2
18 de setembro de 2011 —————————— RUTA DO RIO XABRIÑA RUTA DO RIO XABRIÑA (COVELO. PONTEVEDRA (COVELO. PONTEVEDRA) Teléfono: 981 213115 Correo: [email protected] SOCIEDADE DE MONTAÑA A R T A B R O S PROXIMAS ACTIVIDADES √ 24 e 25 setembro: Ruta do Desterrado e a foz do Bustelin. Los Oscos (Asturias) √ 16 outubro: Ruta da Pena Guimara. A Fonsagrada (Lugo) √ 21, 22 e 23 outubro: Rutas polo Concello de A Mezquita (Ourense) √ 4, 5 e 6 novembro: Rutas por Oencia. El Bierzo (Leon) √ 13 novembro: Adai-Ombreiro. Ribeiras do Miño Despois do descanso estival, retomamos o noso Coñece e Cami- ña desprazándonos ao sur da provincia de Pontevedra para visi- tar, no Concello de Covelo, a preciosa Ruta do Río Xabriña, a cal, nos seus 17 km., une ao seu rico patrimonio etnográfico, as fer- mosas ribeiras do río, a súa vexetación, fragas, prados, levadas, pontes, pasos, ancestrais camiños, fontes, lavadoiros, petos de ánimas, cruceiros, forxas, eiras, “lagares de cera”.. e un sen fin de muíños (preto de 30) que poderemos atopar en calquer recun- cho do camiño. Unha sabia conxunción entre os valores naturais e a sabia intervención do home durante séculos. A ruta, de estrutura circular, percorre as parroquias de Paraños, Prado de Canda e A Lamosa, situadas no alto do val que forma este río, o cal, xunto co seu afluente o Azal, son tributarios do Tea en Mondaríz pobo. Saíndo de Coruña á hora de costume, tomaremos café en Pon- teareas, co obxectivo de empezar a andar sobre as 11 da mañá partíndo da Praza de Cotarel en Paraños. Pouco logo de empezar atoparémonos co lagar (restaurado fai pouco) e a “eira de cera” do Tío Bernardo, onde poderemos ver os medios que utilizaban os “cereiros” durante o seculo XIX e parte do XX para a confección de velas coa cera das abellas Seguimos o noso camiño polo Barrio de Margarida onde nos atopamos un fermoso cruceiro, a igrexa de Santa María de Para- ños (S. XVIII), un pombal, e a ambos os dous lados casas de estilo tradicional moi ben rehabilitadas. Deixando a zona urbana un camiño de carro ponnos de inmedia- to en contacto co protagonista deste carreiro, o río Xabriña, que paso a paso iranos mostrando os seus encantos: o muíño Fun- dego, a ponte da Lagoa (onde se pode enlazar coa ruta de Mou- riscados), a Fonte dá Fame, e máis aló a ponte de Roupeiro que nos achegará ao Area recreativa de Roupeiro. Un muíño de dobre moa recentemente rehabilitado, unhas mesas e a frondosa vexe- tación fan desta paraxe un bonito lugar para un día de descanso. Seguindo o camiño que nos marca a “levada” do muíño, o río serpentea remontando a súa canle de augas cristalinas diríxennos a outro dos atractivos deste sendeiro o “Pozo do Demo”, un curto canón fluvial que nalgún momento ten dez metros de pro- fundidade, onde se suceden fervenzas, pozas e tobogáns de gran beleza. Aos 3,2 km. cruzamos a CN-559 e un pouco máis tarde, pasando polos pasos “dos Avelandos”, penetrarémonos na espesa fraga das Millariñas, lugar óptimo para situar calquera lenda das que nunca faltan nas nosas aldeas. Cando levemos andado 5,7 km., logo de pasar pola fermosa Car- balleira dás Chozas, entraremos nunha zona de muíños, que rematará na Ponte Folón, onde arrinca o chamado camiño Real que leva a Prado de Canda, onde comeremos nas inmediacións da igrexa de Santiago. Logo de repor forzas colleremos cara a Aldea de Baixo na que atopamos un dos “petos de ánimas” máis bonitos do percorrido, situado nun cruzamento de antigos camiños e á beira de fermo- sas mostras de arquitectura popular. A continuación afrontamos a subida máis forte da nosa ruta para achegarnos ao Coto de Bouzas, desde cuxa cume (688 m.) podere- mos gozar dunhas estupendas vistas da zona e serras máis afasta- das. Superada xa a metade da ruta, encamiñámonos ás Casas de Corzós, lugar no que veremos a coqueta Capela de San Miguel, rodeada doutro peto, unha fonte e un lavadoiro. Chegados a este punto baixamos ao Xabriña de novo, e remontámolo admirando pontes e muíños, para subir máis tarde ata chegar á Lamosa (km. 12,6), lugar que conta con casas dunha fermosa arquitectura rural e a igrexa de San Bartolomé. Desde aquí, en forte descenso, iniciamos o retorno da nosa ruta circular pasando polo Camiño de Ponte Folón, a Ponte das Chozas, e Portaseixas, e no km. 16,3 estaremos de novo no Pozo do Demo que nesta marxe ofrécenos unha impresionante vista do seu canón. A ruta remata pasando polo barrio Moeiros, para acabar na plazole- ta de Cotarel.

