28
PROPOSTA DIDÁCTICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E EDUCACIÓN NON FORMAL SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 22-28 de abril de 2013

Sen profes non hai escola primaria

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Sen profes non hai escola primaria

PROPOSTA DIDÁCTICA PARA

EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA

E EDUCACIÓN NON FORMAL

SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 22-28 de abril de 2013

Page 2: Sen profes non hai escola primaria

Introdución 1

Obxectivo xeral da Semana de Acción Mundial pola Educación Obxectivos xerais da proposta didácticaConsideracións xerais Para afondar...

Educación Infantil 5

Obxectivos e capacidades Actividade 1. A escola que queremosActividade 2. A miña escolaActividade de mobilización. Pon profes no mapa

Primeiro Ciclo Educación Primaria 8

Obxectivos e competenciasActividade 1. A aula felizActividade 2. O clásico da educaciónActividade de mobilización. Pon profes no mapa

Ciclo Medio Educación Primaria 11

Obxectivos e competenciasActividade 1. Mestras e mestres do mundoActividade 2. En busca da profesora ou profesor idealActividade de mobilización. Pon profes no mapa

Ciclo Superior Educación Primaria 14

Obxectivos e competenciasActividade 1. Mestras e mestres para lembrarActividade 2. As nosas mestras e os nosos mestres, o noso futuro...Actividade de mobilización. Pon profes no mapa

Educación Non Formal (5-12 anos) 17

Actividade 1. Escola do profesoradoActividade de mobilización. Pon profes no mapa

Actividade para todos os niveis. Pon profes no mapa 21

Avaliación 23

ÍNDICE

© Foto de portada: Sergi Cámara/Entreculturas

Page 3: Sen profes non hai escola primaria

1

INTRODUCIÓN

O número total de nenos e nenas que non asisten á escola primaria ou secundaria reduciuse de máis de 200 millóns en2000 a 132 millóns en 2010, pero as cifras seguen a ser elevadas e estancáronse desde 2008. Pero incluso para os queasisten á escola, este dereito non está garantido. Este dereito depende de que se lles proporcione unha educación de ca-lidade, que, como describe o Foro Mundial sobre a Educación no ano 2000 “inclúe aprender a coñecer, a facer, a vivirxuntos e a ser”.

Ata tres cuartas partes dos nenos e nenas nos países de ingresos máis baixos non aprenderon a ler e escribir despoisde dous ou tres anos de escolaridade obrigatoria, por non falar do desenvolvemento de habilidades máis complexas. Di-versos estudos apuntan a presenza na aula de docentes ben formados como o factor máis importante na aprendizaxe.

O novo informe da Campaña Mundial pola Educación (CME), Todo neno e nena necesita un/unha mestre/mestra. Mes-

tras e mestres preparados para todas e todos1, sinala que fan falta 1.700.000 docentes máis para asegurar a educaciónprimaria universal para 2015. Esta é unha das razóns polas que os profesores e profesoras son o foco dos esforzos daSAME en 2013.

1 http://www.campaignforeducation.org/docs/reports/GCE%20ECNAT_A4_SPANISH_RGB.pdf

A SÓ DOUS ANOS DE 2015, A DATA

FIXADA PARA LOGRAR A EDUCACIÓN

PARA TODOS E TODAS, A SEMANA DE

ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

(SAME) CÉNTRASE ESTE ANO NO

PROFESORADO E NA IMPORTANCIA

DE CONTAR CON DOCENTES

COA ADECUADA FORMACIÓN,

MOTIVACIÓN E RECOÑECEMENTO.

Ben formado

Motivado

Ben remunerado

Tratado como profesional e non

como persoa que presta servizos

Desde a CME queremos transmitir dúas premisas fundamentais que son necesarias para unha educación de calidadereal. A primeira delas fai referencia á necesidade de contar con profesorado motivado, ben formado, con boas con-

dicións de traballo. É un dereito de nenos, nenas, mocidade e persoas adultas. A segunda refírese a que a profesióndocente e as profesoras e profesores son suxeitos fundamentais do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Ademais,é moi importante que a profesión docente estea presente nos debates de toma de decisións sobre as políticas educativas.

É necesario un profesorado formado capaz de manexar a diversidade na aula e os diferentes rangos de idade que enocasións coinciden na aula (como ocorre nos países en situación de posconflito), de manexar posibles situacións de vio-lencia ou de apoiar as nenas e fomentar a equidade.

© C

arol

ine

Thom

as/A

ctio

nAid

Falta de

profesorado

Page 4: Sen profes non hai escola primaria

2

Ademais, a profesión docente é clave á hora de ensinarlle ao alumnado a dar sentido, participar e construír un mundobaseado en valores como a paz, a democracia, a creatividade, a solidariedade, a inclusión, o compromiso co ambiente eo entendemento internacional e intercultural.

A CME, desde o seu inicio no ano 1999, contribuíu a facer grandes avances no logro da educación para todas as persoas.Algúns exemplos concretos dos avances son o establecemento dun salario mínimo para o persoal docente en Brasil, aeliminación das taxas escolares en Kenia ou a posta en marcha en Mozambique do programa “Escolinhas”, que acollenenos e nenas de 3 a 5 anos de fogares sen recursos ou afectados pola sida.

Pero a pesar de ser cada vez maior a conciencia dos elevados custos sociais e educativos que derivan de non investiren educación, os esforzos realizados son insuficientes. Por iso, baixo o lema Sen profes non hai escola! Por un pro-

fesorado formado e motivado, este ano a SAME quere recordarlles ás e aos gobernantes a importancia de contar cosuficiente número de docentes con adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para esixirlles quedestinen os recursos necesarios para que a Educación para Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoaldocente é un elemento fundamental do Dereito á Educación.

Para iso, a través de Pon profes no mapa resumiremos en 5 palabras as ideas clave sobre a importancia do profeso-rado, recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras, e veremos cales son as que aparecen máis veces.En cada aula, ou por grupos, formaremos unha nube de palabras, na que as palabras que saíron máis veces apareceránen tamaño maior.

O noso reto será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unha ou un

dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles veraos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docentenos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta nomundo.

A participación na SAME permitirá que nenos, nenas, mocidade e persoas adultas desenvolvan a competencia cidadá,cuxa definición fai referencia –entre outras cousas– a comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivire exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como comprometerse a contribuír á súa mellora, coñeceros valores do sistema democrático e exercer activa e responsablemente os dereitos e deberes da cidadanía. Ademais,en cada unha das actividades dirixidas aos diferentes niveis educativos no ámbito formal e non formal, faremos refe-rencia a outras competencias que contribuímos a desenvolver.

a todo o persoal docente e educador que elaborou as actividadesdesta proposta didáctica e a todas as persoas que aceptan estassuxestións e as poñen en marcha co seu alumnado.

