2
A TODOLOS/AS TRABALLADORES/AS Vigo, 22 de Xuño de 2017 Sabemos que os problemas de Montaxe non se van a arranxar da noite para a maña pero, tal e como así se nos fixo chegar dende o primeiro día, os homes e mulleres da M-1, desta vez, tiñades claro a necesidade de comezar a facer camiño dando pasos de cara a unhas condicións de traballo dignas e xustas para todos e todas. Dende a C.I.G., CC.OO e CUT compartimos que o que reivindicades son cuestións factibles para corrixir as desmesuradas cargas de traballo que vimos padecendo dun tempo aquí. De aí que, conxuntamente, non dubidamos en poñer todos os medios a vosa disposición. Comezando polo diálogo tanto coa Dirección de RR.HH. como coa Dirección de Montaxe. Esta unidade DOS/AS TRABALLADORES/AS DA M-1, foi quen de: .- Paralizar a suba en cadencia e obrigar a Dirección a Negociala. .- Incrementar o tempo de descanso e mantelo namentres dure esta nova cadencia. .- Por primeira vez a Dirección tivo que recoñecer que para un equilibro real das cargas de traballo nos repartos na M-1 suporía duplicar o número de postos actuais. .- Comprometer a Dirección de Montaxe a garantir un maior respecto na composición. .- Garantir que a Suba de Cadencia non suporá unha redución no horario da Quenda de Noite. De aí o compromiso da Dirección respectar a xornada de 8 horas namentres dure esta medida. .- E como non, frear o abuso de poder da Dirección a hora de impoñer os seus intereses. De aí que o compromiso acadado polas tres Centrais Sindicais perante os/as traballadores/as da M-1 non pode quedar en papel mollado. A Dirección ten unha débeda. E así o transmitiron as Tres Quendas no día de onte nas Asembleas de Bocadillo... Incrementar o número de postos nas Liñas para rebaixar as cargas de traballo. As tres Centrais Sindicais, unha vez escoitado a M-1, no día de onte acordamos: .- Solicitar outra Reunión coa Dirección para trasladarlle persoalmente a opinión dos traballadores/as. .- Trasladar a tódolos Traballadores/as da Fábrica a loita que os traballadores/as da M-1 emprenderon para mellorar as súas condicións de traballo. Si ben algúns poden mirar MONTAXE e a súa problemática lonxe do seu posto actual de traballo, hoxe en día, todos coñecemos como, dun día para outro, o compañeiro/a do lado percorreu ese camiño da pista principal dirección Montaxe Hoxe os compañeiros/as da M-1 deron o paso para que o teu recibimento sexa cunhas condicións dignas e un posto de traballo realizable. De aí que esta problemática nos afecta a todos/as sen excepcións. A M-1 hoxe precisa coñecer que non está sola neste camiño. A solidariedade obreira ten que facerse ver perante a Dirección. HOXE TODOS SOMOS TRABALLADORES/AS DA M-1. Hoxe xoves asembleas no bocadillo nas 3 quendas da M-1( na quenda de noite será no exterior da nave) Sección Sindical PSA Peugeot-Citroën

Sección Sindical PSA Peugeot-Citroën A TODOLOS/AS ... · E como non, frear o abuso de poder da Dirección a hora de impoñer os seus intereses. ... Liñas para rebaixar as cargas

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Sección Sindical PSA Peugeot-Citroën A TODOLOS/AS ... · E como non, frear o abuso de poder da Dirección a hora de impoñer os seus intereses. ... Liñas para rebaixar as cargas

A TODOLOS/AS TRABALLADORES/AS

Vigo, 22 de Xuño de 2017

Sabemos que os problemas de Montaxe non se van a arranxar da noite para a maña pero, tal e como

así se nos fixo chegar dende o primeiro día, os homes e mulleres da M-1, desta vez, tiñades claro a necesidade de comezar a facer camiño dando pasos de cara a unhas condicións de traballo dignas e xustas para todos e todas.

