Upload
carmen-gomez
View
226
Download
2
Embed Size (px)
DESCRIPTION
RUTH ANDERSON EN GALICIA
Citation preview
RUTH MATILDA ANDERSON
UNHA MIRADA DE ANTANO
MEM
OR
IA F
OTO
GR
ÁFI
CA
DE
GA
LIC
IA
1924—
1926
EXPOSICIÓN MARZO 2011 BIBLIOTECA - EDLG IES LAGOA DE ANTELA
RUTH MATILDA ANDERSON
naceu en Nebraska en1893 e
faleceu en 1983.
Formouse como profesora e
estudou na Clarence White
School of Photography de New
York, onde se graduou en
1919.
Entre 1924 e 1926 realizou un periplo por Gali-
cia recollendo máis de 5000 fotos para a Hispa-
nic Society of America en New York.
A primeira viaxe a Galicia iniciouse co desem-
barco en Vigo o 7 de agosto de 1924 de Ruth
Matilda Anderson e seu pai, Alfred Theodor An-
derson. Froito daquela primeira viaxe, na que
pai e filla utilizaron os poucos medios de trans-
portes existentes (carrilana, os primeiros co-
ches de liña de Castromil, cabalo e a pé), e dou-
tra viaxe posterior, realizada entre novembro de
1925 e marzo de 1926 nun automóbil alugado e
na compaña dunha colega, Frances Spalding,
Ruth reuníu 5.249 imaxes e mercou 861 a fo-
tógrafos locais (Ferrer, Pacheco, Ksado, Pin-
tos, Caamaño, Sarabia, entre outros) que cons-
titúen o arquivo fotográfico de imaxes exis-
tentes sobre a Galicia da segunda década do
século XX máis amplo, diverso e valioso.
No arquivo de Anderson descubrimos a atrac-
ción polas formas populares populares e tra-
dicionais da indumentaria, o predominio de
escenas da vida agraria e mariñeira e a súa
ollada fixada en festas, ritos e costumes in-
mortalizando momentos da nosa historia. Foi
unha coidadosa fotoetnógrafa que documen-
taba cada foto e que soubo traducir ao inglés
textos de Rosalía de Castro e dos nosos poe-
tas medievais.
Palabras prestadas de Manuel Bragado