Desta maneira confirman o seu compromiso coa construción dun mundo mellor e co poder

transformador da educación.

A CME/SAME agradece

© A

SDE

Page 5: Sen profes non hai escola primaria

3

* As diferentes actividades están planificadas para ser realizadas tanto no ámbito formal como en espazos deeducación non formal (grupos scouts, ludotecas, actividades de tempo libre, etc.).

* Os termos “profesor”, “profesora” e “docente” utilizámolos para referirnos a educadores ou educadoras,facilitadores ou facilitadoras, monitores ou monitoras, etc., tanto no ámbito formal como no non formal.

* Propoñemos para cada ciclo ou grupo de idade unha actividade de “reflexión” e outra de “acción” que pode serrealizada en titorías, recreos, actividades extraescolares, etc.

* As actividades propostas están pensadas para diferentes grupos de idades, pero pódense adaptar para serutilizadas con alumnado doutros niveis.

* O tempo proposto para cada actividade é orientativo. Cada facilitador ou facilitadora poderá adaptalo en funcióndas características do grupo, dispoñibilidade de tempo, etc.

* Deixamos en mans de cada facilitador ou facilitadora a temporalización das actividades durante os meses dexaneiro (data na que recibirán as propostas didácticas) e abril (data na que se desenvolverá a SAME en todo omundo).

* Desde o PDF que encontrarás na nosa web (www.cme-espana.org) podes acceder directamente a todas asligazóns que aparecen neste material.

OBXECTIVO XERAL DA

SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL

POLA EDUCACIÓN

Sensibilizar a clase política e a opinión pública sobre a importancia de contar con profesorado ben formado,remunerado e motivado para alcanzar unha educación de calidade e sobre a necesidade de actuar de maneiraurxente para o cumprimento do dereito a unha educación permanente de calidade para todas as persoas.

OBXECTIVOS XERAIS DA

PROPOSTA DIDÁCTICA

CONSIDERACIÓNS

XERAIS

1 Coñecer a realidade na que viven millóns de nenos e nenas que non poden exercer o seu dereito á educaciónbásica por falta de profesorado e de vontade política neste ámbito.

2 Valorar o dereito á educación como un dereito chave a outros dereitos, e que está recollido na DeclaraciónUniversal dos Dereitos Humanos e na Convención sobre os Dereitos do Neno como un elemento fundamental parao desenvolvemento das persoas e as comunidades.

3 Asumir, como cidadanía activa, a propia responsabilidade fronte as situacións inxustas e comprender que todasas persoas podemos facer algo para cambialas e transformar esa realidade.

Propoñemos para cada ciclo ou grupo de idade unha actividade de “reflexión” e outra de “acción” que pode ser

O tempo proposto para cada actividade é orientativo. Cada facilitador ou facilitadora poderá adaptalo en función

na que viven millóns de nenos e nenas que non poden exercer o seu dereito á educación

Universal dos Dereitos Humanos e na Convención sobre os Dereitos do Neno como un elemento fundamental para

a propia responsabilidade fronte as situacións inxustas e comprender que todas

Page 6: Sen profes non hai escola primaria

4

Nesta proposta ofrecémosche actividades para traballar o tema. Non obstante, o dereito á educación en xeral e o pro-fesorado en particular é un tema complexo que ten relación con outros moitos temas.

Se queres traballalo co teu alumnado con máis profundidade, indicámosche algúns recursos onde encontrarás actividadese materiais.

Na páxina web da campaña (www.cme-espana.org) podes encontrar as propostas didácticas de SAME anteriores:

Na canle de Youtube da CME (http://www.youtube.com/user/CMEspain)podes encontrar vídeos de interese relacionados co tema.

Tamén te animamos a ler os documentos e ver os vídeos seguintes sobre

a importancia do profesorado.

Bibliografía complementaria:

Todo neno e nena necesita un mestre. Mestres preparados para todos. CME 2012.

Informe de seguimento da EPT no mundo 2012. Unesco.

Les enseignants et la qualité de l´éducation: suivi des besoins mondiaux d´ici 2015. Unesco 2006.

Educación para todos. O imperativo da calidade. Unesco 2005.http://unesdoc.unesco.org/images/0013/001373/137334s.pdf

A cuestión do profesorado: atraer, capacitar e conservar profesores eficientes. OCDE 2004.http://www.oecd.org/education/preschoolandschool/34991371.pdf

PARA

AFONDAR...

A cuestión do profesorado: atraer, capacitar e conservar profesores eficientes.

Profesor Lazhar. Philippe Falardeau. 2011

La clase. Laurent Cantet. 2008

Ser y tener. Nicolas Philibert. 2001

Ni uno menos. Zhang Yimou. 1999

Profesor Holland. Stephen Herek. 1995

Películas que abordan o tema do profesorado:

ler os documentos e ver os vídeos seguintes sobre

2010

Financiamentoda educación

2009

Alfabetizaciónde persoasnovas eadultas

2008

Educación e exclusión

2007

Dereito áeducación

2006

Docentes2012

Dereito a unhaeducacióntemperá decalidade

2011

Dereito áeducaciónde mullerese nenas

Page 7: Sen profes non hai escola primaria

5

Para realizar a actividade suxíreselle ao profesorado que divida a clase en catro grupos e cada un deles se sitúe

nun espazo da aula. Se existe a opción, recoméndase poñer en práctica a actividade cando haxa desdobramento

de clase porque en grupo reducido será máis doado traballar e observar as reaccións do alumnado.

Obxectivos

1 Valorar a importancia da diversidade de recursos humanos e materiais na escola para optar a unha educación de calidade.

2 Sensibilizar, a partir da súa propia experiencia, sobre a importancia de aprender coa axuda dunha profesora ou profesorbo e poder ir á escola en boas condicións.

Capacidades

Aprender a descubrir

Aprender a pensar e a comunicar

Actividade 1. A escola que queremos

Aprender a descubrir

Aprender a pensar e a comunicar

© N

icol

as A

xelro

d/Ac

tionA

id

Grupo 1: non se lle dá material.

Grupo 2: dánselle lapis de cores e follas de papel.

dánselle lapis, follas de papel e fáiselles sentar nas mesas.

Grupo 4: dánselle lapis, follas de papel e fáiselles sentar nas mesas. Ademais, é o único grupo que podeinteraccionar coa profesora ou profesor ao longo da actividade.

Page 8: Sen profes non hai escola primaria

6

Posteriormente, o profesorado pídelle ao alumnado que debuxe o que máis lle gusta facer coa mestra ou mestre naescola e lémbraselle que só o grupo 4 pode dirixirse á docente ou ao docente mentres se realiza a actividade.

