28
SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 22-28 de abril de 2013 PROPOSTA DIDÁCTICA PARA SECUNDARIA, BACHARELATO, PERSOAS ADULTAS E EDUCACIÓN NON FORMAL

Sen profes non hai escola secundaria

Embed Size (px)

Citation preview

SEMANA DE ACCIÓN

MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

22-28 de abril de 2013

PROPOSTA DIDÁCTICA PARA

SECUNDARIA, BACHARELATO,

PERSOAS ADULTAS E

EDUCACIÓN NON FORMAL

Introdución 1

Obxectivo xeral da Semana de Acción Mundial pola Educación Obxectivos xerais da proposta didácticaConsideracións xerais Para afondar...

Primeiro Ciclo Educación Secundaria 5

Obxectivos e competencias Actividade 1. A aventura da educaciónActividade 2. O profesorado no mundoActividade de mobilización. Pon profes no mapa

Segundo Ciclo Educación Secundaria 8

Obxectivos e competenciasActividade 1. Financiamento dunha educación para todos e todasActividade 2. A nosa implicación para traballar por un profesorado formado e suficienteActividade de mobilización. Pon profes no mapa

Bacharelato 10

Obxectivos e capacidades Actividade 1. Por un profesorado capacitado e suficienteActividade 2. Ponencia política: “Un modelo de formación do profesorado para unha educación xusta”Actividade de mobilización. Pon profes no mapa

Educación de Persoas Adultas 14

ObxectivosActividade 1. Profesorado en escenaActividade 2. Iniciativas para o logro dunha educación de calidadeActividade de mobilización. Pon profes no mapa

Educación Non Formal (12-99 anos) 16

Actividade 1. Profesoras e profesores polo mundoActividade de mobilización. Pon profes no mapa

Actividade para todos os niveis. Pon profes no mapa 21

Avaliación 23

ÍNDICE

© Foto de portada: G.M.B. Akash Panos/ActionAid

1

INTRODUCIÓN

1 http://www.campaignforeducation.org/docs/reports/GCE%20ECNAT_A4_SPANISH_RGB.pdf

A SÓ DOUS ANOS DE 2015, A DATA

FIXADA PARA LOGRAR A EDUCACIÓN

PARA TODOS E TODAS, A SEMANA DE

ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

(SAME) CÉNTRASE ESTE ANO NO

PROFESORADO E NA IMPORTANCIA

DE CONTAR CON DOCENTES

COA ADECUADA FORMACIÓN,

MOTIVACIÓN E RECOÑECEMENTO.

© S

ergi

Cám

ara/

Entre

cultu

ras

O número total de nenos e nenas que non asisten á escola primaria ou secundaria reduciuse de máis de 200 millóns en2000 a 132 millóns en 2010, pero as cifras seguen a ser elevadas e estancáronse desde 2008. Pero incluso para os queasisten á escola, este dereito non está garantido. Este dereito depende de que se lles proporcione unha educación de ca-lidade, que, como describe o Foro Mundial sobre a Educación no ano 2000 “inclúe aprender a coñecer, a facer, a vivirxuntos e a ser”.

Ata tres cuartas partes dos nenos e nenas nos países de ingresos máis baixos non aprenderon a ler e escribir despoisde dous ou tres anos de escolaridade obrigatoria, por non falar do desenvolvemento de habilidades máis complexas. Di-versos estudos apuntan a presenza na aula de docentes ben formados como o factor máis importante na aprendizaxe.

O novo informe da Campaña Mundial pola Educación (CME), Todo neno e nena necesita un/unha mestre/mestra. Mes-

tras e mestres preparados para todas e todos1, sinala que fan falta 1.700.000 docentes máis para asegurar a educaciónprimaria universal para 2015. Esta é unha das razóns polas que os profesores e profesoras son o foco dos esforzos daSAME en 2013.

Ben formado

Motivado

Ben remunerado

Tratado como profesional e non

como persoa que presta servizos

Desde a CME queremos transmitir dúas premisas fundamentais que son necesarias para unha educación de calidadereal. A primeira delas fai referencia á necesidade de contar con profesorado motivado, ben formado, con boas con-

dicións de traballo. É un dereito de nenos, nenas, mocidade e persoas adultas. A segunda refírese a que a profesióndocente e as profesoras e profesores son suxeitos fundamentais do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Ademais,é moi importante que a profesión docente estea presente nos debates de toma de decisións sobre as políticas educativas.

É necesario un profesorado formado capaz de manexar a diversidade na aula e os diferentes rangos de idade que enocasións coinciden na aula (como ocorre nos países en situación de posconflito), de manexar posibles situacións de vio-lencia ou de apoiar as nenas e fomentar a equidade.

Falta de

profesorado

2

Ademais, a profesión docente é clave á hora de ensinarlle ao alumnado a dar sentido, participar e construír un mundobaseado en valores como a paz, a democracia, a creatividade, a solidariedade, a inclusión, o compromiso co ambiente eo entendemento internacional e intercultural.

A CME, desde o seu inicio no ano 1999, contribuíu a facer grandes avances no logro da educación para todas as persoas.Algúns exemplos concretos dos avances son o establecemento dun salario mínimo para o persoal docente en Brasil, aeliminación das taxas escolares en Kenia ou a posta en marcha en Mozambique do programa “Escolinhas”, que acollenenos e nenas de 3 a 5 anos de fogares sen recursos ou afectados pola sida.

Pero a pesar de ser cada vez maior a conciencia dos elevados custos sociais e educativos que derivan de non investiren educación, os esforzos realizados son insuficientes. Por iso, baixo o lema Sen profes non hai escola! Por un pro-

fesorado formado e motivado, este ano a SAME quere recordarlles ás e aos gobernantes a importancia de contar cosuficiente número de docentes con adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para esixirlles quedestinen os recursos necesarios para que a Educación para Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoaldocente é un elemento fundamental do Dereito á Educación.

Para iso, a través de Pon profes no mapa resumiremos en 5 palabras as ideas clave sobre a importancia do profeso-rado, recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras, e veremos cales son as que aparecen máis veces.En cada aula, ou por grupos, formaremos unha nube de palabras, na que as palabras que saíron máis veces apareceránen tamaño maior.

O noso reto será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unha ou un

dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles veraos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docentenos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta nomundo.

