8

SEIS ANOS DE TEATRO COMUNITARIO7ª.- Todas as obras a concurso serán presentadas do 2 ao 4 de abril de 2014 a razón de tres pezas por xornada no Centro Sociocultural de Santa Marta

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: SEIS ANOS DE TEATRO COMUNITARIO7ª.- Todas as obras a concurso serán presentadas do 2 ao 4 de abril de 2014 a razón de tres pezas por xornada no Centro Sociocultural de Santa Marta
Page 2: SEIS ANOS DE TEATRO COMUNITARIO7ª.- Todas as obras a concurso serán presentadas do 2 ao 4 de abril de 2014 a razón de tres pezas por xornada no Centro Sociocultural de Santa Marta

SEIS ANOS DE TEATRO COMUNITARIO

A Facultade de Ciencias da Educación da USC vén de celebrar en marzo de 2013 o seu VI Ciclo de Teatro Comunitario. Un proxecto que, dende os seus inicios, ten incidido de xeito moi consciente e esforzado no labor de dar visibilidade ao traballo que as agrupacións de teatro amador vencelladas a distintas estruturas sacan adiante cada tempada.

O esquema fundamental do Ciclo vénse mantendo case sen alteracións dende a súa primeira edición polo que, chegado o momento de debuxar as liñas da sétima para o curso 2013-2014 e, dada a con-solidación e fortaleza acadadas polo proxecto nestes seis anos, parece lóxico dar un paso adiante, abrir as fi estras a novos aires que o sitúen á vangarda das convocatorias destinadas ao teatro ama-dor galego.

DO CICLO DE TEATRO COMUNITARIO AO CERTAME AD HOC

XIRO AD HOC

A liña de acción principal para a estruturación da sétima edición é a aposta pola conversión da mostra nun certame que promova unha apertura a un teatro anovador, un teatro de crea-ción no que as agrupacións poidan establecer contacto con novos modos de facer e afrontar este reto con motivación e alegría. Sen esquecer nunca os alicerces principais que o Ciclo mantivo durante estas seis edicións: o carácter comunitario deste teatro e a comunicación directa entre compañías e público.

Page 3: SEIS ANOS DE TEATRO COMUNITARIO7ª.- Todas as obras a concurso serán presentadas do 2 ao 4 de abril de 2014 a razón de tres pezas por xornada no Centro Sociocultural de Santa Marta

A ALIANZA AD HOC

A través do proxecto AD HOC a Comisión Organizadora quere tender unha rede de colaboración coas agrupacións participantes para acompañalas no proceso de creación e compartir con elas cla-ves, preguntas, experiencias, etc.

Establécese con este obxectivo unha alianza múltiple entre:

-a Facultade de Ciencias da Educación da USC na organización.

-a Plataforma de Apoio -como resultado da unión de forzas de Enlata (a compañía da Facultade de Ciencias da Educación, con sete anos de existencia e unha traxectoria recoñecida) e Farrapo (Compañía xurdida despois da participación dos seus compoñentes en Enlata)- que se pon ao servizo dos participantes para asesoralos no proceso de montaxe.

-a Mesa pola Normalización Lingüística na confección dun dossier que lles será entregado como parte do material de traballo aos grupos participantes.

-a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela, que acolle a presentación das pezas a concurso e cede os espazos nos que se desenvolverán os talleres de for-mación técnica.

Nace así AD HOC, o certame de creación escénica para agrupacións de teatro amador. Benvid@s tod@s!

Page 4: SEIS ANOS DE TEATRO COMUNITARIO7ª.- Todas as obras a concurso serán presentadas do 2 ao 4 de abril de 2014 a razón de tres pezas por xornada no Centro Sociocultural de Santa Marta

BASES DE PARTICIPACIÓN

1ª.- A Facultade de Ciencias da Educación convoca a primeira edición do seu Certame de creación escénica AD HOC, que se celebrará en Santiago de Compostela do 2 ao 4 de abril de 2014.

2ª.- Pode participar no proxecto AD HOC calquera compañía de teatro amador (entendendo como tales a todas as agrupacións que non se dediquen profesionalmente á actividade teatral). O cupo total de compañías participantes é de 9 como máximo e será completado segundo a orde de inscri-ción.

3ª.- Cada agrupación participará no certame presentando unha peza que terá que cumprir todos e cada un dos seguintes requisitos:

-será unha creación colectiva orixinal ideada específi camente para a súa participación no Certame. -versará sobre o tema que a Comisión Organizadora propón: a convivencia entre linguas.-terá unha duración de entre 12 e 15 minutos.

4ª.- A Comisión Organizadora facilitará o traballo tendendo unha rede de colaboración coas agru-pacións participantes para acompañalas no transo e compartir con elas claves, preguntas, expe-riencias, etc. Para isto pon á súa disposición unha Plataforma de Apoio, que terá como funcións o seguimento e apoio ás compañías no proceso de creación.