Obsérvanse as reaccións do alumnado respecto das limitacións de recursos materiais e humanos nas que se atopan. Re-coméndase non dar moito tempo xa que os grupos sen material poderían cansarse.

Para a posta en común xuntarase todo o grupo en círculo e formularanse aos nenos e nenas preguntas de reflexión. Su-xírense as seguintes: Como o pasastes? Como vos sentistes? Que grupo credes que gozou máis? Que botastes de me-nos? Faltouvos podervos comunicar coa profe ou co profe?

Unha vez rematada a conversa, a docente ou o docente reforza a idea da importancia de que na escola haxa variedadede material en condicións para poder realizar unha maior diversidade de actividades e poder gozar delas. E que sen oapoio docente, a aprendizaxe resulta menos gratificante.

* Todas as escolas son iguais? Teñen as mesmas cousas?

* Por que hai escolas que teñen menos cousas nas súas clases ou aulas?

Finalízase a actividade dando a todos os grupos o mesmo material que tiña o grupo 4 e facendo o debuxo que se pediraao principio.

A docente ou o docente invita as nenas e nenos a formar un círculo sentando no chan, para observar a aula, no-

mear as cousas que máis lles gustan e para que as usan

Actividade 2. A miña escola

Page 9: Sen profes non hai escola primaria

7

A partir desta conversa tratarase de vincular os elementos citados coas aprendi-zaxes realizadas durante o curso facendo fincapé na figura da mestra ou mestreneste proceso.

* Que aprendestes durante o curso? Con que? Con quen?

As respostas dos nenos e nenas iranse apuntando no encerado e comentando en grupo para ir salientando a importan-cia de cada unha delas no proceso de aprendizaxe.

A continuación, divídese a clase en dous grupos e pídeselles que fagan un mural ou debuxo.

O primeiro grupo debuxará unha clase e incluirá no debuxo todas as cousas que sinalamos como importantes na listaanterior.

O segundo grupo debuxará unha clase sen as cousas sinaladas na lista anterior.

Unha vez acabados os murais, realízase a posta en común a partir das seguintes preguntas suxeridas:

* Cal dos dous se parece máis á nosa escola? Por que?

Centrámonos na figura da mestra ou mestre Que pensades que pasaría se non houbese docentes na clase?

A docente ou o docente contaralles que no mundo hai moitos nenos e nenas que non poden ter clases nin escolas nasmesmas condicións que as súas, e que algúns nin sequera poden ir porque onde viven non hai profesoras nin pro-fesores.

Para ter presente durante todo o curso a importancia de poder ir á escola e de ter profesoras e profesores bos propoñeraseao grupo de nenos e nenas realizar unha caixa de recordos. Nela alumnos, alumnas, mestres, mestras, pais e nais, poderánir engadindo os seus recordos deses bos momentos vividos cun mestre ou mestra na súa infancia.

Actividade de mobilizaciónVer páxina 21

é que o alumnado e o persoal docente configuren ao longo do curso un diarioou libro de bos recordos de momentos pasados xuntos.

Page 10: Sen profes non hai escola primaria

8

Para empezar proponse observar fotos de dúas escolas diferentes, unha de España e outra dunha escola dun país

empobrecido.

Para iso organízanse grupos de 4 alumnos onde cada un desempeñará unha función: escritor ou escritora, portavoz,gardián ou gardiá do silencio, animador ou animadora (controla que todas as persoas participen).

Obxectivos

1 Valorar a importancia de ir á escola, así como a de todos os actores que forman parte do proceso educativo.

2 Darse conta da importancia de ter un profesorado capacitado e as consecuencias diso no desenvolvemento individuale colectivo.

Competencias

Social e cidadá

Aprender a aprender

Actividade 1. A aula feliz

Aprender a aprender

© A

lboa

n

A actividade desenvolverase

en catro momentos

© C

arol

ine

Thom

as/A

ctio

nAid

© E

ntre

cultu

ras

Page 11: Sen profes non hai escola primaria

9

A escritora ou escritor anota nunha cartolina os elementos que o grupo nomea ao observar as devanditas fotos.

A portavoz ou o portavoz de cada grupo compartirá co resto da aula os resultados da ob-servación. Tras esta posta en común o docente ou a docente ou outro alumno ou alumna,segundo o curso, recollen o comentado nunha cartolina grande baixo o título VEXO.

A docente ou o docente formulará a seguinte pregunta para que, outra vez en grupos, afon-den na reflexión sobre as imaxes observadas. Que diferenzas ven entre as dúas fotos? Apartir das respostas promoverase o pensamento sobre a realidade que hai nestas imaxes.Que estarán aprendendo? Como están aprendendo eses nenos? Como cren que viven?Terán libros e cadernos? Cantos nenos e nenas hai?

Vólvese facer unha posta en común e recóllese na cartolina grupal o resultado baixo o títuloPENSO.

As preguntas que non tiveron resposta quedarán recollidasnoutra cartolina baixo o título PREGÚNTOME. (Suxírese queesta cartolina teña continuidade durante o curso escolar paramanter o tema, agregando preguntas e encontrando res-postas).

Aproveitando o traballado ata agora, a docente ou o docente centrará a reflexión final naalegría de aprender e a importancia da figura da docente ou do docente nese proceso,partindo da experiencia dos nenos e nenas a través das seguintes preguntas suxeridas:

Que teñen en común estas imaxes? Que se necesita para ter unha escola? Que nos gusta máis facer na escola? Queme gusta máis das miñas profesoras ou profesores? Que me ensinan? Que facemos xuntos? Imaxínaste a clase senpersoal docente? Como sería?

A partir deste punto poderíase iniciar un pequeno debate en gran grupo sobre como debe ser un bo profesor, que cali-dades e formación debe ter..., e explicar que hai países que non poden ter un bo profesorado por falta de recursos eestudos.

Para finalizar, propoñerase que cada un de forma individual ou grupal plasme, baixo otítulo REFLEXIONO, o retrato dunha aula feliz, coa técnica que elixan (debuxo, collage,modelaxe...).

Repártese a clase en 4 equipos de 6-7 membros.

O mestre ou mestra explícalles o xogo, que consistirá en pasarse o balón coasmans intentado que o outro equipo non o quite ata lograr 10 pases seguidos.

Como os bos equipos, cada grupo necesitará unha adestradora ou adestra-dor –unha persoa que se responsabilice de que cada xogador ou xogadorapoida realizar o seu traballo o mellor posible– para seguir a técnica que llesmarca.

Despois desta explicación déixaselles decidir entre cada grupo quen vai seradestrador ou adestradora, pero deben saber que a persoa que adestre nonxoga, estará fóra do campo dando instrucións e ordes, fixándose en todo eanimando para conseguir o obxectivo.