A participación na SAME permitirá que nenos, nenas, mocidade e persoas adultas desenvolvan a competencia cidadá,cuxa definición fai referencia –entre outras cousas– a comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivire exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como comprometerse a contribuír á súa mellora, coñeceros valores do sistema democrático e exercer activa e responsablemente os dereitos e deberes da cidadanía. Ademais,en cada unha das actividades dirixidas aos diferentes niveis educativos no ámbito formal e non formal, faremos refe-rencia a outras competencias que contribuímos a desenvolver.

a todo o persoal docente e educador que elaborou as actividadesdesta proposta didáctica e a todas as persoas que aceptan estassuxestións e as poñen en marcha co seu alumnado.

Desta maneira confirman o seu compromiso coa construción dun mundo mellor e co poder

transformador da educación.

A CME/SAME agradece

© L

oren

a An

drés

/Ent

recu

ltura

s

3

* As diferentes actividades están planificadas para ser realizadas tanto no ámbito formal como en espazos deeducación non formal (grupos scouts, ludotecas, actividades de tempo libre, etc.).

* Os termos “profesor”, “profesora” e “docente” utilizámolos para referirnos a educadores ou educadoras,facilitadores ou facilitadoras, monitores ou monitoras, etc., tanto no ámbito formal como no non formal.

* Propoñemos para cada ciclo ou grupo de idade unha actividade de “reflexión” e outra de “acción” que pode serrealizada en titorías, recreos, actividades extraescolares, etc.

* As actividades propostas están pensadas para diferentes grupos de idades, pero pódense adaptar para serutilizadas con alumnado doutros niveis.

* O tempo proposto para cada actividade é orientativo. Cada facilitador ou facilitadora poderá adaptalo en funcióndas características do grupo, dispoñibilidade de tempo, etc.

* Deixamos en mans de cada facilitador ou facilitadora a temporalización das actividades durante os meses dexaneiro (data na que recibirán as propostas didácticas) e abril (data na que se desenvolverá a SAME en todo omundo).

* Desde o PDF que encontrarás na nosa web (www.cme-espana.org) podes acceder directamente a todas asligazóns que aparecen neste material.

OBXECTIVO XERAL DA

SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL

POLA EDUCACIÓN

Sensibilizar a clase política e a opinión pública sobre a importancia de contar con profesorado ben formado,remunerado e motivado para alcanzar unha educación de calidade e sobre a necesidade de actuar de maneiraurxente para o cumprimento do dereito a unha educación permanente de calidade para todas as persoas.

OBXECTIVOS XERAIS DA

PROPOSTA DIDÁCTICA

CONSIDERACIÓNS

XERAIS

1 Coñecer a realidade na que viven millóns de nenos e nenas que non poden exercer o seu dereito á educaciónbásica por falta de profesorado e de vontade política neste ámbito.

2 Valorar o dereito á educación como un dereito chave a outros dereitos, e que está recollido na DeclaraciónUniversal dos Dereitos Humanos e na Convención sobre os Dereitos do Neno como un elemento fundamental parao desenvolvemento das persoas e as comunidades.

3 Asumir, como cidadanía activa, a propia responsabilidade fronte as situacións inxustas e comprender que todasas persoas podemos facer algo para cambialas e transformar esa realidade.

Propoñemos para cada ciclo ou grupo de idade unha actividade de “reflexión” e outra de “acción” que pode ser

O tempo proposto para cada actividade é orientativo. Cada facilitador ou facilitadora poderá adaptalo en función

na que viven millóns de nenos e nenas que non poden exercer o seu dereito á educación

Universal dos Dereitos Humanos e na Convención sobre os Dereitos do Neno como un elemento fundamental para

a propia responsabilidade fronte as situacións inxustas e comprender que todas

4

Nesta proposta ofrecémosche actividades para traballar o tema. Non obstante, o dereito á educación en xeral e o pro-fesorado en particular é un tema complexo que ten relación con outros moitos temas.

Se queres traballalo co teu alumnado con máis profundidade, indicámosche algúns recursos onde encontrarás actividadese materiais.

Na páxina web da campaña (www.cme-espana.org) podes encontrar as propostas didácticas de SAME anteriores:

PARA

AFONDAR...

Na canle de Youtube da CME (http://www.youtube.com/user/CMEspain)podes encontrar vídeos de interese relacionados co tema.

Tamén te animamos a ler os documentos e ver os vídeos seguintes sobre

a importancia do profesorado.

Bibliografía complementaria:

Todo neno e nena necesita un mestre. Mestres preparados para todos. CME 2012.

Informe de seguimento da EPT no mundo 2012. Unesco.

Les enseignants et la qualité de l´éducation: suivi des besoins mondiaux d´ici 2015. Unesco 2006.

Educación para todos. O imperativo da calidade. Unesco 2005.http://unesdoc.unesco.org/images/0013/001373/137334s.pdf

A cuestión do profesorado: atraer, capacitar e conservar profesores eficientes. OCDE 2004.http://www.oecd.org/education/preschoolandschool/34991371.pdfA cuestión do profesorado: atraer, capacitar e conservar profesores eficientes.

Profesor Lazhar. Philippe Falardeau. 2011

La clase. Laurent Cantet. 2008

Ser y tener. Nicolas Philibert. 2001

Ni uno menos. Zhang Yimou. 1999

Profesor Holland. Stephen Herek. 1995

Películas que abordan o tema do profesorado:

2010

Financiamentoda educación

2009

Alfabetizaciónde persoasnovas eadultas

2008

Educación e exclusión

2007

Dereito áeducación

2006

Docentes2012

Dereito a unhaeducacióntemperá decalidade

2011

Dereito áeducaciónde mullerese nenas

5

A partir do mapa, individualmente ou en grupo elabórase unha definición do concepto “educación”.

Para completar a reflexión e enriquecer a definición elaborada compártese a definición de educación recollida na Decla-ración Universal dos Dereitos Humanos.

Proponse elaborar entre todos e todas un mapa de ideas

reflexionando ao redor do concepto educación. Para a súa

elaboración suxírense as seguintes preguntas:

* Que é a educación para nós?

* Por que é importante a educación?

* Para que serve?

Obxectivos

1 Comprender a importancia da educación como un elemento clave para romper o círculo da pobreza e o papel do profesorado como elemento fundamental para unha educación de calidade.

2 Asumir como cidadás e cidadáns activos a nosa responsabilidade na defensa dunha educación de calidade e comprender que todas as persoas podemos facer algo a nivel global e local.