Dende a C.I.G., CC.OO e CUT compartimos que o que reivindicades son cuestións factibles para

corrixir as desmesuradas cargas de traballo que vimos padecendo dun tempo aquí. De aí que, conxuntamente, non dubidamos en poñer todos os medios a vosa disposición. Comezando polo diálogo tanto coa Dirección de RR.HH. como coa Dirección de Montaxe.

Esta unidade DOS/AS TRABALLADORES/AS DA M-1, foi quen de:

.- Paralizar a suba en cadencia e obrigar a Dirección a Negociala.

.- Incrementar o tempo de descanso e mantelo namentres dure esta nova cadencia.

.- Por primeira vez a Dirección tivo que recoñecer que para un equilibro real das cargas de traballo nos repartos na M-1 suporía duplicar o número de postos actuais.

.- Comprometer a Dirección de Montaxe a garantir un maior respecto na composición.

.- Garantir que a Suba de Cadencia non suporá unha redución no horario da Quenda de Noite. De aí o compromiso da Dirección respectar a xornada de 8 horas namentres dure esta medida.

.- E como non, frear o abuso de poder da Dirección a hora de impoñer os seus intereses.

De aí que o compromiso acadado polas tres Centrais Sindicais perante os/as traballadores/as da M-1 non pode quedar en papel mollado. A Dirección ten unha débeda. E así o transmitiron as Tres Quendas no día de onte nas Asembleas de Bocadillo... Incrementar o número de postos nas Liñas para rebaixar as cargas de traballo.

As tres Centrais Sindicais, unha vez escoitado a M-1, no día de onte acordamos:

.- Solicitar outra Reunión coa Dirección para trasladarlle persoalmente a opinión dos traballadores/as.

.- Trasladar a tódolos Traballadores/as da Fábrica a loita que os traballadores/as da M-1 emprenderon para mellorar as súas condicións de traballo.

Si ben algúns poden mirar MONTAXE e a súa problemática lonxe do seu posto actual de traballo, hoxe en día, todos coñecemos como, dun día para outro, o compañeiro/a do lado percorreu ese camiño da pista principal dirección Montaxe

Hoxe os compañeiros/as da M-1 deron o paso para que o teu recibimento sexa cunhas condicións

dignas e un posto de traballo realizable. De aí que esta problemática nos afecta a todos/as sen excepcións. A M-1 hoxe precisa coñecer que non está sola neste camiño. A solidariedade obreira ten que

facerse ver perante a Dirección. HOXE TODOS SOMOS TRABALLADORES/AS DA M-1. Hoxe xoves asembleas no bocadillo nas 3 quendas da M-1( na quenda de noite será no

exterior da nave)

Sección Sindical PSA Peugeot-Citroën

Page 2: Sección Sindical PSA Peugeot-Citroën A TODOLOS/AS ... · E como non, frear o abuso de poder da Dirección a hora de impoñer os seus intereses. ... Liñas para rebaixar as cargas

A/A DIRECCIÓN RR.HH. PSA PEUGEOT CITROEN

Sección Sindical PSA Peugeot-Citroen in:dustria PCAE S.A. Vigo

En Vigo, a 21 de Xuño de 2017

No día de hoxe, CCOO, C.l.G. e CUT, mediante o presente escrito queremos facer chegar formalmente a decisión que os Traballadores/as da M-1 adoptaron no día de onte nas Asembleas de Bocadillo .

. - Garantir unha redución das cargas de traballo e unha mellora no equilibrado dos repartos.

Queremos deixar claro que, os/as traballadores/as da M-1, non se opoñen a medida da Dirección referente a liberación dos Monitores. O que non comparten e que elo sexa utilizado pola Dirección para xustificar a non creación de mais postos nas Liñas .

. - Concretar cal vai ser o incremento dos descansos que se van a materializar namentres dure esta nova cadencia.

Polo exposto, e en aras de seguir mantendo esa vontade de diálogo entre as partes de cara a buscar ese punto de encontro, é polo que, unha vez mais, as tres Centrais Sindicais estamos en disposición de manter unha xuntanza coa Dirección nesta semana.

Esperando que agora a Dirección teña esa mesma disposición e Vontade,

Atte.

Man el Santiago García Cameselle Secretario da CC.00