Unha vez elixidos os adestradores ou adestradoras, farase un sorteo entre es-tas persoas, de forma que a metade delas teña un anaco previo para reunirseco profesor ou profesora. O resto quedará adestrando o seu equipo.

Actividade 2. O clásico da educación

A escritora ou escritor anota nunha cartolina os elementos que o grupo nomea ao observar as devanditas fotos.

A portavoz ou o portavoz de cada grupo compartirá co resto da aula os resultados da ob-

Page 12: Sen profes non hai escola primaria

10

O profesor ou profesora explicaralles ás adestradoras e adestradores elixidos por sorteo as normas do xogo:

* Xogan dous equipos en medio campo cun balón. Unha persoa de cada equipo, elixida polo grupo, levará un peto eserá o comodín. Cada 3 veces que esta colla o balón o seu equipo conseguirá un punto extra.

* Non se pode avanzar co balón nas mans. Facelo significa falta e posesión para o outro equipo.

Os adestradores e adestradoras deberán compartilas cos xogadores e xogadoras do seu equipo.

Empeza o xogo enfrontando un equipo con adestrador ou adestradora que coñece as normas concretas contra o deoutro ou outra que só sabe as xerais. O tempo de cada partido será de 5 minutos e iranse contando os puntos que con-segue cada equipo.

Posta en común

Tras rematar os partidos comentaranse en gran grupo os resultados.

Como foi? Que pasou? Como se sentiu o equipo menos informado? Como se sentiu o máis informado?

Analizaranse as vantaxes ou desvantaxes que tivo cada equipo, se é xusta ou non a desigualdade na información, as for-mas de chegar a ela..., e reflexionarase, a través de preguntas guía, sobre a importancia de ter unha persoa que adestre,de que sexa boa e coñeza ben as normas do xogo, que lles explique ben a técnica

Como debe ser un bo adestrador ou adestradora? Que debe saber?

Que pasaría se a persoa que adestra non está ben formada ou informada? Que consecuencias ten para o seu equipo?

Por último, farase unha analoxía entre esa situación e o que ocorre nunha clase na que a docente ou o docente non tenos coñecementos suficientes para poder ensinar ben o seu alumnado.

segue cada equipo.

Posta en común

Actividade de mobilizaciónVer páxina 21

proponse simplificar o xogo sen a figura do comodín ou facendo que un dosequipos xogue directamente sen ninguén que os adestre.

Page 13: Sen profes non hai escola primaria

11

Propoñerase o reto de coñecer as diferentes realidades educativas que

existen no mundo. Para iso, a modo de comezo, suxírese ver a película (oualgunha das súas partes): Taare Zameen

http://www.youtube.com/watch?v=xRn5g7xocmg

Como é a escola e a educación que nela se amosa? Parécese á nosa? Porque? Como é o neno protagonista? Como é a profesora?

Para afondar nas diferentes realidades propoñerase ao alumnado buscar enperiódicos, revistas, Internet, etc., imaxes que amosen clases de escola e querespondan a distintos contextos educativos, e analizalas.

* Que vemos en cada unha delas? En que se parecen e en que se diferencian?

* De que países ou rexións cremos que son? Que sabemos destas rexións?

Unha vez observadas e comentadas, divídese a clase en grupos de 4/5 nenos e nenas. Cada un deles escollerá unhadas imaxes e tratará de representar na clase a escena que a imaxe reflicte.

Como debe ser esa clase? Que ensinan? Como é a profesora ou profesor? Como son as alumnas ou alumnos? Que ma-teriais usan? Que actividades fan?

Unha vez finalizada a dramatización de todos os grupos, a mestra repártelle a cada grupo a imaxe seleccionada.

Pedirase a cada grupo que busque información de contexto básica e sobre a situación da educación neste país, e queprepare unha representación de teatro onde se poñan de manifesto as diferentes realidades educativas amosadas nasfotografías.

Obxectivos

1 Coñecer as condicións ás que se enfronta o profesorado nos países empobrecidos e o seu impacto na calidade da educación.

2 Comprender que a educación de calidade é un dereito fundamental para o bo desenvolvemento de todos os nenos e nenas e que necesita un profesorado ben preparado.

Competencias

Comunicación lingüística

Social e cidadá

Actividade 1. Mestras e mestres do mundo

© E

duca

ción

Sin

Fro

nter

as

Page 14: Sen profes non hai escola primaria

12

Para guiar a dramatización e facilitar a posta en común posterior, enfatizarase a re-presentación de escenas de escola onde se reflicta o papel do persoal docente e oseu impacto no alumnado.

Despois de cada representación comentarase en grupo a partir de preguntas comoas seguintes.

* Que nos mostra cada unha delas? Que cousas sobre o estado da educación sa-bemos agora destes países que antes non sabiamos?

* Reflicten situacións semellantes ou diferentes á nosa realidade? Por que?

* En cal parece que se pode aprender máis e mellor? Por que?

* Que cousas son importantes para aprender? Como debe ser o docente ou adocente nese contexto? É importante a profesora ou o profesor á hora de aprender?Por que? Como sería unha clase sen profesor ou profesora?

Con estes novos datos debátese sobre as carencias educativas deses nenos e nenas, a necesidade de profes con boaformación para unha educación de calidade, etc. Ademais, reflexiónase sobre a situación do profesorado no mundo

(hai datos na introdución desta unidade didáctica).

Para ampliar o efecto de sensibilización desta actividade proponse ofrecer ao alumnado a posibilidade de representaras obras para o resto de compañeiros e compañeiras do centro, expoñéndolles as diferentes realidades educativas domundo e as súas consecuencias.

Divídese o grupo en dous e pídeselle a cada un deles que elabore un xogo de pistas. O obxectivo é conseguir as

pezas coas calidades da profe ou do profe ideal.

Actividade 2. En busca da profesora ou profesor ideal

Page 15: Sen profes non hai escola primaria

13

Cada grupo traballará en paralelo. En primeiro lugar e entre todas as persoas deberán definir que calidades debe reunir

unha profesora ou profesor ideal. Segundo o número de calidades resultantes deberán elaborar o mesmo número depistas.

Cada tarxeta terá escrita unha pista sobre onde está escondida a seguinte tarxeta e levará ademais escrita unha ca-lidade para ser a profe ou o profe ideal.

Terminada a elaboración de tarxetas e pistas, dáse un tempo a cada equipo para que esconda as súas. Segundo o tipode espazo, pódese facer simultaneamente ou consecutivamente.