Competencias

Autonomía e iniciativa persoal

Social e cidadá

Actividade 1. A aventura da educación

Autonomía e iniciativa persoal

© A

lboa

n

Artigo 26

Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser gratuíta, cando menos

respecto da instrución elemental e fundamental. A instrución elemental será obrigatoria.

A instrución técnica e profesional deberá ser xeneralizada; o acceso aos estudos

superiores será igual para todas as persoas,...

© S

ergi

Cám

ara/

Entre

cultu

ras

6

* Como é a educación que queda definida neste artigo? Que características ten? Que obxectivos persegue?

Unha educación de calidade ofrece oportunidades de pleno desenvolvemento da persoa e dos países. A maior e melloreducación existen maiores e mellores ferramentas para traballar en favor do crecemento e do desenvolvemento dospobos.

* Que factores son necesarios para ter unha boa educación, unha educación de calidade?

* É importante a figura da mestra ou mestre para lograr unha boa educación? Por que?

Proponse ao alumnado realizar (de forma individual, por parellas ou grupos) entrevistas a un profe ou unha profe. A metadeda clase entrevistará profesionais en activo e a outra metade persoas retiradas da actividade docente para coñecer asúa experiencia docente. Interesa saber as motivacións que levaron ás persoas de cada testemuño a escoller e exerceresta profesión, así como a formación e capacitación que tiveron para desenvolver a súa tarefa. Interesa tamén coñeceros principais facilitadores e obstáculos encontrados no exercicio desta e a súa opinión sobre a importancia desta profesiónpara o desenvolvemento individual e colectivo.

As entrevistas realizadas compartiranse co resto da clase, e coa axuda da profesora ou profesor salientaranse as ideasmáis relevantes, coincidencias, diferenzas xurdidas, etc., para a elaboración das conclusións.

Para fortalecer a idea da necesidade do exercicio do pleno dereito a unha educación de calidade e a importancia

que nela ten a figura da mestra ou mestre proponse divulgar estas entrevistas e as súas conclusións en formatos di-versos como vídeo, radio, revista escolar, blog, web, etc.

Para comezar, buscaranse datos de contexto fundamentais de cada un deles como localización, poboación, situación dopaís en relación con outros países, etc. (Pódese acceder a máis información sobre o estado da educación destes paísesno material publicado na páxina web da Campaña Mundial pola Educación).

Actividade 2. O profesorado no mundo

terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o

fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais;

favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e todos

os grupos étnicos ou relixiosos; e promoverá o desenvolvemento das actividades

das Nacións Unidas para o mantemento da paz...

A educación

Co fin de coñecer diferentes

realidades educativas

pescudarase en grupos sobre

algúns países do mundo, como por

exemplo Togo, Indonesia,

Brasil ou Paquistán.

7

Coa información recompilada tratarase de responder as seguintes preguntas:

Cantos alumnos ou alumnas teñen de media por docente? Cal é o nivel de estudos das profesoras e profesores destespaíses? En que condicións realiza o seu traballo como profesor ou profesora?

Para facilitar a reflexión conxunta, cada grupo presentará ante o resto do grupo a realidade do país estudado. Para aposta en común posterior suxírense as seguintes preguntas:

* Que diferenzas se atopan na realidade da situación do profesorado de cada país?

* Que cousas en común se identificaron?

* Que datos chamaron máis a nosa atención? Por que?

* Que condicións necesita unha profesora ou profesor para realizar ben o seu traballo?

* Como podemos apoiar o labor das profes e dos profes do mundo?

* Como apoiar o labor das nosas profesoras e profesores na nosa aula e no noso colexio?

Con toda a información recompilada propoñerase ao alumnado deseñar unha acción que plasme as conclusións extraídasdo traballo previo e sirva para sensibilizar o centro ou a comunidade sobre a importancia de apoiar a educación decalidade e o labor do profesorado.

Como exemplo suxírese o seguinte

Actividade de mobilizaciónVer páxina 21

© U

mar

Far

ooq/

Actio

nAid

© A

yuda

en

Acci

ón

un manifesto, exposición, decálogo, etc., que poida ser difundido através da web, blogs, revistas, radio, etc.

8

Proponse ao alumnado observar e analizar os

seguintes datos. Son os máis recentes dos

que dispón a Unesco (2010) referentes á

porcentaxe que cada un dos seguintes países

inviste en educación en relación co seu

produto interior bruto (PIB).

Obxectivos

1 Descubrir a importante relación positiva entre gasto en educación, calidade da educación e calidade de vida para inverter o círculo de pobreza no mundo.

2 Recoñecer accións individuais e colectivas para reivindicar o dereito á educación de calidade a nivel local e global.

Competencias

Social e cidadá

Artística

Actividade 1. Financiamento para unha educación para

todos e todas

Artística

© G

eorg

ie S

cott/

Actio

nAid

Para mellorar a comprensión da actividade, en primeiro lugar pediráselle ao alumnado que busque ou recorde o significadode PIB e Unesco. Despois, propoñeráselle que complete a información referente a estes seis países e que busque unhaserie de datos que considere significativos para recoñecer a importancia e relación entre o investimento en educacióne a calidade de vida nun país, como por exemplo renda per cápita, esperanza media de vida e seguridade cidadá, etc.Tras esa recollida de datos, realizarase unha posta en común da información e debaterase sobre os datos suxeridos.Propoñerase redactar unha conclusión escrita e razoada do traballado.

Para finalizar a actividade e completar a reflexión proponse consultar o artigo seguinte que establece unha relaciónentre os triunfos na Champions League de fútbol e o número de Premios Nobel de áreas científicas en diferentes paísesde Europa, claramente relacionada coa calidade da educación existente en cada un dos países.

http://www.principiamarsupia.com/2012/08/20/espana-1-premio-nobel-por-cada-6-champions/

Despois da lectura proponse que o alumnado realice, con todo o reflexionado, unha breve valoración persoal por escrito,coa súa opinión e conclusións. E a partir de aquí realizar un debate co grupo que xire ao redor da importancia de investiren educación para o desenvolvemento das persoas e os pobos.

SUECIA 6,7%

ESPAÑA 4,4%

CHILE 3,4%

GUATEMALA 3,2%

PAKISTÁN 2,9%

ANGOLA 2,6%

SUECIA 6,7%

ESPAÑA

CHILE 3,4%

GUATEMALA

PAKISTÁN 2,9%

9

Iniciativas como a Campaña Mundial pola Educación perseguen concienciar para lograr o cumprimento do dereito aunha educación de calidade para todas as persoas a nivel local e internacional. Coñeces algunha máis? Cales?