5ª.- Todas as compañías concorrentes serán rexistradas nunha listaxe que se pechará o 31 de outubro e os responsables de cada unha delas acudirán a unha primeira xuntanza de traballo coa Plataforma de Apoio. Esta xuntanza celebrarase en novembro na Facultade de Ciencias da Educación en Santiago e ten como fi nalidade expoñer a dinámica de traballo e dar o primeiro pulo a cada un dos proxectos.

Page 5: SEIS ANOS DE TEATRO COMUNITARIO7ª.- Todas as obras a concurso serán presentadas do 2 ao 4 de abril de 2014 a razón de tres pezas por xornada no Centro Sociocultural de Santa Marta

6ª.- As compañías recibirán dende a Plataforma de Apoio materiais de axuda relacionados tanto co tema proposto como con diversas cuestións relacionadas coa creación escénica (textos, enlaces, referencias, noticias de prensa..) e poderán solicitar da Plataforma asesoramento en todas aquelas difi cultades, tanto técnicas como artísticas, coas que se poidan ir atopando ao longo do proceso de creación da peza.

7ª.- Todas as obras a concurso serán presentadas do 2 ao 4 de abril de 2014 a razón de tres pezas por xornada no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela. Ao remate das presentacións das tres montaxes de cada día, os compoñentes das tres compañías terán un encontro co público no que, ao longo de 45 minutos, se establecerá un diálogo artistas/es-pectadores no que se traten cuestións relacionadas co proceso de creación e o que éste que supuxo para o grupo. Estes encontros celebraranse no propio CSC de Santa Marta.

8ª.- As compañías poderán escoller, de entre os espazos que o CSC de Santa Marta pon á disposición do proxecto, aquel no que queren presentar a súa peza (se o aforo do espazo escollido fose dema-siado reducido, habería a posibilidade de facer ata tres representacións da mesma para dar opción a que todo o público poida vela). Para isto seralles facilitado dende a Plataforma de Apoio o plano dos espazos dispoñibles no Centro.Todas as compañías participantes comprométense a cumprir coa normativa de uso do CSC de Santa Marta que lles será achegada pola Plataforma de Apoio como parte da documentación inicial.

9ª.- A Plataforma de Apoio tamén fornecerá ás compañías do rider técnico con todo aquel material que o Centro Sociocultural pon á disposición dos participantes. Se calquera compañía necesita mate-rial técnico que non forme parte deste rider deberá aportalo ela mesma.

10ª.- As compañías asumirán todos os custes de produción das pezas así como a totalidade dos gastos de traslado e/ou dietas que poida supoñer a súa participación no Certame.

Page 6: SEIS ANOS DE TEATRO COMUNITARIO7ª.- Todas as obras a concurso serán presentadas do 2 ao 4 de abril de 2014 a razón de tres pezas por xornada no Centro Sociocultural de Santa Marta

11ª.- Todas as obras a concurso serán valoradas polo público ao fi nal da presentación polo sistema de voto en urna.

12ª.- Ás tres compañías máis votadas polos espectadores ofreceráselles unha serie de tres talleres de formación técnica (A luz/O espazo/A composición para a escena) que impartirán dende a Plataforma de Apoio @s expert@s en cada un dos tres eidos tratados. Estas xornadas formativas realizaranse dentro do segundo semestre de 2014 no CSC de Santa Marta en datas a convir entre todas as persoas participantes e segundo a dispoñibilidade de datas e espazos do propio centro.

13ª.- Enlata, a compañía de teatro da Facultade, participará no ciclo fóra de concurso pero cumprin-do as mesmas condicións formais que o resto de compañías.

14ª.- Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta coa maior celeridade posible pola Comisión Organizadora.

15ª.- A participación no certame implica a aceptación total das bases e o seu incumplimento -total ou parcial- suporá a eliminación da convocatoria.

Page 7: SEIS ANOS DE TEATRO COMUNITARIO7ª.- Todas as obras a concurso serán presentadas do 2 ao 4 de abril de 2014 a razón de tres pezas por xornada no Centro Sociocultural de Santa Marta

FICHA DE INSCRICIÓN

COMPAÑÍANÚMERO DE COMPOÑENTES DA COMPAÑÍAPERSOA RESPONSABLE DA COMPAÑÍAENDEREZO DA COMPAÑÍATELÉFONO DE CONTACTOMAIL DE CONTACTO

As fi chas serán enviadas a [email protected] antes do 31 de outubro de 2013

Page 8: SEIS ANOS DE TEATRO COMUNITARIO7ª.- Todas as obras a concurso serán presentadas do 2 ao 4 de abril de 2014 a razón de tres pezas por xornada no Centro Sociocultural de Santa Marta

PROMOVEN E ORGANIZAN:Facultade de Ciencias da Educación, USCEnlata TeatroFarrapo Teatro

APOIAN:Concello de SantiagoRede de Centros Socioculturais do Concello de SantiagoComisións de Normalización Lingüística da USCA Mesa pola Normalizacción LingüísticaColexio de Educadoras e Educadores Sociais de GaliciaConsello de Relacións Veciñais de Santiago