Cando un grupo empeza, elíxese alguén entre os seus integrantes para que debuxe un esquema ou mapa do espazo(a aula ou o espazo elixido para a actividade) onde irán marcando as pistas que vaian encontrando así como as ca-lidades que nelas descubran.

O punto de saída será o que marque cada grupo na elaboración do seu percorrido de pistas. Unha persoa do equipoelaborador do circuíto será a encargada de dar a primeira pista (exemplo: desde a porta, 3 pasos á fronte, dous pasosá esquerda, debaixo da cadeira verde para sentar).

Nese punto encontrarán a segunda pista e a primeira calidade para ser a profe ou o profe perfecto. Apuntarán no seumapa a calidade encontrada e seguirán a segunda pista. Así ata a última tarxeta.

Unha vez que os dous grupos finalizasen o seu percorrido e encontrasen todas as calidades, farase a posta en común.Que calidades ten a profesora ou profesor ideal que encontrastes?

As calidades encontradas por ambos os grupos escríbense no encerado en dúas columnas. Coinciden as caracte-rísticas encontradas polos dous grupos? Cales si e cales non? Cales dependen da persoa (actitudes, estilo...)? Calesdo seu contexto (formación recibida, recursos dispoñibles...)?

Neste debate poñerase de manifesto a diversidade de profesores e profesoras e a importancia, en todo caso, de que oprofesorado estea ben formado e motivado, conte co material necesario e teña boas condicións de traballo para poderdar unha educación de calidade.

Actividade de mobilizaciónVer páxina 21

pódense incluír “pistas falsas” ou en adiviña para facer o proceso máisemocionante.

Page 16: Sen profes non hai escola primaria

14

A partir da súa visualización e posterior reflexión sobre o tema exposto, propoñerase ao alumnado realizar entrevistas apersoas do seu contorno familiar sobre unha mestra ou mestre do que garden un recordo especial (tanto bo como malo).

O grupo deberá obter testemuños de xente de diversa orixe e idade (gravado ou por escrito). Para iso dividirase o grupoen tres: uns entrevistarán persoas da xeración dos seus avós e avoas; o segundo grupo, da xeración dos seus pais, oterceiro grupo, da súa mesma xeración (amizades, irmáns e irmás).

As preguntas das entrevistas prepararanse e elaboraranse na mesma clase coa axuda do profesor ou profesora. A rea-lización das entrevistas será individual ou por grupos e requirirá documentación previa sobre o contexto histórico, social,político, económico das persoas entrevistadas...

Con toda a información recollida, cada alumno ou alumna fará a posta en común co seu grupo para, entre todas aspersoas, sacar conclusións (puntos comúns, particularidades...).

Posteriormente cada grupo compartiraas ofrecéndolle ao resto da clase un retrato das diferentes concepcións sobre afigura da mestra ou mestre e a educación segundo as diferentes xeracións e testemuños.

Obxectivos

1 Valorar a posibilidade de ter acceso a unha educación de calidade con docentes capacitados.

2 Coñecer a realidade do profesorado dos países empobrecidos e descubrir a importancia de traballar a nivel individuale colectivo para mellorar a educación neses países.

Competencias

Social e cidadá

Comunicación lingüística

Actividade 1. Mestras e mestres para recordar

© K

ari C

ollin

s/Ac

tionA

id

Para introducir o tema e a reflexión da

importancia do profesorado na educación

suxírese a visualización dos seguintes

documentais:

Pensando en los demás. 2004. Xapón. 55 min.(http://www.youtube.com/watch?v=f9WzX5Svi3k)

Ser y tener. 2002. Francia. 104 min.

Page 17: Sen profes non hai escola primaria

15

Lense en grupo os seguintes testemuños de nenos e nenas provenientes de diversas partes do mundo que poñen

de manifesto diferentes realidades educativas.

Meena tiña só 14 anos cando ela e as súas dúas irmás se vironobrigadas a deixar a escola cando o seu pai perdeu o seu traballo. Aíndarecorda o triste que se sentía cando, durante todo un ano, tivo quequedar na casa mentres o seu irmán continuaba indo á escola.

Tras todo un ano, seu pai por fin cedeu cando o director do centrocomunitario local lle suplicou que permitise a Meena regresar á escola ese ofreceu a pagar os materiais básicos que ela necesitaba. Nonobstante, as súas dúas irmás decidiron non volver á escola.

Actividade 2. As nosas mestras e mestres, o noso futuro...

* Que teñen en común estes recordos? Que os distingue?

* Coinciden as calidades positivas destacadas polos testemuños? E as negativas? Por que?

* Podemos definir unha mestra e mestre ideal? Por que?

Coa información recollida nas entrevistas e a posta en común na clase suxírese elaborar unha pequena publicación

ou revista de clase onde quede plasmado este traballo e poida ser distribuído polo mesmo centro ou incluso pola lo-calidade.

Meena Amiri, 17 anos.

Afganistán

Meu pai traballaba nas minas de ouro ata que caeu enfermo. Despoisnon tiñamos nada e tivemos que deixar a escola. Cando as tropas deKabila de Catanga entraron na nosa aldea, saquearon todas as cabras egaliñas e fixéronnos cargar vultos pesados. Despois de ser saqueadostres veces, eu estaba anoxado e enroleime no exército para vingarme epara fuxir dos ataques. No exército pagábanme 100 dólares ao mes esentíame moi feliz.

Adolescente, 17 anos.

Congo

Son moi feliz por volver á escola. Teño o uniforme do ano pasado queaínda me serve, pero miña nai non pode comprarme libros de exercicios.Sen os libros non poderei escribir, só ler, e tardarei máis en aprender. Vivocos meus dous irmáns pequenos, miña avoa e miña nai. Meu pai morreue miña nai non ten traballo.

Hai días que non temos comida e iso é duro, non hai diñeiro para comprarnada. Ás veces vou á escola con fame, pero agora alí dannos dúascomidas gratis. As gachas da mañá e a comida do mediodía énchennos easí aprendemos moito mellor. A asistencia á escola aumentou moito.

Na escola hai un club para rapazas onde vou os xoves. Adoitamosrepresentar unha obra e ensínannos cousas. Aprendemos acerca doVIH/sida e como protexernos del. Tamén aprendemos os dereitos dasnenas. Xa sei que teño dereito a ir á escola. Quero acabar a escola erealizar estudos superiores para ensinar a outros.

Maua Juma, 11 anos.

Tanzania

Page 18: Sen profes non hai escola primaria

16

De forma individual ou en pequenos grupos escollerán un dos testemuños lidos. A partir deste pediráselles que vertanen formato de cómic a historia que conta o testemuño e que imaxinen como segue e acaba esta para a persoa prota-gonista. Que se pode deducir do seu contexto a partir do relato? Como imaxinan o futuro da persoa protagonista do tes-temuño escollido? Como inflúe no desenvolvemento desta persoa a calidade da formación recibida?