Individualmente ou en grupo pediráselles citar (ou buscar, no caso de dispoñer de máis tempo) un exemplo destas epresentala ao resto de compañeiras e compañeiros a partir de preguntas como: quen son as promotoras ou promotoresda iniciativa? Que denuncian? Que obxectivos se fixan? Que estratexia usan para logralos? Nesta liña e despois de todoo reflexionado na posta en común, por grupos mixtos de 4 ou 5 persoas, propoñerase a realización dalgunha das seguintesactividades de sensibilización para difundir entre a súa comunidade:

* Redacción dunha carta para presentarlles ás administracións públicas competentes (central, autonómica e/ou local)na que se xustifique por que resulta rendible investir en educación e, en concreto, na formación continua dos profesorese profesoras.

* Elaboración dun slogan que resuma unha reivindicación vixente e pertinente no ámbito educativo a nivel local ouinternacional.

* Elaboración dun cartel con imaxes (tipo publicidade) que demande investimento ou esforzo por parte do Estado noplano educativo e na formación das profesoras e profesores nos países empobrecidos.

* Creación dun vídeo que expoña de forma crítica (reivindicativa, humorística, etc.) o dereito á educación e o deber dospoderes públicos por garantila de modo efectivo e universal, en especial facendo referencia á necesidade de investimentona escola e no profesorado.

Presentarase ao alumnado o clip do tema The Wall,

do grupo Pink Floyd. Despois da súa visualización,

formularanse as seguintes preguntas para ser

respondidas individualmente:

Cal é a idea principal da canción?Que modelo educativo se critica e cal se ofrece comoalternativa desexable? Cres que a función dunha oudun docente é ensinar/instruír ou educar? Coñeces máis cancións que falen sobre modelos deeducación? Cales? Que din?

Actividade 2. A nosa implicación para traballar por un

profesorado formado e suficiente

Actividade 2. A nosa implicación para traballar por un

profesorado formado e suficiente

na escola e no profesorado.

Actividade de mobilizaciónVer páxina 21

10

Con esta actividade preténdese que

o alumnado de bacharelato, que xa

percorreu moitos anos no sistema

educativo, reflexione sobre o proceso

do que forma parte e sobre a

formación do profesorado, como

parte fundamental dun sistema

educativo de calidade e para todos e

todas.

Obxectivos

1 Reflexionar sobre a importancia do investimento público en mantemento e formación de profesorado como forma de protección do dereito universal a unha educación de calidade para todas as persoas.

2 Analizar criticamente a calidade da educación a nivel local e global utilizando diferentes indicadores e propoñer iniciativas e accións persoais e colectivas que permitan mellorar o cumprimento do dereito universal á educación paratodos e todas.

Capacidades

Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e a comunicación.

Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos eos principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social.

Actividade 1. Por un profesorado capacitado e suficiente

© M

arce

lo B

eníte

z/Ay

uda

en A

cció

n

De forma individual ou en grupos, o alumnado investigará, reflexionará e responderá as actividades seguintes:

Adoita ser gratificante para o alumnado e o profesorado reencontrarse cun mestre ou mestra quehai anos participou na súa educación. Esta actividade danos un bo pretexto para un encontro.Propoñemos ao alumnado que investigue como é a formación inicial (antes de empezar a traballar) epermanente (ao longo do tempo de desempeño profesional) do profesorado. Que pregunten a undocente de educación infantil, a outro de educación primaria e a un terceiro de educación secundariaou bacharelato que lles desen clase como foi a súa formación inicial e permanente, para que llesserviu e como a mellorarían.

© In

teRe

d

11

Farase unha posta en común de todas as respostas e pedirase ao alumnado que, ademais de chegar a conclusiónsxerais do grupo, estas sirvan de base para algún tipo de acción.

Nalgúns países empobrecidos, e hai anos tamén en España, sobre todo en zonas rurais, unhaporcentaxe de postos docentes son ocupados por persoas das comunidades sen titulaciónprofesional pero que destacaron na súa educación secundaria. Este profesorado ocupa interinamenteo posto dun docente profesional. Por que se pensa que ocorre maioritariamente en comunidadesilladas? Pensan que isto pode xerar algún tipo de discriminación en relación coa poboación urbana?Que medidas se propoñen para afrontar esta situación?

Proponse que o alumnado analice o caso dunha profesora de tecnoloxía e un profesor de ciencias

que empezaron a traballar en 1979. Que consecuencias concretas tería para o alumnado o feito denon existir formación permanente do profesorado?

Axuda Oficial ao Desenvolvemento: no cadro pódese ver, da cantidade que o Goberno españoldestina á axuda a outros países en educación, que cantidade se destina a formación do profesorado.En relación con outras partidas considérase escaso ou excesivo? Que consecuencias se cree quepode ter para a educación non investir suficientemente en formación do seu corpo docente?

elaborando un documento para publicar no blog do centro, deseñando un cartel publicitario de sensibilización,pedindo a participación do profesorado e persoal non docente, do resto do alumnado ou as familias na actividade demobilización da SAME.

O grupo pode decidir como quere intervir, por exemplo

elaborando un documento para publicar no blog do centro, deseñando un cartel publicitario de sensibilización,pedindo a participación do profesorado e persoal non docente, do resto do alumnado ou as familias na actividade de

Fonte: A axuda en educación a exame. Alboan, Entreculturas, Fundación ETEA 2012.

Descrición sector

Educación, nivel non especificado

Política educativa e xestión administrativaServizos e instalacións educativos e formativosFormación de profesoresInvestigación educativaEducación básica

Educación primariaCapacitación básica de persoas mozas e adultasEducación primeira infanciaEducación secundaria

Educación secundariaFormación profesionalEducación pos-secundaria

Educación universitariaFormación superior técnica e de dirección

TOTAL AOD MULTILATERAL EDUCACIÓN

Media

2007-09

113,58

56,6134,618,67

13,70132,77

110,0919,573,11

53,73

7,5046,2368,18

63,175,02

368,27

% sobre

AOD bruta

educación

30,8%

15,4%9,4%2,4%3,7%

36,1%

29,9%5,3%0,8%

14,6%

2,0%12,6%18,5%

17,2%1,4%

100,0%

2010

129,74

82,4633,974,668,65

130,93

112,0813,735,11

48,89

13,7535,1453,35

46,426,93

362,90

% sobre

AOD bruta

educación

35,7%

22,7%9,4%1,3%2,4%

36,1%

30,9%3,8%1,4%

13,5%

3,8%9,7%

14,7%

12,8%1,9%

100,0%

Distribución por sectores da AOD bruta total española destinada a educación entre 2007 e 2010

(millóns de euros)

12

Actividade 2. Ponencia política: “Un modelo de formación do

profesorado para unha educación xusta”

* Artigo sobre a formación do profesorado en Finlandia, un paísreferente en educación:

http://revista.universidaddepadres.es/index.php?option=com_content&view=article&id=414&Itemid=338

* Artigo do periódico El Mundo sobre o financiamento da educación e,en concreto, a da formación permanente do profesorado, nunha situaciónde crise económica.

