Upload
castelao-navia
View
221
Download
1
Embed Size (px)
DESCRIPTION
ceip alfonso rodriguez castelao de vigo
Citation preview
Prezadas familias:
Coa chegada do Samaín queremos celebrar cos vosos/as fillos/as a devandita tradición
galega.
Polo tanto animámosvos a que traiades manualidades relacionadas con esta data
(pantasmas, meigas, cabazas, morcegos etc…) disfrazadas con algún motivo ou elemento
que faga referencia ao proxecto anual deste curso académico “CON + CIENCIA”. As
devanditas manualidades expoñeranse polas estanzas do centro do día 2O ao 31 de
outubro. Animámosvos a que colaborades e a que lle votedes imaxinación.
Un cordial saúdo.
NOTA: Recomendamos baleirar as cabazas para que non se podrezan. Tamén as pódedes
traer feitas integramente por vos. Colledes un globo e o inflades, cubrídeo con papel de
xornal e moita cola branca, así varias capas. Ao deixalo secar endurece e queda coa
forma redonda. Unha vez obtida esta forma a recortades ata conseguir a desexada,
píntase de laranxa e xa temos a nosa cabaza de papel. NON ESQUEZADES DECORALA
COMA SE FOSE UN CIENTIFICO/A.
Vigo, 15 de outubro do 2014
Equipo de normalización lingüística (EDNL)