase cara ao desencanto e o pesimismo. Se ben os seus versos, cheos de realismo crítico, "expresan as tribulaciós dos que, uns tras outros, e de distintos modos, vin durante largo tempo sofrir ó meu arredore. E ¡sófrese tanto nesta querida terra gallega!".

Gardados estaban, ben podo decir que para sempre, estes versos, e ustamente condenados po-la sua propia índole á eterna olvidanza, cando, non sin verdadeira pena, vellos compromisos obrigáronme á xuntalos de presa e correndo, ordenalos e dalos á estampa. N'era esto, en verdade, o qu'eu queria, mais n'houbo outro remedio; tuben que conformarme c'o duro d'as circunstancias que asi o fieron. —Vayan en boa hora, lles dien estonces, estes probes enendros d'a miña tristura; vaya antr'os vivos ó que a é po-la sua propia natureza, cousa d'un-ha morta ben morta!—E fóronse, sin qu'eu sepa pra que, nin me faga falla ô sabelo.

As multitudes d'os nosos campos tardarán en lêr estos versos, escritos á causa d'eles, pero sô en certo modo pra eles. O que quien foy falar un-ha vez mais d'as cousas d'a nosa terra, n'a nosa lengoa, e pagar en certo modo o aprecio e cariño que os Cantares gallegos despertaron en alguns entusiastas. Un libro de trescentas painas escrito n'o doce dialecto d'o pais, era n'aquel estonces cousa nova, e pasaba po-lo mesmo todo atrevemento. Aceptárono y ó qu'é mais aceptárono contentos, e yeu comprendin que desd'ese momento quedaba obrigada á que non fose ó primeiro y o ultimo. N'era cousa de chamar as entes á guerra, e desertar d'a bandeira qu'eu mesma habia levantado.

No primeiro bloque de textos, “Vaguedás”, figuran textos emblemáticos da súa poética.

Daquelas que cantan ás pombas i ás frorestodos din que teñen alma de muller;

pois eu que non as canto, Virxe da Paloma,...............¡Ai!, ¿de qué a teréi?

En “Do íntimo” salienta a expresión de sentimentos, por veces intermediados por personaxes con que a voz lírica se identifica.

“Varia” é unha sección miscelánea en que o íntimo se comeza a mesturar co colectivo.

En “Da terra” xorde unha poesía no ronsel de Cantares, máis desde unha óptica en que a denuncia se torna máis conflitiva

—«Tanto e tanto nos odiamos,Tanto e tan mal nos quiemosQue por non verme morriche,E desque morrich'alento.Mas ora tócame â minTamen, marchar, e di o cregoQue che perdone, pois logoA auntarnos volveremos.¡O crego volveuse tolo!¡untarnos!... nunca mais, penso;Que si ti estas ond'a DiosEu penso d'ir unt'o demo.»

Esto un-ha vella viuda,E terca como un carneiro,Falaba do seu difunto a d'os bichocos comesto.Y en tanto qu'asi falaba,Tamen ela iba morrendo.Mas din qu'o difunto y elaS'atoparon n'os infernos

Na sección que pecha o libro, “As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos” o colectivo é o protagonista, e apúntase cara á emigración desde a perspectiva das mulleres.Este vaise y aquel vaiseE todos, todos se van,Galicia, sin homes quedasQue te poidan traballar.Tes en cambio orfos e orfasE campos de soledad,E nais que non teñen fillosE fillos que non tên pais.E tês corazons que sufrenLongas ausencias mortás,Viudas de vivos e mortosQue ninguen consolará

Tecin soya á miña tea,Sembrey soya o meu nabal,Soya vou por leña ô monte,Soya á veo arder n'o lar.Nin n'a fonte nin n'o pradoAsi morra c'o á carráxEl non ha de virm' á erguer,El a non me pousará.¡Que tristeza! ó vento soa,Canta ó grilo ô seu compás...Ferbe o pote... mais, meu caldo,Soiña t'hey de cear.Cala rula, os teus arrulosGanas de morrer me dan,Cala, grilo, que si cantasSinto negras soïdás.O meu homiño perdeuse,Ninguen sabe en onde vay...Anduriña que pasacheCon él as ondas d'o mar,Anduriña, voa, voa,Ven e dime en ond'está.

Símbolos que xa aparecían en Cantares van cobrar agora unha dimensión alegórica; así o mar, o camiño, o cravo ou a negra sombra. A reflexión sobre a existencia e a radical soidade atravesan todo o poemario.

Cando penso que te fuches,negra sombra que me asombras,dos meus cabezalestornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,no mesmo sol te me amostras,i eres a estrela que brila,i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,si choran, es ti que choras,i es o marmurio do ríoi es a noite i es a aurora.En todo estás e ti es todo,pra min i en min mesma moras,nin me abandonarás nunca,sombra que sempre me asombras.

É Follas novas unha obra inovadora tamén

na métrica, que se move entre a herdanza das forma populares e un afán de experimentación persoal con combinacións de versos inéditos até entón na poesía galega.

En Follas Novas conflúen tres tendencias métricas:• A romántica• A popular• A de experimentación persoal:

Follas Novas distínguese pola innovación métrica por unhas combinacións métricas inusitadas ("Unha vez tiven un cravo", "Cada noite eu chorando pensaba"...), formas estróficas flexibles, asonancia irregular, agrupacións libres de versos e combinacións varias: de octosílabos e hendecasílabos, de octosílabos e alexandrinos, de decasílabos con dodecasílabos,...

A predilección de Rosalía pola asonancia.O romance (case a metade das poesías de Follas Novas)A silva arromanzadaA seguidilla ("Vamos bebendo")O ritmo de muiñeira ("A xustiza pola man").A combinación de hendecasílabo e heptasílabos, que tamén adoita a formar unha silva arromanzada. Aparece en máis da cuarta parte dos poemas ("Ca pena ó lombo", "Terra a nosa"...).

en Follas novas vese:

Conto gallegoNel nárrase a aposta feita por dous homes sobre se un deles consegue dunha muller palabra de casamento o mesmo día en que esta enterra o seu marido. Trátase dun conto sobre a concepción que os homes populares teñen da muller (ou santa, nai e esposa ou orixe de todos os males), equiparada simbolicamente coa mula branca dun deles, e sobre a desprotección na que a sociedade tiña á muller, sobre todo desde o punto de vista legal.

"Eu cho digo, n'hai n'este mundo mais muller boa pra os homes que aquela que os pariu, y asi arrenega de elas como do demo, Xan, que a muller demo e, segun di non sei que santo moi sabido; i o demo hastra a cruz lle fai os cornos de lonxe"

En canto á estrutura, caracterízase pola articulación dramática, sobre continuos diálogos, só interrompidas por pequenas intervencións do narrador cando vai haber cambios espaciais ou temporais. A concentración temporal ("un día de inverno, ao caer a tarde", ata ben entrada a noite), incide máis aínda na estrutura dramática.