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/04/03/espana/1333453157.html

* Documento da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI)

sobre as metas educativas e indicadores de avaliación que se pretendenpara a comunidade, incluído o noso país, para 2021

É un documento importante para a preparación das ponencias, non sópola meta 20 e 21 que afecta especificamente á formación inicial epermanente do profesorado, senón a todas as metas que axudan adefinir como se debe formar os principais axentes para conseguilas: osdocentes e as docentes.

http://www.oei.es/metas2021/c4.pdf

Esta actividade pretende que o

alumnado coñeza e reflexione sobre

algúns exemplos de formación do

profesorado no mundo, empezando

pola do seu contorno inmediato. A

partir dese punto, primeiro en

comisións e logo en conxunto,

debaterase unha ponencia

consensuada para a mellora da

formación do profesorado, co

obxectivo final dunha educación de

calidade, inclusiva, equitativa e con

vocación global.

Preparación das

ponencias

O profesorado dividirá aclase en 3 ou 4 gruposmixtos que traballarán, osdías anteriores á actividadecentral e co apoio doprofesorado, os artigoscuxas ligazóns de Internetse indican a continuación.

* Un breve parágrafo que resuma os obxectivos que se perseguen (5 a10 liñas).

* Unha sinxela descrición de quen, como e cando se elaborou e a formade aprobación (5 a 10 liñas).

* Que ferramentas (cursos presenciais, exames periódicos aoprofesorado, formación semipresencial ou teleformación, grupos detraballo) se propoñen como máis eficaz e viable, valorando as diferentesposibilidades económicas dos países ou as situacións de crise?

Redacción da

ponencia política

A ponencia debatida eaprobada non debe serbreve e concisa e suxíreseque inclúa, cando menos, os apartados seguintes.

© A

lboa

n

13

Actividade de mobilizaciónVer páxina 21

Como se se tratase dun congreso político, o grupo escollerá 4 ou 5ponentes que, coa axuda dunha presentación, irán expoñendo a toda a

clase o contido do documento. Despois da exposición de cadaapartado, abrirase un período de debate coa posibilidade de incorporaremendas.

Terminada toda a exposición, a clase aprobará ou rexeitará a ponencia.Pódese considerar aprobada se conta coa maioría absoluta dos votos.

Debate e aprobación

da ponencia

É a parte máis importanteda actividade.

Para incrementar o impacto sensibilizador do traballo realizado, oalumnado pode difundir as ponencias aprobadas no seu contorno.

Suxírese, por exemplo, utilizar a web ou blog do centro educativo,elaborar presentacións para levar ás titorías doutros cursos ou escribircartas de opinión a diferentes periódicos ou foros na rede.

Conclusións

* Que características se cre que debe ter unha profesora ou un profesorpara que traballe na consecución das metas educativas 2021 para aComunidade Iberoamericana?

* Como se cre que debería ser a formación docente no seu instituto oucolexio?

* Poden facer algo o alumnado, as familias ou a sociedade paracontribuír a unha formación docente de calidade?

* Que papel debe desempeñar a formación do profesorado nosproxectos de cooperación ao desenvolvemento?

* Que indicadores obxectivos se propoñen para avaliar os resultadosda posta en práctica da ponencia dentro de 15 anos?

© In

teRe

d

Para formular a reflexión, propoñerase ao alumnado realizar unha escenificación na que cada membro do grupo

se converta en profesor ou profesora durante 3 minutos. Para iso os pasos que se deben seguir serán:

14

Para formular a reflexión, propoñerase ao alumnado realizar unha escenificación na que cada membro do grupo

Obxectivos

1 Reflexionar e concienciar sobre a situación da calidade da educación a través da análise do papel do profesorado como elemento decisivo no impulso do desenvolvemento persoal e colectivo, partindo da propia experiencia e da análise da realidade nacional e internacional.

2 Considerar que actuacións son posibles a curto e medio prazo no ámbito global e local que fagan posible o exerciciopleno do dereito a unha educación de calidade para todas as persoas.

Actividade 1. Profesorado en escena

© A

lboa

n

Cada persoa pensará nalgún tema parapresentalo aos demais.

Unha vez escollido o tema, a persoa elixirá

tamén a maneira de presentalo ao grupo.Para iso pensará no perfil de profesor ouprofesora que deberá representar. A metade dogrupo terá unha tarxeta verde e a outra unhavermella, que definirán parte do seu perfil. Osque teñan a tarxeta verde deberán representaro bo educador ou a boa educadora; os que ateñan vermella, o contrario.

Realizaranse as dramatizacións para o resto do grupo. Suxírese que estas sexan rexistradas en vídeo.Despois das dramatizacións, comentarase en grupo o observado a partir de preguntas como: quesentistes?, en que rol estivestes máis cómodos?, que características se asociaron ao rol de bo e malprofesor ou profesora?, que recordos vos trouxo este exercicio? Houbo coincidencias, desacordos?Cales?

Para afondar na reflexión ao redor do estado da educación a nivel nacional e internacional, proponse alectura, análise e discusión de material de apoio (artigos, vídeos ou outro elemento de actualidade)citados na bibliografía recomendada desta unidade.

Con todo o reflexionado, proponse elaborar un informe ou documento de síntese onde se recollan asprincipais conclusións extraídas sobre a relación entre a calidade da educación e o profesoradocapacitado para o bo desenvolvemento persoal e colectivo.

15

Actividade 2. Iniciativas para o logro dunha educación de calidade

Proponse ao alumnado buscar unha

fotografía (revistas, periódicos, Internet,

etc.) que reflicta, segundo a consideración

de cada un, algunha ou algunhas das

condicións que debe ter o bo exercicio da

tarefa educadora con persoas adultas.

