Upload
tuari
View
58
Download
5
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Seminario de Convivencia. C.E.I.P. Ría do Burgo. A galiña vermella. Había unha vez catro amigos. un pato. Un porquiño. e unha galiña vermella. un gato. A galiña vermella tiña tres poliños. Un día, peteirando. Atopou un pouco de gran. Foi ver aos seus amigos e preguntoulles: - PowerPoint PPT Presentation
Citation preview
Seminario de Convivencia.
C.E.I.P. Ría do Burgo
A galiña vermella
Había unha vez catro amigos
Un porquiño un pato
un gatoe unha galiña vermella
A galiña vermella tiña tres poliños
Un día, peteirando
Atopou un pouco de gran
Foi ver aos seus amigos e preguntoulles:
-Quen quere axudarme a sementar este gran?
“Eu non”, dixo o porco.
“Eu non” dixo o gato
“Eu non”, dixo o pato
“Entón, sementarei o gran eu mesma”, dixo a galiña.
E así o fixo.
E os grans xerminaron converténdose en grandes espigas de trigo
Entón, a galiña preguntou aos seus amigos:
“Quen me axuda a segar o trigo?”
“Eu non”, dixo o porco.
“Eu non” dixo o gato
“Eu non”, dixo o pato
“Entón, segarei eu mesma o trigo” dixo a galiña vermella.
E así o fixo.
A continuacíón,a galiña preguntou aos seus amigos:
“Quen me quere axudar a trillar o trigo?”
“Eu non”, dixo o porco
“Eu non”, dixo o pato
“Eu non”, dixo o gato.
“Entón, trillarei eu mesma o trigo” dixo a galiña vermella.
E así o fixo.
Entón, a galiña preguntou aos seus amigos:
“Quen quere axudarme a moer estes grans de trigo para facer fariña?”
“Eu non, eu non”
-dixeron os seus amigos
“Entón, moerei os grans eu mesma” dixo a galiña vermella.
E así o fixo.
A continuación, a galiña vermella preguntou aos seus tres amigos:
“Quen quere axudarme a facer pan con esta fariña?”
“Eu non”, dixo o porco.
“Eu non” dixo o gato
“Eu non”, dixo o pato
“Entón farei o pan eu mesma”, dixo.
E así o fixo.
Despois, a galiña vermella chamou aos seus amigos:
“Quen me quere axudar a
comer este pan?”
“Eu”, dixo o porco.
“Eu” dixo o gato
“Eu”, dixo o pato
“Ah non”, dixo a galiña vermella
os meus tres poliños e eu
e así o fixeron.