Para iso pediráselles que se informen do contexto sociopolítico e educativo do país do testemuño escollido e que tratende reflectilo nas súas viñetas.

Para coñecer as diferentes realidades investigadas, cando acaben, cada grupo presentaralle ao resto da clase a historiailustrada expoñendo os datos básicos da educación nese país do testemuño escollido.

Na posta en común sinalaranse as semellanzas e diferenzas encontradas nos diferentes contextos expostos, facendofincapé na importancia da calidade do profesorado.

* A que responden as diferenzas encontradas?

* De que factores depende a calidade da educación?

* De que factores depende a formación do profesorado?

Cos traballos resultantes pódense montar murais de sensibilización baixo un lema que reivindique a importancia dopersoal docente na educación de calidade. Por exemplo: “As nosas mestras e mestres = o noso futuro”.

Toni ten 10 anos, e como a maioría dos seus compañeiros, desde os 5 anoscombina a escola co traballo no campo para axudar os seus pais. A el gústallemoito ir á escola porque aprende moitas cousas, aínda que estea lonxe e nonteña electricidade nin moito material. Só unhas cantas cadeiras e mesas paracompartir, un encerado, lapis e caderno. Pero Toni non sabe se poderá seguirmoitos anos máis na escola. A el gustaríalle ser médico, pero a súa familia tenpouco diñeiro e para poder saír adiante os fillos deben traballar...

Toni, 10 anos.

Guatemala

Cando acabe a escola quero ser profesora... Nunca viñera antes á escolaporque meu pai non cría que as nenas debesen recibir unha educación. Inclusomiña nai pensaba o mesmo, ela tampouco asistiu nunca á escola. Meus irmánsforon á escola porque se converterán en mans traballadoras. Meu pai di que eusó debo casar.

Rinku, 15 anos.India

Actividade de mobilizaciónVer páxina 21

Page 19: Sen profes non hai escola primaria

17

Obxectivos

1 Recoñecer a importancia da figura do profesor ou profesora na educación de calidade de cada neno e nena.

2 Facer partícipes aos nenos e nenas da importancia de estender o dereito á educación de calidade para todas as persoas do mundo.

Contidos

Conceptos: dereito á educación, desigualdade social, traballo en equipo, importancia da formación.

Habilidades: análise de necesidades básicas, creatividade.

Actitudes: participación e colaboración entre os membros do equipo, respecto cara aos educadores e educadorase cara aos compañeiros e compañeiras.

Duración

2 horas

Desenvolvemento

Preséntase unha xincana ou gran

xogo de bases para reflexionar sobre

a importancia do profesorado

capacitado para unha educación de

calidade.

Tanto na introdución como nas probas do xogo propóñense dúas adaptaciónssegundo idades:

* Adaptación 1: de 5 a 7 anos

* Adaptación 2: de 8 a 12 anos

Introdúcese a xincana coa historia doprofesor Tomás, que servirá de fíocondutor, xustificando o paso polasdiferentes bases.

Actividade 1. Escola de profesorado

Actitudes:

© A

ndre

w M

cCon

nell/

Actio

nAid

Page 20: Sen profes non hai escola primaria

18

Tomás, o profesor

Érase unha vez unha escola pequena dun lugar moi pequeno do Pireneo aragonés que tiña un profesor moi bo e quequería moito os seus alumnos. Chamábase Tomás, levaba moitos anos dando clases e era xa moi maior.

Unha mañá, o profesor Tomás chegou á escola e díxolles aos seus alumnos e alumnas: “Hoxe teño unha nova que darvos.O vindeiro ano xa non darei clase nesta escola. Xa son moi maior e vou xubilarme. En lugar de darvos clase a vós, vou ira unha pequena escola en Senegal. É un país de África, con rapaces e rapazas coma vós pero con situacións moi di-ferentes. Gustaríame que soubésedes que hai escolas no resto do mundo que non contan cos mesmos medios ca vós”.

Todos os nenos e nenas da clase se puxeron tristes e alegres á vez, e pedíronlle que non marchase, pero ao final enten-deron que o profesor tiña que irse.

– Pero antes de irme tédesme que axudar!, pediu o profesor. E engadiu:

– Quero que veña substituírme un profesor e que el vos poida dar clase. Vós tédesme que dicir como queredes que sexa

ese novo profesor ou profesora.

– Queremos que sexa coma vostede!, dixo David.

– E como son eu?, dixo Tomás.

– Pois un bo profesor!, respondeu Pedrito.

– Acabo de ter unha idea, dixo o profesor Tomás. E engadiu:

– Hoxe imos facer unha xincana para poder ver como é un bo profesor.

– Ben! gritou toda a clase.

E todo o mundo se puxo moi contento a facer a xincana e poder axudar así o profesor Tomás.

INTRODUCIÓN 1:

de 5 a 7 anos

Tomás, o profesor

INTRODUCIÓN 2:

de 8 a 12 anos

Tomás, o profesor escondido

Unha mañá chegaron os alumnos e alumnas á escola. Todo o mundo sentou no seu asento como fixera sempre. Soouo timbre para empezar a clase pero algo raro pasaba. O profesor Tomás non estaba no seu sitio. Non chegara aínda?Os minutos pasaban e cada vez tiñan máis curiosidade.

– O profesor debe estar enfermo, dixo Juan.

– Se estivese enfermo xa viría alguén substituílo, dixo Leyre.

Tomás, o profesor escondido

Page 21: Sen profes non hai escola primaria

19

E ergueuse para ver se encontraba algunha pista na mesa do profesor. Enriba dela había un sobre que poñía: “Para osmeus alumnos e alumnas”.

Leyre abriu o sobre e leu en voz alta:

– Queridos alumnos! Hoxe decidín que fagamos todos xuntos unha xincana. Que vos parece? Escondinme nun lugar da

escola pero para encontrarme teredes que pasar unhas probas. En cada unha delas encontraredes unha pista para saber

onde me escondo. Así me encontraredes.

Cando acabaron de ler, repartíronse en grupos e empezaron a xincana para encontrar o profesor.

Despois de ler a historia dividirase o grupo en equipos de tres a seis persoas. O número de grupos terá que ser igual oumenor ao número de probas establecidas (5).