© D

ani V

illanu

eva/

Entre

cultu

ras

Coas fotografías recollidas e os comentarios do alumnado elabórase unha presentación a partir dasseguintes preguntas:

Que condicións apareceron? Houbo coincidencias, desacordos? Con que aspecto ou aspectos se relacionanas condicións sinaladas: formación, contexto, recursos, relación docente-alumnado, investimento eneducación, etc.?

En caso de que as fotografías teñan un contexto identificado, suxírese tamén tratar de afondar na situación daeducación desa realidade particular buscando a información pertinente de contexto.

Completarase o proceso formulando un debate final que responda a pregunta: que actuacións son posiblespara o exercicio do dereito a unha educación de calidade de todos os actores involucrados (docentes ealumnado)?

Para preparalo, proponse ás alumnas ou alumnos informarse sobre campañas e iniciativas da sociedadecivil (ONG) e gobernos en favor dunha educación de calidade a nivel nacional e internacional. Que aspectospriorizan? Son suficientes? Cales son os seus puntos fortes e os seus puntos débiles?

Actividade de mobilizaciónVer páxina 21

16

Obxectivos

1 Fomentar o espírito crítico a través da análise da situación actual da educación e o papel dos docentes ou das docentes, tanto a escala local como global.

2 Concienciar da importancia dun profesorado capacitado para impulsar o desenvolvemento das capacidades persoaise colectivas.

Contidos

Conceptos: dereito á educación, desigualdade, potencialidades persoais e colectivas, importancia da formacióndos docentes e das docentes.

Habilidades: desenvolvemento de comunicación verbal; resolución pacífica de conflitos.

Actitudes: crítica ante situacións de necesidade e desigualdade, participativa e de colaboración entre osmembros do equipo; busca de consenso.

Duración

2 horas

Desenvolvemento

Actividade 1. Profesoras e profesores polo mundo

Actitudes:

© P

ablo

Fun

es/E

ntre

cultu

ras

Proponse un xogo de roles

para dar a coñecer as

diferentes realidades do

profesorado en varios países.

Tratando de poñer ás nenas e

aos nenos no lugar destes

profesores e profesoras,

traballarase para coñecer e

valorar a importancia e

dificultades que estes teñen

para desenvolver o seu

traballo. Para iso é importante

definir ben os perfís do

profesorado.

17

Divídense ás persoas participantes en grupos de 4-5 persoas, tantos como perfís de profesorado se elixan para xogar,podendo engadir e suprimir os que se consideren necesarios. Cada grupo escollerá e asumirá como propia a situacióndun dos perfís das profesoras ou profesores que se representan e preparará a exposición dun tema para a súa propia claseou grupo; por exemplo, a clasificación dos seres vivos para rapazada de 12 anos na primeira adaptación, ou preparar unhaclase para primaria sobre a fotosíntese, nunha aula con conflitos de violencia, para a segunda.

Para iso o grupo deberá ter en conta as dificultades que se encontrará: medios materiais, realidade dos seus educandos,a súa formación...

O xogo desenvólvese en 6 etapas:

Cada grupo reúnese por separado para preparar a súa clase, en función das claves que mostra a súa ficha,podendo acompañar a súa posterior exposición con gráficos, debuxos, etc., segundo as posibilidades decada realidade. Para iso consultará, co apoio da educadora ou educador, información de contexto sobre asituación da educación en cada país que deberá reflectir na súa posterior dramatización.

Cada grupo elixirá un dos seus membros para que represente a profesora ou profesor que expoña aclase. O resto do grupo comportarase como o alumnado, describindo a situación que mostra a tarxeta.Pódense incorporar, adaptadas por idades, situacións que o profesorado debe resolver, como un conflito naclase, falta de asistencia de alumnado, inundacións que inhabilitan a aula habitual...

Cada grupo desenvolve a súa posta en escena, mentres o resto observa e toma notas do que sucede.

Cando todos os grupos deron a súa clase, ábrese un debate e coméntanse con todos os grupos prestandoespecial atención ás diferenzas en relación cos recursos, instalacións, preparación do profesorado... e encomo estas inflúen na aprendizaxe das nenas e nenos.

Avaliación final sobre a situación do profesorado e todo o aprendido. É un bo momento para, co apoio doformador ou formadora, sacar conclusións colectivas e buscar alternativas aos retos e dificultades ás que seenfronta o profesorado actualmente. Para iso é fundamental afondar na análise crítica, a explicación dasrealidades expostas e o descubrimento das súas causas con preguntas como: que sucedeu? Participaron?Como se sentiron? Que observaron? Conseguiron alcanzar os obxectivos propostos?

Sensibilización. Para incrementar o impacto do aprendido, tratarase de recoller as solucións nun soportegráfico e visible por todos (carteis, paneis, revistas, web, etc.) e expoñer as ideas resultantes da posta encomún para difundilas posteriormente na súa comunidade.

Propóñense dúasadaptacións segundo a idade:

* Adaptación 1:desde 12 ata 14 anos

* Adaptación 2: a partir de 15 anos

O xogo desenvólvese en 6 etapas:

18

Listaxe de posibles profesoras ou profesores

Noemí

Son mestra de educación primaria nunha escola rural

dunha vila de Santa Cruz de Tenerife (España). Estudeien Madrid a diplomatura de Educación Primaria eposteriormente seguín formándome. Gustaríame podercontar con novas tecnoloxías na aula (xogos interactivos edemais) pero non hai orzamento. Este ano ampliaron onúmero de alumnado por clase, polo que non podo atenderas necesidades específicas de cada alumna ou alumno; ereduciron as clases de apoio para os menores de orixeinmigrante ou con problemas de aprendizaxe.

Este ano por causa da crise moitos nenos e nenas tiveronproblemas para conseguir os libros necesarios perosolucionámolo pedíndollelos ás editoriais ou ao alumnadode anos anteriores.

A escola é rural ou unitaria, polo que alumnas e alumnos dediferentes idades están na mesma clase. Estou preocupadaporque as escolas rurais están no punto de mira daAdministración. Todas as nenas e nenos viven na vila, poloque están moi preto da escola.

Kayode

Son mestre de escola nunha aldea preto de Lokoja

(Nixeria). Non puiden realizar a educación secundariaporque debía traballar na agricultura coa miña familia etardaba máis de hora e media por traxecto andando. Aíndaque non finalizara os meus estudos, conseguín o posto deprofesor da escola. O soldo é baixo, pero coa nosa horta ealgúns agasallos dos nenos temos bastante para vivir amiña muller, os meus fillos e mais eu. As miñas irmás nonfinalizaron a educación primaria porque era necesario quetraballasen para sobrevivir e segundo meus pais “iso nonera cousa de rapazas”. A escola é un gran cuarto ondeestán todos os alumnos xuntos.