RUTA DO RIO XABRIÑAartabros.org/wp-content/uploads/2011/08/Triptico-CyC-en-Gallego.pdf · A ruta, de estrutura circular, percorre as parroquias de Paraños, Prado de Canda e A Lamosa,

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: RUTA DO RIO XABRIÑAartabros.org/wp-content/uploads/2011/08/Triptico-CyC-en-Gallego.pdf · A ruta, de estrutura circular, percorre as parroquias de Paraños, Prado de Canda e A Lamosa,

18 de setembro de 2011

—————————— RUTA DO RIO XABRIÑARUTA DO RIO XABRIÑA

(COVELO. PONTEVEDRA(COVELO. PONTEVEDRA)

Teléfono: 981 213115

Correo: [email protected]

SOCIEDADE DE MONTAÑA

A R T A B R O S

PROXIMAS ACTIVIDADES √ 24 e 25 setembro: Ruta do Desterrado e a foz do Bustelin. Los Oscos

(Asturias)

√ 16 outubro: Ruta da Pena Guimara. A Fonsagrada (Lugo)

√ 21, 22 e 23 outubro: Rutas polo Concello de A Mezquita (Ourense)

√ 4, 5 e 6 novembro: Rutas por Oencia. El Bierzo (Leon)

√ 13 novembro: Adai-Ombreiro. Ribeiras do Miño

Despois do descanso estival, retomamos o noso Coñece e Cami-ña desprazándonos ao sur da provincia de Pontevedra para visi-tar, no Concello de Covelo, a preciosa Ruta do Río Xabriña, a cal, nos seus 17 km., une ao seu rico patrimonio etnográfico, as fer-mosas ribeiras do río, a súa vexetación, fragas, prados, levadas, pontes, pasos, ancestrais camiños, fontes, lavadoiros, petos de ánimas, cruceiros, forxas, eiras, “lagares de cera”.. e un sen fin de muíños (preto de 30) que poderemos atopar en calquer recun-cho do camiño. Unha sabia conxunción entre os valores naturais e a sabia intervención do home durante séculos. A ruta, de estrutura circular, percorre as parroquias de Paraños, Prado de Canda e A Lamosa, situadas no alto do val que forma este río, o cal, xunto co seu afluente o Azal, son tributarios do Tea en Mondaríz pobo. Saíndo de Coruña á hora de costume, tomaremos café en Pon-teareas, co obxectivo de empezar a andar sobre as 11 da mañá partíndo da Praza de Cotarel en Paraños. Pouco logo de empezar atoparémonos co lagar (restaurado fai pouco) e a “eira de cera” do Tío Bernardo, onde poderemos ver os medios que utilizaban os “cereiros” durante o seculo XIX e parte do XX para a confección de velas coa cera das abellas Seguimos o noso camiño polo Barrio de Margarida onde nos atopamos un fermoso cruceiro, a igrexa de Santa María de Para-ños (S. XVIII), un pombal, e a ambos os dous lados casas de estilo tradicional moi ben rehabilitadas. Deixando a zona urbana un camiño de carro ponnos de inmedia-to en contacto co protagonista deste carreiro, o río Xabriña, que paso a paso iranos mostrando os seus encantos: o muíño Fun-dego, a ponte da Lagoa (onde se pode enlazar coa ruta de Mou-riscados), a Fonte dá Fame, e máis aló a ponte de Roupeiro que nos achegará ao Area recreativa de Roupeiro. Un muíño de dobre moa recentemente rehabilitado, unhas mesas e a frondosa vexe-tación fan desta paraxe un bonito lugar para un día de descanso. Seguindo o camiño que nos marca a “levada” do muíño, o río serpentea remontando a súa canle de augas cristalinas diríxennos a outro dos atractivos deste sendeiro o “Pozo do Demo”, un curto canón fluvial que nalgún momento ten dez metros de pro-fundidade, onde se suceden fervenzas, pozas e tobogáns de gran beleza. Aos 3,2 km. cruzamos a CN-559 e un pouco máis tarde, pasando polos pasos “dos Avelandos”, penetrarémonos na espesa fraga das Millariñas, lugar óptimo para situar calquera lenda das que nunca faltan nas nosas aldeas.

Cando levemos andado 5,7 km., logo de pasar pola fermosa Car-balleira dás Chozas, entraremos nunha zona de muíños, que rematará na Ponte Folón, onde arrinca o chamado camiño Real que leva a Prado de Canda, onde comeremos nas inmediacións da igrexa de Santiago. Logo de repor forzas colleremos cara a Aldea de Baixo na que atopamos un dos “petos de ánimas” máis bonitos do percorrido, situado nun cruzamento de antigos camiños e á beira de fermo-sas mostras de arquitectura popular. A continuación afrontamos a subida máis forte da nosa ruta para achegarnos ao Coto de Bouzas, desde cuxa cume (688 m.) podere-mos gozar dunhas estupendas vistas da zona e serras máis afasta-das. Superada xa a metade da ruta, encamiñámonos ás Casas de Corzós, lugar no que veremos a coqueta Capela de San Miguel, rodeada doutro peto, unha fonte e un lavadoiro. Chegados a este punto baixamos ao Xabriña de novo, e remontámolo admirando pontes e muíños, para subir máis tarde ata chegar á Lamosa (km. 12,6), lugar que conta con casas dunha fermosa arquitectura rural e a igrexa de San Bartolomé. Desde aquí, en forte descenso, iniciamos o retorno da nosa ruta circular pasando polo Camiño de Ponte Folón, a Ponte das Chozas, e Portaseixas, e no km. 16,3 estaremos de novo no Pozo do Demo que nesta marxe ofrécenos unha impresionante vista do seu canón. A ruta remata pasando polo barrio Moeiros, para acabar na plazole-ta de Cotarel.

Page 2: RUTA DO RIO XABRIÑAartabros.org/wp-content/uploads/2011/08/Triptico-CyC-en-Gallego.pdf · A ruta, de estrutura circular, percorre as parroquias de Paraños, Prado de Canda e A Lamosa,

INICIO/FINAL

CO

MID

A

A.R. do

RUPEIRO

POZO do

DEMO

PONTE

FOLON