Para poder finalizar a xincana cada grupo realizará unha serie de probas, para conseguir:

* pezas dun quebracabezas coa imaxe dun profesor que representan o elemento que traballan nas probas: corazón(elemento afectivo), maletín (recursos persoais), sombreiro (ideas, coñecemento...), boca/labios (aptitudes e actitudes,comunicación), libro (formación) . (Adaptación 1)

* letras que axudan a descubrir onde está Tomás: EST, OYEN, LABIB, LIOT e ECA. (Adaptación 2)

1. CORAZÓN (EST/AS SILUETAS)

Realizaranse dous ou máis grupos. Cada un elixirá unha persoa (procurando que a representa-ción sexa paritaria) que se tombará enriba dun papel continuo. Coa axuda dos compañeirosdebuxarase a súa silueta no papel e esta servirá despois para verter as características que debeter unha profesora ou profesor bo.

* Adaptación 1: pódese partir do recordo dun profesor ou dunha profesora que lles gustase moito. Por exemplo, no peitodebuxarase un corazón grande se era unha persoa cariñosa, na cabeza unha lámpada se tiña grandes ideas, etc. Utili-zarase material de revista e debuxos para que os nenos e nenas recorten e peguen.

* Adaptación 2: formúlase a mesma dinámica escribindo en post it as características.

2. A PIRÁMIDE (CARTEIRA/OYEN)

Darase ao grupo unha serie de cartolinas con frases escritas. Quen participe deberá construírcon elas unha pirámide segundo a importancia que considere que ten cada unha delas e explicaro porqué da súa consideración. De igual modo, poderá descartar aquelas que non lle gustenou completalas se considera que lles falta algo imprescindible.

A complexidade das frases adaptarase á idade de cada grupo. Algúns exemplos son: ten sentido do humor, ten vocación,gústalle o que fai, é simpático ou simpática, comunica ben, ten enerxía, ten paciencia, xestiona o grupo da aula, atendeas necesidades do alumnado, sabe motivar, ten boa formación de contidos, é creativo ou creativa, sabe ensinar, fomentavalores, ten boa presenza, ten letra clara, é autoritario ou autoritaria, é estrito ou estrita, etc.

3. A ENTREVISTA (BOCA- LABIOS/LABIB)

Nesta proba quen participe deberá poñerse no lugar da directora ou director do colexio paraseleccionar un novo profesor ou profesora, preparando unha entrevista. Entre todas as persoasconsensuarán as preguntas para tratar de valorar e encontrar o profesor ou profesora ideal: Quelle preguntariamos? Que é importante saber sobre el ou ela: gustos, afeccións, estudos? Á partede preguntas, poderase propoñer algunha proba tamén. Despois de preparar brevemente a entre-vista, esta representarase.

Esta proba pódese adaptar ás diferentes idades, axudándolles ás nenas e nenos a preparar a entrevista e adaptando aspreguntas. Pode axudalos pensar en diferentes profesores ou profesoras e monitores ou monitoras que tiveron e recordarque lles gustaba de cada unha desas persoas.

1. CORAZÓN (EST/AS SILUETAS)

Realizaranse dous ou máis grupos. Cada un elixirá unha persoa (procurando que a representa-

2. A PIRÁMIDE (CARTEIRA/OYEN)

Darase ao grupo unha serie de cartolinas con frases escritas. Quen participe deberá construír

3. A ENTREVISTA (BOCA- LABIOS/LABIB)

Nesta proba quen participe deberá poñerse no lugar da directora ou director do colexio para

Page 22: Sen profes non hai escola primaria

20

4. ESCOLA DE PROFES (LIBRO/LIOT)

Dividirase un papel ou cartolina en dúas columnas. Nunha delas, os nenos e nenas irán poñendoa través de debuxos ou por escrito (segundo as idades) o que cren que debe aprender un profesorou profesora para formarse como profesional. Por exemplo: matemáticas, música, historia, con-tos, debuxar, psicomotricidade, psicoloxía, etc., así como aptitudes como saber escoitar, saber

consolar, comprensión, etc. Na outra columna pediráselles que escriban ou debuxen como imaxinan que debería ser a es-cola de profesores ou profesoras. Por exemplo: ter un gran ximnasio, unha gran biblioteca, sala de ordenadores, labo-ratorio...

5. DE MAIOR QUERO SER PROFESOR OU PROFESORA DE...(SOMBREIRO/ECA)

Propoñeráselles aos nenos e nenas que imaxinen que tipo de docente lles gustaría ser: de cien-cias, de educación física, de debuxo, de lingua, de matemáticas, de informática, etc. Unha vezdecidido, pediráselles que o representen. Para a súa caracterización facilitaránselles materiais(papel pinocho, pinturas…). Para rematar, realizarán un pequeno desfile ou exposición onde ex-pliquen que pensan que debe facer cada profesor ou profesora para impartir ben cada materia.O gran xogo finalizará cando, despois de superar todas as probas, todos os equipos:

* Complétase o seu quebracabezas coas 5 partes do debuxo do profesor ou profesora. (Adaptación 1)

* Descóbrese onde está Tomás. (Adaptación 2)

A partir de aquí proponse realizar unha pequena reflexión coas nenas e nenos sobre as calidades que debería ter unhadocente ou un docente bo, e sobre a importancia que estas persoas teñen na formación como o futuro do seu alumnado.Para isto suxírense as seguintes preguntas: Como se sentiron xogando? Participaron? Cumpríronse os obxectivos pro-postos? Pareceulles interesante? Que aprenderon?

Observacións para as educadoras ou educadores:

* É importante que o número de grupos sexa igual ou menor que o de probas establecidas (5) para que ningún grupoquede parado.

* Será necesario imprimir tantos quebracabezas coa imaxe do profesor ou profesora cos elementos como subgruposhaxa. É positivo que a imaxe poida mostrar a diversidade do profesorado: home, muller, persoa nova, maiores.

* Recoméndase que haxa tantos monitores e monitoras como probas, así como un monitor ou monitora que coordinea rotación dos grupos ás probas que lles correspondan.

Actividade de mobilizaciónVer páxina 21

4. ESCOLA DE PROFES (LIBRO/LIOT)

Dividirase un papel ou cartolina en dúas columnas. Nunha delas, os nenos e nenas irán

5. DE MAIOR QUERO SER PROFESOR OU PROFESORA DE...(SOMBREIRO/ECA)

Propoñeráselles aos nenos e nenas que imaxinen que tipo de docente lles gustaría ser: de cien-

Page 23: Sen profes non hai escola primaria

21

Actividade para todos os niveis

Obxectivos:

1 Recapitular o traballado sobre a importancia do profesorado e a necesidade do cumprimento do compromiso dos países para lograr a Educación para Todos e Todas en 2015.

2 Participar na actividade de mobilización mundial.

Durante a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) millóns de

persoas en todo o mundo mobilizarémonos baixo o lema Sen profes non hai

escola! Por un profesorado formado e motivado para recordar as e os

gobernantes a importancia de contar co suficiente número de docentes con

adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para

esixirlles que destinen os recursos necesarios para que a Educación para

Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoal docente é un

elemento fundamental para o pleno cumprimento do Dereito a unha

Educación de calidade.