Estou moi contento porque acabo de recibir un velloencerado, pero non o utilizamos a miúdo porque non édoado conseguir xiz. Os nenos e nenas carecen de materialescolar e o que teñen compárteno entre todos e todas.

Durante a tempada de chuvias a escola inúndase e durantea seca vai moita calor, o que dificulta a continuidade dasclases. Todos os nenos e nenas se portan moi ben, querenaproveitar todo o tempo porque saben que non poderánasistir moitos anos á escola. Fan moito esforzo, percorrenmáis dunha hora a pé e traballan antes e despois de ir áescola. É frecuente que pequenas aldeas sexan atacadasdebido aos enfrontamentos entre tribos de diferentescrenzas. O meu país é un dos países con maior taxa depersoas analfabetas ou semianalfabetas do mundo e queroque isto cambie.

19

Harry Skog

Son profesor de primaria nunha escola pública de Helsinki

(Finlandia), unha cidade grande e tranquila, e culturalmentebastante homoxénea, xa que as minorías son relativamentepequenas. Tiven que pasar varias probas para poder accederaos estudos: exames, entrevistas, resumo dun libro,demostración de aptitudes artísticas... Os educadores eeducadoras contamos cun gran prestixio en Finlandia, xa queos nenos e nenas se consideran a maior riqueza e se invistemoito en educación. A escola é grande e nova, conta convarias salas acondicionadas para actividades lúdico-educativas (teatro, música, cine…) e nas clases cóntase conmaterial tecnolóxico para todo o alumnado, o que fai que aaprendizaxe sexa máis dinámica e entretida para as e osmenores. Ata 5º curso poténciase a seguridade dos nenos enenas en si mesmos, polo que non se utilizan ata esemomento as cualificacións numéricas. Igualmente, préstasemoita atención ás relacións sociais entre eles e elas. As finsde semana as nenas e nenos adoitan acudir a teatros,museos e concertos coas súas familias.

Marcelo

Nacín en Lima, pero decidín ser profesor nunha pequena

escola nunha vila dos Andes peruanos. Puiden finalizar osmeus estudos porque meus pais tiñan unha tenda que nospermitía vivir comodamente, pero moitas compañeiras ecompañeiros tiveron que abandonar por motivos económicos.Os meus alumnos e alumnas son indíxenas, e viven daagricultura, gandería ou minería, é un traballo duro e conpoucos ingresos. Moitas nenas e nenos sofren desnutrición,polo que lles ofrecemos leite e algo de comer na escola. Seique algúns abandonarán a aldea e irán á cidade buscar unhaoportunidade, aínda que a maioría terminará sobrevivindo narúa exercendo traballos moi duros. A sociedade peruanasegue moi dividida culturalmente e as persoas indixenas teñenmenos oportunidades e sofren discriminación e marxinación.Considero imprescindible que os nenos e nenas teñan boaeducación para que poidan defender os seus dereitos e assúas terras. A escola foi construída polas familias.

Fátima

Son profesora dunha escola en Nouakchott (Mauritania).

É un país musulmán, onde a relixión está moi presente nasociedade. Actualmente curso os estudos universitarios demaxisterio. Cando rematei secundaria comecei a traballar deprofesora. A escola está situada nun dos barrios máis pobresda cidade. Está moi poboado debido a que tras as últimassecas moitas familias se trasladaron das vilas á cidade.Moitos nenos viven en situacións precarias, e non teñen augapotable. Algúns ou algunhas menores teñen que ir antes deque comecen as clases ao manancial a por auga corrente. Amaioría do alumnado son rapaces, sobre todo os maiores, xaque en Mauritania é frecuente contraer matrimonio moi novoou que as rapazas queden na casa para axudar a familia.Existe unha parte da sociedade que considera que a mullerestá por debaixo do home. Gústame cumprir os preceptosrelixiosos, e cubro o cabelo co hiyab por decisión propia. Aescola está nun edificio vello e sucio. As menores e osmenores deben sentar no chan. Moitos carecen de materialescolar. Para a lectura adoita utilizarse o Corán, xa que nondispoñemos de gran número de libros de lectura.

20

Actividade de mobilizaciónVer páxina 21

Observacións para as educadoras e os educadores:

* As adaptacións por idades realizaranse en función da complexidade do tema escollidopara traballar a dramatización, así como a profundidade de traballo, análise e reflexiónsobre cada punto tratado na posta en común, debate e conclusións finais.

* Para as e os maiores de 14 proponse, sempre que se dispoña de tempo, realizar estadinámica en dúas sesións, co obxectivo de ampliar a información que se dá sobre asituación do profesorado no mundo. Deste modo poderían achegarse máis ás realidadesexistentes, e o debate sería de maior riqueza.

Para iso suxírense os recursos seguintes:

–– Fagámolo ben. Acabar coa crise na educación das nenas.

https://www.box.com/shared/xk3ts57r0q0kubudqy19

–– Os mozos e as competencias: traballar coa educación. UNESCO 2012.http://unesdoc.unesco.org/images/0021/002175/217509S.pdf

–– Global education digest 2011. Comparing Education Statistics Across the World.

UNESCO.http://www.uis.unesco.org/Library/Documents/global_education_digest_2011_en.pdf

–– Educación en Finlandia. Embaixada de Finlandia.http://www.finlandia.es/public/default.aspx?nodeid=36870&contentlan=9&culture=es-ES

* De ser posible, recorrer a persoas convidadas que, como representantes de diversasentidades oficiais e particulares, poidan expoñer os seus enfoques sobre o estado daeducación nos diferentes contextos reflectidos. A partir deles, o grupo pode establecerun debate que valore a coherencia e validez das clases desenvolvidas por cada un deles.

21

Actividade para todos os niveis

Obxectivos:

1 Recapitular o traballado sobre a importancia do profesorado e a necesidade do cumprimento do compromiso dos países para lograr a Educación para Todos e Todas en 2015.