COMO PARTICIPAR NA AULA?

Con esta actividade perseguimos recapitular o traballado ao longo das propostas didácticas e unirnos á mobilizaciónque se leva a cabo en todo o mundo.

O noso obxectivo será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unhaou un dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles veraos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docentenos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta nomundo.

Page 24: Sen profes non hai escola primaria

22

A Campaña Mundial pola Educación non sería o mesmo sen a vosa implicación, comodocentes e educadoras e educadores comprometidos co dereito á educación. Por isoqueremos agradecervos especialmente a vosa implicación na CME e na SAME de diferentesmodos (elaboración de materiais, implicación dos vosos centros...).

Recordámosvos que é moi importante que saibamos cantos somos. Para iso é imprescindibleque rexistredes a participación dos vosos centros en www.cme-espana.org

Paso 1

Dependendo do nivel educativo no que esteamos, as preguntas motivadoras para chegar a esas 5 palabras serán di-ferentes.

Por exemplo, para alumnado de infantil a pregunta pode ser: que che gusta máis da túa profe? Como é o teu profe? (di-vertida ou divertido, boa ou bo); en primaria, que valoras máis do teu profesorado? (a súa implicación, a súa formación,a súa proximidade), e en secundaria pode ser: que profe foi máis importante para ti? Por que? Por que é importante oprofesorado?

Recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras e veremos cales son as que aparecen máis veces.

Paso 3

* En liña: en www.cme-espana.org podedes engadirlle ao mapa o número de siluetas que elaborásedes e unilas ás doresto de centros e persoas que participen na SAME.

* En papel: elaborade un mapamundi por clase ou no centro que sinale a cantidade de docentes de educación primariaque faltan en cada país do mundo. Podedes encontrar estes datos no mapamundi interactivo sobre profesorado queelaborou a Unesco (http://www.app.collinsindicate.com/uis-atlas-teachers/es-es).

Así poderedes compartir co resto do centro e da comunidade educativa as conclusións do que traballastes.

Paso 2

Tamén pode facerse unha única nube coas palabras que aparecesen en todo o centro ou en todo o ciclo. As posibili-dades son múltiples e cada centro pode elixir como facer a actividade.

A nube de palabras pode presentarse de dúas formas:

* En papel, utilizando a silueta que vos proporcionamos no cartel e na web, na que escribiremos ou pegaremos as pa-labras que dixeron as persoas participantes, intentando que o tamaño reflicta a frecuencia coa que apareceron.

Estas nubes servirannos para expoñelas na clase, poñelas no centro ou utilizalas nos actos nos que participe o centroconvocado polo equipo da campaña.

* En liña, utilizando a ferramenta que para isto encontraredes na web da campaña (www.cme-espana.org).

Cada participante resumirá en 5 palabras as ideas clave que desexa

salientar logo de traballar o tema.

Chegou o momento de poñer as profes e os profes no mapa.

Como o facemos?

En cada aula ou por grupos, formaremos unha nube de palabras con forma

de docente, na que as palabras que saíron máis veces aparecerán en tamaño

maior.

Page 25: Sen profes non hai escola primaria

23

SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL

POLA EDUCACIÓN 2013

da proposta didáctica

de Educación Infantil

e Primaria e Educación

Non Formal

QUE NIVEIS PARTICIPARON?

EDUCACIÓN INFANTIL

PRIMEIRO CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

CICLO MEDIO EDUCACIÓN PRIMARIA

CICLO SUPERIOR EDUCACIÓN PRIMARIA

GRUPO DE EDUCACIÓN NON FORMAL

CANTAS PERSOAS PARTICIPARON? (ALUMNADO, PARTICIPANTES, DOCENTES, FAMILIAS)

DOCENTES/EDUCADORES/EDUCADORAS IMPLICADOS/AS

Nome Enderezo electrónico

NOME DO CENTRO/GRUPO

ENDEREZO, CP, LOCALIDADE

CORREO ELECTRÓNICO E PERSOA DE CONTACTO

Page 26: Sen profes non hai escola primaria

PARTICIPASTES CON ANTERIORIDADE NA SAME? EN QUE ANOS?

VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) A PERTINENCIA DOS OBXECTIVOS FIXADOS E A

ADECUACIÓN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA CADA NIVEL EDUCATIVO.

Educación Infantil

– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. A escola que queremos 1 2 3 4 5– Actividade 2. A miña escola 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5

Educación Primaria

Primeiro ciclo

– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. A aula feliz 1 2 3 4 5– Actividade 2. O clásico da educación 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5

Ciclo medio

– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. Mestras e mestres do mundo 1 2 3 4 5– Actividade 2. En busca da profesora ou profesor ideal 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5

Ciclo superior

– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. Mestras ou mestres para recordar 1 2 3 4 5– Actividade 2. As nosas mestras e os nosos mestres, o noso futuro... 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5

Educación Non Formal

– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. Escola do profesorado 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5

VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) OS SEGUINTES ASPECTOS

– Cantidade de materiais recibidos 1 2 3 4 5– Data de recepción dos materiais 1 2 3 4 5– Posibilidade de inclusión da proposta na programación

do centro ou colectivo 1 2 3 4 5– Interese en traballar a SAME en vindeiros anos 1 2 3 4 5

OBSERVACIÓNS, COMENTARIOS E PROPOSTAS DE MELLORA

24

Page 27: Sen profes non hai escola primaria

Para a Campaña Mundial pola

Educación é moi importante coñecer

que persoas participaron na SAME.

Por iso che pedimos que rexistres a

participación do teu centro en

www.cme-espana.org

A vosa opinión é moi importante para

que poidamos seguir mellorando.

Completa este cuestionario e:

* envíao por fax ao 91 590 26 73

* ou complétao directamente na web.

Para a

Educación

que persoas participaron na SAME.

Por iso che pedimos que rexistres a

participación do teu centro en

www.cme-espana.org

Queremos coñecer a opinión do

alumnado sobre a SAME e os

materiais. Anímaos a entrar en

www.cme-espana.org e completar

o cuestionario en liña.

Page 28: Sen profes non hai escola primaria

* Rexistra a túa participación na SAME

* Fai a túa nube de palabras e pon profes

no mapa

* Completa a avaliación dos materiais

didácticos

* Rexistra a túa participación na SAME

* Fai a túa nube de palabras e pon profesEntra en

www.cme-espana.org

A Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación está integrada por:

Organizacións que participan na SAME a nivel estatal:

Cofinancian:

Deseño e ilustracións: Maribel VázquezTraducións: Reverso