2 Participar na actividade de mobilización mundial.

Durante a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) millóns de

persoas en todo o mundo mobilizarémonos baixo o lema Sen profes non hai

escola! Por un profesorado formado e motivado para recordar as e os

gobernantes a importancia de contar co suficiente número de docentes con

adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para

esixirlles que destinen os recursos necesarios para que a Educación para

Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoal docente é un

elemento fundamental para o pleno cumprimento do Dereito a unha

Educación de calidade.

COMO PARTICIPAR NA AULA?

Con esta actividade perseguimos recapitular o traballado ao longo das propostas didácticas e unirnos á mobilizaciónque se leva a cabo en todo o mundo.

O noso obxectivo será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unhaou un dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles veraos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docentenos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta nomundo.

22

A Campaña Mundial pola Educación non sería o mesmo sen a vosa implicación, comodocentes e educadoras e educadores comprometidos co dereito á educación. Por isoqueremos agradecervos especialmente a vosa implicación na CME e na SAME de diferentesmodos (elaboración de materiais, implicación dos vosos centros...).

Recordámosvos que é moi importante que saibamos cantos somos. Para iso é imprescindibleque rexistredes a participación dos vosos centros en www.cme-espana.org

Paso 1

Dependendo do nivel educativo no que esteamos, as preguntas motivadoras para chegar a esas 5 palabras serán di-ferentes.

Por exemplo, para alumnado de infantil a pregunta pode ser: que che gusta máis da túa profe? Como é o teu profe? (di-vertida ou divertido, boa ou bo); en primaria, que valoras máis do teu profesorado? (a súa implicación, a súa formación,a súa proximidade), e en secundaria pode ser: que profe foi máis importante para ti? Por que? Por que é importante oprofesorado?

Recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras e veremos cales son as que aparecen máis veces.

Paso 3

* En liña: en www.cme-espana.org podedes engadirlle ao mapa o número de siluetas que elaborásedes e unilas ás doresto de centros e persoas que participen na SAME.

* En papel: elaborade un mapamundi por clase ou no centro que sinale a cantidade de docentes de educación primariaque faltan en cada país do mundo. Podedes encontrar estes datos no mapamundi interactivo sobre profesorado queelaborou a Unesco (http://www.app.collinsindicate.com/uis-atlas-teachers/es-es).

Así poderedes compartir co resto do centro e da comunidade educativa as conclusións do que traballastes.

Paso 2

Tamén pode facerse unha única nube coas palabras que aparecesen en todo o centro ou en todo o ciclo. As posibili-dades son múltiples e cada centro pode elixir como facer a actividade.

A nube de palabras pode presentarse de dúas formas:

* En papel, utilizando a silueta que vos proporcionamos no cartel e na web, na que escribiremos ou pegaremos as pa-labras que dixeron as persoas participantes, intentando que o tamaño reflicta a frecuencia coa que apareceron.

Estas nubes servirannos para expoñelas na clase, poñelas no centro ou utilizalas nos actos nos que participe o centroconvocado polo equipo da campaña.

* En liña, utilizando a ferramenta que para isto encontraredes na web da campaña (www.cme-espana.org).

Cada participante resumirá en 5 palabras as ideas clave que desexa

salientar logo de traballar o tema.

Chegou o momento de poñer as profes e os profes no mapa.

Como o facemos?

En cada aula ou por grupos, formaremos unha nube de palabras con forma

de docente, na que as palabras que saíron máis veces aparecerán en tamaño

maior.

23

SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL

POLA EDUCACIÓN 2013

da proposta

didáctica de Secundaria,

Bacharelato, Persoas

adultas e Educación

Non Formal

QUE NIVEIS PARTICIPARON?

1º ciclo ESO

2º ciclo ESO

Ciclos formativos

Bacharelato

Educación de Persoas Adultas

Grupo de educación non formal

CANTAS PERSOAS PARTICIPARON? (ALUMNADO, PARTICIPANTES, DOCENTES, FAMILIAS)

DOCENTES/EDUCADORES/EDUCADORAS IMPLICADOS/AS

Nome Enderezo electrónico

NOME DO CENTRO/GRUPO

ENDEREZO, CP, LOCALIDADE

CORREO ELECTRÓNICO E PERSOA DE CONTACTO

PARTICIPASTES CON ANTERIORIDADE NA SAME? EN QUE ANOS?

VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) A PERTINENCIA DOS OBXECTIVOS FIXADOS E A

ADECUACIÓN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA CADA NIVEL EDUCATIVO.

Educación Secundaria

Primeiro ciclo

– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. A aventura da educación 1 2 3 4 5– Actividade 2. O profesorado no mundo 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5

Segundo ciclo

– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. Financiamento dunha educación para todos e todas 1 2 3 4 5– Actividade 2. A nosa implicación para traballar por un profesorado

formado e suficiente 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5

Bacharelato

– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. Por un profesorado capacitado e suficiente 1 2 3 4 5– Actividade 2. Ponencia política 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5

Educación de Persoas Adultas

– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. Profesorado en escena 1 2 3 4 5– Actividade 2. Iniciativas para o logro dunha educación de calidade 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5

Educación Non Formal

– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. Profesoras ou profesores polo mundo 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5

VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) OS SEGUINTES ASPECTOS

– Cantidade de materiais recibidos 1 2 3 4 5– Data de recepción dos materiais 1 2 3 4 5– Posibilidade de inclusión da proposta na programación

do centro ou colectivo 1 2 3 4 5– Interese en traballar a SAME en vindeiros anos 1 2 3 4 5

OBSERVACIÓNS, COMENTARIOS E PROPOSTAS DE MELLORA

24

Para a Campaña Mundial pola

Educación é moi importante coñecer

que persoas participaron na SAME.

Por iso che pedimos que rexistres a

participación do teu centro en

www.cme-espana.org

A vosa opinión é moi importante para

que poidamos seguir mellorando.

Completa este cuestionario e:

* envíao por fax ao 91 590 26 73

* ou complétao directamente na web.

Para a

Educación

que persoas participaron na SAME.

Por iso che pedimos que rexistres a

participación do teu centro en

www.cme-espana.org

Queremos coñecer a opinión do

alumnado sobre a SAME e os

materiais. Anímaos a entrar en

www.cme-espana.org e completar

o cuestionario en liña.

* Rexistra a túa participación na SAME

* Fai a túa nube de palabras e pon profes

no mapa

* Completa a avaliación dos materiais

didácticos

Entra en

www.cme-espana.org

Deseño e ilustracións: Maribel VázquezTraducións: Reverso

A Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación está integrada por:

Organizacións que participan na SAME a nivel estatal:

Cofinancian: